Está en la página 1de 10

VERN

Concello situado no cuadrante sudoriental da provincia de Ourense, que se integra


na bisbarra de Vern e na diocese de Ourense. Os seus lindes confrmanos polo norte
o municipio de Castrelo do Val, polo sur a fronteira portuguesa, polo leste Vilardevs
e polo oeste Monterrei e Ombra. Nos seus 94,1 quilmetros cadrados de superficie
asntase unha poboacin de 13.706 efectivos, que se distriben nas parroquias de
bedes (Santa Mara), Cabreiro (San Salvador), Feces de Abaixo (Santa Mara),
Feces de Cima (Santa Mara), Mandn (Santa Mara), Mourazos (San Martio), Pazos
(San Fiz), Queirugs (San Bartolomeu), Queizs (San Pedro), A Rasela (Santa
Mara), Tamagos (Santa Mara), Tamaguelos (Santa Mara), Tintores (Santa Cristina),
Vern (Santa Mara a Maior) e Vilamaior do Val (Santiago). A sa capital a vila de
Vern, na freguesa homnima, que dista 72 quilmetros de Ourense e 180 de
Santiago de Compostela. a cabeceira da sa comarca e a sede do partido xudicial
do seu mesmo nome, que, ademais do seu concello, incle os de Castrelo do Val,
Cualedro, A Gudia, Laza, A Mezquita, Monterrei, Ombra, Ris e Vilardevs.
Relevo.
O territorio, inserido no tramo baixo da fosa ou depresin de Monterrei, pose un
relevo heteroxneo que se configura en dous sectores diferentes. A parte mis
occidental coincide co devandito val de Monterrei -tamn denominado de Vern-,
unha terra de altitudes comprendidas entre os 300 e os 400 metros que estn
atravesadas polo ro Tmega. Nela a accin deste curso deixa a sa pegada nos
socalcos labrados sobre sedimentos depositados polo mesmo leito fluvial. En
contraste, a zona oriental confrmana diversos sistemas montaosos que se integran
na serra da Urdieira, situada na rea nororiental, e na das Penas Libres, na
sudoriental, e reslvese nun terreo en pendente, que alcanza altitudes de mis de 700
metros no cumio de monte Maior (774).
Vern estivo cuberto por mares no precmbrico, o que deu orixe a depsitos de
lousas e cuarcitas. Todos estes sedimentos vronse afectados, final do paleozoico,
pola intrusin de granitos hercinianos. No secundario, a erosin converteu este relevo
en penechaira e durante o pregamento alpino produciuse a deformacin da planicie
secundaria mediante fracturas e flexins. O relevo resultante viuse afectado,
posteriormente, pola erosin, como amosan os depsitos aluviais do fondo do val e os
glacis, como o caso do de bedes-Vilamaior do Val, a unha altitude de 460-500
metros e cunha extensin de 1 a 1,5 quilmetros cadrados. A erosin diferencial
afectou tamn s terreos areentos, cos conseguintes relevos de pendentes suaves,
localizados nas parroquias de Queirugs, Feces de Cima e Mourazos e no monte
Ladairos. O granito domina na parroquia de bedes. Atravesa o municipio unha falla
ou lia de dislocacin denominada fractura de Corga, que ten un desenvolvemento
lonxitudinal de 40 quilmetros. A travs dela afloran as augas termais que deron lugar
a balnearios como os de Sousas, Cabreiro e Fontenova.
Os chans dominantes, que se asentan sobre rochas bsicas ou pouco acedas, son o
rnker e a terra parda mesturados.
Clima.
O relevo verins, co encaixamento da veiga en forma de V, establece unhas
condicins climticas moi marcadas, con predominio do denominado clima

temperado hmido, no que habitual a presenza de estos moi clidos. A temperatura


media anual suave (entre 14C e 15C), pero a amplitude trmica elevada (13,5),
o que lle confire un matiz continental. O mes mis fro (xaneiro) ten unha media de
5,5C e o mis caloroso (xullo) de 19C. As precipitacins, pouco abundantes, son
propias dun clima mediterrneo, posto que o total anual de 683 milmetros, con tan
s 87 das de chuvias ano. As temperaturas mximas achganse s 35C e as
mnimas s -5C. Hai risco de xeadas entre 3 e 6 meses, as cales se producen dende
decembro ata maio.
Hidrografa.
O ro Tmega, que se integra na baca do ro Douro, monopoliza a rede fluvial do
concello de Vern. Ten o seu nacemento nos montes da Requeixada, que se alzan
entre os termos ourensns de Sarreaus e Vilar de Barrio. seu paso polo territorio
traza unha traxectoria de norte a sur, a travs da cal rega as freguesas de Tintores,
Vern, Pazos, Queizs, Tamagos, Mourazos, Tamaguelos, Mandn e Feces de Abaixo.
Nesta ltima cruza a fronteira portuguesa e remata o seu percorrido no Douro, logo
de recolle-las augas de diversos leitos, entre os que cmpre nomea-los de Gondulfes,
de bedes, das Quintas, de Sandn e Pequeno ou de Feces, todos eles pola sa marxe
esquerda. Amais dos afluentes que desembocan no Tmega, o seu sistema hdrico
est formado por zonas hmidas, charcas, reas recreativas, bosques de ribeira e un
amplo patrimonio etnogrfico. Segundo o Catlogo de Humidais de Galicia, no
Tmega existe un complexo aluvial formado por catorce humidais, dos cales once
pertencen termo de Vern. Esta rea forma parte do espazo natural ro Tmega,
recoecido como Lugar de Importancia Comunitaria, en Rede Natura 2000 da Xunta
de Galicia.
Vexetacin e fauna.
A posicin bioxeogrfica do territorio mailos contrastes entre o val e os sistemas
montaosos que o rodean determinan a existencia das comunidades vexetais e
animais, de clara vocacin mediterrnea. Os bosques autctonos que se conservan
localzanse sobre todo na beira dos leitos fluviais, que albergan chopos, amieiros,
salgueiros e freixos. Gran parte dos terreos anexos s ros utilizouse como prados ou
terreos de cultivo, polo que o conxunto de vexetacin nesta zona se reduce en
ocasins a pequenos arbustos que discorren s marxes do curso fluvial, en especial
nas proximidades do ncleo de Vern. As acieiras e as oliveiras que estaban
espalladas polo fondo do val e as abas circundantes de menor altitude desapareceron
case por completo; tan s se poden atopar algns exemplares de oliveiras na
parroquia de Feces de Cima.
Os bosques de carballos e rebolos foron substitudos en gran medida por
repoboacins forestais, principalmente pieiros, anda que quedan mostras de
frondosas conformadas por bidueiros, cerquios, castieiros e carpazas, sobre todo
nas ladeiras dos montes, mentres que nos cumes o manto vexetal est cuberto de
matogueira, silvas e xestas.
No que se refire s especies faunsticas, cmpre destaca-la comunidade de anfibios,
entre os que sobresae o sapo de esporns, xa que en Galicia est restrinxido a espazos
con substratos areeiros e clima de influencia mediterrnea. Os peixes mis comns
son o barbo e a pancha e entre os rptiles existen exemplares de escncer cego, de

lagarta rabuda e de cinsenta. Dentro do grupo dos mamferos estn presentes o rato
mouro e o morcego rabudo. Ademais, os bosques que se desenvolven longo da
veiga acollen unha variada avifauna, atrada polo que constite un bo lugar para
alimentarse e, sobre todo, para nidificar. Entre as aves habituais nesta zona destacan o
gabin, o lavanco real, a garza real e o ouriolo.
Demografa.
En contraste co resto de concellos que conforman a bisbarra homnima, Vern
mantivo longo do sculo XX e no que vai do XXI un comportamento demogrfico
de signo positivo, motivado pola sa condicin de ncleo reitor comarcal, que o
converteu nunha importante rea de influencia para os municipios limtrofes. A sa
densidade de poboacin, de 145,6 habitantes por quilmetro cadrado, moi superior
media provincial (46,7) e autonmica (93,4). Esta evolucin queda constatada nos
datos extrados do Instituto Galego de Estatstica (IGE), nos que se rexistran 13.706
efectivos en 2005, unha cifra moi superior que posua no albor do sculo XX, con
tan s 4.968. En termos porcentuais, este incremento tradcese no 175,8%, dicir,
practicamente triplicou o seu efectivo humano con respecto a 1900. A revisin
pormenorizada por dcadas confirma que a tendencia alcista foi constante e
especialmente intensa nos anos 30, unha situacin que coincide co incipiente
desenvolvemento da capital, que atraeu a poboacin rural das parroquias prximas. O
aumento medio neses anos foi do 10,5%, coa peculiaridade de que no perodo 191020 se produciu unha medra menor, como froito dos fluxos migratorios cara a
Amrica. Malia todo, o crecemento interrompeuse na dcada dos 60 e o censo viu
descende-lo nmero de vecios a causa da forte emigracin cara a Europa e cara s
reas industriais espaolas, que afectou non s propio municipio senn tamn
territorio limtrofe, pois as ofertas laborais de Vern non conseguan cubri-la demanda
existente entn. A comezos dos 80, o devir demogrfico recobrou o seu ritmo
positivo, como o revelan os 9.983 verineses censados en 1981 (fronte s 8.870 que
haba no ano 1970), debido regreso dos emigrantes e crecemento natural de signo
positivo. A forte influencia da vila de Vern como capital do concello e como centro
comarcal motivou o aumento demogrfico nos anos 90, que se consolidou nos
comezos do sculo XXI. Dende 1981 ata 2005 o termo asistiu a unha medra do
37,3%, evolucin que se viu favorecida por unha destacada vaga de inmigracin,
principalmente de procedencia portuguesa, que na actualidade (2005) ocupa o 9% do
total da poboacin, as como pola mellora da rede viaria, pois, dada a sa situacin
xeogrfica, Vern converteuse nun n de comunicacins entre Galicia e a meseta e
entre o sueste de Galicia e o pas luso.
Con respecto reparticin parroquial, indiscutible a primaca da capital municipal
sobre o resto das parroquias, pois nela viven 9.512 vecios, o que significa que
absorbe o 69,4% do seu continxente demogrfico. Ningunha das outras 14 freguesas
supera os 500 habitantes, ags Pazos, que ten 654.
Segundo os datos do IGE de 2005, o 14,2% dos efectivos totais de Vern menor de
16 anos, mentres que o 20,5% maior de 65, unhas porcentaxes que conseguen
mante-la idade media relativamente nova, con 42,8 anos. Os ndices de natalidade (do
8 por mil) e de mortalidade (do 10,2 por mil) estn bastante equilibrados, polo que,
malia todo o exposto, no abrente do sculo XXI o concello presenta unha leve

tendencia estancamento, que d como resultado un saldo vexetativo de signo


negativo.
Economa.
Segundo os datos do IGE, a taxa de actividade de Vern, do 48%, presenta un
acusado desequilibrio entre os homes, que representan o 58,3%, e as mulleres, que
tan s abarcan o 38,5%. O ndice de ocupacin do 41,7% e reptese a desigualdade
entre xneros, pois traballa o 52,5% da poboacin masculina, fronte 31,7% da
feminina. O desemprego afecta 13,1% dos vecios, dos cales o 9,9% son homes e o
17,6% mulleres.
O sistema econmico de Vern experimentou un continuado desenvolvemento dende
os albores do sculo XX grazas presenza dos seus balnearios e sa proximidade
con Portugal, que o converteu nun frecuentado ncleo comercial, polo que chegou a
constitu-la principal aduana da provincia ourens. En consecuencia, na actualidade
presenta unha estrutura bastante diversificada, na que o sector servizos se sita
cabeza tanto pola sa man de obra, co 65,8% dos empregados, como pola sa
importancia empresarial. Sguenlle o secundario, que abarca o 30% (15% a industria
e 15% a construcin) e, a moita distancia, o agropecuario, que tan s se dedica o
4%. Este forte descenso da man de obra ocupada e o abandono da agricultura de
subsistencia baseada no cultivo da pataca, o centeo e o millo deron paso a unha
producin agrcola orientada fundamentalmente comercializacin dos seus artigos.
A creacin dunha lonxa agropecuaria unha boa mostra da importancia que est
adquirindo o subsector agrcola, centrado no cultivo de pementos, feixns, leitugas,
tomates e castaas. Nos ltimos anos estn xurdindo tamn pequenas empresas
agroalimentarias, que aproveitan estes produtos locais para a elaboracin de
conservas vexetais ecolxicas. Outra das plantacins preponderantes a vide, que se
orienta cara elaboracin e venda de vios, amparados na denominacin de orixe
Monterrei, dentro da subzona val de Monterrei. As principais variedades de uva
branca permitidas polo consello regulador son verdello, donabranca, monstruosa e
treixadura mailo verdello louro; canto s tintas, predominan as menca e bastardo.
Outra pequena parte da terra labrada utilzase para pastos permanentes. A exigua
extensin de terreo dedicada a este labor pon de manifesto a escasa magnitude que
ten o subsector gandeiro para a economa verinesa. Se se compara, por exemplo, coas
cifras correspondentes s dcadas dos 80 e 90 da pasada centuria, a dedicacin
bovina experimentou unha forte mingua e na actualidade a sa presenza anecdtica.
Segundo o censo de 2003, rexstranse tan s 230 animais repartidos en 21
explotacins, orientadas producin lctea. En cambio, o armento porcino, a pesar
do seu descenso, segue sendo o prioritario, con preto dun millar de cabezas, seguido
do aviar, con 515, cuxos produtores estn asociados cooperativa Coren. A vila de
Vern a receptora da producin gandeira do resto dos concellos da bisbarra,
alberga-lo matadoiro comarcal onde se sacrifican as especies de vacn, caprino,
ovino e porcino.
A actividade industrial basase no aproveitamento dos recursos endxenos do
municipio provenientes dos mananciais de augas minerais do val do Tmega, que
foron aproveitadas coa creacin das empresas de embotellamento e gasificacin de
auga, tales como Fontenova, Cabreiro e Sousas. Tamn a rama txtil ten un papel

destacado tanto en Vern coma no resto da bisbarra, grazas nacemento de diversas


firmas de roupa de ampla expansin. A mis nomeada , sen dbida, Roberto Verino,
que iniciou a sa andaina en 1982. Esta casa propiedade do modisto Manuel
Roberto Mario Fernndez, natural deste concello, que logrou unha gran proxeccin
internacional e que na actualidade xera un importante volume de emprego. abeiro
desta marca abriron as sas portas numerosos talleres de confeccin e fbricas
vencelladas a este labor, entre as que despunta a empresa Marpy SA, que elabora
roupa para a devandita firma. O tecido fabril confrmano, ademais, diversas
entidades dedicadas metalurxia, extraccin de granito e procesamento de
alimentos, as como adegas, serradoiros e empresas madeireiras. Parte destes
negocios ten as sas instalacins no parque empresarial de Vern, que se localiza na
freguesa de Pazos.
As empresas adscritas subsector da construcin estn experimentando un
importante avance, a causa da forte expansin urbanstica que ten lugar na vila de
Vern nos ltimos anos e que trouxo como resultado unha intensa actividade
inmobiliaria. A oferta moi variada, anda que as entidades de maior nivel de
capitalizacin se encontran no ncleo reitor, debido maior demanda de vivendas e
levantamento de obras civs, como pavillns ou acondicionamento de edificios
pblicos.
Malia todo o comentado, o sector terciario o que absorbe o maior nmero de
negocios, un dato que corrobora o IGE, pois do total das empresas rexistradas, o 80%
englbase dentro deste sector. A vila de Vern, como ncleo reitor da comarca e como
cabeceira do partido xudicial, consolidouse como unha importante rea de influencia
que, amais de absorbe-la propia bisbarra, abrangue a de Viana e a rea de Chaves
(Portugal). Esta situacin fai que se concentre nela unha gran parte do equipamento
comarcal, no que abundan os establecementos de comercio, de actividades
inmobiliarias e de transporte. As demandas administrativas, educativas e sanitarias
tamn se atenden na capital, que conta con xulgados, institutos de ensino primario e
medio, biblioteca municipal e casa da xuventude (que incle un centro de
interpretacin con informacin histrica e cultural da bisbarra), varias delegacins da
Xunta de Galicia e un centro pblico de sade. As mesmo, a vila verinesa a sede do
hospital comarcal, que funciona dende o ano 1994. Est rexentado por unha
fundacin en rxime concertado co Servizo Galego de Sade e a sa rea de
influencia abrangue os concellos de Castrelo do Val, Cualedro, A Gudia, Laza, A
Mezquita, Monterrei, Ombra, Ris, Vern, Vilardevs e Vilario de Conso.
Mencin parte merece o subsector turstico, beneficiado polas boas condicins
naturais deste termo. A calidade das augas termais converteu Vern nun dos centros
mis destacados dentro deste tipo de turismo da Europa do sculo XIX, un esplendor
que se viu interrompido polas contendas desencadeadas durante o XX, polo que
moitos dos balnearios desapareceron. Actualmente os mis nomeados son os de
Cabreiro, Fontenova e Sousas, s que hai que engadi-la existencia doutros
mananciais, como os de Caldelias (Vilamaior do Val), do que se conservan as runas
do vello edificio, ou o sulfuroso da fonte do Sapo, preto de Vern. O de Cabreiro
sitase a dous quilmetros da vila de Vern, onde se atopa o antigo hotel de comezos
da centuria pasada. Foi un dos mis frecuentados, cunha afluencia destacada de

persoas da alta sociedade daquela poca. Inicialmente era s unha charca que
acudan os vecios atrados polas sas propiedades curativas, pero no comezo do
pasado sculo un cura de Cabreiro acondicionouna e converteuna nun lugar de
atraccin. En 1906 levantouse o hotel, que pechou as sas portas en 1961, anda que
na actualidade permite toma-las sas augas todo o ano. As augas de Fontenova,
coecidas antigamente como fonte do Espido, foron descubertas a comezos do sculo
XIX e declaradas de utilidade pblica no ano 1904. O balneario construuse en 1935 e
estivo en activo ata 1960. Hoxe en da dispoen dunha fonte na entrada da leira para
uso gratuto dos que al acoden. Pola sa banda, as augas do balneario de Sousas,
situado na mesma vila de Vern, foron consideradas aptas para o pblico, xunto coas
de Caldelias, en 1859. O auxe do primeiro terzo do sculo XX foi diminundo e
acadou mis peso o envasado, anda que o edificio est aberto todo o ano e permite
toma-las sas augas.
Amais do termalismo, a oferta turstica compltase coa existencia de reas
recreativas, parques, praias fluviais e diversos espazos naturais de interese
paisaxstico, como o monte Maior, dende onde se obteen vistas panormicas do val
e da vila.
Para satisface-las demandas dos seus visitantes, o municipio conta cunha ampla
oferta hostaleira, que incle hoteis, hostais e casas rurais, amais dun parador nacional,
que se estableceu en 1965 fronte fortaleza medieval de Monterrei, no concello
homnimo.
Comunicacins
Vern atpase nunha situacin xeogrfica que lle confire dende a idade media, co
camio de Castela e o paso principal a Portugal polo sueste galego, unha importancia
considerable como punto de referencia de cruzamento de camios.
Na actualidade, as principais vas de enlace do concello constitenas a Autova das
Ras Baixas ou A-52 mailas estradas N-525 (Santiago de Compostela-Benavente),
que atravesa o territorio de leste a oeste, e a N-532 (Vern-fronteira con Portugal), que
parte da capital municipal e percorre o concello cara sur ata a raia lusa. Completan
a rede viaria a OU-113 e a OU-114, que o conectan cos termos de Castrelo do Val e
Laza, respectivamente, e unha serie de estradas locais que comunican tdolos ncleos
de poboacin.
Historia.
A ocupacin humana neste territorio no perodo prehistrico queda demostrada
polos diversos monumentos funerarios que se inscriben no poboamento neoltico e
outros pertencentes a etapas mis tardas, como as insculturas localizadas na
freguesa de bedes. Existen indicios dunha poboacin prerromana da antiga
Gallaecia, citada na pedra honorfica da ponte do municipio de Chaves (Portugal);
trtase dos tamagani, o ltimo pobo sinalado entre os dez que participaron na
construcin da ponte sobre o ro Tmega. Para a sa localizacin cntase unicamente
co contexto epigrfico e coa toponimia, que reforza o argumento que os sita nesta
rexin, xa que, ademais do nome do ro, no municipio verins aparecen os topnimos
Tamagos e Tamaguelos.
Varios testemuos proban a presenza romana nestas terras, entre eles, os restos da
calzada romana que una as vas XVII e XVIII do Itinerario de Antonino, constatado

nos miliarios que marcaban a ruta, sendo os principais o de Tamaguelos e o do barrio


de San Lzaro, na vila de Vern. As mesmo, destacan os restos de edificacins, tamn
na capital do concello, algunhas sepulturas, epgrafes e os vestixios de romanizacin
no castro da Muradella (Mourazos).
A primeira mencin coecida deste termo aparece nos ulicos de Ramiro II (950),
nos que se cita a localizacin e a demarcacin do castro Baroncelli. Os habitantes
fronse organizando dende ese asentamento, que mis tarde pasou a denominarse de
Monterrei, baixo a tutela do mosteiro de Celanova, por doazn de Afonso VII en
1115. En 1183, xa baixo o dominio dos monxes celanoveses, obtvose unha carta de
poboamento para tdolos que quixesen habita-la devandita vila. O primitivo centro de
poboacin sitabase no actual barrio de San Lzaro, na beira dereita do ro Tmega.
longo da idade media esta entidade estendeuse pola marxe esquerda do curso
fluvial, fronte ncleo orixinario. Dende principios do sculo XIII o
desenvolvemento quedou eclipsado por Monterrei, un lugar que se converteu no
reitor de toda a bisbarra, situacin que se mantivo ata os comezos do XVI. Daquela a
comarca asistiu a un renacemento relixioso e cultural, reflectido no establecemento
de tres cenobios -franciscanos, mercedarios e xesutas-, dos que hoxe s permanece o
dos mercedarios, localizado na vila verinesa, e na instalacin da primeira imprenta de
Galicia en Monterrei, que constitua un importante centro cultural. Non obstante, a
partir do sculo XVII a situacin fronteiriza de Vern e a sa expansin comercial
motivaron que esta vila tomase de novo o liderado como cabeceira do territorio.
Estas terras sufriron frecuentes disputas fronteirizas entre os reinos de Castela e
Portugal, en especial durante os sculos XVII e XVIII. As guerras co pas luso
provocaron grandes pestes e fame entre a poboacin, o que derivou na decadencia
dos cultivos, en especial do vio. No sculo XIX os reinos de Francia e Espaa
declararon a guerra novamente pas luso, dando comezo a novas hostilidades que
tiveron o val do Tmega como escenario, co resultado do saqueo das aldeas e do
falecemento dunha gran parte dos habitantes. Logo deste episodio e tras un perodo
de tregua, Vern volveu sufri-las consecuencias da Guerra da Independencia e as
epidemias converteron novamente este territorio nun lugar desolador, onde o pobo se
levou a peor parte.
Polo que respecta economa da demarcacin, un documento pertencente a 1675
informaba de que o sustento local e comarcal desa poca se baseaba na producin de
froita, gando, pan, vio e caza, as como algn lio. No ano 1849, cando Madoz
editou o seu dicionario, a relevancia do lio e a sa transformacin aumentara
notablemente en Vern, que contaba con distintos muieiros farieiros e moitos teares
de lenzos do pas. Este produto complementbase coa pesca, cos tradicionais
aproveitamentos cinexticos e agrarios, as como forestais. A finais do sculo XIX a
industria familiar dos tecidos entrou en recesin a causa da inadaptacin s
innovacins tecnolxicas e da invasin dos tecidos catalns, que acapararon o
mercado, debido notable diferenza de calidade e prezo respecto do produto
autctono. Durante este sculo, quedou delimitada definitivamente a lia fronteiriza
co pas luso e Vern foi asentando o seu dominio econmico e poltico sobre toda a
bisbarra. No primeiro terzo do sculo XX o concello asistiu a unha prspera etapa
vencellada creacin dos balnearios e explotacin das fontes medicinais. Ata aqu

achegbanse milleiros de persoas (entre elas moitos portugueses) na procura de


tratamentos e remedios para a sa sade. A construcin da estrada dende Villacastn
(Segovia) ata Vigo, no primeiro cuarto do sculo XX, xunto coa lia ferroviaria
Medina del Campo-Ourense-Vigo, que posua un apeadoiro na parroquia de Castrelo
do Val, trasladou definitivamente o centro da comarca a Vern, deixando de lado a sa
capital histrica, Monterrei. Dende entn, aquel pasou a se-lo centro neurlxico da
comarca no mbito administrativo, comercial e demogrfico. Este dinamismo
manifestouse no nacemento da prensa escrita a finais do sculo XIX e comezos do
XX, con cabeceiras como El Clamor, El Eco de Monterrey, Heraldo de Vern ou El
Tmega. Non obstante, o movemento cultural que emerxa entn quedou
interrompido co estoupido da Guerra Civil e a posterior implantacin da ditadura
franquista (1939-75).
Canto sa distribucin territorial, durante o Antigo Rxime as parroquias que
conformaban o actual concello formaban parte das xurisdicins de Monterrei e
Ombra, seoros do conde de Monterrei, a de Vern estaba nas mans do conde de
Monterrei e de Benito Acevedo e a do couto redondo de Mourazos pertenca
convento de Santa Clara de Allariz. Coa Constitucin de 1812 creronse os
municipios de Vern e Mandn e coa definitiva recuperacin da estrutura municipal de
1835 quedou constitudo o termo de Vern. En 1864, cando se fixo o Tratado de
lmites entre Espaa e Portugal, perdeu a parroquia anexa de Lama de Arcos e en
1893 a parroquia de Vilelas incorporouse de Tintores.
Patrimonio artstico.
As primeiras manifestacins de arte deste termo datan do perodo neoltico,
testemuado nos dolmens e nas mmoas, entre os que sobresaen os de Queizs (na
parroquia homnima) e A Madorra (Vern). Outros xacementos de interese
arqueolxico son o do Penedo da Moreiria ou de Santiago (bedes) e o da Peneda
da Moura (Tamaguelos), que amosan ferraduras e adornos escutiformes,
respectivamente. Con motivo da construcin da Autova das Ras Baixas sau luz o
achado da Fraga de Lobos (bedes), datado no bronce inicial (1800-1500 a.C.).
A cultura castrexa deixou a sa pegada nos asentamentos da Igrexa dos Mouros e no
da Via ou Baixada de San Xos (ambos en Cabreiro). O primeiro deles foi, con
moita probabilidade, intensamente romanizado, tal como se manifesta na presenza
dalgns elementos, como as pedras cilndricas a xeito de fustes ou os fragmentos de
tixolo tipo testae; o segundo tamn sera, malia a abondosa presenza de tgula na sa
superficie, un pardigma dos caracteres xerais da modalidade de urbanismo primitivo.
Do pobo romano dan fe os diferentes achados arqueolxicos que foron localizados
nas diversas parroquias. Segundo fontes do propio municipio, existen catalogados
algns elementos que poden ser datados desta poca. Entre todos eles cabe cita-los
restos dun cano atopados en Cabreiro; a ara localizada en Vilamaior do Val; diversos
testos no lugar do Telleiro ou Forno dos Mouros (entre Mandn e Feces de Cima), os
cales proban a existencia dun centro de producin cermica nese perodo; e o fondo
dunha nfora aparecido en Vilamaior do Val. Amais destes, merece especial atencin
o descubrimento no lugar chamado A Muradella dun dos mellores grupos escultricos
romanos da Gallaecia, posiblemente ligado a unha vila romana sen escavar e que se
conserva hoxe no Museo Arqueolxico Provincial de Ourense.

No mbito da arte relixiosa o mximo expoente de Vern constiteo o conxunto


monumental que conforman o convento e a igrexa da Merc. O cenobio, fundado en
1484 por iniciativa do conde Sancho Fernndez de Ulloa, tia a sa primitiva
localizacin no vecio municipio de Monterrei. Pola importancia defensiva do
castelo, a comunidade instalouse en Vern en 1557 e na actualidade est situado na
praza que leva o seu nome. En 1933, despois da exclaustracin, adquiriron parte da
sa antiga propiedade e hoxe en da funciona como centro para aspirantes
mercedarios. Consta de das partes, unha destinada comunidade e outra culto. A
construcin actual corresponde na sa maiora sculo XVIII. Para o seu
levantamento aproveitaron material trado de Monterrei, como se comprobou nas
obras realizadas, nas que apareceron pedras labradas, restos de arcos, anacos de
columnas, signos lapidarios iguais s de Monterrei e mesmo unha pedra datada de
1603. Na parte externa destacan a fachada e a torre, a cal de composicin barroca e
ten catro ocos para as camps, balconcio de pedra sobre mnsulas e un balcn con
balastres. A igrexa do convento ten unha portada moi sinxela e unha torre cadrada de
dobre balconada e rematada nunha cpula. No interior hai un retablo barroco, que
algns autores atriben a Francisco de Moure, mentres outros pensan que o
verdadeiro creador foi frei Pedro Pascual Garca. Amais deste conxunto, o inventario
eclesial compltase con diversas capelas, entre as que destaca o santuario dos
Remedios (Vilamaior do Val), e cos templos pertencentes a cada freguesa, entre os
que cabe menciona-lo de Santa Mara a Maior (Vern). O mis sinalado deste edificio
o seu altar, no que se pode contempla-lo denominado Cristo das Batallas, que
anteriormente presidira a capela do Cristo de Monterrei.
Entre os sculos XVIII e XIX ten lugar a conformacin definitiva da vila verinesa,
que se caracteriza pola sa arquitectura vilega e pola sa configuracin urbana
tradicional. O centro histrico alberga algns suntuosos exemplos de arquitectura
civil barroca, que se conservan como fiel testemuo do poder da nobreza na
demarcacin. Un dos mis destacados o denominado pazo de Acevedo. Presenta un
prtico con tres arcos de medio punto, est construdo en pedra e ten un fermoso
escudo. Fronte a el erxese outro magnfico inmoble de estilo modernista. Pose unha
portada elaborada en pedra e vidro, o que lle confire un aspecto elegante. A parte
esquerda est dominada por unha esvelta torre con galeras e rematada en cpula.
Outro edificio de interese artstico a casa do Asistente ou do Escudo, que data de
1737. Foi rehabilitada en 1999 con diferentes fins e na actualidade funciona como
albergue de peregrinos -pois polo concello pasa unha variante do Camio de
Santiago-; incle sala de exposicins e un punto de informacin turstica municipal.
Completan o acervo civil as casas nobres da ra Maior mailas reitorais que se
localizan nas distintas parroquias. Estas ltimas constiten conxuntos destacados
polos seus valores arquitectnicos propios e por posur no seu interior numerosos
elementos de gran valor etnogrfico, como hrreos, lavadoiros ou alpendres, que se
atopan nas respectivas leiras. Outras construcins que se poden mencionar son o
antigo hospital dos peregrinos, na actualidade en estado de abandono, e a antiga ponte
do ro Tmega, que foi mandada construr por Filipe II e reformada en 1759 polo
conde de Monterrei.

O eido etnogrfico est ben representado por un inxente legado de edificacins


populares, como son fontes, cruceiros, petos de nimas, muos e pombais. Entre
todos eles, teen especial interese os muos de aceite de Feces de Cima e
Tamaguelos e os cruceiros de Vilamaior do Val, Pazos e Tamagos.
Festas e tradicins
O ciclo festivo do concello de Vern ten a sa data mis emblemtica no mes de
febreiro, coa celebracin do Entroido, unha festa que foi declarada de interese
turstico nacional. Inciase o 17 de xaneiro coa romara de Santo Antn, a primeira
xornada na que saen os cigarrns ra, contina o Xoves de Compadres, o Domingo
Corredoiro, o Xoves de Comadres e finaliza o Domingo de Piata, cunha comida
conxunta de tdalas carrozas e cigarrns participantes no evento. O smbolo do
Carnaval desta vila a figura do cigarrn, que leva unha vestimenta formada por
unha careta moi caracterstica, chaqueta de cores rechamantes, pantalns con flocos,
chocas ou chocallos pendurados e o ltego co que azouta a xente. A sa orixe
relacinase cos antigos cobradores de impostos do conde de Monterrei, que baixaban
val facendo soa-las chocas para atemoriza-los habitantes.
Outras festas populares de interese son os maios, que teen lugar na vila municipal
co gallo do Da das Letras Galegas; e o San Lzaro, entre os meses de marzo e abril,
unha feira de exaltacin dos produtos tpicos da comarca, que tamn se desenvolve na
capital.
O calendario festivo de carcter relixioso cbrese coas diversas festas patronais de
cada freguesa. Entre todas elas, teen especial interese a de Santa Mara a Maior
(Vern), o 15 de agosto; a dos Remedios (Vilamaior do Val), o 8 de setembro; e a de
San Martio (Tintores), o 11 de novembro.
Gran Enciclopedia Galega Silverio Caada, 2005