Está en la página 1de 2

Estimados pais/nais do Ies Fraga do Eume:

Mandámosvos unhas liñas para facervos partícipes do acontecido na Asemblea que


celebramos o pasado martes día 1 de xuño no centro escolar.Destacamos a escasa
participación dos pais/nais, pero agradecemos enormemente a presenza e ton
colaborador dos/as alí presentes:

Comezamos tratando os seguintes temas:

Coméntase o caso da desaparición dalgúns libros nas aulas. Nun caso


concreto,dito libro apareceu posteriormente, pero os pais/nais comentan que non
terían porque ser eles quen o pagasen, pois desapareceu durante a xornada
escolar,dentro do centro.Preguntámonos ¿de quen é a responsabilidade?

Proponse sacar para o seguinte Consello Escolar, o tema das "actitudes de certos
profesores na aula", e "as medidas que toma o centro" fronte a este tema.
Faremos un escrito para metelo por rexistro no centro.

Falamos de propor ó centro que chege a un acordo referente á promoción do


alumnado de 2ª de Bacharelato cunha materia pendente(mes de xuño e
setembro), similar aos acordos tornados en outros centros,tanto de Galicia coma do
resto do Estado (incluso a nivel universitario), establecendo uns criterios de máximos e
mínimos, e mirando caso por caso, eu quitaría este anaco, mirando caso por caso non
pode ser, mínimos si máximos non e....co outro xa se entende) Os prexuízos para estes
alumos/as poden condicionar de xeito negativo o seu futuro, tanto como non poder
estudar o que queren porque en setembro xa non quedan prazas.Acordamos tamén
achegar este tema á xuntanza do xoves co Sr. Inspector.

Tratamos o Plan de Convivencia, explícase en que consiste e o que fixemos ao longo


de este ano. o tipo de cuestionarios que ten o centro e os que propón a Anpa, pois
enfocamos as preguntas doutro xeito.O equipo directivo cérrase ás novas
propostas.Aínda que aumentaron o prazo de presentacións de propostas ata o día 15 de
xuño (segue a parecernos insuficiente).Acordamos neste punto tamén falar deste tema
co Sr. Inspector.

Tamén falamos da pouca accesibilidade dos profesores na secundaria


respecto aos pais/nais.Non é fácil acceder a outros profesores que non sexan os
titores do alumno/a.

Incluso cando se lles pide ver algún exame, actúan como filtro(eu isto non o entendo
ben, ¿quén actúa de filtro?), vense forzados a facelo, coma si non lles gustase.
Pensamos que non deberían actuar como profesores de cátedra, e que pensen que
tratan con nenos/as da eso e Bacharelato.
Queremos que se cree un procedemento de rexistro no que os titores
formalicen as queixas doseu alumnado e que haxa uns mecanismos de resposta.
este procedemento formentaría a participación responsable do alumnado, e o centro
coñecería que problemas ou conflitos son os que están a sufrir o alumnado.

Recordamos que está próximo o Festival Fin de Curso, onde esperamos a asistencia
do maior nº de pais/nais posíbeles, e así poder disfrutar das actuacións do grupo de
Teatro, do grupo de Canto e dun Dj, que actuará como fin da festa, na celebración da
graduación do alumnado de 4º de Eso.Agardamos a presenza de todos-as.

Falamos da boísima aceptación das mesas de Ping-Pong, cedidas polo Concello


de Pontedeume ata final do curso.Agradecemos públicamente este feito.

Co tema do plurilingüismo, ninguén quere significar nada, coméntase que para o ano
que ven, queren poñer as materias de matemáticas, física e química, e tecnoloxía en
castelán, as demais en galego.

O tema do aparcadoiro, non ten fácil solución.Damos por feito de que o van a
utilizar aínda que no Consello Escolar non saíu aprobado.Temos o apoio do Inspector,
mentres a Consellería prefire que sexa o Concello quen se entenda co Instituto.

Finalmente, destacamos os resultados de 2ºde bacharelato en lingua castelá.É


unha media moi baixa de aprobados e con notas sen ser excesivamente altas.
Reiteramos que 2º de bacharelato é un curso delicado, no que se xogan moitos futuros,
de moitos rapaces, mellor ca nós o di Santos Guerra, un especialistas en avaliación:

P.D.: Nos gustaría terminar a modo de reflexión y conclusión con las siguientes
palabras de santos Guerra referidas a la evaluación :

"Las pautas de evaluación han cambiado a lo largo del curso de la historia, así como las
de aprendizaje.Las exigencias actuales apuestan por un proceso de
enseñanza/aprendizaje que abogue por el desarrollo de las personas en la medida que
aprender no es copiar o reproducir la realidad. Construir, de todos modos, no significa
inventar. La evaluación efectiva estará focalizada en la de la realidad, así como evitando
la simplificación de los problemas.La evaluación, en base a los criterios expuestos y
esbozados, debe ayudar al acto de aprender, verificando si el estudiante adquiere o no
los procedimientos intelectuales necesarios para la resolución de problemas.En ese
sentido, los instrumentos de evaluación deberán ser capaces de captar el potencial y
esfuerzo continuo de los estudiantes,enfocado hacia el estudio y sus métodos
cognitivos.El modo de adquisición de habilidades necesarias para enfrentar con éxito el
futuro profesional radicará en la no exclusión de los alumnos, a pesar de que vivamos
en una sociedad tendente al individualismo y basada en sistemas de competición."

Ata aquí chegamos e esperamos haber transmitido as dúbidas, respostas e anhelos, de


tódolos pais/nais integrantes deste centro. VÉMONOS PRONTO E : UN SÁUDO DAS
COMPOÑENTES DA ANPA "AS FRAGAS"

También podría gustarte