Está en la página 1de 1

XOSÉ LOIS JÁCOME ENRÍQUEZ, Deputado do GRUPO MIXTO da COALICIÓN SON,

presenta no noso propio nome e en nome da Asociación Libera a seguinte pregunta


para a que solicita resposta por ESCRITO relativa ó cumprimento da lei de benestar
animal nos concellos e nas mancomunidades da provincia de Pontevedra ao respecto
da recollida de animais extraviados ou abandonados.

Diversas veciñas teñen denunciado que municipios como Gondomar, cuxa


xestión do servizo de recollida de animais está delegada á Mancomunidade do
Val Miñor é a súa vez no Centro de Acollida e Protección de Animais (CAAN)
dependente da Deputación de Pontevedra, non prestan este servizo obrigado
por Lei aos gatos ventureiros, abandonados ou extraviados, co que se estaría a
producir un incumprimento parcial da propia norma.
O artigo 4 da Lei 4/2017 refire as definicións sobre os “animais de compañía”,
evidenciando que os servizos e as obrigas de recollelos cando están na vía
pública non só afecta aos animais de especie canina, senón tamén a gatos e
furóns.
Neste senso se CAAN non presta o servizo acorde coas definicións normativas,
supón que existen localidades pontevedresas que incumpren a Lei, xa que
delegan as súas competencias de xeito incompleto, podendo ser obxecto de
sanción por parte da Xunta.
Polo anteriormente exposto realizamos as seguintes cuestións:
1. É consciente a Deputación de que a obriga de recollida de animais
inclúe máis especies que a canina?
2. Pensa a Deputación desenvolver algunha medida ou liña de apoio
para que os Concellos poidan desenvolver o servizo para felinos ou
a xestión de colonias controladas?
3. Por que motivo a Deputación non presta con CAAN o servizo
completo se obtén a delegación dos concellos?

XOSÉ LOIS JÁCOME ENRÍQUEZ

COALICIÓN SON

Cangas, a _______ de _______________do 2018

Coalición Son
Pazo Provincial da Deputación de Pontevedra: Avda Montero Ríos s/n.
Tlf: 638 603 907 – deputacionxoseloisjacome@gmail.com

También podría gustarte