Está en la página 1de 127

Capa Libro 2018_269_Capa estudo.

qxd 02/04/18 20:43 Página 1

MAR ADIANTE
HISTORIAS DE NENOS PRA NENOS

MARÍA VICTORIA MORENO

HOMENAXE

DO

CONSELLO

DA CULTURA GALEGA

MMXVIII
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 2
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 3

MAR ADIANTE
HISTORIAS DE NENOS PRA NENOS

MARÍA VICTORIA MORENO


ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 4

ISBN
978-84-92923-90-8

DEPÓSITO LEGAL
C 588-2018
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 5

LIMIAR

POR

RAMÓN VILLARES

Presidente do

Consello da Cultura Galega


ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 6
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 7

Unha pioneira da literatura infantil galega

Cada Día das Letras Galegas trae


canda si un evidente protagonismo
para figuras xa consagradas no parna-
so literario galego pero tamén algunhas
singularidades que ben lle prestan a
esta celebración anual A escolla
feita pola Real Academia Galega (RAG) para este
ano 2018 foi a da profesora e escritora María
Victoria Moreno (1939-2005) e neste nome está
implícita esa singularidade pois trátase dunha
muller, nacida en Valencia de Alcántara (Estre-
madura), que chega a Galicia en 1963 para exer-
cer como profesora de educación secundaria
Era unha persoa, por tanto, alóctona e tamén
alófona, no sentido de non ser galega de nación
e de non ter a lingua galega como lingua mater-
na Pero resulta que, por obra do ambiente no
que viviu, das persoas coas que se socializou e
da propia decisión persoal, aquela profesora
experimentou unha transformación cultural
radical, ata o punto de que ela mesma se viu

7
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 8

como unha «conversa» despois da «revelación»


que tivo en Galicia, especialmente durante a
súa estadía na cidade de Lugo Un dos seus
confidentes máis influentes na cidade das mu-
rallas, Xesús Alonso Montero, confesa no estu-
do introdutorio que acompaña este libro que
María Victoria Moreno era daquela unha
«estraña extragalega» e unha «desconcertante
foránea»
Pero esta estrañeza ou desconcerto deixou de
ser tal co paso do tempo Desde a experiencia
luguesa e, nomeadamente, a partir do seu asen-
tamento definitivo, desde 1967, na cidade de
Pontevedra, María Victoria Moreno entrou pro-
gresivamente na cultura galega, a través da súa
profesión de ensinante e do seu compromiso coa
lingua galega e coa súa escrita e o seu ensino
Foi un proceso progresivo que tivo a súa primei-
ra culminación na redacción e inmediata publi-
cación do libro Mar adiante (1973), que foi o
escollido polo Consello da Cultura Galega para
formar parte da colección do Día das Letras
Galegas que vén editando, con algunhas lagoas,
desde 1991

8
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 9

Pero antes de me referir á biografía da auto-


ra e ao libro, quixera subliñar aínda máis esta
incorporación á cultura galega, que a escolla
da RAG non fixo senón revalidar Penso que,
tratándose dunha cultura de raíz popular e con
escaso amparo institucional durante séculos, a
lingua e a cultura galegas poderían estar pri-
vadas do atractivo suficiente como para aspi-
rar a ser unha cultura «inclusiva» ou de chega-
da, á que xentes de fóra pretendan ou desexen
incorporarse, como acontece con algunhas lin-
guas maiores Que haxa alófonos que, ao
chegar a Galicia, deixen de ser tal é a mellor
mostra desa forza inclusiva e da ausencia
dunha fractura ou segregación social e cultu-
ral E, alén diso, cómpre sinalar que este caso
non é único Abondaría con lembrar os ilus-
tres nomes de Andrés Martínez Salazar, segundo
presidente da RAG; de Marcelo Macías, mestre
indiscutido dos membros ourensáns da xeración
Nós, ou, en tempos máis recentes, os de Xusto
Beramendi ou Marilar Aleixandre, para confir-
mar esta forza atraente da cultura galega
Realmente, hai alófonos que asumen o uso e

9
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 10

cultivo da lingua galega con maior entusiasmo


que moitos dos autófonos...
A autora deste libro, María Victoria Moreno, foi
unha profesora que, desde a súa formación filoló-
xica, tratou de se achegar á lingua galega
Segundo advirten os libros biográficos a ela
dedicados, aprendera ben o latín no liceo secun-
dario e mesmo simpatizara co catalán na súa
etapa barcelonesa Logo, na Universidade de
Madrid, formouse como boa romanista con mes-
tres ben coñecidos como Dámaso Alonso ou
Rafael Lapesa A posibilidade de chegar ao
galego como lingua de uso e de ensino era cues-
tión de tempo e de oportunidade, e isto foi o que
aconteceu ao pouco de ela vir a Galicia Esta
aproximación á lingua e cultura galegas tivo
tamén guieiros decisivos, como a familia
Alonso-Pimentel en Lugo, e, desde logo, foi quen
de entender a dimensión cultural galega de
alumnos como X. Rábade Paredes, a quen lle
prefaciou un dos seus primeiros poemarios
No ambiente educativo e cultural de Lugo foi
onde a nosa autora tomou conciencia da exis-
tencia dunha lingua falada popularmente, como
facía o seu alumnado, e onde adquiriu as ferra-

10
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 11

mentas precisas para algún día pasar de obser-


vadora a cultivadora daquela lingua e daquela
cultura Alí escribiuse na súa alma, segundo
confesión propia, unha «páxina indeleble»
Beizón a Lugo e ás súas xentes
Pero os froitos desta conversión agromaron
certamente noutro lugar, na cidade de Ponteve-
dra, onde foi profesora ata a súa xubilación e onde
teceu a rede das súas relacións sociais e profesio-
nais Foi na cidade do Lérez, alén de profesora,
unha libreira amadora e, sobre todo, unha escri-
tora que adoptou unha lingua nova Así naceu
este libro, Mar adiante, «soñado unha noite» e
escrito durante unhas vacacións de Nadal
O proxecto está concibido como un texto escrito
en galego e «só para nenos» Era o bautismo
dunha pioneira da que, tempo andado, se volve-
ría unha das marcas máis fortes da literatura
galega, como é a literatura infantil e xuvenil
Esta conversión á lingua galega levouna tamén
a apoiar a normalización do galego impartindo
cursos de galego a mestres
A decisión de escoller esta obra para a edición
homenaxe do Día das Letras Galegas está fun-
dada en moitas razóns concorrentes Desde

11
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 12

logo, que se trate do seu primeiro libro e que,


alén diso, algúns capítulos fosen presentados
previamente en certames literarios como o da
agrupación O Facho da Coruña ou do festival de
Guimarães reforzan a orixinalidade desta publi-
cación En segundo lugar por ser, na súa pri-
meira edición, un libro imprentado na editorial
Celta de Lugo pero incorporado ao catálogo das
Ediciós do Castro, no que a familia Díaz Pardo-
-Arias de Castro tivo un papel esencial, ao se tra-
tar do único libro que se deu a lume cunha cuber-
ta deseñada por Carmen («Mimina») Arias E,
en terceiro lugar, porque por medio de X. Alonso
Montero tivemos cumprida noticia da existencia
dun mecanoscrito pertencente a esta obra, que
estaba en poder de Sara Alonso, con ilustracións
distintas ás que obran na primeira edición de
Mar adiante A suma de todas estas razóns
explica a escolla, pois non se trata tan só de ree-
ditar unha obra que, felizmente, aínda segue a
ter difusión comercial, senón tamén de enrique-
cer esta edición conmemorativa cun texto orixi-
nal da autora, ilustrado por ela mesma, pero que
non era coñecido do público

12
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 13

A presentación deste libro non podía ser feita


máis que por dúas persoas, Xesús Alonso
Montero e a súa filla Sara O primeiro por ser
autor decisivo na incorporación da autora á cul-
tura galega, desde o seu encontro en Lugo en
1965 A segunda, por ser a destinataria dunha
peza que gardou agarimosamente, sen nunca
saber (ou mesmo sospeitar) que podería presen-
tarse unha ocasión coma esta Pero a ocasión
chegou e aquí está todo: facsímile da primeira
edición, do conto mecanoscrito «Crarisca» e
dous estudos previos que dotan esta publicación
dun trazo moi orixinal: un estudo propio de
experto en historia literaria e un texto de alento
moito máis persoal, escrito por Sara Alonso en
forma de carta persoal que dá resposta a «unha
conversa pendente»
Agradézolle a Pedro Ferriol, como titular dos
dereitos da autora de Mar adiante, a súa autori-
zación para incorporar esta obra á colección do
Consello da Cultura Galega Á familia Alonso-
-Pimentel debo agradecer a súa colaboración
tanto literaria como bibliográfica E, final-
mente, só me queda convidar a ler este libro e
gozar dos seus estudos e ilustracións cunha

13
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 14

ollada nova, a propia de quen se prepara para


beber un viño novo que está gardado en odres
vellos O novo e o vello fecúndanse mutua-
mente como, con certeza, descubrirá o padal
dos lectores

14
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 15

ESTUDOS
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 16
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 17

MAR ADIANTE, DE MARÍA VICTORIA


MORENO, NA VIDA DA AUTORA,
NA MIÑA E NA DOS MEUS

POR
XESÚS ALONSO MONTERO
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 18
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 19

FICHA BIBLIOGRÁFICA

Mar adiante, subtitulado Historias de nenos pra nenos,


é un libro de Ediciós do Castro pero impreso no obradoi-
ro tipográfico da editorial Celta de Lugo, cidade na que eu
residía desde 1960. Supoño que Isaac Díaz Pardo, o direc-
tor da editorial, escolleu a imprenta luguesa para que eu
estivese atento á impresión do libro, por min recomenda-
do á súa editorial. O volume saíu do prelo en febreiro ou
comezos de marzo de 1973, pois o 18 deste mes a autora
xa estampa unha dedicatoria nun exemplar.
A escritora, capaz de facer debuxos moi tenros e moi
expresivos para o universo infantil, é tamén a ilustradora
do libro cuxa cuberta —un barco: o «Arroás» do libro— foi
«feita por Carmen Arias». Fermosa cuberta esta de Mimina
(hipocorístico de Carmen Arias de Castro, a muller de
Isaac Díaz Pardo), o único debuxo seu que se publicou,
como cuberta, no inxente catálogo de Ediciós do Castro1.
Nesa nota da páxina 2 tamén se nos informa de que «O
capítulo sete deste libro conseguiu o 2º premio de contos
pra nenos do certame convocado por “O Facho” da
Coruña en 1972».
O prólogo, da miña autoría, aparece impreso nas
dúas lapelas do volume. Na segunda edición, de 1986, e

1. Hoxe dispomos dunha publicación sobre Mimina Arias de Castro:


Mimina. Unha vida ao servizo da cultura galega, Cadernos de Estudos
Locais, nº 24, 2017, Sada, A. C. Irmáns Suárez Picallo. Colaboran: Xosé
Díaz, X. Alonso Montero, M. Suárez de Concha, X. X. Fernández Abella,
Carmen Blanco e M. Pérez Lorenzo.

19
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 20

na terceira, de 1991, o meu limiar imprimiuse nas páxi-


nas preliminares2.
Nas cinco páxinas finais (57-61) o libro ofrécenos un
«Vocabulario» (galego-castelán), apéndice pedagóxico de
vella tradición: lémbrese o «Glosario» de Cantares galle-
gos (1863), redactado por M(urguía). No tempo de Mar
adiante (1973) xa escaseaban estes glosarios. Hai que
supoñer que María Victoria —sempre pedagoga— tivo moi
presentes ós nenos moi pouco familiarizados co idioma
galego. De aí, tamén, que nese «Vocabulario» de 153 voces
estampe palabras como «facer», «illa», «lonxe», «melro»,
«pau», «vello»…

QUEN ERA MARÍA VICTORIA EN 1973?

Ía cumprir trinta e catro anos cando publicou Mar


adiante, o seu primeiro libro. Era profesora adxunta
numeraria de Lingua e Literatura Españolas no Instituto
de Pontevedra, prologara o primeiro poemario de Xesús
Rábade Paredes (Xuntos cara ó mañán, 1969), recibira un
primeiro premio en Guimarães por un relato en castelán
(1971) e o segundo, na Coruña, por un conto en galego
(1972). Algunhas persoas moi achegadas á autora tiñamos
noticia de que a súa novela Alcores de Donalvar (1969) fora
unha das catro finalistas do Premio Café Gijón (Madrid).

2. Desde o ano 2009 Mar adiante é reeditado por Edicións Xerais de


Galicia con outro formato e outras ilustracións, sen o meu prólogo e sen
a cuberta de Mimina.

20
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 21

Antes, pois, da publicación de Mar adiante, María


Victoria era autora dunha obra escasa e o seu nome, como
nome literario, estaba pouco presente en Galicia, mesmo
entre os máis aplicados lletraferits (digámolo en catalán,
lingua que coñecía ben e da que, anos despois, traduciría
importantes títulos). Agora ben, en Pontevedra, onde resi-
día desde había anos, o seu nome de profesora de Instituto
era citado con admiración por non poucas persoas. Tiña
sona —merecida— de profesora moi preparada, apaixona-
da e entregada. Engaiolaba polo seu saber, formulado
acotío nun castelán rico, coidado e rítmico, o castelán que
ela perfeccionara nas clases de don Rafael Lapesa e don
Dámaso Alonso nos anos en que cursou a especialidade de
Filoloxía Románica na Facultade de Filosofía e Letras da
Universidade de Madrid (1960-1963).
Pero María Victoria non só explicaba, en castelán, a lin-
gua de Cervantes nas aulas do Instituto; fóra desas aulas,
dedicou, desde 1971, horas e horas a impartir cursos de
Lingua Galega en institucións máis ou menos toleradas
polos Gobernadores Civís. Noutras cidades de Galicia (A
Coruña, Vigo…), outros profesores impartían cursos
semellantes, sempre, como en Pontevedra, no punto de
mira da Policía. Quizais ningún deses profesores tiña a
formación filolóxica de María Victoria, quen —imponse
dicilo e subliñalo— era —naquel elenco de profesorado
patriota e gratuíto— o único docente non galego. En efec-
to, nacera, no ano 1939, en Valencia de Alcántara
(Cáceres) e recibira a súa primeira formación idiomática
en terras de Segovia, as terras onde don Antonio Machado
enriquecera o seu castelán, o castelán que aprendería,

21
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 22

nesas mesmas datas, Dionisio Ridruejo, un dos grandes


prosistas da España do século XX (María Victoria, a gran
dicidora, en castelán, viña de aí, dese humus idiomático).
María Victoria Moreno, estremeña de nación e segoviana
na súa primeira constitución idiomática, coroa a súa for-
mación no Madrid universitario de Dámaso Alonso e
Rafael Lapesa. Para min está claro que a María Victoria
que, a partir de 1965, se compromete co labor de falar e
ensinar o galego, faino trasladando ó novo idioma non só
os seus saberes filolóxicos senón a súa actitude de coida-
do e rigor, tantas veces atravesada polo fío da locución
artística.
Se nas aulas do Instituto María Victoria encantaba polo
saber, a paixón e a entrega, e colleitaba admiración e
devocións, a súa entusiasta dedicación á causa da lingua
galega desta estraña extragalega, desta desconcertante
foránea, intrigaba á Policía e aqueloutraba á xente «ben
pensante» —case toda— da vila de Pontevedra. A Policía
—do temible Ministerio da Gobernación— non tardou
moito en interferir naquela actividade profesoral de María
Victoria Moreno, un apostolado para ela, e a mediados de
1973 retíralle o pasaporte. Sen el, naquela estreita España
franquista, a un súbdito español privábano dun dos pou-
cos dereitos existentes: o de viaxar a algúns países estran-
xeiros (non a todos). O de viaxar e o de fuxir.
Que pasara, en realidade? Mentres a nosa profesora
impartiu clases de idioma galego en institucións galeguis-
tas (por exemplo, na Asociación Amigos da Cultura, de
Pontevedra), a Policía limitouse a tomar nota, mais, des-
pois de impartir un breve curso no Ateneo de Ourense, a

22
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 23

pouta represora caeu sobre ela. A Policía non ignoraba


que o Ateneo ourensán estaba dirixido, en moi boa parte,
por significados comunistas, un deles, o doutor Manuel
Peña Rey; tampouco ignoraba que a profesora, no seu
bienio lugués (1965-1967), establecera relacións con per-
soas que, xa daquela, tiñan sona de comunistas. Con pasa-
porte ou sen el, María Victoria seguiu na causa da lingua
galega. De feito, meses despois de editado Mar adiante,
publica, en edición bilingüe, Os novísimos da poesía gale-
ga, dez poetas que ela prologa con orixinalidade e entu-
siasmo e traduce con pericia de poeta e de filóloga. Esta
antoloxía, a segunda consultada da poesía galega, aco-
lleuna a colección Arealonga, que eu dirixía nunha edito-
rial madrileña (Akal Editor). O editor, Ramón Acal, tamén
tiña sona de comunista, o que, sen dúbida, non favorecía
a María Victoria, con frecuencia «en malas compañías». Os
funcionarios da Policía, sempre tan atentos, contestan
negativamente a unha solicitude de María Victoria para
recuperar o pasaporte.
Hoxe son moitos os que saben que María Victoria
nunca militou no Partido nin abrazou, intimamente, o ide-
ario comunista, aínda que sempre, desde o seu cristianis-
mo moi pouco convencional, foi moi sensible ante as
inxustizas concretas da sociedade. Tamén sabía ela que a
lingua coa que se comprometeu a fondo era, basicamen-
te, o idioma dos pobres ou dos menos favorecidos da
Terra, da Terra galega. Todo isto, nunha persoa de raíces
extragalegas, tiña que intrigar —e, ás veces, alporizar— ós
atentos funcionarios do Ministerio da Gobernación.

23
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 15:44 Página 24

Pero, cando, como e onde María Victoria se compro-


mete «coa gramática e a dramática do noso falar», expre-
sión que empreguei no meu prólogo de Mar adiante?

OS ANOS LUGUESES DE MARÍA VICTORIA


(1965-1967): «A MIÑA GALEGUIDADE E MAIS
A MIÑA MAIORÍA DE EDADE»

Moi pouco despois de publicado Mar adiante, a autora


agasallounos cun exemplar (a min e a Emilia, a miña espo-
sa) con esta dedicatoria (facsimilada na presente edición):

Pra vós, Emilia e Xesús, máis pais deste libriño ca min.


Amigos a quen debo, entre outras moitas cousas, a miña
galeguidade e mais a miña maioría de edade.
Co corazón todo
María Victoria

María Victoria Moreno chegou a Galicia, concretamen-


te a Pontevedra, co seu home José Luis Llácer, en 1963,
cando acababa de finalizar a carreira en Madrid. Desde
ese ano a 1965, entregouse de cheo á preparación das opo-
sicións para profesora adxunta numeraria de Instituto e á
preparación das clases de Latín no instituto pontevedrés.
Era o Latín unha materia que cursara brillantemente
tanto no ensino medio como na Facultade, pero non era,
realmente, unha especialista. Convén precisar que os
labores domésticos —sáibase que o seu marido era invi-
dente— furtábanlle horas ó estudo. María Victoria apro-

24
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 25

bou as oposicións de «Lengua y Literatura Españolas» con


bo número, razón pola cal escolleu a praza máis próxima
ó seu fogar familiar: a do Instituto Masculino de Lugo
(hoxe «Lucus Augusti»). Alí engaiolou a non poucos alum-
nos durante dous cursos (1965-1967), entre eles, Xesús
Rábade Paredes, que chegou á poesía da man da nova pro-
fesora e da man do poeta Miguel Hernández, unha das
devocións da entusiasta profesora.
María Victoria incorporouse co máximo interese ás
tarefas do Seminario de Lingua e Literatura Españolas,
que eu presidía desde 1960 pola miña condición de cate-
drático. Compuñan o Seminario tres profesores auxiliares
(Graciela Fernández Couso, María Rosa Puga, José López
Villar) e unha adxunta numeraria (o rango académico de
María Victoria), Emilia Pimentel Iglesias, a miña muller,
que gañara a oposición en novembro de 1962. A nova pro-
fesora non tardou en relacionarse, no noso fogar lugués,
cos nosos tres fillos, daquela pequenos: Emilio (Madrid,
1958), Xesús «Cuchus» (Palencia, 1959) e Sara (Lugo,
1960). María Victoria sempre vía nos fillos dos amigos os
seus propios fillos, que non tiña despois de varios anos de
casada. Devecía por eles e nunca os tivo ata que en 1975
adoptaron dous, Carlos e Begoña.
A Sara, a máis pequena dos nosos fillos, era a quen
María Victoria lle facía máis festas. Cando, en 1973,
publicou Mar adiante dedicoulle un exemplar con estas
palabras:

Prá miña amiga Sara, a rapaza galega a quen mellor


quero, na que pensaba cando escribín estes contiños.

25
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 26

Ti xa sabes por que non chos adico con letras de


imprenta. Pero son teus.
Con todo o agarimo
María Victoria
Lugo, 18-III-73

Sara, co seu nome, é un dos nenos que protagonizan


algunhas páxinas do libro, volume no que moitos outros
nomes —de nenos ou de adultos— son de persoas que ela
quería: os meus fillos Emilio e «Cuchu», Lola (Dolores
Paredes, a nai de Xesús Rábade), José Luis (o guitarrista,
que era o seu home)… Con Sara foi máis gasalleira: rega-
loulle o mecanoscrito dun dos contos do libro, «Crarisca»3,
con debuxos da propia María Victoria (algún dos cales non
figura no texto impreso) e con esta dedicatoria:

Pra Sara, a Ratiña, por ser a primeira rapaza galega


que chegou ó meu corazón.
María V.

O que en 1965 comezou sendo unha relación profesio-


nal no Instituto co matrimonio Alonso-Pimentel, axiña se
converteu en relación cordial entre María Victoria (co seu
home) e os cinco da nosa familia. As relacións, loxica-
mente, transmitían inquedanzas, as da familia ponteve-
dresa e as da familia luguesa: inquedanzas, ás veces, non
exentas dun certo contido sociopolítico.

3. É o conto premiado no certame do «Facho» (A Coruña) en 1972.

26
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 27

De esquerda a dereita: Xesús Alonso Montero, Cuchu, Sara, María


Victoria, José Luis e Emilio.
Fotografía tomada por Emilia Pimentel Iglesias
na praia de Lapamán (ría de Pontevedra) en agosto de 1970.

A propia María Victoria tense pronunciado sobre o


impacto dos dous anos lugueses en, polo menos, tres tra-
ballos seus. Titúlase o primeiro «¿Escritora alófona eu?»,
ponencia lida no I Congreso de poetas alófonos en lingua
galega, celebrado en Santiago no ano 1993, centenario do
escritor catalán Carles Riba (1893-1959), autor de dous
excelentes poemarios en idioma galego escritos sendo moi
novo, no ano 1911. Nesa ponencia afirmaba María Victoria,
con toda a razón, que ela había tempo que non era unha
escritora alófona: desde había bastantes anos era un caso
claro de escritora autófona. Xa en 1973 tiña un grao eleva-
do de autenticidade no dominio e no emprego do galego.

27
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 28

Non tardaría en escribilo desde dentro, xa plenamente ins-


talada no novo código lingüístico, un código asumido moi
conscientemente desde as premisas da filoloxía e da ética
cívica. Sexa ela quen fale nesa ponencia de 1993:

Pouco viaxei por Galicia entre 1963 e 1965 —traballa-


ba na casa, preparaba as oposicións, descubría a felicida-
de na práctica do ensino— e pouco puiden ver. Con todo,
o que vin foi de abondo para albiscar que a Galicia verda-
deira estaba fóra daquel mundo castelán-falante, pequeno
e entrañable da vila: intuíase nas leiteiras, co seu pano
negro á cabeza e o seu carné de conducir (¡1963!); abraia-
ba no silencio resignado das obreiras que facían a estrada
de acceso ó monte de Santa Trega; latexaba no cheiro a
peixe fresco ou na lama dos zapatos que traían as alum-
nas do antigo Instituto Feminino […]
E foi en Lugo onde Galicia se revelou ante os meus
ollos, enteira, no seu ser, na súa cultura, no seu feitizo, na
súa problemática e na súa lingua. Esta revelación foi posi-
ble gracias a Xesús Alonso Montero, que explicaba bri-
llantemente a Literatura española e sabía achegarse ós
alumnos na lingua que eles entendían; foi tamén posible
gracias ós meus alumnos, que escoitaban benevolamente
as miñas explicacións de sintaxe española e dábanme a
corrixir fermosos poemas nos que falaban na lingua deles
das súas inquedanzas e das súas arelas.
Lugo é unha páxina indeleble da miña vida. Galicia
aniñou no meu corazón naqueles dous cursos que traba-
llei en Lugo. Xa de volta en Pontevedra, a pesar da miña

28
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 29

sincera conversión á galeguidade, escribín unha novela e


unha colección de relatos para adultos en castelán4.

En 1994, nun estudo seu sobre un discurso meu, des-


pois de abordar temas expostos na ponencia do ano ante-
rior, engade:

Procedían todos eles [os alumnos libres] do medio


rural [lugués] e, preparados por mestres ou polos curas
das aldeas, chegaban ó Instituto a examinarse co respec-
to, co asombro e co medo acochados baixo o que Alonso
Montero denominou sempre «o traxe de comer ben». Mais
cómpre reparar en que os examinandos do Instituto
Masculino eran rapaces labregos… […]
Chegada a hora do exame, cumpríase un ritual preci-
so e idéntico para tódalas asignaturas: o catedrático,
acompañado por tódolos membros do seminario, subía
uns chanzos da maxestosa escalinata, dicía dúas palabras
de salutación e daba as instruccións precisas para que os
examinandos ocupasen ordenadamente as aulas que lles
foran asignadas. Isto era sempre así, tamén na Lengua y
Literatura Española, da cal era responsable Xesús Alonso
Montero. A única diferencia —sutil e transcendente dife-
rencia— era que el pronunciaba as palabras do ritual en
galego. Ecoaba o seu verbo, sinxelo e, ó mesmo tempo,
ateigado de seguranzas familiares, entre as paredes
inhóspitas do vestíbulo, a multitude tensa respiraba

4. Poetas alófonos en lingua galega. Actas do I Congreso, Galaxia, 1994,


pp. 131-132.

29
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 30

fondo, distendíase, sorría levemente… daba conta dos seus


coñecementos da Gramática ou da Literatura no mellor
castelán ó seu alcance e aprobaba a asignatura en porcen-
taxes sensiblemente superiores ós das outras materias.
É dicir, o que Xesús Alonso Montero facía non era regalar-
lles os aprobados ós nenos que lle traían á acordanza o
Suso de Ventosela: o que facía era poboar as inhóspitas
aulas coa música das peculiares figueiriñas de cada exami-
nando, e así creaba un clima de sosego espiritual, de segu-
ridade, que permitía obter os mellores froitos das colleitas
sementadas polos mestres ou polos curas das aldeas5.

DA XÉNESE DE MAR ADIANTE

Na ponencia citada, «¿Escritora alófona eu?», fainos


esta revelación:

Chegoume o anxo revelador en forma de José Luis


Adrio Poza, periodista pontevedrés que se presentou unha
tarde na miña casa para facerme unha entrevista co gallo
do premio de Guimarães. O entrevistador non omitiu a
pregunta obrigada nestes casos: «¿Que estás escribindo
agora?» e a entrevistada, que nunca está escribindo nada
porque, se se pon cunha cousa xa a remata de contado,
mentiulle: «Un libriño para nenos en galego». Coido que

5. «Discurso pronunciado por XAM no acto no que recibiu o Pedrón de


Ouro», Comentarios de textos populares e de masas (ed. de C. Rodríguez
Fer), Xerais, 1994, pp. 131-132.

30
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 31

mentín porque era moi nova e quería parecer unha escri-


tora de verdade… O caso é que me quedou moi mala con-
ciencia, que non deixei de darlle voltas a aquel erro e que
me sentín no compromiso de escribi-lo libro anunciado.
O remate deste embrollo vai resultar difícil de crer, pero
xuro que agora non minto: unha noite soñei o Mar adian-
te enteiro, desde o comezo ata a fin, escribino nunhas
vacacións de Nadal, con tódalas palabras que eu sabía
daquela, e xa asinei para sempre o meu compromiso coa
lingua e cos nenos de Galicia: só escribo en galego, só
escribo para nenos6.

Ofrezo, como complemento desta revelación da nosa


escritora, unhas palabras autobiográficas de Xesús
Rábade Paredes, experiencia vivida polo escritor no verán
de 1972, datas nas que María Victoria e José Luis, o seu
home, pasaron uns días, co gallo das festas patronais, en
Seixas da Terra Chá, berce do ilustre escritor:

Cando, en 1972, María Victoria Moreno visitou a Terra


Chá luguesa durante varios días, tivemos ocasión de
intercambiar ideas sobre un par de aventuras: ela trataba
de recrutar pasaxeiros para a escola mariña do «Arroás»,
no que nos embarcou a parte da familia; eu preparaba os
bártulos destino á emigración e soñaba a viaxe a través
dunha Terra prometida7 na que o protagonista se confir-

6. Op. cit. na n. 4, p. 110.


7. Que eu publiquei en 1974 na colección Arealonguiña de Akal Editor
(Madrid).

31
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 32

ma no amor e na experiencia. Fun, pois, logo, en certo


modo, testemuña do nacemento temperá de Mar adiante.
Historias de nenos para nenos, relato que en 1973 apadri-
ña o profesor Xesús Alonso Montero8.

MÁIS SOBRE MAR ADIANTE

Debrucémonos sobre dúas reseñas do libro publicadas


nos primeiros meses, as dúas de 1973. Son significativas
por asomárense ás peculiaridades daquel volume, o inau-
gural dunha escritora extragalega.
Publicouse a primeira, co título «Literatura infantil
en gallego», no xornal La Región (Ourense), o 22 de
abril. É unha reseña moi breve da que reproducimos as
primeiras liñas:

¿Estamos ante un boom? Puede ser que empezándolo.


Lo cierto es que cada día son más los escritores que sien-
ten la tentación de escribir para los niños. Aunque tengo
la ligera sospecha de que esta literatura es más leída por
los mayores que por los niños. María Victoria Moreno es
una novísima escritora no gallega que acaba de publicar
un cuento en gallego, Historias de nenos para nenos.

Trátase dunha nota anónima acollida na sección «Yo


me enteré y se lo cuento a usted», habitualmente asinada

8. Aproximación á obra creativa de Mª Victoria Moreno, inédito no


momento en que escribo (xaneiro de 2018). No prelo en Xerais.

32
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 33

por Maribel Outeiriño, daquela moi vencellada a Carlos


Casares, o autor, precisamente, dun relato pioneiro no
xénero, A galiña azul (1968).
Non nos sorprende que a reseñista repare na condición
non galega da autora de Mar adiante; o que verdadeira-
mente nos interesa desta breve nota é a observación de
que aquel tipo de literatura era máis lido polos maiores
que polos pequenos. Sabido é que, arredor de 1973, non
eran moitos os adultos que lían, por gusto ou por militan-
cia, en galego, o que nos leva a pensar que, entre os nenos
de oito ou nove anos, por moito que os pais e os avós os
persuadisen e axudasen, os lectores, como sospeitaba
Maribel Outeiriño, eran menos, moitos menos. Non o
ignoraban as editoriais galegas, que estaban, moi cons-
cientemente, nesa batalla.
A segunda reseña é, polo que sei, a única que se publi-
cou nunha revista cultural (Grial, nº 41, 1973). O autor,
Xavier Costa Clavell, pon o acento na condición de extra-
galega da nosa escritora, e faino nestes termos:

O primeiro que chama a atención do leitor deste beli-


do libro de contos é o saber que a súa autora non soio non
é nada na nosa terra, senón que «naceu e criouse en terras
de Castela. Leva no noso país —primeiro en Lugo, logo en
Pontevedra— oito anos», dinos Alonso Montero na pre-
sentación do volume. Este feito, estas circunstancias, des-
pertan en nós a curiosidade e tamén unha desconfianza á
hora de mergullarnos na leitura de Mar adiante.
Nembargantes, namentras a curiosidade vaise facendo
máis forte a medida que se avanza na leitura, a descon-

33
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 34

fianza recúa, xa que María Victoria sorpréndenos cun


galego moi axeitado —a escritora conta cun ricaz léxico e
manexa con soltura os resortes expresivos.

Corenta e cinco anos despois, Xesús Rábade Paredes,


que viu nacer Mar adiante e é un dos seus personaxes
(Suso), ofrécenos este achegamento:

Mar adiante é un dos textos máis actuais e visitados,


tamén pola crítica, que sitúa entre a realidade e a fantasía
esta viaxe ou escola de liberdade natural e filantrópica na
que a mestra-guía que goberna a narración, claro trasun-
to biográfico da autora, pon escola no «Arroás», barco habi-
litado polo vello mariñeiro Miguel de Portosouril, referen-
cia toponímica na que incide con frecuencia a escritora.
Sobre a historia principal encáixanse as demais historias
secundarias, con propia autonomía, que sete nenas e catro
nenos contan os uns aos outros. Historias formativas con
resonancias clásicas de fábula ou exemplo. María Victoria
explica así a metáfora desta expedición: «O Arroás foi cer-
tamente unha escola diferente porque os rapaces apren-
deron falando co capitán, xogando cos mariñeiros, ollando
para as estrelas ou mesmo facendo trasnadas cando os
maiores non os viamos». Trátase dun panecoloxismo que
incide en valores éticos como o amor, o respecto, a solida-
riedade e a harmonía cos seres do universo, rectificando
certos tabús herdados do conto popular, tal o do lobo, que
aquí se volve amigo e defensor de Mariquiña9.

9. Op. cit. na n. 8.

34
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 35

Eu agradézolle a Xesús Rábade que cite, salientándoo,


o conto do lobo, cun final que cuestiona o desenlace das
vellas narracións populares: a nena protagonista, que
aquí se chama Mariquiña, vive unha curiosa relación co
lobo, para ela un can cariñoso, tan cariñoso que, xa pró-
ximos ó desenlace, cando sabe que é, certamente, un
lobo, recibirá o nome de Garimoso, o que asumen as xen-
tes da comarca ó coñeceren o seu comportamento con
Mariquiña. O conto, como afirma Xesús Rábade, é unha
historia «con propia autonomía», característica tamén
presente no que podemos titular «Crarisca», fermosa his-
toria dun vagalume (o premiado, en 1972, no concurso do
«Facho»). No preámbulo desta historia, un dos persona-
xes do libro, Xosé Luis,

espricáballes [ós nenos] que as cousas cativas —os cartos,


os leiros e mesmo os barcos— son propiedade das per-
soas e que as persoas, aínda que teñan moitos cartos, moi-
tos leiros ou moitos barcos, non deixan de ser pobres no
seu corazón. Espricáballes tamén que as cousas máis fer-
mosas —as estrelas, a cheirume da terra, o rechouchío
dos paxaros— son ceibes, non son de ninguén e, por esto,
son a ledicia e maila riqueza de todos.

Nesta alocución de Xosé Luis resúmese o humanismo


ideolóxico de María Victoria, expresado, despois de 1973,
en moitos outros textos, fale ela ou falen personaxes que,
sen dúbida, representan o seu pensamento e, tamén, os
seus sentimentos, os dun corazón moi sensible e macha-
dianamente bo. Nesa alocución de Xosé Luis está, de

35
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 36

corpo enteiro, a escritora María Victoria Moreno Márquez:


o seu didactismo, a súa dimensión educativa, dimensión
que, en ningún dos capítulos de Mar adiante compromete
a súa condición literaria, poética en tantas ocasións.
Así foi sempre, en maior ou menor medida, a narra-
dora María Victoria Moreno. Supoño que faleceu (o 22 de
novembro de 2005) pensando que a mellor literatura súa
sempre estivera no ronsel preconizado, moitos séculos
antes, por Horacio nos versos 343 e 344 da súa Epistola
ad Pisones:

Omne tulit punctum qui miscuit utile dulci,


lectorem delectando pariterque monendo.
(Todos os votos leva quen mestura o útil co doce,
deleitando ó lector e, asemade, facéndoo pensar.)

María Victoria facía, no ronsel de Horacio, esta decla-


ración, en 1999, nunha entrevista de X. A. Neira Cruz:

Non hai moralina nos meus libros. Ningunha. Cando


escribo para xente maior, conto as cousas tal como son.
Pero tamén penso que hai determinados valores que cóm-
pre ensalzar a través da literatura. A defensa da verdade,
do perdón, da bondade. Os bos non son iguais ca os malos.
Quen ten unha pluma na man, quen ten ó seu cargo unha
chea de rapaces e rapazas ten a obriga de espallar valores
e potencialos.

María Victoria Moreno, de vocación profesora, sempre


se sentiu educadora: na aula e na ágora.

36
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 37

INTENSA INTERMITENCIA.
UNHA CONVERSA PENDENTE

POR
SARA ALONSO PIMENTEL
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 38
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 39

Vigo, febreiro de 2018

Queridísima María Victoria:

Esta carta tiña que ser unha ou moitas conversas, pero… Ou tería
que escribirche privadamente, pero non sei ben o teu enderezo.
Acórdaste cando lles pediches a mamá e papá (primeiro ela, que
sempre son as que deciden) levarme contigo uns días para a túa
casa rosa de Pontevedra nas vacacións do verán? Mercáchesme
unha maleta vermella e nela levei o que necesitaba: unha pouca
roupa —os vestidiños, tan curtos!, que mamá calcetaba, de la no
inverno, de perlé no verán, de todas as cores, formas e puntos ima-
xinables—. Porque todo o demais corría da túa conta: os bicos, o
agarimo, os coidados, os regalos, os aloumiños (se cadra excesivos,
pero non eras a nai, podíalo facer, que caramba!). Era 1968.
Ti marcharas o ano anterior de Lugo, onde nos coñeceras a
todos nós e a algúns fixéchesnos tripulantes, navegando MAR
ADIANTE, do «Arroás» —Arroás, título inicial do libro, a xulgar
pola copia que teño por aquí escrita á máquina e dedicada a nós os
tres—. Os berros agudos cos que eu acompañaba a miña sempre
medoñenta entrada nas augas da praia de Lapamán, pisando ben
forte ás veces ao pobre de José Luis, o teu «xefe», que termaba
de min, fixéronme acredora do alcume de «Rata», supoño. O irmán
maior, Emilio, era, por suposto, «o mangallán». O que xa non sei, e
non cho podo preguntar neste momento, é por que puxeches na
miña boca ese conto tan fermoso sobre Garimoso, o can-lobo.
Realmente, tocáballe contar un conto a Cuchu «meicadas», pero
non se lembraba. Vaia, oh! Habías ver a memoria que ten: nada lle
esquece, nin axenda usa para os números de teléfono, lévache todi-

39
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 40

ño na cabeza: nomes, música, lugares, datas... Máis ben tiña que ser
Cuchu «o memorioso»!
O caso é que ti querías darme a min o protagonismo.
Cando chegaches a Lugo e á miña vida —perdón polo individua-
lismo— trouxéchesme tamén unha data. Eu non celebraba o santo
por non saber cando era; daquela non tiña eu nin unha soa amiga nin
compañeira —aínda que hoxe poida parecer incrible— que se cha-
mase coma min. O nome de Sara, breve e eufónico ao parecer, eu
detestábao. Pero chegaches ti e fixéchelo menos odioso porque
polo menos tiña festa. Comecei a celebralo grazas a que tamén era
o de túa nai, Sara, Sara Márquez, a mestra vocacional e inspirado-
ra que nos emociona en Alcores de Donalvar ou Onde o aire non era
brisa. Grazas a ti, a vós, souben cando celebrar o santo e tívenlle
menos xenreira ao meu nome. Aínda que me durou ben!
Cantos regalos me fixeches! Por certo, que a maleta (o pecho
ben de todo non está pero do resto, impecable. Non che había
obsolescencia programada hai cincuenta anos!) tenme servido para
gardar moitas cousas: prendas de verán no inverno, e de inverno no
verán; algunha manta, toallas… Agora, ultimamente, está mellor
habitada: teño nela gardadiños moitos contos de hai ben anos, de
cando os meus tres fillos eran nenos. Tirar non os vou tirar! Así
que de cando en cando saco dela algún regalo: para fillos das ami-
gas e mesmo xa para netiños!
Vímonos algunha vez máis, como proba algunha foto (na praia de
Lapamán, comendo todos, nós e vós, no verán de 1970, diante da
Librería Xuntanza no do 1975…) e a palabra de meus pais, pero non
teño eu nin constancia nin recordos.
Houberon pasar case vinte anos: era o curso 1987-1988 e eu,
polas voltas da vida, fun dar ao Instituto de Vilalonga como profe-
sora agregada de Lingua e Literatura Españolas en prácticas,

40
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 41

recentemente aprobada a oposición (como ti chegaras a Lugo,


daste conta?). Alí fuches a miña xefa, inigualable, servicial, dema-
siado gabanciosa e agasalleira, da que aprendín moitas cousas;
algunhas sigo explicándoas hoxe como de ti as escoitei e as lin.
O que nunca puiden é chegar a conseguir o teu grao de proximida-
de co alumnado e de paixón manifesta para transmitir o amor polas
letras. Hai cousas que non se aprenden!
Ás túas ordes redactei as actas do seminario —hoxe «depar-
tamento»— por ser a máis nova e con elas (só do primeiro trimes-
tre, recoñézoo) gardo tamén nunha carpetiña a programación
daquel curso, da que ti eras responsable; con fotocopias de exa-
mes reais, insistías na necesidade de potenciar un uso correcto da
lingua castelá nun territorio de flagrantes interferencias, sinala-
das e comentadas por ti neses exames. Moito despois lin os teus
versos e agora léolles de Elexías de luz para que os rapaces lle
collan xenreira ao infinitivo «radiofónico» e non abusen do xerun-
dio. Temos teimas comúns!
Como cando cheguei a Vilalonga eu viña de exercer durante
algo máis de tres anos como tradutora-correctora no Diario
Oficial de Galicia en Santiago, consideráchesme persoa adecua-
da para aplicarlle a normativa lingüística vixente para o galego ao
teu Mar adiante. Había pouco que se aprobara a Lei de normali-
zación lingüística. Xúroche que, aceptada a honrosa encomenda,
comecei a marcar a lapis e cheguei a mecanografar varios capí-
tulos pero logo…
Do que seguro que non te acordas é de que aquel ano, 1988, foi
o ano que casei. Eu nunca poderei esquecer o día que coñeciches a
Pachi: á porta do Instituto de Vilalonga, a onde veu para que vos
coñecésedes, dixéchesme polo baixo: «… Pero… ¡¿tan maior?!». Ai!
As aparencias enganan! Total, levámonos dous anos, algo perfecta-

41
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 42

mente normal. De todas as maneiras, en canto viches como miraba


para min e cando che expliquei que como biólogo facía estudos de
«alelopatía», quedaches engaiolada coa palabra e xa non lle puxe-
ches chata ningunha. O que é o poder da palabra! A ti non cho teño
que dicir, non si?
Á voda non viñeches e… que queres que che diga!? Cando apa-
reciches na casa da mamá uns días antes para xustificar a que ía
ser a túa ausencia, non cho puiden discutir: o xefe, a familia, a
cadela… Pero regalo… por suposto que si!; a túa pregunta foi:
«Cristal ou liño?»; e foi un fermosísimo mantel que, cando o uso
—e cando non, tamén—, me fai acordar tanto de ti!! E que ben me
vén para a mesa grande que temos agora na casa, o «vello» Pachi e
mais eu (hai pouco fixemos trinta anos de casados).
A vida non se detén. Viñeran os fillos, ti xa tiñas a Begoña. Eu
comín con vós as dúas un día alí en Vilalonga naquel apartamento
(como o refuxio de paz e felicidade de Pipé e Vanessa en Guedellas
de seda e liño), entre outras cousas suculentas, unha ensalada
sazonada cun condimento a base de queixo que viña nun bote de
tapa verde que nunca deixo de buscar cando entro nun supermer-
cado e me achego ao moble das especias. Igual dou con el algún día!
Alí en Vilalonga acabaches o libriño que máis sona e categoría
che deu, non é certo? O de Anagnórise, inspirado en quen sabe cal
de tantos rapaces coñecidos ata entón nas aulas (ou en moitos
deles) e en ti, sempre independente conducindo o teu coche, igua-
liño a aquel no que me fixeras fotos o verán do 68.
Vidas paralelas a túa e a miña, que nunca máis se cruzaron,
pouco nos vimos despois (ou nada —pero hai persoas coas que non
cómpre falar para saber que están aí—). A min tamén me gustou
sempre ter a casiña apañada, como ti dis no Diario da luz e a som-

42
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 43

bra: os nenos ben atendidos, a roupa limpa e colocada, madrugar,


comida feita, logo ir dar clase… Unha vida dedicada aos demais.
Entre tantos atafegos, que logo eu tamén coñecín, fuches
capaz de deixarnos libros roubados ao sono con palabras de con-
forto, de lecer, de agarimo, de aprendizaxe… que, lidos como
requiren, nos axudan a ser mellores persoas, a aceptar as cousas
da vida, a querer a quen o merece e tamén a amar a lingua.
Os rapaces —e non tan rapaces— que andan por onda ti, e que
seguro que non foron de grao para aí, hano estar pasando ben
escoitando as túas historias, oíndo a túa «fala melosiña», a túa voz
doce, que acariña e trae repouso.
Nun momentiño que teñas libre, mira que bonito fixeron para ti
os do Consello da Cultura Galega este libriño. Para ti… máis ben
para todos nós. Reproducen a primeira edición de Mar adiante e
mais o capituliño co que gañaras un premio do concurso de «O
Facho» na versión que me regalaches (tamén!) cos teus fermosos
debuxos. Sabes que o fan porque este ano, 2018, outra vez ano con
oito —que terá o oito?— en toooda Galicia falan de ti, len os teus
contos, os teus libros… Es a homenaxeada do Día das Letras
Galegas. Alégrome, María Victoria.
Vacilei moito en «desprenderme» do conto. Gárdoo como un
tesouro. Ben poucas persoas sabían da súa existencia. Custoume
arrincalo da miña intimidade, era MEU. Pero, xa sei, María
Victoria, que o que temos e o que sabemos (por pouco que sexa) é
para compartilo cos demais, se non de nada vale, como lle di Antón
(triple A) a Leonardo, dándolle a razón á profe Rosa. Por iso á fin
me decidín.
Ti seguro que segues igual, dando todo, contando todo, pres-
tando, regalando… Só me queda darche as grazas por todo o que
me deches: moitas grazas polo teu agarimo sen límite, pola maleta

43
ESTUDO 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 12:53 Página 44

vermella, os pendentes de turquesas, polos almorzos na cama, polas


túas ensinanzas, por darme un día de santo, polo gran mantel de
liño, polos poemas de verbos, polas tardes de paseo, polas fotos
que fixeches, polas palabras fermosas, pola voz tan calorosa…
Grazas por escollerme, por quererme e por deixarme quererte.
Afastácheste un pouco pero segues aquí, porque aquí estamos
aínda moitos dos que te queremos e porque aquí está o Luceiro da
Alba, está Leonardo, está Alma, está Xulia, está Rato Pincho,
está…
María Victoria, un bico moi moi forte e ata a próxima. Quérote.

Sara

P.D. En decembro vin a túa neta Victoria. Podes estar ben con-
tenta e orgullosa do xeitosa e garimeira que é: dá gusto vela mirar
para a súa nai, a túa Begoña, comela cos ollos e cada pouco ache-
garlle a cara para darlle un fondo e sentido bico. Isto do amor
apréndese vivíndoo! Digna herdeira da súa avoa.

44
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:51 Página 45

FACSÍMILE
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:51 Página 46
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:51 Página 47
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:51 Página 48
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:51 Página 49
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:51 Página 50
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:51 Página 51
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:51 Página 52
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 53
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 54
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 55
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 56
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 57
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 58
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 59
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 60
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 61
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 62
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 63
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 64
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 65
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 66
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 67
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 68
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 69
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 70
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 71
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 72
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 73
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 74
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 75
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 76
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 77
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 78
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 79
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 80
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 81
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 82
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 83
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 84
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:52 Página 85
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 86
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 87
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 88
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 89
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 90
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 91
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 92
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 93
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 94
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 95
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 96
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 97
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 98
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 99
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 100
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 101
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 102
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 103
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 104
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 105
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 106
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 107
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 108
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 109
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 110
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 111

SUMARIO

5
LIMIAR
POR RAMÓN VILLARES

15
ESTUDOS
MAR ADIANTE , DE MARÍA VICTORIA
MORENO , NA VIDA DA AUTORA ,
NA MIÑA E NA DOS MEUS
POR XESÚS ALONSO MONTERO

INTENSA INTERMITENCIA .
UNHA CONVERSA PENDENTE
POR SARA ALONSO PIMENTEL

45
FACSÍMILE
MAR ADIANTE
HISTORIAS DE NENOS PRA NENOS
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 112
FACSIMILE 2018_ESTUDO.qxd 12/04/18 11:53 Página 113

ESTE LIBRO SAÍU DO PRELO O 1 DE MAIO DE 2018,

DATA EN QUE MARÍA VICTORIA MORENO

CUMPRIRÍA 79 ANOS
Capa Libro 2018_269_Capa estudo.qxd 02/04/18 20:43 Página 1

MAR ADIANTE
HISTORIAS DE NENOS PRA NENOS

MARÍA VICTORIA MORENO

HOMENAXE

DO

CONSELLO

DA CULTURA GALEGA

MMXVIII
CRARISCA_portada+contra_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:45 Página 1
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:55 Página 1
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:55 Página 3
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:55 Página 5
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:55 Página 7
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:55 Página 9
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:55 Página 11
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:55 Página 13
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:55 Página 15
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:56 Página 17
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:56 Página 19
CRARISCA_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:56 Página 21
CRARISCA_portada+contra_ESTUDO.qxd 11/04/18 11:45 Página 1

También podría gustarte