Está en la página 1de 3

IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH

TEMA 2

VOCABULARIO TEMA 2

ALBEDO: Capacidade que teñen os corpos para reflectir a radiación


solar, maior nos corpos claros ou brancos (neve, xeo) que nos
escuros ou negros (lava).
AMPLITUDE TÉRMICA ANUAL: Diferenza entre a temperatura media
do mes máis cálido e a temperatura media do mes máis frío ó longo
dun ano..
ANTICICLÓN: Superficie de altas presións e diverxencia do aire.
Represéntase por figuras de isobaras pechadas onde a presión
aumenta do exterior ó interior. Asociado a estabilidade atmosférica e
ó bloqueo fronte ás perturbacións.
ARIDEZ: Escaseza de humidade no aire e no solo, definida sobre todo
en relación coas necesidades da vexetación e dos cultivos e co
réxime térmico.
BARLOVENTO: Ladeira ou vertente exposta á acción directa dos
ventos dominantes, que normalmente recebe maior cantidade de
precipitacións.
BARÓMETRO.- Aparello que mide a presión atmosférica.
BORRASCA: Depresión atmosférica, onde o aire ascende y xera
inestabilidade.
BRISA: Corrente de aire periódica que circula, nas marxes costeiras,
do mar á terra durante o día e da terra ao mar durante a noite,
fundamentadas no distinto comportamento térmico das masas
continentais e mariñas.
CALIXEIRO (CALIMA).- Especie de brétema de cor que se debe a
masas de po elevadas por aire ascendente cálido.
CLIMA URBANO.- Aquel que existe nas cidades. Ten características
específicas fronte ós espazos abertos: maior temperatura en días
despexados (polo almacenamento de calor nas paredes dos edificios
e no pavimento), maior inestabilidade do aire, cambios no vento,
maiores chuvias (por aumento dos núcleos de xeo) e contaminación
CLIMA: Estado medio da atmosfera nun lugar, que deriva de factores
latitudinais, lonxitudinais e xeográficos, e da sucesión habitual de
tipos de tempo, constituíndo unha abstracción matemática.
CONDENSACIÓN: Paso do vapor de auga atmosférico a estado líquido
ou a estado sólido, despois de que o aire teña acadado a saturación
de humidade. Pode ser por contacto (orballo) ou no seno do aire, a
expensas de núcleos higroscópicos (nubes, néboas).
CORRENTE EN CHORRO (JET STREAM).- Forte corrente de vento, de
estrutura tubular, que circula en dirección O-L entre os 9 e os 11
quilómetros de altitude, na diferenza de altura entre a tropopausa
polar e a tropical. Separa as baixas presións que hai sobre o polo en
altura das altas presións tropicais. Cando o chorro circula rápido
(máis de 150 Km/h) presenta suaves ondulacións, pero cando a súa
velocidade diminúe, describe profundas ondulacións e dá gran
variabilidade ó tempo da zona temperá.
DÉFICIT HÍDRICO: Desequilibrio entre el aporte de humidade e a
perda por evaporación en un lugar.

Profesora: Rosa María Cid Galante 1


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 2

EVAPORACIÓN.- Proceso físico polo que a auga transfórmase en


vapor a temperatura ambiente.
GOTA FRÍA: Depresión nos niveis altos da troposfera, constituída por
un embolsamento de aire frío nun entorno de aire máis cálido, que
descende rapidamente á superficie e propicia unha forte e rápida
inestabilidade.
HUMIDADE ATMOSFÉRICA.- Cantidade de vapor de auga existente na
atmosfera.
INSOLACIÓN.- Cantidade de enerxía solar que recibe a superficie
terrestre.
INVERSIÓN TÉRMICA.- Incremento de temperatura do aire ó aumenta-
la altura, cando debera diminuír segundo o gradiente térmico normal
(0’5 ºC cada 100 m en aire húmido; 1 ºC en aire seco).
ISOBARA: Línea que une puntos de igual valor de presión atmosférica
ISOHIETA (ISOYETA).- Liñas Que unen puntos de igual precipitación
anual.
ISOTERMA.- Liña que une nos mapas tódolos puntos de igual
temperatura media en altura.
MICROCLIMA.- Clima dunha área específica, de moi reducidas
dimensións, que presenta contrastes co da área na que se atopa
inserto.
MILIBAR.- Unidade de medida da presión atmosférica equivalente
a1000 dinas/cm2. Exprésase coas siglas mb.
PANTANO BAROMÉTRICO.- Campo de presión que presenta un
gradiente moi baixo e unha gran indefinición bárica, de tal xeito que
apenas aparecen isóbaras nos mapas alí onde se atopa, e no caso de
aparecer (unha ou dúas) forman pequenos núcleos con valores
próximos ós da presión media. No inverno orixina un tempo
caracterizado pola presenza de néboas, mentres que no verán dá
tormentas.
PRECIPITACIÓN.- Caída de auga procedente das nubes, tanto de
forma sólida como líquida. Mídese co pluviómetro en milímetros
(mm) ou litros por m2.
PRESIÓN ATMOSFÉRICA: Medida do peso da Atmosfera. Peso dunha
columna de aire sobre a súa base no solo, medida ata o límite da
Atmosfera, en milímetros de mercurio ou en milibares.
RADIACIÓN.- Modo de transmisión de enerxía calorífica e lumínica
entre dous corpos sen contacto material.
RÉXIME PLUVIOMÉTRICO.- Ritmo de chuvias nun certo período de
tempo.
RÉXIME TÉRMICO.- Distribución mensual das temperaturas ó longo
dun ano que se soen dar nun lugar en condicións habituais.
ROCÍO: Condensación do vapor de auga do aire en contacto co solo
en forma de gotas de auga, que se produce polo descenso nocturno
da temperatura e a saturación de humidade.
SECA (SEQUÍA).- Período prolongado no que non se producen
precipitacións apreciables.
SOLAINA (SOLANA).- Sitio ou paraxe onde dá o sol de cheo.
SOMBRÍA (UMBRÍA).- Sitio ou paraxe que está en zona de sombra.

Profesora: Rosa María Cid Galante 2


IES UNIVERSIDADE LABORAL 2º BACH
TEMA 2

SOTAVENTO: Ladeira ou vertente dun relevo a resgardo do lugar de


procedencia dos ventos, oposta a barlovento.
TEMPO.- Estado do aire atmosférico nun lugar e momento
determinados.
VENTO: aire en movemento entre dúas masas de presión diferente.
Tipos de vento en España:
O cierzo é un vento do NO que sopra encaixado polo val do Ebro,
principalmente no inverno e primavera, provocando un descenso das
temperaturas e da humidade.
A tramontana é un vento frío do norte que afecta ao nordeste de
Cataluña, Menorca e Mallorca, provocando un descenso da
temperatura.
O levante ou vento "chovedor" procede do este e, ao cargarse de
humidade sobre o Mediterráneo, provoca precipitacións na costa
levantina, acentuadas polo ascenso orográfico do aire polas barreiras
montañosas paralelas á costa.
O ábrego é un vento do sudoeste que causa precipitacións no centro
e sudoeste peninsular, sobre todo en outono, inverno e primavera. En
cambio, cando afecta ao territorio situado ao norte do cordal
Cantábrica, provoca un aumento das temperaturas e da secura do
aire.

Profesora: Rosa María Cid Galante 3

También podría gustarte