Número 26

Marzo 2014

Os parrulos e a pata
O concello de Ponteareas apareceu outra vez nos medios e, coma case sempre, non por algo positivo, senón pola “operación patos”. Pero nós imos falar da pata. A pata que meteron facendo, para desfrute dos veciños, un paseo fluvial polo río Tea, eliminando o camiño de pescadores existente, deteriorando a beira do río, a fauna,… Iso si, facendo un moito mellor, ó prezo de 100.000 euros o quilómetro e que xa desapareceu en parte polas enchentas do inverno e que foi denunciado en Estrasburgo polo grupo ecoloxista ADENCO. A pata que volveron meter na recuperación do Regato da Venda, maltratado durante anos polo concello, que agora pretenden revitalizar facendo outro paseo para os veciños. E para iso van facer outra das súas: a expropiación parcial dunha vivenda protexida por Patrimonio, arrasando cun canastro e co muro do acceso principal que inclúe un cruceiro do mestre Cerviño. Esperamos que fagan o mesmo cando cheguen á altura do edificio construído en zona verde, baixo o que paso o regato canalizado por baixo. En fin, como ven pasando neste pobo sempre que se encontran con algo protexido por Patrimonio, esquécense de pedir permiso ou, coma neste caso, omiten no proxecto os inmobles ou elementos protexidos. Señores, estas non son cousas de parrulos, senón máis ben de gansos.

CABRONEAR
Se nos ocurre que durante unos años, al menos, hemos hecho un poco de las nuestras. Entonces advertimos que desde el punto de vista de ellos (de los que todos y todas sabemos quiénes), “hacer de las suyas” es algo mal visto o es peyorativo, ¿o no es así? El caso es que no existe palabra para expresar la fórmula correspondiente: “hacer de las de ellos” Proponemos, pues, ’cabronear’; y no explicaremos su significado por no mostrar lo obvio. ‘Cabronear’, en fin, frente a ‘putear’ o junto a ella, explícita, final y contundente definición de lo que claramente (por más que se oscurezca: los ‘medios’, el no ver porque no se quiere…),es la realidad más constatable;y dígase de una vez: soportamos los más con las más, con más o menos pasmo cada día, con menos o más paciencia, y por fortuna algunos y algunas nunca resignados del todo, una de las cotidianidades históricamente más deplorables de cuantas haya vivido individuo alguno de quien pueda contarse. Dicho de otra forma: es muy posible que en algún sentido, en la historia del ser humano, a pesar de lo ‘bien’ que se vive, nunca se haya vivido en realidad tan mal como vivimos ahora, por no hablar de quienes viven todavía peor. Nota bene: tradúzcase‘cabronear’, a cuantos idiomas fuere posible.

De tan artera Era, que en suerte nos tocó vivir o desvivir, no cabe sino huirse. Subvertir, dislocar, y siempre avergonzarse.

El bienestar de un mundo,
pisando a tantos otros, y tan impunemente.

Josefa López
Nada na Coruña en 1864, foi fundadora da “Sociedad de Obreras Cigarreras 'La Nueva Aurora', que, en representación do seu colectivo, foi a única muller que participaou no Congreso da CNT, celebrado en 1919 no Teatro da Comedia de Madrid. O feito foi subliñado polo xornal fundado por Rodrigo Soriano, España Nueva, que publicou unha semblanza da delegada coruñesa. Máis tarde recada diñeiro en Bilbao para enviar a favor dos presos e represaliados de Barcelona.
Fontes: Enciclopedia Histórica del Anarquismo Español e O anarquismo na Galiza. Apuntes para unha enciclopedia (Eliseo Fernández e Dionisio Pereira).

“Traballade, traballade, proletarios, para aumentar a fortuna social e as vosas miserias individuais. Traballade, traballade para que, facéndovos cada vez máis pobres, teñades máis razón para traballar e para ser miserables. Tal é a lei inexorable da produción capitalista”.
Paul Lafargue, 1848

Habría que pensar con qué clase de hilo se tejen las banderas, qué es lo que separan los pasos fronterizos, esa barrera infame hacia los otros no unidos por el vínculo alienante.

Encol dos conflitos socioambientais en Ponteareas
A Comarca do Condado, e máis concretamente o concello de Ponteareas, semella un territorio propicio para que as empresas e os especuladores realicen as súas falcatruadas medioambientais. O noso entorno atópase en constante perigo de instalación de industrias perigosas e contaminantes ademais dos habituais verquidos ao río, escombreiras de cascallos, etc. Ben é certo tamén que nos últimos anos o noso querido concello de Ponteareas ten sido noticia por diversos conflitos e problemáticas socioambientais. Desde o Ateneo temos participado, con distintos graos de implicación, en varios destes conflitos. Así, por exemplo, no caso do vertedoiro de Ponteareas na Picaraña fíxose un traballo de concienciación sobre os efectos dos lixiviados e dos contaminantes químicos que afectan ás augas dos veciñanza de Canedo. Aínda que cecais o conflito no que o Ateneo ten participado de xeito máis intenso probablemente sexa na loita contra o proxecto de macroplanta de incineración de biomasa que se pretendeu instalar en Ribadetea e que se puido parar grazas á actuación e á presión dos movementos sociais e veciñais da contorna. É preciso lembrar que o conflito continúa aínda na actualidade ao existir a pretensión por parte da empresa da instalación da macroincineradora no lugar de A Lagoa en Mondariz. Cando nos referimos a estes conflitos, un aspecto relevante é que a pesares da pouca organización e implicación social existente nas aldeas e mesmo nos principais núcleos de poboación, esta clase de conflitos emerxe en ocasións como unha faísca que prende e que favorece certo grado de mobilización social e posibilidades de cuestionar o modelo de desenvolvemento no que vivimos. Este ámbito crítico debería de ser fomentado polos colectivos e individualidades conscientes que loitan contra o modelo económico capitalista. Cómpre destapar as colaboracións necesarias entre o poder político e o poder económico existentes nesta clase de conflitos. Todos lembramos a pegada e a repercusión dalgúns destes conflitos como esas importantes manifestacións da veciñanza de Oliveira (e non só dela) contra a cementeira percorrendo as rúas do concello ou as manifestacións de defensa do río Tea xa fai unha morea de anos. Recentemente ten xurdido unha nova faísca crítica por parte dos veciños e das veciñas dunha aldea do noso pobo, concretamente en Ribadetea. Nesta ocasión a mobilización xurde da defensa dun recur-

so común e tan importante como é a auga veciñal. O caso é o seguinte: pretendeuse aplicar herbicida no monte veciñal (supostamente para controlar especies arbóreas invasoras) no mesmo lugar no que se atopan as arquetas de captación de auga das traídas veciñais. O risco de contaminación da auga dos veciños resultaba máis que probable. Nese contexto un grupo de veciños e de veciñas organizouse de xeito asembleario e comezou a realizar accións e traballos a prol de evitar a aplicación do herbicida. O punto culmen do conflito sucedeu coa acción defensiva dos veciños impedindo a un camión cisterna a aplicación do herbicida. Este recente conflito é unha pequena raiola de esperanza no negro contexto no que nos atopamos e pode servir de exemplo para futuras mobilizacións de carácter socioambiental.

Polo río abaixo van… 700.000 euros de pé; corre que te corre, quen os puidera coller... Preguntaba a oposición no pleno de debate da senda fluvial e de cicloturismo do Tea quen se ía facer cargo dos gastos de conservación unha vez acabada, tendo en conta o estado de abandono doutras áreas fluviais xa existentes na vila; o señor alcalde contestou que o abandono non era tal, senón que se debía “ó vandalismo brutal existente no municipio”. Ninguén pensou nas enchentas do río, na flora, na fauna,…,é dicir, no enorme impacto ambiental que ía supoñer a súa execución. De feito evitouse tal estudo partindo en dúas partes o proxecto e violando, deste xeito, a lexislación sobre impacto ambiental. Co “listos” que son para outras cousas resulta incomprensible que non se lles ocorrese facer unha vía fluvial flotante. Realmente si que existe un vandalismo brutal neste concello, o dos piliticuchos que o malgobernan. O caso é que alá van 700.000 euros ó carallo. ¿Non haberá mellores opcións para meter case un millón de euros?

Bienestar indolente y doloso
El poema se impone y sólo un pero hay muy al principio: ¡Poca cosa son versos, para tanta desdicha ninguneada! ¡Cuánta ignominia a nuestro alrededor, y nosotros dichosos! Como si en nada fuera con nosotros, toda esa miseria que engendra nuestra opulencia. ¡Qué vergonzante bienestar el nuestro! Un bienestar sembrado de cadáveres, insaciable y asfixiante bienestar, que alienta todo cuanto destruye, combate todo cuanto abre puertas. Un bienestar a flote, sobre una ciénaga de malestares.

LIBRO RECOMENDADO
Neste número suxerimos esta pequena obra de Paul Lafargue (18421911), político e pensador francés, titulada Dereito á preguiza, publicada por primeira vez no ano 1880, no xornal LÉgalité. Trátase dun ensaio considerado utópico no que, en estilo irónico, denuncia as negativas consecuencias do traballo asalariado e do traballo en xeral, refutando así o dereito ó traballo proclamado na revolución de 1848 e negando a existencia dun traballo enaxenado e un traballo liberado, tal como defencía Marx. A proposta de Lafargue é alcanzar as condicións dos dereitos de benestar, culminando así a revolución social, cunha saciedade que pode consagrar o seu tempo ás ciencias, á arte e á satisfacción das necesidades humanas elementais. Para iso suxire o emprego xeralizado de máquinas e a redución da xornada laboral. Grazas ó seu polémico contido, este libro acadou grandes cotas de popularidade a finais do século XIX dentro do movemento obreiro europeo.

lumenegro@yahoo.es www.lumenegro.blogspot.com

Sign up to vote on this title
UsefulNot useful