Está en la página 1de 4

VOCABULARIO DO TEMA 4 e 5

ACTIVIDADES DO SECTOR PRIMARIO: extraen recursos da


natureza. Nuns casos, da terra como a agricultura, gandería e
explotación forestal, noutros casos do mar, como a pesca.
ACUICULTURA: cría de peixes no medio mariño para repoboar.
AGRICULTURA ESPECULATIVA: cultivo da terra baseado no
monocultivo, na produción en masa e na comercialización no
mercado internacional, cuxo obxectivo prioritario é obter os máximos
beneficios vendendo produtos a baixo prezo.
AGRICULTURA EXTENSIVA: é aquela na que se obtén baixos
rendementos por hectárea.
AGRICULTURA INTENSIVA: é aquela na que se obtén elevados
rendementos por hectárea.
ARRENDAMENTO: cesión de terra a cambio dunha renda.
AUTOCONSUMO: produción para o consumo propio.
AVESÍO: ladeira da montaña onde dá menos o sol.
BARBEITO: práctica agraria tradicional nos secaños que consiste en
deixar descansar a terra un tempo variable, durante o cal hai que
romper a costra superficial do terreo para que recolla mellor a auga e
destruír as malas herbas, que pola súa vez serven de fertilizante para
o solo.
BARCO FACTORÍA: embarcación de gran tamaño, que captura e
realiza tarefas industriais, como a selección, limpeza, conxelación e
envasado do peixe.
BARLOVENTO: parte da montaña onde dá máis o vento.
BELTS: cinturóns de produción baseadas no monocultivo. Son
paisaxes propias de EEUU.
BOCAGE: parcelas pechadas.
CALADOIROS: lugares apropiados para calar as rerdes, nas zonas
onde conflúen correntes cálidas e frías, nas correntes frías ricas en
osíxeno.
CONCENTRACIÓN PARCELARIA: consiste agrupar nunha terra as
parcelas espalladas dun agricultor.
CULTIVO HIDROPÓNICO: sistema para cultivar plantas que non
necesitan terra. A raíz suxéitase en materiais porosos, como grava,
area turba ou cinza, e aliméntase con solucións de sales inorgánicos.
Úsase na produción de hortalizas e flores.
CULTIVOS HIDROPÓNICOS: cultivos en terra artificial ou solo
artificial.
CULTIVOS TRANSXÉNICOS: son os que resultan da modificación
dos xenes. Introducirlles xenes de organismos diferentes a fin de
obter novas variedades de produtos agrícolas e tolerar as secas,
pragas e xeadas.

1
DEVESA: Paisaxe agraria característica de Estremadura, Salamanca
e Zamora. Fórmase ao aclararse o bosque de aciñeiras ou sobreiras e
utilízase o terreo como pasto de gando ovino, porcino ou bovino.
Parte das terras da devesa cultívanse con rotacións moi longas para
obter restrollos para o gando durante o verán. Das árbores explótase
o froito para a alimentación do gando e tamén a madeira nas zonas
de serra.
DIQUE: muros de terra e pedra. Nos campos de arroz úsase para
delimitar os campos de cultivo e mantelos encharcados.
ESPAZO AGRARIO: formado polas terras de cultivo, pastos e
bosques.
ESPAZO RURAL: é o territorio non urbano da superficie terrestre.
ESTABULACIÓN: cando o gando está a maior parte en establos.
EXCEDENTES: produción sobrante que permite vendela no mercado.
EXPLOTACIÓN FORESTAL: é a actividade agraria dedicada ao
aproveitamento do bosque.
EXPLOTACIÓN: conxunto de parcelas traballadas polo mesmo
empresario agrario, aínda que non estean contiguas, e
independentemente de se son da súa propiedade ou non.
GANDERÍA EXTENSIVA: o gando pace libremente en prados e
pasteiros, polo que require poucos investimentos.
GANDERÍA INTENSIVA: o gando encóntrase estabulado e
aliméntase total ou parcialmente de pensos.
GANDERÍA MIXTA: combinan a extensiva e intensiva.
GANDERÍA NÓMADE: os pastores desprázanse continuamente cos
seus rabaños en busca de pastos.
GANDERÍA TRANSHUMANTE: os pastores desprázanse
estacionalmente entre os pastos de inverto, de chairas e vales, e os
pastos de verán das montañas.
GANDERÍA: cría de animais.
HÁBITAT RURAL: inclúe as vivendas e edificacións agrarias.
MADEIRA ENTRAMADA: sistema construtivo que consiste en
realizar unha armazón de madeira e enchela con ladrillo ou
cachotería, de modo que a estrutura de madeira queda visible.
MODO CONTINUO DE OCUPACIÓN DO SOLO: cando non se deixa
descansar o solo.
MONOCULTIVO: cultivar un só cultivo na finca.
OPENFIELD: campos abertos.
PAISAXES AGRARIAS: é o espazo transformado polas actividades
agrarias, gandeiras e forestais.
PARCELAS: son as divisións elementais do espazo agrario que se
encontran dentro dun linde.
PARCERÍA: cesión de terra a cambio dunha parte.
PASTEIROS: permiten varios cortes.
PASTOS: non permiten varios cortes.

2
PEBIDEIRO: zona separada do campo de cultivo onde crecen as
plantas antes de ser transplantadas.
PESCA: É a actividade destinada a extraer produtos do mar.
PISCIFACTORÍAS: cría de peixes en piscinas para consumir.
PLANTAS FORRAXEIRAS: plantas destinadas a alimentación do
gando.
PLANTO: microorganismos mariños e alimento para o peixe. Pode
ser fitoplancto (de orixe vexetal) ou zooplancto (de orixe animal).
POBOAMENTO CONCENTRADO: as casas atópanse agrupadas e as
terras de labor arredor ou separadas.
POBOAMENTO DISPERSO: as casas atópanse esparexidos e
rodeados por terras de labor.
POBOAMENTO INTERCALAR: formado por casas illadas entre
lugares e aldeas.
POBOAMENTO RURAL: é a distribución da poboación agraria.
POLICULTIVO: cultivar varios cultivos na finca.
PROPIEDADE DA TERRA: refírese ao dono legal da terra.
RANG: fincas rectangulares, propias de Canadá que teñen acceso á
vías de comunicación.
REFORMAS AGRARIAS: son actuacións políticas encamiñadas a
mellorar a distribución da propiedade da terra, para facela máis
xusta socialmente e máis produtiva.
REGADÍO: proporcionar auga suplementaria ademais da que recibe
das choivas.
REVOLUCIÓN VERDE: aumento espectacular da produción agraria
que se produciou a partir da década de 1960 nalgúns países pobres,
sobre todo de Asia e América Latina. Este aumento foi posible pola
utilización de variedades de cereais, como o trigo e o arroz, de rápido
crecemento, elevado rendemento e maior calidade nutricional,
acompañada dunha expansión do regadío e do uso masivo de
fertilizantes e pragricidas. Grazas a iso baixaron os prezos dos
alimentos e produciuse unha considerable diminución da fame.
RÉXIME DE POSESIÓN: é a persoa que traballa na terra. Pode ser
directa ou indirecta. Directa cando a traballa o dono ou contrata a
asalariados. Indirecta cando a cede a outro para que a traballe e
pode ser en réxime de arrendamento ou parcería.
ROTACIÓN BIENAL: ou de ano e vez, na que se rota un cereal e
barbeito.
ROTACIÓN TRIENAL: na que se rotan dous cereais e barbeito. Un
dos dous cereais, como a avea, desgasta menos o solo có outro,
como o trigo.
ROTACIÓN: ou sucesión regular dos cultivos. A rotación pode ser
con barbeito ou continua, é dicir, alternando cultivos que desgasten
máis e menos o solo, sen usar barbeito.
SECAÑO: cultivo que só recibe auga da chuvia.

3
SEGURIDADE ALIMENTARIA: Referido á política agraria da UE que
consiste nun grupo de medidas destinadas a asegurar que os
produtos alimentarios non conteñen elementos daniños para a saúde
humana.
SILVICULTURA: é o cultivo dos bosques ou montes co fin de evitar a
degradación ou sobreexplotación dos bosques naturais.
SOCALCOS: terrazas ou escalonamentos na montaña para
aproveitar a pendente.
SOLLÍO: ladeira da montaña onde dá máis o sol
SOTAVENTO: parte da montaña onde dá menos o vento.
TOWNSHIP: fincas cadradas de EEUU.

También podría gustarte