Está en la página 1de 3

VOCABULARIO DOS TEMAS 8 e 9

ARANCEIS ADUANEIROS: pago que debe realizarse cando un produto se introduce


no país.
BALANZA COMERCIAL: rexistra as exportacións menos as importacións. Pode ser
positiva (superávit) ou negativa (déficit)
BALANZA DE PAGAMENTOS: é un documento onde se rexistran todos os
intercambios dun país co exterior no prazo dun ano. Comprende a balanza comercial
(importación e exportacións); balanza de servizos rexistra os movementos de
transporte, ingresos por turismo...e balanza de capitais que rexistra o diñeiro que se
ingresa de fóra.
BALANZA DEFICITARIA: cando o saldo na balanza de pagamentos é negativo.
BALANZA EXCEDENTARIA: cando o saldo na balanza pagamentos é positivo.
BANCO MUNDIAL: organismo internacional, con sede en Washington, fundado en
1944 para proporcionar axuda técnica e financieira aos países en vías de
desenvolvemento.
BENEFICIO: diferenza entre o prezo do custo e de venda dun produto.
BLOQUES COMERCIAIS: están formados por países varios e próximos entre si que
eliminan as aduanas entre eles.
CHEQUE: mandato de pago a través dun banco.
COMERCIO AO POR MAIOR: compra directamente aos produtores grandes
cantidades de produto e véndeos a outros comerciantes e empresas.
COMERCIO AO POR MENOR ou DETALL: ou polo miúdo, vende directamente ao
consumidor.
COMERCIO EXTERIOR: consiste no intercambio de mercadorías e servizos entre
países.
COMERCIO: é o intercambio de mercancías e servizos entre consumidor e vendedor a
cambio dun pago.
COTA DE MERCADO: porcentaxe de vendas dunha empresa respecto ao total destas.
DIÑEIRO DE PLÁSTICO: é o pagamento por taxeta
DIÑEIRO EN METÁLICO: é o diñeiro en moeda, billete...e é en efectivo
DIÑEIRO: vehículo por medio do cal adquirimos un ben ou mercadoría.
DUMPING: procedemento dalgúns países que consiste en vender un produto fabricado
nese país máis barato aos países estranxeiros e máis caro no propio país. É unha
competencia desleal e non debe aplicarse pois elimina á competencia.
EXPORTACIÓN: venda de produtos a outros países.
FRANQUÍA: concesión de dereitos de explotación dun produto, actividade ou nome
comercial, que outorga unha empresa a unha ou varias persoas nunha zona
determinada.
FUNCIÓNS DO TRANSPORTE: Ten varias funcións: políticas (para defender un
país); demográficas (inflúe no asentamento humano); económica (intercambian bens e
mercadorías e proporcionan emprego) social (posibilitan os movementos da poboación
diarios); culturais (difunden a cultura) e internacional (favorecen as relacións
internacionais).

1
GRANDES SUPERFICIES COMERCIAIS: adoptan a forma de supermercados e
grandes almacéns e adoitan localizarse dentro das cidades.
HIPERMERCADOS: áreas grandes comerciais ou grandes superficies comerciais
situadas na periferia urbana.
IMPORTACIÓN: compra de produtos a outros países.
LETRA DE CAMBIO: documento que recolle o compromiso de pago de certa
cantidade de diñeiro nun prazo concreto.
LETRA DE PAGO: documento que indica un compromiso de pago.
LIBRECAMBISTA: cando non se establecen aranceis aduaneiros.
MERCADO ABSTRACTO: mercancía non presente como, por exemplo, a compra de
valores, accións.
MERCADO AMBULANTE: O mercado que é propio das feiras e mercadillos, con
baixa calidade de hixiene, organización e prezos baixos.
MERCADO CONCRETO: está presente a mercancía que se ofrece.
MERCADO FIXO: prazas de abastos
MERCADO INTERMEDIO: só está presente parte da mercancía que se ofrece como
as feiras de mostras.
MERCADOS: son os lugares onde se realiza a compravenda de mercancías e servizos.
PIB: Produto interior bruto. Suma de todos os bens e servizos producidos nunha zona
nun ano, deducindo a parte debida a bens e servizos estranxeiros, e sumando a parte
obtida noutros países.
PROTECCIONISMO: cando un país establece aranceis ou impostos fronteirizos para
protexer os produtos nacionais da competencia externa.
SECTOR TERCIARIO: inclúe as actividades que proporcionan servizos á sociedade.
Entre elas encontramos o transporte, as comunicacións, o comercio, o turismo, a
sanidade e a educación.
SERVIZOS AO CONSUMIDOR: individuais como o doméstico ou beleza. Hostalería,
restauración, reparación, ocio, cultura.
SERVIZOS ÁS EMPRESAS: bancos, seguros, asesorías xurídicas, xestión.
SERVIZOS BANAIS: conxunto de actividades terciarias que requiren escasa ou nula
cualificación profesional e que proporcionan baixos ingresos.
SERVIZOS DE DISTRIBUCIÓN: transporte e almacenamento, comunicacións,
correo, comercio.
SERVIZOS FINANCIEIROS: son aqueles que xestionan capital, é dicir, diñeiro,
créditos, investimentos, cambio de divisas, etc.
SERVIZOS PRIVADOS: son os ofrecidos de forma privada e polos que hai que pagar.
O seu fin é a obtención do beneficio económico.
SERVIZOS PÚBLICOS: son os proporcionados polo Estado ou administracións
públicas e non se pagan directamente, mantéñense polos impostos. O seu fin é o
benestar social.
SERVIZOS SOCIAIS: educación, sanidade, administración pública.
SERVIZOS SOCIAIS: proporcionan benestar á poboación, como a educación,
sanidade ou cultura.

2
SISTEMA DE TRANSPORTE: a forma en que se realiza o traslado: terrestre,
marítimo ou aéreo. Cada sistema requiere un medio de transporte: automóbiles,
ferrocarrís, barcos, avións...Cada sistema require infraestruturas fixas como estradas,
autoestradas, vías, portos, aeroportos...
TENDA: establecemento comercial nun local concreto, con boas condicións de
hixiene, presentación, organización e prezos máis altos.
TOUR OPERADOR: empresa que comercia por xunto, en moitos casos de capital
multinacional, que organiza aloxamento, visitas, actividades, viaxes...
TRANSPORTE INTERMODAL: consiste na combinación de diferentes modos de
transporte para o traslado de mercadorías e pasaxeiros. Para iso requírese a conexión
duns sitemas de transporte con outros.
TRANSPORTE: é a actividade que traslada persoas e mercadorías entre dous ou máis
lugares xeográficos.
TRATADO DE LIBRE CAMBIO: cando varios países eliminan ou reducen entre si os
aranceis e con terceiros países cada un ponlle o arancel que conveña non ten porque ser
igual.
TURISMO: é o desprazamento temporal de persoas de máis de 24 horas e con fin de
ocio.
UNIÓN ADUANEIRA: cando varios países eliminan os aranceis entre si e con
terceiros países todos poñen o mesmo arancel. É o caso da Unión Europea.
VOOS CHÁRTER: servizos aéreos sen ruta fixa e con baixos prezos.

También podría gustarte