A FORMACIÓN PROFESIONAL EUROPEA NO IES GARCÍA BARBÓN

Visita da profesora Beatriz Fernández Paredes

O IES García Barbón visitou a localidade estonia de Kuressaare, na illa occidental de Saaremaa do
3 ao 10 de xuño, como parte das actividades desenvolvidas no marco do proxecto Erasmus +
'Coñecemento e Formación para o Emprego'.

Este programa de traballo para a mobilidade do persoal de FP, coordinado pola Asociación de
Profesores de Automoción de Galicia (APAGA) ofrece aos docentes a oportunidade de participar en
actividades de formación con socios europeos para profundizar no coñecemento das circunstancias
estruturais e organizativas comúns do noso sistema educativo e laboral. Intercambianse
coñecementos sobre elementos de mellora dos procedementos máis efectivos para a inclusión no
mercado laboral do alumnado unha vez que remata a súa formación.
Durante a semana traballouse no coñecemento e intercambio de experiencias educativas coa visita a
diversos campus centrados no desenvolvemento da FP, principalmente dual. Tamén se visitaron
empresas do sector do mantemento de vehículos, tanto de vehículos automóbiles (Mercedes,
Toyota, Nissan...) como de embarcacións (Alunaut, Smitd metal...). Visitaronse tamén as
instalacións do centro rexional de Pärnuma e as sedes da The Vana-Vigala Tehnika e a
Teeninduskool, dúas das máis modernas e tecnolóxicamente mellor dotadas instalacións que posúe
o país para a formación dos profesionais dos diversos sectores.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful