Está en la página 1de 8

Unidade 1: Introdución ás

redes de comunicacións

PDF xerado utilizando as ferramentas de código aberto mwlib. Olle a páxina http://code.pediapress.com/ para obter máis información.
PDF generated at: Tue, 02 Feb 2010 15:56:05 CET
Contidos
Artigos
Introdución ás redes de ordenadores 1
Historia das comunicacións 2
Transmisión e comunicación 3
Elementos dun sistema de comunicación 4
O circuito de datos 5
Clases de liñas de comunicación 6
Clases de redes segundo o seu tamaño 6

Referencias
Fonte dos artigos e contribuíntes 8
Fontes das imaxes, licenzas e contribuíntes 9
Introdución ás redes de ordenadores 1

Introdución ás redes de ordenadores


A idea das redes existe dende fai tempo, tomando diversos significados. Se consultamos o termo rede nun dicionario,
poderiamos atopar as seguintes definicións:
• Malla, arte de pesca
• Sistema de liñas, camiños ou canles entrelazados
• Calquera sistema interconectado; por exemplo, unha rede de difusión de televisión
• Un sistema no que se conectan entre si varios equipos independentes para compartir datos e recursos, como
discos duros e impresoras
Nestas definicións, podemos atopar unha característica común dos distintos significados: a conexión entre
elementos. Unha serie de elementos forman unha rede cando se conectan entre si para a realización dun determinado
obxectivo, mentres que se os mesmos elementos se atopan de forma independente nunca falaremos dunha rede. A
rede está formada tanto polos elementos conectados como polos mecanismos que sexan necesarios para a conexión
dos mesmos.
Se nos fixamos máis concretamente na última das definicións, que se ocupa concretamente das redes de ordenadores
[1]
, podemos ver que as redes de ordenadores teñen un obxectivo claro: compartir. O propósito das redes de equipos
é compartir, xa que é a capacidade de compartir información e recursos de forma eficiente o que lles da ás redes de
ordenadores a súa potencia e atractivo.
Antes da aparición das redes, os usuarios necesitaban imprimir os
seus documentos ou copiar os ficheiros de documentos nun disco
para que outras persoas poderan editalos ou utilizalos. Se outras
persoas realizaban modificacións no documento, non existía un
método fácil para combinar os cambios. A este sistema se lle
chama “traballo nun contorno independente”.

Podemos pensar nas redes como se se tratasen dun equipo de Contorno independente
persoas. Pode ser un equipo deportivo, como un equipo de fútbol,
ou un equipo de proxecto. Mediante o esforzo conxunto de todos
os implicados (compartindo tempo, talento e recursos) alcánzase
unha meta ou remátase un proxecto. De forma similar, xestionar
unha rede de equipos non é moi distinto de dirixir un equipo de
persoas. A comunicación e compartimento pode ser fácil ou
complexa, pero será máis eficiente canto mellor definidas estean Unha rede simple
as normas e esquemas, así como as ferramentas que se deben
utilizar para as mesmas.
Así, as redes aumentan a eficiencia e reducen os custos. As redes de ordenadores alcanzan estes obxectivos das
seguintes formas principais:
• Compartindo información (ou datos).
• Compartindo hardware e software.
• Centralizando a administración e o soporte.
• Provendo unha maior confiabilidade, ó dispor de máis dunha fonte para os recursos.
• Permitindo unha mellor escalabilidade dos recursos.
Por todos estes motivos, na actualidade podemos destacar un enorme auxe das redes de ordenadores en case todos os
campos da industria e a sociedade e un aumento das necesidades de comunicación, ata o punto de que xa
practicamente non ten sentido ter un ordenador illado.
Introdución ás redes de ordenadores 2

Referencias
[1] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Red_inform%C3%A1tica

Historia das comunicacións


Imos facer un pequeno repaso dos acontecementos máis importantes que marcaron a historia moderna das
comunicacións:
• Ano 1834 S. Morse [1] inventa o telégrafo: A rede telegráfica é a primeira gran rede de transporte de datos,
permitindo transmitir caracteres a lugares distantes. O telégrafo baséase no Código Morse [2] ( . e _ ), que se
representa por pulsos eléctricos de distinta duración. O envío e recoñecemento dos mensaxes no telégrafo faise
sempre de forma manual.
• Ano 1874 Emil Baudot [3] constrúe o código Baudot [4] de lonxitude fixa: O número de elementos (bits) no
sinal é o mesmo para cada carácter. A lonxitude e a duración é a mesma para cada elemento.
• Ano 1876-1877 invento e instalación da primeira liña de teléfono: A invención do teléfono por Alexander G.
Bell [5] no 1876 non só supuxo un enorme paso na comunicación de voz, xa que a rede de telefonía constituíu a
estrutura e base física de moitas das transmisións de datos actuais.
• Dende 1928 ata 1970 usáronse teleimpresoras: As teleimpresoras [6] son unha evolución do telégrafo, que
conectados á rede télex actúan como unha máquina de escribir que emiten ou reciben información a través da rede
telegráfica. Baseados no código de Baudot transmitían a 45/75 baudios (símbolos por segundo).
• Ó final da Segunda guerra mundial comezou o desenvolvemento do ordenador [7]: Orientados a procesos por
lotes, non precisaban intercomunicarse.
• Anos 50 – 60 desenvolvemento da informática financeira: Un gran ordenador ao cal se conectaban terminais
[8]
moi rudimentarios, chamados “tontos”.
• Ano 1960 comézase a construír ARPANET [9]: Esta rede norteamericana é construída con fins militares para
asegurar as comunicacións en casos críticos. Supón a construción do estándar TCP/IP, así como a base da
arquicoñecida rede Internet [10].
• Ano 1974 aparecen as primeiras arquitecturas de IBM e DEC ( SNA -System Networks Archiquecture [11],
DNA – Digital Network Arquitecture [12]): Xurdiron para estandarizar as interconexións de tal cantidade de
elementos dispares que ata ese momento existían no mercado. Foron as primeiras arquitecturas en abarcar todos
os niveis das comunicacións entre ordenadores.
• Ano 1984 aparece o modelo de referencia OSI [13] (Open System Interconnection) de ISO [14]: Trata de sentar
as bases para que se poidan desenvolver protocolos de comunicación que permitan a accesibilidade universal á
información independentemente dos distintos produtos existentes e dos distintos fabricantes.
Historia das comunicacións 3

Referencias
[1] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Samuel_Morse
[2] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ C%C3%B3digo_Morse
[3] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ %C3%89mile_Baudot
[4] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ C%C3%B3digo_Baudot
[5] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Alexander_Graham_Bell
[6] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Teleimpresora
[7] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Ordenador
[8] http:/ / en. wikipedia. org/ wiki/ Computer_terminal
[9] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Arpanet
[10] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Internet
[11] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Systems_Network_Architecture
[12] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ DNA_(inform%C3%A1tica)
[13] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Modelo_OSI
[14] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Organizaci%C3%B3n_Internacional_para_la_Estandarizaci%C3%B3n

Transmisión e comunicación
Na linguaxe coloquial confúndense moitas veces as palabras comunicación e transmisión; nós distinguiremos o
significado destes dous conceptos:
• Transmisión: A transmisión é o proceso polo que se transportan os sinais dun lugar a outro. Os sinais son
entidades de natureza diversa que se manifestan como magnitudes físicas, principalmente electromagnéticas e
mecánicas: luminosas, eléctricas, magnéticas, acústicas, etc.
• Comunicación [1]: A comunicación é o proceso polo que se transporta información, sabendo que esta
información viaxe sobre un sinal que se transmite. Así, a comunicación se define como a transmisión de sinais
mediante un código común ó emisor e ó receptor.
Polo tanto, a comunicación conleva transmisión, pero non á inversa.
Por exemplo, na comunicación telefónica se realiza unha transmisión, na que interveñen dous tipos de sinais: a voz
xenera unha onda de presión de natureza mecánica, e este sinal debe ser convertido en impulsos eléctricos dunhas
características determinadas por medio dun micrófono. O sinal eléctrico é transportado (transmitido) por unhas liñas
de transmisión que proporcionan as compañías telefónicas. Unha vez que o sinal eléctrico alcanza o seu destino,
convértese de novo nunha onda de presión semellante á orixinal mediante o auricular do teléfono receptor.

Referencias
[1] http:/ / es. wikipedia. org/ wiki/ Comunicaci%C3%B3n
Elementos dun sistema de comunicación 4

Elementos dun sistema de comunicación


En todo proceso de comunicación podemos distinguir unha serie de elementos básicos:

• Emisor e receptor: O emisor é o elemento terminal da comunicación que se encarga de de proporcionar a


información. Contraponse ao receptor que é o elemento terminal da comunicación que recibe a información
procedente dun emisor. En moitas ocasións, emisor e receptor intercambian os seus papeis alternativamente
producindo un diálogo. Podemos atopar casos con un emisor e varios receptores, ou viceversa.
• Os transdutores: Un transdutor é un dispositivo encargado de transformar a natureza do sinal. O sinal físico que
máis se utiliza nas comunicacións informáticas é o eléctrico. Isto é debido á súa facilidade de transporte, goberno
e transformación, así como a súa rapidez de transporte: a velocidade da luz.
• A canle: A canle é o elemento que se encarga do transporte do sinal sobre a que viaxa a información que o emisor
e receptor pretenden intercambiar. Non todas as canles serven para todos os tipos de sinais, senón que cada canle
de transmisión é adecuada para algúns sinais determinados. Por exemplo, o sinal eléctrico propágase ben por
canles metálicos, bos condutores da electricidade, pero non así dos sinais luminosos.
Unha canle ven definida polas súas propiedades físicas: natureza do sinal que é capaz de transmitir, velocidade de
transmisión, capacidade de transmisión (ancho de banda), nivel de ruído que xenera, lonxitude máxima que
permite, modo de inserción de emisores e receptores, etc.
• Moduladores e codificadores: Aínda que a natureza do sinal a transmitir sexa apropiada ao tipo de canle elixido
para a transmisión, non sempre a forma do sinal é a máis adecuada para conseguir unha eficiencia óptima na
mesma. Por exemplo, as liñas de transmisión telefónicas poden emitir sinais eléctricos, pero non todos. Un sinal
de alta frecuencia tería problemas de transmisión porque as liñas telefónicas están deseñadas para as transmisións
de sinais eléctricos de baixa frecuencia, correspondentes á voz humana.
Para adecuar os sinais ós canles de transmisión, utilízanse os moduladores (como por exemplo, o modem) e os
codificadores (como os códecs).
• Outros dispositivos para transmisión dos sinais: Existen outros dispositivos que poden intervir na
comunicación e que dependen do tipo de comunicación de que se trate. Podemos destacar elementos como os
amplificadores, repetidores, concentradores, conmutadores, antenas, etc.
O circuito de datos 5

O circuito de datos
Se nos restrinximos ao ámbito das comunicacións entre ordenadores, cando establecemos unha comunicación entre
dous equipos utilizando uns dispositivos e técnicas determinadas damos lugar ó que se coñece como circuito de
datos. Os circuitos de datos expresan tanto o camiño e o modo como a tecnoloxía utilizada pola información que
circula por unha rede de datos, con obxecto de alcanzar un destino receptor. Un circuito de datos está composto unha
serie de elementos:

• Equipos Terminais de Datos (ETD): É o compoñente do circuito de datos que fai de fonte ou de destino de
información. Engloba a todo tipo de dispositivos, que poden ser tanto un terminal, unha impresora coma un
potente ordenador. O ETD será o encargado de controlar as comunicacións do circuito.
• Equipos Terminais de Circuito de Datos (ETCD): É o compoñente que adecúa os sinais que viaxan pola canle
de comunicacións converténdoas a un formato adecuado ao ETD. Tamén engadirá a información de control
necesaria para a rede de comunicacións que se use na transmisión. Un exemplo de ETCD é o modem.
• Liña de comunicación: Dous ETCD únense a través dunha liña de datos, que ven caracterizada por un conxunto
de parámetros, como a velocidade, etc. A calidade dunha liña está perfectamente caracterizada por normas
internacionais.
Clases de liñas de comunicación 6

Clases de liñas de comunicación


En función do propietario das liñas que permiten a conexión dunha rede, podemos falar de tres tipos de liñas:
• Liñas privadas: Dise que unha liña é privada cando ten un propietario e só son utilizadas polo seu propietario. As
liñas utilizadas nas redes de área local son privadas, xa que todo o seu percorrido é propiedade do dono da rede.
• Liñas públicas: Normalmente están en poder das compañías telefónicas e, polo tanto, teñen un ámbito de
actuación nacional ou supranacional. O usuario dunha liña pública contrata os servizos de comunicacións coa
compañía que lle subministra a liña en réxime de aluguer.
• Liñas adicadas: Unha liña pode ser pública, pero iso non significa que sexa exclusiva para quen a aluga. Nunha
liña pública mestúranse datos de diferentes usuarios, aínda que a rede se encargue de que cada dato chegue ó seu
destino correcto. En ocasións interesa que a liña de datos pública só poida ser utilizada con exclusividade por
dous usuarios ou por dous equipos concretos. Dise entón que a liña de comunicacións é adicada.

Clases de redes segundo o seu tamaño


En función do tamaño dunha rede, a podemos clasificar nun dos seguintes grupos:
• LAN [1] (local area network): Comunican un conxunto de ordenadores colocados nunha área xeográfica reducida
(aulas, edificios, campus). Na súa construción úsanse liñas de comunicación privadas. Dado que o seu tamaño é
restrinxido, o tempo de transmisión no peor dos casos é coñecido. As velocidades de transmisión que
proporcionan son elevadas, xa que o máis habitual é que sexan de 100 Mbps (megabits por segundo), aínda que se
poden atopar velocidades dende 10 Mbps (en redes antigas) ata 1Gbps ou 10Gbps (en redes modernas de altas
prestacións).
Unha LAN pode ser moi simple (dous equipos conectados cun cable) ou complexa (centos de equipos e
periféricos conectados dentro dunha gran empresa).
• WAN [2] (wide area network): Abarcan áreas xeográficas tan grandes coma un país ou como o mundo enteiro
(Internet). Usan liñas públicas para a súa conexión. Unha WAN consta de varias LANs e ordenadores
interconectados. Podemos ver Internet como a WAN suprema. Unha internet é unha rede de redes vinculadas por
ruteadores (Internet é un exemplo dunha internet).

• MAN [3] (metropolitan area network): Cubren un área xeográfica restrinxida a unha cidade. Xeralmente unen
varias LANs mediante liñas públicas ou privadas.

Referencias
[1] http://es.wikipedia.org/wiki/Red_de_%C3%A1rea_local
[2] http://es.wikipedia.org/wiki/WAN
[3] http://es.wikipedia.org/wiki/MAN

También podría gustarte