RESERVA DE PLAZA CURSO 2017-2018

VIERNES, 27 DE ENERO DE 2017

LA REGIÓN 13

IES GARCÍA BARBÓN (VERÍN)

Educación de calidade
As opinións que temos sobre a
educación (en xeral ou sobre algún
centro en particular) non sempre se
asentan en informacións reais ou
no coñecemento directo da realidade sobre a que falamos. Nalgúns
casos, os puntos de vista que se escoitan reflicten un certo nivel de
desinformación ou unha chea de
prexuizos que para nada se corresponden coa realidade.
Para procurar a mellora da información e do coñecemento sobre o IES García Barbón imos facilitar algúns datos e facer énfase
nas principais características que
definen este centro educativo da
comarca de Verín.
En todo caso, na nosa web, blogs
e redes sociais podedes atopar as
opinións de antigos estudantes
e profesorado sobre as virtudes
educativas da educación pública para todos: visitade http://bit.
ly/2hwKDOo.
Un centro educativo de pequenas dimensións e con grupos reducidos. Unha das características
principais dunha educación de calidade ten relación estreita coa posibilidade de atención pedagóxica
individualizada que responda eficazmente á diversidade do alumnado. Neste caso, o IES García
Barbón ofrece e garante unha intervención educativa de maior calidade. Todo iso repercute de maneira moi positiva no rendemento
académico e na desenvolvemento
pleno da personalidade dos estudantes.
nnn

LA PRIORIDADE

Prioridade do traballo de Orientación e titoría individualizada. A
posibilidade de levar adiante unha orientación académica e profesional esixente ten moita relación
coa existencia de grupos reducidos de alumnado. O traballo de
Orientación Educativa e Académica abrangue tanto as medidas
encamiñadas a informar das variadas opcións formativas e das posibles saídas de futuro aos mozos e
mozas como do seu asesoramento

Un grupo de alumnos nunha das aulas do Instituto.

(en concreto) no ámbito dos hábitos e técnicas de estudo.
PLAN DE TITORÍAS

Complementando as actividades
anteriores e o traballo de cada titor
ou titora establecemos un plan de
titorías individualizadas ao longo
do curso académico que se ocupa de realizar un seguimento xeral de cada estudante. Nesta titoría individualizada que se realiza
coa presenza do Orientador (e na
que poden participar un ou varios
profesores) potenciamos a axuda
pedagóxica que o estudante precisa e mantemos un diálogo aberto
que busca o compromiso e a implicación activa de todos o participantes.
A dimensión internacional da
Educación. O Centro posúe a Carta Europea de Educación Superior
(2014-2020) o que posibilita a mobilidade de preofesorado e alumnado de Formación Profesional a
calquera país da Unión Europea.
Neste curso desenvolvemos un
Programa Erasmus con Finlandia relacionado coas ensinanzas do
Ciclo Medio de Coidados Auxilia-

Unha das aulas especializadas do centro.

EN 2º DE BACHARELATO,
UNHA PARTE DO
ALUMNADO POTENCIA
SU COMPETENCIA
LINGÜÍSTICA EN BOSTON

MIGUEL ÁNGEL

res de Enfermaría, que coordina a
profesora Beatriz Fernández Paredes (xefa de Estudos de Adultos).
En 2º de Bacharelato, unha parte do alumnado participa nun Programa de colaboración cun Insti-

tuto de Boston (Estados Unidos)
para potenciar a súa competencia
lingüística en inglés.
Daniel Veiga
(Director)

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful