Está en la página 1de 20

3.

A frase

1. A frase como unidade sintáctica


1.1. Referencialidade, determinación e estrutura da frase
1.1.1. Referencialidade
1) Predicación e referencia:
a) Predicar:
 Establecer relacións entre entidades do mundo.
 Atribuírlles propiedades a entidades do mundo.
b) Referir: identificar lingüisticamente entidades do mundo. A frase é o
marco da referencia.
2) Da predicación á referencia:
peza léxica con significado concreto no
→ operacións determinativas →
significado virtual (clase) acto de fala (referencia)

3) Casos nos que con cómpre a determinación:


a) Nomes propios: sempre nomean entidades concretas.
b) Nomes comúns empregados sen valor referencial:
 Vocativos. Exemplo: profesora, pódeme explicar isto de novo?
 Expresións interxectivas. Exemplo: pobre rapaz!
 Estruturas atributivas adscritivas. Exemplo: a veciña é profesora.
 Complementos de calidade en sentido xenérico. Exemplo: traballa de
profesora.
 Formas léxicas complexas. Exemplo: profesora de universidade.

1.1.2. Determinación
Unha frase debe cumprir unha función noutra unidade sintáctica superior
(coma toda unidade sintáctica) e defínese pola súa estrutura interna: debe ter un
Núcleo, que pode aparecer só ou non.
Con todo, por mor da referencialidade o normal é que non apareza só,
senón que se produza a súa expansión ou proxección mediante operacións
determinativa, que se poden levar a cabo mediante procedementos:
1) Gramaticais:
a) Palabras gramaticais (paradigmas pechados): artigos, demostrativos,
posesivos, identificadores, cuantificadores, adverbios de cantidade e
numerais.
b) Morfemas flexivos: achegan significado gramatical pero non desempeñan
funcións sintácticas (son morfemas ligados, non palabras).
2) Léxicos: realízase mediante palabras pertencentes a clases abertas, polo que o
contido das restricións non está limitado a categorías preestablecidas.

1.1.3. Estrutura da frase


O acto de referencia está condicionado por factores gramaticais e
pragmáticos, que repercuten nas operacións determinativas (cantidade e tipos)
que se realizan na frase.

1 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

1) Factores gramaticais (deles depende a gramaticalidade da frase):


a) Algunhas posicións sintácticas poden esixir un determinante que marque
actualización, aínda que o termo introducido teña os mesmos trazos
semánticos ca en posicións nas que non o necesita.
Exemplo: merca tabaco pero o tabaco é prexudicial
para a saúde (*tabaco é prexudicial para a
saúde).
b) A determinación mediante procedementos léxicos pode ser obrigatoria
nalgúns casos, aínda que de xeito xeral dependa da decisión do emisor.
Exemplo: familia carente de recursos pero *familia
carente.
2) Factores pragmáticos: o emisor debe avaliar cales son as operacións
determinativas necesarias:
a) Tendo en conta o contexto e a información pragmática do receptor.
b) Atendendo a dous principios para garantir a eficacia comunicativa:
 Achegar toda a información necesaria.
 Non achegar máis información da necesaria.

1.2. O concepto de Núcleo e os tipos de frase


1.2.1. Delimitación e propiedades do Núcleo
O Núcleo é o elemento central da F e o único constituínte obrigatorio, o
que implica que lle outorga á F as súas propiedades categoriais, de xeito que as
frases son proxeccións dos seus núcleos. Por exemplo:
FN. ≈ Subs. expandido: neno louro ≈ expansión de neno
FAdx. ≈ Adx. expandido: moi alto ≈ expansión de alto
FAdv. ≈ Adv. expandido: moi cedo ≈ expansión de cedo

Así, a F tería unha forma mínima (só o N) e unha forma máxima (teoricamente
infinita).
Ademais o N ten que ser un N léxico (salvando os recursos cohesivos).

A determinación das propiedades categoriais da F debémola entender en


dous sentidos:
1) Control das propiedades morfolóxicas: o N é o elemento que resolve ou
determina a concordancia dos demais constituíntes dunha F. Exemplos: as
nenas altas, a nena alta, etc.
2) Control das propiedades semánticas e sintácticas dos complementos:
o núcleo é o elemento que selecciona os complementos, aos que lles impón
restricións:
a) Semánticas:
Núcleo Restrición Exemplos
comer patacas
comer alimentos sólidos
*comer auga
entre as mesas
entre varias entidades
*entre a mesa
2 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

b) Sintácticas: o N indica as condicións nas que deben aparecer os


complementos. Neste senso, pódense dar tres situacións:
 Que non esixan ningún complemento (verbos inacusativos). Exemplo:
caer.
 Que sempre esixan un complemento. Exemplos: atopar [algo], necesitar
[algo]; residente [localización].
 Que seleccionen un complemento, pero que poida expresarse ou non.
Exemplos: cantar (a expresión do complemento é rara, pero posible) ou comer
(a expresión do complemento é bastante frecuente).

 Núcleo e criterio distribucional


1) A caracterización que realizamos do N implica rexeitar o criterio
distribucional xa que, segundo este criterio, o N da frase é aquel elemento
que pode aparecer só (desempeñando a función de toda a F) en determinados
contextos, pero vimos de afirmar que entre as propiedades do núcleo está
precisamente a de poder seleccionar un complemento necesario (esixir un
elemento subordinado). Exemplos:
a gasolina está moi cara *gasolina está moi cara
maniféstanse en defensa dos postos de traballo *maniféstanse en defensa
o temporal impediu a saída dos barcos *o temporal impediu
unha persoa acorde cos seus tempos *unha persoa acorde
pousou os libros encol da mesa pousou os libros encol

2) Tendo en conta a nosa caracterización, as FPrep. non carecen de N, como


se defende tradicionalmente, xa que as preposicións seleccionan un
complemento, e tamén as súas condicións de aparición. Exemplos:
Núcleo condicións Exemplos
entre as mesas
entre necesario explicitalo
*entre
sobre a mesa
sobre necesario explicitalo
*sobre
cun martelo
con necesario explicitalo
*con

Esta é unha propiedade derivada de seren N. Así, N doutras categorías


co mesmo valor semántico poden aplicar condicións de aparición diferentes:
Núcleo condicións Exemplos
enriba da mesa
enriba pode aparecer ou non
enriba

Ademais, aplicando este criterio, todos os tipos de F terían ocorrencias


con N e ocorrencias sen N, xa que hai contextos nos que os complementos non
son suprimibles.

3 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

Tipo de F Exemplo
FV necesitar algo
FAdx. carente de algo

3) Por outra banda, a FPrep. e a FAdv. son dous tipos peculiares de F:


a) En realidade, son variantes do mesmo tipo de F con diferentes condicións
sintácticas:
 FPrep.: esixe sempre a presenza de complementos, de xeito que o N
nunca pode aparecer só.
 FAdv.: é o único tipo de F na que o N pode aparecer sempre só.

Núcleo condicións Exemplos


sobre a mesa
sobre necesario explicitalo
*sobre
enriba da mesa
enriba pode aparecer ou non
enriba
ante el
ante necesario explicitalo
*ante
diante del
diante pode aparecer ou non
diante
tras del
tras necesario explicitalo
*tras
detrás del
detrás pode aparecer ou non
detrás
baixo a mesa
baixo necesario explicitalo
*baixo
debaixo da mesa
debaixo pode aparecer ou non
debaixo

b) Con todo, cómpre distinguir entre o comportamento das preposicións


léxicas fronte ás gramaticais:

1.2.2. Tipos de frases


Os tipos de frases establécense en relación á categoría á que pertence o
seu Núcleo, que sempre debe ser unha palabra léxica (non en todas as categorías
todos os membros son léxicos ou gramaticais).

Tipo de frase Categoría do núcleo Propiedades semánticas e sintácticas


- Xeralmente serve para referirse a
obxectos do mundo.
Nominal - Poden constituír unha nova
nome ou pronome
(FN) predicación.
- Funcións típicas dos actantes da
oración (Sux., OD, OI).
Adxectiva - Propiedades ou calidades de obxectos.
adxectivo
(FAdx) - MOD de FN
Verbal verbo predicativo - Eventos.
(non un copulativo ou
(FV) - Predicado da oración.
auxiliar)
4 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

Tipo de frase Categoría do núcleo Propiedades semánticas e sintácticas


adverbio léxico - Circunstancias do estado de cousas.
Adverbial (non marcadores de
- CC.
(FAdv) modalidade ou
polaridade) - Pode ser intransitiva.
- Circunstancias do estado de cousas.
Preposicional
preposición plena - CC.
(FPrep)
- É sempre transitiva.
- Só se xustifican cando a interxección
Interxectiva interxección presenta un complemento (Ai dos teus
amigos! Caramba se choveu!)

2. A Frase nominal
1) Ten como N un nome ou unha categoría nominal.
2) Adxacentes: realizan operacións determinativas, é dicir, teñen a función de
guiar o interlocutor do significado virtual ao actual 1. Estas operacións realízase
mediante diferentes procedementos, e a diferentes niveis xerárquicos:
a) Procedementos:
 Léxicos: modificadores. Dentro dos modificadores cómpre distinguir
entre:
 Modificadores propiamente ditos (atributivos): atribúenlle unha
propiedade ao N (N é x). Exemplo: un marabilloso bocadillo de chourizo:

un marabilloso bocadillo de chourizo


MOD MOD
DET (o bocadillo é N (o bocadillo é de
marbilloso) chourizo)

 Complementos: son un argumento da predicación que subxace ao N.


Exemplo: o marabilloso regalo de Pepe:

o marabilloso regalo de Pepe


MOD
MOD (Pepe fixo un
DET (o bocadillo é N regalo: Pepe =
marbilloso) Ax. de regalar >
regalo)

 Gramaticais: determinantes.
b) Niveis xerárquicos:
 Determinantes: afectan ao N e os Mods.
 Modificadores: só afectan ao N.

1
Só os nomes propios non precisan actualización, xa que teñen un único referente. Cando aparecen
actualizados é porque se reconverten en nomes comúns (o Pepe que eu coñecía non era así; hoxe é o
día dos Pepes).
5 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

FN

DET FN

NÚCN MOD

2.1. O Núcleo
1) Características do núcleo da FN:
a) Nome ou elemento nominal que determina as propiedades categoriais da
F e as posibilidades de aparición dos restantes constituíntes.
b) É estruturalmente necesario, pero pode carecer de representación fónica
se produce unha elipse con función cohesiva.

2) Categorías que poden funcionar como núcleo da FN:


a) Nome:
 Común:
 Modalidade característica do N da FN.
 Designa clases, polo que ten un significado virtual.
 Precisa case sempre de determinantes e/ou modificadores.
 Propio:
 Designa entidades concretas, polo que carece de significado virtual.
 Case nunca precisa determinacións.
b) Pronome persoal:
 Son palabras gramaticais.
 Carecen de significado referencial propio, polo que este é contextual
(procedementos deícticos ou fóricos):
 1ª e 2ª persoa: emisor e receptor, respectivamente (deíxe).
 3ª persoa: calquera outra entidade.
 Nunca aparecen determinados ou modificados de xeito restritivo. Só
admiten modificadores explicativos marxinalmente (ti, que o sabías,
non dixeches nada).
c) Pronome non persoal:
 Son palabras gramaticais, que xeralmente funcionan como
determinantes.
 Interpretación léxica: referencia endo/exofórica (contexto ou situación
comunicativa).
 Categorías:
 Posesivos. Exemplo: ¿Qué estabas a falar dos ollos, quero dicir, dos teus?
(Dieste).
 Demostrativos. Exemplo: estes séntanse mentres aqueles se erguen.
 Numerais. Exemplo: pero mil vidas que tivera, mil daría antes que vir
onda vós con ela (L. Ferreiro).

6 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

 Cuantificadores. Exemplo: podería citar testemuños a eito e algúns de


certo curiosos (G. Sabell)
 Identificadores. Exemplo: alá levou [os porcos] disposta a vendelos e
comprar outros que non foran tan avisados (G. Barros)
d) Cuantificadores e identificadores que só funcionan como Núcleo:
 Carecen de referencia fórica.
 Interprétanse mediante un significado léxico xenérico (alguén, algo,
ninguén, nada...)

e) Artigo: non pode funcionar como Núcleo de FN pero:


 Pode introducir Núcelos elípticos. Exemplo: os seus pensamentos son
aínda os Ø dun xílgaro.
 Pode habilitar outras categorías non nominais para funcionaren como N
de FN. Exemplo: séntache moi ben o azul.

2.2. A determinación gramatical e os Determinantes


1) Determinantes vs. modificadores:
a) Os determinantes son palabras gramaticais, pertencentes a categorías
pechadas (predefinidas pola gramática), mentres que os modificadores
pertencen a clases léxicas (abertas).
b) Realizan operacións determinativas diferentes:
 Determinantes: identificación e cuantificación.
 Modificadores: cualificación.
2) Operacións determinativas:
a) Identificación (maioría):
 Sinalan cal é o referente do nome.
 Funcionan como identificadores:
 Artigos.
 Demostrativos.
 Identificadores.
 Posesivos.
b) Cuantificación:
 Sinalan o número de referentes ou o seu tamaño, sen identificalos
 Funcionan como cuantificadores:
 Cuantificadores indefinidos.
 Cuantificadores definidos.

Modificación

marabilloso

bocadillo
de chourizo

7 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

Identificación

marabilloso

x
bocadillo
de chourizo

Cuantificación

marabilloso

x2
bocadillo
de chourizo

2.2.1. Actualización, identificación e deixe


1) Actualización e univocidade: a actualización é un marcador de
univocidade, é dicir, de que a entidade á que nos referimos ten unha
interpretación única (referencia en acto, non en potencia). Moitas linguas
teñen unha clase de palabras para marcar a univocidade, no caso do galego é o
artigo:
a) Univocidade: artigo definido. Tamén se pode usar en primeira mención,
pero en contextos nos que a interpretación é univoca.
b) Non univocidade: artigo indefinido.

2) Deíxe:
a) Son categorías deícticas as que remiten a circunstancias do acto
comunicativo, pero non todas as categorías deícticas realizan operacións
determinativas:
 Circunstancias do acto comunicativo:
 Identificación dos intervenientes nos discurso:
• Emisor(es).
• Receptor(es).
 Lugar que ocupa cada interlocutor.
 Momento en que ten lugar o acto comunicativo:
 Categorías deícticas non determinativas (non teñen como función
identificar unha entidade dentro dun conxunto de entidades posibles):
 Pronome persoal: o pronome persoal de primeira e segunda persoa
non é propiamente un pronome (non se refiren a unha clase nin
determinan un elemento dentro dunha clase), xa que a súa función é a
de identificar o emisor e o receptor do acto comunicativo.
8 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

 Temporalidade verbal e adverbial: establécese con referencia ao


acto de fala:
• Tempos verbais.
• Adverbios: antes, agora, despois; antonte, onte, hoxe, mañá,
pasadomañá.

b) Deíxe determinativa:
 Espacial:
 Orientación cara ao referente concreto en relación ao lugar que
ocupan os interlocutores.
 Realízase a través dos demostrativos.
 O galego establece tres zonas ou graos de afastamento2:
zona do eu este
zona do ti ese
zona fóra do eu e do ti aquel

 Estes graos de afastamento pódense trasladar ao eixe temporal e


realizarse a referencia ao propio texto (uso anafórico dos
demostrativos).
 Posesiva:
 Identificación dunha entidade sinalando unha relación de
dependencia entre esa entidade e algún dos intervenientes no
discurso.
 Realízase mediante os posesivos.
relaciónco eu meu
relación co ti teu
relación que non se seu
establece nin co eu nin
co ti

 A relación de posesión é a prototípica, pero non a máis frecuente.

2.2.2. A cuantificación
1) Definición:
a) É unha estratexia de determinación da referencialidade consistente en
indicar a cantidade de entidades ás que se aplica un nome.
b) É desempeñada polos cuantificadores:
 Non teñen capacidade identificadora de seu, polo que non teñen unha
interpretación unívoca (agás se van introducidos por un identificador
definido).
 Non sempre son compatibles co identificador indefinido. Exemplos:
*asistiron unhas moitas persoas pero asistiron unhas poucas persoas e
asistiron unhas vinte persoas.

2
Outras linguas establecen só dous, coma o inglés (this, that) ou o francés (ceci, cela).
9 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

2) Tipos:
a) Cuantificación imprecisa: expresada polos cuantificadores indefinidos
(algunhas, poucas, varias, bastantes...).
b) Cuantificación precisa: expresada polos numerais cardinais (un, dous,
tres...).
3) Construcións mensurativas:
a) Con substantivos que designan entidades continuas, que non admiten
cuantificacións, pode empregarse unha especie de locución cuantificadora
(Q + N1 + de + N2) na que intervén un substantivo cuantificativo contable e
que funciona como determinante:

Mercou seis vasos de viño


|
O

NÚC CD
|
FN

DET NÚC
|
FN

N MOD
|
de - FN
N
|
mercou seis vasos de viño

Bebeu seis vasos de viño


|
O

NÚC CD
|
FN

DET NÚC
| |
bebeu seis vasos de viño

b) Tamén se empregan as construcións mensurativas con nomes contables en


casos coma:
 Cuantificacións colectivas construídas con nomes cuantificativos de
grupo (grupo, serie, feixe, fato, manda, mundo, morea, monte, mar,

10 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

chea, restra, mangado, puñado). Exemplos: unha chea de persoas asistiu /


asistiron3 (moitas persoas).
 Cuantificacións partitivas, con nomes que expresan fraccións. Exemplo:
un anaco de meditación (unha pouca meditación); unha porción de queixo (un
pouco queixo)4.
 Cuantificacións multiplicativas. Exemplo: o dobre de persoas.
 Cuantificacións con nomes de unidades de peso e medidas. Exemplo: un
quilo de peixe.
 Cuantificacións numéricas precisas, que nalgúns casos adoptan esta
estrutura como determinante. Nestes casos a alternancia entre nomes
(milleiro) e pronomes (mil) pode vir motivada polo valor aproximativo
dos primeiros. Exemplo: un millón de persoas (pero 999.999 persoas).

c) Concordancia:
 O nome cuantificativo da estrutura mensurativa pode atraer a
concordancia do verbo, malia non ser núcleo. Nestes casos a gramática
presenta dúas alternativas:
Concordancia co N da FN Concordancia co Subs. Cuant.
Un grupo de escolares foron visitar a Un grupo de escolares foi visitar a
catedral catedral
Quedaron unha chea de problemas sen Quedou unha chea de problemas sen
solucionar solucionar
A maioría dos presentes votaron en A maioría dos presentes votou en
contra contra
O quilo de sardiñas estaban a tres
O quilo de sardiñas estaba a tres euros
euros
Un milleiro de persoas aclamaron ao Un milleiro de persoas aclamou ao seu
seu ídolo ídolo

 Nas entidades continuas cuantificadas numericamente mediante


construcións mensurativas é o determinante cuantificador o que
determina a concordancia. Exemplo: *dous quilos de peixe custaba seis
euros > dous quilos de peixe custaban seis euros.

2.3. A determinación léxica (cualificación) e os Modificadores


1) Cualificación: especificación mediante procedementos léxicos (maior
rendemento e liberdade).
2) Modificadores: elementos léxicos que cualifican un substantivo dentro da
FN.

3
Esta vacilación débese a que a gramática non ten claro cal é o N (chea ou persoas). Con todo, a
entidade designada é sen dúbida persoas, de aí que poidamos considerar que persoas é o N e unha
chea de o Det.
4
Porción pode ser tamén colectivo: unha porción de problemas sen resolver.
11 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

2.3.1. Unidades que poden funcional como Modificadores. A aposición


2.3.1.1. Unidades que poden funcionar como Modificadores
1) Adxectivos ou FAdxs:
a) Atribución de propiedades. Exemplo: unha camisa moi branca.
b) Identificación de relacións relevantes. Exemplo: manifestación estudantil.
2) FPrep ou FN introducida por preposición. Exemplos: vivenda sen ascensor
(FPrep), poesía de Rosalía (prep. + FN).
3) Substantivos ou FN. Exemplos: saia pantalón, amigo médico.
4) Participios e oracións participais. Exemplo: a manifestación convocada hoxe.
5) Oracións de relativo.
6) Oracións completivas introducidas por preposición:
a) De (preposición baleira). Exemplo: a vontade de superar as dificultades, a nova
de que vai casar.
b) Seleccionada polo substantivo. Exemplo: o temor a sufrir represalias.
7) Construcións comparativas de igualdade nas que non se expresa o
adxectivo que indica a propiedade que se compara. Exemplo: un home coma a
roda dun carro (forte).

2.3.1.2. A aposición
1) Definición: complementación léxica dun substantivo realizada por outro
sen nexo.
2) Características:
a) Contigüidade: é necesaria para interpretar a complementación.
b) Orde: determina cal é o Núcleo e cal o Modificador.
c) Grupo fónico:
 Aposición unimembre (mesmo grupo fónico): adoita ser restritiva.
 Aposición bimembre (diferente grupo fónico): adoita ser explicativa.
d) Concordancia:
 A situación xeral é que os dous elementos concorden.
 O substantivo aposto pode permanecer invariable, tanto en xénero
(Richard Gere, a estrela de Holliwood) coma en número (caixas
sorpresa).
e) Categoría do modificador: pode non ser clara cando este é unha palabra,
xa que podería interpretarse coma un substantivo ou coma un adxectivo
(blusa salmón). Con todo, compórtanse claramente como substantivos
cando á súa vez van modificados (blusa rosa pálido).

12 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

2.3.2. A frase como predicación. FFNN con e sen estrutura argumental


2.3.2.1. Nomes con estrutura argumental
1) Abstractos:
a) Substantivos deverbais ou asociados a verbos (nominalización dunha
oración predicativa).
O descubrimento [Núc] do Brasil [Met] por Cabral [Ax] en
1500 [Temp]
b) Substantivos asociados a unha acción ou proceso, para os que non existe
un verbo correspondente.
A pena [Núc] dos xogadores [Exp] pola derrota [Cau]
Outros: medo, mensaxe, nota, recado
c) Substantivos deadxectivais.
A intelixencia [Núc] da rapaza [Ø]
Outros: fermosura, felicidade, validez.

2) Concretos:
a) Relacionais:
 Parentesco.
A sobriña [Núc] do carpinteiro [Ref]
 Partes dun todo (especialmente partes do corpo) cando marcan a
relación con ese todo.
Os brazos [Núc] do neno [Ref]
O toro [Núc] do carballo [Ref]
As ramificacións [Núc] dun problema [Ref]
b) De representación (cadro, retrato, fotografía, caricatura, etc.)
As caricaturas [Núc] de Castelao [Mod] Castelao = posuidor
As caricaturas [Núc] de Castelao [Ax] Castelao = creador
Castelao = representación
As caricaturas [Núc] de Castelao [Met]
na caricatura

2.3.2.2. A frase con estrutura argumental


En principio as FN serven para designar entidades do mundo, de xeito que
o núcleo fai referencia unha clase, os modificadores restrinxen as clases e os
determinantes sinalan o referente concreto5.
Porén, nalgúns casos as FN non identifican realidades do mundo, senón
que son predicacións. Nestes casos, do mesmo xeito que os verbos teñen
complementos, os núcleos teñen complementos do nome. Unha predicación é un
tipo complexo de entidade (de 2ª orde), que pode ser de dous tipos:
1) Unha estrutura de relación entre dúas entidades de 1ª orde (predicativa):
a) O formato habitual é a oración:

5
Os nomes propios designan entidades do mundo por si sós.

13 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

X1 ↔ X2
o neno come un bocadillo de chourizo
X1 = o neno o neno inxire un bocadillo de chourizo
o neno merca un bocadillo de chourizo
X2 = bocadillo de chourizo o neno vende un bocadillo de chourizo
o neno fai un bocadillo de chourizo
X1 ↔ X2 ↔ X3
X1 = o neno
o neno dálle un bocadillo de chourizo á nena
X2 = bocadillo de chourizo
o neno regálalle un bocadillo de chourizo á nena
X3 = a nena
b) Ás veces realízase a través de FN con estrutura argumental e, polo tanto,
con complementos do nome (argumentos ou adxuntos). Exemplos: inxesta,
venda...

X1 = os nenos

X2 = bocadillo de chourizo a inxesta excesiva de bocadillos de chourizo

Y = execesiva

2) Atribución de propiedades a entidades (atributiva):


a) O formato habitual é a oración:
X←P

X = neno
o neno está gordo
P = gordo

X = neno
o neno é loiro
P = loiro

b) Ás veces tamén poden adoptar o formato dunha FN con estrutura


argumental Exemplos:
X←P

X = neno
a intelixencia o neno
P = intelixencia

X = neno
a altura o neno
P = altura

X = neno
a gordura o neno
P = gordura

14 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

X = neno
a bondade o neno
P = bondade

P = construción
X1 = polos obreiros a construción do
edificio polos obreiros
X2 = edificio en 1992
Y1 = en 1992

Por outra banda, cómpre ter en conta que os nome que dan lugar a FN con
estrutura argumental son sempre abstractos (altura, gordura, bondade...) fronte
os que designan entidades do mundo, que son concretos (neno, bocadillo,
edificio...).
Ademais, as FN con estrutura argumental admiten tamén
modificadores:

X1 = Cabral
o importante
X2 = o Brasi descubrimento do
Y1 = en 1500 Brasil por Cabral en
1500
MOD = importante

2.3.2.3. A frase sen estrutura argumental


1) Definición: precisan a referencia da clase designada polo núcleo da frase.
2) Relación coas FFNN con estrutura argumental atributivas: as dúas
son frases atributivas, pero con diferenzas:
FN atributiva con estrutura FN atributiva sen estrutura
argumental argumental
predicación referente de entidade
Propiedade = Núcleo Propiedade = Modificador

2.3.3. Tipos de Modificadores: Complementos do Nome e Modificadores


atributivos. Xerarquía da determinación
2.3.3.1. Tipos de modificadores

Nomes sen estrutura argumental → MOD (atributivos)

argumentos
CN
Nomes con estrutura argumental satélites

MOD (atributivos)

15 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

2.3.3.2. Xerarquía da determinación


1) Xerarquía da determinación (FFNN con estrutura argumental): Núc <
CCNN-arg. < CCNN-sat. < Mods. atrib. < Det.
FN

DET NÚC
artigo FN

MOD NÚC
Adx. FN

NÚC
FN CN
FPrep

NÚC CN
FN por + nome
propio

NÚC CN
Subs. de + FN

o importante descubrimento de o Brasil por Cabral en 1500

2) Marca das funcións semánticas:


a) Habitualmente non se marca, só se marcan as funcións sintácticas
(concordancia o preposición baleira de):
 Nestes casos é frecuente a ambigüidade (axudas familiares), polo que se
require dunha interpretación pragmática dos modificadores.
 A interpretación é inequívoca cando:
 O Núcleo só selecciona un argumento. Exemplo: a fermosura da
rapaza.
 A facilitan as restricións (o descubrimento de América por Cabral).

b) Pode marcarse mediante:


 Preposicións plenas. Exemplos: en Lavacolla, ás doce, contra o terrorismo...
 Oracións de relativo. Exemplo: as axudas que prestan as familias, as axudas
que lles prestan ás familias.
 Oracións participiais. Exemplo: as axudas prestadas ás familias, as axudas
prestadas polas familias.

16 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

2.3.4. Cualificación restritiva e non restritiva


Tanto nas FFNN con estrutura argumental coma nas que carecen dela a
cualificación pode ser:
1) Restritiva ou especificativa: é un clasificador que delimita unha subclase
da clase xeral que designa o substantivo, restrinxindo a súa extensión:
a) Achegando unha calidade non implícita (coches vermellos).
b) Informando dunha relación con outras entidades que exclúe algunhas
interpretacións do substantivo (manifestación estudantil).
2) Non restritiva ou explicativa: salientan unha propiedade ou relación que
non restrinxe a extensión designativa do substantivo:
a) Vías:
 Saliéntase unha propiedade inherente ao substantivo (branca neve).
 Saliéntase unha propiedade non inherente, pero que non é restritiva no
contexto (audaces pilotos).
b) Posición:
Posposición Anteposición
intégranse no grupo fónico
Restritivos
do substantivo
Non forma o seu propio grupo non teñen por que formar
restritivos fónico grupo fónico de seu

2.3.5. Relacións atributivas invertidas na FN


Trátase de FFNN coa estrutura N1-de-N2, nas que N1 é a propiedade é N2 a
entidade modificada (o parvo de Luís, unha marabilla de persoa).
1) Tipo I:
a) Características:
 N1 é un adxectivo valorativo ou un substantivo concreto usado como tal
(xeralmente nomes de animais).
 Son ambiguas fora de contexto.
b) O N é N2:
 Concordancia:
 Rexida por N2. Exemplo: o parvo do rapaz, a parva da rapaza.
 N1 pode concordar con N2 aínda que sexa de xénero invariable (o
galiña de Luís).
 A concordancia externa adoita rexela tamén N2 (Aí chega a
computadora de Luís. Non o trago!)
 Imposibilidade de elipse de N1 (*O parvo de Luís e o Ø de Martiño).

En conclusión, a inversión só se produce en relación á secuencialidade


non marcada dos constituíntes, pero non no que se refire á función.

2) Tipo II:
a) Características:
 N1 é un substantivo valorativo, xeralmente abstracto.
 Non son ambiguas.
17 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

b) O N é N1:
 Concordancia:
 N1 nunca concorda con N2. Exemplo: unha marabilla de rapaz.
 O Determinante de N1 nunca concorda con N2 (unha marabilla de
rapaz).
 Posibilidade de dupla concordancia co predicado. Exemplo: esa
marabilla de persoas é / son o capital máis importante da empresa.
 Ausencia de actualizador en N2, polo que non ten valor referencial e,
en consecuencia, non pode ser núcleo.
 Posibilidade de inverter os seus termos. Exemplo: unha marabilla de
rapaz → un rapaz de marabilla.
 Trátase, polo tanto, dunha construción sintacticamente anómala, pero
semanticamente motivada pola súa relación coas construcións
mensurativas.

3. Outros tipos de frases


3.1. A Frase Adxectiva
A FAdx. ten como N un adxectivo, é dicir, é a expansión dun adxectivo,
que pode aparecer só ou con elementos adxacentes subordinados. Estes son de
dous tipos:
1) Modificadores:
a) Definición: son elementos léxicos ou gramaticais que determinan a
magnitude en que debe ser tomada a calidade ou propiedade.
b) Tipos de unidades:
 Adverbio ou FAdv. de cantidade ou de modo (con valor gradativo).
 FPrep. ou FN ou oración de infinitivo precedidas da preposición baleira
de. Exemplo: grande con ganas, tolo de remate, tolo de atar.
 Sintagmas comparativos con valor intensificativo. Exemplo: forte coma
un buxo.
2) Complementos:
a) Definición: complementos seleccionados polo adxectivo que fan referencia
ao tipo de calidade ou ás circunstancias en que se dá, non ao grao ou
magnitude da calidade.
b) Tipos:
 Argumentais:
 Unidades: FPrep. ou FN ou oración de infinitivo introducidas por
de.
 Función semántica: case sempre é a de referencia, aínda que
nalgúns adxectivos deverbais poden darse outras (procedente de
Lugo, participante na asemblea, residente no rural...).
 Satélites:
 Unidades: FPrep. ou FAdvs.
 Liberdade posicional.

A xerarquía destes modificadores é: Núc. < CA-arg. < Mods. < CA-sat.

18 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

3.2. A Frase Adverbial e a Frase Preposicional


3.2.1. Similitudes e diferenzas
1) Similitudes:
a) Son unidades que teñen un núcleo (preposición ou adverbio).
b) Son as estruturas de expresión habitual das circunstancias en que se dá o
esta do de cousas que presenta o enunciado.
c) Adxacentes que admiten:
 Modificadores:
 Complementos:
2) Diferenzas:
a) Comportamento sintáctico:
 FP: é unha construción transitiva.
 FAdv.: pode ser intransitiva.
b) A delimitación entre as dúas clases de palabras baséase no seu
comportamento sintáctico, pero a gramática tradicional non aplica o
mesmo criterio no caso de verbos ou adxectivos entre os que hai a mesma
diferenza de comportamento:

CLASE DE
EXEMPLO TRANSITIVO INTRANSITIVO
PALABRA
difícil  
adxectivo
carente  
comer  
verbo
carecer  
detrás   adverbio
tras   preposición
debaixo   adverbio
baixo   preposición

3.2.2. Frases preposicionais verdadeiras e aparentes


1) FPrep. verdadeiras: a preposición é o núcleo da frase, polo que ten
significado léxico (de clase) que é restrinxido polos complementos:

preposición significado exemplo


pousou o libro sobre a mesa
'na parte superior
sobre =
de algo'
pousou o libro enriba da mesa
rompeu a porta cun machado
=
con 'instrumento'
rompeu a porta usando un
machado
xuntaron cartos para a festa
para 'finalidade' =
xuntaron cartos destinados á festa

19 Sintaxe galega
2009/2010
USC
3. A frase

2) FPrep. aparentes: non teñen significado léxico, senón que expresan


contidos gramaticais (son marca de función sintáctica):
a) CD → a6: vin a Pepe (a-FN)
b) CI → a: regaloulle un libro a Pepe (a-FN).
c) MOD de FN → de: mesa de piñeiro, mesa de cociña, mesa de Pepe... (de-
FN).
d) CCP / CAx.7 → por: a escuridade é temida polos menos (por-FN)
e) MOD de FAdx. ou FAdv. e mesmo de FPrep. → de: enriba da mesa;
difícil de ler, carente de recursos; tras da porta.

3.3. A Frase Verbal


1) Definición: a FV ten como N un verbo, que adoita aparecer acompañado de
complementos que especifican o tipo de evento.
2) Estrutura argumental:
a) Relación do verbo cos seus complementos:
 1º argumento:
 É o Sux. na voz activa.
 É máis externo cós demais:
• Non especifica o subtipo de evento.
• É o responsable / experimentador do conxunto formado polo
verbo e o resto de argumentos (Complementos do verbo).
 Resto de argumentos: relaciónanse máis estreitamente co verbo, xa
que son os que especifican o subtipo de evento.
b) Funcións sintácticas e xerarquía:

{[Núc. < OD < OI < CC-arg.]FV < Sux. < CC-sat.}O

6
A preposición a tamén pode ter os significados léxicos de 'prezo' (a sardiña está a 1€) ou 'dirección'
(vou a Vigo)..
7
Non sempre cumpre a función semántica de axente, polo que é preferible denominalo complemento
preposicional da pasiva (CCP).
20 Sintaxe galega
2009/2010
USC