Está en la página 1de 7

FONTN RODRGUEZ, Domingo

Naceu o 17 de abril de 1788 en Porta do Conde, da parroquia e concello pontevedrs de Portas.


Destacou no seu labor universitario en Santiago de Compostela, na actividade parlamentaria e, en
especial, por ser autor da Carta geomtrica de Galicia, obra pola que mis coecido.
A formacin de Fontn foi ampla e prolongada. Na sa infancia, en Portas e Noia, recibiu ensino de
mestres, includos franceses exiliados, e da sa familia. Dedicoulle unha boa parte da vida
Universidade; ingresou nela s doce anos e cursou diversas disciplinas segundo era costume: Filosofa,
Teoloxa, Canons, Artes, Ciencias... Ademais, obtivo o grao en Leis cando xa levaba dezasete anos de
profesor. Nesta fase formativa tomou contacto co seu profesor Jos Rodrguez Gonzlez (1770-1824),
o Matemtico de Berms, de quen sera discpulo predilecto e con quen mantera unha longa e frutfera
relacin cientfica. Exerceu a docencia tanto na Universidade coma na Escola Militar do IV Exrcito de
Santiago de Compostela, ensinando ingls, francs, retrica, lxica, filosofa, metafsica, fsica, etc. A
el debeulle o interese polas ciencias naturais e exactas e, principalmente, a idea de inicia-la
triangulacin de Galicia como base e mtodo para emprende-lo seu levantamento cartogrfico. Obtivo
por oposicin a ctedra de Matemticas Elementais en 1818 e substituu, ano seguinte, o seu mestre
Jos Rodrguez, como xa fixera en 1815, na ctedra de Matemticas Sublimes.
En 1817 nomerono, en representacin do Salns, individuo da xunta creada para o repartimento da
contribucin directa na provincia de Santiago. De aqu parece xurdi-la sa preocupacin pola
administracin de Galicia, as como a sa proxeccin dos coecementos acadmicos para a resolucin
dos problemas administrativos. En 1820 fundouse a Deputacin Provincial de Galicia e Fontn foi
escollido o seu secretario nese mesmo ano, tras deixa-la funcin Pascual Muiz. En 1822 pasara a
desempear ese cargo na acabada de constitur Deputacin Provincial da Corua, ata a supresin da
entidade, o 23 de outubro de 1823. Nestes tres ltimos anos a sa actividade administrativa foi moi
intensa, participando, ademais de como secretario, na redaccin de diversos documentos de carcter
recadador e estatstico, na organizacin administrativa da Deputacin, etc. Atopou mis dificultades
das inicialmente esperadas, non dispondo de todo o tempo desexado para dedicarse s traballos que o
mapa requira. Anda as, a propia Deputacin comisionouno nalgunha ocasin eximndoo das tarefas
de secretario.
Dende 1817 e durante dezasete anos, dedicouse elaboracin da sa Carta geomtrica. Para el a
resolucin dos problemas de Galicia, o seu desenvolvemento, as comunicacins e a organizacin facan
necesario o levantamento dun mapa preciso do territorio. Resulta moi ilustrativo un texto do mesmo
Fontn respecto: Cuando me preparaba a concluir la parte occidental para proceder al
reconocimiento y triangulacin del pas que me restaba... me hall con una Real Orden de 3 de abril
[de 1829] en que se me encargaba el trazado de las carreteras que hubiesen de abrirse en Galicia.
Esto mal podra hacerse sin que la carta de todo este reino estuviese concluida, pues ella haba de dar
a conocer por donde deban dirigirse ya respecto a las comunicaciones de las provincias entre s ya
respecto a las del resto de la Pennsula, slo realizables por los pocos puntos accesibles que ofreca su
lnea fronteriza con Asturias, Len y Zamora, lo que era forzoso reconocer y situar de antemano.
Ademais de profesor universitario e cartgrafo, tivo unha intensa actividade poltica e parlamentaria.
Xa en 1814 coa restauracin absolutista denuncirono claustro por liberal, pero obtivo unha sentenza
absolutoria ano seguinte. Foi secretario da Deputacin Provincial de Galicia e da Junta Provincial da
Corua no Trienio Liberal, polo que o suspenderon da sa ctedra en 1823 restaurarse o
absolutismo. En 1826 obtivo a purificacin que o devolveu ctedra.
No ano 1836 escollrono deputado por Pontevedra nas Cortes constituntes; en 1837, deputado s
Cortes por Lugo; e en 1839, de novo polas provincias de Lugo e Pontevedra, optando por esta ltima.
No ano 1840 resultou separado novamente do cargo de catedrtico as como do de director do
Observatorio Astronmico de Madrid tralo pronunciamento setembrino pola Xunta de Madrid. Despois

desta terceira represalia poltica e a pesar das mostras de apoio das xuntas de Ourense, Lugo e
Pontevedra, onde o nomearon vocal en representacin do partido de Tabeirs e deputado provincial
polo distrito da Lama, non chegou a tomar posesin deste ltimo por sar deputado s Cortes pola
provincia de Pontevedra en 1841.
Dende entn e ata 1843 sera deputado por Pontevedra e Lugo e chegara a ocupa-la cuarta
secretara do Congreso. Durante todo este tempo realizou numerosas intervencins parlamentarias que
xeralmente teran por centro a Galicia. Sirvan de exemplo as seguintes: a favor da emancipacin dos
estados espaois de Amrica, sobre a lei electoral e a formacin dos censos de electores, a
capitalidade da provincia de Pontevedra, a supresin do dcimo e a desigualdade nas reparticins das
cargas fiscais, os foros, a divisin territorial de Galicia e as quintas, a postergacin dos homes de
ciencia, a reforma do texto constitucional, etc. Moitas destas intervencins foron o resultado do gran
coecemento que acadara sobre Galicia e algunhas concretamente son consecuencia das profundas
nocins territoriais que a elaboracin do mapa lle achegou. Tamn hai constancia da sa participacin
en diversas comisins parlamentarias, como en 1836 cando figurou nas de maria e de instrucin
pblica.
Outras moitas ocupacins veen completa-la ampla actividade desenvolvida por Fontn. Entre elas
resaltan a de director do Observatorio Astronmico de Madrid, a de director da Escola Especial de
Enxeeiros Xegrafos, encargado de traza-los principais camios de Galicia, a de presidente da Real
Sociedad Econmica de Amigos del Pas de Santiago de Compostela, a de colaborador de Diccionario
enciclopdico de la lengua espaola e de Diccionario geogrfico-estadstico-histrico de Espaa y sus
posiciones de ultramar de Pascual Madoz e, xa nos ltimos anos da sa vida, dedicouse elaboracin
de proxectos de ferrocarril entre Santiago e Carril, de Santiago a Betanzos e Ferrol, e do Ferrocarril
Central de Galicia. Incluso emprendeu a actividade empresarial como propietario da fbrica de papel do
Castro (Lousame, A Corua).
Para valorar adecuadamente a obra cartogrfica de Fontn, pola que mais coecido, hai que situala
no contexto cientfico no que se desenvolveu. Os avances do sculo XVIII e principios do XIX non se
deixaran sentir na cartografa espaola ags no labor de Vicente Tofio de San Miguel para o Atlas
martimo de Espaa. Os enxeeiros militares apenas centraban a sa atencin no levantamento dos
planos de prazas militares, puntos de interese militar e itinerarios, en especial en ultramar. A
cartografa do territorio quedara nas mans de cartgrafos de deficiente mtodo, como Toms Lpez
evidenciaba no seu Mapa geographico del Reyno de Galicia, de 1784, que contn a indicacin das
antigas sete provincias galegas. O mesmo procedemento que despois aplicara Fontn, a medicin
dunha base central e unha rede fundamental de tringulos, xa fora proxectado por Jorge Juan a
mediados do sculo XVIII para o levantamento dun mapa de Espaa, pero non chegara a realizarse.
A relacin de Fontn co Matemtico de Berms foi moi importante no desenvolvemento do proxecto
da Carta geomtrica de Galicia. Jos Rodrguez fora comisionado para participar, nos anos 1806 a
1808, nos labores de prolongacin do arco de meridiano Dunquerque-Barcelona ata Formentera e
Eivissa xunto cos franceses Dominique F.-J. Arago (1786-1853) e Jean-Baptiste Biot (1774-1862), e no
ano 1808 encarguselle a elaboracin dun proxecto para a formacin dun mapa exacto de Espaa.
Resulta claro o paralelismo da vida de Fontn coa do seu mestre. Primeiramente Fontn substituuno e
logo sucedeuno na ctedra de Matemticas Sublimes da Universidade de Santiago e posteriormente na
direccin do Observatorio Astronmico de Madrid (reorganizado por Rodrguez tralo espolio sufrido
durante a Guerra da Independencia). Ademais, a travs das viaxes estranxeiro de Jos Rodrguez,
Fontn mantvose informado dos avances en Europa e obtivo os instrumentos precisos para as sas
medicins. Incluso parece que seguiu os pasos do seu mestre cando o elixiron deputado s Cortes.
A partir de 1817 dedicarase elaboracin da Carta geomtrica. Tomou a decisin de inicia-lo mapa,
a pesar de non contar con apoio, coa conciencia de que a solucin s problemas de desenvolvemento
de Galicia, en especial s de comunicacins, precisaban da existencia dun bo mapa do territorio. Este

deba

cumpri-los

requisitos

de

fiabilidade

marcados

polo

desenvolvemento

das

ciencias

fisicomatemticas e co condicionante de ser un labor individual. Fontn entenda e defenda a


necesidade do soporte cartogrfico como apousento e referencia de tdolos feitos socioeconmicos
localizables espacialmente. Desta perspectiva derivaranse algunhas das caractersticas do mapa.
O primeiro paso dado en 1817 foi a obtencin, mediante a observacin astronmica, da lonxitude,
latitude e acimut da torre do Reloxo da catedral de Santiago de Compostela coa maior exactitude
posible. Este foi un principio adecuado nun mtodo correcto: a determinacin dun punto e a medicin
dunha base. Fontn medira das para senllas redes que enlazara posteriormente. O levantamento
dun mapa de Galicia mediante medicins xeodsicas e traballo de campo era un labor sen precedentes.
Ata entn os cartgrafos que representaban a Galicia ou outros territorios polo xeral facan os mapas
basendose noutros e en descricins, sen facer traballo de campo.
No ano 1820 mediu unha base de 2.744 varas (2.291 metros) na estrada de Santiago de Compostela
Corua, entre Formars e A Sionlla podendo comeza-la triangulacin. Da novidade do mtodo d idea
o feito de que a base central de Madridejos, establecida para confecciona-lo mapa de Espaa, non se
mediu ata 1858. En 1823 xa rematara o levantamento do oeste de Galicia, as actuais provincias da
Corua e Pontevedra, e en 1826 publicou un adianto parcial da sa carta en Diccionario geogrficoestadstico de Espaa y Portugal de Sebastin Miano y Bedoya. Nel encntranse, por exemplo, "Plano
del pas adyacente a las tres ras de La Corua, Betanzos y Ferrol, llamado de las Marias" e "Plano de
la ra de Arosa".
En 1828 mediu a base do Corgo na estrada de Lugo a Castela, de 5.975 varas (4.989 metros). A
partir deste momento levantou a metade oriental de Galicia e as zonas prximas a ela de Asturias e do
Bierzo. No mesmo lugar medirase co paso dos anos unha base de 2.180 metros por parte do instituto
xeogrfico en agosto de 1875, comprobndose nela a fiabilidade do aparello de Ibez para medi-las
bases xeodsicas. As das bases medidas por Fontn aparecen marcadas na Carta geomtrica.
As alturas, dadas en varas castels, fixounas sobre o nivel do mar en Noia. Nestes traballos axudoulle
o seu irmn o doutor Andrs Fontn Rodrguez, vecio daquela vila e avogado dos reais consellos,
quen en horas prefixadas, e par que Domingo Fontn faca as observacins nos puntos dos que
quera medi-las alturas, realizaba en Noia observacins meteorolxicas (presin e temperatura), para
facer despois as correccins e os clculos conseguintes. Non tdalas alturas se determinaron con
barmetro, xa que algunhas se calcularon trigonometricamente.
O primeiro de decembro de 1834 presentou o manuscrito ante a raa gobernadora, Mara Cristina de
Borbn. Este documento consrvase no Instituto Xeogrfico Nacional en Madrid. Transcorreran
dezasete anos dende o inicio do traballo. Neste tempo Fontn queixouse nalgunhas ocasins das
dificultades que tia para conseguir colaboradores, debido, entre outras cousas, s persecucins
polticas do momento. Tense coecemento do nome dalgunha destas persoas que lle prestaron axuda
nas medicins ou que o acompaaron nos desprazamentos por Galicia ou ben lle fixeron xestins
previas para facilitarlle as tarefas. Entre eles estaban o arquitecto e topgrafo Domingo Lareo, o
profesor Manuel Rufo Fernndez, Jos Valladares (pai de Marcial e Avelina) e o seu irmn Andrs, xa
citado. Algns deles tamn constan como autores dalgn mapa ou de informes de carcter territorial.
A necesidade de atopar un gravador experto para a publicacin da carta fixo que non se imprimira ata
1845 en Pars, onde levou adiante o labor L. Bouffard, quen ante o gran tamao do mapa, cunha caixa
de 215x234 centmetros gravou a Carta geomtrica de Galicia en doce seccins e inseriu outro
pequeno mapa de escala 1:800.000 con indicacin da triangulacin fundamental e a xeito de gua para
a unin das doce follas. Fontn trasladouse a Pars en 1838 para dirixir persoalmente o gravado da
carta, como o lembra no impreso que, datado en Santiago 31 de Diciembre de 1839, publicou co ttulo
El ex-diputado Fontan a los electores de Galicia, y en especial los de las provincias de Pontevedra y
Lugo e no que afirma: Continuaron Lugo y Pontevedra en no escluir del nmero de sus Diputados las

Crtes de 1839 un hombre que ocupado en el estrangero en ser mas til su patria gravando la
Carta geomtrica de Galicia, no pudo tomar parte en las sesiones de la legislatura de 1838.
O mapa resultante leva unha das doce seccins dedicada cartela, cun extenso texto que recolle o
ttulo as como a autora e a dedicatoria: Carta Geometrica de Galicia Dividida en sus Provincias de
Corua, Lugo, Orense, Pontevedra; y subdividida en Partidos y Ayuntamientos: Presentada en 1834 a
S. M. la Reina Gobernadora Doa Maria Cristina de Borbon por su Secretario de Estado y del despacho
de lo Interior: levantada y construida en la escala del cienmilesimo por el Dr. D. Domingo Fontan,
Director del Observatorio Astronomico de Madrid, Diputado Cortes, Individuo de la Academia de la
Historia y de la Sociedad de Geografia de Paris, Ex-profesor de Matematicas sublimes y de Mecanica
industrial en la Ciudad de Santiago. Grabada bajo la direccin del Autor en 1845 por L. Bouffard. No se
grab la division de los Partidos y Ayuntamientos en razon de su interinidad.
Unha das caractersticas mis importantes da carta a sa escala. Levantada y construida en la
escala del cienmilsimo (1:100.000) adiantouse s mapas oficiais doutros pases europeos que
escolleran a mesma proporcin. Agora ben, quizais pola escaseza de medios de Fontn ou por non
explotar a fondo as anotacins de campo, o resultado foi unha carta con baixa densidade de
informacin, de fcil lectura para os non expertos, que tamn se podera representar nunha escala
menor.
A eleccin da escala orixinou un feito moi relevante, tanto para Galicia coma para o resto do estado:
a introducin do sistema mtrico. Con iso solucionbanse tdolos problemas de conversin de medidas
que a multiplicidade de unidades produca. Este feito permita ademais establece-la escala como
fraccin ou proporcin en nmeros redondos, como era o caso desta escala a 1:100.000. Fontn
indicou na propia carta o valor numrico da escala, 1:100.000, e achegou tres escalas grficas en
"Leguas de veintemil pies", "Millas de sesenta en grado" e "Metros". Anda as, a altitude expresouse
nas unidades tradicionais: Las alturas sobre el nivel del mar son varas castellanas.
Diversos autores destacan que a capacidade do home para medir con precisin un ndice do seu
grao de desenvolvemento. A Asemblea Nacional francesa adoptou no ano 1791 un sistema de medidas
que tia por unidade bsica de lonxitude o metro, pero o primeiro prototipo non se depositou nos
arquivos ata o 22 de xuo de 1799. Con esta decisin comezaran a resolverse os problemas dos
metroloxistas: a necesidade dunha unidade universal que fose a base dun sistema de medidas iguais
para tdolos pases, a reproducin dos patrns base coa precisin requirida polo desenvolvemento
cientfico e a permanencia a travs do tempo ou a invariabilidade. Fontn coeceu axia e asumiu a
nova unidade de medida. A decisin de usa-lo metro como unidade para o mapa tomouna xa nun
principio, dende o instante no que encargou as perchas precisas para a medicin da base. Tase en
conta que empregou o metro polo menos dende 1817 cando en Espaa non foi medida oficial ata a
aparicin da Lei do 19 de xullo de 1849 que unificou tdalas medidas e pesas. En relacin con este
feito, sbese que entre o instrumental adquirido por Jos Rodrguez en Pars para o Gabinete de
Instrumentos de Astronoma, Matemticas e Fsica Experimental da Universidade de Santiago,
elaborado polos mis afamados artistas na materia, remitido nos anos 1817 e 1819 e recibido e
custodiado por Fontn, se atopaba o metro legal construdo e comparado por Fortn. Tamn de Pars
recibiu Fontn en 1821 o teodlito ou crculo repetidor astronmico de Gambey conservado na
Universidade de Santiago e que empregou no levantamento cartogrfico igual que outro teodlito
Troughton, citado polo autor, ou un sextante de peto, conservado no Museo de Pontevedra.
A carta est formada en proxeccin Flamsteed modificada, tamn denominada de Bonne. Debido a
que nesta proxeccin as deformacins aumentan rapidamente afastarse do meridiano orixe, Fontn
decidiu usa-lo de San Fernando. Outra caracterstica, que comparte co mapa de Toms Lpez e, en
certa medida, con outros anteriores, a de nomear, anda que sen delimitar con claridade, as
comarcas.

De acordo cos criterios dos organismos cartogrficos europeos sobre a representacin do relevo,
Fontn decidiu usar normais. O sistema consiste en da-la sensacin de relevo mediante pequenos
trazos denominados normais (schraffen, hachures) que teen a sa direccin perpendicular s curvas
de nivel, dicir, na direccin da mxima pendente. Posen o defecto de non indica-lo sentido
(ascendente ou descendente) e poden levar, en consecuencia, a confusins. Fontn non usou ningn
dos sistemas desenvolvidos para informar sobre o grao da pendente, empregando o seu propio sistema
grfico que anda que non permita cuantifica-la pendente, consegua boa sensacin de relevo.
Grazas a algunhas das notas manuscritas que se conservan de Fontn, cocese o procedemento que
empregou na medicin das bases da sa rede xeodsica. A pesar de criticarse o uso de perchas de
madeira por canto a sa lonxitude poda variar en funcin da humidade, Fontn usou listns de
madeira na medicin das bases. Isto quizais se debeu dificultade de obter outros elementos precisos
de medicin ou confianza do bo resultado tras unha esmerada construcin das barras. O mesmo
Fontn indica nas sas follas manuscritas: Sabido es que el pinavete seco y barnizado es tanto ms
invariable en su extensin cuanto ms alineada fuere su fibra [...] y as es como dispuse la
construccin de cuatro perchas con extremos metlicos [...] El pinavete era de Holanda y tan seco que
tena ms de cincuenta aos [...] Cada percha contiene cuatro metros [...]. Tamn explica o
procedemento de comprobacin por comparacin da lonxitude das perchas e con posterioridade a sa
aliacin e a nivelacin da base.
Por ltimo, a carta representa non soamente o territorio galego senn tamn toda unha franxa de
Asturias, Len e Zamora, as como algunha porcin de Portugal. Iso consecuencia lxica dun dos
obxectivos buscados polo autor para a obra: o trazado das infraestruturas de acceso a Galicia.
Ademais, esta percepcin do territorio non habitual por representa-lo espazo galego non s ata os
seus lmites, senn nun contexto inmediato, mantendo a continuidade da informacin ata onde poida
ser til. A superficie engadida supn aproximadamente unha novena parte da cartografada.
Pdese considerar que a sa obra cartogrfica supuxo a introducin e o desenvolvemento entre os
cartgrafos espaois non nuticos de tcnicas e mtodos que conduciran dende entn cartografa
pola va do cientifismo. O mapa de Fontn situara a Galicia por moitos anos como o territorio con
mellor representacin cartogrfica de Espaa, s comparable a algunhas rexins europeas. No resto do
sculo XIX e primeiros anos do XX a Carta geomtrica sera a referencia necesaria na confeccin de
novos mapas.
Foi autor, ademais, dalgns pequenos mapas de distintas partes de Galicia, tanto manuscritos coma
impresos. En 1823 concluu o levantamento da metade occidental de Galicia, as actuais provincias da
Corua e Pontevedra. En 1826 recibiu o encargo da Real Audiencia de Galicia de estuda-la divisin
territorial da comunidade en partidos xudiciais e concellos, en certo sentido continuador dos labores
desenvolvidos para a Junta Provincial coruesa durante o Trienio Liberal. Destas tarefas parecen
derivarse varios mapas que se conservan en distintos fondos documentais. Entre os de diferentes
porcins de Galicia publicados por Sebastin Miano y Bedoya no seu dicionario s hai garanta da
autora de Fontn nos titulados "Plano del pas adyacente a las tres ras de La Corua, Betanzos y
Ferrol, llamado de las Marias" e "Plano de la ra de Arosa".
Sendo o mapa de Fontn o mellor levantado en Espaa durante a primeira metade do sculo XIX e o
nico bo do territorio galego en case todo o sculo, Galicia adiantouse resto do estado no
coecemento da sa demarcacin. O seu mapa sera a base cartogrfica de proxectos de ferrocarril, de
estradas, etc. e fonte para a elaboracin doutros, destacando entre eles os correspondentes s catro
provincias galegas de Atlas de Espaa y sus posesiones de ultramar, de Francisco Coello, publicados
entre 1856 e 1865, e nos que consta Todas las situaciones y principales detalles de este mapa se han
tomado de la magnfica carta de D. Domingo Fontn [...]. frecuente encontrar nos mapas de Galicia
da segunda metade do XIX a indicacin de que a Carta geomtrica fora a fonte para a sa elaboracin
ou, cando menos, comprbase a sa influencia.

Non obstante, toda esta intensa actividade cartogrfica sera con seguridade imposible sen a
escasamente coecida colaboracin de diversas persoas. Entre elas, quizais destaque Jos Dionisio
Valladares Gmez, encargado da realizacin de informes sobre a divisin territorial de distintas partes
de Galicia, demarcacin de partidos, proposta de trazados viarios, etc., para o que tivo que
confeccionar mapas e acompaar a Fontn no seu traballo de campo por Galicia.
Os traballos que dende a Deputacin Provincial de Galicia se encamiaban cara a unha nova
distribucin dos partidos xudiciais supuxeron posiblemente para Domingo Fontn, quen ocupaba o
cargo de secretario desta, unha fonte de datos complementaria s seus traballos de campo e constituu
as mesmo unha especie de relacin xeogrfica sen precedentes en Galicia, anda que esta xa se
intentase no conxunto espaol. Varias comunicacins e escritos conservados poen en evidencia que,
simultaneamente levantamento da Carta geomtrica de Galicia por Fontn e os seus colaboradores,
estaba en marcha un amplo proxecto de recoecemento territorial de Galicia que debeu repercutir na
boa marcha do primeiro concorre-lo interese e a axuda do aparato administrativo e estar
concentrada en Domingo Fontn a xestin e o procesamento da informacin.
Ademais destaca a sa relacin con distintas figuras da Galicia do sculo XIX. As por exemplo, o seu
maxisterio e amizade con Ramn Dionisio Jos de la Sagra y Periz e con Casiano de Prado y Vallo. De
la Sagra, discpulo predilecto de Fontn, mantivo unha longa relacin co seu mestre; consta que foi
alumno del na materia de Matemticas Sublimes durante o curso 1816-17, cando substitua na ctedra
a Jos Rodrguez Gonzlez. Produto da sa prolongada estancia na illa de Cuba unha das sas obras
mis importantes, Historia fsica, poltica y natural de la isla de Cuba, na que se inclen lminas de
mapas e planos. Trtase dun coecemento e interese que lle vn do seu amigo e mestre Domingo
Fontn, con quen posible establecer outra relacin: a cartografa inserida no libro de Ramn de la
Sagra gravouna en litografa en Pars en 1837 Bouffard e imprimiuna Lemercier, os mesmos que con
posterioridade o faran coa Carta geomtrica de Galicia.
Primeiro como secretario da Deputacin Provincial de Galicia e da Junta Provincial da Corua no
Trienio Liberal e despois como deputado nas Cortes, participou nos procesos de organizacin territorial
de Galicia mediante a delimitacin de provincias, partidos e concellos, as como na definicin das sas
capitais. Precisamente neste ltimo aspecto ben coecida a sa importante participacin nos debates
sobre a eleccin da capitalidade provincial en Vigo ou Pontevedra. Se ben no Decreto do 27 de xaneiro
de 1822, polo que se divida a Galicia en catro provincias, se estableca esta en Vigo e o seu nome para
a provincia, o Real decreto do 30 de novembro de 1833, orixe da actual divisin provincial,
outorgballe a capitalidade e a denominacin a Pontevedra. Nos anos seguintes desenvolveuse unha
importante polmica entre mbalas cidades que buscaban o seu cambio ou o seu mantemento. No
debate, con argumentacins estatsticas, territoriais, infraestruturais, polticas, etc., resultou decisiva a
participacin de Fontn en favor da capitalidade para Pontevedra e incluso o seu mapa de Galicia, ata o
punto de reclama-los deputados pola provincia a presenza da Carta geomtrica de Galicia nas Cortes
para fundamenta-las discusins. En relacin con este tema estaban os debates sobre os criterios para
a confeccin do censo de electores, por canto poda modifica-lo peso entre o norte e sur da provincia e
consecuentemente a relacin de forzas hora de establece-la capitalidade.
Mediante unha real orde de abril de 1829 encrgaselle o trazado dos principais camios de Galicia e
en 1835 encomndaselle a formacin do Corpo de Enxeeiros de Camios, Minas e Montes e das sas
respectivas inspeccins e escolas especiais. Nese mesmo ano creouse en Madrid a Escola Especial de
Enxeeiros Xegrafos e nomerono director. Tamn en 1835 escollrono director do Observatorio
Astronmico de Madrid, que se encargara de reorganiza-lo seu mestre Jos Rodrguez Gonzlez. Deste
posto separrono en 1840 polos cambios polticos e posteriormente non aceptou ser reposto no cargo.
Como experto en metroloxa, pola Real orde do 25 de febreiro de 1836 designrono membro da
comisin encargada de establecer un novo sistema de pesas e medidas.

Figura como revisor na portada de Diccionario enciclopdico de la lengua espaola..., no que consta
como primeiro autor o santiagus Augusto Ulloa e o ribadaviense Eduardo Chao como director de
"Biblioteca ilustrada de Gaspar y Roig". Publicouse en Madrid en dous tomos, nos anos 1853 e 1855,
cun total de 2.461 pxinas. Fontn, mis al de presta-lo seu nome como garanta de calidade, estaba
en condicins de contribur revisin dos tems correspondentes a Galicia, as como de dar normas
para a confeccin das abundantes entradas de carcter xeogrfico e os seus contidos estatsticos.
Nos ltimos anos da sa vida, centradas as sas tarefas en Galicia, mantivo unha importante
actividade dentro da Sociedad Econmica de Amigos del Pas de Santiago, na que participou como
arquiveiro-bibliotecario, formou parte de comisins e redactou informes, chegando a acada-la
presidencia da sociedade en 1860. Igualmente colaborou en diversas publicacins como La Exposicin
Compostelana (1858) e Compostelana (1860). Participou en diversos informes sobre o ferrocarril en
Galicia. En 1860 informou sobre o ferrocarril central de Galicia, que a percorrera de oeste a leste
seguindo o curso do ro Ulla. En xaneiro de 1861 as Cortes toman en consideracin a solicitude
presentada xunto con Joaqun Caballero e Inocencio Vilardeb para a concesin da lia entre Santiago
de Compostela e Carril, a primeira que funcionara en Galicia. En 1863 consta como partcipe da
concesin, da que se conservan documentos cartogrficos, realizados a partir da carta xeomtrica. No
mesmo ano informou sobre a lia de Santiago de Compostela a Betanzos e Ferrol. De 1863 son as
bases para a fbrica de papel do Castro en Lousame (A Corua).
Faleceu o 24 de outubro de 1866 en Cuntis (Pontevedra) e o seu corpo trasladouse a Santiago de
Compostela, onde recibiu sepultura; dende o 30 de decembro de 1988 as sas cinzas repousan no
Panten de Galegos Ilustres de San Domingos de Bonaval.
A importancia da sa figura na Galicia do sculo XIX levou a diversos investigadores a aborda-la sa
obra

dende diferentes

perspectivas

como

poltico-administrativa,

por Baldomero

Cores,

cartogrfica, por Gonzalo Mndez, ou a acadmica, por Paulino Pedret, entre outros. As mesmo, foi
centro de atencin e estudo e expxose a sa obra, con motivo das efemrides do seu nacemento e
defuncin ou da publicacin da Carta geomtrica de Galicia.
Gonzalo Mndez Martnez.

Gran Enciclopedia Galega Silverio Caada

También podría gustarte