Está en la página 1de 1

Grupo Municipal Socialista

Vilalba, 26 de decembro de 2017

Ao Sr. Alcalde-Presidente da Corporación Municipal de Vilalba

SOLICITUDE PLENO EXTRAORDINARIO

Dna. Mª Elba Veleiro Fernández, D. Eduardo Vidal Baamonde, Dna. Marta Mª Rouco Seoane, D. Rodrigo
Pavón Prieto, Dna. Vanesa Rut Siso Calvo e D. Luis Fernández Álvarez, todos eles membros do Grupo
Municipal Socialista neste Concello, ao abeiro da Lei de Bases de Réxime Local e demáis normativa que
sexa de aplicación, solicítanlle a convocatoria dun Pleno Extraordinario, en base á seguinte exposición
de motivos:

O Grupo Socialista solicitou en tempo e forma a comparecencia da Concelleira de Cultura Dna. Consuelo
Grandío Pardo, para que dera as explicacións oportunas, no pasado pleno ordinario do mes de
novembro, respecto aos aspectos relativos a certos contratos adxudicados á empresa Art Music.
Contratos que serviron tanto para a celebración do FIV de 2017 como para a celebración do concerto
que o grupo Café Quijano ven de dar recentemente no Auditorio Carmen Estévez. Dita comparecencia
foi rexeitada cos votos en solitario do Grupo Popular.

Considerando que a negativa do Partido Popular, impediu debater e coñecer polo miúdo o referente ao
explicitado anteriormente e que este Grupo político ten dúbidas máis que razoables sobre certos
contratos de obras adxudicados dende a toma de posesión do actual Alcalde, é polo que lle solicitamos a
convocatoria dunha sesión extraordinaria do Pleno , para a que propoñemos a seguinte orde do día:

1º- Contratos asinados entre o Concello de Vilalba e a empresa Art Music para a celebración do FIV do
ano 2017 e o concerto do grupo Café Quijano.

2º- Contratos de adxudicación (a proposta do Grupo Socialista) de obras dende a toma de posesión
de D. Agustín Baamonde Díaz como actual alcalde.

3º Proposta de resolución.- O Pleno do Concello, censura calquera procedemento de contratación no


que se poideran dar irregularidades manifestas, e propón que de darse o caso de evidencia
demostrada, non acorde ao procedemento formal de adxudicación, formule petición ao Sr. Alcalde
para que cese das súas funcións de goberno á persoa responsable.

E para que así conste, asinan a presente

Mª Elba Veleiro Fernandez Eduardo Vidal Baamonde Marta Mª Rouco Seoane

Rodrigo Pavón Prieto Vanesa Rut Siso Calvo Luis Fernández Álvarez

SR. ALCALDE – PRESIDENTE DA CORPORACIÓN MUNICIPAL DE VILALBA

También podría gustarte