Está en la página 1de 8

Tema 6.

ESTADO E NACIÓN NA RESTAURACIÓN BORBÓNICA

TEMA 6-A. O RÉXIME DA RESTAURACIÓN BORBÓNICA

I.- O REINADO DE AFONSO XII E A REXENCIA DE MARÍA CRISTINA DE


HABSBURGO (1ª etapa da Restauración: 1875-1902)

1.1. A CONSTITUCIÓN DE 1876

O 29 de decembro de 1874, o pronunciamento militar do xeneral Martínez Campos en


Sagunto proclamaba rei de España a Afonso XII e mentres se agardaba a chegada do
monarca, constituíuse un ministerio-rexencia presidido por Antonio Cánovas del Castillo.

O novo sistema político foi configurado por Cánovas que procedente da Unión Liberal, era
o xefe do partido afonsino. Opinaba que algo tiña que cambiar para que todo puidese
seguir igual. En primeiro lugar, ¿Que cambia?, a monarquía, antes Isabel II, agora o seu
fillo Afonso. ¿Que se restaura? A dinastía borbónica. En segundo lugar, tamén van
cambiar os partidos: en vez do Partido Moderado, crea un novo partido: o partido
Conservador, no que entraron a formar parte os antigos representantes do Partido
Moderado e da Unión Liberal; mentres que as forzas que proviñan do partido Progresista,
do Demócrata e do Republicanismo, se aceptaban os principios de Cánovas, poderían
constituír unha alternativa de poder que dera lugar a un BIPARTIDISMO ESTABLE.

En fin, era preciso rematar coa fórmula do “pronunciamento” como único instrumento de
cambio político; ou o que ven sendo o mesmo, co intervencionismo do exército na vida
política española posto que o golpe militar tíñase convertido nunha das formas
regularmente empregadas por moderados e progresistas para derrubar ao seu adversario
político e acceder ao poder. Debía acabar para sempre a era dos Narváez e dos
Espartero, O’Donnell, Prim e Serrano.

Era necesario logo, buscar mecanismos constitucionais que permitisen o acceso ao poder
das diferentes faccións do liberalismo e afastasen ao exército da súa intromisión na vida
política. A nova monarquía debería basearse na supremacía do PODER CIVIL sobre o
militar e, ao funcionar o bipartidismo político resultaría innecesario o recurso á forza por
parte dunha oposición impaciente. A cambio, concederíase unha certa autonomía ao
estamento militar e potenciábase a identificación do rei como símbolo e cabeza visible do
exército.

Vemos entón que o sistema político da Restauración pretendía superar algúns dos
problemas endémicos do liberalismo precedente: o carácter partidista e excluínte dos
moderados durante o reinado da raíña Isabel II, o intervencionismo dos militares na vida
política e a proliferación de enfrontamentos civís.

As bases do novo sistema quedaron fixadas na Constitución do ano 1876, de carácter


moderado e inspirada en parte na do ano 1845. Esta constitución establecía os seguintes
principios básicos:
- Soberanía compartida entre as Cortes e a Coroa. As Cortes organizábanse en
dúas Cámaras: Congreso dos Deputados (elixidos por sufraxio censatario) e o
Senado (vitalicio ou de cargo renovable elixido polas corporacións).
- Recoñecíase a Coroa como un dos piares do novo réxime e outorgábaselle un
conxunto de prerrogativas como o dereito de veto, a potestade lexislativa
compartida coas Cortes e o nomeamento de ministros.
- Confesionalidade católica do Estado si ben tolerábase o exercicio privado
doutros cultos.
- Contaba cunha ampla e minuciosa declaración de dereitos pero a súa
concreción remitíase a leis ordinarias, que polo xeral tenderon a restrinxilos,
especialmente os dereitos de imprenta, expresión, asociación e reunión. As
sociedades obreiras quedaban fóra da lei.
- O artigo 17 establecía a suspensión de garantías constitucionais, no caso de que
a seguridade interna do Estado así o esixira; isto deixaba a porta aberta a unha
ditadura legal dos afonsistas.

1.2. A PACIFICACIÓN DO REINO

A coroación de Afonso XII deu ao traste coas pretensións carlistas á coroa de España; de
tal modo que nos primeiros meses de 1876 o exército poñía fin á terceira guerra carlista
que se estaba a librar desde 1872.

A nova derrota do carlismo permitiu ao goberno abolir definitivamente os privilexios


das provincias vascas en 1876, o que significou que no sucesivo, os vascos quedaban
suxeitos ao pagamento dos impostos e ao servizo militar comúns a todo o Estado. No seu
lugar, estipulouse un sistema de “concertos económicos” (1878) que consistía nun certo
grado de autonomía fiscal, en virtude da cal as provincias vascas pagarían anualmente á
administración central unha determinada cantidade en materia de impostos.

O final da guerra carlista (1876) permitiu o envío de novas tropas a Cuba, onde nun par
de anos se lle puxo fin ao conflito bélico como resultado tanto da actuación dos militares
como da negociación. No ano 1878 asinouse a Paz de Zanxón, que incluía unha ampla
amnistía, a abolición da escravitude[1] (aprobada definitivamente no ano 1886) e a
promesa de reformas políticas e administrativas polas que Cuba tería deputados nas
Cortes españolas. O atraso ou incumprimento destas reformas provocaría o inicio dun
novo conflito no ano 1879 e a posterior insurrección do ano 1895 (Guerra
independentista).

O control dos concellos polo Goberno. A lei municipal de 1877 eliminou a autonomía
dos concellos e a elección popular dos alcaldes. O novo sistema estableceu a
designación e nomeamento polo Goberno dos alcaldes da capital de provincia e principais
cidades, mentres os gobernadores civís, baixo as ordes do Ministerio de Gobernación,
encargábanse de controlar ao resto dos alcaldes.

1.3. O BIPARTIDISMO POLÍTICO (a alternancia no poder ou quenda pacífica)

Cánovas baseaba a estabilidade política na existencia de dous grandes partidos


monárquicos, un no Goberno e outro na oposición, que se alternarían de forma pacífica
no exercicio do poder. Na tarefa de aglutinar ás forzas dinásticas contou con Práxedes
Mateo Sagasta; e en torno a eles foron configurándose os dous principais partidos de
finais do século XIX e principios do XX: o Partido conservador aglutinou aos sectores
máis conservadores e tradicionais da sociedade (coa excepción dos carlistas e dos
integristas máis radicais); nel incluíronse os antigos moderados e a Unión Liberal. O
Partido liberal (ou liberal fusionista), reuniu a antigos progresistas, demócratas,
monárquicos radicais e republicanos moderados.

Son os partidos denominados dinásticos, por teren en común a defensa da monarquía


borbónica, da Constitución, da propiedade privada e da consolidación do sistema
establecido (Estado unitario e centralista). Tamén se lles chamou partidos
gobernamentais, por ser os únicos partidos que formaron Goberno durante a
Restauración; e da quenda, por se alternar no Goberno do Estado. Os dous eran partidos
de minorías, de notables, que contaban con xornais propios, con centros e comités
distribuídos polo territorio español.

A súa extracción social era homoxénea e nutríase basicamente das elites económicas e
das clases medias acomodadas, aínda que era máis grande o número de terratenentes
entre os conservadores e de profesionais entre os liberais.

En canto á súa actuación política, as diferencias eran mínimas: os conservadores


amosábanse máis proclives ao inmobilismo político e á defensa da Igrexa e da orde
social, mentres os liberais inclinábanse cara un reformismo máis progresista e laico. Pero,
na práctica, a súa actuación non difería moito, ao existir un acordo tácito de non
promulgar nunca unha lei que forzase ó outro a abolila cando volvese ao poder.

Para o exercicio do Goberno e tentando manter os principios constitucionais do libre


nomeamento do Goberno polo rei e a necesidade de contar co apoio parlamentario para
gobernar, argallaron o sistema do “turnismo” ou de “quenda pacífica” ou “alternancia” no
poder. O sistema era o seguinte: cando un destes partidos tiña dificultades para gobernar
ou sufrira un forte desgaste político (coa resolución dun conflito), o rei nomeaba como
presidente do Goberno ó xefe do partido que estaba na oposición e para que puidera
gobernar cun amplo apoio parlamentario, o rei concedíalle tamén o decreto de disolución
das Cortes; dende o poder, o novo Goberno convocaba e preparaba as eleccións que
necesariamente tiña que gañar, cousa que sempre sucedía, e isto era así pola fraude nos
resultados e os mecanismos caciquís empregados.

Durante todo o período da Restauración o goberno estivo en mans dos dous partidos
dinásticos, que se foron alternando no poder. Entre 1876 e 1898 houbo nove eleccións,
cinco foro gañadas polos conservadores e catro polos liberais.

O “turnismo” funcionou con regularidade ata o ano 1898, cando o impacto da crise
erosionou aos partidos políticos e sobre todo, aos dinásticos rompéndose o monopolio;
pero a quenda, aínda que desprestixiada e dividida polas discrepancias internas e sen a
forza dos anos anteriores, conseguiu sobrevivir ata o ano 1923.

O Partido Conservador mantívose no Goberno desde o ano 1875 ata o ano 1881, cando
os liberais accederon por primeira vez ao poder, o que significaba o inicio da quenda.
Aínda que o ideario reformista liberal non foi aplicado nos seus primeiros anos de
Goberno (entre 1881 e 1885), o programa de reformas de Sagasta tivo a súa
oportunidade no chamado “Goberno Longo”, que se estendeu entre os anos 1885 e 1890,
despois da morte de Afonso XII.

A morte prematura do monarca a finais de 1885 a causa dunha tuberculose provocou


unha gran incerteza; a súa viúva María Cristina, coa que xa tivera dúas fillas, estaba
embarazada. Ante esta situación, os líderes dos partidos dinásticos acordaron, por un
lado, garantir a permanencia do réxime e a vixencia da quenda pacífica no Goberno e, por
outro, agardar a proclamar ao herdeiro, por se a criatura que ía nacer fose un varón; este
acordo coñécese como o Pacto do Pardo. Como ratificación do acordo, Cánovas dimitiu
e Sagasta foi de novo chamado a gobernar pola rexente; o sistema da quenda pacífica
quedaba así definitivamente consolidado. En 1886 nacía Afonso XIII e ata a súa maioría
de idade exerceu a rexencia a súa nai, María Cristina de Habsburgo.

1885-1890: as reformas de Sagasta. A estabilidade política e social permitiu aos


gobernos presididos por Sagasta introducir importantes reformas que, sen embargos, non
afectaron aos principios básicos do sistema e que na práctica resultaron viciadas polo
poder do caciquismo, necesario para seguir gañando as eleccións. Entre estas reformas
destacan: a lei de asociacións, que permitiu a legalización e desenvolvemento das
organizacións obreiras (1887); abolición da escravitude (1888); lei de xuízos por xurado
(1888); Código civil (1889); a lei do sufraxio universal masculino para maiores de
vintecinco anos (1890).

1890-1902: A quenda (turnismo). Aínda despois de establecerse o sufraxio universal


masculino, ambos líderes se alternaron sucesivamente no poder, pero as dificultades
aumentaron. En Cataluña, País Vasco e Galicia cobraron forza, con desigual medida, os
movementos rexionalistas e nacionalistas. A conflitividade social aumentou, sendo moi
frecuentes as folgas e protestas obreiras nas cidades e as axitacións dos xornaleiros do
campo. Así mesmo, as organizacións obreiras celebraron, a partir de 1890, a xornada
reivindicativa do Primeiro de Maio. Paralelamente, os atentados anarquistas contra a
burguesía ou significadas figuras da vida política foron numerosos, alterando gravemente
a orde pública: atentado contra o xeneral Martínez Campos (1893), bombas no teatro
Liceo de Barcelona (1893) e na procesión do Corpus (1896)... O asasinato de Cánovas en
1897, xefe de Goberno naquel momento, foi un duro golpe para o sistema. Con el
desaparecía o principal pilar do réxime, aínda que os mecanismos constitucionais
seguiron funcionando contando con Sagasta.

1.4. FÓRA DA QUENDA

Quedaban as forzas de oposición: republicanismo e carlismo. A dirección do carlismo,


tralo seu fracaso bélico optou por exiliarse a Francia e dentro do partido tivo lugar unha
excisión: un sector optou por quedar fóra do sistema levando a cabo varias conspiracións;
mentres que o outro, no ano 1888 e dirixido por Ramón Noceda, optou por crear un
partido definido polo antiliberalismo e pola defensa a ultranza da tradición e da relixión
católica.

Os sectores republicanos tiveron que enfrontarse a unha forte represión por parte das
autoridades políticas e ás diverxencias no seu seo: o republicanismo unitario dividiuse en:
Partido Posibilista, fundado por Emilio Castelar; os núcleos máis radicais formaron o
Partido Republicano Progresista, encabezado por Ruiz Zorrilla, quen desde o exilio
protagonizou pronunciamentos nos anos 1883 e 1886, pero sen contar cun apoio popular
significativo. O resto do republicanismo unitario organizouse en torno ao Partido
Centralista, de Nicolás Salmerón. O republicanismo federalista, que era o máis numeroso,
seguiu baixo a influencia de Pi i Margall, o seu líder histórico (Partido Republicano
Federal).

O republicanismo revitalizouse coa introdución do sufraxio universal e reunificáronse coa


creación da Unión Republicana en 1893 que agrupaba a federais, centralistas e
progresistas, quedando á marxe os posibilistas. Nas eleccións de 1893 obtiveron bos
resultados e por primeira vez houbo nas Cortes unha importante minoría republicana.

1.5. FRAUDE ELECTORAL, OLIGARQUÍA E CACIQUISMO

A necesidade que tiñan os gobernos da Restauración de gañar as eleccións xerais e ter


maioría nas Cortes, provocou o seu falseamento permanente e o desenvolvemento dunha
ampla rede de relacións e influencias baseada na unión dos notables locais e no
rexeitamento e manipulación das masas populares. O sistema funcionaba de arriba
abaixo:

◊ Na cúspide estaba a minoría política dirixente, os homes dos partidos, senadores,


deputados, ministros, propietarios de xornais... estreitamente conectados (pola súa
procedencia social ou por relacións familiares e persoais) cos grupos dominantes locais,
donos de negocios, fábricas e terras; todos eles forman a oligarquía dirixente entre a
que se escollía os candidatos.
◊ Nun nivel intermedio estaba o gobernador civil que, baixo a orde do ministro da
Gobernación, colabora na elaboración do encadramento[2]. Para que os resultados se
cumpran segundo o previsto, deben colaborar os alcaldes e a Garda Civil, encargadas
de manter a orde e de evitar as accións dos opositores.
◊ Na base desta pirámide estaba o cacique local, personaxe que gozaba dunha
grande influencia sobre as autoridades e os veciños dunha comarca ou territorio, sobre
todo rural, e que empregaba esta influencia en servizo do candidato do Goberno.

Tratábase dun sistema electoral corrompido e manipulador, que non dubidaba en comprar
votos, falsificar actas e utilizar prácticas coercitivas sobre o electorado, valéndose da
influencia e do poder económico dos caciques[3]. Calquera método para conseguir o
resultado electoral desexado era válido: compra de influencias, concesión de favores,
resolución de problemas, manipulación do censo, “resurrección” de mortos, impedindo
votar aos vivos, falsificación de personalidades, ameazas, encarceramento dos
considerados “revoltosos”, falsificación masiva de votos ou pucheirazo (substitución
masiva dos votos emitidos no pucheiro ou urna electoral en beneficio do candidato oficial).

Todo o conxunto de trampas electorais sinaladas coñécese co nome de fraude electoral


(= sistemática adulteración dos resultados electorais). O caciquismo tiña máis forza ou era
máis evidente nas zonas rurais, onde unha boa parte da poboación estaba supeditada ós
intereses dos caciques, os que, gracias a ter o control dos Concellos, facían informes e
certificados persoais, controlaban o sorteo das quintas, podían resolver ou complicar os
trámites burocráticos e administrativos e proporcionaban postos de traballo; e con estes
“favores” agradecían a fidelidade electoral. Todas estas prácticas se apoiaban na
abstención dunha boa parte da poboación, a apatía electoral, explicada tanto pola non
representatividade das eleccións e polo desencanto das forzas da oposición en participar
no proceso. Polo xeral, a participación electoral nunca chegou a superar o 20% en case
todo o período da Restauración.

1.6. O DESASTRE DE 1898

En 1895, os separatistas cubanos reinician a guerra contra España: 24 de febreiro de


1895, “grito de Baire”, encabezada por José Martí e polo Partido Revolucionario Cubano.
En Filipinas, a insurrección iniciouse en Luzón en 1896, dirixida por Andrés Bonifacio e
Emiliano Aguinaldo.

Co obxectivo de acabar coa rebelión, as autoridades españolas reforzaron o seus


efectivos militares nas colonias, enviando numerosas tropas. Pero o exército español
presentaba amplas carencias e debilidades: estaba escasamente dotado de medios
modernos e contaba con soldados mal preparados e recrutados entre as clases máis
pobres; ademais, as enfermidades tropicais causaban moitas enfermidades e numerosas
mortes. A guerra agravouse polo apoio que os insurrectos recibían dos EE.UU., en plena
expansión imperialista e interesados en desprazar a España da zona do Caribe e do
Pacífico.

En 1898 a estraña explosión do cruceiro norteamericano Maine (15 de febreiro) ancorado


na Habana, foi a escusa para que o Goberno dos EE.UU. enviase un ultimato ao Goberno
de España para que renunciase ao seu dominio sobre Cuba. A exaltación patriótica da
opinión pública, das autoridades, dos políticos e incluso dos eclesiásticos, así como a
confianza na vitoria e nas virtudes heroicas do soldado español, levou ao Goberno de
España a declarar a guerra aos EE.UU. Unicamente algúns intelectuais, políticos e as
organizacións obreiras se opuxeron a esa medida. A raíña rexente e o Goberno
enfrontábanse a un dilema moi penoso: sabían que ían perder a guerra; e senón ían a ela,
caería a monarquía e o sistema da Restauración porque o peso abrumador da opinión
pública estaba a favor de presentar batalla.

A guerra foi rápida e contundente polas grandes diferencias entre os dous exércitos: a
escuadra española, formada por antigos e vellos cruceiros, non podía competir fronte aos
ponderosos acoirazados norteamericanos, unha forza catro veces superior e moito máis
moderna. Os escenarios das batallas foron Santiago de cuba, Cavite e Manila, onde se
produciu en poucos días unha rápida e contundente derrota. Tras a destrución da Mariña
española e o desembarco das tropas norteamericana sen Cuba, Porto Rico e Filipinas, o
Goberno español, ante a superioridade militar dos EE.UU, solicitou o armisticio.

As negociacións de paz remataron coa sinatura do Tratado de París: España cedía Cuba,
Porto Rico, Filipinas e a illa de Guam aos EE.UU.; a cambio recibía unha compensación
económica de vinte millóns de dólares. O resto das posesións españolas no Pacífico (as
illas Marianas e as Carolinas) serían vendidas por España a Alemaña en 1899.
Desaparecía así o imperio colonial español en América e no Pacífico.

Consecuencias da derrota. Foi cualificada como desastre do 98 e causou en España un


forte choque na opinión pública, nos partidos políticos, nos intelectuais e nas clases
medias.
- ¿Houbo crise política? Non, porque non provocou a quebra do sistema político
vixente.
- ¿Crise económica? Tampouco, pese á perda dos mercados coloniais e que
representou un duro golpe para certos grupos dominantes.
- ¿Desastre moral? Si, porque España fenecía como potencia colonial e no
concerto europeo pasaba a ser tratada como “país moribundo”.
- ¿Como aproveitaron este “Desastre” os movementos nacionalistas? Coñeceron
unha grande expansión porque se puxo de manifesto a incapacidade da oligarquía
dominante para modernizar o país.

Os militares sentiron unha profunda frustración e resentimento, e responsabilizaron do


fracaso aos políticos. Pecháronse progresivamente nunha actitude de defensa corporativa
dos seus intereses e de desprezo á sociedade civil e ao sistema liberal.

Os intelectuais desenvolveron unha reflexión crítica sobre España marcada pola


desmoralización, o pesimismo e a idea de decadencia.

As clases populares respiraron tranquilas de non ter que enviar os seus fillos a morrer a
Cuba.
II.- GALICIA NA RESTAURACIÓN

O sistema político da Restauración, deseñado por Cánovas, implantouse con especial


éxito en Galicia:
Partido Conservador: Elduayen, Linares Rivas, Álvarez Bugallal
Partido Liberal: Montero Ríos, Vicenti, García Prieto

Repartíronse o control de Galicia cunhas redes clientelares que fixeron funcionar o


sistema de quenda pacífica entre as dúas forzas sen maiores problemas. Fóra do sistema
ficaban todos os demais que, sen embargo, mantiveron unha presencia pública a través
da prensa, dos ateneos culturais (tertulias) e dalgunhas manifestacións e protestas.

Os republicanos conseguiron nunha notable implantación na Coruña mentres que os


tradicionalistas sostiveron unha prensa social-católica e lograron unha notable
penetración no nacente movemento agrarista.

Anarquistas e socialistas animaron un movemento obreiro relativamente pequeno pero


continuo e suficientemente vivo.

“Lei de libertad de vientres”, eran libres os que nacían de nai esclava. Esta lei non
[1]
contentou aos abolicionistas.
[2]Proceso polo que o ministro de Gobernación coloca nas cuadrículas correspondentes a
cada distrito electoral os nomes dos candidatos (ministeriais e da oposición) que o
Goberno está disposto a tolerar. Este sistema implica complexas negociacións entre os
representantes do Goberno e as diferentes forzas políticas locais.

[3]Caciquismo: práctica política que controla as eleccións, á marxe das leis escritas, polo
predominio local dos caciques, dirixidos polo propio Goberno.

También podría gustarte

  • Com A Set 2016
    Com A Set 2016
    Documento24 páginas
    Com A Set 2016
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Actividades de Lingua Galega 2º Eso
    Actividades de Lingua Galega 2º Eso
    Documento7 páginas
    Actividades de Lingua Galega 2º Eso
    Estefanía Lemos Vázquez
    Aún no hay calificaciones
  • Traballo Iván Galego (Ataque Escampe) .Odp
    Traballo Iván Galego (Ataque Escampe) .Odp
    Documento8 páginas
    Traballo Iván Galego (Ataque Escampe) .Odp
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Estudio Del Movimiento
    Estudio Del Movimiento
    Documento3 páginas
    Estudio Del Movimiento
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Amplia 8
    Amplia 8
    Documento1 página
    Amplia 8
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Amplia 6
    Amplia 6
    Documento1 página
    Amplia 6
    Isabel Bello
    100% (1)
  • Trabajo Gallego
    Trabajo Gallego
    Documento1 página
    Trabajo Gallego
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Amplia 3
    Amplia 3
    Documento2 páginas
    Amplia 3
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Estado e Nacion Na Restauracion Borbonica
    Estado e Nacion Na Restauracion Borbonica
    Documento18 páginas
    Estado e Nacion Na Restauracion Borbonica
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Modulo1 Tec - Matematico PDF
    Modulo1 Tec - Matematico PDF
    Documento340 páginas
    Modulo1 Tec - Matematico PDF
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Amplia 4
    Amplia 4
    Documento1 página
    Amplia 4
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Reforzo 13
    Reforzo 13
    Documento3 páginas
    Reforzo 13
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • PAU - 2016 L Galega PDF
    PAU - 2016 L Galega PDF
    Documento7 páginas
    PAU - 2016 L Galega PDF
    anietopazo
    Aún no hay calificaciones
  • Amplia 2
    Amplia 2
    Documento1 página
    Amplia 2
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Examen Tema 2 Sociales
    Examen Tema 2 Sociales
    Documento3 páginas
    Examen Tema 2 Sociales
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Amplia 5
    Amplia 5
    Documento2 páginas
    Amplia 5
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Amplia 2
    Amplia 2
    Documento1 página
    Amplia 2
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Amplia 7
    Amplia 7
    Documento1 página
    Amplia 7
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • PAU 2016 Lingua Galega PDF
    PAU 2016 Lingua Galega PDF
    Documento7 páginas
    PAU 2016 Lingua Galega PDF
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Avalacion 11
    Avalacion 11
    Documento2 páginas
    Avalacion 11
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Arte de Xviii e Xix
    Arte de Xviii e Xix
    Documento11 páginas
    Arte de Xviii e Xix
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Eva 12
    Eva 12
    Documento3 páginas
    Eva 12
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • 4esohc2 Ev GL Ga U03
    4esohc2 Ev GL Ga U03
    Documento2 páginas
    4esohc2 Ev GL Ga U03
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Repaso 1
    Repaso 1
    Documento2 páginas
    Repaso 1
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • 4esohc2 Re GL Ga U01
    4esohc2 Re GL Ga U01
    Documento1 página
    4esohc2 Re GL Ga U01
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Eva 12
    Eva 12
    Documento3 páginas
    Eva 12
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones
  • Lingua 1
    Lingua 1
    Documento3 páginas
    Lingua 1
    Isabel Bello
    Aún no hay calificaciones