Está en la página 1de 8

Antonia Ferrín Moreiras naceu en Ourense

o 13 de maio de 1914 e faleceu en Santiago


de Compostela o 6 de agosto de 2009, con
95 anos.
• Antonia comenzou a destacar nos estudos a unha idade temprana, o seu pai
era profesor de matemáticas e quería que as súas catro fillas tiveran estudos
superiores.Algo moi pouco habitual a comezos do século XX. Así comezou a
escola con sete ano e, con nove xa estaba preparada para ir ao instituto.
• Despois de cursar bacharelato de forma exemplar, comezou os seus estudos
superiores de Química na Facultade de Ciencias na Universidad de Santiago
de Compostela (USC) á idade de dezaseis anos. Aquela era a única
licenciatura que ofertaba a Facultade de Ciencias da USC naquela época e
grazas ás matrículas gratuitas e diversas becas que obtuvo, Ferrín licenciouse
en Químicas no ano 1935, ao mesmo tempo que consiguiu o Título de
Maestra Nacional.
• A partir daquel momento comezou unha carrera académica, docente e
investigadora espectacular e incansable.
• Entre 1934 e 1936 traballou como profesora axudante de Física e Matemáticas na
Facultade de Ciencias da USC, ao tiempo que exercía de axudante interina no
Departamento de Ciencias do Instituto Arcebispo Xelmirez de Santiago e estudaba
a licenciatura de Farmacia ademáis de realizar cursos de Ciencias Exactas
(actualmente Matemáticas). Todo ao mesmo tempo.
• O golpe de estado e posterior Guerra Civil non só fixeron parar a actividade
universitaria de Antonia, tamén tivo que sufrir a súa represión en forma de denuncia
anónima pola súa ideoloxía política que lle levou a ter un Expediente de depuración
no 1937. Foi condeada cunha inhabilitación para o desempeño de cargos directivos
e de confianza, e foi apartada da docenza.
• Terminada a guerra, no 1940 pediu unha revisión da súa causa, que por sorte
derivou nunha cancelación da pena. Antonia puido volver a exercer de profesora na
Facultade de Ciencias e licenciouse en Farmacia naquel mesmo ano.
• No 1940, coñeceu á persona que probablemente cambiou a súa vida, Ramón
María Aller, fundador e director do Observatorio Astronómico da USC. Foi
el quen a introduxo na astronomía e aquelas primeiras colaboraciones deron
fruto nun traballo de máis de vinte anos xuntos. No 1950 Ferrín consiguiu
unha beca para realizar investigacións no Observatorio, traballo que
finalmente derivaría nun contrato de asistente de investigación.
• Foi tamén no 1950 cando Antonia licenciouse en Matemáticas na
Universidade Central de Madrid (actualmente Universidade Complutense)
consiguindo así a terceira das súas licenciaturas.

• Non satisfeita, Antonia Ferrín siguiu estudando para obter o seu doctorado
en Astronomía no 1963, cunha tesis titulada “Observacións de pasos polos
dous verticais” e dirixida polo seu amigo e maestro Ramón María Aller.
Aquela tesis doctoral foi a primeira tesis de astronomía defendida por unha
muller no estado español e a primera defendida na Facultade de Ciencias da
USC, onde anos antes Ferrín e Aller impulsaron a creación da Licenciatura en
Matemáticas. De feito, Antonia foi a primeira muller profesora de esta
Facultade.
• Os anos posteriores foron igual de impresionantes. Ademáis de profesora da
USC, foi nombrada catedrática numeraria de matemáticas na Escuela de
Maxisterio Santa María de Madrid, onde impartiu clases de astronomía e
mecánica celeste e ocupou cargos directivos. Tamén exerceu de docente na
Universidade Complutense, ademáis de traballar como adxunta en diferentes
cátedras ao longo da súa vida.
• Cunha vida máis que fructífera ás espaldas e xunto co recoñecemento de ser
a madriña do 50 aniversario da Facultade de Matemáticas da USC no 2008.
• As súas contribucións principais á astronomía consisten en traballos sobre
ocultacións estelares, medidas de estrelas dobres e determinación de pasos
polos dous verticais.
• A contribución máis importante que nos deixou esta muller é ese
incansable espíritu de estudo e traballo que demostrou ao longo
da súa vida vida. Antonia Ferrín Moreiras o fixo todo,
absolutamente todo; estudou, ensinou, investigou, traballou… e o
fixo nunha sociedade e nunha época onde as mulleres non o tiñan
fácil.
• Fontes: https://mujeresconciencia.com/2017/09/26/antonia-ferrin-
moreiras-simplemente-una-cientifica-indescriptible/
• https://es.m.wikipedia.org/wiki/Antonia_Ferr%C3%ADn_Moreiras

También podría gustarte