6 >> experiencias

miércoles, 27 de abril del 2016 | la voz de la escuela

Unha con
premio

SANDRA ALONSO

Os finalistas da sétima edición de Parlamento Xove, na Cámara galega

Experiencias innovadoras enchen
escolas da nosa comunidade
O Parlamento de Galicia acolleu a final dunha liga de debate gañada por Becerreá
Os colexios e institutos galegos son niños de experiencias. Non ducias, non
centos, senón miles se levan a cabo cada
curso académico de Fisterra ao Courel
e de Estaca de Bares á serra do Xurés.
E resaltar unhas sobre outras sempre
leva implícito o risco de cometer unha
inxustiza. Con esa prevención por diante,
aquí amosamos unha ínfima parte delas.
Poucas, certo, pero dignas de louvanza.
Hai dez días se poñía punto final á sétima
edición do Parlamento Xove, unha liga
de debate na que participaron 47 equipos

de 39 centros de toda Galicia, incluíndo
as dúas categorías, ESO e bacharelato.
En total, 168 estudantes e medio cento
de profesores metidos en faena. O sistema é tan simple como atractivo: tanto
na fase eliminatoria —que este ano foi
en Culleredo (A Coruña)— como na
final en Santiago, nun hotel un día e no
Parlamento galego á hora da verdade, se
propón un tema. En cada enfrontamento
se leva a cabo un sorteo, de tal maneira
que o azar decide que equipo está a favor
no tema proposto e cal en contra. Tralo

debate, uns xuíces avalían e deciden o gañador. Este ano os triunfadores nas dúas
categorías foron Becerreá e... Becerreá,
coa puntualización de que o derrotado
na final de bacharelato foi... o instituto
de Becerreá. É dicir, pleno e consolación.
Cecilia Vázquez, directora xeral de Xuventude —o organismo que organiza o
Parlamento Xove—, resumíao, sorrindo,
con tres verbas: «¡Nunca tal vin!».

> Cristóbal Ramírez
congostro@gmail.com

> ENTREVISTA CECILIA VÁZQUEZ | DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE

«No Parlamento Xove os alumnos aprenden democracia»
Cecilia Vázquez é a directora xeral de Xuventude, organismo de onde saíu a idea de
organizar o Parlamento Xove.
—¿Que aprenden aí os alumnos?
—O debate de ideas a través da palabra, a
confrontación de opinións e o diálogo. En
definitiva, aprenden democracia.
—Dígame tres cousas que deberían copiar
os deputados.
—A frescura e audacia das argumentacións, o

exquisito respecto polas ideas alleas e a
paixón en cada un dos debates.
—¿Nos centros non hai demasiadas clases e poucos debates?
—Sen dúbida, os debates axudan a asumir competencias esenciais para o futuro laboral dos mozos e mozas, como o
traballo en grupo, a responsabilidade, a
comunicación, o sentido da iniciativa e a
autoconfianza.

Moitas experiencias
merécense premio,
pero non todas o acadan.
Unha das que recibiu o
galardón europeo Star
Project é a que baixo o
título de My Community
and my History in Openstreetmap levou a cabo o
IES A Sangriña, da Guarda
(Pontevedra). O programa
desenvolveuse entre setembro do 2013 e xuño do
2015. Baixo a coordinación
de Alemaña participaron
como socios a Archbishop
Sentamu Academy de Hull
(Gran Bretaña), o Liceo
Sair Abay Konanbay de
Estambul e o IES A Sangriña. Os vinte alumnos
galegos que participaron,
co profesor de Xeografía
e Historia Carlos Alonso
ao mando, aprenderon a
interpretar e manexarse no
entorno de OpenSteetMap
(OMS).
Cómpre dicir que OMS é
unha base de datos colaborativa que permite achegas
libres e altruístas de calquera dos seus usuarios,
permitindo cartografar
calquera zona do planeta.
Neste caso o obxectivo era
empregar OMS para que
os membros do proxecto
cartografasen puntos históricos e arqueolóxicos especialmente importantes
nas súas comunidades.
Isabel Rodríguez, profesora de A Sangriña, asegura que «os nosos alumnos
que neses momentos cursaban 1.º de bacharelato
levaron a cabo un traballo
serio e exhaustivo, en continua comunicación cos
dos outros centros europeos que participaban na
iniciativa».

¡A relaxarse!
Montse Barros, a
orientadora do colexio de Caión, concello
coruñés de Laracha, tivo
unha idea á quen ninguén
lle pode negar a orixinalidade, polo menos no nome:
A Respiración das Baleas.
Ela mesma o explica: «É un
proxecto no que os nenos
se identifican coas baleas,
e non hai que esquecer que
Caión foi porto baleeiro
hai tempo». E non parece
irlle mal: este é o segundo
ano con este programa de
enriquecemento curricular centrado no Mindfulness. Ou sexa, meditación
e relaxación, que practican —«voluntariamente»,
aclara Montse Barros— na
casa ou no colexio, cando
eles mesmos cren que a
necesitan.

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful