Está en la página 1de 14

1 O Pindo

Presentación da unidade dubidar no seu uso. Neste caso, revísanse as regras de acentua­
ción, mediante exercicios e coa axuda do Apéndice, que recolle
Antes de comezar este último tramo da Secundaria, será conve­ palabras con acento diacrítico.
niente saber algúns detalles sobre a composición do grupo. A sección dedicada ao Estudo da lingua aborda as unidades lin­
Recoméndase, ademais, iniciar o curso coa avaliación inicial que se güísticas mínimas —os fonemas—; en concreto, os vocálicos (os
pode elaborar co xerador, para comprobar o nivel de coñecemen­ consonánticos veranse na unidade seguinte). Convén facer fincapé
tos e a homoxeneidade da clase. nas palabras homónimas que se diferencian polo timbre da vogal
Achegámonos ao libro polo monte Pindo, desde unha dobre páxina (semipechada ou semiaberta), sobre todo con aqueles rapaces e
que mostra unha ampla panorámica e proporciona información so­ rapazas máis instalados no castelán ca no galego.
bre este fermoso espazo natural. A información está locutada, co fin O apartado Lingua e sociedade discorre paralelo á historia da lite­
de traballar a comprensión oral e tamén a expresión, pois se formu­ ratura, pois resulta imprescindible que o alumnado entenda cal era
lan varias preguntas para resolver en gran grupo, así como un deba­ a situación do galego no momento literario que se presenta nesta
te acerca da importancia de conservar e protexer o patrimonio natu­ unidade: a época das Irmandades da Fala.
ral. E para ampliar coñecementos, suxírese consultar a Galipedia. O estudo da Literatura arranca, xa que logo, a comezos do século xx.
A continuación, proponse a Lectura dun fragmento narrativo, tomado Nestes anos, os autores continúan a liña iniciada polo Rexurdimento
d’O corazón da Branca de Neve (de Francisco Castro), novela policial pero tamén van incorporando novidades que enriquecen as súas
e de suspense acerca de bandas criminais que fan negocio cos seres creacións. Neste marco desenvólvese a obra de escritores como
humanos. O texto analízase a través dunha batería de actividades pa­ Noriega Varela e Ramón Cabanillas, da que se escolleron varios
ra o seu comentario e co apoio de información teórica sobre algunhas exemplos —tanto na Antoloxía como no Comentario de texto—,
características do xénero. Ademais, se ao profesor ou profesora lle para ler, escoitar e analizar.
parece oportuno, pode invitar o alumnado a ler a obra completa, ou O Obradoiro de expresión é un espazo onde adquirir destrezas para
outra que elixan no plan lector para este trimestre. a creación literaria e non literaria, e tamén para poñelas en práctica.
En tan só unha páxina, advírtese a profundidade psicolóxica dos Así, neste primeiro taller danse unhas pautas para elaborar un traballo
personaxes; de aí que se elixise o campo semántico das formas de monográfico, que será de grande utilidade en todas as materias.
ser para o apartado de Vocabulario. Finalmente, a dobre páxina Aplica o que sabes selecciona algu­
Ao longo das doce unidades do libro, farase un Repaso de certos nhas das aprendizaxes máis significativas da unidade, a modo de
contidos morfolóxicos e ortográficos que cómpre ter claros e non autoavaliación para incluír no portfolio.

Esquema da unidade
O PINDO

ANÁLISE DE
LINGUA LITERATURA PORTFOLIO
TEXTOS

Aplica o
Vocabulario Repaso Estudo Lingua e •A
 literatura Comentario que sabes
da lingua sociedade no tempo das
Irmandades

•F
 ormas de ser • A acentuación •F
 onética (1). •O
 galego no
Vocalismo primeiro terzo
Antoloxía
do século xx

Lectura Textos Obradoiro


de expresión

«Branca de Neve» •O
 texto
narrativo • O traballo
(Francisco Castro) monográfico

Comentario

24
1 O Pindo
Podes coñecer?
Trevinca, Pía Páxaro, O monte Aloia, o Parque Na-
tural do Invernadoiro… son outros espazos naturais
de gran valor ecolóxico e etnográfico. Comentade
acerca da importancia de protexelos e conservalos
adecuadamente.
Consultade na Galipedia as hipóteses sobre
a etimoloxía do nome:
1 O monte Pindo, alcumado por Otero Pedrayo Olimpo celta, http://gl.wikipedia.org/wiki/Monte_Pindo
é un macizo granítico que se eleva desde a beira do mar ata
os 627 metros de altitude. Cunha extensión de 4 629 hectá-
reas pertencentes aos concellos de Carnota, Mazaricos, Cee
e Dumbría, sitúase entre a ría de Corcubión e a de Muros e
Noia. Nas proximidades atópanse a praia de Carnota e a fer-
venza do río Xallas no Ézaro, que se precipita ao mar desde
40 metros de altura.
A abundancia de grandes bolos de pedra deu lugar a lendas
protagonizadas por monstros e xigantes. Segundo a tradi-
ción oral, no cume celebraban os castrexos os seus cultos
de adoración ao sol. Tamén se di que nas súas ladeiras hai
infinitas plantas medicinais e que a herba medra de xeito ra-
pidísimo da noite para a mañá. As parellas estériles acoden
ao lugar para conseguir ter descendencia.
Este espazo natural forma parte, xunto coa praia de Carnota,
da Rede Natura e foi catalogado como Lugar de Importan-
cia Comunitaria. Ademais, é Punto de Interese Xeolóxico.

Escoita ou le e contesta
• Que aspecto xeomorfolóxico caracteriza este monte?
• Cales son as lendas e crenzas asociadas a este espazo mí-
tico?
• Xustifica a denominación de Otero Pedrayo.

Ao iniciar a unidade • En canto ás novas tecnoloxías, constitúen unha ferramenta funda­


mental na formación dos escolares, e neste sentido deben lem­
• Cada unidade ábrese cunha dobre páxina que achega distintos as­ brar que, ademais de usalas con responsabilidade, a finalidade é
pectos que nos definen como pobo: a paisaxe, as tradicións, a so­ didáctica: aprender delas ou a través delas. Neste sentido, suxíre­
ciedade actual… Trátase de que os alumnos e alumnas coñezan se que, á parte da páxina da Galipedia que se propón visitar, con­
mellor o seu contorno e a súa cultura para valoralos e valorarse, pa­ sulten algún mapa para localizar o monte Pindo.
ra ter conciencia da súa identidade e aprender a respectala.
Solucións das actividades
• Trátase tamén de introducir os contidos dunha maneira amena e
cooperativa, a través dunha imaxe e dun tema suxestivos. A lámina Escoita ou le e contesta
inicial vai acompañada dun texto que está locutado, co fin de traba­
• A existencia de grandes bolos graníticos que a tradición asocia con
llar a escoita atenta e a comprensión oral.
monstros e xigantes.
• Ademais, suxírese ampliar a información na Rede e opinar, en gran
• Os grandes bolos graníticos orixinan a existencia de lendas de
grupo, acerca de asuntos de actualidade.
monstros e xigantes.

Suxestións metodolóxicas No lugar celebraban os castrexos ritos de adoración ao sol.


Practícanse ritos de fertilidade para as parellas estériles.
• Cómpre pór en práctica estratexias que garantan o silencio necesa­
rio para atender á locución e facer unha escoita comprensiva do As plantas medran con gran rapidez.
texto. Así, por exemplo, pódeselles pedir aos alumnos e alumnas • A denominación Olimpo celta pode deberse a que é unha enorme
que poñan en marcha os seus cronómetros para calcular o tempo formación de pedra que domina as costas da fin do mundo, e ta­
que son capaces de aguantar sen falar e prestando atención (se non mén ao seu parecido co Pindo grego.
tivesen cronómetro, bastaría con mirar o reloxo); tamén, que fagan
Podes coñecer?
exercicios por parellas de mirarse sen dicir nada durante un minuto;
ou pechar os ollos e simplemente escoitar os sons ambientais. O nome Pindo parece proceder da lingua céltica binn dubh (‘monte
escuro’, ‘cumio escuro’). Hai exemplos de montes fisicamente seme­
• Así mesmo, é importante aprender a falar en público. Para iso,
llantes e denominados exactamente dese xeito tanto en Irlanda (mon­
convén elixir un moderador, establecer quendas de palabra, limi­
te Binn Dubh), coma en Escocia (monte Beinn Dubh).
tar os tempos de intervención, desenvolver técnicas de desinhibi­
ción para perder o «pánico escénico», respectar as diferenzas de Porén, os romanos déronlle o nome de Celtici Supertamarci (que fai
opinión, etc. referencia á celtización da zona).

25
UNIDADE 1

1 Lectura
Branca de Neve
2 Alberte entrou no bar e o primeiro pensamento que lle veu á cabeza era que ía mal
vestido. Os fregueses daquela cafetería do barrio de Teis, en Vigo, exactamente
cinco, botando unha partida de dominó, [...] ergueron os seus cansos ollos dende
as cadeiras de skai, rotas por todas partes, para reparar naquel fulano tan elegante e
5 tan estraño que viña de entrar pola porta e a quen non viran na vida. Co dedo índice
da man esquerda subiu as lentes de pasta que lle esvaraban pola suor. Unha señora,
dunha idade imposible de calcular, achegóuselle e, antes de que ela abrise a boca,
pediu unha tónica fría, sen xeo.
Alberte recibira a chamada do Branco había dúas horas. Unha conversa que, coma
10 todas as anteriores, durara menos dun minuto.
—Quero que esteas ás seis e media no Burela, unha cafetería da rúa García Bar-
bón. Vai para alí ás seis e media en punto. Nin se che ocorra chegar tarde. Teño o
que queredes. Lévovolo a esa hora. Ou estás ou pásollo a outros.
Toda a conversa foi esa. Un soliloquio.
15 Alberte e Sonia levaban esperando ese momento había moito tempo, aproximada-
mente dous anos dende que aquel médico lles dixo que el «sabía de certos amigos que
vos poden axudar». Alberte lembra, mentres bota a tónica nun vaso de tubo gastado
que quizais algún día foi de cristal transparente, o exacto instante en que o médico
dixo aquilo. E lembra, sobre todo, as bágoas de Sonia despois do veredicto clínico.
20 Neste tempo, dende que empezaron a pagar, ao primeiro pequenas cantidades «para
iniciar a xestión», como dixera o médico, ata os case que doce mil euros que custa-
ra finalmente, case sempre pagado en cantidades enviadas nun sobre a un apartado
de correos, [...] Alberte esforzárase en repetirse que non estaba a facer algo malo. E
que, ademais, que o facía polo amor que sentía por Sonia. A súa dor era esnaquiza-
25 dora para el. [...] Amábaa profundamente. Quería que fose feliz.
E si, quizais hoxe, cando chegase á casa, Sonia podería comezar a ser feliz.
O médico comprometérase a asinar todos os papeis que fosen necesarios. Os trámi-
tes coa Administración non ían ser problema ningún. [...] Na segunda ou na tercei-
ra conversa atrevérase a preguntar pola identidade do Branco. Díxolle ao médico
30 que tiña dereito a saber quen estaba detrás de todo aquilo. O doutor recomendoulle
non facer preguntas.
Ás seis e media en punto sooulle o móbil.
—Achégate á porta. Baixa do coche e doucho.
Alberte tragou dun só grolo a tónica con xeo sen case que respirar. Deixou un bi-
35 llete de cinco euros e case que berrou, ao tempo que marchaba correndo, que que-
dasen co cambio.
Púxose na porta, co corazón a lle saír pola boca.
Un Renault Scenic azul cheo de rascaduras polas portas parou xunta el. Alberte aga-
chou a cabeza por ver algo. Saíu un home novo. Encarapuchado. Lentes escuras.
40 Traía un vulto na man.
—Alberte?
Asentiu coa cabeza.
Púxolle o paquete na man, entrou no coche e saíu a fume de carozo.
O bebé aínda tiña restos de sangue na cabeza. Tiña a boca un pouco aberta.
45 Convencido de que lle ía dar un infarto, Alberte dirixiuse co seu fillo cara ao seu
coche e o seu incerto futuro.
Francisco Castro: O corazón da Branca de Neve, Ed. Galaxia.

8 9

Suxestións metodolóxicas Anotacións

• Para mellorar a comprensión lectora, é conveniente primeiro escoi­


tar o texto locutado. Esta audición pode facerse individual ou co­
lectivamente.
• Unha vez escoitado e lido o texto, aclararanse posibles dúbidas en
relación co tema ou co vocabulario (por exemplo, palabras como
skai, fregués, soliloquio…).
• A lectura que serve como punto de partida para o comentario de
texto desta unidade é un fragmento tomado d’O corazón da
Branca de Neve, de Francisco Castro. A novela, que recibiu o
Premio de Novela por Entregas de La Voz de Galicia en 2013, narra
as pescudas dun inspector de policía para atopar unha bebé rouba­
da a unha rapaza inmigrante. O suspense e a intriga, a implicación
na trama de bandas criminais e a investigación policial conseguen
manter o interese do lector ata o final desta historia, centrada no
tráfico de seres humanos.
• Se o docente o considera oportuno, sería recomendable propoñerlle
ao alumnado a lectura do libro completo ao longo do trimestre ou
dalgunha outra obra do xénero narrativo que se inclúe no Plan lector.
• Francisco Castro (Vigo, 1966) é un experimentado narrador, xestor
e director de talleres literarios, membro da Editorial Galaxia e presi­
dente da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (Gálix).
Comezou a publicar en 2001: o libro de relatos eróticos Xeografías
e A canción do náufrago (narracións curtas en torno ao amor) foron
os seus primeiros títulos. Despois viñeron outros, como Memorial
do infortunio, Xeración perdida, Spam, As palabras da néboa, O
ceo dos afogados, Amor é unha palabra coma outra calquera ou O
corazón da Banca de Neve. E viñeron tamén numerosos premios
pola orixinalidade da súa obra, a técnica do discurso, o tratamento
dos temas…
No eido da literatura infantil e xuvenil é autor de Chamádeme
Simbad, O segredo de Marco Polo e Un bosque cheo de faias.

26
UNIDADE 1

2 Análise de textos
O texto narrativo
Comentario da lectura
Comprensión
1 Analiza a caracterización do personaxe no
• Localiza todas as referencias temporais do
pasado e ordénaas cronoloxicamente.

primeiro parágrafo. • Que función cumpren na trama?


• Que datos coñecemos acerca del? 11 Presente, pasado e futuro interrelaciónanse.
2. 1 Que é un texto narrativo? • Cal é o seu estado emocional? • Fíxate nos verbos marcados en negriña e
Un texto narrativo, oral ou escrito, é aquel no que se contan historias e sucesos, 2 Por que se desprazou ata o lugar onde está? explica os valores que expresan en relación
reais ou imaxinarios, que lles suceden a uns personaxes nun espazo e nun tempo coa acción narrativa.
3 Fíxate nas palabras empregadas para referirse
determinados. Unha novela ou unha biografía son textos narrativos.
ao contido que Alberte recibe do Branco. Ca-
A Narratoloxía estuda todos os aspectos da narración literaria, fundamental- les son? Expresión escrita
mente aqueles propios do conto e da novela: a historia que se narra, o punto de 12 «Alberte dirixiuse co seu fillo cara ao seu co-
• Que gradación se expresa con elas?
vista desde o que se conta, o espazo no que sucede a acción, o tempo… che e o seu incerto futuro».
4 Que papel representan os personaxes citados
no fragmento? Imaxina como continuará a historia e escribe
2. 2 Historia e relato a reacción de Sonia cando Alberte chegue á
Alberte
casa.
Toda narración dá conta dunha serie de acontecementos de interese humano
Sonia
que, se atendemos á súa orde cronolóxica, constitúen o que chamamos historia.
O Branco
O relato é a especial disposición temporal que estes acontecementos adquiren
no texto ou discurso. O médico

Historia e relato son inseparables, xa que ambos aparecen fundidos no discurso.


5 Que elementos indican que a entrega realiza-
Relacionados con estes conceptos, están os de argumento, trama e tema. da é un acto ilegal?
6 Como xustifica Alberte a súa actuación?
2. 3 Argumento, trama e tema
7 Contrasta a actitude do Branco coa de Alber-
• O argumento é a síntese da historia, é dicir, o resumo do que se nos conta na te. Pon exemplos.
narración respectando a orde temporal dos acontecementos.
• A trama sintetiza o relato, respectando a orde textual dos feitos. Expresión oral
• O tema é a síntese do significado esencial. Así, o tema dun conto, novela ou 8 Comentade a situación narrada. Parécevos
poema debe enunciarse nunha frase breve, ás veces mesmo nunha palabra: o verosímil?
amor, a morte, a perda da inocencia, o adulterio, o esclarecemento dun asasi- • Coñecedes algún suceso real similar? E al-
nato… son temas recorrentes da novela e do conto que nos permiten facer gunha película ou serie sobre o tema?
unha clasificación destes en subxéneros temáticos: novelas románticas, de
aventuras, de aprendizaxe, psicolóxicas, policiais... Na Web...
Podedes atopar información na Rede:
• Na Galipedia, «Pícaros roubados polo
franquismo».
• Serie de televisión Niños robados.
• Longametraxe Baby sellers.

Análise
9 Resume o argumento. Enuncia o tema.
10 Desde o presente, o relato salta ao pasado
para dar a coñecer uns feitos previos.
• En que momento transcorre a acción? Can-
to tempo abrangue?

10 11

Solucións das actividades Expresión oral


8 Resposta aberta.
Comprensión
Análise
1 • É unha persoa elegantemente vestida, que contrasta no escenario do
bar dun barrio obreiro. O seu nivel socioeconómico suponse elevado. 9 Argumento: Alberte recibe unha chamada do Branco para que vaia a
Está casado cunha muller chamada Sonia á que ama moitísimo. un bar onde lle entregará o bebé polo que levan agardando moito
tempo e polo que xa pagaron doce mil euros. Tema: tráfico de bebés.
• No comezo está moi nervioso, «co corazón a lle saír pola boca», e
no remate está «convencido de que lle ía dar un infarto». 10 • A acción transcorre desde que Alberte chega ao bar (pouco antes
das seis en punto) ata as seis e media en punto, cando recibe un
2 Porque o chamou Branco para citalo nese bar con carácter urxente. bebé de mans do Branco.
3 As palabras clave son: vulto – paquete – bebé – fillo. a) Lembranzas de Alberte, que o levan a dous anos atrás:
• O bebé xa pasou da condición de vulto á de fillo e Alberte recíbeo – Sonia e Alberte reciben a noticia de que non poden ter fillos.
como se fose un paquete froito dun intercambio comercial. – O médico di que el lles pode axudar a conseguir un bebé.
– Comezan a pagar aos poucos a cantidade pedida.
4 Alberte: é o marido de Sonia que acepta comprar un bebé para que
a súa muller sexa feliz. b) Pasado recente, os acontecementos de dúas horas antes:
– Dúas horas antes o Branco chama a Alberte para citalo no bar.
Sonia: é unha muller moi infeliz porque non pode ter fillos.
– Alberte chega ao bar e agarda media hora.
O Branco: é un sicario dunha organización criminal que trafica con • Explican o que está sucedendo e as motivacións de cada personaxe.
bebés roubados.
11 Entrou: pretérito. Comeza a acción no tempo presente.
O médico: é o encargado de conseguir os bebés e falsificar os papeis
para vendelos a familias. Recibira: antepretérito. Refírese ao pasado inmediato (dúas horas antes).
Levaban esperando: perífrase aspectual durativa. Acción que se vén
5 O Branco vai encarapuchado, leva lentes escuras e abandona o lugar
desenvolvendo durante os últimos dous anos.
a fume de carozo. Alberte está angustiado, temeroso de que o pillen
coas mans na masa, é consciente de que está cometendo un delito. Podería comezar: pospretérito. Acción probable no futuro.

6 Considera que a súa actuación é un acto de amor. O seu único desexo Expresión escrita
é que Sonia sexa feliz. Alude á «dor esnaquizadora» que sofre a muller. 12 Resposta aberta.
7 Branco é o que manda, ordénalle que chegue á hora en punto, ameá­
zao con que se non chega a tempo perderá a oportunidade: «Nin se Atención á diversidade
che ocorra chegar tarde», «Ou estás ou pásollo a outros». Cando o Desenvolvemento das competencias
chama por teléfono só fala el («soliloquio»).
Suxírese realizar a actividade 1 da ficha de traballo 1 no caderno
Alberte actúa con total submisión e accede a todos os requirimentos Inclusión e atención á diversidade. Tamén, a ficha 1 do Material para
do Branco, sabe que non ten máis remedio se quere conseguir o bebé. o desenvolvemento das competencias.

27
UNIDADE 1

3 Vocabulario
Formas de ser
4 Repaso de ortografía
A acentuación
Comprende, relaciona, interpreta
1 Anota os adxectivos que mellor definan os 4 Escribe o contrario destes adxectivos caracte- MMMM! ESTE VERME ESTÁ DELICIOSO!
personaxes da lectura: rizadores:
nugallán, simpática, covarde, mesquiño, fachen- RAQUEL C. PICO | ESTILOS DE VIDA
Sonia
dosa.
Alberte Aínda que o mundo da comida pode parecer un terreo de- Os insectos non van ocupar os restaurantes modernos.
5 Introduce os adxectivos do recadro na serie
Médico masiado serio para deixarse arrastrar polas modas, o cer- Vanse converter na próxima obsesión daqueles que están
que lles corresponda:
to é que está máis que marcado polas tendencias e polas preocupados pola saúde e decididos a comer de forma
Branco
modas dende sempre e por iso o que comemos vai evolu- saudable.
espelida habilidoso atrevida agradable
cionando ao longo da historia. Non hai máis que mirar as A pesar de que en Europa o de comer un insecto aínda
2 Os adxectivos seguintes poden empregarse bromista gandaina honesto testá
cartas dos restaurantes ano tras ano para ir vendo como non é unha cuestión para todos os padais, a demanda des-
nos retratos de personaxes:
a) Audaz, intrépida, ousada, … cambian os pratos [...]. Así pasamos as fases redución de tes produtos está comezando a crecer e, sobre todo, está
doce, cordial, sincero, atrevida, sensato, cínico, vinagre balsámico, a do rulo de cabra ou a (maldita sexa empezando a aparecer. A razón é que os insectos son unha
b) Afable, cortés, atenta, amable, …
irónico, sensual, sedutor, atractiva, sabichón, ela) da (noxenta) rúcula. A próxima tendencia gastronó- moi importante fonte de proteínas. [...] E tendo en con-
ledo, prudente, inxenuo, bondadosa, repelen- c) Honrado, íntegro, probo, … mica poderían ser os insectos. ta que os europeos lle dan bastante importancia ao tema,
te, delgado, listo, leal, furiosa, creativo, flexible, d) Aguda, lista, xarela, … A previsión non a atopamos nunha avalancha de avista- existe un mercado potencialmente receptivo aos insectos.
endeble, intuitiva, intelixente, cariñoso, atlético, e) Mañoso, xeitoso, … mentos de avespas caramelizadas nas cartas das gastro- [...]
sagaz, racional, lento, audaz, musculoso, covar- tabernas cool da franxa atlántica. Non. A nosa fonte para E, así, os insectos poderían converterse na próxima cousa,
f) Algareira, argalleira, …
de, triste, lánguido, malvado, melancólica, alto, esta nova tendencia alimenticia está nunha análise de mer- a pesar de que as normativas de alimentación da UE aínda
g) Nugallán, vago, gandulo, lacazán, … cado e nunha investigación completamente científica. poñen certos límites ao vender bichos para comer. Unha
simpática, rápido, tacaña, agradable, tenaz, áxil, h) Cabezana, teimuda, obstinada, … E, iso si, antes de que entredes en pánico pensando que empresa belga xa vende unha especie de paté de verme da
ecuánime, tranquila, nostálxico, xenerosa, agu-
6 Resolve os xeroglíficos e localiza a palabra que os vosos filetes do mañá estarán acompañados de ensa- carne, con sabor a tomate e a cenoria, e ten previsto lanzar
do, xusta, indeciso. ladas con ancas de escaravello, deberiamos deixar claro sabores chocolateados no futuro. O seu packaging1 é por
corresponde a cada definición:
• Busca no dicionario o significado das pala- que a tendencia é máis unha cuestión alimenticia que unha certo tan amigable que che leva a pensar que, se cadra, os
a) Autónomo, que se desenvolve por si, sen tu- cuestión gourmet. vermes non son unha tan mala idea.
bras que descoñezas.
tela nin dependencia.
• Escolle entre estas palabras e redacta unha b) Que se comporta con valentía, sen temor a
descrición positiva dun personaxe inventado. ningún perigo; atrevido, ousado.
3 Ordena as sílabas e forma a palabra que co- c) Persoa que por sabichona e resabida resulta
rresponde a cada definición: molesta.

DA-EX-VER-TRA-TI 1
Que se relaciona facilmente cos demais.
RREN-O-CO-TE

http://www.disquecool.com, 28/08/2015
Que ten ideas enxeñosas.
GAI-RO-LIZ
Que comprende axiña e sabe o que lle convén.
CHO-MA-NI
Que se desenvolve mellor coa man esquerda.
LLÁN-GA-AR 2 3
Afeccionado a gastar bromas.
CHA-LER
Que fala máis do debido.
BE-CIO-HA-LEN-SA
Que ten destreza para realizar certas tarefas.
1
Packaging: presentación comercial do produto.

12 13

Suxestións metodolóxicas Solucións das actividades


• Cómpre lembrarlles aos alumnos e alumnas a importancia de ter un Comprende, relaciona, interpreta
dicionario sempre á man; non só para a materia de Lingua, senón 1 e 2 Resposta aberta.
tamén para todas as demais. Serviralles para enriquecer o seu léxico
2 Por esta orde: extravertida, ocorrente, lizgairo, manicho, argallán, ler-
e para resolver dúbidas, en relación co significado das palabras e
cha, habelenciosa.
tamén coa súa ortografía. Aconsellamos os seguintes:
3 Nugallán – traballador, simpática – antipática, covarde – valente, mes­
– V
 V.AA.: Dicionario Xerais de Secundaria e Bacharelato, Edicións
quiño – xeneroso, fachendosa – modesta/humilde.
Xerais.
4 a) Atrevida, b) agradable, c) honesto, d) espelida, e) habilidoso, f) bro-
– VV.AA.: Dicionario Xerais da lingua, Edicións Xerais. mista, g) gandaina, h) testá.
– D
 icionario da Real Academia Galega: 5 1. Destemido, 2. independente, 3. repelente.
http://academia.gal/dicionario#inicio.do
– Portal das palabras: http://portaldaspalabras.gal
Atención á diversidade
– F
 eixó Cid, Xosé: Dicionario ortográfico da lingua galega, Edicións
Xerais. Actividade 2 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e atención á
– V
 ocabulario ortográfico da lingua galega (VOLGa): diversidade.
http://academia.gal/recursos-volg
• As regras xerais de acentuación non ofrecen, polo xeral, problemas Anotacións
nin dúbidas de aplicación por parte do alumnado. Si haberá que re­
pasar e reforzar os casos especiais, como o acento diacrítico ou a
acentuación gráfica do i e u tónicos e dos grupos iu e iu (por mor
das interferencias do castelán). Cómpre, pois, realizar abundantes
actividades sobre este contido e revisar, ao longo do curso, a aplica­
ción individual das súas regras.
Á parte do libro de texto, que proporciona información (ver apéndi­
ce deste primeiro trimestre) e exercicios, convén que o alumnado
se afaga a manexar de maneira habitual as Normas ortográficas e
morfolóxicas do idioma galego, tan imprescindibles como un dicio­
nario. Poden atopalas entre os recursos que ofrece a RAG na súa
páxina web: http://academia.gal/documents/guest/Recursos/nor­
mas_galego05.pdf

28
UNIDADE 1

Le, comprende, aplica


1 Localiza no primeiro parágrafo: 5 Fíxate na diferente acentuación destes pares de
palabras. Coa axuda do dicionario, escribe unha
5 Estudo da lingua
Fonética (1). Vocalismo
a) Catro palabras esdrúxulas.
oración con cada unha:
b) Palabras agudas con acento gráfico.
c) Palabras con acento diacrítico. saia/saía pais/país límite/limite 5. 1 As unidades lingüísticas
d) Palabras con i ou con u tónicos. canon/canón cortes/cortés maña/mañá A lingua é un sistema complexo formado mediante a combinación de unidades
2 Anota os ditongos e os hiatos do quinto pará- área/area maza/mazá freixós/freixos significativas que se van organizando nunha xerarquía: o fonema, o morfema, o
grafo. campa/campá revólver/revolver canon/canón monema, a palabra, a frase, a oración, o enunciado e o texto.
A partir dun número limitado de unidades mínimas (26 fonemas), obtéñense ou-
3 Xustifica a presenza ou ausencia de acento gráfi- 6 Pon os acentos que faltan neste texto: tras maiores que se combinan para construíren outras cada vez máis complexas
co nas palabras subliñadas.
Non podo deixar de mirar esta postal, ainda e crear un número infinito de textos.
4 Ponlles o acento gráfico ás palabras que o pre- que con cada ollada sinta un novo calafrio per-
cisen: correndome o corpo. Eu xa estivera nesta cida-
de cando ainda era un adolescente, pero como 5. 2 Fonema, son e grafema
lua saida ruido constitue
ia imaxinar que volveria atoparme aqui dez
oido taboa album beirarrua • O fonema é a unidade lingüística máis pequena; non ten significado e posúe
anos despois?
os seguintes trazos:
irmans femur farois inmobil Andrea Maceiras: Europa Express, Edicións Xerais.
– Ten función distintiva, é dicir, permite diferenciar palabras: casa, pasa, masa...
ataude sandia textil prexuizo 7 Explica por que se acentúan as seguintes pa- – Ten realización fonética, isto é, pódese pronunciar: [k]
reptil atmosfera rei heroe labras:
A súa representación gráfica faise entre barras: /p/, /t/. Ten en conta
constituir xornais anecdota paxaro baúl aéreo saúde Do seu estudo ocúpase a Fonoloxía. Entre os fonemas e os
baúis área cafeína • O son é a realización física dun fonema. A súa representación gráfica faise grafemas dunha lingua non
Lembra entre corchetes: [p], [t]. hai necesariamente unha
• As palabras agudas levan acento gráfico cando 8 Fíxate nas palabras subliñadas e ponlles acen- equivalencia exacta, xa que:
Do seu estudo ocúpase a Fonética.
rematan en vogal, n, s e ns: rubí, compás, cartóns. to diacrítico sempre que sexa necesario: – Hai letras que non
Pero non levan: – As veces esqueces que as pombas teñen as. Un mesmo fonema pode ser pronunciado de distintas maneiras: representan ningún fonema.
– se rematan en ditongo decrecente (ai, ei, oi, au, É o caso do h: home, hoxe.
eu, ou) ou ditongo homoxéneo (iu, ui), seguidos – Nos non sabemos facer os nos das gravatas.
[d]: dano, andoriña – Hai letras que representan
ou non de -s: amei, papeis, azuis. Hai alguén que nos poida aprender?
/d / dous fonemas distintos.
– se rematan en tritongo, seguido ou non de -s: – Ves ou non ves? Non ves que teño moita pre-
casuais, cambiei. [δ]: adeus, moeda Fonema oclusivo
sa porque perdemos o tren? /k /: casa
Son agudas: chofer, fluor, popurrí. /c/
– Moito te ris das miñas historias, pero ti non as Fonema interdental
• As palabras graves levan acento cando O grafema, letra ou grafía é a representación escrita dos fonemas. O fonema
das contado mellores. /θ/: cereixa
rematan en consoante distinta de n, s. Tamén /b/ represéntase coa letra b en bolboreta, pero coa letra v en voda.
se acentúan se rematan en grupo consonántico – Dame esa bola de pan e ven xantar comigo.
rematado en -s, excepto ns: álbum, bíceps, A Ortografía ocúpase do uso correcto das letras e dos signos que empregamos – Hai fonemas que se
– Queres que compre unha presa de caramelos? representan por letras
dúplex. na escrita (o acento, o punto, a coma...).
– O oso polar tropezou na pola de carballo e distintas. Por exemplo:
Son graves: acne, argon, atmosfera, diocese,
elite, heroe, medula, mísil, neon, omoplata, rompeu un oso da pata.
parasito, paxaro, réptil, reuma, téxtil, vertixe… – A nos non nos gustan os cogomelos. E a vos? 5. 3 Sistema fonolóxico do galego b: bolboreta
/ b/
• As esdrúxulas sempre levan acento: máquina. – Gústanme moito as filloas, mais xa non quero v: vaso
O sistema fonolóxico do galego común está constituído por 26 fonemas. Deles,
Son esdrúxulas: alvéolo, amálgama, anódino, mais.
auréola, endócrino, gladíolo, isóbara, óboe, 7 son vocálicos e 19 consonánticos.
– Se non das durmido, compre que contes ovellas. c + a, o, u: casa,
olimpíada, período, rícino, rubéola, térmite, Os trazos que os definen e opoñen son os seguintes:
termóstato, varíola… coche, curuxa.
– Parece que eles non ven ben; deberían ir ao /k/
qu + e, i: queixo,
• O i e u tónicos levan acento cando van antes oculista. Vogais Consoantes quilogramo.
ou despois dunha vogal átona coa que non
– Se non fora por vos aínda estariamos durmin-
forman ditongo, senón hiato: xuízo, saúde, ruído. Facilidade na saída do aire. Resistencia á saída do aire.
do fora. – Hai fonemas que se
Non se acentúan cando é tónico o primeiro
elemento, pois neste caso forman ditongo: Maior sonoridade. Menor sonoridade. representan con dígrafos, é
lingüista, partiu, puido. dicir, dúas letras. Son nh,
Constitúen o núcleo silábico. Constitúen a marxe silábica.
Podes consultar o Apéndice para ch, gu, ll, rr: unha, chave,
realizar esta actividade. Poden constituír sílabas elas soas. Non poden constituír sílabas elas soas. guitarra, ollo, ferro.

14 15

Solucións das actividades Baúis: u tónico en contacto con a átono co que non fai ditongo, se­
nón hiato (ba-úis); e ditongo ui no que é tónico o primeiro elemento
Le, comprende, aplica (ba-úis).
1 a) Balsámico, rúcula, próxima, gastronómica. Aéreo: palabra esdrúxula (a-é-re-o).
b) Está, así, redución. Área: palabra esdrúxula (á-re-a).
c) É, máis. Saúde: u tónico en contacto con a átono co que non fai ditongo, senón
hiato (sa-ú-de).
d) Aínda, poderían.
Muíño: i tónico; i e u en contacto forman hiato cando é tónico o segundo
2 Ditongos: Europa, cuestión, padais, moi, importancia, potencialmente. elemento (mu-í-ño).
Hiatos: aínda, proteínas, europeos. Cafeína: i tónico en contacto con e átono co que non forma ditongo, se­
3 Aínda: i tónico en contacto con vogal átona coa que non forma diton­ nón hiato (ca-fe-í-na).
go, senón hiato. 8 – Ás veces esqueces que as pombas teñen ás.
Máis: acento diacrítico (adverbio de cantidade). – Nós non sabemos facer os nós das gravatas. Hai alguén que nos
Saúde: u tónico en contacto con vogal átona coa que non forma di­ poida aprender?
tongo, senón hiato. – Vés ou non vés? Non ves que teño moita présa porque perdemos o
Padais: non leva acento porque é unha palabra aguda rematada en tren?
ditongo decrecente seguido de -s. – Moito te ris das miñas historias, pero ti non as dás contado mellores.
Proteínas: i tónico en contacto con vogal átona coa que non forma – Dáme esa bola de pan e ven xantar comigo.
ditongo, senón hiato.
– Queres que compre unha presa de caramelos?
Cenoria: non leva acento porque é unha palabra grave rematada en
– O oso polar tropezou na póla de carballo e rompeu un óso da pata.
vogal.
– A nós non nos gustan os cogomelos. E a vós?
4 Lúa, oído, irmáns, ataúde, réptil, constituír, saída, táboa, fémur, san­
– Gústanme moito as filloas, mais xa non quero máis.
día, ruído, álbum, téxtil, anécdota, constitúe, beirarrúa, inmóbil,
prexuízo. – Se non dás durmido, cómpre que contes ovellas.
– Parece que eles non ven ben; deberían ir ao oculista.
5 Resposta aberta.
– Se non fora por vós aínda estariamos durmindo fóra.
6 Non podo deixar de mirar esta postal, aínda que con cada ollada sin­
ta un novo calafrío percorréndome o corpo. Eu xa estivera nesta cida­
de cando aínda era un adolescente, pero como ía imaxinar que volve-
ría atoparme aquí dez anos despois?
Atención á diversidade

7 Baúl: u tónico en contacto con a átono co que non fai ditongo, senón Actividade 3 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e atención
hiato (ba-úl). á diversidade.

29
UNIDADE 1

Na caracterización dos fonemas inciden tres aspectos:


Discrimina e practica
– O grao de abertura ou modo de articulación vén determinado pola posición
dos órganos articulatorios e a súa abertura no momento de realizar o fonema. 1 Baixa a escaleira e constrúe novas palabras de c) – Toma unha … de caramelos.
modo que en cada chanzo só cambie un fone- – Hoxe teño moita … .
– A localización ou punto de articulación é o lugar do aparato fonador onde
ma vocálico:
se produce a súa articulación. d) – … axiña aquí.
– A sonoridade depende da posición e vibración das cordas vocais no mo- N E V E P E L O – El … polo camiño.
mento da súa realización.
6 Pronuncia os seguintes pares de palabras e di-
ferencia se a vogal tónica é semiaberta ou se-
5. 4 Sistema vocálico mipechada:
bote (do verbo botar) / bote (substantivo)
O sistema vocálico galego ten un deseño triangular, e a oposición fonolóxica
baséase en dous trazos: a abertura ou modo de articulación e a localización. N O V O P U L O sen (tempa) / sen (preposición)
• En posición tónica, o sistema vocálico está formado por sete fonemas: verme (animal) / verme (verbo ver + pronome
2 Subliña a vogal tónica destas palabras e identi- átono me)
LOCALIZACIÓN
fica o seu timbre ou abertura: doce (número) / doce (pastel)
corvo fóra roda óso pelo (cabelo) / pelo (verbo pelar)
anteriores posteriores
central sabor saber teléfono oso
(palatal) (velar)
7 Os seguintes pares de palabras diferéncianse
/i/ /u/ • Consulta na Rede o Dicionario de pro- pola pronunciación da vogal tónica media. Re-
pechadas /i/ /u/
nuncia da lingua galega. laciona cada palabra co seu significado e escri-
/e/ /o/ Escribe a palabra, escoita como se pronuncia e be o fonema que corresponde:
semipechadas /e/ /o/
ABERTURA medias observa a súa transcrición fonética. a) besta / bésta
semiabertas /ɛ/ /ɔ/ /a/
3 Le en voz alta as seguintes oracións. Fíxate na Arma que guinda frechas. / /
articulación das vogais tónicas subliñadas e in- Animal de carga. /e/
Triángulo vocálico en
aberta
/a/ dica o seu timbre:
posición átona. b) mes / més
– Ben te vexo e ben te coñezo.
En moitos os casos, a diferenza entre as vogais medias semipechadas/semiaber- Trinta días. / /
/e/ /o/ – Este é o número doce.
tas afecta á distinción léxica: pega (/e/, paxaro) / pega (/ɛ/, verbo pegar); bote Cereais maduros. / /
– Abre a porta e sae fóra.
(/ɔ/, do verbo botar) / bote (/o/, substantivo). c) bola / bola
– Cómprenme todas as bolas de pan que com-
A abertura da vogal media márcase nalgúns casos mediante o acento diacrítico:
pre Antón. Corpo esférico. / /
óso/oso, póla/pola, présa/presa.
/a/ – Es moi cómoda e non queres erguerte da herba. Pan. / /
• En posición átona existen 5 fonemas, xa que se suprime a diferenza entre /ɛ/
e /e/, e entre /ɔ/ e /o/. Triángulo vocálico en – Ves aquela bota de coiro? Vela? d) ola! / ola
posición átona final de
• En posición átona final de palabra só se conservan 3 fonemas: /a/, /e/, /o/. palabra.
4 Fíxate na presenza/ausencia de acento diacrí- Interxección, saúdo. / /
tico nestes pares de palabras e clasifícaas na Recipiente de barro. / /
táboa: cómpre/compre, òso/oso, présa/presa,
vén/ven. 8 Escribe o significado das seguintes palabras:
Vogal semiaberta Vogal semipechada /ɛ/ significado /e/ significado
/ɛ/ /ɔ/ /e/ /o/ vés ves

neto neto

pega pega
5 Coloca as palabras anteriores no lugar que lles
O Instituto da Lingua corresponda segundo o significado:
/ɔ/ significado /o/ significado
Galega puxo en
a)  – … erguerse máis cedo.
marcha o Dicionario póla pola
de pronuncia da lingua   – … o que vostede queira.
fóra fora
galega, que permite b) – O fémur é o … máis longo do corpo.
escoitar 60 000 corda corda
 – Anda un … pola serra do Courel.
palabras: http://ilg.usc.
es/pronuncia.

16 17

Suxestións metodolóxicas 6 Vogal semiaberta Vogal semipechada

• Pode atopar nos recursos dixitais un esquema das unidades lingüís­ /ɛ/ /ɔ/ /e/ /o/
ticas e as disciplinas que as estudan. sen (tempa) bote sen (preposición) bote (do verbo
pelo (verbo (substantivo) pelo (cabelo) botar)
• Convén reflexionar cos alumnos e alumnas acerca da importancia
pelar) doce (pastel) verme (verbo ver doce (número)
—común a todas as linguas que estuden— de esmerarse na pro­
verme (animal) + pronome me)
nunciación correcta dos fonemas de cada lingua; e asemade, da ne­
cesidade de diferenciar os fonemas vocálicos de grao medio, tendo 7
en conta a súa función distintiva. Arma que guinda frechas. bésta /ɛ/
Animal de carga. besta /e/
Solucións das actividades
Trinta días. mes /e/
Discrimina e practica Cereais maduros. més /ɛ/
1 NEVE, NAVE, NOVE, NOVA, NOVO.
Corpo esférico. bola /ɔ/
PELO, PELA, POLA, POLO, PULO.
Pan. bola /o/
2 Corvo /ɔ/, sabor /o/, fóra /ɔ/, saber /e/, roda /ɔ/, teléfono /ɛ/, óso
/ɔ/, oso /o/. Interxección, saúdo. ola! /ɔ/
3 Ben /ɛ/, vexo /e/, ben /ɛ/, coñezo /e/. Recipiente de barro. ola /o/
Este /e/, é /ɛ/, número /u/, doce /o/.
8 /ɛ/ significado /e/ significado
Abre /a/, porta /ɔ/, fóra /ɔ/.
Cómprenme /ɔ/, bolas /o/, compre /o/. vés Verbo vir. ves Verbo ver.
Es /ɛ/, cómoda /ɔ/, queres /ɛ/, herba /ɛ/. neto Fillo do fillo. neto Limpo, puro; medio litro.
Ves /e/, bota /ɔ/, Vela /e/. pega Verbo pegar. pega Paxaro.
4
Vogal semiaberta Vogal semipechada /ɔ/ significado /o/ significado
/ɛ/ /ɔ/ /e/ /o/ póla Rama, galla. pola Pita.
présa, vén fóra, cómpre presa ,ven fora, oso fóra Adverbio de lugar. fora Verbo ser ou ir.
corda Para atar. corda Muller que ten xuízo.
5 a) Cómpre erguerse máis cedo. Compre o que vostede queira.
b) O fémur é o óso máis longo do corpo. Anda un oso pola serra do
Courel. Atención á diversidade
c ) Toma unha presa de caramelos. Hoxe teño moita présa. Actividades 4, 5, 6 e 7 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e
d) Ven axiña aquí. El vén polo camiño. atención á diversidade.

30
UNIDADE 1

6 L ingua e sociedade
O galego no primeiro terzo do s. xx
Le, comprende, analiza
1 Entra na páxina da Real Academia Ga-
lega e le a información acerca das circunstan-
a) Criterio
cuantitativo
Lingua
maioritaria
Lingua
minoritaria
(moitos falantes) (poucos falantes)
cias da súa fundación.
Nas primeiras décadas do século b) Criterio Lingua Lingua
xx continúa a situación lingüística • Quen foi o primeiro presidente da Institución? cualitativo e hexemónica / minorizada
do período anterior (o Rexurdimen- • Fíxate no anagrama da Real Academia Gale- funcional (asociada á (asociada á
to). O galego é a lingua da inmensa riqueza, ao pobreza, ao
ga que aparece na páxina anterior e pescuda
maioría (80-90%) da poboación ru- poder, á cultura) atraso, á incultura)
o significado da expresión latina que forma o
ral. O castelán é a lingua das clases lema. 4 Consulta na Galipedia o Estatuto de Au-
urbanas acomodadas, da nobreza e tonomía de Galicia de 1936.
2 As Irmandades da Fala naceron en 1916
da burguesía.
na Coruña por iniciativa de Antón Vilar Ponte. • Le os artigos 4 e 15 e anota as disposicións
Esta repartición contribúe a refor- Le a información que achega a Galipedia e res- acerca da lingua galega
zar os prexuízos lingüísticos cara á ponde as preguntas:
lingua galega. O proceso de castela-
5 Analiza o contido destes textos de Sempre en
• Que xornal era o voceiro das Irmandades? En Galiza de Castelao:
nización increméntase debido a que
que data se creou? a) Ningún idioma alleo —por ilustre que sexa—
se considera o castelán como lingua
de ascenso social e a que é a lingua • En que data celebrou o primeiro acto públi- poderá expresar en nome do noso os íntimos
maioritaria na escolarización e nos co? Que acontecemento conmemoraba? sentimentos, as fondas dores e as perdurables
medios de comunicación. esperanzas do pobo galego; se aínda somos
• Cales foron as primeiras accións das Irman-
diferentes e capaces de existir, non é máis que
Neste período xorden iniciativas dades?
por obra e graza do idioma.
como as Irmandades da Fala, o
• No congreso de 1918 as Irmandades marcaron b) Como chamariamos a un home que consen-
Grupo Nós e o Seminario de Estudos Galegos, cuxo obxectivo principal é a
o seu programa político. Que obxectivos pro- tise o derrubamento do Pórtico da Gloria? Pois
reivindicación da nosa lingua como medio natural de expresión en todos os
curaban en relación coa lingua galega? é certamente máis bárbaro quen deixa morrer
ámbitos: formais e coloquiais, orais e escritos, literarios e non literarios. Isto su-
3 Analiza a situación da lingua galega e da lin- un idioma: obra de arte insuperábel, feita con
pón a súa presenza, aínda que moi reducida, no ensino, xustiza, prensa, actos
gua castelá neste período atendendo aos dous amor, con dor e ledicia polos nosos antigos,
públicos, etc. Deste modo, os usos cultos do galego vanse ampliando progre-
criterios que se indican: que recibimos en herdo e que temos a obriga
sivamente.
de enriquecer co espírito do noso tempo.
A creación de editoriais, revistas e xornais propicia tamén un notable incremen- c) O idioma imposto non logrou matar o seu
to da actividade literaria coa publicación de obras poéticas, narrativas e teatrais. idioma natural; pero logrou degradalo.
Tamén se escriben as primeiras obras de ensaio na nosa lingua, centradas no
estudo e divulgación da historia e da cultura galegas: xeografía, etnografía, ar-
queoloxía, historia, filosofía, economía, etc.
A defensa da lingua galega supuxo tamén a necesidade de elaborar un modelo
de lingua estándar, capaz de superar diferenzas locais. Os escritores procu-
ran escribir nun galego supradialectal e, para marcar as diferenzas co castelán,
prefiren empregar as voces diferencialistas (bágoa fronte a lágrima) e tamén
abundan os hiperenxebrismos (montana). Ademais, renovan o léxico mediante a
incorporación de arcaísmos (cibdade), lusismos (proprio) ou anglicismos (spor-
tivo).
En 1906 créase a Real Academia Galega, co obxectivo de fixar e depurar o idio-
ma. Tamén se escriben gramáticas (García de Diego, Lugrís Freire) e dicionarios
(Carré Alvarellos, Real Academia Galega) para mellorar o coñecemento da lin-
gua galega.
Tras varios proxectos previos, en 1936 apróbase o Estatuto de Autonomía de
Galicia, que defende a cooficialidade de galego e castelán e reivindica a presen-
za da lingua galega no ensino.
A Guerra Civil e a posterior ditadura franquista supoñen a paralización deste
proceso de dignificación e normalización da lingua galega.

18 19

Suxestións metodolóxicas b) Criterio cualitativo e funcional


O castelán é a lingua hexemónica (asociada á riqueza, ao poder, á
• Antes de comezar o estudo da literatura galega nos primeiros anos cultura), na que se expresan a burguesía, a nobreza, a poboación ur­
do século xx, debemos recordar xunto co alumnado a súa situación bana. O galego é lingua minorizada (asociada á pobreza, ao atraso, á
a finais do xix. Cabanillas, ademais de ser o autor máis importante incultura) na que se expresa a poboación rural.
destes anos, serviranos para enlazar coa realidade literaria do século
anterior, como continuador por unha banda de Rosalía e Curros 4 Art. 4.º
(poesía social) e de Pondal pola outra (poesía mítico-narrativa). Serán idiomas oficiais en Galicia, o castelán e o galego; pero nas rela­
• Os alumnos e as alumnas deben percibir a continuidade do desen­ cións oficiais da Rexión con autoridades doutras Rexións e coas do
volvemento da literatura á par do proceso de normalización e en­ Estado, usarase sempre o castelán.
tender o enorme avance que neste senso supuxeron as ideas das Todo escrito que se presente a Tribunais e Autoridades redactado en
Irmandades da Fala. galego será reproducido en castelán cando o pida a parte interesada, e
farase o mesmo en canto a resolucións e notificacións de todas clases.
Solucións das actividades As copias de documentos redactados en lingua rexional, que os feda­
tarios expidan en castelán, ben por instancia de parte ou ben porque
Le, comprende, analiza
produzan efectos fóra de Galicia, deberán conter tamén o texto gale­
1 • Manuel Murguía. go.
• Colligit, expurgat, innovate: «Recolle, depura, innova». Isto quere Os funcionarios que se designen para actuar na Rexión deberán acre­
dicir que a RAG é a encargada de fixar a norma idiomática, de ela­ ditar coñecemento da lingua galega.
borar a lingua estándar.
Art. 15 [...]
2 • A Nosa Terra. Creouse en 1916.
Nas Escolas primarias da Rexión e nas do Estado, será obrigatorio o
• O 26 de abril. Conmemoración dos fusilamentos dos mártires de
ensino das linguas galega e castelá, e nos Institutos e nas Escolas
Carral.
Normais crearanse as materias de Lingua, Literatura, Xeografía e
• As primeiras accións das Irmandades estaban dirixidas á promoción Historia de Galicia.
da cultura e da lingua galegas, coa convocatoria de cursos de gale­
go, recitais, xogos florais, exposicións, etc. 5 Resposta aberta.
• Cooficialidade do castelán e do galego.
3 a) Criterio cuantitativo
Atención á diversidade
O galego é lingua maioritaria, posto que é a lingua do 80-90% da po­
boación. O castelán é lingua minoritaria, falada por unha porcentaxe Actividade 8 da ficha de traballo 1 e ficha de traballo 2 no caderno
moi pequena. Inclusión e atención á diversidade.

31
UNIDADE 1

7 Literatura
A literatura no tempo das Irmandades
• O trasvase de poboación rural a espazos urbanos, cambiando a agricultura e
a pesca pola industria, o comercio e o sector servizos, o que supuxo o desen-
volvemento das cidades, como Vigo ou A Coruña.
• A creación das Irmandades da Fala en 1916, por iniciativa de Antón Vilar Pon-
te. O seu voceiro é o xornal A Nosa Terra. O obxectivo principal era a dignifica-
ción e promoción do idioma galego, así como a expansión do seu uso. Axiña
7. 1 A Galicia do primeiro terzo do século xx xorden novas irmandades nas vilas e cidades de Galicia (Santiago, Monforte,
A Galicia de comezos do século xx seguía sendo un país esencialmente rural e Ten en conta Lugo, Ourense, Muxía...), e tamén en Madrid, Bos Aires, A Habana... E a este
O foro era un tipo de
movemento súmanse os principais escritores e intelectuais do momento: Ra-
cun forte atraso económico. As capas superiores da sociedade correspondían
contrato agrario de món Cabanillas, Otero Pedrayo, Vicente Risco, etc.
á Igrexa e á fidalguía, que eran os propietarios da terra. O campesiñado, empo-
longa duración polo cal En 1918 as Irmandades convértense nunha organización política que formulará
brecido, continuaba tendo que emigrar a América coma no século anterior.
un propietario –fidalguía as teses do nacionalismo galego. Galicia é definida como unha nación, é dicir,
Pero no primeiro terzo do século producíronse importantes cambios políticos, e Igrexa– cedía unha
un país con raza, lingua, territorio, historia, institucións e cultura propias.
sociais e culturais, entre os que destacan os seguintes: terra a un labrego; este,
a cambio, pagaba unha En 1931, na VII e última asemblea das Irmandades, fúndase o Partido Galeguista.
• A II República. O 14 de abril de 1931 ten lugar a instauración da Segunda Repú-
renda consistente nunha Redacta o Estatuto de Autonomía, que foi aprobado en plebiscito polo pobo en
blica e comeza unha etapa de intensa actividade política e cultural. Esta etapa cantidade de diñeiro e 1936 pero non chegou a entrar en vigor por mor do comezo da Guerra Civil.
corresponderá co desenvolvemento do nacionalismo e cun extraordinario cre- nunha parte do produto
cemento da literatura. obtido (colleita). • O Seminario de Estudos Galegos, institución fundada en 1923 por estudantes
e profesores da Universidade de Santiago, asemade integrantes das Irmanda-
• O movemento agrario ou agrarismo. Trátase dun movemento reivindicativo
des da Fala. Os seus obxectivos foron estudar e divulgar o patrimonio cultural A Coruña.
do campesiñado, que se organiza e crea sociedades e sindicatos para loitar
galego e utilizar a lingua galega no ámbito científico.
pola abolición do sistema foral e pola modernización do sector agrario. Nes-
te labor destacaron especialmente a sociedade Solidaridad Gallega (1907) e • A Guerra Civil (1936-1939) e a posterior ditadura supoñen un período de si-
Acción Gallega (1910) liderada por Basilio Álvarez, abade de Beiro (Ourense). lencio e represión que dará lugar á paralización da vida política e cultural e ao
Despois de anos de mobilizacións e loita, en 1926 os foros son abolidos. retroceso de todos os avances conseguidos durante a II República.
• A decadencia da fidalguía e o nacemento da burguesía. A fidalguía perde
o seu papel preponderante na sociedade debido á abolición do sistema foral, 7. 2 A literatura nos comezos do século xx
que era a súa principal fonte de ingresos, así como á súa incapacidade para Cabeceira do xornal
adaptarse aos cambios que supuxo a Revolución Industrial. Vai ser substituída Nas primeiras décadas do século xx a literatura galega experimenta un notable cre-
A Nosa Terra, órgano
por unha burguesía chegada de fóra, dedicada fundamentalmente ao comer- cemento. Os autores recollen o herdo do Rexurdimento do século xix e van incor-
de expresión das
cio, á banca, á industria conserveira e á construción naval. Irmandades da Fala. porando novos xéneros e novas perspectivas que revitalizan o panorama literario.
Hai que destacar a creación de editoriais (Lar, Céltiga, Nós…), así como de revis-
tas e xornais (A Nosa Terra, Nós, Ronsel, Alfar…), que propician a dinamización
cultural de Galicia e posibilitan un incremento da actividade literaria na nosa
lingua en todos os xéneros, especialmente no narrativo e no dramático.
Etapas
Na produción literaria de comezos do século xx temos que diferenciar dúas etapas:
• Etapa anterior a 1916 (data de fundación das Irmandades da Fala). Caracterí-
zase pola continuación das pautas marcadas polos escritores do Rexurdimen-
to: Rosalía, Curros e Pondal, principalmente. O xénero máis cultivado segue
sendo a poesía, que se ocupa de temas intimistas, costumistas, paisaxistas,
sociais-patrióticos, etc. Destaca a figura de Antonio Noriega Varela.
• A comprendida entre 1916 e o comezo da Guerra Civil en 1936. Grazas ao labor
das Irmandades da Fala créanse as infraestruturas necesarias para a renovación
da literatura. Deste modo, o panorama literario vai ir mudando progresivamente
coa incorporación de novos autores, e a actividade literaria experimenta un gran
desenvolvemento.
Neste momento aumenta considerablemente o cultivo da narrativa, así como
do teatro e do ensaio. Destaca neste período Ramón Cabanillas.
No seo das Irmandades xurdirá o Grupo Nós, que continuará o labor de difu-
sión e reivindicación da lingua galega e dará, como veremos máis adiante, un
notable pulo á actividade literaria.

20 21

Suxestións metodolóxicas Anotacións


• Suxírese consultar as seguintes publicacións (en papel e na Rede)
para ampliar ou complementar a información sobre o tempo, a xen­
te e a literatura das Irmandades:
– Alonso, Bieito: ‘A Nosa Terra’. Xornalismo e nacionalismo político,
Ed. A Nosa Terra.
– Asociación sociopedagóxica galega: Historia da literatura galega
(na Rede)
http://literaturagalega.as-pg.gal/index.html
– Biografía de María Miramontes, militante das Irmandades:
http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=19
– Costa Rico, Antón: O Seminario de Estudos Galegos: laboratorio
dun plan pedagóxico para Galiza, Ed. Universidade da Coruña.
– Mato, Alfonso: O Seminario de Estudos Galegos, Ediciós do Castro.
– _ ___________ (coord.): Ánxel Casal, un editor para un país.
Catálogos de ‘Lar’ e ‘Nós’, Ed. Consello da Cultura Galega. (Pode
atoparse na Rede).
– «Primeiras verbas», editorial do primeiro número da revista Nós:
http://academia.gal/nova/-/asset_publisher/E4jf/content/
id/87479
– Queixas Zas, Mercedes: De pergamiños, follas voandeiras e libros
ao .gal, Edicións Xerais, col. LibroX.
– Vilavedra, Dolores: Historia da literatura galega, Ed. Galaxia.

Atención á diversidade
Actividade 9 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e atención á
diversidade.

32
UNIDADE 1

b) Poesía narrativa, na liña de Pondal. Son obras de temática mítica e de reivin-


7. 3 Noriega Varela (Mondoñedo, 1869 – Viveiro, 1947) dicación nacional. Incluímos neste subxénero:
Poesía lírica
No desterro (1913)
– Na noite estrelecida consta de tres sagas e recolle os temas medievais cél-
Tras os seus estudos no Seminario, exerceu como mestre en diversos lugares de Vento mareiro (1915)
ticos da «materia de Bretaña»: as lendas da corte do rei Artur e a busca do Da terra asoballada (1917)
Galicia. Vencellouse ao movemento agrario e compuxo algúns poemas sobre o
Graal polos cabaleiros da Táboa Redonda. A rosa de cen follas (1927)
tema.
As tres sagas desenvólvense parcialmente en escenarios galegos: «A espada Da miña zanfona (1954)
É autor dun único libro, Montañesas (1904), que a partir da terceira edición cam-
Escalibor», que se atopa na illa de Sálvora desde onde é levada á presenza do Poesía narrativa
bia o seu título por Do ermo.
rei Artur; «O cabaleiro do Santo Graal», na que Galahaz atopa no Cebreiro o cá-
Na súa poesía trata dúas temáticas principais: Na noite estrelecida (1926)
liz da Derradeira Cea; e «O sono do rei Artur», que narra a morte do rei e o seu O bendito San Amaro (1926)
• Costumismo ruralista: describe paisaxes, costumes e circunstancias da vida descanso nunha furna á espera de tempos futuros. Samos (1958)
dos labregos.
Cabanillas galeguiza este tema e entróncao coa ideoloxía nacionalista da súa época,
• Lirismo da natureza: canta os aspectos máis humildes da paisaxe (un penedo, de acordo cos postulados das Irmandades da Fala e cos ideais atlantistas de Vicente
o orballo, a flor do toxo...). Risco. Deste modo establece varios paralelismos: o cáliz identifícase co escudo que
Tamén publicou unha recompilación de cantigas populares en honra da Virxe: representa a identidade de Galicia; os cabaleiros da Táboa Redonda, coas Irmanda-
A Virxe e a paisanaxe (1913), e unha colección de refráns e cantares populares: des da Fala; e a procura do Graal, coa arela de redención e liberdade da nosa terra.
Como falan os brañegos (1928). – O bendito San Amaro narra os acontecementos principais da vida deste santo,
presente na tradición popular das terras do Salnés das que procede o autor.
7. 4 Ramón Cabanillas (Cambados, 1876-1959) – Samos trata da historia e da vida dos monxes deste mosteiro no que o propio
Cabanillas pasou algunhas tempadas.
Logo de realizar estudos no Seminario Menor de Santiago, en 1910 emigra á Ha-
bana. Alí entra en contacto coa intelectualidade galeguista emigrante e publica O Rei Artur e os
cabaleiros da Mesa
os dous primeiros libros de poesía: No desterro (1913) e Vento mareiro (1915).
Redonda. Páxina
En 1916 regresa a Galicia e participa activamente nas iniciativas políticas e cul- miniada (Biblioteca
turais do seu tempo: nas Irmandades, no Grupo Nós, no Seminario de Estudos Nacional, París, Francia).
Galegos... Vincúlase ao nacionalismo e a Acción Gallega e convértese no poeta
do movemento agrarista cos seus poemas de ton anticaciquil. Isto valeulle o
apelativo de «Poeta da Raza».
En 1920 ingresa na Real Academia Galega e en 1929 na Real Academia Española
como representante da literatura galega.
Despois da Guerra Civil (1936-1939) volve escribir obras en galego; é autor do
primeiro libro que publica a Editorial Galaxia tras a súa fundación, Antífona da
cantiga (1951).
A súa obra
A obra literaria de Ramón Cabanillas é moi extensa e variada. Cultiva diferentes
xéneros, fundamentalmente o poético.
• A súa poesía caracterízase por conxugar a tradición literaria procedente
dos escritores do século xix coas novas correntes anovadoras do seu tem- • As Irmandades da Fala deron moita importancia ao teatro como medio de
Teatro
po, como o Modernismo. Deste modo, é un autor que serve de ponte entre concienciación social e difusión da nosa historia e da nosa cultura. Cabanillas
a tradición decimonónica e as vangardas literarias galegas (que veremos na publicou dúas pezas teatrais: A man da santiña (1921)
O Mariscal (1926)
unidade 4). – A man da santiña é unha comedia de tema amoroso protagonizada por per-
a) Poesía lírica, na liña de Rosalía e Curros. Segundo o tema abordado, clasifí- sonaxes fidalgos.
case en tres tipos: – O Mariscal é un drama en verso de intención política. Recupera a figura do
mariscal Pardo de Cela, presentado como símbolo da resistencia galega
Poesía cívica Poemas de carácter agrarista, anticaciquil e nacionalista. É a súa
poesía máis representativa e corresponde especialmente aos tres fronte á política centralista dos Reis Católicos, que se converte nunha refe-
primeiros libros. rencia fundamental para o nacionalismo de comezos do xx.
Poesía intimista Temática amorosa, lembranzas do pasado, identificación coa • Cabanillas publicou tamén Antífona da cantiga, unha antoloxía de cantigas po-
natureza, continuadora de Rosalía. pulares que inclúe un prólogo no que fai unha gabanza da poesía popular.
Poesía Describe paisaxes, tipos, costumes rurais, desde unha perspectiva • Realizou, ademais, traducións ao galego de textos de autores de diferentes
costumista crítica ou humorística e con novidades formais de carácter épocas (Marcial, Baudelaire, Byron...), recollidas no seu libro Versos de alleas
modernista (musicalidade da linguaxe, sensualidade, colorido...).
terras e de tempos idos (1955).

22 23

Suxestións metodolóxicas Anotacións


• Neste curso abórdase a literatura galega desde 1916 (ano da funda­
ción das Irmandades da Fala) ata a actualidade. A información, or­
ganizada por orde cronolóxica, abarca distintos xéneros e períodos,
así como os autores e autoras máis representativos de cada época.
Achégase unha explicación do contexto histórico no que se desen­
volve cada momento literario, así como biografías e análises de
obras significativas. Co fin de que o alumnado teña unha visión se­
cuencial e de conxunto, se afaga a relacionar e a diferenciar, saiba
situar cada autor e cada obra…, pódelles propoñer que elaboren
unhas fichas cos datos máis relevantes e que vaian creando un fi­
cheiro para enriquecelo a medida que avance o curso. Ademais,
desta maneira traballarán a síntese e a sistematización da informa­
ción, o que lles facilitará o estudo e o repaso.
• Suxírese consultar as seguintes publicacións (en papel e na Rede)
para ampliar ou complementar a información sobre Antonio Noriega
Varela e Ramón Cabanillas:
– Fernández Rey, F.: Ramón Cabanillas, Manoel Antonio e o mar de
Arousa. Dúas singraduras na construcción dun idioma para unha
patria, Ed. Real Academia Galega.
– Freixeiro Mato, Xosé Ramón: Antonio Noriega Varela: vida e obra,
Ed. Universidade da Coruña. Tese doutoral dispoñible na Rede:
http://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/1128

Atención á diversidade
Actividade 10 da ficha de traballo 1 no caderno Inclusión e atención
á diversidade.

33
UNIDADE 1

Antoloxía
Texto 1 Texto 4 Texto 5
As floriñas dos toxos En pé! Acción Gallega
A Luís Porteiro Himno
¡Nin rosiñas brancas, nin *claveles *roxos!
¡Irmáns! En pé serenos,
Eu venero as floriñas dos toxos. Irmáns! Irmás galegos!
a limpa fronte erguida,
Dende Ortegal ao Miño
Dos *toxales as tenues floriñas, envoltos na brancura
a folla do fouciño
que sorrín, a medo, entre espiñas. da luz que cae de riba,
fagamos rebrilar!
5 o corazón aberto
5 Entre espiñas que o ceo agasalla a toda verba amiga, 5 Que vexa a Vila podre,
con diamantes as noites que orballa. e nunha man a fouce coveira da canalla,
e noutra man a oliva, a Aldea que traballa
¡Oh, do ermo prezado tesouro:
as floriñas dos toxos son *d’ouro! Texto 3 arredor da bandeira azul e branca, disposta pra loitar.
10 arredor da bandeira da Galicia,
De ouro vello son, mai, as floriñas Toda humilde *belleza cantémo-lo dereito Antes de ser escravos,
10 dos bravos toxales, ¡das devocións miñas! a libre nova vida! 10 irmáns, irmáns galegos!,
Vago *xirón de brétema, atavío que corra o sangue a regos
A. Noriega Varela: «Do ermo», soberbio da irta xesta, reidora, Validos de traidores dende a montaña ao mar.
en Poesía, Edicións Xerais. fulgurante doíña de rocío a noite da Frouseira
(pazo do sol e lágrima da aurora); 15 á patria escravizaron Ergámonos sen medo!
Texto 2 5 raiola de lunar que bica o río, uns *reises de Castela. Que o lume da toxeira
Comestas polo tempo, 15 envolva na fogueira
Na taberna flor mareliña que entre espiñas chora, o pazo señorial!
xa afrouxan as cadeas...
ou das redes da araña un tenue fío,
¡irmáns asoballados
Os mozos mariñeiros da fiada toda humilde *belleza me namora. Xa o fato de caciques,
20 de xentes estranxeiras,
lémbranse rindo alleos de coidados; ladróns e herexes, *fuxe,
É un vermiño de luz o amigo caro ergámo-la bandeira azul e branca!
cheira a aceite e pemento requeimados 10 do meu nume saudoso... Antes reparo
ao redentor empuxe
¡E ó pé da *enseña da nazón galega
rustrido de xurés en caldeirada. 20 da alma rexional.
na nudez adorable dunha estrela cantémo-lo dereito
5 Conta o patrón nun corro a treboada a libertar a Terra! Antes de ser escravos,
do ano setenta, historia de afogados; que nas rosas dos vales, que *sorríen, irmáns, irmáns galegos!,
que nos mantos dos pinos, que se *engríen, 25 ¡Irmáns no amor á Suevia
e empuxándose, inando, entran mollados que corra o sangue a regos
que nas blondas do mar, que se rebela. de *lexendaria historia,
os homes dunha «lancha de enviada». dende a montaña ao val.
¡en pé!, ¡en pé dispostos
A. Noriega Varela: «Do ermo».
Pasa de man en man a xerra roiba a non morrer sen loita! Ramón Cabanillas: Vento mareiro,
10 de albariño, e namentres cae a choiva ¡O día do Medulio Edicións Xerais.

e o vento fai *tembrar a casa enteira, 30 con *sangre quente e *roxa


Nos poemas 1 e 3, de Noriega Varela, a protagonista
é a natureza. mercámo-lo dereito
detrás do mostrador clarexa o ceo • No poema 4 hai numerosas referencias históricas:
a libre, honrada choza! «a noite da Frouseira», «o día do Medulio», «reises
• O primeiro expresa a beleza humilde das flores dos
nas trenzas de ouro, no mirar *sereo, ¡Xa está ó vento a bandeira azul e branca!
toxos. de Castela». Explícaas.
no sorriso de luz da taberneira. ¡A oliva nunha man, a fouce noutra,
– Localiza exemplos de metáforas, personificacións • Enuncia o tema do poema 5. Resume o argumento.
Ramón Cabanillas: No desterro, Edicións Xerais. e antíteses. 35 berremos alto e forte:
• O segundo enumera distintos aspectos que «¡A nosa terra é nosa!».
• Este poema de Cabanillas é costumista. Describe namoran e conmoven o poeta. Cales?
Ramón Cabanillas: Da Terra asoballada,
unha escena que se desenvolve nunha taberna – En oposición a estes, que outros elementos Edicións Xerais.
dunha vila mariñeira e na que interveñen varios paisaxísticos (estrofa IV) non emocionan o poeta? Na Web...
grupos de persoas. Quen? – Analiza a forma estrófica do poema. Podes Podes escoitar na Rede a
• Contrasta a descrición do espazo interior e consultar no Apéndice o apartado «Análise versión que fixo Xenreira
exterior. métrica». do himno de Acción
Gallega.

*Palabras non-normativas. *Palabras non-normativas.

24 25

Solucións das actividades «O día do Medulio» fai referencia á heroica resistencia dos celtas
galaicos ante os invasores romanos.
Texto 1 Os «reises de Castela» son os Reis Católicos, que exerceron unha
• Metáforas: «diamantes», «De ouro vello». política centralista e fortemente represiva con Galicia.
Personificacións: «as floriñas dos toxos […] sorrín, a medo», «o ceo As alusións históricas negativas sitúanse na segunda estrofa (versos
agasalla». 13-16) e teñen como finalidade presentar un pasado histórico carac­
Antíteses: as humildes flores dos toxos, que se identifican con pe­ terizado polas afrontas e inxustizas que padeceu Galicia. As alusións
dras preciosas (ouro, tesouro) fronte ás flores perfumadas, flores de históricas positivas (vv. 25-26 e 29-32) lembran episodios importan­
xardín. Expresa a súa preferencia polas sinxelas flores que nacen no tes e heroicos da historia de Galicia, que serven de modelo a imitar.
campo, nas toxeiras. Unhas e outras son argumentos a prol da loita na procura dunha
Terra libre, digna e dona do seu destino.
Texto 3
Texto 5
• Aspectos que namoran e conmoven o poeta: «Vago xirón de bréte­
ma», «doíña de rocío», «raiola de lunar que bica o río», «flor mareli­ • Tema: chamada aos labregos galegos para que participen da loita
ña» das xestas, tenue fío «das redes da araña», «vermiño de luz» agrarista.
(vagalume), «estrela». O poema, publicado en 1915, é o himno composto para Acción
Non lle producen emoción: rosas, piñeiros, ondas do mar, que son Gallega, asociación agrarista fundada en 1910 por Basilio Álvarez.
os temas preferidos por outros poetas. Cabanillas recolle o ideario deste movemento agrario, que propug­
É un soneto. Consta de dous serventesios (catro hendecasílabos na a desaparición do sistema foral. O poema pretende a conciencia­
con rima ABAB) e dous tercetos con rima CCD EED. ción dos campesiños para que participen da loita revolucionaria.
Presenta a realidade social dos labregos que traballan, sometidos
Texto 2
ao dominio do «pazo señorial» onde residen os «caciques». Os la­
• Grupos de persoas que interveñen: uns mozos mariñeiros que paro­ bregos non se resignan a ser escravos e, dispostos a loitar contra a
lan divertidos; un patrón que lembra unha historia de afogados; uns estrutura caciquil, amosan o «redentor empuxe / da alma rexional».
homes que chegan do exterior, e, por último, a fermosa taberneira
tras o mostrador.
Anotacións
• A descrición do espazo efectúase mediante elementos visuais (a cor
roiba do albariño, as trenzas douradas da taberneira), olfactivos
(cheiros á comida que se está alí preparando) e acústicos (risas dos
mozos). O escenario interior contrasta coas inclemencias do exte­
rior: choiva, vento.
Texto 4
• A «noite da Frouseira» recorda a traizón sufrida polo mariscal Pardo
de Cela, decapitado en Mondoñedo o 7 de Nadal de 1483.

34
UNIDADE 1

Comentario de texto
3 Galahaz, derradeiro, colle estreita vereda Bicado da recendente 1 Localiza no texto estas palabras e, coa axuda 7 Tamén se incorporan elementos sensoriais
que se adentra no monte, inquedante e segreda. 40 soavidade da mañán, do dicionario, explica o seu significado: que contribúen a aumentar a fermosura da
Sin espora nin lanza, sin escudo ni espada, o escudo de cruz vermella espora, lanzal, airón, valgadas verdegaias, lu- paisaxe. Localiza exemplos de:
alma e vida nun soño e no ceo a mirada, cinguido polo brazal, mia, palio, varal. a) sensacións auditivas;
5 sin coidar o malfado, dragón ni encantamento, espora de ouro calzada, b) sensacións visuais, cromáticas.
2 Este fragmento de Na noite estrelecida per-
o cabelo loiriño como airón dado ó vento, lumiosa espada na man,
tence á segunda saga, «O cabaleiro do Santo 8 A sinestesia é unha figura retórica que con-
escollido e chamado, vai ridente e lanzal, 45 o corazón esforzado,
Graal». O seu protagonista é Galahaz, cabalei- siste na asociación de dúas palabras que se
que garda o corazón puro e limpo de mal. aceso e limpo de mal,
ro da Táboa Redonda, que logo de abandonar refiren a sensacións distintas. Exemplo: «voz
[…] costa arriba, mentres zoa
o castelo de Artur, viaxa ata Galicia na procu- cálida», «cores frías».
no vento maino e levián
ra do Graal.
E Galahaz triunfante e cheo de ledicia de segreda campaíña • Localiza unha sinestesia no texto.
50 o tanguido de cristal, • Resume brevemente o argumento.
10 entrou camiño adiante en terras da Galicia. 9 No poema hai numerosas metáforas e símiles.
rube o nobre cabaleiro, 3 A estrutura temática responde ás seguintes • Identifica os símiles mediante os que se
[…] no seu soño a cabalgar, partes: presenta a fermosura da doncela.
a montaña milagreira
a) Galahaz abandona o castelo do rei Artur e • Identifica as metáforas coas que se des-
Trunfador, sempre adiante, foi rompendo camiño; do Cebreiro-Montsalvat.
viaxa ata Galicia. cribe a paisaxe nos versos 31-34. Tendo en
e rubindo as valgadas verdegaias do Miño, R. Cabanillas: Na noite estrelecida, b) Encontro coa doncela, que lle calza a espora. conta o día no que se produce a chegada
traspasou o lindeiro dun xardín encantado Edicións Xerais.
c) Continúa a viaxe e chega ata O Cebreiro. de Galahaz ao Cebreiro-Montsalvat, con que
onde todo en silenzo durmía repousado.
• Identifica os versos entre os que se sitúa celebración relixiosa se identifica?
15 Ó seu paso as roseiras cubríanse de rosas,
rexoubaban as arbres canturías mimosas, cada parte. 10 O poema combina dous tipos de versos:
e enchían de ledicia os froridos sendeiros 4 Galahaz, o heroe, representa o perfecto caba- a) Verso simple de arte menor.
bolboretas doiradas, pintasilgos trobeiros. leiro cristián, entregado ao soño ideal de con- b) Verso composto formado por dous hemis-
A carón dunha fonte, a froresta mediada, seguir o Graal. tiquios separados por unha cesura.
20 persóouselle diante unha dona encantada;
• Analiza cales son as grandes calidades do per- • Analiza metricamente a primeira e a última
de princesa de ensoño loura e gaia beleza,
sonaxe, tanto no plano físico como psicolóxico. estrofas.
o feitizo de lumia, de raíña a maxeza,
frente branca e locente de craror de luar, • Para conseguir o Graal debe manterse «puro
Podes consultar no Apéndice o
ollos meigos e verdes como as ágoas do mar. e limpo de mal». Cal é a tentación que evita
apartado «Análise métrica».
nestes versos?
25 A fermosa doncela, de xeito que namora, 5 Tamén a figura feminina aparece idealizada. 11 Cabanillas incorpora na súa poesía trazos
chegando a Galahaz calzoulle a nobre espora Fíxate nos seguintes aspectos e anota a súa propios do Modernismo. Entre eles:
e alzándose ridente tendeu ó cabaleiro caracterización:
a) Alusións sensoriais.
seus brazos que envexara a flor do laranxeiro. a) Fermosura física.
Mais, fiel ó xuramento, ó seu soño leial, b) Preciosismo verbal.
b) Carácter mítico, como as fadas celtas.
30 Galahaz alonxouse puro e limpo de mal. c) Musicalidade.
6 Fíxate agora na presentación de Galicia, que • Busca exemplos no texto.
O ceo palio de seda, aparece descrita como unha terra de extraor-
alfombra florida o chan, dinaria beleza, un auténtico paraíso. 12 O tema da procura do Graal é abon-
as nubes flecos de prata A descrición baséase no tópico do locus doso na literatura, na música, no cine... Son
e cada pino un varal, amoenus («lugar pracenteiro»), que consis- moitos lugares que afirman posuír o vaso sa-
35 o día de Viernes Santo te na idealización da natureza como un lugar grado. A tradición sinala que o cáliz se atopa
ten un maino crarexar propicio para o amor. Contén unha serie de no templo de Montsalvat, que algúns sitúan
cando á valgada dun monte elementos esenciais: no Cebreiro, en pleno Camiño de Santiago.
foi chegado Galahaz. a) vexetación exuberante e frondosa; • Investigade acerca do tema. Podedes con-
b) auga (un regato, unha fonte…); sultar estas páxinas:
c) aves cantoras; – https://gl.wikipedia.org/wiki/Santo_Graal
Santuario de Santa
María a Real do d) suave brisa do vento. – http://www.diocesisdelugo.org/ocebreiro/
Cebreiro. • Busca exemplos. grial.html

26 27

Solucións das actividades 7 a) «silenzo», «rexoubaban as arbres canturías mimosas», «pintasilgos


trobeiros», «tan-guido de cristal»
1 espora s.f. Instrumento de metal, xeralmente de forma estrelada, que b) «recendo de fiúnchos»; «valgadas verdegaias», «bolboretas doira­
a persoa que monta a cabalo coloca na parte de atrás do calzado pa­ das», «frente branca e locente de craror de luar», «ollos meigos e
ra aguilloar o animal. verdes como as ágoas do mar», «cruz vermella», «espora de ouro»,
lanzal adx. Esvelto, alto como unha lanza. «as nubes flecos de prata»
airón s.m. Aireada, golpe de vento.
8 «recendente soavidade da mañán»
valgada s.f. Parte baixa dun val, liña que marca a súa parte máis fonda.
9 ceo (termo real) – palio de seda (termo imaxinario), chan (termo real) –
verdegaio -a adx. De cor verde clara, intermedia entre o verde e o
alfombra florida (termo imaxinario), nubes (termo real) – flecos de prata
branco.
(termo imaxinario), pino (termo real) – varal (termo imaxinario), frente
lumia (lurpia, segundo a actual normativa) s.f. Muller perversa e enre­
branca e locente (termo real) – de craror de luar (termo imaxinario),
dante; bruxa.
ollos verdes (termo real) – como as ágoas do mar (termo imaxi­nario)
varal s.m. Vara longa e grosa, especialmente a que se usa para varear.
A escena lembra unha procesión de Semana Santa: Galahaz camiña
2 Galahaz entra en Galicia, encóntrase cunha doncela que lle calza a sobre unha alfombra de flores e baixo palio en dirección ao cume da
espora e segue camiñando ata que un día de Venres Santo chega ao montaña «milagreira» do Cebreiro-Monsalvat.
Cebreiro.
10 A primeira estrofa está composta por versos alexandrinos, formados
3 a) Versos 1-18; b) versos 19-32; c) 33-58. por dous hemistiquios separados por unha pausa ou cesura.
4 • Na caracterización física de Galahaz destacan: a fermosura («ridente Versos alexandrinos de 7 + 7 con cesura. Son pareados de rima con­
e lanzal»), a valentía («sin coidar de malfado, dragón ni encantamen­ sonante: 11A-11A-11B-11B…
to») e a pureza («garda o corazón puro e limpo de mal»). A última está formada por versos octosílabos con rima asonante nos
• Galahaz rexeita a fermosa doncela que lle tende amorosamente os pares e soltos os impares.
brazos e así mantén a súa pureza. 11 a) Alusións sensoriais: ver actividade 7.
5 a) «Fermosura», «fermosa doncela», «loura e gaia beleza», «frente b) Son moitas as escollas léxicas condicionadas pola súa eufonía e be­
branca e locente de craror de luar», «ollos meigos e verdes», «bra­ leza fónica: vereda, dragón, lindeiros, canturías, valgadas, floridos...
zos que envexara a fror do laranxeiro». c) O molde estrófico, as rimas e as sonoridade do léxico escollido
b) Carácter mítico, como as fadas celtas: «dona encantada», «princesa achegan unha especial musicalidade.
de ensoño», «feitizo de lumia». 12 Actividade de investigación.
6 a) «xardín encantado», «as roseiras cubríanse de rosas», «froridos sen­
deiros», «froresta», «alfombra florida o chan»
b) «valgadas verdegaias do Miño», «a carón dunha fonte a floresta mediada»
Lectura complementaria
c) «pintasilgos trobeiros e tamén bolboretas doiradas» Comentario do poema «Galicia» (de Ramón Cabanillas), no caderno
d) «zoa no vento maino e levián» de Lecturas complementarias.

35
UNIDADE 1

Obradoiro de expresión
O traballo monográfico Citas e notas
Denomínanse textos académicos todas aquelas producións do ám- Á hora de redactar o traballo, temos que indicar as fontes (os auto-
bito do ensino que teñen como obxectivo transmitir coñecementos res e as obras) das que extraemos a información. Podemos facelo de
acerca dalgún tema ou materia. dúas maneiras: Ten en conta
Poden presentar diversos formatos: a) Reproducindo as palabras textuais entre comiñas, é dicir, escri- • Webgrafía: relación de recursos
bindo unha cita. electrónicos consultados (páxinas
– Oral (por exemplo, unha conferencia). web, blogs, portais de Internet...)
b) Resumindo coas nosas palabras e remitindo a unha nota a pé de
– Escrito (un exame, un traballo monográfico...). páxina (ou na última páxina). • Bibliografía: relación de libros
ou traballos consultados.
– Audiovisual (un documental, unha película, un informe en vídeo...). E sempre teremos que facer constar a relación de obras ou páxinas web
consultadas na bibliografía e webgrafía que pechará o noso traballo.
Fases na elaboración
Para elaborar un traballo monográfico escrito, cómpre planificar ben
Bibliografía
os diversos pasos a seguir: Na última páxina do traballo indicaremos a relación de obras consul-
1. Escoller o tema sobre o que se vai traballar e fixar os obxectivos tadas. O modo de facelo é o seguinte:
que se queren acadar. – Relación alfabética do primeiro apelido de cada autor.
2. Recoller información sobre o tema en bibliotecas, buscadores de – Os apelidos escríbense en maiúscula; a continuación, despois de
Internet, etc. coma, a inicial do nome ou o nome completo coa inicial en maiúscula.
3. Elaborar o guión cos puntos que se van tratar. – A data de publicación entre parénteses.
4. Redactar un borrador cos contidos do traballo e a colocación das – O título da obra consultada (libro, revista, DVD...) escrito con letra
imaxes, gráficos, etc., que ilustrarán o tema. cursiva.
5. Corrixir o borrador: – Se se trata dun artigo ou capítulo, o título escríbese entre comiñas.
a) a organización do contido, a claridade das ideas; – O lugar de publicación, a editorial e o número de páxinas.
b) a corrección lingüística (ortografía, morfosintaxe, léxico e contido). –N
as páxinas web indícanse apelidos e nome, título do artigo en-
tre comiñas e o enderezo completo entre corchetes angulares, así
6. Redactar a versión definitiva do traballo cun procesador de textos.
como a data da última consulta realizada. emprender
aprender
RIVA
S
Escribimos
:
mord , M .: «A
e
en E u a ling
gale
ga q un traballo
99) a, piso ua», ue
( 19 galeg Edic dios
D
, D.
R A ratur
a ións ga
Xera legos , V 1 Escolle un tema e redacta
A VE a lite .
is. igo,
un traballo seguindo os pa-
VIL ria d alaxia
to
His , Ed. G sos indicados.
o
Vig
• Podes imprimilo e enca-
dernalo.
ALONSO, N.: • Se o prefires, convérteo
«Cando digo literatura, nun libro dixital. Para isto,
sáeme Celanova»,
poden axudarte as indica-
dispoñible en
cións que se dan no Obra-
<http://www.fervenzasliterarias.com>
(27/1/2016) doiro da unidade 8 para a
creación dun folleto.

28 29

Suxestións metodolóxicas Anotacións


• O «Obradoiro de expresión» é un espazo especialmente indicado
para desenvolver o sentido emprendedor a través da creación.
Neste apartado, achéganse unha serie de pautas acerca de como
crear textos de diversos tipos: literarios, da vida académica, do ám­
bito cotián, dixitais…
Ofrécense, así mesmo, modelos nos que basearse e ferramentas de
axuda —desde información complementaria a programas informáti­
cos—, co fin de facilitar o traballo e mellorar a presentación.
Neste caso, trátase de facer un traballo monográfico, moi útil para
todas as materias do curso. A proposta é individual, pero cabe a
posibilidade de acometelo como unha tarefa colaborativa e coope­
rativa. O profesor ou a profesora decidirá a maneira de abordalo,
tendo en conta a composición do grupo.

Solución da actividade
1 Actividade de creación.

36
UNIDADE 1

Aplica o que sabes


1 Define as seguintes palabras: 9 Enuncia o tema do texto. En que subxénero
cúmulos, diluír, abanear, proído, molicie, tei- narrativo cres que se podería incluír?
mosía. • Fai un breve resumo.
2 Quen é o personaxe protagonista? En que lu- 10 No texto abundan os termos referentes ao
gar se encontra? campo semántico da vista. Anótaos.
3 O personaxe está nunha situación dramática. 11 Fíxate nas palabras que se destacaron en azul
Que elementos así o indican? e clasifícaas tendo en conta o timbre da vogal
4 Cal é a súa actitude? Que actividades realiza? tónica:

5 Caracteriza o espazo no que transcorre a ac- e o


ción. /e/ /ɛ/ /o/ /ɔ/
6 Tendo en conta o espazo e o estado mental semipechado semiaberto semipechado semiaberto
do personaxe, explica o desenlace da historia.
7 Ese desenlace anúnciase anteriormente. Onde?
8 Identifica os recursos literarios das seguintes
expresións:
a) «Inmensidade azul petróleo».
b) «Suor a escorrer coma un río pola fronte».
12 Xustifica a presenza de acento gráfico nas
palabras subliñadas.
c) «Secura de deserto».

emprender
aprender
Cúmulos 13 Escribe un relato protagonizado por un personaxe que es-
De súpeto cesou por completo o vento que impulsaba a pobre vela esfiañada tea nunha situación límite. Por exemplo:
e a balsa ficou abaneando coas lenes ondas nunha inmensidade azul petróleo. a) Perdido na inmensidade do deserto.
Ata onde a vista alcanzaba, todo era océano diluído no ceo, ceo diluído no océa- b) Atrapado nunha sima moi profunda.
no, sen liña de horizonte. A auga potable esgotárase o día anterior e agora o
c) Navegando un tramo de rápidos nun río de montaña.
náufrago sentía só un proído desesperado nos ollos —acentuado pola suor a
escorrer coma un río pola fronte—, as chagas na pel, a molicie apoderándose
de cada músculo; na boca, unha secura de deserto. Pero aínda así cumpría re-
sistir, conservar a ínfima forza que lle restaba e aguantar, aguantar. Imprescin-
dible non perder a esperanza: en calquera momento podería pasar un barco
que o rescatase, unha avioneta, un helicóptero de salvamento... Un helicóptero.
Deixou de intentar pescar cos vellos cordóns das botas e deitouse exhausto nos
troncos, a ver pasar o ceo e, simplemente, agardar. Agardaría, manteríase vivo
con teimosía o tempo que fose preciso, ata que chegase o helicóptero. O sol
abrasaba, apenas se vían algunhas pequenas nubes. Lentamente cruzou sobre a
balsa unha coa forma da cabeza dun can. Si, parecíase bastante á Tara. Moi boa
era aquela cadela! E tan lista! Despois, outra nube caprichosa; esta semellaba
case un pé cortado á altura do nocello, coas súas dedas e todo. Talmente coma
o seu propio pé pendurando con desleixo por fóra da miserable embarcación. A
luz, branquísima, facíalle doer os resecos ollos sen misericordia, pero mesmo así
puido enxergar aínda unha curiosa nube de silueta case triangular, de aleta de
tiburón. E despois, outro tiburón. E outro. E outro. E outro.

Mercedes Leobalde: Funambulistas, Edicións Xerais.

30 31

Solucións das actividades O náufrago contempla o espazo circundante: «océano diluído no ceo,
ceo diluído no océano, sen liña de horizonte». A confusión dos límites
1 Cúmulo: nube grosa de formas arredondadas e de cor branca, máis de ambos espazos é o que explica a confusión final. Ademais, «a luz
brillante polos bordos, que parece de algodón. branquísima facíalle doer os ollos».
Diluír: facer que teña menos concentración [unha substancia que está 6 O náufrago vese rodeado polas aletas triangulares dos tiburóns, mais
disolta] mesturándoa con auga ou outro líquido. el pensa que se trata das imaxes dos cúmulos que está contemplan­
do. O desenlace previsible é a súa morte, devorado polos tiburóns.
Abanear [algo, alguén]: moverse, axitarse ou oscilar sen cambiar de
lugar. 7 A descrición dun espazo de ceo-mar diluído, sen horizontes.
Proído: sensación molesta e desagradable que se sente na pel e que A descrición dunha nube que semellaba case un pé cortado á altura
incita a rascarse. do nocello, coas súas dedas e todo.
Molicie: gusto pola comodidade, polo pouco esforzo, e falta de von­ 8 a) Metáfora, b) símil, c) metáfora.
tade para traballar ou para pórse en actividade; indolencia, preguiza, 9 A espera confiada dun náufrago a que alguén o rescate. Pertence ao
moleza. xénero narrativo. (Funambulistas é un libro de relatos).
Teimosía: calidade de quen teima; insistencia. Teimar: insistir obstina­ • Resumo: resposta aberta.
damente.
10 Vista, ollos, ver, vían, semellaba, enxergar.
2 É un náufrago que está en alta mar, nunha balsa coa vela esfiañada,
11 /e/: sen, escorrer.
confiando en que chegue un helicóptero que o rescate.
3 Elementos ambientais: non hai vento que desprace a balsa; a balsa /ɛ/: pel, cadela, pé.
abanéase en alta mar. /o/: agora, boca, forza.
Sensacións do personaxe: está sedento e ten a boca seca («secura de /ɔ/: helicóptero, fóra.
deserto»), xa que se lle acabou a auga («esgotárase o día anterior»); 12 Petróleo: leva acento por ser palabra esdrúxula.
ademais, sente «un proído desesperado nos ollos» e a «suor a escorrer
coma un río pola fronte»; fixéronselle chagas na pel e está exhausto. Diluído: leva acento porque é un i tónico en hiato con outra vogal.

4 Intenta pescar cos cordóns das botas. Despois déitase para contem­ Á: acento diacrítico (contracción de prep. a + artigo a).
plar as nubes no ceo e descobre imaxes nas nubes que transitan polo Pé: acento diacrítico (substantivo, vogal aberta).
ceo. Un pé colga da balsa.
Fóra: acento diacrítico (adverbio de lugar, vogal aberta).
5 O escenario é o mar aberto. Un mar sen límites que se confunde co 13 Actividade de creación.
ceo.

37

Intereses relacionados