Está en la página 1de 23

2.

Lexicografía

1. Tipoloxía de obras lexicográficas


1.1. Que é un dicionario?
1) A etiqueta dicionario aplícase a diferentes tipos de obras, que comparten as
seguintes características:
a) É unha obra.
b) Compila elementos pertencentes ao lexicón dunha lingua.
c) Os elementos están dispostos de acordo cun determinado criterio.
d) Sobre esas palabras ofrécese algún tipo de información lingüística.
2) A lexicografía é unha disciplina lingüística que ten como obxecto de estudo
os dicionarios, en dúas dimensións:
a) Práctica: elaboración de dicionarios, da que se encarga a lexicoloxía
práctica.
b) Teórica: reflexións sobre os dicionarios (estudo histórico, metodoloxías de
elaboración, estrutura, tipoloxía...), da que se encarga a lexicoloxía teórica
ou metalexicoloxía.

1.2. Tipos de dicionarios


Como xa apuntamos, a etiqueta dicionario engloba obras moi diversas. No
que se refire aos dicionarios prototípicos (de definicións ou bilingües), seguindo a
Haensch podémolos clasificar atendendo a dez criterios:
1) Formato e extensión da obra:
a) Dicionarios xerais: de máis de 70.000 entradas (SéculoXXI, Cumio,
Xerais).
b) Dicionarios manuais: entre 25.000 e 70.000 entradas (DRAG). Presentan
unha maior selección de vocabulario, incluíndo algúns termos
especializados pero eliminando os derivados de significado deducible.
c) Dicionarios elementais: menos de 25.000 entradas. Inclúen o léxico básico
e xeralmente preséntanse nun formato reducido.
2) Carácter lingüístico ou enciclopédico das obras:
a) Dicionarios de lingua: recollen “todo” o léxico dunha lingua.
b) Enciclopedias: achegan información social, histórica, sociolóxica, etc. e
non inclúen certo tipo de palabras (coma as gramaticais), pero si outras que
non contemplan os dicionarios (coma os nomes propios).
c) Dicionario enciclopédico: é unha mestura dos dous tipos anteriores, xa
que:
 Recolle “todo” o léxico dunha lingua.
 Contén información enciclopédica e inclúe nomes propios.

3) Sistema lingüístico de referencia:


a) Sistema lingüístico do autor ou do equipo de lexicógrafos (é a base da
maioría dos dicionarios galegos).
b) Corpus de referencia, cada vez máis frecuentes grazas ao
desenvolvemento das ferramentas informáticas. Exemplos: Cobuild,
Dicionario CLUVI inglés-galego.
c) Dicionarios de autoridades, unha fórmula mixta que só usa o corpus para
os exemplos.

1 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

4) Número de linguas:
a) Dicionarios monolingües.
 Estrutura interna: definición do lema e información paradigmática
(sinónimos, antónimos, etc.)
b) Dicionarios plurilingües:
 Tipos:
 Bilingües.
 Multilingües, que adoitan ser de termos especializados.
 Estrutura interna: adoitan ofrecer un equivalente de tradución.
Existen dicionarios monolingües que ofrecen equivalentes de tradución,
como é o caso do Digalego, pero sen atender a outro tipo de información
(uso).
5) Selección do léxico:
a) Dicionarios xerais: recollen o léxico común (culto e coloquial) e parte do
especializado.
b) Dicionarios parciais: ocúpanse do léxico especializado que os dicionarios
xerais recollen con menos exhaustividade. Exemplos: vocabularios dunha
variedade dialectal, linguas de especialidade, xergas, neoloxismos (Banco de datos
de neoloxismos da UVIGO), latinismos, anglicismos, fraseoloxía, etc.
6) Carácter descritivo ou prescritivo:
a) Dicionarios descritivos: exposición dos elementos léxicos, sen
valoracións.
b) Dicionarios prescritivos: só inclúen as formas correctas da lingua
estándar. A maioría dos dicionarios do galego e doutras linguas son deste
tipo.
c) Dicionarios que combinan a exhaustividade na descrición coa
prescrición, incluíndo de xeito diferenciado formas non incluídas no
estándar.
7) Sistema de ordenación:
a) Semasiolóxica: ordenación polo significante (da palabra ao significado),
xeralmente alfabética.
b) Onomasiolóxica: ordenación polo significado das palabras. Por exemplo, os
dicionarios fraseolóxicos adoitan estar organizados por temas.
c) Combinación da ordenación semasiolóxica e a onomasiolóxica:
ordenación alfabética xeral, pero onomasiolóxica no caso de familias de
palabras (Diccionario de uso del español de María Moliner).
8) Finalidade da obra:
a) Dicionarios de lingua: están pensados para a decodificación ou
comprensión de textos, e só secundariamente para a codificación ou
creación.
 Dicionarios de uso: son dicionarios de lingua que fan especial fincapé na
codificación de textos.
b) Dicionarios bilingües: teñen como finalidade a codifiación ou a
decodificación dependendo do mercado ao que vaian dirixidos. Por
exemplo:

2 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

un galego un francés
francés – galego decodificación codificación
galego – francés codificación decodifcación

definición para o mercado


muance f muda francés
definición para o mercado
muance f muda (da voz dun neno) galego (información sobre as
restricións do termo)
sanguijuela: pessoa que, aos
poucos, vai tirando proveitos à custa dicionario pensado para o
mercado portugués, que non
doutrem. inclúe equivalentes de tradución,
plomo: pessoa maçadora, senón definicións.
impertinente

c) Dicionarios de dúbidas.
d) Dicionarios paradigmáticos:
 Dicionarios de sinónimos e antónimos.
 Dicionarios ideolóxicos ou conceptuais: son dicionarios cunha
organización onomasiolóxica. Exemplos: Dicionario conceptual galego de
Manuel Quintáns; Diccionario ideológico de la lengua española de Julio
Casares.
e) Dicionarios de construción e réxime: conteñen información sobre a
construción de palabras, en especial verbos.
f) Dicionarios combinatorios ou de colocacións: conteñen información sobre
a combinatoria de palabras. Por exemplo, para indicar intensidade no caso de
namorar úsase perdidamente.
g) Dicionarios de verbos: información sobre as conxugacións.
h) Dicionarios de rimas: palabras ordenadas pola súa terminación. Exemplo:
Dicionario galego da rima e galego-castelán de Ibáñez Fernández.
i) Dicionarios diacrónicos: podemos atopalos de tres tipos, aínda que o
habitual é que se mesturen as tres finalidades nunha mesma obra:
 Históricos: cambio das palabras dunha lingua no que se refire ao
significante e significado.
 Etimolóxicos.
 Cronolóxicos: primeira ocorrencia da que se ten constancia dos termos.

l) Dicionarios ortográficos: listaxe de palabras que poden presentar dúbidas


en canto á súa ortografía.
9) Tipo de usuario:
a) Dicionarios escolares.
b) Dicionarios infantís ou iniciais, que teñen unha estrutura e presentación da
información diferetes.
c) Dicionarios de especialidade, en xeral dirixidos a profesionais dun
determinado ámbito.
10) Soporte físico:
a) Papel.
b) Electrónico.
3 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

2. Estrutura dos dicionarios


2.1. A macroestrutura
A macroestrutura atende a:
1) Organización dos materiais léxicos.
2) Tipos de materiais.

2.1.1. A disposición do léxico


Os dicionarios prototípicos presentan unha organización semiolóxica,
pero hai unha serie de cuestións sobre as que é necesario tomar decisións antes de
comezar a elaboración do dicionario:
1) Acento gráfico: nas palabras diferenciadas só polo acento gráfico débese
decidir cales se colocan primeiro. Exemplos: se / sé, bola / bóla, mama / mamá.
2) Formas homógrafas pero non homófonas: débese decidir tamén cales se
sitúan en primeiro lugar. Exemplos: elixir [] / elixir [], axe [] / axe [].
3) Lematización:
a) Os artigos ou entradas lexicográficas do dicionario están compostos por:
 Lema: cabeceira ou voz guía, é o elemento lingüístico sobre o que se
proporciona información e tamén o elemento ordenador do dicionario.
Nas palabras variables escóllese a forma que representa o paradigma,
denominada forma de cita ou forma canónica (que depende da tradición
lingüística).
 Corpo da entrada: información correspondente ao lema.

b) Tomas de decisión na lematización:


 Palabras con flexión de xénero que poden funcionar como adxectivos e
como substantivos: o habitual é que se recollan baixo a mesma entrada.
Exemplos:
 Substantivos con flexión de xénero que, ademais, funcionan como
substantivos masculinos: o habitual é que se recollan baixo un único
lema. Exemplos:
 Adxectivos e/ou substantivos con flexión de xénero que, ademais,
funcionan como substantivos femininos. Existe unha maior diverxencia
na lematización, xa que a diferenza formal pode levar a que o usuario
pense que a entrada non se atopa no dicionario:
 Unha soa entrada (pouco frecuente).
 Unha entrada remisiva do feminino ao masculino.
 Dous lemas.
 Substantivos sen variación formal de xénero que poden funcionar como
substantivos masculinos e femininos e como substantivos femininos: o
habitual é un único lema. Exemplos: policía (‘persoa do corpo’ ou ‘corpo’),
garda, etc.
 Substantivos masculinos e femininos próximos formalmente per
disociados semanticamente, que non poden considerarse como formas
do mesmo paradigma: o habitual é que haxa dous lemas diferentes.
Exemplos: secador / secadora, cesto / cesta, pombo / pomba, cancelo / cancela.
 Palabras designadoras de seres sexuados con femininos irregulares ou
especiais: o habitual é un único lema (actor / actriz, emperador /
4 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

emperatriz, conde / condesa), agás en casos coma galo / galiña ou home /


muller (forma distante).
 Palabras designadoras que presentan un plural cun significado
especializado: o habitual é un único lema. Exemplos: miolo / miolos, lente
/ lentes.
 Homónimos (pena / pena, agradar / agradar, cabazo / cabazo): poden darse
dúas situacións:
 Entradas separadas e numeradas (criterio etimolóxico).
 Unha soa entrada.
 Unidades léxicas pluriverbais: é pouco frecuente que teñan unha entrada
independente, o normal é que aparezan baixo a entrada dun ou todos os
seus constituíntes. Exemplos: garda civil, facer as beiras, ollo de boi.
 Palabras que só aparecen en locucións, en frases feitas: poden aparecer
como lema, aínda que non existan de xeito independente. Exemplos: chou,
mantenta.

2.1.2. A selección do léxico


1) Factores determinantes:
a) Tipo de obra que se pretende realizar: xeral ou parcial, mesmo dentro dos
dicionarios parciais cómpre facer unha selección (grao de profundidade,
inclusión ou non de léxico especializado coincidente co común, etc.).
b) Destinatario da obra: adulto ou neno, profesional ou non, turistas,
estudantes, etc.
c) Extensión da obra: adoita ser un punto de partida determinado polas
editoriais, o que supón un condicionamento importante.
2) Criterios:
a) Frecuencia das palabras, algo difícil de medir:
 Métodos de medición:
 Intuición do autor.
 Corpus de referencia informatizado, que debe estar equilibrado
(tipos de texto –orais e escritos–, variación xeográfica, variación
estilística, xéneros, autores, etc.)
 Medidas correctoras:
 Xuízo dos lexicógrafos.
 Xuízo dos falantes nativos.

b) Tipo de léxico: dialectalismos, tecnicismos, derivacións semántica e


formalmente regulares (-ble), etc.

2.2. A microestrutura
A microestrutura nos dicionarios prototípicos refírese a:
3) Tipo de información recollida.
4) Disposición da indormación.

5 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

2.2.1. A información recollida no dicionario


2.2.1.1. Dicionarios de lingua
1) Lema: adoita aparecer destacado tipograficamente (negriña, maior tamaño
de letra), con sangría francesa e en minúscula.
2) Corpo do artigo: nos dicionarios de lingua a información fundamental é a
definición, pero pode contar información de diferente tipo:
a) Pronuncia:
 Localización: é unha información que adoita aparecer entre corchetes
despois do lema.
 Características habituais:
 Uso do AFI.
 Adoita ofrecerse só en palabras que poden presentar problemas,
como é o caso de estranxeirismos ou palabras con grafías
bifonemáticas. Exemplos:

hókey [] s.m. Xogo de equipo...


axioma []s.m. Afirmación tan evidente...
bola [] s.f. 1 Pan de forno...
bóla [] s.f. 1 Obxecto en forma de esfera...

b) Etimoloxía e/ou cronoloxía:


 Localización: a etimoloxía adoita aparecer despois da pronuncia e
antes da categoría gramatical ou ao final da entrada.
bóla [] (lat. bulla) s.f. 1 Obxecto en forma de esfera...

 Características:
 Nalgúns dicionarios indícase a cronoloxía (primeira ocorrencia da
palabra).
 É habitual que se indique que a orixe é un nome comercial
rexistrado ou un estranxeirismo. Exemplos:
kirsch (xermanismo)
aspirina s.f. Medicina comercializada en forma de pastilla, que se
utiliza para calma-la dor e baixa-la febre. OBS. Trátase dun
nome comercial rexistrado. Tomou unha aspirina e quedou
coma novo.

c) Información gramatical, incluída na maioría dos dicionarios.


 Abreviaturas: son necesarias para sinalar esta información e débense
construír antes de elaborar o dicionario e aparecer na introdución do
mesmo, aínda que xa existen unha serie de abreviaturas bastante
consagradas. Exemplos:
s. (m. e f.), m. (s.m.), f. (s.f.), tr. (vt.), intr. (vi.), pron. (vp.), a.(adx.),
pers., dem., pos., indef., adv., conx., prep. ...

6 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

 Flexión de xénero: é unha información que figura no propio lema, pero


pódese achegar de tres xeitos diferentes:
 Formas masculina e feminina plenas. Exemplos:
neno, nena
xefe, xefa
español, española
papón, papona

 Forma masculina plena e feminina abreviada (máis frecuente, por


cuestións económicas):
 Abreviación só do elemento que varía:

neno, -a
xefe, -a
español, -a
papón, -a*

 Abreviación de toda a sílaba final ou das últimas letras:


neno, -na
xefe, -fa
español, -la
papón, -na

 Sistemas mixtos nos casos que poden presentar dificultades:


neno, -a
xefe, -a
español, -a
papón, -na / papón, papona

 Flexión de número: é unha información que só se achega en casos:


 Que poden presentar dificultade (plurais irregulares, palabras
compostas, estranxeirismos, etc.):
chuchamel s.m. (pl. chuchameles)
anorak s.m. (pl. anoraks)

 Nos que o plural ten unha acepción diferente do singular:


miolo s.m. 1 Parte interior do pan... 2 ... 3 ... // pl. 4 pop. Encéfalo. Disque
aínda se vían os miolos polo chan 5 fig. e pop. Cerebro,
intelixencia. Si home si, ti non te mates a pensar, non vaia ser que
se che gasten os miolos.

 Flexión verbal: xeralmente remítese a un modelo de conxugación, só


nos verbos irregulares. Esta remisión pode facerse de dúas maneiras:
 Mediante un número que remite a un anexo. Exemplo:
ferir [13] v. tr.

 Mediante unha observación (OBS). Exemplo:


asentir v.i. Mostrarse de acordo con [algo que outro di]. Asentiu a todo o
que lle dixen. Asentían coa cabeza ás palabras do orador. CF.
coincidir, convir. OBS. Conxúgase coma servir.
7 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

 Réxime ou forma de construción: é unha información que aparece


sobre todo nos verbos e que se pode achegar de diferentes maneiras (que
se poden combinar entre si):
 De forma directa. Exemplo:
croire II V.tr. ind. croire à, en (Petit Robert)

 Mediante unha observación. Exemplo:


crer v.t. 1 Admitir... // v.i. 5 Ter confianza [en alguén ou algo]... OBS.
Úsase coa preposición en. Necesito crer en algo. Non cre nos
milagres (DRAG)

 Mediante exemplos, de xeito indirecto. Exemplo:


crer v.t. 1 Aceptar como certo... // v.i. 4 Ter confianza en alguén ou
algo, fiarse da súa bondade, da súa eficacia ou da súa
existencia (eu non creo nos milagres) (GDXL)

 Mediante construcións que mostran o réxime. Exemplo:


belive 5 If you belive or believe in God or a God, you are sure of the
existence of God or that God (eu non creo nos milagres)
(COBUILD)

d) Información pragmática: a información sobre o tipo de situación


comunicativa no que se poden / deben empregar as palabras indícase só
naqueles casos nos que o uso non pertence á lingua común:
 Variantes dialectais: pode achegarse información sobre a zona de uso.
Exemplo:
golpe2 s.m. Raposo. OBS. É unha palabra propia da zona norte de
Galicia. O golpe matounos dúas galiñas.

 Rexistro: adoitan empregarse etiquetas coma fam. / col. / pop., vulg.,


form. / lit. / poet. Exemplo:
cacha s.f. pop. Nádega.

 Nivel etario. Exemplo:


pipí s.m. 1 Na linguaxe infantil, pene 2 Na linguaxe infantil, mexo,
ouriños. (GDXL)

 Vixencia: uso de etiquetas coma arc. ou neol.


 Grupo de persoas que usan a forma: é habitual o uso de etiquetas
coma xerg. e outras para as linguas de especialidade (arquit.). Exemplo:
ábaco s.m. 1 Marco ou taboleiro... 2 Arquit. Peza en forma de mesa
que coroa o capitel e sobre a que se asenta o arquitrabe. O
ábaco cunha columna corintia ten forma circular.

 Outro tipo de información pragmática: pex., despec., humor., eufem.,


tabú, insulto, etc.

8 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

Como puidemos observar, estas etiquetas sitúanse despois da


información gramatical no caso de que o lema só teña unha acepción, se ten máis
colócase despois do número correspondente á acepción á que se aplica.
e) Variantes (coa mesma raíz):
 Variantes recomendadas e non recomendadas: xeralmente as non
recomendadas aparecen na entrada das recomendadas introducidas
mediante fórmulas do tipo tamén se di. Exemplos:
(DRAG)
dedicar v.t. 1 Consagrar... Tamén se di adicar
adicar v.t. V. dedicar
(GDXL)
adicar . DEDICAR

 Variantes co mesmo status na norma: remisións. Exemplos:


(GDXL)
coello -a s. 1 Mamífero lagomorfo...; coenllo
coenllo -a s 1 Mamífero lagomorfo...; coello
(DRAG)
coello s.m. Mamífero... SIN. coenllo
coenllo s.m. Coello. Mercou dous coenllos na feira

 Sinónimos conceptuais: remisións. Exemplos:


cacha s.f. pop. Nádega. Esvarou e levou un golpe nunha cacha.
nádega s.f. Cada unha das dúas porcións... SIN. cacha (menos culto)

 Formas non aceptadas: adoitan sinalarse cun asterisco. Exemplo:


*abedueira s.f. bidueiro

f) Transicións semánticas: os dicionarios tamén poden incluír información


sobre as relacións semánticas entre as acepcións. Xeralmente úsase a
etiqueta fig. para as metáforas e por ext. para as metonimias, pero non de
xeito sistemático. Exemplos:
enxame s.m. 1 Grupo de abellas... 2 fig. Grupo numeroso de persoas...
artesanía s.f. 1 Técnica ou arte do artesán... 2 Por ext., o produto do
traballo dos artesáns, as obras realizadas por eles

g) Definición: poden aparecer separadas por barras (/ ou //) e adoitan ir


precedidas dun número que as ordena. Ademais, algúns dicionarios
establecen unha xerarquía de acepcións (acepcións xerais e subacepcións).
Exemplos:
choqueiro -a adx. 1 Que leva unha choca [animal]. Unha ovella choqueira. //
s. 2 Persoa que vai disfrazada con chocas. O martes de Entroido
habémonos disfrazar de choqueiros.
conferência s.f. 1 ato ou efeito de conferir 2 ato ou efeito de verificar no que
concordam e no que discrepam duas coisas confrontadas. 3
conversa particular ou discussão entre duas ou mais pessoas sobre
un tema considerado importante 3.1. encontro formal de
especialistas, en que se distutem questiões consideradas
importantes... 3.2. comitê formado por médicos... 3.3. assembléia ou
encontro de representantes de diferentes Estados...

9 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

h) Exemplos: supoñen a colocación do lema nun contexto e poden ser creados


polo lexicógrafo ou extraérense de textos reais. Teñen a funcionalidade de:
 Axudar a comprender o significado do lema.
 Amosar o uso do lema, razón pola que o exemplo debe ser o
suficientemente representativo (de aí que o máis habitual sexa que os
cree o lexicógrafo). Exemplo:
choqueiro -a adx. 1 Que leva unha choca [animal]. Unha ovella choqueira. //
s. 2 Persoa que vai disfrazada con chocas. O martes de Entroido
habémonos disfrazar de choqueiros.
crer v.t. 1 Aceptar como certo... // v.i. 4 Ter confianza en alguén ou algo,
fiarse da súa bondade, da súa eficacia ou da súa existencia (eu non
creo nos milagres) (GDXL)

 Mostrar combinacións frecuentes (dar un paseo, bandada de paxaros).

i) Información paradigmática, é dicir, sobre sinónimos (SIN.), antónimos


(ANT.) ou palabras afíns (CF.):
 Débese fornecer para cada acepción do lema, xa que pode variar, pero
se é común a todas as acepcións adoita sinalarse cun . Exemplo:
asombrar v.t. 1 Dar sombra... CF. ensombrecer. 2 Causar medo... SIN.
amedrentar, asustar... 4 Sentir asombro... SIN. abraiar,
marabillarse
ascenso s.m. 1 Acto e efecto de ascender... SIN. aumento, suba, subida
ANT. baixada. 2 Paso a unha categoría superior... SIN.
promoción . ANT. degradación ANT. descenso CF. ascensión

 Se os sinónimos pertencen a rexistros diferentes débese sinalar.


Exemplo:
nádega s.f. Cada unha das dúas porcións... SIN. cacha (menos culto)

l) Unidades pluriverbais:
 Non é habitual que os compostos e unidades fraseolóxicas se recollan
como lemas independentes (aínda que si o fan algúns dicionarios, coma o
Cumio), senón que adoitan aparecer baixo o lema dalgún dos seus
compoñentes:
 Ao final da entrada, despois dun , ordenadas alfabeticamente.
Exemplo:
garda s.f. 1 Acción e efecto de gardar... 4 Cousa que protexe ou
reforza... // s. 5 Individuo que é membro dun corpo de
seguridade. Prendérono uns gardas.  En garda loc. adv. 1
En actitude de defensa... 2 Por ext. encargarse do
funcionamento... / Garda civil 1 Corpo armado do Estado
Español encargado da seguridade e da orde no medio rural.
2 Individuo deste corpo.

 Despois da acepción coa que está vinculada. Exemplo:


cama s.f. 1 Mueble formado por un armazón... || cama nido, la qeu
está formada por dos... || cama turca la que no tiene pies
ni cabecero... 2 En un hospital o en un internado, plaza
para unha persona. 3 En un establo, lugar o conjunto de
materiales vegetales sobre los que los animales descansan o
10 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

duemen.. || 4 cama elástica plancha de goma... || hacerle


la cama a alguien; col Preparar una trampa a alguien...

 Se o composto ou unidade fraseolóxica non está vinculada con


ningunha das acepcións do lema, aparece tamén ao final.
 A escolla do lema baixo o que se recolle adoita seguir a seguinte
xerarquía de constituíntes: substantivo > adxectivo > verbo > adverbio.
Con todo, nos dicionarios galegos non existe un criterio fixo (e
tampouco é habitual que se recolla baixo todos os constituíntes).

m) Observacións:
 Localización: ao final do artigo ou despois de cada acepción.
 Características: inclúen información moi diferente (semántica,
gramatical ortográfica, etc.).

2.2.1.2. Dicionarios bilingües


1) A información fundamental que achegan non son as definicións, senón
equivalentes de tradución.
2) Poden ter dúas finalidades diferentes, dependendo do mercado ao que se
dirixan primará unha ou outra:
a) Codificadora.
b) Decodificadora.
3) Cómpren tamén discriminadores de significado:
a) Situación:
 Despois do equivalente se o dicionario ten unha finalidade
decodificadora. Exemplo:
dó m. duelo (dolor)

 Antes do equivalente se o dicionario ten unha finalidade codificadora.


Exemplo:
duelo m. 1 (combate) duelo. 2 (dolor) dó

b) Información:
 Posibilidades combinatorias. Exemplo:

haz m. 1 (de hierba, leña...) feixe, lote, fato. 2 (mat, quim...) feixe // f 3
(de una tela, hoja) face

 Linguas de especialidade. Exemplo:


flamenco -a adx & m flamenco (mus) (galego-castelán)

 Transicións semánticas. Exemplo:


obstáculo m 1 (que impide el paso) obstáculo, atranco. 2 (dep)
obstáculo. 3 (fig) pexa f, obstáculo, atranco

11 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

4) Cando o significado do lema e do seu equivalente non se corresponden


totalmente (como é habitual) adóitanse introducir observacións. Exemplo:
hasta prep 1 ata, deica // adv 2 (incluso) mesmo, ata. OBS. Deica y ata
no siempre son intercambiables, puesto que deica necesita un
punto de partida (implícito o explícito), que ha de ser el lugar
o momento en el que se habla: ata / deica Vigo podes durmir
es posible, pero no *de Lugo deica Vigo podes durmir. En este
caso habría que emplear ata.
henchir vt/p encher(se) (menos culto)

2.2.2. Criterios para a ordenación de acepcións


2.2.3. A definición
A definición lexicográfica ten, nos dicionarios de lingua, a función de
explicar o significado do lema a través doutras palabras da mesma lingua,
ofrecendo trazos que se corresponden co denotatum dese lema, de xeito que o
usuario sexa quen de identificar os referentes do lema. A definición adoita
complementarse con exemplos, sinónimos, antónimos e palabras afíns.

2.2.3.1. Características
As definicións deben ser claras e doadamente comprensibles polos
usuarios, para o que é necesario:
1) Ter en conta o tipo de destinatario.
2) Non incluír na definición palabras máis complexas có propio lema.
3) Que o dicionario sexa autosuficiente, é dicir, que todas as palabras que
aparecen nas definición sexan lemas do mesmo. Polo que se deben evitar
definicións circulares (aínda que en palabras moi sinxelas poden ser
inevitables). Algúns dicionarios parten dun vocabulario definicional.
4) Que a definición sexa precisa e o suficientemente abranxente, algo que
non sempre é posible (polo que, en moitos casos, a definición só lle pode dar
cabida ao prototipo).

2.2.3.2. Tipos
1) Sinonímicas: definición mediante un ou máis sinónimos do lema. Son cada
vez menos frecuentes por mor da súa inexactitude, aínda que se continúan
usando para sinónimos conceptuais con diferenza só no significado evocado
(nádega e cacha).
2) Perifrásticas ou parafrásticas:
a) Explicación do significado do lema enumerando trazos do seu denotatum.
Nestes casos cada palabra ten que definirse de acordo coa súa categoría
gramatical. Ademais, recoméndase evitar introducións do tipo de dise de
ou palabra que.
b) Pódese incluír o contorno lexicográfico ou definicional, é dicir,
información sobre as posibilidades combinatorias das palabras:
 Porto da Pena considera que o enunciado parafrástico e o contorno
lexicográfico son dúas partes da definición.
12 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

 Métodos de marcaxe do contorno lexicográfico:


 Corchetes. Exemplo:
cano –a adx. 1 Branco [pelo, barba]
 Letra máis pequena. Exemplo:
blandir v. Referido esp. a un arma, moverla o agitarla haciéndola
vibrar en el aire.
 Diferentes marcas diferenciando as funcións sintácticas. Exemplo:
capacitar v. tr. /prnl. Hacer <una persoa o una cosa> apta para
[una cosa] [a una persona]
 Necesidade do contorno lexicográfico:
 Necesario en casos nos que non é deducible. Exemplo:
cano –a adx. 1 Branco [pelo, barba]
 Prescindible en casos nos que é deducible, pero moi restrinxido.
Exemplo:
escamar v.t. Tira-las escamas a [os peixes]
 Innecesario en lemas moi xenéricos. Exemplo:
branco –a adx. Que é da cor da neve, do leite, etc. ou que se
aproxima a ela

3) Explicacións: adoitan aparecer en dicionarios monolingües de aprendizaxe


e sitúan o lema nun contexto de uso e para indicarlle ao usuario se unha
palabra é avaliativa. Exemplos:
compoñente s.m. Os compoñentes de algo son as partes de que está
feito.
afagador adx. Se ti es afagador con alguén expresas admiración cara a
el.
ladrar v Cando un can ladra, emite os sons fortes e curtos que lle son
característicos.

4) Definicións nas palabras gramaticais: son definicións nas que se explican


as diferentes funcións deste tipo de palabras:
a) Gramaticais. Exemplo:
a Introduce o complemento indirecto e, ás veces, o directo cando este se
refire a persoas.

b) Pragmáticas. Exemplo:
ola! Exclamación que se emprega para saudar
c) Significado expresivo. Exemplo:
dou ao demo! Expresión que manifesta sorpresa ou repulsa.

13 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

3. Panorama da lexicografía galega


3.1. Os dicionarios clásicos (completar co artigo de Santamarina)
3.1.1. Primeiros dicionarios
1) Diccionario gallego – castellano de Francisco Javier Rodríguez
(1863), editado por Antonio de la Iglesia González:
a) Edición póstuma, corrixida e ampliada.
b) É a primeira obra que se pode considerar un dicionario polo seu método de
traballo, pero ten como antecedentes outros traballos, en concreto a
Colección de voces y frases de la lengua gallega (1746 – 1762 ) do Padre
Sarmiento, que é un alicerce para a lexicografía galega en dous sentidos:
 Achega a idea de elaborar un dicionario.
 É autor da obra base do primeiro dicionario galego.

(1) Fragmento do prólogo do autor:

c) Finalidade dupla, unha constante en todos os dicionarios clásicos:


 Dignificación do idioma, patriótica.

(2) Fragmento do prólogo do editor:

 Práctica: para a decodificación de textos por parte de castelanfalantes


(xuíces, ensinantes, eclesiásticos, etc.)
(3) Fragmento do prólogo do editor:

14 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

d) Tipoloxía e estrutura: preséntase coma un dicionario bilingüe, cos lemas


en galego e o corpo do artigo en castelán, pero non achega só equivalentes:

(4)

Esta estrutura obedece á súa dupla finalidade:


 Decodificación, de aí que o corpo do artigo aparezan en castelán.
 Patriótica, xa que o que se pretende é facer un dicionario de galego,
de aí que se inclúan definicións.
O uso do castelán débese a tres razóns:
 Finalidade práctica.
 Inexistencia dun estándar.
 Diglosia (uso do galego como metalingua).

e) Selección do léxico: ausencia de voces galegas coincidentes co castelán,


que só se inclúen no caso de teren acepcións diferentes. Isto débese a:
 Non son necesarias para a función decodificadora.
 Aínda que en principio entre en conflito coa finalidade patriótica, xa
que cantas menos voces aparezan máis pobre parece a lingua, pode ter
unha lectura desde esta finalidade: amosar como riqueza da lingua as
formas diferenciais, a pureza da lingua fronte ao castelán.

(5) Fragmento do prólogo do autor:

f) Non se concibe a obra como definitiva, senón coma unha achega para a
creación dun dicionario maior:
(6) Fragmento do prólogo do autor:

15 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

2) Diccionario gallego de Juan Cuveiro Piñol (1876):


a) Non concibe a obra como definitiva:

(7) Fragmento da introdución:

 Achegas novas respecto do dicionario de Francisco Javier Rodríguez (de


3.895 entradas a 10.943):
 Arcaísmos.
 Voces populares.
 Numerosos nomes de plantas.
b) Retoma a idea de Sarmiento da necesidade de reunírense persoas de toda
Galiza para confeccionar un dicionario.
(8) Fragmento da introdución:

c) Combina as dúas finalidades:


 Práctica:

(11) Encabezamento da obra:

 Patriótica (presente tamén no título, no que non se fai referencia ao


castelán):
(12) Fragmento da introdución:

16 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

3) Diccionario gallego – castellano de Marcial Valladades (1884):


a) Retoma a idea de Sarmiento da necesidade de elaborar un dicionario,
igual ca Cuveiro.
(9) Fragmento da introdución:

b) Non presenta a obra como definitiva:


 Explicita que parte de obras anteriores, en concreto da de Francisco
Javier Rodríguez, obra que papeletiza. Non podemos considerar plaxio
este feito, xa que non se explicita o uso desta obra, que ten como
finalidade a elaboración dun dicionario maior (obxectivo patriótico).
(10) Fragmento da introdución:

 Alude á creación dun gran dicionario, para o que presenta o seu como
base.
(13) Fragmento da introdución:

c) Avances:
 Número de entradas: 16.082.
 Elimina arcaísmos.
 Introduce exemplos literarios de autores (Rosalía, Añón, Alberto
Camino) e da literatura popular (cantigas) e tamén refráns.
 Introduce algunhas voces coincidentes co castelán, aínda que de xeito
non sistemático.

17 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

3.1.2. Características xerais dos dicionarios clásicos


1) Dupla funcionalidade (que explica a súa estrutura peculiar):
a) Patriótica.
b) Práctica.
2) Preséntanse como achegas para un dicionario máis amplo.
3) Deben verse como dicionarios galegos aínda que se etiqueten como galego –
castelán, xa que inclúen definicións (en castelán para permitir a función
decodificadora).

18 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

3.2. Os dicionarios modernos


3.2.1. Dicionarios anteriores ao 2000 (E. Seoane)
3.2.2. Dicionarios posteriores ao 2000

19 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

20 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

21 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

22 Gramática galega II
2009/2010
USC
2. Lexicografía

23 Gramática galega II
2009/2010
USC

También podría gustarte