Está en la página 1de 2

TEMA 4. Historia da lingua. O galego de 1916 a 1936.

Características lingüísticas
fundamentais. Contexto histórico e situación sociolingüística.

Nos comezos do século XX prodúcense unha serie de avances e fixéronse realidade a Real
Academia Galega (1906), as Irmandades da Fala (1916), a Xeración Nós, o Seminario de Estudos
Galegos(1923) e o Partido Galeguista (1931). Con eles o galego pasou a ser utilizado fóra do
ámbito literario: na prensa, no ensaio, na tradución de textos literarios, etc. Estas
institucións contribuíron dun xeito moi importante á presenza do galego no vida pública e ao
seu prestixio.

0 18 de maio de 1916 ten lugar a fundación da primeira Irmandade da Fala que ten
como un dos obxectivos a de fomentar a práctica social do idioma. A novidade máis salientable é
que se demanda a galeguización plena da sociedade galega, pero esa demanda faise por primeira
vez en galego, superándose así a contradición que existía entre a teoría e a praxe lingüística do
século anterior.

Da man destas Irmandades - que tiñan como ideario A Nosa Terra- xorden proxectos
normalizadores de grande éxito (cursos de lingua, conferencias...). Nacen varias editoriais como:
Céltiga, Lar e a máis importante desta época, a Editorial Nós (A Coruña 1927), que publicará as
obras máis importantes do grupo Nós.

En 1918 celébrase a I Asemblea Nacionalista das Irmandades en Lugo, onde xorde o


Manifesto da Asemblea Nazonalista de Lugo, documento considerado fundacional do nacionalismo
galego, e asinado entre outros por: Losada Diéguez, V. Risco, R. Cabanillas, Antón Vilar Ponte... Nel
demandan a cooficialidade do galego e o seu emprego como tal no ensino e no xustiza. Ademais
do seu labor directo, apoian outros proxectos galeguistas do país como o Seminario de Estudos
Galegos e a Revista Nós.
Os obxectivos dos homes das Irmandades eran:
- Oficialidade do galego.
- Cultivo sistemático do galego na fala e na escrita.
- Aumento das publicacións en galego, incluídas as traducións.
- Recuperación da tradición cultural.
- Presenza do galego no ensino.

Outro colectivo importante no recuperación do galego foi o grupo Nós: creadores da prosa
literaria moderna en lingua galega e membros dinámicos e prolíficos do Seminario de Estudos
Galegos, institución que inaugura o uso do galego no ciencia e na investigación.

A excepción de Castelao, membro fundador das Irmandades en Santiago, os homes de Nós


parten dunha actitude cosmopolita intelectual para chegar rapidamente a un galeguismo
universalista. Estes homes colaboraron no conformación dunha lingua capaz de expresar calquera
tipo de contidos no noso idioma. A súa empresa colectiva máis importante é a revista Nós, que
aparece por primeira vez en 1920 dirixida por Risco e con Castelao como responsable artístico.

En 1923 un grupo de universitarios (Fermín Bouza Brei, Filgueira Valverde, Lois Tobio...)
fundan o Seminario de Estudos Galegos, co obxectivo primario de estudar todas as manifestacións
da cultura galega. Os seus traballos publícanse no Editorial Lar e Nós, no revista Nós e no boletín
da R.A.G. Chegan a aprobar e publicar unhas normas ortográficas en 1933.

Todo este labor normalizador ten un dos seus momentos máis destacados no ano 1931,
coa fundación do Partido Galeguista en Pontevedra. Nace co obxectivo de elaborar o Estatuto de
Autonomía de 1936, que non chegou a entrar en vigor por mor do golpe militar. No súa
declaración de principios consideran a lingua como un dos trazos individualizadores de Galicia,
defendendo o dereito do seu uso e a súa cooficialidade respecto do español.

Situación sociolinguística
En canto aos usos da lingua podemos dicir, que a pesar da recuperación funcional do
galego neste primeiro terzo do XX, a situación da lingua no conxunto do sociedade está aínda
moi lonxe do ideal establecido polo galeguismo. Aínda que o seu uso medrou no mundo
literario, a educación segue a ser en español, e por outro lado alén das publicacións
galeguistas, o emprego no prensa é moi restrinxido. Asemade, hai un proceso de
substitución lingüística do galego polo castelán en determinados ámbitos, debido ó
sentimento de inferioridade e autoodio que o uso da lingua propia provocaba en
determinados sectores sociais.
Características lingüísticas
Lingüisticamente a carencia dunhas normas e dunha lingua estándar, fai que os
autores desta época teñan que seguir acudindo ao castelán ou ao portugués en certas
ocasións. As únicas normas existentes eran as propostas polo Seminario de Estudos
Galegos. Antes destas normas apareceron varias gramáticas, o Compendio de gramática
Galega de Carré Alvarellos e a Gramática do idioma de Lugrís Freire.
Todo isto fai que a lingua dos autores desta época se caracterice por posuír
numerosas desviacións da norma como: castelanismos, hiperenxebrismos, lusismos,
dialectalismos, vulgarismos... É a etapa denominada enxebrizante na que se busca sobre
todo o diferencialismo co castelán.
O alzamento militar de 1936 supuxo unha ruptura con este rexurdir da cultura e da
lingua galega da man de Castelao, os irmáns Vilar Ponte, Pedrayo, Risco, Bóveda e
moitos outros que morreron, se exiliaron, calaron ou foron silenciados no súa defensa
do galego.

También podría gustarte