Está en la página 1de 8

3/5/2018 'Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG' - Praza Pública

Luns 2, Abril 2018 | Cultura |

"Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en


moitos produtos actuais da TVG"
María Yáñez | @myanllo

A serie que levou á ficción a historia do narcotráfico en Galicia está en boca de todo o mundo por moitos motivos, entre eles que
retrata un tema aínda de actualidade que non para de xerar titulares. Desde a enésima detención de Sito Miñanco ata o secuestro
do libro ‘Fariña’ de Nacho Carretero do que parte a serie homónima, ou os exabruptos e ameazas de Laureano Oubiña, parece que
todos os afectados se puxeron de acordo para darlle publicidade á serie. Pero tamén se fala dela por méritos propios: do excelente
traballo dos actores -case todos galegos, coma o resto do equipo-, da coidada ambientación e tamén da lingua. ‘Fariña’ leva por
primeira vez a unha televisión estatal a maneira de falar dos galegos nos anos 80 e 90, se daquela fixesen todos o intento
por falar castelán que agora esixe o prime-time de Antena 3. O castelán de Fariña ten entoación galega, sintaxe galega,
algún vocabulario de aquí… e á maioría da xente sóalle crible e auténtico.

Unha das responsables disto é Rosa Moledo, a asesora lingüística de ‘Fariña’, que leva traballando máis de dúas décadas
como tradutora e lingüista no noso audiovisual, e que estivo durante a rodaxe da serie pegada aos actores e ao equipo de
dirección e guión para lograr que os personaxes falasen como os galegos reais que eran. Recibía así a encarga do director Carlos
Sedes, que tiña moi claro desde o principio que a serie debía soar a galego, e decidiu chamar a Moledo, quen no seu día xa
traballara no asesoramento de ‘Mareas Vivas’.

Cal foi o principal reto á hora de enfocar o tratamento lingüístico de ‘Fariña’?

Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/16381/puxose-mais-esforzo-en-coidar-a-lingua-de-lfarinar-do-que-se-ve-en-moitos-produtos-actuais-da-tvg/ 1/9
3/5/2018 'Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG' - Praza Pública

Unha das cousas fundamentais que eu tiña clara desde o principio era que non se fixese parodia. Ninguén a quería facer, por
suposto, pero é moi fácil caer nela. Entón andabamos con coidado, evitando sobrecargar ou dicir certas cousas. Había que manter
un punto de equilibrio que aos actores tamén lles custaba, porque eles, cando traballan en Madrid, están afeitos a todo o
contrario, a ter que “neutralizar” o acento. Ao principio era ler o guión en castelán e a algúns saíalles de maneira automática o
acento ou a entoación castelá, aínda que estivesen falando comigo 5 minutos antes en galego. Eu tíñaos que corrixir. Dicíanme: “ti
mándasnos facer o contrario do que nos corrixen normalmente”. En xeral para todos foi un reto importante, porque era un
proxecto moi diferente e innovador.

Como foi o proceso previo?  E o día a día na rodaxe?

A min pasábanme todos os guións. Cando recibín o primeiro fixen unha


análise moi exhaustiva, envieino corrixido de volta e falei durante horas cun
"Ao principio aos actores
guionista por teléfono para comentar cada expresión. El non era galego, pero custáballes falar en castelán
quería que llo explicase todo: por que había que cambiar pronomes de sitio, con acento galego, porque
como facemos as perífrases en galego, como construír as frases, de que estaban demasiado afeitos a
maneira sería máis adecuado dicir as cousas… Ese proceso co primeiro guión ter que “neutralizalo” cando
foi moi longo, aí andamos moito camiño e nos seguintes xa fomos máis
traballan en Madrid"
rápidos. Non se trataba simplemente de non poñer tempos compostos, hai
moita máis música que está aí polo medio, en cousas que a primeira vista non
se notan, coma as perífrases: eu cambiaba todos os pronomes de sitio, porque en galego normalmente están mais achegados ao
primeiro verbo. Un exemplo: se no guión viña escrito “voy a decírtelo”, eu sempre corrixía por “te lo voy a decir”. Ou “hay que hacerlo”
por “lo hay que hacer”. Todas esas cousas íanse cambiando. A partir de aí creei un informe, unha especie de manual, que se lles
pasaba a todos os actores e actrices que había na serie, mesmo aos que só participaban cunha frase. Todos eles me viñan
preguntar, polo acento, pola entoación… estaban moi preocupados por facelo ben sen caer na caricatura. 

Viches tamén gravacións dos personaxes orixinais para preparar a lingua?

Si, penso que o fixemos todos. Cando empezabamos a ensaiar para a serie acababa de saír Laureano Oubiña do cárcere, e escoitei
unha entrevista que lle fixeran na que que conservaba moitos trazos lingüísticos propios a pesar de el ter pasado tanto tempo no
cárcere fóra de Galicia. Tiña maneiras de falar que só dicimos os galegos, como “es que si eso fuese así, yo no estaba aquí”. Ese uso
Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/16381/puxose-mais-esforzo-en-coidar-a-lingua-de-lfarinar-do-que-se-ve-en-moitos-produtos-actuais-da-tvg/ 2/9
3/5/2018 'Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG' - Praza Pública

do imperfecto como condicional era escoitalo e dicir: pois é verdade, nós dicimos así. Si que collía deles moitas ideas para
reescribir as frases do guión. No caso de Oubiña, xa case nos daba o traballo feito.

Como se preparan os matices lingüísticos de cada personaxe?  En que se diferencian a lingua de Miñanco, a do sarxento
Castro ou a de Terito?

Os rexistros xa viñan marcados desde o guión. Despois, como pasa en todos


os proxectos, o actor vaise facendo coa personaxe, ou a personaxe co actor, e
"Colliamos moitas frases das
iso tamén inclúe a lingua. De todos os xeitos o que máis marcaba a maneira personaxes reais para
de falar era época, que era común a todos. O relato da serie empeza no 80, traballar a lingua de ‘Fariña”.
parece que non pero hai moito tempo diso. Entón moitas frases que había eu No caso de Laureano Oubiña,
cambiábaas, dicíalles aos actores: non penses en como falas ti, pensa en como xa case nos daba o traballo
fala teu avó.
feito"
Nese sentido hai certas expresións galegas que ás veces soan estrañas
metidas polo medio do castelán, como “meu pai” ou “traballo”. Hai xente
que di que ninguén fala así. De onde saíu esa escolla? 

O de “meu pai” era tratamento de respecto, meus avós dicían mi padre e mi madre, miña nai aínda di meu pai e miña nai, e aínda
hai moita xente que segue tratando de vostede os pais e usando estas expresións.  Ao principio queríanlle meter “pai”, pero era un
calco do español, aquí a xente non o di así. Dixemos: se o facemos metémoslle o posesivo, se non, mellor non facelo, dicimos
“papá” ou o que sexa. Entendo que chamase a atención porque ao principio a min tamén se me facía raro meter palabras en
galego polo medio do castelán. Pero non queriamos meter palabras porque si, pola nota exótica, tiña que ser sempre con algún
sentido. Por exemplo o de “traballo” é o nome que se lles daba ás descargas. “Traballo” non equivale a trabajo, senón que é, na fala
dos narcos, estritamente unha descarga e decidimos manter iso. Si que quedaba ao principio un pouco raro dicir “Tengo un
traballo”, pero axiña nos afixemos. É unha maneira de situar o espectador, a base de oír esa palabra aprende que na serie ten ese
significado e punto. Ao final é unha ficción e non está mal que xere a súa propia linguaxe. Pero ten que ser sempre cun sentido,
non son decisións aleatorias.

Chamaríaslle castrapo á lingua que se fala en Fariña?

Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/16381/puxose-mais-esforzo-en-coidar-a-lingua-de-lfarinar-do-que-se-ve-en-moitos-produtos-actuais-da-tvg/ 3/9
3/5/2018 'Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG' - Praza Pública

Eu xa para empezar non lle chamaría “castrapo” a nada. Pero se imos por aí a
certas cidades ou vilas galegas, oes formas de falar ás veces que si que
"Ás veces pensabamos “e isto
parecen de ficción. Eu non sei como chamarlle a esa lingua que se escoita pola entenderase?” pero tamén
rúa: ten a música do galego, ten as construcións do galego, ten palabras en confiabamos no público: aínda
español polo medio, ten perífrases do galego, o acento… e é xente que pensa que á xente de fóra de Galicia
que fala en castelán, pero iso de castelán ten pouco. Non sei, eu téñolle lle soase un pouco raro ao
chamado “español-galego”, se cadra temos que facer coma co spanglish e
principio, era cuestión de
chamarlle “espagal”... En todo caso é un idioma que existe, eu non o inventei,
está na rúa. Logo, cando che piden como asesora que traslades iso a unha
afacerse"
serie en castelán, buscas o equilibrio, pero sempre caendo máis do lado do
galego. A lingua de ‘Fariña’ parte desa realidade pero levada dúas décadas
atrás, ao final é unha creación colectiva cos guionistas, co reparto… unha mestura singular á que lle poderiamos chamar
“fariñento” (risas). Pero feito con moitísimo respecto e co obxectivo de que fose natural e crible.

A serie está en castelán porque se emite en Antena 3, pero que lingua pensas que falarían os protagonistas reais na súa
época?

Galego, case seguro. Pola época penso que si, mesmo os máis noviños. Eran case todos xente humilde. Logo pode ser que
pasasen ao castelán para facer os seus negocios con socios de fóra, claro...

Con todo e ser unha serie en castelán, moita xente di que parece galego.

É que o galego non é só letra. Coma todas as linguas, é tamén, e sobre todo, música. É galega a forma que teñen de expresarse,
pero tamén o fondo, o que din, esa retranca, estarche dicindo unha cousa dando a entender a contraria... esa idiosincrasia nosa
está moi presente na serie. Se todo o acento, a entoación, e as construcións das frases non estivesen acompañadas dese espírito
de fondo, non faría o mesmo efecto. Hai un traballo moi ben feito desde o guión á ambientación, a estética, a música, está todo
moi coidado. Hai unha harmonía enorme e os actores e as actrices están impresionantes. Cando as cousas se fan ben, con cariño
e ilusión, coidando o traballo, ao final nótase.

Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/16381/puxose-mais-esforzo-en-coidar-a-lingua-de-lfarinar-do-que-se-ve-en-moitos-produtos-actuais-da-tvg/ 4/9
3/5/2018 'Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG' - Praza Pública

Rosa Moledo, facendo un pase de guión co equipo de dirección e actores / © Jaime Olmedo / BAMBÚ
Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/16381/puxose-mais-esforzo-en-coidar-a-lingua-de-lfarinar-do-que-se-ve-en-moitos-produtos-actuais-da-tvg/ 5/9
3/5/2018 'Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG' - Praza Pública

Tiñades algún medo a como reaccionaría o público ao tema da lingua?

Tiñamos, si, unha mestura de ilusión e medo, sobre todo pola incerteza, porque a fin de contas, unha serie falada así era unha
novidade e non sabiamos como a xente ía responder. Intuiamos que ben, e tiñamos a conciencia tranquila porque sabiamos que
era un traballo ben feito. Si que ás veces pensabamos “Isto entenderase?”, pero tamén confiabamos no público: aínda que á xente
de fóra de Galicia lle soase un pouco raro ao principio, era cuestión de afacerse. Como cando vas ver unha película arxentina, e os
primeiros 15 minutos cústache entender todo pero logo xa esqueces a forma de falar se o que che están contando che interesa.

Agora que xa está en emisión, que comentarios recibes sobre a lingua da serie?

Non ando moito polas redes sociais, e perdo moitas cousas, hai xente que me vai contando e que me manda capturas ou chíos. O
día da estrea, sobre todo, mandábanme as cousas boas, aínda que supoño que habería de todo. A xente estaba moi sorprendida
polo acento, emocionábanme moito tanto os comentarios da xente de fóra, e tamén os de galegos que viven fóra, que dicía “como
me recorda isto de meu pai a meus avós”. Hai un comentario que me chistara moito, un tipo de Canarias que dicía “a veces no
entiendo una mierda, pero no puedo desengancharme, estoy absorbido”. Pois era iso o que buscabamos. Que aínda que a xente non
entendese todo, a ficción fose tan interesante que a lingua non importase, ou que importase para ben, para darlle máis
personalidade e realismo á serie.

Tes xa moita experiencia como asesora lingüística na televisión, e estiveches tamén en 'Mareas Vivas'. Como chegas a ese
traballo?

Eu era tradutora e empecei a traballar cando comezaron as dobraxes en


Galicia. Primeiro traducindo os guións e despois como lingüista en sala, na
"Non hai ninguén que reme a
dobraxe propiamente dita. A primeira serie na que traballei como asesora en favor da lingua nos medios
rodaxe foi ‘A familia Pita’, e despois chegou ‘Mareas Vivas’, con todo o que iso públicos, ás veces parece
supuxo. Unha serie na Costa da Morte na que os creadores (os guionistas mesmo que todo o contrario"
Zopilote, Antón Reixa, Miguel Anxo Murado) querían que os personaxes
falasen a variante dialectal da zona. E iso era moi innovador naquel momento.
Para preparalo fixen moita investigación: fun a bibliotecas, ao ILG, consultei o Atlas Lingüístico de Galicia, estudei as zonas, os
trazos… aínda que tampouco me custou moito porque eu son de Mazaricos e comparto moitos dos trazos dialectais. De todos os
xeitos, a mellor investigación faise escoitando de forma atenta pola rúa. Así fixemos con ‘Fariña’.
Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/16381/puxose-mais-esforzo-en-coidar-a-lingua-de-lfarinar-do-que-se-ve-en-moitos-produtos-actuais-da-tvg/ 6/9
3/5/2018 'Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG' - Praza Pública

‘Mareas Vivas’ foi no seu momento un fenómeno social e cultural en Galicia, e parece que ‘Fariña’ vai camiño de se
converter noutro fito do noso audiovisual. Ves algo en común entre os dous proxectos? 

Si, moita xente mo recorda estes días, e xa o comentabamos cando estabamos na rodaxe, pois hai persoas do equipo que
estivemos nas dúas series. A sensación de estar participando nun proxecto innovador e a mestura de medo e ilusión que iso che
dá, eran similares. E nos dous casos creouse un ambiente xenial no equipo. En ‘Mareas Vivas’ quedamos o día da estrea no bar
onde xantabamos normalmente, para vela todos xuntos. Agora para ver ‘Fariña’ comentamos os episodios o equipo por whatsapp.
A enerxía entre nós é a mesma, e eu creo que iso se traslada ao produto, e finalmente ao público. Escoito pola rúa a xente falando
de ‘Fariña’, e iso fai moita ilusión.

No tempo que levas traballando, como ves a evolución da lingua no audiovisual?

Evolución non é a palabra. Creo que con iso está todo dito. Non hai ninguén que reme a favor da lingua nos medios públicos, ás
veces parece mesmo que todo o contrario. Non interesa, non hai coidado, a min dáme moita pena, e non falo como lingüista, nin
desde unha ideoloxía política. Falo de sentimento, son unha galega máis á que lle encantan os idiomas, aínda que obviamente
quérolle máis ao meu, e teño a sensación de que non hai quen o queira, de que falta amor pola lingua na Televisión de Galicia. Isto
nótase na calidade, cada vez se coida menos. E non custa tanto, só o hai que querer facer. Podo dicir que nós en 'Fariña' puxemos
moito máis esforzo, respecto e cariño á hora de coidar a lingua do que se ve en moitos produtos actuais da TVG.

Iso dá que pensar.

Debería dar, pero ninguén vai pensar nada. Non interesa pensar, e na lingua
menos. Hai outras prioridades, e a lingua qué máis ten se te entenden igual e
"Pódese falar unha lingua que
os programas teñen a mesma audiencia. Vese que non hai o respecto que conecte coa xente e soe
había antes, polo menos puntualmente. Por exemplo, en Galicia había un familiar, e que teña toda a
sector moi implicado coa lingua que era o da dobraxe. Falo en pasado porque corrección do mundo"
o están machacando, xa non se dobra case nada, as empresas non se
sosteñen, os dobradores tampouco, e é unha mágoa non só para eles senón
para a normalización da nosa lingua: pensemos en algo tan fundamental como a animación e os produtos infantís, que tiñan
unhas dobraxes que marcaron toda unha xeración. Eu traballei en dobraxe moitos anos, e pódoche asegurar que hai grandes
profesionais, a min admirábame velos e escoitalos, eran xente moi preocupada pola lingua, se non estabas atento a dicir algo ben
Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/16381/puxose-mais-esforzo-en-coidar-a-lingua-de-lfarinar-do-que-se-ve-en-moitos-produtos-actuais-da-tvg/ 7/9
3/5/2018 'Púxose máis esforzo en coidar a lingua de ‘Fariña’ do que se ve en moitos produtos actuais da TVG' - Praza Pública

sempre había alguén que che daba un toque. Agora ese sector xa case non ten presenza e no resto o que manda é o “todo vale”, e
estase perdendo moita calidade na lingua dos medios: na riqueza léxica e gramatical, na fonética, na entoación… Porque xa digo, a
letra é moi importante, pero a música é fundamental. Ti pódeslle dar toda a letra do mundo pero como non recoñezas a música,
non te vas recoñecer nesa lingua.

Ás veces na tele parece que vemos casos estremos: ou xente que fala coa letra correcta pero pouco coidado na entoación
ou na fonética, ou o contrario: galego que soa moi de verdade pero cheo de castelanismos. É compatible falar galego
“auténtico” con que este galego sexa correcto?

Total e absolutamente compatible. Que sexa correcto non quere dicir que non poidas meter na fala habitual ás veces unha palabra
doutro idioma, tampouco hai que ser tan estritos. A menos que sexas unha televisión pública, daquela debería ser obrigatorio
coidar a corrección. Hai maneiras e maneiras de facer as cousas, e eu creo que se pode sumar sen quitar frescura e naturalidade.
Ademais non fai falta, pódese falar unha lingua que conecte coa xente e soe familiar, e que teña toda a corrección do mundo.
Fariamos moito pola lingua se coidásemos sempre as dúas cousas desde os medios de comunicación. Pero non se fai. Nin se vixía
desde arriba nin moitas veces os propios profesionais se fixan, por inercia e porque tampouco ninguén llelo esixe.

Como pode o audiovisual contribuír máis a recuperar falantes? 

Facendo produtos coidados en galego. Todo tipo de produtos, hai público para todo se se fai ben. Primeiro, que o contido sexa
atractivo para diferentes públicos. E despois, insisto, coidar a lingua. Se ti escoitas un modelo de lingua de calidade, unificado pero
tamén diverso e rico, á xente entraríanos polos oídos, habería persoas que identificarían máis a súa lingua coa que se fala na
televisión, falaríana con máis orgullo e con máis gusto, e logo habería outras que se interesarían por coñecela porque non a
coñecen. Non é tan difícil, só hai que querer, e iso tense que facer desde o poder. Porque, con respecto á lingua, hai unha pouca
xente que está concienciada, dunha cousa ou da contraria, pero despois hai unha corrente do medio que imos un pouco para
onde nos levan. Así que isto é responsabilidade de quen goberna: está na dirección que eles elixan, e no esforzo que poñan para
combater as inercias sociais, que camiñemos cara á recuperación do galego, cuantitativa e cualitativamente, ou cara ao seu
deterioro e desaparición.

COA TÚA ACHEGA FAS POSIBLE QUE SIGAMOS PUBLICANDO NOVAS COMA ESTA.

OUTRAS NOVAS RELACIONADAS:


Praza emprega cookies só para analizar as visitas; non se garda información persoal dos usuarios. Vale
http://praza.gal/cultura/16381/puxose-mais-esforzo-en-coidar-a-lingua-de-lfarinar-do-que-se-ve-en-moitos-produtos-actuais-da-tvg/ 8/9