Está en la página 1de 6

Bravi, A. (2014).

Griechische Kunstwerke im politischen Leben Roms und Konstantinopels


(Vol. 21). Walter de Gruyter. pp. 54-56

Bravi, A. (2014). Griechische Kunstwerke im politischen Leben Roms und Konstantinopels


(Vol. 21). Walter de Gruyter. pp. 54-56

6. Marte no Circo: o decoro guerreiro do Xuo Bruto


Unha estatua sedente do Ares de Skopas presentouse nun templo de mrmol que
Hermodoro de Salamis concebira para Bruto Galaico e que data do 138 a.d. C. A
estatua do Ares que Bruto Galacio puxo nese templo de Marte no circo entre o 136
e o 131 a.d. C, tia caractersticas que presentaban ao Marte romano con
signicados heroicos, festivos e polticos e que estaban persoalmente vencellados
ao habitus e status do xefe militar:

A iconografa non habitual para o deus Marte. Non se presenta nin de pe nin
armado no campo de batalla con insignias do lexionario pola parte de atrs.
Querase identificar ao Ares de Skopa nunha estatua sedente dun deus ou heroe
sen roupa ou desarmado que se poidese atopar en calquera campo referido a
Marte no que se encontrarse o templo e que dalgn xeito representase a sa
apariencia. Con todo, anda non podemos falar dunha identifacin segura e
razoada. Sen embargo, podemos intentar recobrar os seus valores semiticos.
O clima social daqueles anos pode parecer proclive a salientar certos valores da
gens Iunia. Xuo Bruto Galaico representaba a nobilitas tradicional e
conservadora responsable da morte de Tiberio Graco, xusto no tempo no que foi
levantado o templo.
No 133 a d C. o Capitolio foi o escenario das loitas entre os descendentes de Tiberio
Graco e os seus inimigos dirixidos por P. Cornelio Escipin Naso. Tiberio Graco foi
condeado a morte por adfectatio regni pois quera ser tirano mentras que Escipin
foi comparado con Bruto, o primeiro cnsul da Repblica. No templo de Fides no
Capitolio parece que apareceu unha copia do grupo dos tiranicidas. Podemos
imaxinar o valor que os xuos deron a Marte nesa situacin como smbolo da
revolta antimonrquica da aristocracia. Xa no mesmo momento no que se cruza o
umbral do templo de Marte podemos sentir o que significaba esa construccin.
Pois mesmo na entrada atopouse unha inscripcin do escritor Accius en
Saturnien:

Este Marte sedente sen armas representa a un deus que pode estar moi conectado
coa representacin da gens Iunia. No mesmo lugar tomou nota Plinio unha

Venus que fora creada polo mesmo escultor. En Grecia xa se coeca a relacin
mais en Roma foi datada por primeira vez nun rito do sculo 3 a d C e despois
estivo esquecida durante moito tempo. No 217 a d C relacionouse a Venus nun
banquete de deuses con Marte. Na Repblica e no Imperio representouse a parella
en diferentes variantes. Os seus significados teen que ver coa Homonoia
/Concordia pblica e privada. Venus aparece parcial ou totalmente vestida e leva
insignias coma a diadema. Con frecuencia aparece mirando a Marte que aparece
representado a mido pouco vestido e cun aspecto xuvenil. A atraccin ertica
dos dous un tema recurrente no mundo da casa, como se pode ver en murais ou
en releves de porcelana de plata na domus de Pompeia. Aqu podemos ver a
mido a Venus acompaada de Cupido, o deus que xoga coas armas da
estatua/figura sedente de Marte no campo de Marte. Nas casas pompeianas Venus
a que domina a escena. O Marte que est ou deitado ou de p xoga un papel
secundario. Estas representacins privadas refrense concordia da casa entre o
dominus e a domina. No tempo de Augusto Marte aparece presentado
oficialmente como pai xunto con Venus como nai Esta antiga divinidade da casa
xuliana est vencellada con Marte como antepasado de todos os romanos. O
imperio de Roma fndase na base desta concordia.
Se consideramos o motivo da concordia como caracterstico da aristocracia da
media Repblcia, poderamos entender ao Marte sedente coa Venus sen roupa no
Templo de Marte do Bruto Galaico como protagonistas dunha reconciliacin das
gentes na aristocracia romana despois dos acontecementos sangrentos ao final da
poca dos Gracos. A parella expresara representacins que cobraron vida nun
marco social especial que os vencellara ideologa da armona ou concordia, que
se manifesta na descendencia de Rmulo por parte de Marte e de Eneas por parte
de Venus. A iconografa deste Marte grego permitiramos achegarnos a un marco
metafrico. A concordia das gentes antigas presntasenos a travs dunha
representacin de Marte e de Venus que garantira debido a unin de mbolos
dous a continuacin das gentes dominantes de Roma. Non podemos probar tal
sentido de xeito estricto pero con seguridade Marte e Venus poden interpretarse
no contexto das fontes do sculo dous a d C como protagonistas divinos da
guerra, da victoria e da tradicin militar.

También podría gustarte