PROXECTO

EDUCATIVO
IES GARCÍA BARBÓN

2016
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

ÍNDICE
1. INTRODUCCIÓN 3

2. CONTEXTO 3

2.1. MARCO LEGAL 3

2.2. CARACTERÍSTICAS DO ENTORNO XEOGRÁFICO 5

2.3. CONTEXTO SOCIOECONÓMICO E CULTURAL 7

2.4. CONTEXTO FAMILIAR 8

3. VALORES E OBXECTIVOS 11

4. MEMORIA ADMINISTRATIVA 13

4.1. INSTALACIÓNS 13

4.2.ORGANIGRAMA PERSOAL 14

4.3. ÓRGANOS DE GOBERNO 15

4.3.1.UNIPERSOAIS 15

4.3.2. ÓRGANOS COLEXIADOS: 18

4.3.3. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE 20

4.4.COMISIÓN DE CONVIVENCIA 25

4.5. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA 27

4.6. BIBLIOTECA 30

4.7. CLUBES DE LECTURA 31

4.8. COORDINACIÓN DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO 32

4.9. ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS 34

4.10. CAFETARÍA 34

5. HORARIO XERAL DO CENTRO 34

6. OBXECTIVOS, RESULTADOS E XESTIÓN. MARCO TEMPORAL E ACTIVIDADES 35

6.1. CENTRO 35

6.2.DOCENCIA 37

6.3. CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN 38

6.4. TRATAMENTO TRANSVERSAL DA EDUCACIÓN EN VALORES 40
1
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

7. ORIENTACIÓN 41

7.1. OBXECTIVOS XERAIS 41

7.2. ACCIÓN TITORIAL 42

7.3. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL 45

7.4. PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS 46

7.4.1 ESTRATEXIA DE INTERVENCIÓN PROPOSTA 47

8. TIC 48

9. PFPP 52

10. CONCRECIÓN DO CURRÍCULO 53

10.1. CURRICULO 55

11. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE 66

12. AVALIACIÓN DA LABOR DOCENTE 68

13. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 69

13.1. PROGRAMA DE ACTIVIDADES 70

14. AVALIACIÓN DO PE 71

2
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

1. INTRODUCCIÓN

O Proxecto Educativo do IES García Barbón recolle os valores, obxectivos e prioridades de
actuación da súa comunidade educativa, considerando as características do entorno social e cultural no
que se desenvolve a súa actividade. Adoita como valores fundamentais os principios de non
discriminación e de inclusión educativa.

O marco lexislativo ó que se acolle este documento remítese ós principios e obxectivos
recollidos nas sucesivas Leis educativas dende a Lei Orgánica 8/1985, de 3 de xullo, Reguladora do
Dereito á Educación, ata a actual Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro que modifica parcialmente a
Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

A longa traxectoria deste centro, consolidada ó longo dos últimos 38 anos, trata de ofrecer
unha educación persoal, integral, de calidade, estable e diversificada. Nas súas formulacións
pedagóxicas afronta os desafíos científicos e tecnolóxicos do futuro, a pesar do incremento das
desigualdades e as dificultades económicas. A educación no noso centro convértese na ferramenta
para que as persoas e a sociedade poidan avanzar cara os seus ideais. A educación que practicamos ten
como obxectivo permitir que todos, sen excepción, teñan a oportunidade de frutificar e desenvolver as
súas capacidades e expectativas. Isto leva a que cada individuo aprenda a responsabilizarse de si
mesmo, realizándose a través do seu proxecto persoal e aprendendo a cooperar cos demais.

2. CONTEXTO

O IES García Barbón comeza a súa actividade no curso escolar 1977-1978 como Instituto de
Formación Profesional. Na actualidade é un centro de Ensino Secundario Postobrigatorio, Formación
Profesional, Educación de Adultos e alberga a sección da Escola Oficial de Idiomas de Verín, así como os
cursos a distancia da Aula Mentor.

2.1. MARCO LEGAL

A actividade educativa do noso centro réxese polas leis do ordenamento xurídico estatal e
polas leis da Comunidade Autónoma de Galicia.

Aplícase o establecido na Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro para a mellora da calidade
educativa (B.O.E. Nº 295, de 10 de decembro de 2013), que modifica parcialmente a Lei Orgánica
2/2006, de 3 de maio, de Educación (B.O.E. Nº 106, de 4 de maio de 2006).
Norma específica Bacharelato

- Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria
obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galiza (DOG 29 de xuño 2015)

3
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Real Decreto 1105/2014, do 26 de decembro, polo que se establece o currículo básico da Educación
Secundaria Obrigatoria e do Bacharelato.

- Orde do 15 de xullo de 2015 pola que se establece a relación de materias de libre configuración
autonómica de elección para os centros docentes nas etapas de educación secundaria obrigatoria e
bacharelato, e se regula o seu currículo e a súa oferta.
Norma específica Ciclos Formativos
- Lei Orgánica 5/2002 de 19 de xuño das Cualificacións e da Formación Profesional.

- Real decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación
profesional do sistema educativo.

- Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación
académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial.

- Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional
do sistema educativo de Galiza.
- Lei Orgánica 1/1990, de 3 de octubre de 1990, de Ordenación Xeral do Sistema Educativo.

Formación Profesional Básica

- Decreto 107/2014, do 4 de setembro, polo que se regulan aspectos específicos da formación
profesional básica das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo en Galiza e se
establecen vinte e un currículos de títulos profesionais básicos.

- Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na
Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

- Orde de 28 de febreiro de 2007 pola que se regula o módulo profesional da FCT da formación
profesional inicial.

- Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de
formación profesional do sistema educativo no curso 2015/16.

Norma específica Educación de Adultos
-Lei 9/1992, do 24 de xullo, de educación e promoción de adultos.

- Decreto 88/1999, do 11 de marzo, polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación
de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros. Modificación dada polo Decreto 126/2008 , de
19 de xuño.

- Orde do 24 de xuño de 2008 pola que se regula a Educación básica para as Persoas adultas e se
establece o seu currículo en Galiza.

4
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

2.2. CARACTERÍSTICAS DO ENTORNO XEOGRÁFICO

O noso instituto está no concello de Verín. A vila está situada no cuadrante sudoriental da
provincia de Ourense, lindando polo sur coa fronteira portuguesa. Ten unha superficie de 93,9
quilómetros cadrados e unha poboación de 14.107 habitantes.

Localizada no corazón da fértil comarca do Val de Monterrei, apareceu ó pé dunha importante
fortaleza medieval, e constitúe un dos principais e máis prósperos núcleos urbanos da provincia de
Ourense.

É ademais, paso obrigado cara a Portugal e Castela e tradicional lugar de veraneo pola calidade
das súas augas medicinais de Fontenova, Cabreiroá e Sousas. Situado na depresión de Verín, o relevo
deste municipio mostra dous sectores diferentes: un formado polo val do río Támega e o outro polos
relevos montañosos que o circundan ao oeste, onde a altitude chega aos 940 metros no Alto de
Valdeagua. Tamén atravesa o municipio unha falla denominada Creba da Corga, pola que flúen moitos
mananciais de augas minerais.

5
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

En canto ó emprazamento do I.E.S García Barbón, atópase situado no casco urbano da vila de
Verín, concretamente na Rúa Antonio Fernández Pérez s/n.

6
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

2.3. CONTEXTO SOCIOECONÓMICO E CULTURAL

Unha das primeiras conclusións que se extrae da evolución económica da Comarca de Verín nos últimos
anos, é a importante perda de peso que sofre o sector primario e a elevada taxa de paro superior

ó 25%. A poboación ocupada no campo descendeu de xeito importante. Produciuse en cambio, un
pequeno aumento da poboación ocupada no sector terciario. A situación de Verín como capital dunha
extensa Comarca tradúcese nunha centralización dos servizos no seu casco urbano.

Na actualidade, no sector agrario, é moi importante a produción de horta, sobre todo ó aire libre. A
calidade que se pode producir é moi alta e os custos mínimos. Ademais coa autovía A-52, Verín pode
chegar a mercados tan importantes como o de Madrid, Vigo, etc., para servir produtos frescos da
horta. En torno a este sector creáronse dúas cooperativas que están conseguindo entrar en mercados
importantes, grandes superficies...

A castaña, xunto co complemento das setas (pola coincidencia estacional), é outro recurso
importante para a Comarca. Pódese dicir que esta zona é das maiores produtoras de Galicia e a que
mellor calidade ofrece. Na actualidade existen empresas dedicadas á transformación da castaña
mediante a elaboración dos famosos doces Marrón Glaçé.

A construción é un factor importante na economía verinense, sobre todo polo alto grao de xeración
de emprego, aínda que este sector está a sufrir un parón debido a crise económica. Tamén teñen un
gran peso, na economía local, o sector vitivinícola, baixo a Denominación de Orixe Monterrei, e o
relacionado cos mananciais de augas termais.

Os servizos públicos dos que dispón o concello de Verín son os
seguintes: Os servizos Educativos inclúen:
- Dous Centros Públicos de Educación Infantil e Primaria.
- Tres Institutos de Educación Secundaria.
- Un centro de Ensino Secundario privado.
- Un centro de Ensino Concertado (Educación Infantil, Primaria e Secundaria)
- Conservatorio de Música (Grao Elemental).

- Biblioteca Pública.
- Casa da Cultura.
- Escola de Artes e Oficios, patrocinada polo Concello.

- Sección da E.O.I, situada no noso Centro, que oferta
inglés. Os servizos sociais están compostos por:
- Residencia da Terceira Idade.

7
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Servizos Sociais da Mancomunidade de Municipios do Val de Monterrei.
- Oficina Municipal de Información ó Consumidor.
- Punto de Información Xuvenil (PIX).

A oferta cultural é outro dos elementos esenciais da vida social da comarca. Verín conta cun
abano amplo de ofertas deportivas, entre as que destacan as actividades promovidas polo Pavillón
Municipal de Deportes, a Piscina Climatizada, as Piscinas Municipais ó aire libre e as Escolas Deportivas
Municipais.

Outros servizos a destacar son: Xulgados de Primeira Instancia, Centro de Saúde, Hospital de
Verín, Oficina do INEM, Delegación de Facenda e a Delegación de Seguridade Social.

2.4. CONTEXTO FAMILIAR

No estudo realizado da procedencia dos alumnos do instituto compróbase que
aproximadamente a metade procede de Verín, e o resto das zonas rurais dos arredores.

Os fogares dos que proveñen os nosos alumnos caracterízanse pola escasa formación
académica das familias. Tan só un 3% dispón de estudos universitarios no caso dos pais, e un 2% no
caso das nais. Resulta representativo o importante número de alumnado que declina a opción de
contestar á pregunta sobre a formación académica das súas familias. A maioría do alumnado provén de
fogares cun nivel de estudos medio-baixo.

8
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

O nivel formación inflúe directamente na ocupación e no tipo de profesións desempeñadas
polos proxenitores do noso alumnado.

9
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Á vista dos resultados pódese constatar un porcentaxe de paro superior, case en dez
puntos, á media nacional no caso dos pais; case o 50% das nais non traballa.
En canto a profesión dos pais dos alumnos ponse de manifesto que a maior ocupación

é a de traballador por conta allea, seguida de pequenos autónomos (comerciantes,
transportistas, panadeiros, etc). Tamén se constata, no caso das nais, que a ocupación
maioritaria é ama de casa.

10
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

3. VALORES E OBXECTIVOS

O obxectivo primordial deste Centro é o desenvolvemento pleno das dimensións física, intelectual,
afectiva, ética e social do noso alumnado.

O conxunto de valores e obxectivos do centro están baseados no labor de ponte que exercemos,
dada a dispersión poboacional propia da comarca, entre a Galicia rural e a urbana. Somos conscientes
do amplo impacto potencial que as actividades xeradas dende o centro, poden chegar a acadar entre o
noso alumnado e o seu entorno.

Non só consideramos o contexto inmediato como o noso marco de traballo, senón que temos
como un dos nosos obxectivos manter o principio de comunidade educativa, recordando sempre que
esta comunidade está integrada por docentes, alumnado, as súas familias e o persoal non docente.
Todos formamos parte, nalgunha medida, do proceso educativo no sentido máis amplo da expresión,
que abrangue dende a competencia en calquera das materias curriculares ata o respecto ás persoas e
ás instalacións nas que todos traballamos.
Tamén se pretende unha educación da persoa baseada nos principios de:
- Coeducación, que potencie a igualdade de xénero.

- Integración, valorando calquera tipo de diferenzas no alumnado como unha riqueza, e non como un
problema.

- Compensación, que nivele ó máximo as desigualdades entre o alumnado por factores sociais,
económicos, culturais ou de calquera outra índole.
Buscamos acadar un estilo educativo que promova:
1- O desenvolvemento pleno da personalidade do alumnado.

2- A formación no respecto dos dereitos e liberdades
fundamentais. 3- A apreciación da diferenza como un valor.

11
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

4- A adquisición de hábitos intelectuais e técnicas de traballo.
5- O coñecemento, apreciación e defensa das peculiaridades de Galicia, incluíndo o seu idioma propio.
6- A preparación para a participación activa na vida social e cultural.
Polo tanto, poderíamos enumerar os seguintes obxectivos principais:

- Formar ao noso alumnado para o pleno desenvolvemento da súa personalidade e das súas
capacidades. Estimular no alumnado a idea de formación permanente e de uso educativo das
novas tecnoloxías ao longo da vida, xa que nunha sociedade cambiante, non se pode entender a
formación como un proceso temporal limitado, senón como unha actividade para aprender de
maneira continua.

- Desenvolver a actividade académica nun clima de convivencia democrática baseada na
participación, o pluralismo, a tolerancia, o respecto e a aceptación mutua.

- Promover a educación no respecto dos dereitos e liberdades fundamentais, na igualdade de
dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación
das persoas con discapacidade.

- Fomentar unha comunicación permanente e fluída entre alumnos e profesores, tanto nas aulas
como nas titorías. Potenciar o uso dunha metodoloxía activa que asegure a participación do
alumnado nos procesos de ensino-aprendizaxe.

- Coa colaboración e asesoramento do Departamento de Orientación, potenciaremos a orientación
como axuda no proceso de maduración da personalidade de cada alumno concreto e da elección
do seu camiño para a vida; e como non, impulsar a acción titorial, tanto individual como de
grupo.

- Fomentar a implicación de todos os axentes educativos, profesores, pais e nais e empresas, nas
actividades programadas polo centro.

- Estimular a cooperación entre os diferentes Seminarios e Departamentos en proxectos e
actividades educativas comúns.
- Procurar unha estreita relación de colaboración co entorno social, económico e cultural.

- Para a consecución de todos estes obxectivos o centro contará co apoio do equipo directivo e a
implicación dos integrantes do claustro. Así mesmo, o centro destinará os recursos económicos á
súa disposición, así como as súas instalación, para favorecer o cumprimento destes obxectivos.

12
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

4. MEMORIA ADMINISTRATIVA
4.1. INSTALACIÓNS

O centro está situado nas aforas do casco urbano de Verín, na rúa Rúa Antonio Fernández
Pérez s/n. A entrada principal está situada nesta rúa, e posúe outra entrada lateral situada a carón da
antiga casa dos conserxes, na actualidade designada como sede do Viveiro de Empresas da localidade,
aínda en proxecto.

Na parte posterior do edificio principal atópase unha antiga pista de deporte que na
actualidade se emprega como zona de aparcamento. Ó carón do edificio tamén están as instalacións
deportivas municipais (piscina, campo de fútbol, pistas de tenis, pádel e pavillón). Enfronte do edificio
principal do centro atópase o IES Xesús Taboada Chivite, o outro centro de primaria da localidade, o
CEIP Princesa de España.

O acceso ó edificio para peóns faise a través do patio dianteiro situado fronte á entrada
principal, que conta con escaleiras e rampla de acceso para persoas con dificultades de mobilidade. O
acceso con vehículos faise pola porta lateral que leva á zona de aparcamento posterior.O acceso
interior do edificio está facilitado con escaleiras, ascensor de acceso á planta superior, e ramplas de
acceso á zona de talleres.

As dependencias do centro inclúen aulas, seminarios, titorías, despachos, talleres e laboratorios
distribuídos en dúas plantas. Na planta baixa, nas proximidades do hall, atopamos unha aula xenérica
(50m2), cafetería (35m2), sala de titoría de familias(12m2), conserxería (18m2), administración (26m2),

biblioteca (80m2), baños de alumnado(40m2) e almacén(50m2). Na ala dereita (140m 2) desta mesma
planta atópase a sala de profesores xunto cos despachos de Dirección, Vicedirección, Secretaría e
Xefatura de Estudos, así como varios departamentos didácticos e baños de profesorado. Na ala
esquerda desta primeira planta atópase o taller e a aula polivalente de Coidados Auxiliares de
enfermería (161m2) e o salón de actos (150m2).

Seguindo o corredor central atópanse tres aulas de informática (dúas de 50m 2 e outra de 80
m2). Neste corredor tamén se atopa a sala de caldeiras (30m 2). A través del accédese polo interior ó
anexo construído a carón do edificio principal que alberga seis talleres coas súas respectivas aulas
polivalentes, así como a sala de reunións do profesorado (1200 m 2).

Na primeira planta atópanse 9 aulas xenéricas (50m 2 cada unha), dous laboratorios (un de física
e química (50m2) e outro de Bioloxía (70 m2)), a aula de debuxo e tecnoloxía (108 m 2) e dúas aulas de
informática de grupo (50m2). Ademais están as dependencias doutros departamentos didácticos e o
despacho de Orientación(35 m2).Tamén nesta planta existe unha aula polivalente de reducidas
dimensións (12m2) e unha zona de baños común (24m2)

13
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

A capacidade do centro para albergar tódalas ensinanzas que se imparten é reducida, polo que
durante o curso 2014-2015 se proxectaron obras de reforma para habilitar novas aulas que puidesen
albergar ó alumnado dos novos cursos de Formación Profesional Inicial creando novos espazos. Un

destes espazos é unha moderna aula de informática de 126m 2.

A capacidade das aulas polo que atinxe ás súas dimensións é suficiente para albergar ó número
de alumnos matriculados por grupo que é un máximo de 30 no caso do Bacharelato, Educación de
Adultos e Escola Oficial de Idiomas, e entre 15 e 20 no caso dos programas de Formación Profesional
dos distintos niveis de competencia.

4.2.ORGANIGRAMA PERSOAL

Os docentes do IES García Barbón son na súa maioría persoal provisional (73 %) que se
renova anualmente. Tén un número reducido de persoal definitivo asignado . Destes, algúns non
ocupan praza no centro, por atoparse desfrutando de comisións de servizo noutros postos. Por este
motivo, resulta difícil abordar proxectos que esixan o compromiso do persoal a medio ou longo prazo.

14
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

4.3. ÓRGANOS DE GOBERNO
4.3.1.UNIPERSOAIS
DIRECTOR

As Competencias do director na LOMCE aparecen recollidas no CAPITULO III. Apartado
Oitenta e un. Artigo 132. Tamén serían de aplicación para algunhas das competencias o apartado
Oitenta. Artigo 127. e o apartado Setenta e sete. Artigo 122bis.
Destacan entre outras:

- Ostentar a representación do centro, representar á Administración educativa no mesmo e
facerlle chegar a esta as formulacións, aspiracións e necesidades da comunidade educativa.

- Dirixir e coordinar todas as actividades do centro, sen prexuízo das competencias atribuídas ao
Claustro do profesorado e ao Consello Escolar.

- Exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a
consecución dos obxectivos do proxecto educativo do centro.
- Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes.
- Exercer a xefatura de todo o persoal adscrito ao centro.

- Favorecer a convivencia no centro, garantir a mediación na resolución dos conflitos e impoñer
as medidas disciplinarias que correspondan aos alumnos e alumnas, en cumprimento da normativa
vixente, sen prexuízo das competencias atribuídas ao Consello Escolar no artigo 127 desta Lei orgánica.
A tal fin, promoverase a axilización dos procedementos para a resolución dos conflitos no centro.

- Impulsar a colaboración coas familias, con institucións e con organismos que faciliten a relación
do centro coa contorna, e fomentar un clima escolar que favoreza o estudo e o desenvolvemento de
cantas actuacións propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos e
alumnas.

- Impulsar as avaliacións internas do centro e colaborar nas avaliacións externas e na avaliación
do profesorado.

- Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do Consello Escolar e do Claustro do
profesorado do centro e executar os acordos adoptados, no ámbito das súas competencias.

- Realizar as contratacións de obras, servizos e subministracións, así como autorizar os gastos de
acordo co orzamento do centro, ordenar os pagos e visar as certificacións e documentos oficiais do
centro, todo iso de acordo co que establezan as Administracións educativas.

- Propoñer á Administración educativa o nomeamento e cese dos membros do equipo directivo,
previa información ao Claustro do profesorado e ao Consello Escolar do centro.

15
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Aprobar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da presente Lei
Orgánica.

- Aprobar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do
profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

- Decidir sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeición ao estabelecido nesta Lei
Orgánica e disposicións que a desenvolvan.
- Aprobar a obtención de recursos complementarios de acordo co estabelecido no artigo 122.3.

- Fixar as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións
locais, con outros centros, entidades e organismos.
- Calquera outra que lle sexa encomendada pola Administración educativa.

VICEDIRECTORA
Son competencia da vicedirectora:
- Substituír ao director en caso de ausencia ou enfermidade.
- Organizar, conxuntamente co director e xefa de estudos, os actos académicos.
- Coordinar a realización das actividades complementarias e extraescolares.

- Coordinar, se é o caso, o programa de formación en centros de traballo do alumnado que cursa
ciclos formativos.
- Aquelas funcións que o director lle encomende dentro do ámbito da súa competencia.

XEFA DE ESTUDOS

O IES García Barbón conta con dúas xefas de estudos: Xefa de estudos de Réxime Ordinario e Xefa
de estudos de ensinanzas de adultos.
É competencia das xefas de estudos:

- Exercer, por delegación do director e baixo a súa autoridade, a xefatura do persoal docente en
todo o relativo ó réxime académico.

- Nos centros nos que non exista vicedirector, substituílo director en caso de ausencia ou
enfermidade.

- Coordinar e velar pola execución das actividades de carácter académico e de orientación de
profesorado e alumnado, en relación co proxecto educativo do instituto e a programación xeral anual.

- Elaborar, en colaboración cos restantes órganos unipersoais, os horarios académicos de
alumnado e profesorado de acordo cos criterios aprobados polo claustro e co horario xeral incluído na
programación xeral anual, así como velar polo seu estrito cumprimento.
- Coordinar as actividades dos xefes de departamento.

16
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Coordinar e orientar a acción dos titores, coas achegas, se é o caso, do departamento de
orientación e de acordo co plano de orientación académica e profesional e do plano de acción titorial.

- Coordinar a participación do profesorado nas actividades de perfeccionamento, así como
planificar e organiza-las actividades de formación de profesores realizadas polo instituto (misión
asumida polo coordinador de formación do profesorado, segundo a modificación introducida pola
disposición derradeira do Decreto 245/1999, do 29 de xullo (DOG do 1 de setembro), polo que se
regula a formación permanente do profesorado que imparte ensinanzas de niveis non universitarios).

- Coordinar a actividade docente do centro, con especial atención ós procesos de avaliación,
adaptación curricular, diversificación curricular e actividades de recuperación, reforzo e ampliación.
- Facilitar a organización do alumnado e impulsar a súa participación no instituto.

- Estabelecer os mecanismos para corrixir ausencias imprevistas do profesorado, atención a
alumnado accidentado ou calquera eventualidade que incida no normal funcionamento do centro.
- Organizar a atención do alumnado nos períodos de lecer.

- Calquera outra función que lle poida ser encomendada polo director dentro do ámbito da súa
competencia.

SECRETARIO
É competencia do secretario:
- Ordenar o réxime administrativo do instituto, de conformidade coas directrices do director.

- Actuar como secretario dos órganos colexiados de goberno do instituto, levantar acta das
sesións e dar fe dos acordos co visto e prace do director.
- Custodiar os libros e arquivos do instituto.
- Expedir as certificacións que soliciten as autoridades e os interesados.

- Realizar coa colaboración dos xefes de departamento o inventario xeral do instituto e mantelo
actualizado.

- Custodiar e dispoñer a utilización dos medios audiovisuais, material didáctico, mobiliario ou
calquera material inventariábel.

- Coordinar, dirixir e supervisar, por delegación do director, a actividade e funcionamento do
persoal de administración e de servizos adscrito ó instituto.

- Elaborar o anteproxecto de orzamento do instituto de acordo coas directrices do Consello
Escolar e oída a comisión económica.

- Ordenar o réxime económico do instituto, de conformidade coas instrucións do director,
realizar a contabilidade e render contas ante o Consello Escolar e as autoridades correspondentes.

- Velar polo mantemento material do instituto en tódolos seus aspectos, de acordo coas
indicacións do director.

17
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Dar a coñecer e difundir a toda a comunidade educativa a información sobre normativa,
disposicións legais e asuntos de interese xeral ou profesional que se reciba no centro.
- Presidir, se é o caso, e por delegación do director, a comisión económica.
- Calquera outra función que lle encomende o director dentro do seu ámbito de competencia.

4.3.2. ÓRGANOS COLEXIADOS:
Segundo a LOMCE (art. 119), os centros terán polo menos os seguintes órganos colexiados:
Consello Escolar e Claustro do profesorado, coas funcións que se indican nesta Lei:

CONSELLO ESCOLAR. (LOMCE)

O consello escolar do IES GARCÍA BARBÓN está composto polo director como presidente, a xefa
de estudos de diúrno, a xefa de estudos de adultos, un representante do concello, un representante
dos empresarios (con voz pero sen voto) e o secretario (con voz, pero sen voto). Inclúe tamén sete
representantes do profesorado e tres representantes de pais/nais, catro representantes do alumnado e
un representante do persoal de administración e servizos.
O Consello Escolar do centro terá as seguintes competencias:
a) Avaliar os proxectos e as normas aos que se refire o capítulo II do título V da LOMCE.

b) Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do Claustro do
profesorado, en relación coa planificación e organización docente.
c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director do centro, nos termos que a LOMCE estabelece. Ser informado do
nomeamento e cese dos demais membros do equipo directivo. No seu caso, previo acordo dos seus
membros, adoptado por maioría de dous terzos, propoñer a revogación do nomeamento do director.

e) Informar sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeición ao estabelecido nesta Lei Orgánica
e disposicións que a desenvolvan.

f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar por que se ateñan á normativa vixente. Cando
as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que
prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o Consello Escolar, a instancia de pais, nais ou titores
legais, poderá revisar a decisión adoptada e propoñer, no seu caso, as medidas oportunas.

g) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e
mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o artigo 84.3 da
presente Lei Orgánica, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

h) Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e informar a obtención
de recursos complementarios, de acordo co estabelecido no artigo 122.3.

18
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

i) Informar das directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas Administracións
locais, con outros centros, entidades e organismos.

j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os
resultados das avaliacións internas e externas nas que participe o centro.

k) Elaborar propostas e informes, a iniciativa propia ou a petición da Administración competente,
sobre o funcionamento do centro e mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros
aspectos relacionados coa calidade da mesma.
l) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.

CLAUSTRO (artigo 129 da LOE).

O claustro de profesores é o órgano propio de participación destes no goberno do centro e ten a
responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e, se é o caso, informar sobre tódolos aspectos
docentes do mesmo.

O claustro estará integrado pola totalidade dos profesores e profesoras que presten servizo no
centro e será presidido polo director do centro.
Son competencias do claustro:

a) Formular ao equipo directivo e ao consello escolar propostas para a elaboración dos proxectos do
centro e da programación xeral anual.

b) Aprobar e avaliar a concreción do currículo e todos os aspectos educativos dos proxectos e da
programación xeral anual.
c) Fixar os criterios referentes á orientación, titoría, avaliación e recuperación dos alumnos.

d) Promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica e na formación do
profesorado do centro.

e) Elixir os seus representantes no consello escolar do centro e participar na selección do director nos
termos establecidos por esta lei.
f) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

g) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os
resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.
h) Emitir informe sobre as normas de organización e funcionamento do centro.

i) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se
ateñan á normativa vixente.
j) Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro.

k) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa ou polas respectivas normas de
organización e funcionamento

19
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

4.3.3. ÓRGANOS DE COORDINACIÓN DOCENTE
No IES García Barbón existen os seguintes órganos de coordinación docente:

4.3.3.1.COMISIÓN DE COORDINACIÓN PEDAGÓXICA

A Comisión de Coordinación Pedagóxica (CCP) é o órgano colexiado encargado de coordinar as
ensinanzas e peza fundamental no procedemento de toma de decisións. Coordina de forma habitual e
permanente as labores docentes do profesorado, dos ciclos, dos titores e especialistas, das actividades
lectivas: docentes, complementarias, extraescolares...

Coordina todos os traballos académicos e a actividade lectiva do Centro. A CCP debate asuntos
pedagóxicos. Os temas tratados lévanse aos Departamentos para a súa análise, que poden volver a ser
debatidos noutra CCP.

As súas propostas elévanse ao Claustro e Consello Escolar para a súa aprobación, segundo
corresponda. Este procedemento posibilita a participación de todo o profesorado na toma de
decisións.
Equipo Directivo → CCP ↔ Departamentos → Claustro → Consello Escolar
A comisión de coordinación pedagóxica ten as seguintes competencias (Decreto 324/1996, do
26 de xullo):

- Velar para que a elaboración do plano de orientación académica e profesional e do plano de acción
titorial se realice conforme ós criterios estabelecidos polo claustro.
- Asegurar a coherencia entre o proxecto educativo do instituto e a programación xeral anual.

- Estabelecer as directrices xerais para a elaboración das programacións didácticas dos departamentos,
do plano de orientación académica e profesional, do plano de acción titorial, así como das adaptacións
curriculares.

- Proporlle ao claustro a planificación xeral das sesións de avaliación e cualificación e o calendario de
exames ou probas extraordinarias, de acordo coa xefatura de estudos.

- Canalizar as necesidades de formación continuada do profesorado cara ó Centro de Formación
Continua do Profesorado.
- Proporlle ao director os profesores titores que han formar parte do departamento de orientación.
- Propor os profesores e profesoras que han formar parte do equipo de normalización lingüística.

A CCP está integrada polo director, que é o seu presidente, o xefe ou xefa de estudos do
Réxime Ordinario e os xefes de departamento. Actúa como secretario da comisión, o profesor de
menor idade, designado polo director, ouvidos os restantes membros.

20
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

4.3.3.2. TITORES

A Titoría e a orientación do alumnado forman parte da función docente. Cada grupo de
alumnos e alumnas terá un titor/a. O Xefe/a de Estudos coordinará o traballo e manterá as reunións
periódicas cos titores e titoras individualmente ou en grupo. De xeito semanal, manterase unha
reunión entre a Xefatura de Estudos, o Departamento de Orientación e os titores da FP Básica.

O Departamento de Orientación, en colaboración co profesorado titor, debe desenvolver o Plan
de Acción Titorial, do que se informa a principio de curso a toda a comunidade educativa, e que inclúe
os seguintes temas:

-Favorecer a acollida, integración e participación do grupo. Dar a coñecer as normas de convivencia e
de funcionamento, estratexias de estudo, proceso de avaliación e orientación académica e profesional.

- Solicitar a reunión do equipo docente en caso de necesidades específicas: programa de integración,
conflitos, etc.
- Coordinar a avaliación do grupo e desenvolver as seguintes funcións:

- Presidir as sesións de avaliación e completar a documentación que a xefatura de estudos
Ile entrega na carpeta de titores do USB.
- Manter reunións cos alumnos previas ás sesións de avaliación.
- Manter reunión cos alumnos logo das sesións de avaliación.

-Facilitar a integración dos alumnos e fomentar a súa participación a través de entrevistas persoais e
realización de sesións destinadas a este fin.

- Orientar e asesorar sobre as saídas académicas e profesionais en coordinación coa vicedirección e co
departamento de orientación.

- Canalizar as demandas do grupo a través dos delegados e mediar ante o profesorado e dirección nos
problemas que se susciten.
- Ser escoitado en reunións da comisión de convivencia que afecten ao grupo.
- Trasladar a niveis superiores as suxestións do grupo.

- Informar aos pais/nais e aos alumnos/as en relación coas actividades docentes e o rendemento
académico telefonicamente ou en persoa. En ámbolos dous casos, deberá encher a ficha de
información á familia que se entrega no USB, e da que tamén hai copias na sala de reunións. No caso
das chamadas telefónicas deberá ademais deixar consignados os seguintes datos no libro de rexistro de
chamadas que se atopa na conserxería: data, hora, familia e motivo da chamada.

- Manter unha reunión inicial a comezo do curso cos pais/nais do grupo para informar sobre horarios,
control de faltas, normas de convivencia, horas de titoría, etc.

- Controlar os xustificantes das faltas de asistencia e reflectilos na aplicación XADE respectando os
prazos de xustificación de faltas recollidos no NOF.

21
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Imprimir o boletín de faltas e envialo aos pais/nais dos alumnos/as mensualmente.

- Xestionar o envío da documentación correspondente a apercibimentos e perdas de avaliación
continua.
- Recoller no casilleiro, asinar e selar os boletíns de cualificacións e entregalos trimestralmente
- Conservar o material anterior.
- Recibir visitas de pais na hora fixada para a titoría.

- Manter reunións con pais/nais en casos necesarios, a xuízo da xefatura de estudos ou da maioría de
profesorado do grupo.

- Presidir as xuntas extraordinarias de avaliación en caso de reclamacións, así como recibir
información do resultado das mesmas.

- No caso dos Ciclos Formativos, o titor ou titora responsabilízase de organizar o período de Formación
en Centros de Traballo, elaborar o programa formativo, realizar o seguimento, tanto na empresa como
nas sesións presenciais no centro, e a avaliación deste período formativo.

Toda esta labor ten o seu reflexo na valoración feita en abril de 2016 polo alumnado do
centro que se amosa maioritariamente satisfeito do coñecemento que os titores teñen dos problemas
do alumnado e dos esforzos que os titores fan por tratar de axudalos.

22
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

4.3.3.3. DEPARTAMENTOS

DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN

O departamento de Orientación iniciou as súas actividades coa aplicación da Orde publicada o
24 de xullo de 1998 na que se estabelece a organización e funcionamento da orientación educativa e
profesional na Comunidade Autónoma de Galicia (Decreto 120/1998 de 23 de abril).

Está formado polo xefe de departamento de Orientación, o xefe de departamento de FOL, un
profesor de Ciclos Formativos e un profesor de Bacharelato.

O Departamento de Orientación facilita un servizo de información na rede composto por un
blog (http://orientacion.blogia.com) creado en 2005 e unha páxina en Facebook
(https://www.facebook.com/iesgarciabarbon) .

DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS

Os departamentos didácticos son os órganos básicos encargados de organizar e desenvolver
as ensinanzas propias das áreas, materias ou módulos profesionais correspondentes, e as actividades
que se lles encomenden, dentro do ámbito das súas competencias. Os departamentos didácticos están
compostos por todos os profesores e profesoras que impartan o ensino propio das áreas, materias ou
módulos profesionais asignados ao departamento.

Cando nun departamento se integren profesores e profesoras de máis dunha das
especialidades estabelecidas, a programación e impartición das áreas, materias ou módulos de cada
especialidade corresponderalles aos profesores respectivos.

É competencia dos departamentos didácticos:

- Formular propostas ó equipo directivo e ó claustro relativas á elaboración do proxecto educativo
do instituto e a programación xeral anual.

- Elaborar en prazo, antes do comezo do curso académico, a programación didáctica das
ensinanzas correspondentes ás áreas, materias e módulos integrados no departamento, baixo a
coordinación e dirección do seu xefe ou xefa, e de acordo coas directrices xerais estabelecidas pola
comisión de coordinación pedagóxica.

- Promover a investigación educativa e propoñerlle á xefa de estudos actividades de
perfeccionamento do profesorado.
- Manter actualizada a metodoloxía didáctica.

- Colaborar co departamento de orientación na prevención e detección temperán de problemas de
aprendizaxe, así como na programación e aplicación de adaptacións curriculares, actividades de
reforzo, ampliación e actividades de recuperación para os alumnos e alumnas que o precisen.

23
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Organizar e realizar actividades complementarias en colaboración co departamento
correspondente.

- Organizar e realizar as probas necesarias para os alumnos e alumnas de bacharelato ou de ciclos
formativos con materias ou módulos pendentes e, se é o caso, para os alumnos e alumnas libres.

- Resolver as reclamacións derivadas do proceso de avaliación que os alumnos e alumnas lle
formulen ó departamento e ditar os informes pertinentes.

- Elaborar, a fin de curso, unha memoria na que se avalíe o desenvolvemento da programación
didáctica e os resultados obtidos.

- Propor materias optativas dependentes do departamento, que serán impartidas polos profesores
ou profesoras do mesmo.

De acordo coas ensinanzas impartidas no IES García Barbón existen os seguintes
departamentos didácticos:
FP BACHARELATO
Orientación
Administración Bioloxía e Xeoloxía Inglés
Automoción Debuxo Lingua Castelá e Literatura
Coidados Auxiliares de Enfermaría Economía Latín e Grego
Formación e Orientación Laboral Educación Física Lingua Galega e Literatura
Mantemento Electromecánico Filosofía Matemáticas
Física e Química Xeografía e Historia
Francés Relixión Católica

Cada departamento didáctico terá o seu xefe ou xefa de departamento, que será designado polo
director ou directora do instituto e nomeado pola Xefatura territorial da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, desempeñará o seu cargo durante catro cursos académicos,
renovábeis, de ser o caso.

Segundo o R.O.C. de secundaria (Decreto 324/1996, do 26 de xullo. DOG09-08-96) a xefatura
de departamento será desempeñada por un profesor ou profesora do mesmo que estea en situación
de servizo activo no corpo de catedráticos de bacharelato á entrada en vigor da Lei orgánica 1/1990, do
3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo. No caso de que haxa máis dun, o director ou
directora do centro, oído o departamento, nomeará un deles.

Para as disciplinas nas que non haxa funcionarios que reúnan os requisitos enunciados no
parágrafo anterior desempeñará a xefatura de departamento un funcionario do corpo de profesores de
ensino secundario coa condición de catedrático adquirida.

24
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Cando nun departamento haxa mais dun profesor ou profesora coa condición de catedrático
adquirida, a xefatura do mesmo será desempeñada polo profesor ou profesora coa condición de
catedrático adquirida que designe o director ou directora, oído o departamento.

Cando nun departamento non haxa ningún profesor ou profesora coa condición de catedrático
adquirida a xefatura será desempeñada por funcionarios de carreira do corpo de profesores de ensino
secundario ou, se é o caso, do corpo de profesores técnicos de formación profesional, con destino
definitivo no centro, que designe o director ou directora, a proposta do departamento.
É competencia do xefe ou xefa de departamento:
- Representar ao departamento na comisión de coordinación pedagóxica.

- Responsabilizarse da redacción e supervisión da programación didáctica das áreas, materias
ou módulos que se integran no departamento.
- Dirixir e coordinar as actividades académicas do departamento.

- Convocar e presidir as reunións ordinarias do departamento e as que, con carácter
extraordinario, fose preciso celebrar.

- Responsabilizarse de que se levante acta de reunión do departamento e de que se elabore a
memoria de final de curso.

- Darlles a coñecer ós alumnos é alumnas a información relativa á programación, con especial
referencia aos obxectivos, ós mínimos exixibles e ós criterios de avaliación, elaborados polo
departamento.

- Realizar as convocatorias, cando corresponda, dos exames para os alumnos e alumnas libres,
alumnos e alumnas de bacharelato ou ciclos formativos con materias ou módulos profesionais
pendentes, así como as probas extraordinarias, sempre en coordinación coa xefatura de estudos.
Presidir a realización dos exercicios correspondentes e avalialos en colaboración cos membros do
departamento.

- Realizar o seguimento da programación didáctica do departamento, velando polo seu
cumprimento e a correcta aplicación dos criterios de avaliación.

- Resolver as reclamacións de final de curso que afecten ó seu departamento, de acordo coas
deliberacións dos seus membros, e elaborar os informes pertinentes.

- Coordina-la organización de espazos e instalacións e velar pola correcta conservación do
equipamento específico do departamento.
- Colaborar co secretario ou secretaria na elaboración e actualización do inventario do centro.

4.4.COMISIÓN DE CONVIVENCIA

A comisión do IES García Barbón de convivencia créase ó abeiro do artigo 10 da Lei 4/2011, de
30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa, desenvolvido posteriormente no

25
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

DECRETO 8/2015, de 8 de xaneiro, [...] de convivencia e participación da comunidade educativa en
materia de convivencia escolar.

Esta comisión é a responsable de elaborar un plan de convivencia que se incluirá no PE e que
recollerá e desenvolverá os fins e principios establecidos no artigo 3 da Lei 4/2011 e os regulados nas
leis orgánicas sobre a materia.

É un órgano de planificación, xestión e avaliación da convivencia que se ocupa de canalizar as
iniciativas de todos os sectores da comunidade educativa para mellorar a convivencia e promover a
cultura de paz e a resolución pacífica dos conflitos no centro.

É un órgano consultivo que actúa por delegación do Consello Escolar. Ocúpase da
planificación, xestión e avaliación da mellora da convivencia escolar, e de velar pola correcta aplicación
do disposto na lexislación e nas normas de organización e funcionamento do centro. É un equipo que
promove a mediación na xestión dos conflitos.

A comisión de convivencia está integrada polo director ou directora, que exercerá a
presidencia, a xefa de estudos, dous profesores, dúas profesoras, un pai e unha nai ou dous
representantes legais do alumnado, un alumno e unha alumna e un P.A.S.

Está presidida pola persoa titular da Dirección do centro e un dos seus integrantes actúa como
secretaria ou secretario, quen levantará acta das súas reunións.

O nomeamento das persoas integrantes na Comisión de convivencia nos centros educativos
corresponde ao director por proposta dos colectivos representados. Os seus membros poden coincidir
cos do Consello Escolar, pero non teñen que ser os mesmos, necesariamente.

As reunións da Comisión de Convivencia celebraranse polo menos de unha vez por trimestre.
A Comisión de convivencia exercerá por delegación do Consello Escolar as seguintes funcións:

- Dinamizar todos os sectores da comunidade educativa, incorporando as súas iniciativas no
procedemento de elaboración, desenvolvemento, seguimento e revisión do Plan de convivencia do
centro.

- Adoitar as medidas preventivas necesarias para garantir os dereitos de todos os membros
da comunidade educativa e o cumprimento das normas de convivencia do centro.

- Impulsar accións dirixidas á promoción da convivencia, especialmente o fomento de
actitudes para garantir a igualdade entre mulleres e homes, a igualdade de trato de todos os membros
da comunidade educativa e a resolución pacífica de conflitos.

- Propor ao Consello Escolar as medidas que considere oportunas para mellorar a
convivencia, así como dar conta a este, cando menos dúas veces ao longo do curso, das actuacións
desenvolvidas e das correccións e medidas disciplinarias impostas.

- Propor, de ser o caso, ao director do centro persoas que poidan formar parte do equipo de
mediación.

26
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Coñecer o cumprimento efectivo das correccións e medidas correctoras nos termos que
foran impostas e informar ao Consello Escolar sobre o grao de cumprimento da normativa vixente.
- Realizar o seguimento dos compromisos de convivencia subscritos no centro.

- Elaborar unha memoria anual sobre a análise da convivencia e conflitividade no centro, no
que se reflictan as iniciativas a nivel centro sobre a materia. Este informe será trasladado ao Consello
Escolar do centro e ao correspondente servizo territorial de inspección educativa.

- Aqueloutras que lle sexan encomendadas polo Consello Escolar do centro docente ou polo
órgano da administración educativa con competencias na materia.

O Plan de Convivencia do IES García Barbón integra o principio de igualdade entre homes e mulleres
e estabelece, sobre a base dun diagnóstico previo, as necesidades, obxectivos, directrices básicas de
convivencia e actuacións incluíndo a mediación na xestión de conflitos e contén tamén actuacións
preventivas, reeducadoras e correctoras.

Para a constitución da comisión de convivencia o IES García Barbón tívose en conta o recollido nos
artigos 4, 5 e 6 do DECRETO 8/2015, de 8 de xaneiro. Tamén se considerou o indicado na Sección 1ª
artigo 11,12 e 13 do mesmo decreto.

4.5. EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Constituíuse ó abeiro do recollido no Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no
ensino non universitario de Galicia, ancorado no decreto 124/2007 do 28 de xuño, polo que se regula o
uso e a promoción do galego no sistema educativo.

Créase este equipo de dinamización para ‘potenciar o uso da lingua galega nos centros sostidos
con fondos públicos’. Será nomeado e supervisado pola dirección do centro e estará formado por dous
docentes, un alumno, un P.A.S e o profesor coordinador do Equipo de Dinamización.

O Dinamización da Lingua Galega será o responsable de deseñar e pór en práctica un programa de
promoción e dinamización da lingua no centro.
O galego no IES García Barbón

No estudo sociolingüístico feito observamos que o noso centro se atopa nunha zona onde o
castelán ten unha importante presenza, pois a pesar de que Verín ten raíces rurais, é unha vila situada
na estrada principal que une Galicia e a meseta, que sempre foi un elemento castelanizante. Ademais,
nela están localizados varios centros burocráticos (Facenda e xulgados), e un hospital, ámbitos estes -o
administrativo e o sanitario- que contribuíron ó espallamento do castelán. Outro factor castelanizador,
histórico, foi o dominio que os Alba exerceron na comarca, un dominio vinculado tamén a prevalencia
do castelán.

Na contorna do IES García Barbón pretendemos levar a cabo actividades nas que colaboren
institucións, organismos e colectivos da contorna, ou que polo menos teñan difusión fóra do centro,

27
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

para así afianzar a nosa lingua nesas relacións externas burocráticas, institucionais, profesionais e
familiares.

Dentro do profesorado hai un reparto no uso do castelán e galego moi equitativo, e moitos e
moitas están facendo un curso de novas tecnoloxías no que están usando como lingua vehicular o
galego (falamos, por exemplo, dos blogs, ferramenta usada pola meirande parte dos nosos docentes).
Ademais, constatamos que aínda sendo castelán falantes usan o galego para divulgar as actividades
feitas co alumnado.

O noso centro recolle moito alumnado do rural. Moitos destes rapaces e rapazas, dende o
punto de vista lingüístico, usan nas súas casas o galego, pero no centro existe a tendencia a falar
castelán cos compañeiros e compañeiras. Non o fan por prexuízos lingüísticos, senón porque se
acostumaron. Pola contra, os castelán falantes non soen falar en galego, e inda coa docente de Lingua
galega cústalles. Podemos dicir, xa que logo, que o castelán está moi asentado no alumnado, e vemos
que hai alumnos e alumnas que para falar na nosa lingua teñen que ir traducindo mentalmente,
cometendo grandes erros, e sen seren capaces de facer un discurso fluído.

Poderíase definir a situación lingüística do centro considerando que a pesar de todos os
aspectos negativos comentados, se fai un uso pleno do galego nas actividades realizadas e na
divulgación destas (carteis, pancartas, etc ). Igualmente, é o galego a lingua usada en todo o
relacionado coa burocracia: documentación interna ou dirixida a docentes, alumnado, familias,
contorna, institucións e organismos colaboradores.
Obxectivos

Os obxectivos marcados para o centro inclúen conseguir que o galego siga sendo a lingua
empregada no funcionamento e actividades do centro: actas, comunicados, anuncios, letreiros, carteis,
vídeos, relatorios, actividades internas e de proxección ó exterior, etc. Tamén, potenciar a eliminación
de prexuízos lingüísticos na comunidade escolar, e trasladar isto a toda a contorna.

En canto ó profesorado pretendemos axudar aos docentes do centro para que utilicen a nosa
lingua nas aulas, facilitándolle todo tipo de material en galego que demanden, co gallo de potenciar e
facilitar o achegamento e uso da nosa lingua nas súas aulas. Tamén é un obxectivo fomentar a presenza
do galego nas novas tecnoloxías.

Por último, no que atinxe ó alumnado queremos lograr que se desenvolvan con soltura no noso
idioma, tanto a nivel oral como escrito e, se se dera o caso, axudalos a superar o complexo de
inferioridade que poidan chegar a ter pola discriminación que sofre o galego na nosa sociedade.

Tamén queremos fomentar a presenza do galego nas novas tecnoloxías, para que así se afiance o
uso da lingua no contexto TIC, unha achega que tan boa imaxe pode dar para o noso idioma pola
importancia que este ten na sociedade actual, tan tecnoloxizada. Por último, queremos consolidar a

28
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

fórmula galego=plena lingua de cultura facendo uso desta en tódalas actividades realizadas polo
alumnado (certames, celebración de festividades, etc.).
Actividades propostas
Plurianuais

Proxecto Salvavidas: actividade aberta ó conxunto do alumnado, levada a cabo polo ciclo de
Coidados Auxiliares de Enfermaría. Consistirá en facer debates sobre o transplante e doazón de

órganos, enquisas sobre a opinión e coñecemento do tema entre a poboación, charlas, vídeos dos
alumnos abordando o tema, creación de blog para subir materiais, e marcha a pé ou en bicicleta con
dorsais que publiciten a doazón.

Actividades co IES Castro de Baroncelli e Xesús Taboada Chivite relacionadas co Entroido e Letras
Galegas.

Xornadas de Información Académica e Orientación para o emprego. Os obxectivos desta actividade
son: - Publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia – con fincapé na
comarca de Verín- e as súas posibilidades de emprego.
- Dar a coñecer experiencias de emprendemento na comarca de Verín.

- Informar sobre os organismos de apoio e asesoramento ao emprego e ao
emprendemento.

- Facilitar o asesoramento e o consello de antigos estudantes –universitarios e de
formación profesional- no ámbito académico e laboral.
- Asesorar sobre as posibilidades das oposicións como sistema para buscar emprego.

- Entender o papel da aprendizaxe de linguas estranxeiras no futuro profesional.
Publicitar a oferta formativa de Formación Profesional en Galicia- con fincapé na comarca de Verín-e
as súas posibilidades de emprego.


Blogs, onde se suba o material elaborado por profesorado e alumnado.

Vídeos feitos polo alumnado, e colgados na rede.

Facebook e páxina web do centro, na que se está a traballar dende varios departamentos.


Colaboración coa Garda Civil na elaboración dun vídeo sobre as drogas

Excursión ó Courel, se hai presuposto: encontro co alumnado do centro courelán, e recital poético ó
redor da figura de Manuel María. Visita á casa de Uxío Novoneyra, sempre e cando o fillo nos poida
atender, e ruta de sendeirismo.

III CONCURSO FOTONTROIDO. A importancia etnográfica do Entroido na nosa vila é un feito salientable,
e atopamos nel unha oportunidade para a dinamización lingüística. Recollendo e
continuando a experiencia iniciada hai dous cursos, organizaremos novamente o III Concurso

29
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Fotográfico Entroido de Verín. Os rapaces enviarán ao enderezo electrónico
concursoentroidodeverin@gmail.com as fotografías tiradas durante o Entroido 2016. Achegan, para
cada imaxe, un texto orixinal relacionado coa fotografía, e que non supere os 140 caracteres.
Subiremos as fotografías e os textos recibidos a: blog (http://normacigarron.blogspot.com.es/).
Ademais, dende a nosa conta de Twitter difundiremos cada unha desas imaxes co seu texto. Resultará
gañadora aquela que acade máis retuiteos.

Conmemoración do Día das Letras Galegas: Os IES Xesús Taboada Chivite, García Barbón e Castro de
Baronceli realizaremos unha homenaxe conxunta ao poeta Manuel María para festexar o Día das

Letras, en colaboración cos respectivos Departamentos de Lingua e Literatura Galega. A actividade
consistirá en ilustrar poemas do homenaxeado.

Club de lectura en galego: actividade na que poderán apuntarse tanto alumnos como profesores. É
anual, e nela promoverase a lectura de libros en galego.

Concurso de calacús: Elaboración de calacús, que poderán incluír mensaxes en galego. O cartel das
bases estará feito en galego. No concurso poderá participar toda a comunidade educativa.

A árbore dos desexos: Nunha árbore feita polos do ciclo de mantemento toda a comunidade educativa
colgará os seus desexos en galego para o ano 2016

A caixa dos parabéns: Toda a comunidade educativa estará invitada a depositar os seus parabéns nela.
Condición: deben facerse en galego, e poden ir dirixidos a calquera membro da comunidade
educativa. O último día de clase serán repartidos ós seus destinatarios, previa censura da dirección.

Proxección dos vídeos feitos polo alumnado

Actividade para o Día do Libro: pendentes de confirmar por Biblioteca, coordinadora da actividade.

Charla sobre a violencia de xénero a cargo de servizos sociais.

Elaboración de folletos, formato revista, en liña, e nos que se informará de actividades e traballos do
centro. Por exemplo, o que publicita as actividades de Nadal.

Concurso tarxetas de Nadal

Elaboración de vídeos-documentais de variadas temáticas: Violencia de xénero. As relacións tóxicas.O
consumo de drogas. Traballos de investigación: O estudo da nosa natalidade. A orografía
galega.

4.6. BIBLIOTECA

De acordo coa lexislación vixente, no instituto funciona un Equipo de dinamización da
Biblioteca.

A distribución horaria fíxose en función das necesidades do centro e tendo en conta a
dispoñibilidade. Soamente temos persoal na biblioteca durante os recreos, para facer solicitude ou
devolución de materiais didácticos.

30
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

A orde do 17 de xullo de 2007 (DOG de 24/07/2007), no seu artigo 10º, establece que son
funcións do dinamizador da Biblioteca:

- Elaborar, en coordinación co profesorado colaborador, o proxecto anual de biblioteca escolar
e a memoria final.

- Coordinar, seguindo as directrices da consellería, a elaboración e posta en práctica do
proxecto lector de centro, coa participación de todo o profesorado.
- Realizar o tratamento técnico dos fondos (seleccionar, organizar, clasificar e catalogar).
- Informar ó claustro das actividades da biblioteca e integrar a súas suxestións.
- Difundir os fondos existentes e as súas posibilidades de consulta entre toda a comunidade
escolar.
- Definir os criterios para o préstamo e atender o servizo xunto co equipo colaborador.

- Asesorar ó profesorado en técnicas de animación á lectura, estratexias de dinamización,
formación de usuarios e traballo documental. Seleccionar e elaborar materiais, xunto co resto do
profesorado, para a formación do alumnado nestes aspectos.
- Coordinar o equipo colaborador da biblioteca escolar.
- Representar o equipo de biblioteca na Comisión de Coordinación Pedagóxica.

- Aqueloutras funcións que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
estableza na súa normativa específica sobre bibliotecas escolares.

4.7. CLUBES DE LECTURA

Dentro das actividades relacionadas co traballo de biblioteca comezamos este ano coa
experiencia dos clubs de lectores, de todo o alumnado do centro. Achegalos á lectura non é unha
tarefa sinxela, pero cando somos quen de crear, sempre en torno á lectura, un clima de afectividade e
entusiasmo, semella moito máis sinxelo. A finalidade primordial dos nosos clubs de lectura é fomentar
o gusto pola lectura como forma de diversión e aprendizaxe. Ler axiliza a intelixencia, fomenta a
capacidade de pensar e o sentido crítico das persoas. A lectura é un instrumento esencial no
desenvolvemento intelectual e humano dos/as adolescentes, e ademais estimula a curiosidade
intelectual o mellora os coñecementos. No caso do club de lectura/conversa en inglés queremos
axudar ó alumnado a superar as dificultades coa lingua estranxeira mellorando a competencia
lingüística, o vocabulario e a ortografía.

A dinámica de funcionamento establecida para os clubs consiste en acordar lecturas, temas e
actividades trimestrais que son postos en común nas reunión feitas mentres se comparte un xantar ou
ben pola tarde. Estas reunións compleméntanse con outros materiais (audiovisuais, textuais, etc.)
achegados polos profesores responsables das coordinacións dos clubs.

31
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

O calendario de actividades é sempre negociado e adaptado ás necesidades de cada grupo e as
necesidades das actividades desenvolvidas.

4.8. COORDINACIÓN DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

O módulo profesional de Formación en Centros de Traballo, coñecido como FCT, é un bloque de
formación específica no que os obxectivos están constituídos por un conxunto de capacidades
terminais elementais. Estas actividades formativas constitúen os contidos que o alumnado debe
realizar nun centro de traballo.

Ten carácter obrigatorio en todos os ciclos formativos. Desenvolverase procurando aplicar as
competencias profesionais adquiridas no centro educativo e complementándoas con aquelas
previamente identificadas entre as actividades produtivas do centro de traballo.

Posibilitará avaliar os aspectos máis relevantes da competencia profesional do alumnado e
constituirá a última fase de formación.

A realización da FCT require a colaboración estreita entre o centro educativo e as empresas,
formalizada mediante un Convenio entre ambas institucións.

Neste convenio, ámbalas entidades comprométense a designar o/a responsable por parte da
empresa e o titor ou titora do centro educativo, para o adecuado seguimento e posterior avaliación do
alumnado. Tamén acordan un programa formativo coas actividades que fará o alumnado na empresa.
A duración da FCT nos ciclos do IES García Barbón é:
CS Administración e Finanzas - 384 horas
CM Mantemento electromecánico - 410 horas
CM Electromecánica de vehículos -410 horas
CM Xestión Administrativa – 410 horas
CM Coidados Auxiliares de Enfermaría 440 horas
FPB Servizos Administrativos – 320 horas
FPB Mantemento de Vehículos – 320 horas
Os períodos de realización da FCT dos alumnos de 2º curso de ciclos son:
CS Administración e finanzas: de abril a xuño en primeira convocatoria.
CM Mantemento Electromecánico: de abril a xuño en primeira convocatoria.
CM Electromecánica de vehículos: de abril a xuño en primeira convocatoria
CM Xestión Administrativa: de abril a xuño en primeira convocatoria.
CM Coidados Auxiliares: de setembro a decembro en primeira convocatoria.
FPB Servizos Administrativos: de abril a xuño en primeira convocatoria.
FPB Mantemento de Vehículos: de abril a xuño en primeira convocatoria.

32
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

O desenvolvemento da FCT esixe a elaboración dun Plan Individualizado, que consiste no
conxunto de actividades formativo-produtivas, ordenadas no tempo e no espazo, que debe realizar o
alumnado durante as horas estabelecidas para tal fin no centro de traballo.

Os Plans Individualizados que se aplican en cada centro de traballo son elaborados entre a
titora ou o titor do ciclo formativo (axudado polo equipo docente) e os/as responsables das empresas.
Procúrase que os contidos dos programas de prácticas sexan o máis axeitados ao currículo do ciclo e
que se adapten perfectamente á organización e produción da empresa.
Na xestión do módulo de FCT son obrigatorios, ademais, os seguintes documentos:

- Convenio específico que recollerá a relación do alumnado por cada centro de traballo. A
duración do convenio específico de colaboración será a prevista para o período de desenvolvemento
do módulo da FCT, que se considerará improrrogábel.

- Carpeta de seguimento e avaliación da FCT, documento individual para cada alumno/a que
incluirá: o Plan Individualizado e follas semanais para o seguimento das actividades realizadas polo
alumnado.

O/A titor/a do centro educativo estabelecerá canles de comunicación co/a responsable do
centro de traballo para realizar tarefas propias de titoría que garantan o seguimento e avaliación do
alumnado.

Áparte das visitas previas de xestión, o/a titor/a do centro educativo estabelecerá dúas visitas
mínimas para observar as actividades que o alumnado realiza, e rexistrar o seu propio seguimento. Este
calendario poderase completar con cantas visitas ou mecanismos de contacto se consideren
oportunos.

A avaliación do módulo da FCT ten por obxecto determinar a competencia profesional,
entendida esta como a habilidade para realizar papeis ou postos de traballo aos niveis requiridos de
emprego. A avaliación corresponde ao profesor titor do centro educativo e colaborará a persoa
responsábel designada polo centro de traballo para o seguimento del.
Obxectivos

- Mediante a formación que se realiza na empresa, os alumnos e alumnas poden observar e
desenvolver as actividades e funcións propias da súa profesión dunha maneira real.

- O alumnado pode coñecer tamén a organización dos procesos produtivos ou de servizos e a
realidade cotiá das relacións laborais.

- En todo momento, o alumnado está orientado e asesorado polos responsábeis designados a
tal fin pola empresa e polos titores/as do centro educativo. Deste modo, aumenta a implicación
empresarial na formación do alumnado.

- Este módulo realízase, con carácter xeral, ao finalizar os módulos impartidos no centro
educativo, unha vez que o alumnado adquiriu as capacidades básicas para desenvolver a profesión.

33
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Temos un docente coordinador da FCT e á súa vez cada grupo de 2º curso de FPB, CM e CS conta cun
titor de FCT.

O coordinador de formación en centros de traballo asesora ós titores dos ciclos naqueles
aspectos que lle son propios, para o que manterá as reunións periódicas necesarias con eles.
É competencia da coordinadora de FCT:
- Supervisar e dirixir o programa de formación en centros de traballo.

- Encargarse, por delegación do director ou directora, das relacións coas institucións
empresariais, laborais, etc., que poidan estar interesadas no programa.
- Difundir o programa a nivel interno e externo.

- Controlar, supervisar e valorar as actividades levadas a cabo polos titores e titoras dos ciclos
formativos convocando, polo menos, unha reunión mensual con eles.
- Aqueloutras funcións que a Consellería de Educación estabeleza na súa normativa específica.

4.9. ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS

A administración do centro depende do secretario, baixo a responsabilidade da dirección. As
funcións principais que inclúe son tres: oficina, conserxería e limpeza.

Para as funcións de administración (abarcando dende matriculación, certificados,
correspondencia, rexistros de entrada e saídas de documentos oficiais, etc.) contamos cunha auxiliar
administrativa.

No servizo de conserxería dispoñemos de dúas persoas (unha en horario de mañá e outra en
horario de tarde) encargadas de apertura e peche de portas, atención e distribución de chamadas,
entrega e reposición de partes de faltas de asistencia, servizo de reprografía, etc.
No servizo de limpeza contamos con dúas persoas que traballan en horario de tarde.

4.10. CAFETARÍA

Existe no centro unha cafetaría que funciona en réxime de concesión, que se rexe polas
directrices que se especifican na convocatoria pública.

5. HORARIO XERAL DO CENTRO

O horario do centro réxese pola normativa da Consellería en que se aproba o calendario
escolar para o curso académico nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade
Autónoma de Galicia para a Educación Secundaria, o Bacharelato e a Formación Profesional. Para o 2º
curso de bacharelato a actividade lectiva ordinaria acabará de acordo coas datas previstas para as
probas de aptitude para o acceso á universidade e para os grupos de 2º de Ciclos Formativos de

34
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

tódolos graos (básico, medio e superior) rematarán no mes de abril para aquel alumnado que realiza a
FCT en primeira convocatoria.

O centro, a proposta do claustro de profesorado, elixe dous días non lectivos, por conveniencia
ou tradición pedagóxica segundo as normas que marque a Consellería de Cultura, Educación e O.U. No
caso do noso centro coinciden normalmente coa celebración de festividades locais relacionadas co
Entroido.

Os días lectivos distribúese en xornadas partidas con horario de apertura das instalacións ás
8.30 horas e peche ás 21.30 horas. As sesións de clase teñen unha duración de 50 minutos, agás nas
ensinanzas de adultos, cunha duración de 45 minutos.

Tódalas ensinanzas agás a Educación de Adultos inicia a xornada matinal ás 8.50 horas e
prolóngase ata 14.20 horas.

No caso dos grupos de Bacharelato e Formación Profesional Básica Inicial esta xornada
esténdese ós luns pola tarde con dúas sesións en horario de 16.35 horas ata as 18.15 horas.

No Ciclo Superior e nos Ciclos Medios tamén teñen clase os luns e os martes pola tarde con
tres sesións en horario de 15.45 horas a 18.15 horas.
A xornada lectiva dos grupos de Educación de Adultos iníciase ás 16.45 horas ata as 21.30
horas.

As sesións da Escola Oficial de Idiomas distribúense ó longo da tarde de 16:00 horas ata as
21.30 horas.
O horario de verán é en Xullo de 09:00 a14:00 horas e en Agosto de 10:00 a 13:00 horas.

6. OBXECTIVOS, RESULTADOS E XESTIÓN. MARCO TEMPORAL E ACTIVIDADES
6.1. CENTRO

Os obxectivos específicos de centro, así como os resultados agardados e os responsables da súa
xestión amósanse no seguinte cadro resumo que abrangue o período 2013-2017.

OBXECTIVOS ESPECÍFICOS MEDIDAS A DESENVOLVER RECURSOS DISPOÑIBLES MPORALIZACIÓN
- Promoción da oferta formativa nos nosos Mensual
blogs. Quincenal
- Informar de todas as actividades do centro nas
contas de Facebook. - Equipo Directivo.
- Visitas guiadas de todos os centros da comarca. - Departamento Anual
1.- Aumentar a matrícula do centro. - Información das nosas actividades no xornal de Orientación.
mensual BARRIOS. Mensual
- Envío de información por correo postal e correo
electrónico aos centros -Verín e outras zonas- Trimestral

35
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

e outras entidades. - Profesorado de
-Participación cun stand informativo na Feira Ciclos e Bacharelato. Anual
do Lázaro - Equipo Directivo.
- Equipo Directivo
- Promover o coñecemento e o uso dos - Profesorado
Semanal
nosos recursos en Internet. - Departamento
http://app.emaze.com/552060 de Orientación
http://goo.gl/anWJXZ
2.- Mellorar o uso educativo das TIC .
- Dotación de novos equipos informáticos - Dotación económica
Anual
dispoñible.
- Uso da aplicación Xade para poñer as faltas de
- Habilitar ao profesorado
3.- Fomentar a implicación do asistencia e as notas en cada avaliación.
para as tarefas Semanal
profesorado nas actividades Consulta de datos básicos do grupo no que
anotadas.
administrativas (XADE) se imparte docencia.

4.- Fomentar a implicación do
- Normas básicas a ter en conta. Trimestral
profesorado no coidado de - Protocolo para resolver
- Problemas técnicos de conexión e solucións. Semanal
ordenadores incidencias básicas.
e no funcionamento de Internet
- Realización de dúas enquisas de avaliación
da satisfacción do alumnado (xaneiro e maio).
5.- Fomento da cultura avaliativa
- Elaboración de informes e comunicación - Departamento de Anual
no centro (avaliación da satisfacción
de resultados. Orientación
do alumnado).
- Publicación en Internet de datos cuantitativos.
6.- Elaboración do Proxecto
- Elaborar o PE. - Equipo Directivo Anual
Educativo (PE)
7.- Revisión e actualización das
Normas de Organización e - Revisar e actualizar as NOF. - Equipo Directivo Anual
Funcionamento (NOF)
- Continuar e mellorar o proxecto de titorías
- Departamento
individualizadas.
8.- Mellora xeral da convivencia de Orientación Semanal
- Potenciar a titoría entre iguais (mediación)
no centro. - Titorías Trimestral
- Fomentar a realización
-Profesorado Semanal
actividades extraescolares.
- Departamento
de Orientación
9.- Axuda académica ao alumnado. - Continuar e mellorar o proxecto de titorías Semanal
- Titorías
individualizadas.
-Profesorado
- Coñecemento e uso dos nosos recursos - Departamento de
de orientación en Internet. Orientación
10.- Orientación académica e laboral
http://app.emaze.com/552060 - Titorías Semanal
do alumnado.
-Profesorado
- Continuar e mellorar o Proxecto ATEI - Departamentos de

36
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

de orientación académica e laboral. Formación Profesional.
- Realización de cuestionarios de Orientación. Anual
- Entrega de carpetas informativas.
- Charlas grupais. Mensual
-Organización das Xornadas de Orientación
Laboral Anual
-Participación na plataforma de orientación
online UVENI Anual
-Seguimento do alumnado no convenio de
Portas Abertas para alumnado de Bacharelato Anual
que participan en breves estancias profesionais
en empresas
- Seguimento do programa de pre-inserción labora Anual
Portas Abertas
para alumnado de Formación
Profesional Básica Inicial
- Participación no PFPP 2015/2017 co proxecto
11.- Participación do centro A integración didáctica das TIC no uso para
- Equipo Directivo. Bianual
nun Plan de Formación Permanente o traballo cooperativo en rede a través de
do Profesorado (PFPP) espazos virtuais. Educación Dixital.

12.- Participación en Programas - Solicitar a nosa participación no Programa - Equipo Directivo. Anual
Europeos Erasmus +KA1

- Continuar a renovación do sistema de - Equipo Directivo.
iluminación. - Departamento de
13.- Potenciar as medidas de aforro Anual
- Estudar a posta en práctica de medidas de Mantemento
enerxético
aforro na calefacción do centro. Electromecánico.
-Actualización dos documentos organizativos
do centro (NOF e PE).
Anual
-Establecemento de vías de comunicación coa
14. Posta en práctica das -Equipo directivo
comunidade educativa.
recomendacións do Plan de Mellora - Titores
-Redución do absentismo en bacharelato
da Inspección Educativa -Orientación Semestral
-Elaboración de informes de avaliación final en
Bacharelato para o alumnado que non acade
Anual
unha valoración positiva.

6.2.DOCENCIA

No IES García Barbón ofrécense as ensinanzas de Réxime Ordinario: Bacharelato, Ciclos
Formativos de grao medio e grao superior e Formación Profesional Básica Inicial. Tamén se ofertan as
ensinanzas de Adultos e Aulas Mentor, así como unha sección da Escola Oficial de Idiomas.
Dentro dos obxectivos de docencia consideramos:
37
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

A conseguir no alumnado:
- Ensinanza que promova valores coma a solidariedade e a non discriminación.
- O estímulo do espírito critico no colectivo estudantil, educando persoas tolerantes.

- A defensa da educación na liberdade, no pluralismo e na convivencia, respectando as diferenzas
entre os pobos e os individuos.

- O fomento do interese pola aprendizaxe, creando as condicións e ambientes nos que o noso
alumnado se vexa motivado para investigar, indagar e aprender.
- O coñecemento, respecto e colaboración co entorno natural.

- A integración do instituto no noso entorno social, económico e cultural, favorecendo a
incorporación e inserción activa dos alumnos/as no mesmo.

- A transmisión de coñecementos para tentar conseguir que o alumnado teña unha actitude aberta
e receptiva aos cambios que o progreso e a técnica nos aportan.
- Desenvolver o maior número posíbel de aprendizaxes das materias en galego.
- Propor un maior número de actividades extraescolares para o coñecemento da nosa cultura.
- Crear un entorno propicio, favorecedor da comunicación na nosa lingua.

- Fomento da multiculturalidade, valorando o coñecemento doutras rexións, países e as súas
culturas.
- Inquedanza pola investigación nos distintos eidos do saber.
- Capacitación para a incorporación ao mundo laboral.
- Concienciación sobre a mobilidade xeográfica no traballo.

- Un tratamento axeitado a diversidade, potenciando a aprendizaxe dos alumnos/as en función das
súas capacidades. Potenciación dos intercambios culturais.
A conseguir no profesorado:
- Fomentar o traballo en equipo e o seu protagonismo social, así coma a súa promoción científica.

- Crear un ambiente de traballo grato, tanto no aspecto humano coma no de medios, tentando
conseguir unha colaboración no uso deles.

6.3. CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN
CRITERIOS DE PROMOCIÓN EN BACHARELATO
Promocionan a 2º de Bacharelato:
- O alumnado que consiga avaliación positiva en todas as materias cursadas.
- O alumnado con avaliación negativa nunha ou dúas materias.

- O alumnado que conseguise a promoción a 2º curso con materias avaliadas negativamente deberá
cursalas ao longo do ano. O centro organizará as actividades de recuperación e avaliación das materias
pendentes.

38
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

CRITERIOS DE TITULACIÓN NO BACHARELATO

- Ao rematar o segundo curso de Bacharelato, os alumnos e alumnas que obteñan avaliación positiva
en todas as materias, obterán o título de Bacharel.

- Poderase permanecer escolarizado en Bacharelato durante catro cursos académicos no réxime
ordinario.

- A Matrícula de Honra en 2º de Bacharelato será para os estudantes que obtivesen no 2º curso de
bacharelato unha nota media igual ou superior a nove puntos. A dita mención concederáselle a un
número de alumnos non superior ao 5% do total de alumnado deste curso. En caso de empate, terase
en conta a media das cualificacións obtidas no conxunto dos dous cursos de Bacharelato.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN EN CICLOS

Nos ciclos formativos LOE o alumnado promocionará a segundo curso cando teña superado
tódolos módulos do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou módulos pendentes non
supera as 300horas.

Nos ciclos formativos LOE e LOGXE o alumnado accederá á FCT no segundo curso cando teña
superado tódolos módulos profesionais cursados no centro.

Na Formación Profesional Básica Inicial promocionarán a segundo curso aqueles alumnos que
superen a totalidade dos módulos de formación do primeiro curso ou aqueles nos que os módulos
profesionais asociados a unidades de competencia pendentes non superen o 20% do horario semanal e
superasen o módulo de Comunicación e Sociedade ou o módulo de Ciencias Aplicadas.

CRITERIOS DE TITULACIÓN EN CICLOS FORMATIVOS

Nos Ciclos formativos LOE, LOMCE e LOGXE o alumnado titulará cando teña superado tódolos
módulos profesionais e obteña unha cualificación positiva no período de Formación en Centros de
Traballo (FCT).

A Matrícula de Honra en Ciclos formativos será para os estudantes que obtivesen unha nota final de
ciclo igual ou superior a nove puntos. A dita mención concederáselle como máximo a dous alumnos.
No caso de que o alumnado con opción a titular sexa inferior a vinte só se poderá conceder unha
matrícula de honra.

CRITERIOS DE PROMOCIÓN EN ADULTOS

Na Educación Secundaria de Adultos a promoción de nivel será levada a cabo por ámbito de
xeito independente. Ó superar un ámbito o alumno poderase matricular do seguinte nivel. De xeito
excepcional, cando un alumno matriculado no Módulo I ou III dun só ámbito, non supere este na
convocatoria ordinaria, poderá realizar matrícula do Módulo II ou IV respectivamente dese mesmo

39
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

ámbito, condicionado a aprobar o módulo I ou III na proba extraordinaria de Maio. De non superalo, no
poderá presentarse ás probas de avaliación do Módulo IV.

CRITERIOS DE TITULACIÓN EN ADULTOS

O alumnado matriculado nas ensinanzas de adultos obterá a titulación unha vez superados
tódolos ámbitos do módulo IV.

6.4. TRATAMENTO TRANSVERSAL DA EDUCACIÓN EN VALORES

A Lei Orgánica 8/2013, de 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (BOE, 10 de
decembro de 2013), en relación aos principios da educación, destaca a transmisión e posta en práctica
de valores que favorezan a liberdade persoal, responsabilidade, a cidadanía democrática, a
solidariedade, a tolerancia, a igualdade, o respecto e a xustiza, así como os que axuden a superar
calquera tipo de discriminación.

A través das programacións didácticas, o plan de acción titorial e actividades formativas
(obradoiros, conferencias,..) o centro propón desenvolver as seguintes obxectivos:

- Potenciar nos nosos alumnos a participación activa, a colaboración solidaria, o respecto por
outras formas de pensar e actuar e o rexeitamento de actitudes e ideas que supoñan discriminación
cara a outros en situacións de inxustiza e desigualdade.

- En canto á educación cívica pretendemos valorar positivamente a diversidade humana, impedindo o
xurdimento de condutas xenófobas e intolerantes. Intentando fomentar nos alumnos e alumnas unha
valoración positiva da diversidade cultural do mundo, como factor de enriquecemento persoal.

- A educación para a saúde desenvolverase traballando conxuntamente para que os nosos alumnos
adquiran modos de vida saudable (para previr hábitos de drogodependencia, alcoholismo e
tabaquismo), hixiene, esforzo, atención, compromiso e autocrítica.

- A educación para a paz facémola a través do estudo dos pobos e sociedades doutros lugares do
planeta como contidos conceptuais de diversas materias, o que nos permite realizar actividades que
aviven o interese dos alumnos e alumnas polo coñecemento e comprensión de pobos e culturas
distintas da nosa.

- A educación non sexista traballarase intentando evitar a discriminación por motivo sexual, que
aínda persiste na nosa sociedade.

- A educación ambiental levarase a cabo mediante a descrición dos diversos medios naturais da Terra
e a análise das relacións do ser humano e o medio natural. Os contidos están orientados cara a esta
temática e dan as pautas para a análise de problemas ambientais concretos: espazos; problemas;
transformación do medio e os seus límites éticos; desenvolvemento sustentable …

40
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

7. ORIENTACIÓN

No eido da Orientación distinguiremos tres niveis: profesorado, titor e o departamento de
Orientación.

- Profesorado: O profesor/a debe aportar toda a información e orientación didáctica no campo da súa
materia.

- Profesor-titor: Seguir os obxectivos do plan de acción titorial sen esquecer a propia iniciativa na
procura da orientación individualizada que se lle solicite.

O Plan de Orientación do IES García Barbón ten a súa base principal na lectura e análise das
Memorias dos cursos anteriores.

Procuramos dar continuidade ás distintas propostas de intervención potenciando de maneira
planificada e decidida o uso das novas tecnoloxías da información e da comunicación como eficaz
ferramenta para mellorar os procesos de información académica e profesional do alumnado.

O Plan de Orientación pretende continuar e mellorar o traballo xa realizado, é dicir, dar
resposta de maneira necesariamente colaborativa, ás necesidades educativas do alumnado, o
profesorado e as familias.

Tendo en conta as distintas modalidades de ensinanzas, o Departamento de Orientación quedará
formado polos seguintes membros: o xefe do departamento e Orientador, o xefe de departamento de
FOL, un profesor de bacharelato e outro de ciclos.

7.1. OBXECTIVOS XERAIS

- Promoción de accións de colaboración e de coordinación entre os servizos de orientación no
ámbito educativo (entre orientadores/as dos centros de secundaria da comarca) e laboral -Servizo
Galego de Colocación, Servizo de Emprego do Concello de Verín e Departamento de F.O.L.-.

- Facilitar asesoramento psicopedagóxico especializado á Comisión de Coordinación
Pedagóxica- especialmente nas medidas de atención á diversidade e no que se refire á acción titorial-.
Manter reunións de coordinación co equipo directivo quincenalmente.

- Colaborar co equipo directivo na realización das visitas que fai o alumnado doutros centros
para coñecer a nosa oferta formativa e as nosas instalacións.

- Orientar ó alumnado no ámbito académico, profesional e laboral. Atención preferente ao
alumnado que finaliza un ciclo medio ou superior, Formación Profesional Básica, alumnado con
necesidades educativas especiais e educación de persoas adultas. Colaborar co equipo directivo na
organización das actividades das Xornadas de Información Académica e Orientación para o emprego.

41
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

7.2. ACCIÓN TITORIAL

A acción titorial pódese definir como o conxunto de accións educativas que se deseñan e
realizan nun centro educativo para favorecer no alumnado a aprendizaxe, a socialización, a toma de
decisións e o desenvolvemento pleno da súa personalidade. Por esta razón débese considerar que a
acción titorial está intimamente relacionada co desenvolvemento da función docente.
Pártese dos seguintes principios:
1.- A totalidade do equipo educativo e non só o profesor/a titor/a é responsable de apoiar ó alumno/a
no seu proceso de aprendizaxe e orientación.

2.- O profesor/a titor/a debe actuar como canalizador das aportacións dos profesores/as do seu grupo
e como coordinador das intervencións de orientación escolar, persoal e profesional.

3.- A función titorial é unha tarefa colaborativa, na que deben intervir a totalidade do profesorado do
grupo de alumnos/as.
4.- O orientador asesorará e apoiará ó profesorado no desenvolvemento da función titorial.

Os obxectivos xerais que se perseguen a través da acción titorial serían: 1.- Favorecer a
integración do alumnado no seu grupo e no centro, xerando un clima de convivencia, tolerancia e
colaboración.
2.- Potenciar o desenvolvemento persoal, social e cognitivo do alumnado.

3.- Contribuír a personalizar a relación educativa, fomentando a confianza entre alumnos/as e
profesores á hora de tratar as posibles dificultades e canalizar a axeitada atención e resposta ós
intereses, suxestións e necesidades do alumnado.

4.- Axudar e orientar ó alumnado sobre os seu rendemento académico, colaborando na ensinanza de
habilidades de traballo e na adquisición de hábitos de estudio eficaces.

5.- Coordinar os procesos de avaliación do grupo e posta en marcha das medidas educativas para dar
resposta ás necesidades detectadas.

6.-Proporcionar ó alumnado información e asesoramento en relación coas diferentes opcións
académicas e profesionais.
7.- Potenciar a información e comunicación permanente coas familias.

Dentro das tarefas e actividades da titoría considérase unha acción inicial a principio de
curso que consistirá en:

1.- Proporcionar ós pais ou titores legais a seguinte información: horario do curso, nome do titor/a,
hora e día dedicado a titoría e teléfono do centro. Das faltas de asistencia: xustificación e influencia na
cualificación da avaliación.

Cando un alumno/a falte a unha ou varias clases reiteradamente porase en coñecemento dos pais
ou titores legais de inmediato, nun principio por carta e, se non hai resposta, a través do teléfono.

42
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

2.- Nos primeiros días do curso informará ós alumnos/as das Normas de Organización e Funcionamento
do Centro.
3.- Coordinar a elección de delegado/a de curso (na primeira quincena de outubro).
Trimestralmente os titores encargaranse de:
1.- Organizar e presidir as sesións de avaliación do seu curso.
2.- Facer a valoración trimestral do seu grupo.
3.- Cubrir os documentos oficiais relativos ó grupo.

Ó longo do curso os titores serán os encargados de: 1.-Velar polo bo estado da aula: orde, limpeza,
coidado de material e instalacións. Tomará as medidas pertinentes para que se atope en perfecto
estado. Calquera dano ou situación anómala que se detecte poras en coñecemento do equipo
directivo.
2.- Facilitar a integración do alumno/a no grupo.

3.- Informar ó equipo de profesores/as do grupo, dos problemas específicos que presenten os
alumnos/as.
4.- Animar e motivar ó grupo a que participe nas actividades complementarias e extraescolares.
5.- Asistir ás reunións convocadas pola Xefa de Estudios e o Departamento de Orientación.

6.- Recoller información dos profesores/as que imparten clase no seu curso. As queixas, problemas e
opinións transmitiránselle ós alumnos/as e posteriormente á Xefa de Estudios.

Por ensinanzas poderíamos artellar a seguinte clasificación cos obxectivos específicos
Bacharelato

1.- Facilitar información e asesoramento en relación co acceso á Universidade e a Formación
Profesional de grao superior.

2.- Proporcionar información e asesoramento sobre as distintas opcións de estudos universitarios e de
Formación Profesional de grao superior.

3.- Colaborar na avaliación das variables que condicionan o rendemento académico, especialmente no
relacionado coa metodoloxía de estudio.
4.- Colaborar na prevención e atención das dificultades persoais e de adaptación.
5.- Coordinar o proceso de orientación académica e profesional.
6.- Fomentar as relacións familia-titor/a.
Ciclos Formativos de Grao Medio

1.- Proporcionar información sobre o acceso ós Ciclos de grao Superior e en relación coas posibilidades
de incorporación ó mundo laboral.

2.- Colaborar na avaliación das variables que condicionan o rendemento académico, especialmente no
relacionado coa metodoloxía e os hábitos de estudio.
3.- Colaborar na prevención e atención das dificultades persoais e de adaptación.

43
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

4.- Colaborar co titor/a da Formación en Centros de Traballo e o profesorado de Formación e
Orientación Laboral no proceso de orientación profesional e nas prácticas en empresas.
5.- Fomentar as relacións familia-titor/a.
Ciclo Formativo de Grao Superior

1.-Proporcionar orientación sobre as condicións de acceso á Universidade e dos requisitos para
continuar outro tipo de estudios, así como das opcións laborais en coordinación coa profesora de
Formación e Orientación Laboral.

2.- Colaborar na avaliación das variables que condicionan o rendemento académico, especialmente no
relacionado coa metodoloxía e os hábitos de estudio.
3.- Colaborar na prevención e atención das dificultades persoais e de adaptación.

4.- Colaborar co titor/a da Formación en Centros de Traballo e co profesorado de Formación e
Orientación Laboral no proceso de orientación profesional e nas prácticas en empresas.
Formación Profesional Básica

A acción titorial e a orientación académica e profesional terán un papel significativo en cada un dos
cursos para guiar ao alumnado na transición ao mundo laboral ou académico. As actividades
centraranse fundamentalmente nos seguintes aspectos:
1.- Técnicas de estudo e organización do traballo.
2.- Resolución de conflitos.
3.- Fomento da responsabilidade individual e da autoestima.
4.- Habilidades comunicativas.
5.- Traballo en grupo.
6.- Destrezas que permitan programar e xestionar o futuro educativo e profesional.

7.- Información e orientación que garantan ao alumnado unha adecuada toma de decisións sobre o
seu itinerario educativo e profesional ao termo do ciclo de formación profesional básica.
Educación de adultos

1.- Colaborar na avaliación das variables que condicionan o rendemento académico, especialmente no
relacionado coa metodoloxía e os hábitos de estudio.

2.- Favorecer a ensinanza de hábitos de estudio e técnicas de traballo intelectual, potenciando
programas específicos.
3.- Colaborar na prevención e atención das dificultades persoais e de adaptación.
4.- Promover actitudes positivas en relación coa disciplina e a responsabilidade na aula.

5.- Proporcionar información e asesoramento sobre as diferentes opcións académicas e profesionais,
favorecendo a toma de decisións axeitadas.
6.- Coordinar o proceso de orientación académica e profesional.
7.- Fomentar as relacións familia-titor/a.

44
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

7.3. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL

O Plan de Acción Titorial (PAT) constitúe a guía do labor titorial no centro educativo, estabelecendo
as actuacións necesarias e os recursos para levalas a cabo. Será o referente dos profesores-titores e
máis do Departamento de Orientación. Terá un carácter aberto e flexíbel, para adaptarse as
características dos grupos de alumnos e profesores e poder ser modificado en calquera momento que
se considere oportuno para adaptarse así as novas necesidades que se presenten no noso centro ou no
contorno. Consideramos a función titorial inseparábel da función docente, de tal xeito que todo o
profesorado participará nela, aínda que recaerá sobre os profesores -titores e o Departamento de
Orientación a responsabilidade de levar a cabo este plan e coordinar as actuacións de todos.

Ao remate do curso realizarase unha avaliación do PAT, tendo en conta as respostas dos
alumnos, e a valoración dos Titores, Profesores, Xefatura de Estudos e Departamento de Orientación.
Os obxectivos

- Colaborar e asesorar ós/as titores/as na planificación e desenvolvemento da función titorial,
entre outras, coas seguintes medidas:

- Avaliación de necesidades de información académica e profesional e cuestionario sobre
Hábitos e Técnicas de Estudo. Colaborar na realización da avaliación inicial do alumnado.

- Coordinar as actividades de titoría, facilitar ó profesorado medios para tal traballo e
colaborar cos/cas titores/as, o profesorado e as familias.

-Potenciar a realización de actividades relacionadas coas habilidades sociais, autoestima,
resolución pacífica de conflitos e igualdade entre homes e mulleres.

- Ofrecer información ó alumnado sobre itinerarios formativo profesionais, a través da
utilización de medios informáticos específicos –programa Orienta 2015- e do Blog do Departamento
Guía de Información Académica e Profesional,

Potenciación do uso da rede social Facebook
http://www.facebook.com/barbonblog.verin
Publicación da información na rede social Twitter
http://twitter.com/#!/barbonblog
Recursos de orientación en NETVIBES
http://www.netvibes.com/guia-de-informacion-academica-e-profesional#Xeral

- Asesorar, informar e difundir entre o alumado as ensinanzas de réxime especial.

- Colaborar co titor/a e o profesorado para detectar e previr –atención temperá- dificultades,
problemas de aprendizaxe ou altas capacidades que presenten os/as alumnos/as e intervir

45
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

conxuntamente para tratar de adaptar a resposta educativa. Realizar, en colaboración co equipo
educativo correspondente, as avaliacións psicopedagóxicas que se demanden.

- Facilitar asesoramento psicopedagóxico ás familias e potencia-la cooperación entre o centro e as
familias. Informalos das funcións do Departamento de Orientación. Orientar ás persoas interesadas
sobre o procedemento do recoñecemento, avaliación e acreditación de competencias.

- Colaborar co profesorado no afianzamento de hábitos e técnicas de estudo, procurando poñer en
marcha un programa específico sobre mellora de hábitos e técnicas de estudio coa axuda do
profesorado interesado. Potenciar e dinamizar a participación dos equipos docentes en proxectos e
programas de innovación.
- Facilitar, en forma e prazo, a información que se demanda na aplicación informática
DRDORIENTA.
7.4. PLANIFICACIÓN XERAL E DEFINICIÓN DE ACCIÓNS PRIORITARIAS

Ó longo do curso académico 2015/2016 tentaremos traballar planificadamente, atendendo –
entre outras- ás seguintes accións prioritarias:

1.- Colaborar e asesorar ós/as titores/as na planificación e desenvolvemento da función
titorial, entre outras, coas seguintes medidas:

- Avaliación de necesidades de información académica e profesional e cuestionario sobre
Hábitos e Técnicas de Estudo.

- Coordinar as actividades de titoría, facilitar ó profesorado medios para tal traballo e
colaborar cos/cas titores/as, o profesorado e as familias. Levar adiante un proxecto de titorías
individualizadas que nos permita guiar e axudar ó alumnado de maneira continuada.

- Ofrecer información ó alumnado sobre itinerarios formativo profesionais, a través da
utilización de: medios informáticos específicos (programa Orienta 2016), e distintos recursos en
Internet (blog, rede social Facebook, Twitter, netvibes, mister-wong). Asesorar, informar e difundir
entre o alumado as ensinanzas de réxime especial.

2.- Orientar ó alumnado no ámbito académico, profesional e laboral. Atención preferente ao
alumnado que finaliza un ciclo medio ou superior, formación profesional básica, alumnado con
necesidades educativas especiais e na educación de persoas adultas. Organizar actividades sobre a
cultura emprendedora e o autoemprego.

3.- Colaborar co profesorado no afianzamento de hábitos e técnicas de estudo, procurando
poñer en marcha un programa específico sobre mellora de hábitos e técnicas de estudo coa axuda do
profesorado interesado. Potenciar e dinamizar a participación dos equipos docentes en proxectos e
programas de innovación.

46
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

4- Promoción de accións de colaboración e de coordinación entre os servizos de orientación no
ámbito educativo (centros de secundaria e bacharelato da comarca) e laboral (Servicizo Galego de
Colocación e entidades relacionadas).

5.- Colaborar co titor/a e o profesorado para detectar e previr –atención temperá-dificultades,
problemas de aprendizaxe ou altas capacidades que presenten os/as alumnos/as e intervir
conxuntamente para tratar de adaptar a resposta educativa. Realizar, en colaboración co equipo
educativo correspondente, as avaliacións psicopedagóxicas que se demanden.

6.- Facilitar asesoramento psicopedagóxico ás familias e potencia-la cooperación entre o centro
e as familias. Informalos das funcións do Departamento de Orientación.

7.- Posta en marcha dun Programa “experimental” de titoría específico entre o alumnado que
chamamos “O estudante titor”. Os mozos/as voluntarios maiores realizan –previa formación- tarefas
de axuda e guía doutros adolescentes mais novos.
Estratexias de intervención.

Os plantexamentos de intervención orientadora teñen que ser necesariamente colaborativos e
deben incluír estratexias baseadas na planificación por programas específicos e estratexias asentadas
no asesoramento individual.
- Estratexias de intervención xerais

Asesoramento psicopedagóxico especializado e colaboración coa Comisión de Coordinación
Pedagóxica .

Colaboración pedagóxica e asesoramento especializado nas reunións de avaliación trimestrais.

Charlas que se ofrecen a grupos de alumnos/as, impartidas polo orientador ou por persoas
externas ó centro (orientación laboral, académica ou persoal).
Entrevistas individuais co alumnado, profesorado e/ou familias.
- Estratexias de intervención específicas.
Asesoramento e orientación académica, profesional e laboral ó alumnado e as súas familias.
Asesoramento psicopedagóxico ó profesorado.
Avaliación psicopedagóxica.
Realización de informes específicos.
Reunións quincenais con titores/as.
7.4.1 ESTRATEXIA DE INTERVENCIÓN PROPOSTA

A proposta do Departamento de Orientación para levar a cabo calquera modalidade de
intervención orientadora sinala ó TITOR ou TITORA como o principal protagonista –ou ben o equipo
educativo-, ó propio Departamento de Orientación como colaborador e asesor na intervención e á
familia como compoñente indispensable.

47
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Criterios de avaliación do Plan de Actuación.

O proceso avaliativo que se vai realizar consta de dúas estratexias complementarias. Por unha
banda, faremos unha avaliación interna -por parte dos membros do Departamento de Orientación-, e,
por outra banda, solicitaremos a opinión do alumnado.

Os criterios avaliativos que empregaremos derívanse do grao de cumprimento dos obxectivos
xerais que se propoñen no Plan de Orientación.
Os cuestionarios específicos que empregaremos no ámbito da avaliación inicial:
1. Cuestionario propio de avaliación de necesidades de información académica e profesional.
2. Cuestionario de hábitos e técnicas de estudo DIE 3.

3. Cuestionarios diversos do Proxecto de Titoría de Orientación Académica e Profesional
individualizada.
4. Cuestionario sobre a satisfacción do alumnado.

8. TIC
A integración curricular das TIC levarase a cabo dende tres perspectivas distintas:

-Como o conxunto de destrezas e competencias que supoñen o uso das TIC para profesores e
alumnos.

- Como recurso en mans do profesorado, medio eficaz e motivador de presentación e tratamento da
información orientado a fomentar procesos de organización do coñecemento do mundo que ten o
alumnado.

- Como axente de cambio, polo impacto que supoñen respecto dos modos de acceder ao
coñecemento, ao intercambio de información e á metodoloxía dos procesos de ensino aprendizaxe.

Esta práctica comportará actuacións docentes distintas, que abarcan desde a elaboración de
materiais curriculares até o seu ensaio na práctica, avaliación e posterior implementación.

É necesario que este proceso sexa planificado; deseñando situacións mediadas de aprendizaxe
concretas, nas que interveñan como elementos do proceso: o deseño, a análise, a selección, aplicación
e avaliación dos recursos tecnolóxicos centrados na aprendizaxe.

Para conseguir levar a cabo unha alfabetización real en TIC no noso centro consideramos esencial
prestar atención ós seguintes elementos:

- Á formación do profesorado. Que reciban orientacións curriculares que supoñan unha verdadeira
integración das TIC, que signifiquen a adecuación das prácticas educativas ás novas contornas, medios
e formatos. Todo isto deberá materializarse nun auténtico deseño curricular das TIC encapsulado no
resto do currículo.

- A elaboración de materiais en distintos soportes para desenvolver ao máximo as súas
potencialidades.

48
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Os obxectivos do plan de integración das TIC referidos ó alumnado inclúen:

1. Desenvolvemento de capacidades dirixidas a construír o coñecemento mediante contornas que
faciliten unha aprendizaxe significativa, o traballo en equipo, situacións comunicativas, creatividade e
autonomía (capacidade para resolver problemas e actuar autonomamente).

2. A adquisición de destrezas e habilidades relacionadas coa procura, selección, análise e organización
da información e o dominio funcional das tecnoloxías da información e a comunicación.

3. O uso racional, crítico e participativo das TIC capacitando o alumnado para acceder á información,
tratala e experimentar con ela, estabelecer relacións e asociacións, ademais de expresarse con ela.
Obxectivos do plan de integración das TIC referidos ó profesorado:

1. Poñer a disposición do profesorado espazos de reflexión sobre o uso das TIC que lle leve a identificar
con claridade os modelos pedagóxicos e didácticos sobre os que quere aplicar estas tecnoloxías.

2. Mellorar a competencia do profesorado na utilización de TIC para organizar, incorporar e
desenvolver estratexias de ensino no novo contexto da sociedade da información a través do PFPP.

3. A utilización das TIC como un medio eficaz e motivador de presentación e tratamento da
información orientado a fomentar procesos de organización do coñecemento do mundo que ten o
alumnado.
Obxectivos referidos á xestión do centro e recursos:

- Fomentar e desenvolver unha comunicación exterior, é dicir coa contorna en xeral coa Comunidade
Educativa en particular; e interior, isto é, a través do acceso e xestión de datos, documentos, servizos e
en xeral da xestión administrativa global do centro.

- Facilitar unha mellor organización e xestión de servizos e recursos. Trátase de dispor no centro de
auténticos especialistas en deseñar, aplicar e avaliar estratexias de intervención educativa

(planificación, organización, orientación…) que consideren a utilización de recursos tecnolóxicos e, á
súa vez, organizar e planificar os recursos tecnolóxicos das institucións educativas para o seu máximo
aproveitamento.
Obxectivos referidos ao currículo:
1. Integrar as TIC en cada área instrumental de forma transversal.

2. Confeccionar un deseño curricular das TIC que supoña o desenvolvemento curricular das TIC, dende
a perspectiva transversal ás áreas instrumentais, que debería tender a contemplar os seguintes
aspectos:
- Unha fundamentación teórica ou marco teórico común.
- Selección e secuenciación de contidos e relación cos contidos das áreas instrumentais.
- Criterios de tratamento.
- Temporalización.
- Supostos metodolóxicos.

49
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Criterios de organización espazo-temporal.
- Establecer os materiais didácticos a utilizar.
- Deseño de actividades.
- Avaliación.

As necesidades reais son as seguintes:
• Desenvolver o currículo das distintas materias.
• Facilitar o labor do profesorado na elaboración de materiais didácticos e de organización académica.
• Desenvolver a xestión administrativa do Centro.

• Estabelecer canles de comunicación entre os diferentes estamentos (pais/nais, profesorado,
alumnado).
• Facilitar o acceso ás TIC do alumnado en todas as categorías.

• Garantir a impartición dos contidos referidos ás TIC nas concrecións curriculares de todas as
materias.
• Estabelecer unha zona Wifi en todo o centro.

• Asegurar que se dispoñen dos recursos necesarios para que se cumpra o disposto nas programacións
referido ás TIC.
• Incorporar as TIC ás necesidades do profesorado.
• Actualización dos programas instalados.
• Xestión dos recursos.

50
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Recursos de promoción das TIC no IES García Barbán

O IES GARCÍA BARBÓN EN INTERNET
WEB http://iesgarciabarbon.es/

BLOG http://garciabarbonverin.blogspot.com.es/

FACEBOOK https://www.facebook.com/iesgarciabarbon?ref=hl

TWITTER https://twitter.com/iesgbarbonverin

PINTEREST https://www.pinterest.com/verinbarbon/

THINGLINK + SYMBALOO http://goo.gl/TioyWJ

TODA A INFORMACIÓN automáticamente ACTUALIZADA PODES CONSULTALA EN

http://goo.gl/anWJXZ

51
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

9. PFPP
O Programa de Formación Permanente do Profesorado abrangue o periodo 2015-2017. Neste prazo
o persoal docente de centro traballará sobre a Integración didáctica das TIC, e no uso para o traballo
cooperativo en rede a través de espazos virtuais. Educación dixital.

Coa liña de formación proposta neste programa, preténdese lograr o manexo de diferentes
ferramentas que proporciona a web 2.0 (Symbaloo, Netvibes e Google Drive -entre outros-) e
implementar os recursos e materias na nosa práctica educativa servíndonos para compartilos de
espazos vituais (blogs, páxinas web e aula virtual)
As fases e finalidade do programa inclúen as seguintes:

- Uso educativo de aplicacións da web 2.0 (curso) O uso educativo das TIC: recursos e
metodoloxías para a súa integración na aula.

-Uso educativo na aula de aplicacións da web 2.0 (Seminario) O uso educativo das TIC: recursos e
metodoloxías para a súa integración na aula.

- Indicadores de avaliación da aplicación e impacto nas aulas
Utilizan o blog para integrar unha boa parte Empregan as ferramentas da Web 2.0 para
das ferramentas explicadas crear e xestionar materiais didácticos
Aparecen as actividades propostas nos diferentes Blog

- Indicadores de avaliación do impacto na aula
O profesor emprega o blog como punto Elabora unidades didácticas e actividades
de encontro cos alumnos empregando as ferramentas da Web 2.0
Aumenta o número de alumnos que empregan as TIC para realizar tarefas e aprender

Avaliación da actividade de Formación.
Para o seguimento e avaliación do plan propóñense os seguintes criterios:
- Aumento do emprego de ferramentas da Web 2.0 na creación de materiais didácticos
- Integración na metodoloxía de aula de recursos TIC
- Emprego do blog na aula como espazo común cos alumnos
- Enquisas de valoración e satisfacción do profesorado sobre a formación e emprego das TIC.
Aplicación na aula ou no centro
- As medidas propostas para valorar a aplicación na aula e no centro son as seguintes:
- Presenza de recursos TIC nas programacións didácticas
- Aumento de materiais creados polos profesores empregando ferramentas da Web 2.0
- Número de visitas e comentarios nos blogs creados

52
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

- Aumento do alumnado que emprega recursos TIC para aprender nas distintas materias.
- Realización de enquisas de satisfacción do alumnado (motivación e aprendizaxe acadado)
- Enquisas de valoración e satisfacción no emprego das TIC
Relación detallada de materiais que se pretenden elaborar e documentos que se van entregar
- Presentacións e outros documentos didácticos elaborados e publicados polo profesorado.
- Guía de recursos pedagóxicos en Internet por materias elixidos polo profesorado e alumnado.

- Promoción e integración dos blogs creados na web, blog e redes sociais do centro de maneira
habitual.

10. CONCRECIÓN DO CURRÍCULO
A oferta formativa do IES García Barbón inclúe:
Bacharelato:

Humanidades

Ciencias Sociais

Ciencias


Administración e Finanzas
Ciclos Formativos de Grao Medio:

Coidados Auxiliares de Enfermería

Electromecánica de Vehículos Automóbiles

Instalación e Mantemento Electromecánico de Maquinaria e Condución de Liñas

Xestión Administrativa


Nivel I (Alfabetización)

Nivel II (Formación Básica)

Nivel III (Educación Secundaria Obrigatoria)
Escola Oficial de Idiomas (Inglés) Nivel Básico I -II
Nivel Intermedio I-II
Nivel Avanzado I-II

53
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

54
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

10.1. CURRICULO
BACHARELATO

O Currículo de Bacharelato foi tratado para o seu desenvolvemento de xeito monográfico na Comisión de
Coordinación Pedagóxica que tivo lugar o día 15 de xuño de 2016. Finalmente, a proposta de oferta formativa
de Bacharelato 2016/2017 foi aprobada en Claustro extraordinario o día 22 de xuño de 2016.

PRIMEIRO DE BACHARELATO
 Educación física (2h)
 Lingua estranxeira I (Inglés) (3h)
 Lingua galega e literatura I (3h)
Comúns
 Lingua castelá e literatura I (3h)
 Filosofía (3h)

□ HUMANIDADES □ CIENCIAS SOCIAIS
 
Propias de Historia do mundo contemporáneo Historia do mundo contemporáneo

Modalidade  Latín I Matemáticas aplicadas ás ciencias sociais I

(troncais de opción)  Grego I Economía
(4h)

OPTATIVAS (Elixe unha opción)
Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia: Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia:
OPCIÓN 1

(3horas) (2 horas)
□ Relixión
__ Anatomía Aplicada __ Antropoloxía
__ Debuxo Artístico __ Francés

__ Tecnoloxía Industrial __ Tic

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia: Numera do 1 ó 2 por orde de preferencia:
OPCIÓN2

(3horas) (2 horas)

__ Anatomía Aplicada □ Taller lectoescritura
__ Debuxo Artístico __ Francés

__ Tecnoloxía Industrial __ Tic

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia (2 horas): Escoller unha das materias: (4 horas)
NOPCIÓ3

__ Francés □ Literatura Universal
__ Tic

55
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

PRIMEIRO DE BACHARELATO
CIENCIAS
 Educación física (2h)
 Lingua estranxeira I (Inglés) (3h)
MATERIAS  Lingua galega e literatura I (3h)
 Lingua castelá e literatura I (3h)
 Filosofía (3h)

□ CIENCIAS A □ CIENCIAS B
Propias de Modalidade  Matemáticas I  Matemáticas I
(Troncais de opción)  Física e Química  Física e Química
(4h)
 Debuxo Técnico I  Bioloxía e Xeoloxía

OPTATIVAS (Elixe unha opción)
Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia: Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia:
OPCIÓN 1

(3horas) (2 horas)
□ Relixión
__ Anatomía Aplicada __ Antropoloxía
__ Debuxo Artístico __ Francés

__ Tecnoloxía Industrial __ Tic

Numera do 1 ó 3 por orde de preferencia: Numera do 1 ó 2 por orde de preferencia:
OPCIÓN 2

(3horas) (2 horas)

__ Anatomía Aplicada □ Taller lectoescritura
__ Debuxo Artístico __ Francés

__ Tecnoloxía Industrial __ Tic

Oferta curricular de 2º: Entre os meses de febreiro - marzo realizarase un estudo ó alumnado
de 1º sobre as súas preferencias para segundo. Poderán escoller entre todas as materias de
opción. Estes datos serán utilizados para pechar o máximo posible os itinerarios que se
ofreceran no sobre de matrícula. Do resultado final serán informados o claustro e os alumnos.

Os itinerarios pecharanse cos seguintes criterios:

1º. Elección do alumnado. 2º. Posibilidade de impartir a materia por parte do centro.

56
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

SEGUNDO DE BACHARELATO
CIENCIAS
Materias troncais obrigatorias Troncais de opción
□ CIENCIAS A □ CIENCIAS B
▪Historia de España (3h)
▪Lingua estranxeira II (Inglés) (3h) Física Bioloxía
▪Lingua galega e literatura II (3h) Debuxo técnico Química
▪Lingua castelá e literatura II (3h)
▪Matemáticas II
OPTATIVAS
OPCIÓN 1: CURSARASE UNHA MATERIA DE CADA CADRO
(Enumerar por preferencia)
3 horas 3 horas 2 horas
___Tecnoloxía Industrial II ___TICS II (3H) ___ Métodos estatísticos e numéricos
___Psicoloxía ___Debuxo Artístico II (3H)
___ Ética e filosofía do dereito
___Fundamentos da Administración e ___Ciencias da Terra e do
___ Literatura galega do século XX
Xestión Medio Ambiente(3H)
___ Francés (3H) ___ Filosofía da ciencia e da tecnoloxía
___ Xeografía e historia de Galiza
OPCIÓN 2: CURSARASE UNHA MATERIA DE CADA CADRO
(Enumerar por preferencia)
4 horas 3 horas (elixe unha materia dos cadros 1 hora
anteriores)
___Xeografía ___Relixión
___Historia da filosofía ___Reforzo lingua/taller lectura

57
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

SEGUNDO DE BACHARELATO
HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS
Materias troncais obrigatorias Troncais de opción
□HUMANIDADES □ CIENCIAS SOCIAIS Escoller 1(Enumerar)
▪Historia de España (3h)
▪Lingua estranxeira II (Inglés) (3h) Grego II______
▪Lingua galega e literatura II (3h) Economía_____
▪Lingua castelá e literatura II (3h) Latín II Matemáticas aplicadas ás CC.SS II Xeografía____
Historia da Filosofía____
Historia da Arte _____

OPTATIVAS
OPCIÓN 1: CURSARASE UNHA MATERIA DE CADA CADRO
(Enumerar por preferencia)
3 horas 3 horas 2 horas
___Tecnoloxía Industrial II ___TICS II (3H) ___ Métodos estatísticos e numéricos
___Psicoloxía ___Debuxo Artístico II (3H)
___ Ética e filosofía do dereito
___Fundamentos da Administración e ___Ciencias da Terra e do
___ Literatura galega do século XX
Xestión Medio Ambiente(3H)
___ Francés (3H) ___ Filosofía da ciencia e da tecnoloxía
___ Xeografía e historia de Galiza
OPCIÓN 2: CURSARASE UNHA MATERIA DE CADA CADRO
(Enumerar por preferencia)
4 horas 3 horas (elixe unha materia dos cadros 1 hora
anteriores)
___Xeografía ___Relixión
___Historia da filosofía ___Reforzo lingua/taller lectura
___Historia da arte

58
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

FORMACIÓN PROFESIONAL
CICLO MEDIO DE TÉCNICO EN COIDADOS AUXILIARES DE ENFERMARIA (C.A.E.) (LOXSE)
OBXETIVOS XERAIS DE C.A.E.
Proporcionar coidados auxiliares o paciente/cliente e actuar sobre as condicións sanitarias do
seu contorno como membro dun equipo de enfermería nos centros sanitarios de atención
especializada e de atención primaria, baixo a dependencia do diplomado de enfermería e, se é o caso,
como membro dun equipo de saúde na asistencia sanitaria derivada da práctica do ejercicio liberal,
baixo a supervisión correspondente.
CAPACIDADES PROFESIONAIS EN C.A.E.

Capacidades técnicas:

o Interpretar e comprende-la información e a linguaxe asociadas ós distintos procesos de atención
sanitaria relacionados co exercicio da súa actividade profesional.
o Realizar tarefas administrativas e de organización dunha consulta, polo xeral do sector privado,

avalia-las necesidades de produtos e materiais funxibles ou non, dentro de seu ámbito de
competencias.

o Promover, ó seu nivel, a humanización da asistencia sanitaria ó paciente/cliente utilizando técnicas de
apoio psicolóxico e de educación sanitaria.
o Realiza-las tarefas de axuda e instrumentación nos equipos/gabinetes de saúde bucodental.
o Aplicar técnicas hidrotermais básicas, manexando, regulando e secuenciando os equipos e

instalacións correspondentes, observando os procedementos establecidos e rexistrando e informando
das incidencias e anomalías que se produzan durante a realización da terapia.

Capacidades para afrontar continxencias.

o Actuar en condicións de emerxencia, transmitindo con celeridade e serenidades os sinais de alarma
e aplicando os medios de seguridade establecidos.

Capacidades para a dirección de tarefas.

o Posuír unha visión de conxunto e coordinada das distintas condicións sanitarias dos pacientes/ clientes,
dos coidados auxiliares de enfermería para realizar, do instrumental e do material utilizado nas
distintas consultas, unidades e/ou servizos
o Potencia-lo coñecemento, actitudes e hábitos preventivos e hixiénico sanitarios na poboación.

o Valorar, ó seu nivel, a interrelación das persoas coa saúde/enfermidade e os seus aspectos preventivos,
asistenciais e rehabilitadores.

Capacidades para adaptarse ó medio.

59
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

o Colaborar cos membros do equipo de traballo no que está integrado, asumindo as

responsabilidades conferidas a el, cumprindo os obxectivos asignados e mantendo o fluxo de
información adecuado.
o Posuír unha visión global e integrada do sistema sanitario nos seus aspectos organizativos,
funcionais, sociais e administrativos.

o Adaptarse a novas situacións laborais xeradas como consecuencia das innovacións tecnolóxicas e
organizativas introducidas na súa área laboral.

1. Prepara-los materiais e procesa-la información da consulta/unidade, nas áreas da súa competencia.
2. Aplicar coidados auxiliares de enfermaría ó paciente/cliente.

3. Coida-las condicións sanitarias do contorno do paciente e do material/ instrumental sanitario utilizado
nas distintas consultas/ unidades/servizos.

4. Colaborar na prestación de coidados psíquicos ó paciente/cliente, realizando, ó seu nivel, a aplicación
de técnicas de apoio psicolóxico e de educación sanitaria.
5. Realizar tarefas de instrumentación en equipos de saúde bucodental.

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
Módulos Horas
Formación e orientación laboral 55
Formación en centros de traballo 440
Hixiene do medio hospitalario e limpeza de material 160
Horas á disposición do centro 55
Operacións administrativas e documentación sanitaria 55
Promoción da saúde e apoio psicolóxico ao paciente 130
Relacións no equipo de traballo 55
Técnicas básicas de enfermaría 320
Técnicas de axuda odontolóxica e estomatolóxica 130
TOTAL 1400

CICLO SUPERIOR DE ADMINISTRACIÓN E FINANZAS

11. PERFIL PROFESIONAL: Xestión contable, administrativa e de persoal dunha empresa
utilizando os medios informáticos dispoñibles. Capacitación para desempeñar postos de
responsabilidade na empresa.
ENSINANZAS: 2000 horas.

60
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
Módulos Horas
Comunicación e atención á clientela 160
Formación e orientación laboral 107
Inglés 160
Ofimática e proceso da información 240
Proceso integral da actividade comercial 133
Recursos humanos e responsabilidade social corporativa 80
Xestión da documentación xurídica e empresarial 80
Contabilidade fiscalidade 157
Formación en centros de traballo 384
Proxecto de administración e finanzas 26
Simulación empresarial 140
Xestión de recursos humanos 105
Xestión financeira 123
Xestión loxística e comercial 105

TITULACIÓN: Técnico Superior en Administración e Finanzas.

SAÍDAS LABORAIS: Técnico/a administrativo tanto na empresa pública como na privada. Asesor/a
contable, laboral e fiscal (autónomo ou por conta allea).

SAÍDAS ACADÉMICAS: Acceso directo ós estudios universitarios de: Mestre/a (tódalas especialidades),
Diplomaturas de Biblioteconomía e Documentación, Traballo Social, Relacións Laborais, Turismo,
Ciencias Empresariais, Educación Social, Xestión e Administración Pública e Estatística. Enxeñería
Técnica en Informática de Sistemas e Enxeñería Técnica en Informática de Xestión.

CICLO MEDIO DE ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS AUTOMÓBILES(LOE)

12. PERFIL PROFESIONAL: Realizar operacións de mantemento, montaxe de accesorios e
transformacións do vehículo na área de mecánica, hidráulica, pneumática e electricidade.
ENSINANZAS: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
61
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Módulos Horas
Circuítos de fluídos: suspensión e dirección 213
Circuítos eléctricos auxiliares do vehículo 175
Empresa e iniciativa emprendedora 53
Formación en centros de traballo 410
Formación y orientación laboral. 107
Mecanizado básico 107
Motores 133
Sistemas auxiliares do motor 245
Sistemas de carga e arranque 213
Sistemas de seguridade e confortabilidade 157
Sistemas de transmisión e freada 187

TITULACIÓN: Técnico en Electromecánica de Vehículos (imprescindible para abrir un taller ou
transferilo de pais a fillos).

SAÍDAS LABORAIS: Mecánico – electricista de automóbiles, de vehículos pesados, de maquinaria de
obras públicas e de motocicletas. Mecánico de equipos diésel. Mantemento de turismos e vehículos
pesados. Representante de maquinaria e utillaxe, tendas de repostos e xefe de ventas. SAÍDAS
ACADÉMICAS: Ciclo Superior e Bacharelato.

CICLO MEDIO DE MANTEMENTO ELECTROMECÁNICO(LOE)

13. PERFIL PROFESIONAL: Realiza-lo mantemento e reparación de maquinaria e equipo
industrial, montar automatismos eléctricos, pneumáticos e hidráulicos e facer montaxes
electromecánicos de maquinaria e de equipo industrial.
ENSINANZAS: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
Módulos Horas
Automatismos pneumáticos e hidráulicos 240
Electricidade e automatismos eléctricos 240
Formación e orientación laboral 107
Técnicas de fabricación 240
Técnicas de unión e montaxe 133
Empresa e iniciativa emprendedora 53

62
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Formación en centros de traballo 410
Montaxe e mantemento de liñas automatizadas 175
Montaxe e mantemento eléctrico-electrónico 192
Montaxe e mantemento mecánico 210

TITULACIÓN: Técnico de Mantemento Electromecánico.

SAÍDAS LABORAIS: Montaxe e mantemento de instalacións. Metalurxia e fabricación de produtos
metálicos. Industrias de construción de maquinaria, servozos, téxtil, alimenticias, vehículos e equipo
mecánico. Reparación de maquinaria e equipo industrial. SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior e
Bacharelato.

CICLO MEDIO DE XESTIÓN ADMINISTRATIVA(LOE)

14. PERFIL PROFESIONAL: Rexistro e proceso das operacións administrativas da empresa con
medios informáticos. Capacitación para a comunicación con terceiros (atención ós clientes,
provedores,...).
ENSINANZAS: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
Módulos Horas
Comunicación empresarial e atención á clientela 123
Empresa e administración 123
Empresa na aula 156
Formación e orientación laboral 107
Formación en centros de traballo 410
Inglés 160
Operacións administrativas de compravenda 133
Operacións administrativas de recursos humanos 123
Operacións auxiliares de xestión de tesouraría 160
Técnica contable 133
Tratamento da documentación contable 105
Tratamento informático da información 267

TITULACIÓN: Técnico en Xestión Administrativa.
SAÍDAS LABORAIS: Auxiliar administrativo tanto na empresa pública como na privada.
SAÍDAS ACADÉMICAS: Ciclo Superior e Bacharelato.
63
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA DE MANTEMENTO DE VEHÍCULOS (LOMCE)
PERFIL PROFESIONAL
Realizar operacións básicas de mantemento electromecánico e carrozaría de vehículos, desmontando
e montando elementos mecánicos, eléctricos e amovibles do vehículo, e executando operacións
básicas de preparación de superficies, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas de
prevención de riscos laborais e protección ambiental correspondentes, e comunicándose oralmente e
por escrito en linguas galega e castelá, así como nalgunha lingua estranxeira.
ÁMBITOS DE TRABALLO
No sector do mantemento de vehículos, nomeadamente en talleres de reparación e concesionarios
de vehículos privados, industriais, agrícolas e de obras públicas.
DURACIÓN: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
Módulos Horas
Amovibles 208
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Mecanizado e soldadura 175
Preparación de superficies 146
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Electricidade do vehículo 165
Formación en centros de traballo 320
Mecánica do vehículo 246

TITULACIÓN: Título profesional básico en Mantemento de vehículos.
CAPACITACIÓN PROFESIONAL: Axudante na área de carrozaría; auxiliar de almacén de recambios;
operario/a en empresas de substitución de cristais; axudante na área de electromecánica; operario/a de
taller de mecánica rápida.

SAÍDAS ACADÉMICAS: Éste título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá
preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das
familias profesionais de:

Edificación e obra civil Fabricación mecánica Instalación e mantemento
Electricidade e electrónica Industrias extractivas Madeira, moble e cortiza
Enerxía e auga Informática e comunicacións Marítimo-pesqueira
64
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Química Transporte e mantemento
devehículos

FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA DE SERVIZOS ADMINISTRATIVOS (LOMCE)
PERFIL PROFESIONAL
Tarefas administrativas e de xestión básicas, con autonomía, responsabilidade e iniciativa
persoal, operando coa calidade indicada, cumprindo as normas ambientais, de seguridade e de
hixiene no traballo, e comunicándose de xeito oral e escrito en linguas galega e castelá, así como
nalgunha lingua estranxeira.
AMBITOS DE TRABALLO
En centros, oficinas, despachos e departamentos administrativos ou comerciais de calquera tipo de
empresa ou entidade de carácter privado ou público, en todos os sectores produtivos.
DURACIÓN: 2000 horas

DENOMINACIÓN DOS MÓDULOS
Módulos Horas
Arquivamento e comunicación 146
Ciencias aplicadas I 175
Comunicación e sociedade I 206
Técnicas administrativas básicas 179
Tratamento informático de datos 204
Aplicacións básicas de ofimática 240
Atención á clientela 58
Ciencias aplicadas II 162
Comunicación e sociedade II 135
Formación en centros de traballo 320
Preparación de pedidos e venda de produtos 113

TITULACIÓN: Título profesional básico en Servizos administrativos.
CAPACITACIÓN PROFESIONAL
Auxiliar de oficina; auxiliar de servizos xerais; auxiliar de arquivo; ordenanza; auxiliar de
información; telefonista en servizos centrais de información; clasificador/ora e/ou repartidor/ora de
correspondencia; gravador/ora - verificador/ora de datos; auxiliar de dixitalización; operador/ora
documental; auxiliar de venda; auxiliar de dependente de comercio; operador/ora de cobramento ou
caixeiro/a.

65
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

SAÍDAS ACADÉMICAS: Este título permite o acceso a calquera ciclo formativo de grao medio e dá
preferencia para a admisión, no caso de haber máis solicitudes que prazas, aos títulos de grao medio das
familias profesionais de:
Administración e xestión Comercio e marketing Vidro e cerámica
Artes gráficas  Téxtil, confección e pel

EDUCACIÓN DE ADULTOS
ALFABETIZACIÓN
12 sesións semanais de Lecto-escritura (6 sesións) e Calculo Matemático (6 sesións).
EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS
Consta de catro módulos de duración cuadrimestral. Cada un organízase en tres campos de
coñecemento:
ESA 1 (MÓDULO I- II)
- Ámbito de comunicación (8 sesións semanais)
-Ámbito de sociedade (3 sesións semanais)
-Ámbito científico-tecnolóxico. (8 sesións semanais)
-Oferta curricular do centro. (1 sesión semanal)
ESA 2 (MÓDULO III-IV)
- Ámbito de comunicación (6 sesións semanais)
-Ámbito de sociedade (4 sesións semanais) -Ámbito
científico-tecnolóxico.(8 sesións semanais) -Oferta
curricular do centro.(1 sesión semanal)

11. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

A tipoloxía de ensinanzas e de profesionais que están presentes no IES García Barbón fan
que a atención á diversidade teña que recaer necesariamente nos titores, ó non dispoñer de
profesorado de apoio.

O primeiro paso será sempre a identificación das necesidades do alumnado. Será tarefa
prioritaria da persoa titora e de todo o profesorado implicado na detección temperá das dificultades
para, unha vez detectadas, tomar as decisións máis axeitadas para superalas. A detección precoz das
necesidades educativas posibilita ao alumnado a superación das súas dificultades e permite unha
mellor planificación do centro no que respecta aos recursos humanos. Os instrumentos, así como as
fontes de información dos que nos servimos para coñecer, en xeral, ao alumnado e detectar, en
particular, as necesidades educativas aparecen a continuación.
Os obxectivos propostos para unha atención á diversidade eficaz están baseados en:

1. Colaborar co titor/a e o profesorado para detectar e previr –atención temperá-dificultades,
problemas de aprendizaxe ou altas capacidades que presenten os/as alumnos/as e intervir

66
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

conxuntamente para tratar de adaptar a resposta educativa. Realizar, en colaboración co equipo
educativo correspondente, as avaliacións psicopedagóxicas que se demanden.

2. Colaborar co profesorado no afianzamento de hábitos e técnicas de estudo, procurando poñer
en marcha un programa específico sobre mellora de hábitos e técnicas de estudio coa axuda do
profesorado interesado. Potenciar e dinamizar a participación dos equipos docentes en proxectos e
programas de innovación.
As accións prioritarias enfocaranse de cara a:

1- Facilitar asesoramento psicopedagóxico ás familias e potencia-la cooperación entre o centro e as
familias. Informándoos das funcións do Departamento de Orientación.

2- Profundar no coñecemento e tratamento das necesidades reais do alumnado a través das
titorías individualizadas realizadas en tódolos trimestres polos membros do departamento de
orientación.

Nun primeiro momento incidirase na obtención de información sobre os coñecementos previos
do alumnado en cada unha das materias, no grao de desenvolvemento das competencias básicas e no
análise dos informes persoais da etapa ou curso anterior, completada coa información obtida a través
da persoa titora de niveis de ensinanza previos en reunión de coordinación cos centros da comarca que
se realizan a principio de curso.

Igualmente terase en conta a información aportada pola familia e outras institucións,
organismos: inspección educativa, servizos sociais, profesionais da saúde, asociación para valorar as
necesidades reais do alumnado.

Realizado o proceso de detección de necesidades levarase a cabo o apoio ou reforzo educativo
que sexa posible tendo en conta os recursos do centro.

Medidas específicas de atención á diversidade en bacharelato, Formación Profesional Específica e
Formación Profesional Básica (RD 943/2003, do 18 de xullo e Orde do 27 decembro de 2002):
Bacharelato: O alumnado con NEE poderá cursar o bacharelato fragmentado. Este alumnado poderá
estar escolarizado todo o horario recibindo atención adaptada as súas necesidades. Poderán aumentar
a súa escolarización neste nivel ata dous anos máis con respecto á norma xeral.

FP: O alumnado con NEE poderá cursar a FP fragmentada por módulos. Poderase autorizar unha
repetición máis das dispostas.
FP Básica
Promoveranse medidas metodolóxicas de atención á diversidade que permitan:
 Unha organización das ensinanzas adecuada ás características dos alumnos e das alumnas.

 Especial atención á adquisición das competencias lingüísticas contidas nos módulos
profesionais de Comunicación e sociedade I e II para o alumnado que presente dificultade

67
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

na súa expresión oral, sen que as medidas adoptadas supoñan unha minoración da
avaliación das súas aprendizaxes.
 Flexibilización modular.
O alumnado con sobredotación poderá adiantar un ano a súa escolarización no ensino postobrigatorio.
12. AVALIACIÓN DA LABOR DOCENTE

O profesorado, ademais de avaliar os aprendizaxes dos alumnos, avaliará os procesos e a propia
práctica docente en relación coa consecución dos obxectivos do currículo.

Os Departamentos analizarán e valorarán os resultados obtidos polos alumnos ao remate do curso,
despois da terceira avaliación, e reflectirán esta valoración na Memoria Final de Departamento. Nela
irá incluída unha valoración da metodoloxía empregada, así como dos materiais curriculares e
didácticos empregados, sen esquecer as propostas de mellora sobre a organización e aproveitamento
dos recursos do centro.

TABOA DE AVALIACIÓN DO PROCESO DA LABOR DOCENTE NO IES GARCÍA BARBÓN

ASPECTO A AVALIAR RESPONSABLES DOCUMENTO
-Consello Escolar
1. O cumprimento xenérico do PE -Claustro Memoria Final
-Equipo Directivo

2. A organización do Centro -Equipo Directivo
Memoria Final
3. Aproveitamento dos recursos de centro -Departamentos

13. A coordinación entre os órganos colectivos e -Equipo Directivo
persoais encargados do labor docente: equipo -CCP Memoria final
directivo, claustro, departamentos e titores - Orientación

5. A aplicación dos criterios de cualificación
6.Metodoloxía empregada Departamentos Memoria Final
7.Materiais didácticos empregados
8.Reforzos e apoio empregados

9.A oferta de materias optativas
Equipo Directivo Memoria Final
10. A convivencia: estado das relación entre os
distintos sectores da comunidade educativa

68
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

-Equipo directivo
11. A orientación educativa e profesional -Orientación Memoria Final
12. As relacións coas familias e representantes -Titores
legais do alumnado

13. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Existe o compromiso do centro de organizar ou colaborar na organización de diferentes
actividades extraescolares, sempre e cando se adecúen a criterios pedagóxicos e ó cumprimento das
programacións didácticas e non obstaculizen o normal desenvolvemento das actividades diarias do
centro.

 Estas actividades poden ser propostas por cada un dos Seminarios e/ou Departamentos do centro
en tanto cumpran cos requisitos anteriormente citados, para o que terán que realizar unha previsión
anual ó comezo de curso que se comunicará á Vicedirección (visitas a feiras, museos, representacións
teatrais, cine … etc).

 Estas actividades poden xurdir a proposta de organismos ou institucións externas ó centro. Neste
caso valorarase con tempo a conveniencia de aceptar a nosa participación.

 Proporase a reedición de actos celebrados en cursos anteriores sempre que o clima de colaboración
e participación, tanto do alumnado como do profesorado, así o aconselle.
 Todas as actividades extraescolares deberán ser avaliadas polo Consello Escolar.

 A vicedirección coordinará, en colaboración con Seminarios e Departamentos, diferentes viaxes
pedagóxicas que cumpran cos requisitos xa expostos. A previsión de gastos para este tipo de
actividades estará dedicado exclusivamente a aquelas organizadas ou coordinadas pola Vicedirección.
 Recollemos neste apartado as propostas ratificadas no Claustro e no Consello escolar e aprobadas
polo Director o día 28 de xuño de 2017.

1. COMPLEMENTARIAS.

- Actividades organizadas polos membros da comunidade educativa dentro do horario
escolar do grupo, entendendo este dende o inicio das actividades lectivas de cada xornada
ata o seu remate.
- Os espazos para a súa realización abranguen ó propio centro ou recintos alleos ó centro ou á
propia localidade.
- OBRIGATORIAS para o 100% do alumnado ó que van dirixidas.
- As faltas a estas actividades deberán xustificarse documentalmente segundo o indicado nas
NOF.
- Financiación: gratuitas para o alumnado. O coste é asumido polos departamentos
organizadores.Naqueles casos en que o coste da actividade supere o 50% da asignación
presupostaria anual dese departamento, a diferencia será asumida polo Centro.
2. EXTRAESCOLARES

- Actividades organizadas polos membros da comunidade educativa fóra do horario escolar
do grupo,entendendo este dende o inicio das actividades lectivas de cada xornada ata o seu
remate.
- Poden incluir como máximo unha pernocta.
- Os espazos para a súa realización abranguen ó propio centro ou recintos alleos ó centro ou á
propia localidade.
- Teñen carácter VOLUNTARIO para o alumnado ó que van dirixidas.Para realizar a
actividade contarase como mínimo co 60 % do alumnado que asista regularmente ó centro,
considerando o total de alumnos ó que vaia dirixida.
- Financiación

a. Transporte:

CENTRO 25%
ALUMNADO mínimo 5 € por día, ata máximo 20% do total do autobús
DEPARTAMENTOS Parte restante

b. Entradas:

ALUMNADO mínimo 3 € por visita
DEPARTAMENTOS Parte restante

c. Aloxamento:

DEPARTAMENTOS Máximo 10 € por alumno
ALUMNADO Parte restante

d. Non se incluirá a financiación de ningún outro concepto aparte dos anteriormente mencionados.

- Profesorado acompañante:

a. Preferiblemente acompañarán nas saídas profesores que impartan docencia directa ós
grupos que participan na actividade.
b. O número de profesores virá determinado pola lexislación en vigor. Excepcionalmente
poderase incrementar o número de profesores sempre que se cumpra o seguinte:

- Que a participación sexa do 100 % do alumnado no grupo no que imparte o
profesor adicional.
- Que non conste no horario da xornada da saída ningunha outra hora lectiva con
outros grupos, nin horas complementarias.
- Contar co permiso correspondente da Dirección do centro.
- Nos casos en que acompañen máis profesores dos requiridos para a actividade, as
dietas corresponderán só a aqueles docentes que figuran na autorización da saída.

3. VIAXES DE FIN DE CURSO E INTERCAMBIOS

As viaxes de fin de curso e os intercambios escolares non financiados por programas específicos, serán financiados
polo Centro cunha aportación máxima de 200 €, debendo asumir o alumnado o resto dos costes.
O desenvolvemento do procedemento e prazos a respectar para a organización destas actividades
recóllense no documento das Normas de Organización e Funcionamento do centro.

69
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

13.1. PROGRAMA DE ACTIVIDADES

Ó longo do ano desenvólvense actividades culturais, pedagóxicas e deportivas organizadas
por departamentos didácticos do propio centro ou institucións alleas ó mesmo.

Son habituais as saídas do centro de duración variable dos alumnos de tódolos niveis
educativos para facer visitas directamente relacionadas co programa de contidos das materias
impartidas.
Igualmente son numerosas as actividades que se realizan no propio centro de temática
variada.

As actividades deportivas en días especiais, como as xornadas organizadas antes das
vacacións de Nadal realízanse nas instalacións do concello situadas a carón do centro (polideportivo e
canchas de fútbol e pádel)

En canto ás actividades con continuidade destacamos que durante o curso 2013-2014 se
institucionalizou a organización da “Semana da Saúde” onde toda comunidade educativa se involucra
co alumnado de Coidados Auxiliares de Enfermaría para profundaren aspectos que nos afectan
diariamente no coidado de corpo e mente, inclúe sempre unha xornada de doazón en colaboración co
Centro de Transfusión de Galicia.

Tamén se institucionalizou durante o curso 2014-2015 a organización das Xornadas
informativas e formativas de “Emprendemento e orientación laboral” para o alumnado do noso centro
e dos outros centros da comarca, así como para organizacións empresariais de toda a provincia.
Durante o curso 2015-2016 iniciouse unha actividade máis de difusión da oferta formativa do centro
que se completa con un par de xornadas de portas abertas que se viña realizando de xeito continuado
dende hai anos e que agora se realiza durante a fin de semana da celebración da Feira do Lázaro en
Verín.
Na vertente deportiva contamos cun nutrido número de alumnos que forma parte do

equipo “Arqueiros de Verín” especializados na participación en diversas competicións de tiro con arco.
Como centro preocupado polas novas tecnoloxías e activo nas redes sociais organizamos anualmente
dende o curso 2007-2008 un concurso de creación de blogs no que participa toda a comunidade
educativa.

Contamos tamén co Proxecto “ A.T.E.I” de orientación académica e laboral no que se
organizan actividades para que antigos alumnos compartan a súa experiencia académica ou laboral
unha vez que abandonan o centro, amosando de primeira man a realidade á que inevitablemente se
achega o noso alumnado.

O García Barbón outorgóuselle durante o curso 2013-2014 a carta Erasmus de Educación
Superior que nos permite tramitar a realización de estancias profesionais dos nosos alumnos de Ciclo
Superior en distintos países da Unión Europea a través da acción clave 1 (KA1)

70
PROXECTO EDUCATIVO
IES GARCIÍA BARBOÍ N 2015-2016

Formamos parte tamén do Consorcio da asociación de Profesores Técnicos e de Ensino
Secundario de Automoción de Galicia para o Proxecto ERASMUS+ de mobilidade de profesores e
alumnos (KA1) con propostas renovadas anual ou bianualmente.

14. AVALIACIÓN DO PE

A avaliación do Proxecto Educativo é un proceso continuado, e polo tanto sensible a modificacións
no mesmo proceso da avaliación. A tal fin, estableceranse xuntanzas na Comisión de Coordinación
Pedagóxica coa periodicidade que sexa precisa, co obxectivo primordial de analizar e revisar o
funcionamento do Proxecto Educativo.

Así mesmo, estudarase e farase unha valoración das propostas e suxestións que os membros da
comunidade educativa fagan chegar ó Equipo directivo. Ao remate do curso, elaborarase unha
memoria final, na que se contemple un balance global da aplicación práctica do PE, e onde se recollan
posibles propostas de modificación, que serían de aplicación no vindeiro curso académico, unha vez
avaliadas polo Claustro de Profesores e o Consello Escolar e aprobadas polo Director.

Ao tratarse dun documento aberto e dinámico que está sometido aos cambios que se producen
tanto na lexislación, na contorna e no propio centro, este PE deberá ser sometido a revisión cando
menos con carácter bianual ou cando así sexa solicitado pola maioría absoluta do Consello Escolar.

71

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful