Está en la página 1de 3

OS QUE IGNORAN QUE ESTN MORTOS

Amado Nervo

VELLO.-Os mortos...
NARRADOR.- ...dxome varias veces o meu amigo o vellio espiritista, e pola mia
banda atopara, varias veces tamn, a mesma observacin nas mias lecturas...
VELLO.- Os mortos, seor meu, non saben que morreron.
NARRADOR.-Non o saben senn logo de certo tempo, cando un esprito caritativo llo
di, para despegalos definitivamente das miserias deste mundo. Xeralmente crense anda
enfermos da enfermidade de que morreron; quixanse, piden medicamentos... Estn
como nunha especie de adormecemento, de bruma, dos cales vai desprendndose aos
poucos a divina crislida da alma. Os menos puros, os que morreron mis apegados s
cousas, vagan en derredor noso, presas dun desconcerto e dunha desorientacin por
todo extremo angustiosos. Senten dores, fame, sede, exactamente coma se vivisen, non
doutra sorte que o amputado sente que pose e anda que lle doe o membro que lle foi
segregado. Flannos, interpense no noso camio, e desesperan ao advertir que non os
vemos nin lles facemos caso. Entn crense vtimas dun pesadelo e anhelan espertar.
Pero a impresin mis poderosa a de que lles segue doendo aquilo que os matou. E, en
efecto, unha tarde en que por curiosidade asistn a certa sesin espiritista, puiden
comprobalo.
A mdium era parlante. (Vostedes saben que hai mdiums auditivos, videntes,
materializadores...) As almas dos mortos servanse da sa boca para conversar cos
presentes.
Debo advertir, a fin de que non lles pareza a vostedes ilxico nin en contradicin co que
dixen o que vou relatar, que non preciso que un morto saiba que est morto para falar
ou obrar por ministerio dun mdium.
Nese sopor a que me refera antes, os espritos recentemente desencarnados roldan aos
vivos e instintiva, maquinalmente, cando atopan un mdium aprovitano para
comunicarse, non doutra sorte que un viandante, anda que non estea nos seus cabais,
por instinto tamn, aproveita unha ponte para chegar aln do ro.
Empezou, pois, a sesin sen matar as luces, e a mdium caeu en transo.
Momentos despois, exclamaba:
MEDIUM.- Estou mal ferido! Socrranme! e apertbase con ambas as mans o costado
dereito.
ESPIRITISTA.- Quen vostede?
NARRADOR.- ...preguntou o que presida a sesin.

MEDIUM.- Son Valente Martnez, e ferronme aqu, na prazia do Carmen; ferronme a


traizn. Estou desangrndome... Vean levantarme.
NARRADOR.- E pola cara da mdium pasaban como ondas de dor e de agona. Moitos
dos al presentes experimentamos gran sorpresa, porque, en efecto, nos xornais da
ltima semana falouse con luxo de detalles do asasinato de Valente Martnez, por obra
dun celoso. As, pois, a sesin volvase interesante.
MEDIUM.- Vean levantarme!
NARRADOR.- ...segua laindose a mdium...
MEDIUM.- Estoume desangrando: unha falta de caridade deixarme as, tirado no
medio da praza...
ESPIRITISTA.- Est vostede nun erro.
NARRADOR.- ...insinuou entn o que presida...
ESPIRITISTA.- Cre vostede estar ferido e abandonado na ra; pero en realidade est
vostede morto!
MEDIUM.- Morto eu!
NARRADOR.- ...exclamou a mdium con dolorosa sorna...
MEDIUM.- Morto! Dgolle a vostede que estou mal ferido!
NARRADOR.- E segua apertndose o costado.
ESPIRITISTA.- Est vostede morto e ben morto. Morreu vostede da pualada o venres
ltimo no hospital de San Lucas.
NARRADOR.- A mdium impacientbase...
MEDIUM.- unha falta de caridade deixarme tirado como a un can! como a un can, si,
no medio da ra!
NARRADOR.- E retorcase no seu asento.
ESPIRITISTA.- De modo...
NARRADOR.- ...preguntou o que presida...
ESPIRITISTA.- que vostede insiste en que est vivo?
MEDIUM.- Si e mal ferido! Axdenme a levantarme. Non sexan malos!
ESPIRITISTA.- Pois voulle probar a vostede que est morto: vostede que , home ou
muller?
MEDIUM.- Vaia unha pregunta necia: son home!
ESPIRITISTA.- Est vostede seguro?
NARRADOR.- A mdium fixo un movemento de contrariedade:
MEDIUM.- Que se estou seguro! Que ocorrencia!
NARRADOR.- Ben, pois tquese vostede a cara... Escoite atentamente a sa voz...

NARRADOR.- A mdium levou a destra s fazulas, e unha expresin de indicible


pasmo pintouse no seu rostro: Valente Martnez (que, segundo os retratos dos diarios,
tia unha longa barba) palpbase imberbe...
MEDIUM.- A mia barba!
NARRADOR.- A man temblorosa pousouse deseguido no beizo superior, buscando o
ausente bigote.
MEDIUM.- O meu bigote!
NARRADOR.- Logo, mis temblorosa anda, descendeu gorxa, e, ao non recoecer a
sa propia voz, a mdium deixou escapar un berro, gutural, horrible.
MEDIUM.- A mia voz! (Berra).
NARRADOR.- Fras suores mollaban a sa fronte, lvida de tortura, na que se la o
supremo espanto da conviccin... Seguiu un silencio moi longo, durante o cal a mdium,
inmbil, murmuraba non sei que, con beizos convulsos, e, por fin, o que presida dixo:
ESPIRITISTA.- Xa ve vostede como est ben morto! Eu desengaeino por caridade,
para que non pense mis nas cousas da terra e procure elevar o seu esprito a Deus.
MEDIUM.- Ten vostede razn.
NARRADOR.- ...murmurou penosamente a mdium. Logo, despois dunha pausa,
suspirou.
MEDIUM.- Grazas!
NARRADOR.- E xa non proferiu palabra algunha, ata sar do transo