Está en la página 1de 11

ltima revisin 28/02/2017

Almanaque Agrcola ZZ: unha publicacin local sobrevivindo entre multinacionais


Albino Alonso Rodrguez, David Prez Rego

Resumen:
Os autores realizan unha investigacin sobre esta publicacin peridica singular.
Explcase como nace no 1953 relacionada coa sede da empresa Zeltia no Porrio e
como sortea a censura franquista publicando en galego e cunha ideoloxa galeguista.
Analzase a sa estrutura, a sa funcin e a colaboracin de grandes persoeiros da
cultura e das artes galegas. Exponse como logra sobrevivir ante os cambios na
empresa, covertndose nunha das publicacins galegas mis lonxevas e mis
importantes no seu mbito.

Palabras clave:
Publicacins peridicas, Galicia, O Porrio, Zeltia, galeguismo, almanaques, agricultura,
industrias farmacuticas, industrias agroqumicas, publicacins locais.

De Zeltia a Syngenta

Ao longo de toda a sa historia, a empresa Zeltia ten destacado como pioneira na


investigacin de frmacos e antibiticos en todo o mundo, dende os seus primeiros
produtos ata o actual anticancerxeno lder, Yondelis. As sas orixes remntanse ao 3
de agosto de 1939, cando Zeltia S.A. se funda no Porrio como unha escisin do
Laboratorio Miguel Servet de Vigo, co 90% da sociedade en mans do grupo da
coecida familia Fernndez. A empresa ten inicialmente das estratexias de producin:
primeira, a de aproveitar os subprodutos do Matadoiro porris (como os fgados para
obter extractos hepticos, pncreas para insulina, etc.) do mesmo Grupo empresarial;
e segunda, a de explorar a flora medicinal de Galicia. Pouco despois de comezar a sa
andadura, Zeltia destacar rapidamente como primeira produtora espaola de
alcaloides do dentn ou gran de corvo do centeo, as como de extractos hepticos.
Ademais, no 1945 o equipo dirixido polo profesor Calvet sintetiza o DDT, abrindo as
novos camios na fabricacin de insecticidas e consolidando o rpido xito da empresa
porriesa.

A principios dos anos cincuenta, Zeltia renova o seu equipo tcnico e cientfico, ampla
a sa gama de produtos e comeza produtivas relacins con importantes empresas
internacionais. En trece anos crecera tanto que optara xa por estruturarse en catro
divisins para diversificar a sa oferta: Divisin Mdica, Divisin de Agroqumicos,

1
ltima revisin 28/02/2017

Divisin de Produtos Insecticidas e Divisin Veterinaria. No 1964 a Divisin de


Agroqumicos de Zeltia nese empresa Plant Protection-ICI para formar Zeltia Agraria
S.A., que no 1985 cambiar o seu nome por ICI-Zeltia Agroqumicos; en 1994 Zeltia
vende todo o seu capital a ICI e a empresa transfrmase en Zneca-Agro, e a partir do
2001, e ata a actualidade, a entidade convrtese en parte da multinacional Syngenta.

Os laboratorios Zeltia acabados de inaugurar

O Almanaque ZZ na rbita dos calendarios

Durante os cambios producidos na empresa a principios dos anos cincuenta, a Divisin


de Agroqumicos de Zeltia pensaba que necesitaban publicitar os novos produtos e
avances tcnicos entre a poboacin do medio rural a travs dunha canle axeitada: nin
os medios de comunicacin radiofnicos nin os audiovisuais estaban estendidos
naquela poca. Necesitaban urxentemente un medio de comunicacin a travs da
escrita, algo que podera circular de man a man e que tivera unha vida til prolongada.
O conselleiro de empresa, Antonio Fernndez Lpez, apoia a iniciativa que parte do
directivo Fidel Isla Couto e do tcnico Ismael Sierra Franco, e no 1953 o Almanaque
Agrcola ZZ sae por primeira vez ra, con distribucin gratuita e tirada anual.

Este tipo de publicacin, coecida como calendario ou almanaque, resultaba moi


eficaz para as necesidades da empresa naquel momento. Por un lado tia un formato
que facilitaba o intercambio de persoa a persoa, e por outra tia unha informacin moi
prctica para o consumidor, que o conservaba e usaba como manual prctico ao longo
de todo o ano natural: esto permita que tamn a publicidade da empresa fora
consumida nos fogares ao longo de todo un ano. Os agricultores e gandeiros tian no
Almanaque un instrumento inmensamente til, unha ferramenta de consulta cotin
que entendan e usaban na prctica. Pensemos que, por exemplo, e ao longo de

2
ltima revisin 28/02/2017

moitas dcadas, o Almanaque era un dos poucos soportes onde aparecan codificadas
tdalas feiras e mercados de Galicia: dicir, os centros econmicos da vida rural.
Incluso podemos afirmar que esta publicacin acabara por ser o libro de cabeceira dos
notarios galegos no que se refire unificacin e sistematizacin nos textos legais de
pesos e medidas, tan diferentes e variados en Galicia.

Repasemos algn dos temas presentes no Almanaque: formacin sobre as labores


agrcolas; climatoloxa; valor de medidas de superficie e capacidade do rural por
equivalencia co sistema mtrico; regulamentacin e normativas; loita fitosanitaria
razoable e respectuosa; sanidade vexetal e teraputica agraria; preservacin e
recuperacin de razas e variedades autctonas en gandera, horticultura, cereais e
sobre todo viedo; refraneiro e contos; axenda de feiras, festas e mercados; santoral;
ciclos lunares e outra informacin astronmica; estudos agrcolas; estudos culturais;
informacin gastronmica; informacin da empresa; informacin sobre especies e
espazos naturais; calendarios, etc. Xa que logo, esta publicacin sempre ofrecera un
envoltorio de cultura popular, ao lado de seccins onde se falaba de innovacin agraria
e divulgacin cientfica, sen esquecer que a sa funcin primixenia era ser un medio de
propaganda efectivo para a empresa nos seus primeiros pasos.

Xa que logo, Zeltia optara por crear


unha publicacin especfica, situar a
sa publicidade nunha publicacin de
vocacin divulgativa, enmarcada
nunha rbita moi popular na pennsula
como a dos calendarios, e cuxo
exemplo mis coecido sera o
Calendario Zaragozano, editado a
partir de 1840. Este tipo de
publicacins, algunhas delas
verdadeiras pezas de museo na
actualidade, adiantaban o futuro co
mis doce sabor do pasado,
mesturando a meteoroloxa, co
santoral completo, as feiras e
mercados de Espaa. En relacin con
Galicia, destacara ademais do
Almanaque Agrcola ZZ, o caso doutros
dous calendarios populares. Por un
lado O Gaiteiro de Lugo, publicado por
primeira vez no 1857 grazas ao
impresor Manuel Soto Freire, que
Primeira portada do Almanaque (1953)
inicialmente o chamara Calendario
Gallego. O Gaiteiro pasara por varias
mans, e acabara desaparecendo ata que no 1996 a Deputacin de Lugo chegara a un
acordo co propietario da histrica cabeceira, que volvera a renacer coa mesma
filosofa da primeira poca. Por outro lado destaca a existencia do Mintireiro

3
ltima revisin 28/02/2017

Verdadeiro, popular calendario agrcola que se comezou a editar en Palas de Reis nos
anos sesenta polo cura Jos Regado Vzquez. Curioso tamn o caso desta publicacin,
xa que nacera como unha necesidade econmica: sendo dez irmns na casa dos
Regado, o cura tivo a ben publicar un calendario como fonte de ingresos alternativa
para a familia, comezando a vendelo por toda Galicia e chegando incrble tirada de
15.000 exemplares.

Pero sen lugar a dbidas, o Almanaque ZZ conseguir converterse na publicacin


galega mis exitosa no seu mbito, cunha tirada actual de 100.000 exemplares que se
distriben gratuitamente baixo demanda. Todos os galegos tiveron algunha vez un
exemplar nas mans, e quizis esta sexa a principal forma de visualizar a sa
celebridade. Unha fama que posibilitara a sa pervivencia dende 1953 ata a
actualidade: nada menos que 64 anos de vida ininterrompida, poucas publicacins en
galego poden alardear dese currculo.

O Almanaque ZZ na cultura galega

O Almanaque ZZ reflicte o pensamento e lias de actuacin dun personaxe de enorme


calado para a cultura galega no sculo XX: Antonio Fernndez Lpez (Lugo, 1903-1971).
Este empresario, destacado mecenas de empresas culturais, benficas e docentes,
destacou sempre co seu profundo respecto pola cultura autctona e por intentar
innovar, facer sempre algo novo e distinto da rutina oficial. Froito desas inquietudes
encontramos o seu apoio a entidades cunha gran impronta galega, como o Museo
Provincial de Lugo, a Fundacin Penzol ou a Editorial Galaxia; tamn estara presente
na creacin das Escolas Agrcolas ou no patrocinio de concursos de cultivos e recollida
de material folclrico por parte de escolares, as como no financiamento a ttulo
persoal de varios cursos de formacin agropecuaria. Destacar asimesmo a figura do
tcnico Ismael Sierra Franco, caracterizado pola sa incondicional vinculacin ao
galeguismo e labor xornalstica e de divulgacin cientfica, que o levara a ser o
agrnomo que maior nmero de artigos de difusin agraria publicara en Galicia.

O currculo de mbolos dous personaxes, Antonio e Ismael, marcar definitivamente o


carcter do Almanaque Agrcola ZZ ata o da de hoxe, destacando por un lado o seu
carcter galeguista e por outro o seu ruralismo. O seu carcter galeguista sobresae no
uso exclusivo do idioma galego dende a sa orixe, convertndoa nunha das poucas
publicacins peridicas de Galicia que cunha vida tan dilatada e cun nacemento en
pleno franquismo sempre usou o noso idioma como vehculo de expresin. Non deixa
de sorprender que unha publicacin dos anos cincuenta utilice o galego como soporte
lingstico. Anda mis: un galego notablemente coloquial, a fala das clases populares
de Galicia. Sobre todo si pensamos que estamos a falar do vehculo de divulgacin
dunha empresa cientfica. Pero en realidade esa mesma foi a lxica de actuacin: Zeltia
escolleu para a sa publicacin a fala dos seus consumidores principais, os
traballadores do agro, cunha vontade de identificacin e comunicacin efectiva.

4
ltima revisin 28/02/2017

Precisamente, esa sera tamn a razn que permitira ao Almanaque escapar das
tesoiras da censura. Convenceran s autoridades franquistas de que usaban o galego
non como posicionamento poltico ou cultural, senn soamente coa intencin de
facerse entender cos seus consumidores. Probablemente a excusa non resultaba
crble, en tanto que Zeltia era un verdadeiro acubillo de traballadores e cientficos
represaliados pola dictadura, republicanos e galeguistas (como ten estudiado o
profesor Ricardo Gurriarn Rodrguez), polo que quizais se tivera mis en conta unha
razn de maior peso especfico: a necesidade. Espaa pasaba fame, non haba
produccin agrcola suficiente para alimentar o pas. O Almanaque significaba
progreso, innovacin, desenvolvemento, perfeccionar os productos e aumentar a
produccin. Daquela, como mal menor, as autoridades franquistas, recoendo a
utilidade prctica da publicacin, estaban dispostas a supeditar os seus dogmas oficiais
e intereses polticos por unha vez e nesta cuestin en concreto. As, mentres en case
todos os mbitos o idioma galego era perseguido, repudiado, ou directamente
prohibido, o Almanaque usaba o idioma galego como estandarte, e de paso,
reivindicaba tamn a cultura galega, o folclore galego, as tradicins galegas, e o sentir
popular dos traballadores do agro.

A editorial do primeiro volume que sae ra, no 1953, moi clara en relacin aos
aspectos que estamos comentando, e indica claramente cales eran os fins da
publicacin e a perspectiva que tomaba de cara aos traballadores do agro:

Eiqui estamos, labrego amigo, diante de ti. Eiqui estamos pra lembrarche moitas
cousas que ben-as sabes, mais convn non-as esquezas. Tamn n-iste librio vimos a
decirche outras cousas xa non tan sabidas, que pouco a pouco compre as vaias
metendo na tua cachola.
Ti traballas a terra, e d-ela ts que ir percurando cada ano mais, pra ir vivindo.
Coecemos as tas penurias e decatmonos das tas cavilacins. Vimos a axudarche,
pensando como ti pensas, que na terra ts postas as tas espranzas, i-estas teen que
dormir fora namentas as novidades non estn en sazn de colleita.
N-iste intre o pago dos teus xorns, pdese perder. Os papulos dainos, as enfermeds,
doenzas ou pragas poden perxudicar e hastra destruir o froito das tuas terras, que o
de teu traballo, pondote en mala situacin.
Mais hoxe a tinica pon nas tuas mans remedios ou mencias para que ista perda non
se produza ou, no pior caso, sea o mais pequena posbel. Non che dicimos isto como
unha propaganda mais, smentes co ollo posto en vender polvos pra brotar as
prantas. Non. Ademais de que o noso intrs est en vender, tamn queremos
desintresadamente facer algo pol-a nosa agricultura galega.
Os nosos produitos son bs, tan bs com-os mellores que poidas atopar nas tendas ou
mercados. Pra convencerte prbaos un ano e non volvers a mercar outros. Mais non
soio ts nos inseiticidas de Zeltia unha garanta, se non que ista Casa, por ser galega,
quere axudar ao campesio e a economa agraria rexional a conquerir que anosa terra
rinda cada ano mais, muito mais.
E iso non se consigue somentes combatindo as pragas. Fai falla mais. E perciso botar
terra sementes boas para que as prantas que d-elas sallan tean forza e dian mais grao
ou mais rendimento. E para que istas prantas sexan asi teen que comer e beber o

5
ltima revisin 28/02/2017

que o senso teinico dinos. Bs abonos son manxares que fan rendir bs cultivos e bs
cultivos dan colleita mais grao ou mais patacas ou mais herba.
Convn labrar xuizosamente os tarreos. Unha mala laboura pode eibar ou merar a
terra, gafndoa para uns cantos anos. Labrar ben non arar moi fondo, se non a
tempo e con sazn, empregando arados, gradas, sachadoras ou cultivadores que
desfarelen ben a leivoa ou o terrn.
Non novo iso que che decimos, mais non por vello deixa de ser certo. Iremoscho
lembrando no decurso d-este calendario. Coa nosa presencia no teu lar, a carn do
lume no inverno ou sombra da figueira ou do palleiro no vran, vndoche traguer
memoria o que se che pode esquecer ou a desfacerche a dbida que ts sobor de si
debes dar creto a un vello refrn ou facerlle caso a un vecio que che dixo no adro ou
na feira que na la crecente non se debe podar a via ou prantar as berzas.
Todol-os calendarios falan moito da la e do tempo que ela vai traguer. Na la de
xaneiro din que ha de xear forte e na mingoante ten de chover hastra atrancar as
corredoiras. No vrn dan bon tempo ou lixeiros ventos do nords que algn da refresca
o ambente. Sempre se acerta cando se d que no inverno ha de facer fro ou chover no
marzal, pois un ou outro da ha de cair auga, e se non cae d-abondo, cavlase que que
a la ven retrasada no calendario.
Ns non che diremos as. Para saber si h chover ou facer frio falarmosche algo de
dous pequenos aparellos: un que chaman barmetro e outro que lle dn
termmetro. Co iles na tua casa pode ser que d-un da pra outro acertes.
Non te apresures por demis nin faigas as faenas do campo en datas de cote fixas. O
que n-un ano dbese facer por San Marcos n outro hai que demorlo un pouquio. Din
moitos vellos namentres o tempo non ven, non pasa sazn.
Sigue iste consello: afaite a comparar. Non faigas as cousas sin pensar, somentes por
que sempre vchelas facer ans. Tamn denantes base en carro de cabalos e hoxe vaise
en automvel ou en avin.
Si cavilas nisto con senso, darsnos a razn, e pouquio a pouco irs tendo mellores
colleitas nas tuas veigas. Penso que non hai razn pra que a nosa agricultura ten de ir
anda como cando ibas a vila en carro de cabalos, cando xa podes ir com-os homes en
automvel.
LABORATORIOS ZELTIA S.A., os que fan o ZZ que ti ben conoces, ademais de querer
vender seus praguicidas, tamn che ofrecen a sua axuda ainda que non sexa en custin
na que non haxa que empregar ningunha cousa que n-iles se fagan. E unha Industria
Galega e por mr da nosa terra tn intrs de facer que a sua agricultura mellore canto
mais se poida.

O Almanaque ZZ e as artes galegas

Ao longo de todas as sas edicins, a riqueza informativa da publicacin convive cunha


vocacin artstica no mbito das ilustracins. Entre as filas dos seus ilustradores
cntanse figuras da talla de Manuel Torres (Marn, 1901-1995), durante moitas
dcadas encargado de ilustrar o calendario que sempre acompaaba publicacin.
Torres un dos personaxes claves para entender o devir da arte e a cultura grfica
galega do sculo XXI. Unido artisticamente ao Movemento Renovador, os lazos de

6
ltima revisin 28/02/2017

Manuel Torres co grupo de Os Novos irn mis al do meramente esttico,


compartindo con autores da talla de Maside, Colmeiro ou Arturo Souto, inquietudes
polticas e sociais que condicionaran a sa traxectoria, non s tras o estalido da
Guerra Civil, senn tamn na incerteza dunha interminable posguerra. Debemos
enmarcar a obra de Torres nun contexto cosmopolita privilexiado polas sucesivas
becas que lle outorga a Deputacin de Pontevedra, permitindo que o artista coeza de
primeira man o que estaba sucedendo en capitais como Madrid ou Pars. Sen embargo,
consciente da sa propia realidade, Torres non se deixa impresionar polas novidades
artsticas, tomando da vangarda soamente aqueles aspectos (a simplificacin formal
un deles) que lle permitan manter en todo momento unha actitude crtica e
reivindicativa para con a sociedade do seu tempo. Non de estraar que o pobo e as
sas xentes - campesios, tipos populares, a mesma paisaxe - sexan presencias
imprescindibles nos seus contidos temticos. E estes mesmos intereses se repiten
dunha maneira particularmente intensa na sa labor grfica, colaborando ao longo da
sa vida con diferentes medios de comunicacin. Nestes medios o artista pon de
manifesto a sa slida formacin como debuxante, as como a vontade de manterse
fiel plasmacin dunha realidade que necesitaba do esforzo de todos para a sa
renovacin. Neste mbito hai que situar a estreita e prolongada colaboracin que
Torres mantivo con Zeltia ata a sa morte no 1995, efectuando multitude de vietas
para o Almanaque Agrcola.

Ilustracin de Manuel Torres Ilustracin publicitaria de Alonso Viliato

No captulo das ilustracins tamn xusto mencionar outra valiosa participacin: a do


porris Javier Alonso Viliato. Viliato, profesor de escola na parroquia de Torneiros,
deixou constancia do seu bo facer nos debuxos e na publicidade dos produtos cos que
ilustrou as portadas do Almanaque, constitundo o complemento ideal mestra de
Torres. As ilustracins de Viliato, dun trazo exquisito, amosan unha excepcional
habilidade por parte do autor para o debuxo, habilidade que lle ven dada,

7
ltima revisin 28/02/2017

fundamentalmente, polo coecemento e o respecto aos motivos que representaba en


forma dos froitos e prantas da natureza galega.

O Almanaque ZZ e as persoas

Carlos Alonso Pena entrou na empresa en 1962 como tcnico agrcola, e xubilouse
como director rexional de Zeltia en Galicia. No 2004 tivemos unha amena conversa con
el, onde nos comentou que o primeiro contacto que tivo co Almanaque provocou que
se convertera no seu mis apaixonado admirador. A partir de entn, Alonso Pena
adquiriu a funcin de protector e alma mater da publicacin, recollendo as o testigo
que lle fora pasado polos fundadores orixinais da publicacin, Antonio Fernndez
Lpez, Fidel Isla Couto e Ismael Sierra Franco.

Zeltia en 1964

Alonso Pena tamn deixara a sa propia pegada no Almanaque. O seu coecemento


exhaustivo da realidade do medio rural galego, froito do seu traballo, contribuira a
aumentar a marca de cultura popular e intelectualidade que xa distingua publicacin
dende un principio. A el mesmo lle pareca incrible a evolucin que vivira o
Almanaque, desde a poca na que case era unha publicacin artesn realizada por uns

8
ltima revisin 28/02/2017

poucos namorados do tema ata a actualidade, na que o Departamento de Publicidade


da empresa ampliou os contidos, cunha grande multitude de datos divididos en
diferentes seccins. Naquela charla con Carlos Alonso Pena na sa casa de Vigo,
falounos das lembranzas na empresa Zeltia, e de como ao chegar xubilacin fai uns
anos, pasoulle o testigo de responsable da publicacin ao seu pupilo, Csar Fernndez
Portal, de Pobra de Trives (Ourense), ao que precisamente coeceu por ser o gaador
dun dos concursos de investigacin que convocaba anualmente o Almanaque Agrcola
ZZ.

Csar Fernndez pasara entn a ser o novo alma mater da publicacin, o seu novo
protector. A propsito desta querencia, enviounos o texto que reproducimos a
continuacin, un borrador con destino editorial da publicacin do ano 2002,
conmemoracin do seu 50 aniversario, e unha sorte de manifesto onde Fernndez
plasma a filosofa do Almanaque dende as sas orixes:

O librio que ten vostede nas mans, querido lector; cumpre cincuenta anos coa
presente edicin.
Unha longa singladura na que, a tantas veces cambiante direccin dos ventos,
non nos fixo perder de vista nin por un momento a nosa orientacin primeira e obxetivo
fundamental: prestarlle un servicio os agricultores galegos.
O vello e entraable Almanaque zz convertiuse xa nunha institucin, nunha
ferramenta til e esperada con impaciencia, e nun compaeiro case que inseparable de
todas aquelas xentes vencelladas s actividades agrarias.
Nos tempos actuais recibimos a coto unha enchenta de informacins
transmitidas polos distintos medios, algunhas delas moi importantes pero que na
mayora das ocasins pouco ou nada teen que ver coas nosas preocupacins e
vivenzas habituais; i esto particularmente certo no medio rural.
Dende o primeiro nmero, tentamos dar nosa xente do campo informacin
que, respondendo s sas necesidades diarias, puidera expresarse na mesma linguaxe
na que falaba cos seus vecinos. Quizabes por iso disfrutamos sempre da sa
complicidade e permanecimos ao seu carn coma un de tantos trebellos de labranza
ou ferramentas de uso cotin.
Quixemos tamn enmarcar a informacin nun contexto inconfundiblemente
galego, rescatando os elementos mais senlleiros da nosa cultura agraria tradicional,
recuperando o noso rico e variado refraneiro popular, e tratando de despertar o sorriso
con esas historias que mis dunha vez se contaron ao amor do lume logo de duras
xornadas de traballo.
Pareceunos que iste era o compromiso ineludible dunha empresa que polas sas
orixes e tradicin sntese ntimamente vencellada a Galicia.
A publicacin do Almanaque escomenzou coa idea de divulgar coecementos
agrarios de modo moi concreto, sinxelo e quizabes entretenido en pocas, (al polos
anos 50), nas que os medios de informacin no mbito rural eran moi escasos,
descoecidos ou inexistentes.
O resultado final de tal acerto, en termos de aceptacin e cario ao ZZ, ven
refrendado por case que cen mil exemplares anuais , que se espallan de modo gratuito,

9
ltima revisin 28/02/2017

tras seren demandados, por cidades pobos e aldeas, dende os montes ata as praias,
dende os vales ata as serras de toda a xeografa galega.
Trtase dunha publicacin que quixo manter un carcter tradiccional e enxebre
pero o mesmo tempo innovador. Adelantouse no tempo con criterio fundado sendo
pioneiro, e profeta na sa terra; avanzou consellos de cuestins agronmicas cando
ningun as coeca que estn na actualidade en plena aplicacin e desenrolo. Falamos
de mtodos culturais, loita fitosanitaria ou mesmo de preservacin e recuperacin de
razas ou castes autctonas e ancestrais en gandera, horticultura, cereais e sobor de
todo viedo.
Cremos honestamente que podemos sentirnos satisfeitos do noso Almanaque.
Coa nosa non por obrigada menos sinceira gratitude, a todos cantos o fixeron
posible, e de modo moi especial os nosos labregos, empeamos a nosa vontade na sa
continuidade e mellora.
Despois de todo, nel atpanse cincuenta anos da nosa evolucin agraria, desa
historia que non recollen os estudios profundos nin as grandes publicacins, pero que
o que, a fin de contas, configura o progreso da nosa agricultura e da nosa terra.

Neste texto, Csar Fernndez repasa excepcionalmente ben a longa singradura do


Almanaque onde, s veces, non tera o vento ao seu favor. Porque a pesar do seu xito
e dos seus 64 anos de publicacin ininterrumpida moitas veces correra o risco de
desaparecer. As fusins e outros cambios administrativos que se producan na
empresa representaban tamn un reto para a existencia do Almanaque, xa que os seus
responsables vanse na obriga de explicar a lxica dunha publicacin tan peculiar s
novas directivas e consellos de administracin, cada vez mis desvencellados do medio
rural e descoecedores da utilidade dunha publicacin gratuita onde o romanticismo e
o pragmatismo xogaban a partes iguais.

De feito, nun destes cambios de directiva chegou a debatirse seriamente substituir o


Almanaque por outro medio de publicidade mis efectivo. Daquela os responsables da
publicacin, presionados pola necesidade de rentabilizar, pensaron en cambiar o
modelo de financiacin para conseguir mantela viva. Sendo coecedores de que os
clientes finais sempre demandaban o Almanaque por cada pedido que realizaban aos
intermediarios, propuxeron aos distribuidores provinciais dos produtos Zeltia que
subvencionaran parte da sa financiacin. Os distribuidores aceptaran, pero os cartos
seguan sen chegar para financiar o custo dos 100.000 exemplares da tirada anual.
Como medida desesperada, o Almanaque perdera a sa condicin de gratuito e
pasara a venderse nos quioscos, o que a todas luces presaxiaba a sa defuncin. Pero
no ltimo momento, cando todo indicaba o peor, os responsables da publicacin
conseguiron convencer ao consello de administracin de Syngenta da importancia e a
eficacia do Almanaque Agrcola ZZ como medio de publicidade, difusin e prestixio
para a empresa, e que esta volvera a financiar a totalidade da tirada. A sa
continuidade volva a estar garantida.

Incluso no seu da, a propia Xunta de Galicia, recoecendo o valor histrico do


Almanaque e a sa importancia para a cultura galega, xa tia proposto que no caso de
que Syngenta deixara de publicalo, pedira autorizacin para patrocinalo, mantendo o

10
ltima revisin 28/02/2017

seu formato e seccins pero substitundo a publicidade da empresa por anuncios


institucionais. Por fortuna esto anda non foi necesario, e nos congratulamos de que o
Almanaque Agrcola ZZ prosiga co seu formato orixinal recn estrenada a sa edicin
de 2017, cunha pxina web (http://almanaque-zz.com/) e mantendo unha ntima
relacin coa empresa porriesa. Como unha publicacin local sobrevivindo entre
multinacionais.

ltima portada do Almanaque

11

También podría gustarte