Está en la página 1de 13

2.

As unidades sintácticas e o enunciado

1. As unidades ou categorías sintácticas


1.1.Unidades gramaticais e unidades sintácticas
1) Unidades gramaticais:
a) Son secuencias sonoras ou escritas pertinentes para a descrición do
funcionamento dunha lingua e que presentan certas estruturas que se
reiteran.
b) Niveis das unidades gramaticais:
só significante signos (significante + significado)
FONÉTICA E FONOLOXÍA MORFOLOXÍA SINTAXE
trazo fonema sílaba morfema palabra frase oración

2) Unidades sintácticas:
a) Responden a tres tipos (nos que podemos recoñecer subtipos): palabra,
frase e oración.
b) Teñen unha organización xerárquica (O > F > P), que se pode alterar na
práctica (por exemplo, cando atopamos oracións dentro de frases).

1.2.Requisitos para a delimitación das unidades sintácticas


1) Requisito xenérico:
a) Sirve para identificar de xeito xenérico que unha unidade é sintáctica.
b) Consiste en que toda unidade sintáctica ten que ser unha cadea lingüística
que posúa un comportamento funcional unitario na unidade superior na
que se integra, sempre que esta exista.
c) Non se cumpre cando a unidade non se integra noutra superior. Exemplo:
perigo!, curvas perigosas, etc.

2) Requisito concreto:
a) Sirve para clasificar a unidade sintáctica dentro dun tipo concreto.
b) Consiste en que toda unidade sintáctica ten que ter unha estrutura
funcional característica, cunha función privativa dese tipo de unidade que
identifica unha secuencia como pertencente a ese tipo:
 Palabra: os seus constituíntes non teñen función sintáctica, senón
morfolóxica.
 Frase: debe ter un núcleo.
 Oración: debe ter un predicado.

1.3. A escala de unidades sintácticas


1.3.1. A palabra. Delimitación e tipos: palabras léxicas e gramaticais
1) Delimitación:
a) Criterio xeral: desempeña unha función sintáctica na unidade na que se
integra.
b) Criterio específico: está constituída por un morfema ou grupo de
morfemas que non desempeñan funcións sintácticas.

1 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

2) Tipos:
a) Palabras léxicas:
 Teñen contido semántico representativo, é dicir, codifican segmentos
da realidade extralingüística.
 Forman parte da competencia lexical, localízanse no lexicón.
 Son as únicas que poden ser núcleo de frase.
b) Palabras gramaticais:
 Non teñen valor representativo, senón que vinculan contidos.
 Son semellantes aos morfemas flexivos pero, a diferenza destes, non
están integradas na flexión doutras palabras léxicas.

1.3.2. A frase. Delimitación e tipos


1) Delimitación:
a) Criterio xeral: desempeña unha función sintáctica na unidade na que se
integra.
b) Criterio específico: ten como constituínte característico e privativo un
núcleo.
1.3.3. A oración. Delimitación e tipos
1) Delimitación:
a) Criterio xeral: desempeña unha función sintáctica na unidade na que se
integra.
b) Criterio específico: ten como constituínte característico e privativo un
predicado. Outros constituíntes coma o suxeito tamén son exclusivos da
oración, pero non son necesarios para que esta exista.

***
A escala teórica das unidades sintácticas é oración > palabra > frase,
aínda que na práctica é moi habitual que non se dea dese xeito.

2. Unidades simples e complexas; as construcións coordinativas


2.1. A recursividade e as unidades complexas
1) Recursividade:
a) Consiste na presenza dentro dunha unidade doutras do mesmo nivel ou
superior (subordinación). Exemplos: frases dentro de frases, oracións dentro de
frases, etc.
b) É teoricamente infinita.
2) Unidades simples e unidades complexas:
a) Unidades simples: son aquelas nas que non se dá recursividade, é dicir,
que non teñen como constituíntes unidades do mesmo nivel ou superior.
Exemplo: o neno come chourizo.
b) Unidades complexas: son unidades nas que se dá recursividade. Exemplo:
o neno comeu un bocadillo de chourizo que lle fixo súa nai.

2 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

2.2. A coordinación de unidades: as 'unidades compostas'. Revisión


crítica
2.2.1. Estruturas coordinadas, identidade funcional vs. categorial
1) Estruturas coordinadas: son construcións que consisten no
empaquetamento de unidades que desempeñan unha mesma función en
bloque. Exemplos: quero un bocadillo de chourizo e unha mazá verde (frases);
quero que me preparen un bocadillo de chourizo e que me deixen en paz (oracións).
2) Identidade funcional vs. identidade categorial:
a) O requisito que teñen que cumprir as estruturas coordinadas é o de
desempeñar a mesma función, non o de seren unidades do mesmo tipo.
Con todo, é frecuente que se trate de unidades do mesmo tipo, de aí que
algúns autores empreguen para este caso a etiqueta de unidade composta, o
que supón considerar que a coordinación dá lugar a un tipo de unidade,
cando en realidade dá lugar a un tipo de estrutura sintáctica.
b) Proba do anterior é que as unidades manteñen as súas propiedades, que
son as mesmas estean coordinadas ou non (algo que non acontece no caso
da subordinación). Por esta razón para determinar o tipo de coordinación
cómpre acudir aos nexos.

2.2.2. Tipos de coordinación; os seus nexos

Estr. Coord.

& M1 & M2 & M3

1) Posición dos nexos:


a) Poden aparecer entre os membros e, nalgúns casos, tamén antes do
primeiro membro.
b) O normal é que aparezan só entre o penúltimo e o último membro, pero
tamén se poden dar outras situacións:
 Aparición entre todos os mebros (polisíndeto).
 Ausencia dos nexos (asíndeto).

2) Tipos de coordinación e nexos:


a) Copulativa ou aditiva:
AeB
AFIRMATIVA
A e mais B
NEGATIVA nin A nin B
Non só A senón tamén B
TIPOS ESPECIAIS
Tanto A como/a B
 Os membros coordínanse de maneira acumulativa, sen ningún outro
vínculo semántico.
 A conxunción e non ten ningún contido semántico, de aí que desde o
punto de vista da pragmática poida adquirir valores moi diferentes. Por
exemplo, en chegou, viu e venceu o e non ten valor temporal, aínda que este se

3 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

deduza do contexto; do mesmo xeito que non ten valor consecutivo en cando
foi á praia facía moito frío e non se bañou.
 Tipos:
 Afirmativa: o nexo sitúase entre os membros coordinados.
 Negativa: o nexo sitúase antes do membro que se coordina.
 Tipos especiais:
• Non só A senón tamén B: formalmente é semellante a unha
adversativa excluínte, pero é unha estrutura que enfatiza o
carácter acumulativo da coordinación. Exemplo: non só e alto,
senón tamén guapo.
• Tanto A como/a B: formalmente é semellante a unha estrutura
comparativa, e mesmo hai casos nos que pode existir
ambigüidade entre as dúas estruturas:
CASOS NON AMBIGUOS Estudan tanto Fernando coma María coordinada
(suxeito: desambiguación dada
polos sufixos de número e Estuda tanto Fernando coma María comparativa
persoa)
CASOS AMBIGUOS Coñezo tanto a Fernando como a coordinada ou
(CD: ambiguo pola ausencia de
marca para o CD)
María comparativa

b) Disxuntiva ou alterativa:
INCLUSIVA A ou B
ou A ou B
xa A xa B
EXCLUSIVA quer A quer B
ben A ben B
ora A ora B

 Establece un vínculo de compatibilidade relativa entre dúas ou máis


opcións posibles.
 Tipos:
 Inclusiva:
• Os membros non son necesariamente excluíntes.
• O nexo sitúase entre os membros coordinados.
 Exclusiva:
• Os membros exclúense entre si.
• O nexo sitúase antes de cada membro coordinado (non é posible o
asíndeto, xa que nese caso interprétase como inclusiva e non como
exclusiva).
 Observación: existe un tipo de construción A ou B non disxuntiva, que
coordina elementos que designan unha mesma entidade (mesma imaxe
mental) e, polo tanto, coordina dous núcleos de frase, non dúas frases.
Exemplos:

4 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

(1) O neno ou a nena (2) A tartaruga ou sapoconcho


| |
Const. Coord. FN

N
FN FN Det. |
Const. Coord.

nome1 nome2

 No caso (1) temos dúas FN, xa que neno e nena son dúas etiquetas
que remiten a imaxes mentais diferentes; mentres que en (2)
tartaruga e sapoconcho son dúas etiquetas que remiten á mesma
imaxe mental (de aí a presenza dun só artigo, fronte aos dous de (1)).
 Este tipo de construción é equivalente a outras coma:
A, tamén chamado B
A, isto é, B
A, mellor dito B
A, noutras palabras, B
...

c) Adversativa:
A pero B
RESTRITIVAS
(contexto positivos)
A mais B
A aínda que B
EXCLUSIVAS
(contextos negativos)
non A senón B

 Presenta a peculiaridade de admitir só dous membros, algo que parece


contraditorio coa definición de coordinación, xa que esta é
teoricamente infinita. Con todo, non se dá tal contradición, xa que non
existe interdependencia ou exixencia mutua entre os membros porque
se pode prescindir dalgún deles sen que haxa cambios. Esta estrutura
binaria débese á contraposición, pero non é contraditoria coa
coordinación. Exemplo: é un home guapo, alto, intelixente pero insoportable;
é un home guapo e alto pero intelixente e insoportable; é un home intelixente
pero insoportable, etc.
 Tipos:
 Restritivas (contextos positivos):
• O segundo elemento restrinxe ou emenda o primeiro. Exemplo: é
rico pero insoportable.
• Nexos:
A pero B
A mais B
A aínda que B

 Exclusivas (contextos negativos):


• Os membros contrapostos preséntanse como incompatibles.
Exemplos: non é rico, senón pobre; non é alto, senón normal.
• Nexos:
non A senón B

5 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

• Observación: formalmente é moi semellante á estrutura


copulativa non só A senón tamén B, pero son semanticamente
moi diferentes:
non só A senón tamén B non A senón B
Non só é guapo, senón tamén Non é rico, senón pobre ≠ É rico e
intelixente ≈ É guapo e intelixente pobre

3. O enunciado
3.1. A escala de unidades sintácticas e as unidades comunicativas
1) Unidades sintácticas (e tipos): caracterízanse dese unha perspectiva formal
(como son), atendendo á súa constitución.
2) Unidades comunicativas: caracterízanse atendendo a criterios funcionais
(para que serven), polo que son especialmente relevantes se se enfoca a
linguaxe desde unha perspectiva funcional.
a) Calquera unidade sintáctica pode ser unha unidade comunicativa
(unidade mínima de mensaxe ou enunciado), aínda que o feito de ser unha
unidade sintáctica non a converte necesariamente en unidade
comunicativa. Exemplos:

UNIDADE SINTÁCTICA = ENUNCIADO UNIDADE SINTÁCTICA ≠ ENUNCIADO


perigo! dixo que iso era un perigo
PALABRA
saída preguntei onde estaba a saída
preguntou onde estaba a saída
FRASE saída de emerxencia
de emerxencia
ORACIÓN preguntei por ti se chove

b) O formato máis frecuente do enunciado é a oración.

3.2. Unidades comunicativas: enunciado, parágrafo (?) e texto


1) Enunciado: é a unidade comunicativa básica. Entre as unidades de rango
inferior ao enunciado establécense relacións sintácticas, mentres que entre as
de rango superior as relacións son moito máis laxas (gramática do texto).
Neste senso, debería ser a unidade teito da sintaxe, xa que entre as unidades
superiores a ela non se establecen relacións sintácticas. Os requisitos que debe
cumprir unha unidade sintáctica para ser un enunciado son:
a) Autosuficiencia semántica: debe ter sentido completo, é dicir, a
potencialidade de ser unha mensaxe completa. Para isto nalgúns casos
cómpre recuperar a información achegada polos recursos cohesivos.
Exemplo: viches a Pepe na manifestación? Vin [a Pepe na manifestación].
b) Independencia sintáctica (expresión sintáctica da autosuficiencia
semántica): non pode establecer relacións sintácticas externas. Exemplo:
saída é un enunciado por si só, pero se situamos a mesma palabra en saída de
emerxencia xa non é un enunciado, porque mantén relacións sintagmáticas dentro
da súa FN.
c) Deslindamento prosódico (expresión prosódica dos dous requisitos
anteriores):

6 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

 Delimitado entre pausas.


 Entoación pechada e independente. Exemplo hoxe comemos caldo e mañá
tamén é un só enunciado, mentres que hoxe comemos caldo | e mañá tamén son
dous. Por outra banda, casos coma porque senón el... nos que a entoación queda
aberta supoñen un enunciado truncado.
2) Parágrafo: unidade intermedia que supón o agrupamento de enunciados que
desenvolven un aspecto parcial do tema do texto. Na lingua escrita adoita
marcarse mediante un punto e á parte e na lingua oral ten correlatos
prosódicos.
3) Texto: conxunto de enunciados semanticamente relacionados entre os que
non se establecen relacións sintácticas.

3.3. Enunciado e oración. Os enunciados non oracionais


3.3.1. Enunciados non oracionais e enunciados oracionais elípticos
3.3.1.1. Enunciados oracionais elípticos
Na identificación de enunciados non oracionais poden xurdir dous tipos de
dificultades:
1) Enunciados truncados, que non nos permiten saber de que tipo de
unidade sintáctica se trata. Exemplo: ese tema... podería ser unha oración (ese
tema é moi difícil) ou non (ese tema para quen o queira).

2) Enunciados oracionais elípticos: a elipse é un recurso cohesivo que


consiste na omisión de información que se recupera do contexto lingüístico
de maneira estrita e inequívoca, non contextual. Se entre esa información
recuperable para un determinado enunciado está o predicado estamos perante
un enunciado oracional, en caso contrario o enunciado non é oracional.
Exemplos:

IMPOSIBILIDADE DE RECUPERACIÓN DE
ELIPSE
INFORMACIÓN
- Eu comín un bocadillo de - Un con leite [café, té...]
chourizo. (enunciado non oracional cuxa
- Eu [comín] un [bocadillo] de interpretación depende do
queixo (enunciado oracional) contexto cultural).
- Veña, a Pontevedra! [imos,
- De onde sodes? marchamos, dirixímonos...]
(enunciado non oracional cuxa
- [Somos] De Pontevedra. interpretación depende do
contexto cultural).

3.3.1.2. Enunciados non oracionais


1) Análise aplicable:
a) A análise sintáctica só é aplicable aos enunciados oracionais, xa que as
funcións sintácticas só se poden identificar con relación a un predicado.
Os enunciados oracionais poden ser:
 Predicativos: (FN) + FV.
 Atributivos: FN + FnonV introducida por ser ou estar.

7 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

b) Os enunciados non oracionais só se poden analizar atendendo a funcións


pragmáticas:
 Funcións pragmáticas:
 Tema: 'aquilo do que se di algo'.
 Rema: 'o que se di sobre o tema'.
 Tipos de enunciados non oracionais:
 Bimembres: compostos de tema e rema. Exemplo: os libros enriba da
mesa.
 Unimembres: compostos só de rema (non poden estar compostos só
de tema). Exemplo: saída de emerxencia.
 Modo pragmático e modo sintáctico: segundo Givón o modo sintáctico
supón unha evolución do modo pragmático:
 Esta evolución do modo pragmático ao sintáctico pódese percibir na
ontoxenética (adquisición da linguaxe por un neno), un feito que
plasmaría a filoxenética (adquisición da linguaxe pola especie
humana). É dicir, a estrutura suxeito - predicado superpoñeríase á de
tema - rema, perfeccionándoa:
• Relación entre os elementos:
 No modo pragmático márcase mediante a orde e o contexto
situacional.
 No modo sintáctico márcase mediante procedementos
morfolóxicos, polo que a orde dos elementos ten menor
importancia, ao igual có contexto situacional.
• Localización no tempo:
 No modo pragmático é dependente do contexto situacional.
Exemplo: boas festas! pode referirse ao presente, ao pasado ou ao
futuro dependendo do contexto.
 No modo sintáctico márcase mediante procedementos
morfolóxicos. Exemplo: son unhas boas festas, serán unhas boas
festas, aquelas eran boas festas.
• Interpretación modal:
 No modo pragmático é tamén dependente do contexto e tamén
do ton. Exemplo: boas festas! pode ser enunciativo (son unhas boas
festas) ou desiderativo (que teñades boas festas).
 No modo sintáctico márcase mediante procedementos
morfolóxicos. Exemplo: son unhas boas festas, que teñades boas
festas.
 Polo tanto, nos enunciados oracionais podemos realizar tamén unha
análise pragmática. Con todo, aínda que o habitual é que o suxeito
sexa o tema e o predicado o rema, non sempre ten porqué ser así.
Exemplo: os libros collinos eu.
 Limitacións do modo pragmático: a alta dependencia do contexto
situacional fai que se o contexto físico non é accesible non funcione
ben. Exemplo: os libros enriba da mesa pode ter interpretacións moi
diferentes (pon/quita/coloca/saca... os libros enriba da mesa).

8 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

MODO PRAGMÁTICO MODO SINTÁCTICO


enunciados oracionais  
APLICACIÓN
enunciados non oracionais  
- Orde - Procedementos
RELACIÓN ENTRE OS CONSTITUÍNTES - Contexto morfolóxicos
- Procedementos
LOCALIZACIÓN ESPACIAL - Contexto
morfolóxicos
- Contexto - Procedementos
INTERPRETACIÓN MODAL - Ton morfolóxicos

3.3.2. A frase como enunciado


3.3.2.1. Enunciados unimembres
1) Características xerais:
a) Son enunciados presentativos e existenciais (algo que tamén pode
acontecer nos enunciados oracionais). Exemplos:

ENUNCIADO NON ORACIONAL ENUNCIADO ORACIONAL


Fermosa maña Vai unha fermosa mañá
Curvas perigosas Hai curvas perigosas
Terremoto en Haití Houbo un terremoto en Haití

b) Están constituídos por FN.

2) Casos "problemáticos":
a) Son aqueles casos de enunciados non oracionais unimembres que parecen
non estar constituídos por FN nin seren presentativos ou existenciais.
Exemplos:

ENUNCIADO CONSTITUÍNTES / CONTIDO


Non é presentativo ou existencial
un café con leite
(≠ hai un café con leite)
encantado de coñecerte FAdx.
fóra da miña vista FAdv.
contra a suba das taxas
FPrep.
académicas

b) Con todo, parece que nestes casos existe un tema constituído por unha FN
que é recuperable textual ou situacionalmente de xeito inequívoco, non
conxectural. Polo que serían enunciados bimembres con tema e rema:

ENUNCIADO TEMA RECUPERABLE


un café con leite eu
encantado de coñecerte eu
fóra da miña vista ti
contra a suba das taxas nós, o estudantado
académicas

3.3.2.2. Enunciados bimembres


1) Características:
a) Son a maioría, aínda que non sempre aparecen explícitos os dous
constituíntes xa que é frecuente a elisión do tema (facilmente recuperable
do texto precedente).
9 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

b) Teñen como constituíntes dúas frases, que non poden ser nin FV nin
FnonV introducida por ser ou estar. Exemplos:
ENUNCIADO CONSTITUÍNTES
a española, unha bolsa perdedora FN - FN
os rapaces felices de non ter escola FN - FAdx.
as cortes do gando fóra da casa FN -FAdv.
e os de abaixo coa súa radio abouxante FN - FPrep.

2) Casos "problemáticos": son enunciados bimembres que carecen de FN,


pero nestes casos o tema tamén parece recuperable de xeito inequívoco do
texto precedente ou do contexto situacional:
ENUNCIADO CONSTITUÍNTES TEMA RECUPERABLE
contigo á fin do mundo FPrep. - FPrep. eu
mañá na Praza da Quintana FAdv. - FPrep. todos
por min encantado da vida FPrep. - FAdx. eu

3.3.3. A palabra como enunciado: frases con só Núcleo e a interxección


1) Frases con só Núcleo: á palabra como enunciado podémoslle aplicar todas
as características explicadas para a frase, xa que se trata de frases compostas
só polo núcleo.
2) A interxección: é unha clase de palabras que se comporta de xeito diferente
ás demais, xa que sempre constitúe enunciados por si soa, é dicir,
compórtase de xeito asintáctico.

4. A interxección
4.1. A interxección como clase de palabra e como enunciado
1) A interxección como enunciado: a interxección caracterízase por ser
sempre enunciado, sen ser nunca N de F.
2) A interxección como clase de palabra: a interxección é introducida como
clase de palabra na gramática latina (que contaba cunha clase menos cá grega
pola inexistencia do artigo). Con todo, é unha clase de palabras que se opón ao
resto de clases, xa que presenta características peculiares:
a) Son signos naturais e arbitrarios pero en proporcións opostas ao resto de
clases, xa que son altamente naturais e escasamente arbitrarias, pero
non completamente naturais nin carentes de arbitrariedade. De aí que
suscite dúbidas en canto á súa consideración como signo lingüístico
(pertencente ao lexicón dunha lingua) ou paralingüístico (translingüístico).
Con todo, natural e arbitrario son conceptos relativos:

10 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

fff
+natural
ai
caramba!
interxeccións
malpocado! dependentes de
home! parámetros culturais
guau, wau, bau, au
bufar
base onomatopeica
outras clases tocar
queixo +arbitraria

b) Formalmente son invariables, pero admiten combinacións de fonemas


inaceptables no sistema lingüístico para as demais clases de palabras.
Exemplos: uf, fff.
c) Semántica: son palabras léxicas, pero sen significado representativo
(imaxes), senón expresivo (ánimo, sentimentos do receptor) ou apelativo.
d) Sintaxe: non establecen relación sintácticas, xa que xa forman enunciados
de seu.

Na entrada mot da Enciclopedia de Diderot e


D'Alembert distínguese entre a linguaxe do coración e a do
espírito:
 Linguaxe do corazón:
• Ten unha motivación natural e é igual en todas as
linguas (mesmo pode ser comprendida polos animais).
• Consta dun vocabulario reducido, cos mesmos
radicais en todas as linguas.
• Inclúe as interxeccións, que designan afeccións,
sentimentos do emisor. Son palabras afectivas, sen
valor representativo.
 Linguaxe do espírito:
• Teñen pouca ou nula motivación natural.
• Consta dun vocabulario moi amplo.
• Son palabras con significado representativo,
enunciativas.
1

1
[...] Or le premier coup-d'oeil jetté sur les langues, montre sensiblement que le coeur & l'esprit ont
chacun leur langage. Celui du coeur est inspiré par la nature & n'a presque rien d'arbitraire, aussi
est-il également entendu chez toutes les nations, & il semble même que les brutes qui nous environnent
en aient quelquefois l'intelligence, le vocabulaire en est court, il se réduit aux seules interjections, qui
ont par-tout les mêmes radicaux, parce qu'elles tiennent à la constitution physique de l'organe. Voyez
INTERJECTION. Elles désignent dans celui qui s'en sert une affection, un sentiment ; elles ne
l'excitent pas dans l'ame de celui qui les entend, elles ne lui en présentent que l'idée. Vous conversez
avec votre ami que la goutte retient au lit ; tout-à-coup il vous interrompt par ahi, ahi ! Ce cri arraché
par la douleur est le signe naturel & l'existence de ce sentiment dans son ame, mais il n'indique
aucune idée dans son esprit. Par rapport à vous, ce mot vous communique-t-il la même affection ? Non
; vous n'y tiendriez pas plus que votre ami, & vous deviendriez son écho : il ne fait naître en vous que
l'idée de l'existence de ce sentiment douloureux dans votre ami, précisément comme s'il vous eût dit :
voilà que je ressens une vive & subite douleur. La différence qu'il y a, c'est que vous êtes bien plus
persuadé par le cri interjectif, que vous ne le seriez par la proposition froide que je viens d'y substituer
: ce qui prouve, pour le dire en passant, que cette proposition n'est point, comme le paroît dire le P.
Buffier, Grammaire françoise n °. 163. & 164. l'équivalent de l'interjection ouf, ni d'aucune autre : le
11 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

4.2. Tipos de interxeccións


4.2.1. Pola súa natureza: interxeccións primarias e secundarias
1) Interxeccións primarias ou propias: funcionan sempre e só como
interxeccións. Exemplos: ah, ai, ala, ale, bah, boh, ca, ei, mmmmm / hum, uff.
Tamén se insiren dentro das interxeccións primarias:
a) Formas que en orixe eran interxeccións secundarias, per nas que se perdeu a
relación coas clases de palabras de orixe.
b) Formas procedentes doutras linguas, nas que poden funcionar como
interxeccións secundarias ou mesmo como enunciados. Exemplos:
 aleluia < hbr. loado sexa o señor.
 amén < hbr. certamente.
 alto < al. parada
 oxalá < ár. Deus queira.
2) Interxeccións secundarias, impropias ou habilitadas: son palabras con
significado representativo pertencentes a outras categorías que a forza de
usárense formando enunciados exclamativos acaban consagrándose como
interxeccións. Exemplos: anda, Deus, merda, mi madre, bravo, home, Xesús,
veña, xa. Nestes usos prodúcense mudanzas de diferente tipo que as converten
en interxeccións:
a) Semánticas: significado representativo > significado expresivo ou
apelativo. Exemplos: home, Xesús, mira.
b) Sintácticas: comportamento sintáctico > comportamento asintáctico
(perda das propiedades funcionais).
c) Morfolóxicas: perda das propiedades flexivas (vólvense invariables).
d) Fónicas: son mudanzas de diferente tipo que poden facer que a liña entre as
interxeccións primarias e as secundarias sexa máis borrosa. Exemplos:
 Desprazamentos acentuais: anda > andá.
 Acurtamentos: home > ho.
 Modificacións formais: vaite > vaites.
 Cambios con motivación eufemística, sobre todo en léxico sexual,
escatolóxico e relixioso:
 Substitución por unha forma próxima: ostia > ostras.
 Xurdimento de formas novas: carallo > caracho, caracio, caramba.

4.2.2. Pola súa función comunicativa: interxeccións expresivas e


apelativas
Son dous tipos de interxeccións altamente dependentes do contexto, dada a
carencia de valor representativo:
1) Expresivas: reflicten a actitude do falante perante unha determinada
situación (a maioría de interxeccións). Sobre todo expresan emocións e
sentimentos.
2) Apelativas: están orientadas directamente cara ao oínte, en varios sentidos:
a) Demanda de atención. Exemplos: ei, ai, eh.

langage du coeur se fait aussi entendre au coeur, quoique par occasion il éclaire l'esprit. [...]

12 Sintaxe galega
2009/2010
USC
2. As unidades sintácticas e o enunciado

b) Estimulación do receptor nun determinado sentido explicitado


contextualmente ou implícito na propia interxección:
 Dependentes do contexto: ala, veña.
 Independentes do contexto: alto, chist.
c) Constitúe un tipo especial de interxeccións exclamativas as dirixidas aos
animais, como é o caso de arre, xo, mis, gache, isca (dirixido ás galiñas) ou
tó.

4.3. Interxeccións e elementos afíns: enunciados exclamativos, fórmulas de


rutina e voces onomatopeicas
Cinguíndonos á caracterización da interxección que acabamos de realizar,
non entrarían dentro desta clase de palabras:
1) Enunciados exclamativos con valor expresivo ou apelativo. Exemplos:
coitado (coitada, coitados, coitadas), malpocado, pobriño, avante...
2) Fórmulas de rutina ou de contacto social. Exemplos: ola, adeus, grazas...
3) Onomatopeas: son representacións icónicas de ruídos do mundo real,
convencionais ou non, pero non teñen función expresiva ou apelativa.
Exemplos: pataplun, hahaha, bla bla bla, bau, miau, pío pío, buuu (ruído do vento)...

4.4. A interxección e a comunicación non lingüística: vocalizacións e xestos


Se consideramos a interxección coma unha clase de palabras, só podemos
ter en conta as convencionalizacións realizadas a partir das vocalizacións e os
xestos vocálicos, non os sons en si. Así, só estas convencionalizacións reflicten
estruturas formais posibles na lingua, aínda que marxinais. Exemplos:

vocalización / xesto convencionalización


fffffffffff uff
xxxxxx (shsss) chist
mmmmmmm hum
bffff buf

Ademais, estas formas convencionais poden dar lugar posteriormente a


formas léxicas:

convencionalización formas léxicas


chist chistar, chiste
upa upar
buf bufar

13 Sintaxe galega
2009/2010
USC