Está en la página 1de 3

Este ano, o noso ENTROIDO

ten acento feminino

e loce nos seus disfraces

aires reivindicativos.

Foi CUARTO pescar ben lonxe,

sucando as ondas do mar.

Trae luras, trae sargos.

Ao temón, as capitás!

Nas cociñas de TERCEIRO,

que bulicio! Canta cor!

As tarteiras botan fume.

Que recendo! Que sabor!

Ven PRIMEIRO xa co SERGAS

mirar que todo vai ben.

-Saúde dos comensais?

-Están sans ao cen por cen!


Médicas mais enfermeiros,

mariñeiros, capitás,

músicos, pinches e “chefs”

dan boa conta do xantar.

Doces filloas recheas,

ricas flores mais orellas.

Canto bo sabor na boca!

Canta barriga ben leda!

SEGUNDO chega contento


cos xoguetes da igualdade.

Bonecas, coches, balóns

non marcan a identidade.

Acompaña a QUINTO a orquestra.

Elas, batuta na man;

eles, seguindo o seu ritmo,

sen perder nunca o compás.

Vai a alegría “in crescendo”:

incorpórase a CHARANGA

e, coa ECOPERCUSIÓN,

xa temos festa rachada!

Presidentas, directoras…

ben de aquí, ben de acolá,

desfilan da man de SEXTO


polas rúas principais. Pola túa maldita culpa,
Pola túa culpa, Entroido,
as mulleres cobran menos, Entroido torpón, malvado,
Xa vai dar comezo o XUÍZO escoitamos ,cada día,
por moito que se esforcen ,
por cada falcatruada moitas novas de maltrato.
e o traballo sexa o mesmo.
dese MECO que ás mulleres

non deixou de ”ningunealas”.

É declarado culpable

por “atropelos” sen fin

e agradece á chuvia fina

esquivar morte infeliz.


Deixo a todas as
TESTAMENTO mulleres,

Dálle voltas ao miolo DE DON agarimo e amenceres

e deixa no seu LEGADO,


ENTROIDO e, ao Marcos da Portela,

risos de nenos e nenas.


para todas, para todos,

ben fermosos agasallos.

Mais chegaralle o momento

de pagar polos seus males!

Chamuscadiño no lume,

morrerá sen dignidade.

E, no MARCOS DA PORTELA,

este ENTROIDO xa remata,

entre disfraces e risos,

entre música e palabras. Traslí

También podría gustarte