Está en la página 1de 5

CONTEXTO HISTÓRICO-SOCIAL EUROPA

– 1º TERZO DO S. XX
Anos de tensións:
1. Políticas ( I Guerra mundial, Revolución bolxevique, fascismos).
2. Económicas (crack do 1929)
3. Sociais (entre burguesía e proletariado)

– GALICIA – 1º TERZO DO S. XX
1. Emigración
2. Agrarismo
3. Nacionalismo

• As vangardas son movementos artísticos internacionais que se desenvolveron


entre 1910-1930.. Representan unha ruptura e reacción contra a arte e a literatura do
XIX.
Características:
• A liberdade creativa é o maior valor do artista.
• A arte non debe imitar a realidade, senón que ten que ser autónoma.
• Debe buscar a novidade e a orixinalidade.
• Actitude antiromántica e sentimental.
• Ten un sentido lúdico e transgresor, que racha coas normas e a tradición.
• Renovación da linguaxe.
• Difunden as súas ideas a través de manifestos.

ISMOS • Os diferentes movementos de vangarda chámanse ISMOS e constitúen


distintas maneiras de renovación da arte.
Os principais son:
1. Futurismo
2. 2.Cubismo
3. 3.Dadaísmo
4. 4. Surrealismo

Futurismo (1909)
• Creado polo italiano Marinetti.
• Exalta a modernidade, a velocidade, as máquinas e o progreso.
• Rompe coa sintaxe, coa ortografía e coa puntuación en literatura.
Cubismo (1907)
• Fundadores: Picasso e Juan Gris
• Descompón a realidade e recompona de novo mediante formas xeométricas.
• Destaca a técnica da colaxe.
• En literatura destacan os caligramas de G. Apollinaire.
Dadaísmo (1916)
• Nace en Suíza con Tristan Tzara.
• Negación de todo, concibe a arte como puro xogo.
• Movemento moi provocador.
• Pretende plasmar o caos e o absurdo que sente o artista ante a situación mundial.

Surrealismo (1924)
• Liderado por André Breton.
• A arte debe expresar o subconsciente, os soños e as emocións máis íntimas.
• Creación da escrita automática, liberada da lóxica e da razón.

A vangarda en Galiza
• Os movementos de vangarda europeos influíron tamén na pintura galega.
• Entre os anos 20 e 30 xorden os pintores coñecidos como “Os novos”.
• Destacan Maside, Laxeiro, Seoane, Colmeiro ou Maruja Mallo, entre outros.

AS VANGARDAS EN GALICIA
• As dificultades das vangardas:
- A cultura galega naquela altura estaba en fase de consolidación. As Irmandades da
Fala, a Xeración Nós, o Seminario de Estudos Galegos ….
-Descubrimento dos cancioneiros medievais que abren unha vía para a creación dunha
poética de lexitimación cultural.
-Rexeitamento de persoeiros como Castelao que defendían a prioridade de establecer
os alicerces dunha cultura galega normalizada..
• As vangardas danse a coñecer:
-A través do manifesto Máis Alá! (1922) de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.
-Por medio de revistas literarias: Papel de color, Cristal, Ronsel, Resol,…
Características comúns aos membros da xeración
1. A maioría nacen ao redor do ano 1900.
2. Promoveron a creación do Seminario de Estudos Galegos.
3. Tiveron un papel decisivo na formación do Partido Galeguista.
4. Algúns morreron moi novos e os superviventes estiveron marcados polo drama
da Guerra Civil.
5. Incorporaron á literatura galega as vangardas literarias europeas, mais non
todos poden ser considerados vangardistas.

Características dos vangardistas galegos


1. Teñen unha traxectoria semellante á dos vangardistas españois (empresas
editoriais breves, revistas de “combate”...).
2. Rebélanse contra un pasado cultural mais non se libertan completamente del.
3. En canto á utilización do idioma parten dunha postura de sincretismo.
4. Non é doado situar os autores nun ou noutro movemento de vangarda porque
a maioría deles se poderían inscribir en varias liñas de –ismos á vez.
5. As relacións co grupo Nós foron estreitas e a figura de Risco exerceu sobre
eles unha notable influencia

Vangardas literarias en Galiza


• A influencia vangardista provocou unha renovación da poesía galega en tres liñas :
1. Imaxinismo ou hilozoísmo
• Paisaxe humanizada .
• Metáforas e imaxes relacionadas cos sentidos (as cores, sons…).
• Manteñen a estrofa métrica tradicional
• Amado Carballo, Proel e O galo
2. Neotrobadorismo
• Formas da lírica medieval (refrán, leixaprén, paralelismo, temática:amor; ambiente
maritimo, ...)
• Imaxes de vangarda
• Bouza Brey, Nao senlleira e Álvaro Cunqueiro, Cantiga Nova que se chama riveira. •
3. Vangardismo
• Álvaro Cunqueiro: Achégase ao Cubismo polo carácter abstracto. Mar ao norde.
Toma influencias do Surrealismo na expresión do subconsciente e no uso da imaxe
onírica ( con referencias aos soños). Poemas do si e do non .
• Manuel Antonio
Prosa de Manuel Antonio
-O manifesto Máis Alá, 1922. Escrito por el e asinado tamén polo debuxante Álvaro
Cebreiro.
- Prólogo dun libro de poemas que ninguén escribiu. Ambos son considerados
manifestos en canto comparten o espírito de provocación e son miméticos a respecto
dos manifestos de vangarda internacionais.

Obra poética
– Con anacos do meu interior, 18 (1918 e 1920). Predominio constante da noite, a
soidade, a inquedanza polo destino, polo descoñecido e o porvir.
– Foulas, 28 (1922 e 1925). Non ten unha temática homoxénea
– De catro a catro, 19 poemas, (1928). A obra reflicte o proceso da viaxe
marítima, seguindo unha liña temporal. Este libro presenta unha tripla
orixinalidade:
Lingüística:cultismos inéditos na nosa literatura e o léxico da navegación.
Temática : presenta o mar desde o propio mar
Formal no tratamento rupturista e nas imaxes vangardistas.
– Sempre...e máis dispois, 7 poemas un argumento unitario e personaxe común:
Xan, emigrante en Bos Aires.
– Viladomar, 6 poemas de 1928. Temática ligada á de De catro a catro, pero
focalizando o remate da singradura na terra. O eu poético reflexiona sobre o
seu papel no universo, o paso do tempo, a morte. Regularidade métrica.

Características da poesía de Manuel Antonio


– Ruptura formal: versolibrismo, ausencia de rima e puntuación.
– Disposición libre da tipografía.
– Emprego de tecnicismos, neoloxismos e estranxeirismos.
– Ausencia de fío argumental.
– Sucesión de imaxes de carácter creacionista.
– Motivos recorrentes: o mar; o paso do tempo; existencialismo,..
– Emprego de voces estranxeiras
– Utilización dos termos da linguaxe científica (Futurismo).
– Introdución no poema de variados discursos, algúns extra-poéticos: clave en
morse "S.O.S."; fragmentos de cantigas populares; fórmulas químicas, o que lle
dá ao poema unha sensación de crebacabezas.
– Ausencia de ritmo
A NARRATIVA E O TEATRO DA VANGARDA
RAFAEL DIESTE
• NARRATIVA Dos arquivos do trasno.
– Mestura o real e o fantástico.
– Personaxes que representan o modo de ser das xentes galegas.
– - Preferencia polos finais abertos

• TEATRO
– A fiestra baldeira
Innovación temática e formal.
Comedia simbólica
Tema da identidade

También podría gustarte