Carlos Casares naceu en Ourense no ano 1941 e morreu en Vigo no ano

2002. Tiña unha memoria prodixiosa coma se tivera Google instalado na
cabeza.

Cando Carlos era moi pequeno non había móbiles, tablets, ordenadores ou
Internet. A él lle gustaba a radio, o cine que era en branco e negro, os
cómics coas Historias de Sachai, el pequeño limpiabotas.

Viviu a Guerra Civil e a Posguerra. Estes feitos foron moi traumáticos
para este escritor, o cal influíu na súa obra literaria.

A súa infancia foi moi feliz, así que tivo unha gran repercusión na súa
obra, xa que foi un tempo de inocencia, aventura, felicidade...

Tiña unha irmá maior chamada Merche e un irmán máis novo chamado
Xavier.

A Carlos lle gustaba: xogar ao fútbol, as sesión de cine dominical en Xinzo
de Limia ( vía as películas dende a cabina de proxección porque era amigo
do fillo do maquinista, así que coleccionaba os anacos de película
cortados), construía os seus propios xoguetes, escoitaba as historias dos
campesiños.

Aos 11 anos vaise a estudar bacharelato ao seminario de Ourense.
Tratábase dun colexio da igrexa católica, onde estudaban os rapaces que
querían ser curas. Foi unha idea da nai de Carlos que era unha muller moi
relixiosa ela falaba sempre en castelán. Seu pai, que era moito máis
liberal e progresista con poucas preocupacións relixiosas, falaba sempre
en galego.

No seminario, tivo que sufrir un réxime disciplinario moi severo, cheo de
obrigas e prohibicións nada razoables, como por exemplo, estaba
prohibido falar en galego ou de fútbol. Naquel lugar adquiriu moitas
aprendizaxes (latín, grego...) e foi onde descubriu a súa vocación literaria.

2
Nos verán regresaba a Xinzo para pasar as vacacións. Alí entra en
contacto con Antonio Rodríguez, o bibliotecario, que o orientou nas súas
lecturas e lle deu a coñecer escritores prohibidos no seminario. Tamén
empeza a colaborar nunha emisora local, solucionando dúbidas sobre a
escrita correcta das palabras.

Pasa uns anos no seminario pero chega un día no que decide que non quere
ser cura. Como os estudos neste lugar non estaban homologados ten que
repetir varios cursos no instituto. Nesa época coñece a Vicente Risco que
foi o fundador do nacionalismo galego e gran escritor. O coñeceu porque
era o presidente do 1º concurso literario que gañou Carlos. Aínda que
Risco era maior que Casares, cáense ben e nos longos paseos que daban
xuntos, o rapaz aprendeu moitas cousas, sobre todo a valorar as persoas
por si mesmas.

Aos 21 anos Carlos vaise a Santiago de Compostela a estudar Filosofía e
Letras. Alí coñece a Ramón Piñeiro. O tempo que pasou Casares en
Santiago coñécese como a Década prodixiosa, xa que moitas das cousas
que forman parte do mundo actual tiveron a súa orixe nesta época (loita
contra o racismo, a loita feminista, os movementos ecoloxistas e
pacifistas). Piñeiro publicoulle o seu primeiro libro “Vento ferido”. Carlos
soñaba cunha España distinta, libre e plural na que todas as linguas fosen
respectadas. Adquire unha gran conciencia política que o leva a participar
en manifestacións.

Cando remata os estudos volve a Xinzo e pasa por varios traballos
mentres prepara as oposicións para ser profesor de instituto. Un día
cando ía no tren cara a Santiago de Compostela coñece a unha rapaza que
estudaba náutica e facía traballos como actriz. Ela viaxaba cara a India
para traballar como telegrafista, tiña que coller un barco na Coruña pero
Casares convenceuna para que coñecera Santiago, nunca chegou a coller
aquel barco. Quedou en Galicia e pouco tempo despois casou con Carlos.
Tiveron dous fillos Hakan e Christian.

3
No ano 1974 aproba as oposicións. O seu primeiro destino foi Cangas do
Morrazo. Segue escribindo.

No ano 1977, entra na Real Academia Galega tempo no que converten a
este organismo nunha institución ao servizo da lingua e da cultura galega.
Neses anos comeza a súa colaboración coa voz de Galicia onde publica a
partir de 1975 a sección A Ledicia de ler, dedicada a comentar libros e
cousas relacionadas coa literatura. A partir deste momento comeza unha
fase histórica importantísima coa morte de Franco que foi a Transición.

Casares participou moi activamente na construción da autonomía de
Galicia. En 1981 foi elixido deputado no primeiro parlamento galego da
historia. Dedicou boa parte da súa actividade parlamentaria a redacción
da Lei de Normalización lingüística aínda hoxe vixente e que foi
aprobada por unanimidade. Estaba moi comprometido coa recuperación da
Lingua Galega. Tivo a idea de facer a 1ª campaña publicitaria da historia
para promover o uso do galego na vida familiar (Fálalle Galego). En 1985,
aínda que lle ofreceron volver a ser candidato ao parlamento decidiu non
aceptar e concentrarse na literatura e nos libros.

No ano 1983 trasládase coa súa familia a vivir ao concello de Nigrán,
preto de Vigo onde fora construíndo unha casa na que vivirá o resto da
súa vida.

Da clases en Vigo polas tardes, e pasa as mañás na sede da Editorial
Galaxia que dirixe. Dedícalle moito tempo a esta editorial, xa que
necesitaba unha actualización (abriu novas coleccións, publicou novos
autores, actualizou os deseños...).

Resultáballe difícil dicir que non a ninguén que solicitase a súa axuda, polo
que cada vez tiña máis compromisos Durmía pouco e non paraba.

Era un excelente conversador, tiña un repertorio de historias e anécdotas
infinitas.

4
En 1992, a Voz de Galicia ofrécelle a posibilidade de facer unha columna
diaria en galego e foi unha das seccións máis lidas por lectores que na
súa maioría estaban pouco habituados a ler en galego.

En 1996, foi elixido por votación presidente do Consello da Cultura
Galega que é un organismo que asesora e orienta a acción cultural do
goberno galego. Era un espazo para estudar e debater os problemas da
cultura en Galicia. Encargouse de dinamizar este órgano, dando entrada a
xente nova e montando o portal informático deste órgano. Aínda que
segue na editorial Xerais deixa de dar clase.

Era unha persoa moi coñecida e o ACNUR ( o Alto Comisionado da ONU
para os refuxiados) lle pediu que fose o presidente da súa delegación en
Galicia e aceptou.

Non para nin un momento. Así que no ano 2000 estivo máis dun mes
compartindo viaxe con varios escritores novos de moitos países no
expreso da literatura europea. Carlos falaba con fluidez moitas linguas.

Coleccionaba trens eléctricos, edicións do principiño, máquinas
fotográficas antigas e sobre todo amigos.

O 9 de marzo de 2002 sufriu un ataque ao corazón e morreu.

5

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful