MEMORIA ANUAL

I.E.S. GARCÍA BARBÓN
(Verín)

CURSO 2016-2017

1
ÍNDICE

1.- Introducción.

2.- Actividades de información e promoción da oferta
formativa do IES García Barbón.

3.- Avaliación da satisfacción do alumnado (ASA)

4.- Colaboración e coordinación de actividades educativas con
outros centros da comarca.

5.- Formación permanente do profesorado.

6.- Proposta de Plan de Convivencia (PC).

7.- Máster en Educación Secundaria e prácticas dunha alumna
de 4º de Pedagoxía.

8.- Reforzo educativo na Formación Profesional Básica.

9.- Recursos do centro en internet.

10.- Programa Erasmus+ “European Healthcare Alliances”
2016/2017 en Finlandia e mobilidades en Portugal e Estonia.

11.- Programa de formación en inglés –CUALE- para os
estudantes do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de
Enfermaría.

12.- Titorías individualizadas e axuda pedagóxica ao alumnado.

13.- Informes de avaliación final de Bacharelato.

14.- Uso da aplicación XADE por parte do profesorado.

15.- Mencións e recoñecementos ao noso alumnadoe ao
centro.

16.- Anexos

1.- Memoria da Vicedirección.
2.- Memoria da Xefatura de Estudos.
3.- Memoria da Xefatura de Estudos de adultos
4.- Informe de Secretaría
5.- Memoria de Aula Mentor
6.- Memorias de Departamentos e Seminarios.
7.- Memoria de Educación de Adultos
8.- Memoria do Equipo de Dinamización Lingüística.
9.- Memoria da Formación en Centros de Traballo.
10.- Memoria do Servizo de Biblioteca.

2
1.- Introducción.

Ao longo deste curso 2016/2017 continuamos unha
nova etapa no IES García Barbón, apostando polo traballo
colaborativo e a atención individualizada ao alumnado –
titorías individualizadas-. O equipo directivo asume –coa
axuda do conxunto do profesorado- o reto de levar adiante o
Plan de Mellora proposto pola Inspección Educativa
2016/2017.

A nosa pretensión é que este documento nos sexa de
utilidade para reflexionar sobre a nosa actividade educativa,
nos permite detectar carencias e problemas, nos axude a
entender mellor a complexidade das tarefas e posibilite a
planificación de liñas de traballo pedagóxico que melloren o
funcionamento integral do centro educativo.

No curso 2016/2017 apoiamos decididamente a cultura
da avaliación da satisfacción do alumnado platexada polo
Departamento de Orientación e realizada en dúas ocasións ao
longo do curso . O informe resultante de tal avaliación está
publicado no blog do centro e na nosa páxina de Facebook. Por
outra parte, tanto no Claustro de Profesores como no Consello
Escolar informouse das principais conclusións.
Complementariamente, os cuestionarios presentan preguntas
abertas sobre “os principais problemas do centro”,
información que imos utilizar para realizar aquelas melloras
que se consideran prioritarias por parte do alumnado.

Neste curso –un ano máis- apostamos forte e
permanentemente polo uso educativo dos blogs como
ferramentas de utilidade para potenciar a comunicación, a
formación e a información do conxunto da comunidade
educativa, tanto a nivel xeral de centro –
http://www.edu.xunta.es/centros/iesgarciabarbon/ (WEB)
http://garciabarbonverin.blogspot.com.es– (BLOG) como para outros
proxectos específicos–http://oquechedigaeu.blogspot.com.es-
Tamén facemos moito uso da nosa rede social en Facebook -
https://www.facebook.com/iesgarciabarbon -

3
2.- Actividades de información e promoción da oferta
formativa do IES García Barbón.

1.- Presenza permanente da nosa oferta formativa nos blogs
do centro e no do Departamento de Orientación (barra lateral
do blog). Publicación habitual –polo menos semanalmente- de
información de interese para a comunidade educativa na nosa
web,nas contas de Facebook do centro e do Departamento de
Orientación.

http://www.pearltrees.com/titoriabarbon/recursos-web-ies-garcia-barbon/id15187738

http://www.edu.xunta.es/centros/iesgarciabarbon/
http://garciabarbonverin.blogspot.com.es/
http://orientacion.blogia.com/
https://www.facebook.com/iesgarciabarbon
https://www.facebook.com/barbonblog.verin

2.- Visitas guiadas dos centros de Secundaria da comarca ó
noso centro –explicacións facilitadas polo profesorado e o
alumnado, demostracións prácticas e entrega de oferta
formativa-. Tamén se fixo entrega dunha carpeta informativa
para cada un dos estudantes.

3.- Publicación das novidades informativas do IES García
Barbón e da súa oferta formativa no mensual BARRIOS: coa
colaboración económica dos Departamentos de Formación
Profesional, FOL e Orientación. Temos tamén cinco
colaboracións co xornal La Región ao longo do ano (dúas delas
xa publicadas)

4.- Envío de información da oferta formativa –con carta
explicativa das datas de admisión e matrícula, das novidades e
folletos informativos- vía correo postal o día 19 de xuño aos
centros de Secundaria da comarca – Taboada Chivite, Castro
de Baronceli, María Inmaculada e Mercedarios- tamén se
mandou ás zonas limítrofes de A Gudiña, Viana e os dous IES
de Xinzo.

5.- Facemos chegar a información da oferta formativa ao
Servizo Galego de Colocación, Servizos Sociais da
Mancomunidade, Centro de Información á Muller, Punto de
Información Xuvenil, Axencia de Desenvolvemento Local do
Concello de Verín, Servizo de Orientación Laboral da
Mancomunidade de Verín e sindicato CIG.

4
6.- Actividades de Información Académica e Orientación e
Stand na Feira do Lázaro.

6.1.- Actividades de promoción da oferta formativa “Razóns
para estudar no IES García Barbón”

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/434

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/432

5
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/428

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/429

6
6.2.- Participación en Agro+ Verín (Feira do Lázaro) cun stand
para promocionar a nosa oferta formativa.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/464

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/465

7
7.- Información na rede sobre a oferta formativa do
IES García Barbón

http://www.pearltrees.com/titoriabarbon/informacion-util/id16050751

1.- Cartel da oferta formativa:
https://www.scribd.com/doc/299187546/Oferta-formativa-2016-IES-Garcia-Barbon-de-Verin

2.- Tríptico da oferta formativa do IES García Barbón:
https://www.scribd.com/doc/299343626/Oferta-formativa-do-IES-Garcia-Barbon

3.- Díptico da oferta formativa do IES García Barbón:
https://www.scribd.com/doc/294912624/Oferta-formativa-IES-Garcia-Barbon

4.- Consellos entre estudantes de Bacharelato e Formación
profesional:
https://www.scribd.com/doc/299343639/Consellos-entre-estudantes

5.- Mercado de traballo e ciclos formativos de FP que impartimos
https://www.scribd.com/doc/297605299/Informacion-Anual-Del-Mercado-de-Trabajo-de-Fp

3.- Avaliación da satisfacción do alumnado (ASA)

A proposta de avaliación da satisfacción do alumnado
(ASA) é un proxecto que xa o Departamento de Orientación
fixera hai algúns anos. Na actualidade, esta proposta
avaliativa ten o pleno respaldo do Equipo Directivo e pretende
ser unha ferramenta de axuda na toma de decisións.

No curso 2016/2017 fíxose a avaliación en dous
momentos diferentes (febreiro e maio de 2017) e foi o
Departamento de Orientación –Carmen Berenguer Ortuño- a
encargada de comunicar as principais conclusións no Claustro
e no Consello Escolar. Tamén se publicaron os resultados

8
cuantitativos nos blogs e redes sociais do centro, así como nos
puntos de información do instituto.

Estamos convencidos de que sen as achegas que se
derivan da avaliación da satisfacción do alumnado non hai, en
sentido pleno, mellora educativa. Por iso, pedimos aos mozos
e mozas –en dous momentos diferentes- a súa valoración
sobre distintos aspectos do funcionamento do centro a nivel
xeral.

Avaliación por parte do alumnado de Bacharelato

Avaliación por parte do alumnado de Ciclos Formativos

9
O fomento da cultura avaliativa sobre o funcionamento do
centro –por parte do alumnado- constitúe unha das

10
actividades diferenciadoras do IES García Barbón.
Consideramos que o coñecemento das opinións dos
estudantes pode axudar a mellorar naquelas dimensións nas
que se observa unha menor porcentaxe de alumnado
satisfeito.

Táboa 1.- Valoración da formación recibida, dalgúns datos
sobre o profesorado e do centro.

Formación Profesional Bacharelato
Preguntas (%) alumnado (%) alumnado
satisfeito satisfeito
6.- A maneira de 88% 83%
ensinar do profesorado
5.- A relación co 90% 94%
profesorado
14.- Satisfacción global 95% 89%
co centro
12.- O ambiente xeral 96% 90%
do centro

Máis do 80% opina que está satisfeito da relación cos
profesores/as e nunha alta porcentaxe (83%- 88%) coa
maneira de ensinar do profesorado.

Tamén é alta a porcentaxe de estudantes que amosa a súa
satisfacción global co centro (un 96%). Os datos de
Bacharelato son similares (90%)

Formación Profesional Bacharelato
Preguntas (%) alumnado (%) alumnado
satisfeito satisfeito
10.- A imaxe do centro 89% 47%
cara ao exterior
13.- O prestixio do 92% 53%
centro
21.- A Guía do 74% 51%
estudante (app móbil)

Paralelamente, os datos relativos á imaxe e ao prestixio do
centro –no caso do alumnado de Bacharelato- son baixos ou
moi baixos (entre o 47 e o 53% de estudantes satisfeitos).

En Formación Profesional os datos son favorables tanto no que
se refire á imaxe como ao pretixio.

Tamén amosa un dato discreto de satisfacción a nosa app
móbil (51% en Bacharelato e 74% en FP).
4.- Colaboración e coordinación de actividades educativas con
outros centros da comarca.

11
A colaboración e a coordinación con outros centros da
comarca é unha tarefa moi importante para dar unha mellor
resposta educativa ao alumnado. Neste sentido, ao comezo do
curso, as xefas de estudo tiveron reunións coas xefaturas de
estudo do IES Xesús Taboada Chivite e do IES Castro de
Baronceli para solicitar datos do alumnado que se incorporaba
ao noso centro. Tamén se realiza o mesmo traballo de
coordinación co CPR Mercedarios e o CPR María Inmaculada.

Por outra parte, contando coa colaboración dos
Departamentos de Orientación e da Dirección dos centros da
comarca, tamén se realizaron distintas actividades conxuntas
e se proporcionou a información sobre a nosa oferta formativa
vía correo electrónico e postal.

5.- Formación permanente do profesorado.

Non cabe dúbida que a formación permanente do
profesorado é unha actividade esencial nos procesos de
mellora da educación. Por iso, no IES García Barbón o
profesorado participa en múltiples actividades formativas.

Algunha das actividades concretas realizadas son:

- Programa de Formación Permanente do profesorado
(PFPP) para o bienio 2015/2017 no que participan 20
profesores/as do IES García Barbón. Na súa primeira
fase –curso 2015/2016- o profesorado implicado levou
adiante un proceso de formación espeífico sobre
aplicacións educativas da web 2.0 e creo o seu propio
edublog.

http://www.pearltrees.com/titoriabarbon/edublogs-creados-garcia-barbon/id15191663

https://es.scribd.com/doc/311613739/Edublogs-Do-Profesorado-2016#fullscreen

- Durante este curso académico 2016/2017 continuamos
co desenvolvemento do Programa de Formación
Permanente do Profesorado no que participaron 15
profesores. Seguimos a traballar con edublogs na aula,
aula virtual e distintas aplicacións de utilidade no
quefacer didáctico.

12
http://www.pearltrees.com/titoriabarbon/edublogs-profesorado-garcia/id17661634

- Proxecto do Programa Salvavidas, coordinado por Rubén
Silva Rodríguez.

Un proxecto interdisciplinar e cooperativo de traballo
seguindo as directrices xerais marcadas no Plan Proxecta e as
liñas específicas de traballo deste programa.

A liña de traballo principal ten relación coa información,
formación e promoción da doazón e transplante de órganos.
Para iso, fixéronse enquisas, informes cos resultados e
actividades diversas de concienciación. Levouse adiante unha
xornada de doazón de sangue para todos os membros da
comunidade educativa e unha andaina co alumnado.

6.- Proposta de Plan de Convivencia (PC), avaliación e
aprobación.

Durante o curso 2014-15 procedeuse á elaboración das NOF. O
equipo directivo deseñou e elaborou un documento marco que
foi enviado por correo electrónico ao conxunto do
profesorado.

Procedemos a estudalo na Comisión de Coordinación
Pedagóxica e a mellorar o documento con algunhas
aportacións dos Departamentos de Automoción e Mantemento.

13
Posteriormente foi presentado no Claustro. Por último foi
analizado polo Consello Escolar e aprobado polo Director.

http://garciabarbonverin.blogspot.com.es/p/normas-de-
organizacion-e-funcionamento.html

No curso 2015-2016 o equipo directivo fixo unha proposta de
Proxecto Educativo e de oferta formativa de Bacharelato que
foi enviada por correo electrónico ao conxunto do
profesorado. Unha vez avaliada na Comisión de Coordinación
Pedagóxica foi aprobada no Claustro do día 22 de xuño de
2016. O documento completo do PE estará dispoñible na web e
nos blogs nos vindeiros días.

No actual curso 2016-2017 o equipo directivo fixo unha
proposta de Plan de Convivencia –a partir dunha proposta
realizada polos profesores Rubén Silva Rodríguez e Marisol
Gómez Cerradelo- que foi avaliada pola Comisión de
Coordinación Pedagóxica e aprobada polo Claustro de
Profesores e o Consello Escolar o día 28 de xuño de 2017.

7.- Máster de Educación Secundaria e prácticas dunha alumna
de 4º de Pedagoxía

A profesora Flor Guede Rodríguez, xefa de Estudos e profesora
de Matemáticas, titorizou a Juan Carlos Gonçalves DoSantos.
O proceso de traballo resoltou moi positivo e as dúas partes
amosan un alto grao de safisfacción co traballo pedagóxico
realizado.

O Departamento de Orientación contou cunha pedagoga en
formación que colaborou de maneira activa en todas as
actividades propostas.

Karina Freitas Ribeiro compartiu traballo cos membros do
Departamento de Orientación e colaborou de maneira activa
en todas as intervencións pedagoxivas plantexadas.

Por último, sinalar que neste curso 2016/2017 tivemos catro
profesores en prácticas que foron titorizados por distintos
profesores deste centro (Flor Guede titorizou a Lourdes
Novoa, Adrián Fernández titorizou a Rubén Silva, José Luis
Fernández titorizou a Juan Fernández e Manuel Marzoa
titorizou a José Manuel Fernández)

14
8.- Reforzo educativo na Formación Profesional Básica.

Durante o curso 2016-2017 foi posible realizar un reforzo
educativo –non especializado- do que se beneficiaron
alumnos/as que presentaban especiais dificultades de
aprendizaxe.
Complementariamente, os estudantes de 1º de FPB de
Mantemento de Vehículos tiveron sesións de titoría sobre
habilidade sociais impartidas por Andrea (CDR Portas
Abertas).

9.- Recursos do centro en internet.

A información do noso centro en internet

http://orientacion.blogia.com/2015/022201-todas-as-novidades-do-teu-centro-chegan-a-ti-de-maneira-automatica.php

15
RECURSOS EN INTERNET DO IES GARCÍA BARBÓN
Datos de visitas a día 22 de xuño de 2017

1.- BLOG DO IES GARCÍA BARBÓN

http://garciabarbonverin.blogspot.com.es/

Curso 2013/2014 3700 visitas
------------------------
Curso 2016/2017 27.800 visitas

2.- FACEBOOK DO IES GARCÍA BARBÓN

https://www.facebook.com/iesgarciabarbon

1 de Xullo 2013___116 seguidores

Curso 2016-2017-----424 seguidores

3.- BLOG DO PROXECTO “A TÚA EXPERIENCIA INTERESA” DO
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN DO IES GARCÍA BARBÓN

http://oquechedigaeu.blogspot.com.es/

Curso 2013/2014 2300 visitas

Curso 2016/2017 7000 visitas

16
https://docs.google.com/presentation/d/1asvUQDoki-
io4bPguI5eZwUpwFpdiEKLa6rHxYKFSe4/edit?usp=sharing

10.- Programa Erasmus+ “European Healthcare Alliances”
2016/2017 en Finlandia.

O IES García Barbón foi seleccionado polo SEPIE na modalidade
KA102 para participar no programa de mobilidades de formación
profesional durante o curso 2016/2017 –European Healthcare
Alliances- Número: 2016 1 ESO1 KA102 023966 -Prazo: 1 de xuño
de 2016 -31 de maio de 2017 -Mobilidades de profesorado: 4
Dotación económica: 4520 euros.
O programa rematou a finais de maio de 2017 e redactouse o
Informe final.

17
10.1- Mobilidade a Portugal.

10.2- Mobilidade a Estonia.

18
11.- Programa de formación en inglés –CUALE- para os
estudantes do Ciclo Medio de Coidados Auxiliares de
Enfermaría.

Durante o curso 2016/2017 ofreceuse o programa de
formación en inglés para o alumnado do Ciclo Medio de
Coidados Auxiliares de Enfermaría que proporcionou tres
horas semanais de clases e a posibilidade de presentarse por
libre ao exame B1 de inglés.

12.- Titorías individualizadas e axuda pedagóxica ao
alumnado.

Durante varios cursos –e tamén no actual 2016/2017- o
Departamento de Orientación, coordinadamente coa Xefatura
de Estudos, ten apostado de maneira decidida e
planificadamente pola realización de titorías individualizadas,
actividade que se considera como complementaria da labor do
titor ou titora e que pretende, entre outras finalidades, facer
un seguimento personalizado do proceso de aprendizaxe de
cada estudante e servir como recurso de potenciación da
motivación para aprender.

En total, e de maneira aproximada, tiveron lugar 180
entrevistas individualizadas. O alumnado, en xeral, responde
de maneira moi positiva diante desta metodoloxía e recoñece
de maneira plena ou parcialmente, o diagnóstico da súa
situación académica. Complementariamente, propoñemos
liñas de traballo para procurar encauzar a situación e
facilitamos as axudas e orientacións oportunas. Todo o
procedemento, nun momento inicial, parece un éxito.

Cando dicimos “parece un éxito” queremos sinalar que,
en moitos casos, as afirmacións de traballar máis ou de actuar
de maneira planificada nos estudos son boas palabras. En
todo caso, a titoría individualizada xoga un papel importante
no desenvolvemento pleno da personalidade dos estudantes,
posibilita a realización dun seguimento ao longo dos
trimestres e axuda na toma de decisións académicas.

19
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/427

Outra reflexión que podemos aportar, ten relación co
incremento no uso que se realiza dos nosos recursos
informativos en internet para as actividades de información e
orientación académica e profesional. Por iso, consideramos
prioritario continuar o esforzo de informar e explicar os
moitos e bos recursos que temos na rede e a súa utilidade
para potenciar a información e orientación académica,
profesional e laboral.

13.- Informes de avaliación final de Bacharelato.

Tal como establece o Plan de Mellora da Inspección para o
curso 2016/2017 –actividade que xa se fixo no curso
2014/2015- todo o alumnado de Bacharelato que non supere
algunha materia disporá dun informe de avaliación final para
cada materia.

14.- Uso da aplicación XADE por parte do profesorado.

Este equipo intenta –un curso máis- liberar do enorme traballo
que ata agora realizaba a administrativa, dotando de maior
responsabilidade ó profesorado.

Os profesores son habilitados para engadir as súas notas no
Xade en cada avaliación. Este acto así como poder modificar
as notas no momento da avaliación (dotouse de internet ás
aulas das reunións) axilizou moito o proceso avaliador.

20
Neste curso 2016/2017 todos os profesores tiveron acceso á
información básica do alumnado dos seus grupos –que
proporciona a aplicación XADE- e serán os responsables de
introducir no programa as faltas de asistencia a clase.

15.- Mencións e recoñecementos ao noso alumnado e ao
centro.

15.1.- Recoñecemento da Universidade de Vigo a nosa ex-
alumna Paula Alonso Campos de 2º de Bacharelato.

15.2.- Recoñecemento aos mellores estudantes de centros de
Ensino Medio de Galicia da Universidade de Santiago para
Adrián Bolaño Cabido, alumno de 2º de Bacharelato.

15.3.- Recoñecemento para a nosa aplicación móbil “Guía do
estudante” por parte do Conselleiro de Educación.

http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/415

21
http://www.edu.xunta.gal/centros/iesgarciabarbon/node/415

16.- Cursos AFD que se imparten no IES García Barbón.

Baixo a coordinación da Xefa de Estudos Flor Guede e impartidos
por profesorado do noso centro, estamos a impartir dous cursos de
AFD.

Nº 2017-149
Operacións auxiliares na electromecánica de vehículos
(TMUG0109). Impartido por cinco profesores do Departamento de
Automoción e Flor Guede Rodríguez.
328 horas.Horario: 16:00-21:00

Nº 2017-150
Soldadura con electrodo revestido e TIG (FMECC0110)
Impartido por catro profesores do Departamento de Mantemento
Electromecánico. 758 horas.
Horario: 16:00-21:00

17.- Anexos

1.- Memoria da Vicedirección.
2.- Memoria da Xefatura de Estudos.
3.- Memoria da Xefatura de Estudos de Adultos.
4.- Informe de Secretaría
5.- Memoria de Aula Mentor
6.- Memorias de Departamentos e Seminarios.
7.- Memoria de Educación de Adultos
8.- Memoria do Equipo de Dinamización Lingüística.
9.- Memoria da Formación en Centros de Traballo.
10.- Memoria do Servizo de Biblioteca.

22

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful