Está en la página 1de 7

1

Seor Alcalde do Concello de Castro de Rei, membros da Directiva da AELG,


benqueridos e benqueridas persoas da mia longa e larga familia, compaeiras e
compaeiros deste fermoso oficio da escrita, amigas e amigos...
Debo e quero comezar por agradecer AELG que tivese a xenerosidade de me
outorgar a sa Letra E e de me traer a celebrar este da de ledicia a Castro de Ribeiras
de Lea. Moitas grazas, xaora, seor alcalde do Concello de Castro de Rei. Amigo
Cesreo, un privilexio que fale dun un gran poeta coma ti, e o significado das
palabras expndese na procura do horizonte do sublime. Obrigado. Gratitude e
emocin o que o meu corazn acolle agora mesmo para as afectuosas palabras do
meu irmao Agustn.
A infancia, esa inefbel fidelidade ao celeste.
1
E cando lle chegou a hora, soando estaba
un pas onde chovan bolboretas.
lvaro Cunqueiro
2
Escribn hai anos no comezo de Un conto de tres noites o seguinte: Eu nacn
chairego e, suceda onde suceda, na maria ou na montaa, chairego hei morrer. A
poucas cousas se lles poden chamar, con mis xusteza, declaracin de principios que a
esta, xa que do principio da mia vida fala.
Veo, por parte de meu pai, Raimundo, da casa de Granda de Xermar
3
, al, na casa
patrucial da Ribadainsua, a que mercara en 1841 meu tatarav, Francisco de la Puente
(as aparece nos papeis), foi onde este meu trasav, con cinco pesos que tia e outros
cinco que lle emprestaron (ou iso dican as lendas familiares), puxo a parada que
haba durar at a mia infancia. Desapareceu a casa orixinal, da que gardo recordos de
nenez, mais no mesmo lugar segue anda a estirpe dos Granda, dos que me
enorgullezo.
Pola outra banda, os DoCampo, temos a orixe na parroquia de Suegos, no concello de
Pol, al por onde nace o Lea e remata a Terra Ch. Mais o meu bisav Antonio
DoCampo Fernndez veu casar Ribeira, concretamente no lugar dA Torre, al na
dcada de 1840. Ali naceu meu av Francisco, que casara en Madrid con mia avoa,
Flora, das terras de Sarria ela. Ao pouco regresan a Castro e pon o estabelecemento
chamado Comercio deTejidos de Francisco DoCampo, que, tal era a sa
denominacin. A haba nacer mia mai, Teresa, a duodcima de trece fillos. Teo
moitos recordos desa casa, pero un prevalece por enriba de todos: o de das moedas
falsas que pretendan pasar por pesos de prata, e que meu av incrustou e cravou
xuntas no mostrador do comercio, como aviso aos clientes trampulleiros da sa
habelencia para detectalos. Cando era neno pasei a mia man por aquelas moedas
centos de veces, era un pracer que descubrira e sempre que me van facelo, tanto
1
Rainer Mara Rilke: Non dubides que a ta infancia...
2
lvaro Cunqueiro: Lord Dunsany/Epitafio (Herba aqui e acol. Vellas sombras e novos cantos) Edit.
Galaxia, 2011)
3
Amencn en Xermar / Non se ve o mar. A. Cunqueiro: No monte a herba mollaba os dedos (Outros
poemas) Edit. Galaxia, 2011
2
mia mai como mia ta Avelina, explicbanme a historia e a razn de que al
estivesen. Sempre empezaba igual: Cravounas a o pap para que se vise que...
Andando o tempo veu a mia estrea na vida, que, como algns de vs ben sabedes,
sucedeu na vila de Rbade, na beira do pai Mio, onde fun inscrito no rexistro civil
como un dos arredor de 1.300 habitantes que tia daquela a vila. Sucedeu isto porque
os meus pais colleran en traspaso o Caf Espaol, nome acado coa poca, mais que
era coecido como o caf do Valeriano, e que a segue agora convertido na Cervexara
gora, nome ben trado xa que est na fermosa pracia que hai por detrs da estacin
do tren. Pero non era meu pai home de taberna por ningn dos dous lados do
mostrador e aquela aventura comercial non durou mis que ano e medio.
Veu daquela o traslado a Castro e aqu meu pai fxose cargo do muo, que non tia
mis nome, porque era o nico que haba na parroquia e mesmo o lugar recibe ese
nome, O Muo.
Eu teo na altura sete meses e un tempo despois nese lugar vai comezar a mia
infancia consciente.
Hai quen di os tres, hai outros que falan dos cinco, pero o que si indubidbel que
nos primeiros sete anos da vida vaise decidir e gravar na nosa alma a persoa que
seremos. Eses son os meus anos de Castro.
As os meus primeiros recordos son os dun pai enfariado dos ps pucha. Un pai
muieiro. E eu estou moi orgulloso disto, anda que non fose mis que porque tal
circunstancia fai de min un neno de conto: Un muieiro deixou aos seus tres fillos
todos os bens que posua, que son o seu muo, o seu burro e o seu gato, as comeza
O gato con botas, que tantas veces me contou mia mai e eu escoitaba fascinado e
cos ollos espetados no negro gato da casa, que, capado por meu pai, estaba gordo e
lustroso, pero non rataba. O gato do conto de Perrault, despois de que o seu novo
dono o fornecera debidamente de bolsa e botas, levou ao seu amo a se converter no
marqus de Carabs, mais non vos vou contar o conto enteiro que ben o sabedes. Por
certo, igual c fillo daquel muieiro que obtivo por herdanza o astuto bicho, eu tamn
acabei por casar cunha princesa.
Teo recordos de moi pequeno, de pouco despois de nacer mia irm Maruxa, e vxoa
no seu berce ao p da cama de meus pais, cando eu pasei a durmir no cuarto de
enfronte. Vexo nese espazo entre ambos cuartos, como un da de Reis apareceu al,
ignoro por que medio pero de supoer que al o deixaran os Reis mentres eu durma,
un cabalo de cartn de tal tamao que lle pillei medo. Tanto que s me atrevn a lle
tocar cando sentn a mia mai que me dica: Paquio, non lle teas medo, ho.
Achgate e tcalle, vers como non che fai nada. Lembro a cocia chea de xente que
fala e ri e xogan baralla. Vexo a meu pai contando sucedidos. Teo presente o rostro
da xente que al estaba con frecuencia: a Francisca, a Trindade, o Xos Antonio,
chamado o Mndez, o Pedro do Cura e a Avelina... Aquela casa, aquela cocia estaba
tan chea de alegra que sempre conto, terdesmo ouvido moitos de vs, que meu
primo Xermn dixo por aquel tempo: O Raimundo e a Teresa son un matrimonio que
lle dan xente ganas de casar, ningun dixo nunca frase mis fermosa sobre dunha
parella.
Naquela casa da mia infancia e no muo, cando o mundo era moito mis pequeno,
porque acababa pouco mis al do que acadaba a nosa vista e os nenos andabamos
mesturados cos adultos, conservo a imaxe do Xan, o carteiro, colorado e algo
3
bandulln, que unha vez lle dixo a meu pai, reparando no selo de correos da carta que
lle acababa de entregar para que a levase: Ai, Raimundo que te van prender.
Puxeches a Franco patas arriba, e eu pillei moito medo ao escoitar aquilo de levar
preso a meu pai.
Nestes recordos non podo esquecer Consuelo e ao Xos. As persoas que vivan na
casa que haba entre a nosa e mais o muo (ambos edificios eran propiedade deles,
ns timolos alugados) para min, sen ser da mia familia, uns avs bondadosos e
cheos de cario. E, claro est, a Manola e a Pepita, para as que sigo a gardar o mesmo
grande cario que daquela lles tia.
E, xaora, a familia: a ta Visita, o to Francisco, a ta Avelina, s da casa do to Ramn e
a ta Francisca, a onde eu sempre a de mala gana, porque con frecuencia estaba nela
don Dario, o crego, e preguntbame a doutrina. Aquel don Daro que che poda dicir
cousas tan desconcertantes coma: Y cmo hace el Nio Jess cuando se le pincha la
bicicleta? Eh, cmo hace? Porque el Nio Jess non te tiene desmontables... Pues hace
as con el dedito y ya est, la rueda parchada y a correr.... E despois unha ristra de
curms e curmaos todos remexidos uns polas casas dos outros. De entre todos teo
que facer mencin especial de Xon Xos e de Toms, pero estes mis que primos
foron irmaos, vivimos, coa Maruxa, os catro xuntos o mis da nosa vida de infancia,
adolescencia e primeira xuventude.
E lembro a escola, anda est a o seu fermoso edificio. Empecei a escola antes de me
ter chegado o tempo de escolarizacin obrigatoria, baixo o privilexio de que a mestra,
Caridade DoCampo, era curm de mia mai. Traame a Manola. Pero, digmolo as,
non houbo entendemento entre o mestre, Emilio, e mais eu. As que desde o segundo
da pasei aquel primeiro curso na escola das nenas e, mira ti por onde, estoulle moi
agradecido circunstancia que posibilitou iso. Como parece que xa la ben e de
corrido teo o recordo de me ver nun corro arredor da mesa da mestra lendo, coas
nenas mis grandes, nun libro que tia na cuberta un gran escudo de Espaa, aquel
creado polo franquismo haba unha ducia de anos. Tamn, xaora, houbo recreos nos
que aprendn a saltar corda, xogar mariola e outros xogos dos chamados
femininos, o que non quitou para que, pasado algn tempo, eu fose un bo xogador de
billarda, de bolas ou pen e outros xogos considerados masculinos.
En paralelo co recreo venme o acordo do camio da escola e del un da do mes de abril
no que, tendo sado da casa ao escuso de mia mai sen comer o almorzo, ao pasarmos
a Manola e mais eu por enfronte da casa da Francisca, ao p dun ribazo no alto de cal
haba unha rbore cativeira, non lembro cal, cantou o cuco e a muller desde a porta
berroume: Paquio, comiches o almorzo?, Interpretou atinadamente o meu silencio
culpbel e asegundou: Ai, pois acaba de te capar o cuco.
Por que estrao mecanismo da nosa memoria fican fixados nela acontecementos tan
nimios e escpansenos outros que eran verdadeiramente importantes e mesmo, as
veces, dramticos? Claro que lembro mortes e penas, nacn sete anos despois de se
acabar oficialmente a guerra civil. Pero hoxe s quero facer pasar por aqu as
lembranzas agradbeis daquel tempo, do Castro da mia infancia e do Muo: a mia
irm Maruxa que choraba moito e que a vestan con frecuencia de branco, os xogos, as
cereixas, as mazs e as peras... O faiado da casa do Xos e da Consuelo, lugar de
marabillas e sorpresas. Penso moitas veces nos faiados e nos sotos da mia infancia
como lugares nos que habitaba a fantasa. Al, en arcns, bais e estrados por todo
4
lugar, atopabamos os obxectos que facan que o noso mundo infantil se alargase e
habitase lugares de moi lonxe. Con frecuencia cousas que cruzaran o Atlntico nas
maletas dos emigrantes, e que mesmo pareca que o fixeran sen mis obxecto, a
xulgar polo abandono e o esquecemento no que al permanecan, que o de abrir a
todos os ventos a nosa imaxinacin. Penso isto cun sentimento de feliz seardade,
pero tamn de pena ao ver que os nenos e nenas das cidades perderon este goce.
Estn na mia memoria as moitas veces que can dos altos, non sei se por ter eu unha
predileccin especial por me subir a lugares perigosos ou por ser eu de natural zoupn.
Aquela vez na que can no pozo que estaban a facer cando construan a casa dos Roca,
e do que me sacou o Meiln, o carteiro de Arcos, ao tempo que lles afeaba aos homes
que facan o pozo que se riran de min mentres eu choraba asustado. Tamn can do
alpendre no que se cargaban os sacos de faria nas bestas dos homes e mulleres que
vian buscalos. Mais a cada das cadas na mia biografa foi no ro Lea. Fora inverno
de moita auga e haba unha crecida que deixaba o Muo illado e non se poda vir
doadamente a Castro, daquela eu tomei a decisin de ir pescar sen me consultar
con ningun. Meu pai e o Reloxeiro, padastro do xornalista e escritor XosTrapero
Pardo, conversaban sentados no peitoril da ponte cando o Reloxeiro dixo sentir un
neno que choraba. Virronse e al estaba eu agarrado a un salgueiro e en perigo de ser
arrastrado pola forte corrente da inverna.
Foi este un incidente que moito lle daba ao nunca esquecido Manuel Mara para se
meter comigo, e que moito lle segue a dar a Paco Martn para seguir a lle restar
importancia ao dramtico suceso, polo que debo darlle agora informacin pblica de
certos detalles que descoece, ignorancia que o leva a facer piada do meu triste
suceso. O ro Lea un importante afluente do ro Mio pola sa vertente esquerda,
que, nacendo no lugar de Laga, no concello de Pol, atravesa todo o concello de Castro
de Rei. Ten unha lonxitude de 23,5 km (mis do que hai de aqu a Lugo) e un caudal no
que pode afogar, coma nada, un pequeno nos tempos de inverna e non fago mis
que citar a Wikipedia.
Das de ledicia eran os de feira, das alegras cada mes. O da oito e o derradeiro
sbado. Gardo nidia memoria do lugar, da cor e, de xeito especial, do arrecendo dos
postos de pan de Mondoedo. Brancos coma luces e cheos duns ollos que lles daban
fasqua de esponxas. E despois o sabor, do que se pode dicir con total exactitude que
era o da gloria. Para o outro da habamos sar o Toms e mis eu rebusca de
patacns perdidos, unha peseta non chegamos a encontrala nunca, como tampouco
teo, a dicir verdade, a lembranza de termos atopado nada de valor.
Haba en Castro grandes festas, para min o mis bonito era a banda de msica que
tocaba despois da misa. Sempre con aquel interminbel Sitio de Zaragoza e coa
xente bailando muieiras e xotas, mais non por pertenceren a ningunha agrupacin de
baile, senn porque ese era o seu ser natural e daquela o mundo anda estaba perto do
da da creacin.
E o cinema. Foi aqu en Castro onde vin a primeira pelcula da mia vida. Foi na casa de
Carreira. Non sei cal era o filme, mis ben penso que eran varias curtas, pero algunhas
deban ser anacos de pelculas longas, porque lle teo escoitado a meu pai, cando me
contaba a ancdota que vos relatarei a continuacin, que lembraba perfectamente a
escena de Harold Lloyd agarrado agulla do reloxo no alto do edificio, e iso sucede
nunha pelcula deste actor Safety Last! (1923). Fose o que fose, eu vin a proxeccin
5
sentado no colo de meu pai e, contoumo el moitsimas veces, Manuel de Penalba, que
estaba sentado a carn del, dxolle acenando para min e impresionado pola
reconcentrada atencin que poa eu ao que suceda na pantalla: Oes, Raimundo,
non sei canto daba agora mesmo por saber o que pasa pola cabeza do teu pequeno.
Algo importante deba pasar, xa que a naceu un amante do cinema e de a se acendeu
unha parte moi grande da ollada coa que vin o mundo.
Como naceron naquel tempo, cos contos de meu pai, aquel fistor do que dica a sa
irm Florentina que a realidade non se fara presente at que Raimundo a narrara, e de
mia mai, a que recitaba a Juan de la Cruz, cantaba tangos e cupls, con ambas e das
cousas fronse pintando na mia alma infantil as palabras e as imaxes que daran vida
ao escritor que quixen e quero ser.
Podera por moito tempo seguir a contar recordos e dara nos da Feira do Monte, os
dos meus outros pais, Toms e Adelaida, os meus padrios tan lembrados e chorados
como lembro e choro a Teresa e Raimundo. E a contaravos unha adolescencia que,
anda coa amargura propia da etapa, cos namoros frustrados e a incomprensin
universal, visto agora, foi un tempo feliz, non Toms, Xon, Maruxa?
E fica anda unha lembranza daquel Castro da mia primeira luz. Aqu chegoume no
medio dos cantos dos paxaros, desde aquel cuco que pretendeu, felizmente sen xito,
dobregar a mia virilidade, a todos os rechouchos aprendidos daquela: merlos que
asubiaban entre o orballo da ma; o insistente cho das papuxas ben distinto do que
fai o reiseor antes de emprender o seu harmonioso asubo; o suave estalio do
carrizo. E o son inesquecbel das lavercas a chiar no alto do ceo durante as plantas das
patacas al no marzo, cando os paxarios andan a se namorar con chos e melodas,
dica que no medio deses sons chegoume o mis sublime e mis mxico de todos, a
palabra. A palabra que a Teresa ganduxaba na mia alma, a palabra branca de faria
triga do Raimundo, dono e seor do mis rico lxico que en ningun encontrei
despois. As recibn, coma unha uncin, a lingua. Esta na que vos falo e vs falades.
Esa que ten que ter un espazo nisto que vos estou a dicir, porque de non ser as non se
entendera de que xeito estou no mundo, por que teimo en seguir a escribir este
continuo relato do vivir. A mesma lingua que a ignorancia vitupera e despreza, a que o
poder desatende mentres contempla, indiferente, como se desgaxa da alma dos
galegos e galegas mis novos, como se van convertendo en individuos estraos
lingua propia do pas que os viu nacer e que ve como se allean de si mesmos, daquilo
que son por nacencia, galegas e galegos. Como posbel contemplar sen dor a
estarrecedora situacin de que en pouco tempo haber galegos e galegas incapaces
de dicir maz, la, xlgaro, estralampar, saudade, namoro, beizo, aperta, corpo, beixo,
orella, tempa, seo, coxa, sufraxe...? Eu, privado da sa lectura e da sa escritura, tiven
que me criar analfabeto na mia lingua e hoxe mesmo sabemos que veen a, coma
naqueles facareos tempos, xeracins que tamn se cran as porque a torpeza
lexislativa permite que o galego estea ausente da sa escolarizacin. Como posbel
que permanezamos tan tranquilos sabendo que pode haber xeracins prximas que
non poidan nin queiran ler a Rosala de Castro nos Cantares Gallegos ou Follas Novas,
a Manuel Mara en Terra Ch, a Cunqueiro en Merln e familia, a Castelao en Cousas ou
a Blanco Amor en Xente ao lonxe? E cando falo desta lingua non exclo ningunha
outra, porque eu tamn quero que lean El Quijote e a poesa de Juan de la Cruz, de
Lorca ou de Cernuda. E, se posbel que lean en ingls a Shakespeare ou a Faulkner, e
6
en francs a Verne ou a Camus, claro que quero todo para os galegos do futuro. Eu
non exclo, son outros os que o fan. Pero como pode ningun pensar que lles vai ser
posbel vivir no amor palabra como cerna da alma humana, como instrumento de
creacin do mundo a aqueles que desprezan e anoxan a lingua de seu, a lingua propia
do pas que lles d nome.
Falo da lingua que recibimos con amor dos nosos pais, a que leva as palabras de
aloumio da nosa infancia, a que contn a alma deste pobo que nos d nome e xeito
de estar no mundo. Porque a alma dun pobo a sa cultura propia, e o instrumento
desa alma a lingua. Digo, as en chairego: mai, mao, irmao, abidueira, teipa, chao,
carpaza, seardade, carqueixa, muito, truita... as palabras que fixeron de min o que
son: galego e nada mis quero ser nin parecer. Pero tamn falo das da ciencia, do
dereito, das matemticas e quero que os galegos digan: catlise, calcoxenuro,
elastase, dixitalizacin, lxebra, ngulos opostos, bixeccin, metro cadrado, sete ao
cubo, eixe radical, custo de eficiencia, enquisa de mercado, criminoloxa, custas
procesuais, obrigado tributario, testemuo notarial... A nosa lingua en todas as
ciencias, en todos os medios, en todos os camios que levan luz do coecemento.
Canto mis galegos sexamos mis espazo ocuparemos no universo e mis respecto lle
mereceremos ao mundo. Porque eu quero, como escribe Cunqueiro:
Deixaban o pas onde anoitece
polo pas onde amence.
4
E sigamos niso, irms e irmaos, na defensa desta lingua de noso, porque ningn
esforzo intil na loita por darlle esas mil primaveras mis s que nos comprometeu
Cunqueiro, todo ser se persistimos, todo haber se non cedemos, porque como dixo
Jos ngel Valente:
Haber llevado el fuego un solo instante
razn nos da de la esperanza.
5
hora de ir acabando, e colcome neste intre no que, merc xenerosidade de tantos
amigos e amigas da AELG, quero dicir da sa directiva e de todas as escritoras e
escritores que constiten a asociacin, e coa colaboracin non menos xenerosa do
Concello de Castro de Rei e demais institucins, vexo, chantada a diante, unha pedra
na que estn inscritas as mias palabras. Unha pedra que poedes coa intencin e o
desexo de que diga de min e da mia orixe aos camiantes de hoxe e dos tempos que
vean. S agradecemento ten o meu corazn para vs. Porque, ademais, agora
imaxino a meus pais vendo o meu nome na placa desta avenida, e vxoos a eles cheos
dun orgullo sen fachenda, do orgullo humilde de quen sabe que isto, fin, tamn
mrito deles e do seu xeito de me criar. Esa escena, imaxinada como propio do meu
oficio, un teatro da mis grande emocin para min.
Pedn que ao p da pedra se plantase unha cerdeira. Amo esta rbore e ela est na
mia infancia de Castro, detrs da nosa casa haba unha moi grande da que algunhas
plas pousaban sobre do lousado. A sa albura no comezo da primavera e vela despois
vermellar segundo a estacin avanzaba, son cores que se escribiron no fondo dos ollos
da mia alma. Ser por iso que tanto me gustaron, desde a primeira vez que os lin,
estes versos de Antn Avils de Taramancos:
4
lvaro Cunqueiro: Os oficios de Bran (Herba aqu e acol) Edit. Galaxia, 2011
5
Jos ngel Valente: La memoria y los signos (1966)
7
A chuvia
poboada de vagalumes frescos
recibir no instante un sabor de cereixa
de mel brunido e vermelliza prola:
debrzase no po e novamente
faise lquida luz
encadeada luz que agora canta
de canle en canle en interior albura.
Imos plantar unha cerdeira nova
Temos que darlle esa alegra vento.
6
Medre, pois, a cerdeira que garda a memoria daquela outra que medraba nO Muo
de Castro, porque somos memoria, s iso somos e iso contamos. Non hai moito
escribn, falando de Agustn, somos o que escribimos, e agora engado, porque
escribimos o que fomos e desexamos seguir sendo. No meu caso o fillo de Teresa
DoCampo, que tantas puntadas deu e de Raimundo Puente, o muieiro de Castro.
Fico obrigado pola vosa atencin.
Castro, 21 de xuo de 2014
Xabier P. DoCampo
6
Antn Avils de Taramancos: Os poemas da ausencia, 1963-1969 - En O tempo no espello, Edicis do Castro,
1982.