Está en la página 1de 2

 

BASES 1º TORNEO DE FUTBOLÍN XUVENIL 


Local Social As Travesas – Monfero 27 de outubro de 2018

1. As parellas participantes no torneo deberán estar formadas, mínimo, por unha persoa empadroada
en Monfero.

2. Poderán inscribirse na actividade as persoas de entre 14 e 30 anos de forma gratuita ata o día luns
22 de outubro ás 14:00h mediante a folla de inscrición dispoñible na casa do Concello de Monfero
entregándoa cuberta no rexistro do concello ou escaneada a abel.caballero@monfero.es antes do 22
de Outubro (inclusive).

3. Non estará permitido realizar a técnica coñecida como “remolino” na que se realiza un xiro da
barra de 360º. Tampouco soplar á bóla (no caso de que quede no medio ou saia do terreo de
xogo, volverase a sacar dende o medio do campo) nin mover ou levantar as barras do futbolín.

4. Estará prohibido interferir nos controis do equipo contrario e cambiar de posición durante a
partida.

5. Nos partidos xogaranse un total de 7 pelotas, gañando o equipo que antes logre 4 goles. En caso
de empate 3-3 a última bóla sacarase como a inicial.

6. Ao marcar un gol, sacará o equipo contrario recibindo a bóla na súa barra de


mediocentros e considerarase que este xa sacou co primeiro contacto ca bóla.

7. O sistema do torneo determinarase segundo o número de inscricións.

8. En caso de non asistir á hora indicada, os contrincantes gañarán o partido.

9. Permitirase inmovilizar a pelota sempre nun tempo inferior a 3 segundos.

10. Co incumprimento dalgunha das normas anteriores, a pelota entregarase en liña de saque ao
equipo contrario.

11. Premios
- 1º clasificado: 2 vales de 60€ nunha tenda deportiva
- 2º clasificado: 2 vales de 40€ nunha tenda deportiva
- 3º clasificado: 2 vales de 15€ nunha tenda deportiva
12. As persoas que non xoguen non poderán molestar aos xogadores e deberán deixarlles o espazo
que o árbitro considere necesario. A interferencia no xogo pode ser motivo de descalificación.

También podría gustarte