Presentación Jorge Mira (Día 10 de febreiro de 2017

)
Horario: 9.40-11.20

Bo día a todos e a todas:

Quero dar a as grazas, en primeiro lugar, ao noso convidado Jorge Mira por a súa boa disposición
para estar hoxe aquí –tamén, como non, a Beatriz Mira, profesora de TCAE por conseguir que o
seu veciño se achegase ao noso centro-. Felicitar ao profesorado, animadores dos Clubes de
Lectura (Ana Belén Blanco, Bea Mira, Belén Mellado, Cristina Cruz e Remedios Otero).

É para mín un gran honor ter a oportunidade de presentar a unha persoa tan estudada e tan lida –
con tanta e tan vasta formación científica- con tantas inquietudes e tantísima vitalidade.

Jorge Mira é doutor en Física con Premio Extraordinario, profesor –catedrático- da USC –
académico da RAG-. Autor dun cento de publicacións científicas e premiado en varias ocasións
polo seu traballo investigador. Desenvolve un activo labor como divulgador científico. Colaborou
na TVE-2, na Radio Galega e no programa “Cifras e letras” da TVG –no que estivo 11 anos-.

O libro de Jorge Mira “A ciencia no punto de mira” –un sabio entretemento- foi o elixido polos
Clubes de Lectura deste centro.

Jorge Mira vive a ciencia e sabe contala de xeito ameno e con chispa.

Ler é unha actividade principal para informarse e aprender. Adquirir e consolidar o hábito de ler
de maneira habitual aporta unha manchea de vantaxes e axudanos a vivir plenamente –o acto de
ler forma parte do acto de vivir- . Entre outras consideracións, podemos destacar:

Exercita o noso cerebro

(beneficioso exercicio mental)

(a capacidade lectora modifica o cerebro) Mellora a nosa concentración-

Bo entretemento- Aumenta a intelixencia creativa-

Maior desenvolvemento das capacidades comunicativas-

“Hai que ler con intensidade, despacio, con coidado, vivindo a vida das palabras”

Por último, agradecer, de novo, o traballo dos Clubes de lectura e darlle as grazas a Jorge Mira.

E lembrade que_ “Todo é botarlle horas ao que fas!”

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful