Está en la página 1de 3

Actividades realizadas durante o

2º trimestre

Igual que no trimestre pasado, pasamos a informar sobre as

diferentes actividades levadas a cabo no naso centro. A continuación

facemos un pequeno resumo de cada unha delas.

“Celebración do día da paz”


Como cada ano, co gallo da celebración da Xornada pola Paz, o noso

centro levaronse a cabo un conxunto de actividades tanto a nivel aula como

conxuntas de todo o centro, rematando cunha actividade festiva que nesta

ocasión realizouse na tarde do mércores 31 de xaneiro de 2018.

Nas aulas, ademáis de falar sobre esta temática, cada neno/a escribiu un
desexo de paz nun lazo que se ataron nunha corda. Na tarde do 31 de
xaneiro baixamos ao patio e cada curso levou a súa corda que foron
penduradas nun recuncho do patio, coa finalidade de que toda a Comunidade
Educativa poidese ler os diferentes manifestos. Como actividade final
cantamos a canción “Apertas que voan” de Paco Nogueiras, previamente
traballada nas aulas.

“O Entroido no Condesa”
Como case sempre, unha das actividades conxuntas máis agardadas é a
celebración do Entroido. Nesta ocasión os disfraces foron elaborados en
consonancia co tema traballado nos diferentes Proxectos realizados no noso
centro, baixo o lema “Personaxes de ficción”
A celebración do Entroido pasou por varias fases:
1. XOVES DE COMPADRES E COMADRES: (1 /8 de
febreiro respectivamente). Tal como indica a tradición, para esta
xornada, as nenas das diferentes aulas elaboraron un boneco
(“Compadre” e “Comadre”: un por clase e co nome do curso). Escondérono
por fora do colexio 5 minutos antes de saír ó recreo. Os nenos e nenas
da súa aula no recreo tiveron que atopalo e o pasearon por todo o patio.
Sómente puideron coller o boneco que correspondía á súa clase. Se
atoparon agochado outro que non fora o da súa clase, debérono deixar
quedar no seu sitio.

2. ORDES DO MECO : (5-9 de febreiro): Durante unha semana,


todo o alumnado e máis o profesorado e persoal do centro, debeu seguir as
indicacións diarias dun “Meco” ubicado nunha das entradas do centro. O día
anterior pola tarde, o Meco ía indicando sobre a indumentaria que deberían
levar para o día seguinte. Todos debemos cumprir as súas ordes. Para cada
día houbo unha orde distinta. As ordes do meco acordadas para este curso
foron as seguintes:

• “Xornada da maquillaxe e algo na cabeza”.

• “Vestidos/as da mesma cor”.

• “Xornada do pixama”.

• “Disfrace libre”.

• “Festa do entroido”.

2. ACTO FESTIVO: (9 de febreiro): pola tarde do día 9 de febreiro,

rematamos as celebracións do entroido, co tradicional desfile entroido

(cada comparsa levaba a súa coreografía) no patio do colexio. Actividade

aberta á asistencia das familias e coa participación activa da ANPA, que

para esta ocasión participou preparando unha “CHOCOLATADA” para todos

os asistentes, respectando as diferentes intoleranzas alimentarias


presentes no noso alumnado, familias e profesorado.

“O DÍA DE ROSALIA DE CASTRO”

Coincidindo coa celebración do aniversario do nacemento de Rosalia de

Castro nas aulas leronse poemas dela e realizáronse diferentes muráis

sobre a súa vida e obra. Aquí presentamos algún exemplos.

“DÍA DA MULLER”
O día 8 de Marzo para conmemorar o “ Día da Muller” fixemos una

exposición na entrada do colexio con mensaxes de recoñecemento e agarimo

as mulleres máis importantes para cada un e unha d@s nos@s alumn@s.

Ademáis expuxéronse biografías dalgunhas das mulleres galegas máis

relevantes.

Ademáis das actividades reseñadas anteriormente adxuntamos un vídeo

dun alumno de 2º de E. Primaria, froito da presentación de traballos de

investigación que realizan voluntariamente e que cada mañá exponen para

@s compañeiros/as. Cada día fai a súa presentación un neno/a.

O resumo destas actividades van acompañamos dunha selección de imaxes e

vídeos ampliando a información. Voltaremos de seguido con novas

actividades no 3º trimestre.