Máis ofertas de traballo que titulados no

Ciclo Medio de Mantemento Electromecánico
O Departamento de Mantemento Electromecánico e o I.E.S. García Barbón, coma
parte da súa política de orientación e seguemento do seu alumnado, ainda que xa
rematase os seus estudios no centro, desexa informar aos alumnos titulados no ciclo de
Mantemento Electromecánico (coñecido anteriormente coma Instalación e Mantemento
Electromecánico de Maquinaria e Condución de Liñas) da existencia dunha bolsa de
ofertas de traballo para estudantes que rematasen os seus estudios durante os últimos
anos.
Dentro desta bolsa pódense atopar distintos perfis profesionais alguns máis
orientados o mantemento eléctrico ou automatización e outras ofertas máis centradas no
mantemento mecánico.
Aproveitamos para invitar aos lectores a coñecer estas ensinanzas que contan cun
alto grao de inserción laboral e coas últimas tecnoloxías (Impresión 3D, Robótica …)
dentro do seu campo de aplicación e que garanten a súa rápida incorporación ao mundo
laboral.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful