Está en la página 1de 14

HISTORIA MEDIEVAL DE GALICIA

PROF. D. ERMELINDO PORTELA SILVA
UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
CURSO 2007/2008

MANUEL PÉREZ LORENZO
SAMOEDO-SADA

Mª C. Paixases da Alta Idade Media 3. Galicia. en Nova Historia de Galicia. polo tanto. Evolución das estruturas familiares 11. Contidos: As clases iniciaranse coa introdución xeral que atenderá á delimitación conceptual. As transformacións na organización do espazo: o mundo rural 5. como as referidas á historia medieval de Europa e España. O obxectivo é.. os temas abordados tentarán explicar a orde e o cambio social. IV. lles permitan acceder aos problemas históricos de xeito máis profundo. “Idade Media”. cronolóxica e espacial da historia medieval de Galicia. A igrexa galega nos séculos XII e XIII 8. avanzar. Galicia. Tempos de crises 9. As transformacións na organización do espazo: o mundo urbano 6. A plenitude da Galicia feudal (ss. E. no dominio do método histórico. XIV e XV). A vida das mulleres na Galicia medieval 10. agora sobre un ámbito espacial máis reducido. Dentro de cada un dos períodos sinalados. 1991. os alumnos deben ter acadado un nivel de coñecementos que. Mulleres e homes na Alta Idade Media 4. Mentalidade e relixiosidade 12. na fronteira co Islam 2. Continuidade e transición nos séculos VIII ao XI. un reino da Hispania medieval 7. PORTELA. V ao VIII). A guerra irmandiña como expresión das contradicións internas da sociedade feudal Bibliografía básica e complementaria Bibliografía básica: PALLARES.. Samoedo -2- Sada . políticos e mentais. Galicia na época medieval. O tempo das revoltas (ss. II. XII e XIII). A Coruña. III. A Coruña. de acordo cos condicionamentos materiais. Mª C. A Galicia xermánica (ss. 1996. Temario: 1.Hª. Os contidos temáticos ordenaranse en catro grandes partes: I. E. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo PROGRAMA DA MATERIA Obxectivos da materia: Despois de ter cursado materias de carácter máis xeral. mediante a delimitación máis precisa dos fenómenos que se van estudar e a maior proximidade ás fontes.. PALLARES.. PORTELA.

Hª. revisada y ampliada. Pontevedra en los siglos XII a XV. Santiago de Compostela. ¡Viva el-Rei! Ensaios medievais. 1996. ARMAS CASTRO. 1987.. PASTOR. MªC. A cidade de Ourense no século XV. PALLARES MÉNDEZ. e PORTELA.. J.. 1992. PORTELA. La colonización cisterciense (11421250). Mª C.. P. LÓPEZ ALSINA. Santiago de Compostela. A vida das mulleres na Galicia medieval (1100-1500). GONZÁLEZ VÁZQUEZ. en Atlas Histórico. 2tomos.. San Sebastián. 1996. Poder monástico y grupos domésticos en la Galicia foral (siglos XIII-XV). et alii. 1988. 1988. 2ª ed. La Iglesia de Santiago de Compostela en la Edad Media: el cabildo catedralicio (11001400). J. PALLARES. Bibliografía complementaria: ANDRADE CERNADAS.). J.. Monxes e mosteiros na Galicia medieval. Galicia. 1999. DAVID. Santiago de Compostela. Samoedo -3- Sada .. pp. FERREIRA PRIEGUE. Mª C. 2004. Études historiques sur la Galice et le Portugal du VI aux XII siécle. A Coruña. 1998. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media. La sociedad gallega en la Alta Edad Media. GARCÍA ORO. MªC. Vigo. E. Lisboa-Paris. Madrid. E. A. Madrid.. PORTELA SILVA. Un ejemplo del protagonismo monástico en la Galicia medieval. Vigo. PALLARES MÉNDEZ. M.. Sociedade urbana na Galicia baixomedieval. Pontevedra. A Coruña.. Una sociedad en la expansión y en la crisis.. Pontevedra. Madrid. MªC. PÉREZ RODRÍGUEZ. E. 1999. 1998. 1976. Fco. C. PALLARES MÉNDEZ. El monasterio de Sobrado. 1995. 2006. 1990. 1947. 2003. coord. A Coruña. et alii. propiedad y redes sociales en la Galicia monástica 1200 – 1230). ISLA FREZ. una aristócrata del siglo X.. 6-58. Santiago de Compostela.. A. La región del obispado de Tuy en los siglos XII a XV. Santiago de Compostela.. El arzobispo de Santiago: una instancia de poder en la Edad Media (1150-1400). Ilduara. 2º ed. PASTOR.. Ourense. Galicia en el comercio marítimo medieval. A Coruña. . 1979. 1992. R. Santiago de Compostela. PORTELA SILVA. Santiago de Compostela. “Historia Medieval”. BARROS GUIMERÁNS.Galicia en los siglos XIV y XV. Transacciones sin mercado: instituciones. R. LÓPEZ CARREIRA. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo PALLARES.. F. 1996.M. Rodríguez Galdo.. J. Textos para a historia das mulleres en Galicia (Mª X. La reina Urraca. E. Configuración y desarrollo de una villa marinera en la Galicia medieval. 1981.

están as seguintes: 1. 2001. A Coruña.. El castillo y su historia. E.. Competencias: Entre as que. Historia da cidade de Santiago de Compostela. Santiago de Compostela. que será realizada sempre co apoio do ordenador e do proxector de vídeo.E. 6. 3. MªC. Madrid. sempre con referencia á Galicia da Idade Media. A presentación de cada un dos temas. LACARRA.. PALLARES.. Santiago de Compostela. X. 1993. baseados na selección e integración de información bibliográfica. PORTELA. El rey y el reino. C. C. Metodoloxía da ensinanza: O conxunto do traballo dos alumnos será orientado. Santiago de Compostela. 4.Comprensión da articulación da evolución histórica de Galicia nos marcos hispánico e europeo. VÁZQUEZ DE PARGA.. RODRÍGUEZ NÚÑEZ. poden acadar os alumnos. Burgos. nas que o profesor exporá unha selección significativa dos temas do programa. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo PORTELA SILVA.Percepción crítica do pasado social como base para a comprensión da sociedade actual. textos e bibliografía específica. 2003. 2004. 3 tomos. Rocha Forte. García II de Galicia. El papel de la mujer en la sociedad medieval. (coord. Estudios sobre Galicia en la temprana Edad Media.. SÁNCHEZ . incluirá un esquema amplo. 1993. 1981. L.M. na aprendizaxe desta materia.Adquisición de competencias para a identificación e valoración do patrimonio histórico. espacio y poder. Lugo. As orixes do foro na Galicia medieval. RÍOS RODRÍGUEZ. A Coruña.Capacitación para a elaboración de traballos de historia medieval de Galicia.Coñecemento e familiarización co método histórico e percepción deste coñecemento como proceso en permanente construción. E. J. C. MªC y SANCHEZ. TORRES. 1992. Mª y URÍA. As clases prácticas dedicaranse a sesións de seminario en grupos reducidos e a prácticas de campo.. El reino de los suevos.. PORTELA SILVA. 5. J. Poder y sociedad en la Galicia medieval.AA. Santiago de Compostela. De Galicia en la Edad Media. 2. material gráfico. 1948.. VV. Los conventos femeninos en Galicia. 1977.). en primeiro lugar. PORTELA. y PALLARES. Sociedad.Adquisición de coñecementos precisos sobre acontecementos e procesos de cambio histórico referidos á Galicia medieval.ALBORNOZ. arqueolóxico e artístico. As sesións de seminario estarán ocupadas pola Samoedo -4- Sada . Las peregrinaciones a Santiago de Compostela. 1993. E. Santiago de Compostela. polas clases teóricas..Hª. Mª L.

Hª. Tempo de estudos e de traballo persoal que debe dedicar un estudante para superala: O tempo considerado necesario para a preparación da materia é de oito horas semanais. A cualificación final da materia resultará da integración proporcionada dos elementos sinalados: asistencia (20%). O contido dos seminarios terá como obxectivo o afondamento no coñecemento de temas de especial relevancia para a comprensión da evolución política e social de Galicia na Idade Media. actividades prácticas (40%). Sistema de avaliación da aprendizaxe: A presenza e participación activa nas actividades desenvolvidas na aula é instrumento principal para a consecución dos obxectivos da materia e será tida en conta como elemento principal da avaliación. incluídas as clases teóricas e prácticas. A realización das actividades prácticas será obxecto dunha valoración específica. examen (40%). xunto coa indispensable constancia no estudo. Os alumnos darán conta do nivel de coñecementos na materia mediante unha proba escrita. Ermelindo Portela Silva Mª Carmen Pallares Méndez Samoedo -5- Sada . os instrumentos axeitados para acadar os obxectivos que se propoñen. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo discusión de lecturas previamente seleccionadas polo profesor e realizadas polos alumnos. As actividades academicamente dirixidas incluirán visitas a lugares de especial interese histórico da cidade de Compostela e ao arquivo da catedral de Santiago. Recomendacións para o estudo da materia: A asistencia ás clases teóricas e ás actividades prácticas e a realización das lecturas recomendadas son.

Galicia. que ataca Santiago de Compostela. Expedicións dos musulmáns No 711. que ocasionou incursións nos anos 795. No tránsito do s. Mais Galicia non se integra no espazo político que gobernan os musulmáns. cando voltan ao Guadalquivir. iso si. xa que afectaban relativamente a un territorio moi reducido. X. Teríanse establecido. VIII a mediados do IX) destaca. Cos datos que temos non podemos falar dunha quebra. XI si se fai referencia a este territorio. nese momento cunha notable importancia dentro dos reinos cristiáns. 808. A conquista musulmá significa a desaparición do reino hispano-visigodo. Efectos: continuidade na poboación do espazo Temos constacia dunha expedición ou razzia musulmá a Lugo (con Muzza á fronte). Dentro do Reino Visigodo de Toledo manterá certa independencia e personalidade. As crónicas da época a penas din nada fiable sobre as invasións islámicas en Galicia. pola integración de Galicia na monarquía ovetense. Galicia xa é unha realidade.Hª. a expedición de Almanzor. xa que logo. a fronteira cristiá sitúase xa no Mondego. Con Alfonso II establécese o Reino de Oviedo. Prodúcese entón. Galicia pasa a estar situada na fronteira co Islam. ao sur do Douro. IX ao X. Co establecemento do poder en Córdoba (Abderramán I) comezamos a ter noticias dos musulmáns no norte. e Galicia pasa a integrarse neste ámbito. as marxes da vía pola que circulaban. logo da conquista e da instauración do poder islámico no sur peninsular. As expedicións pódense dividir entre as anteriores e posteriores a Alfonso II. 2. serviría de refuxio a diversas comunidades cristiás. Haberá incursións devastadoras. 835. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo TEMA I: GALICIA NA FRONTEIRA CO ISLAM 1. abandonando o seu asentamento á altura do 748. Nun texto do s. algúns grupos bereberes. O que si. O longo reinado de Alfonso II (desde finais do s. 840 e 841. xa a finais do s. A magnitude destas expedicións non se pode esaxerar. Existe unha noción con contido político (herdado da Gallaecia romana) e social. O Reino Suevo constituíu unha confirmación e continuidade da provincia romana. pero tamén polo fortalecemento do reino de Abderramán II. 825. A repercusión será Samoedo -6- Sada . no 977. declarando que nunca se chegou a instalar o dominio musulmán.

(Crónica de Manuel Pérez Lorenzo San Pío. Breviarium Apostollorum. VII.Hª. en tempos do rei Mauregato. Nada disto permite falar dunha ruptura e de destruccións xeralizadas. O poder asturiano afírmase fronte a outros. As referencias máis antigas a Galicia nas crónicas do Reino Ovetense transmítennos que os primeiros rei asturianos manteñen enfrontamentos cos galegos. No medio do bosque descúbrese unha sepultura derruida á que dan culto os anxos: o sepulcro do Apóstolo Santiago. Pouco despois. impóndose pola forza. O Beato de Liébana. ata ser posteriormente descoberta por Teodomiro. que moitos historiadores identificaron coma repoboación. O Arzobispo Xelmírez dirixirá a defensa. Débese. Esas relacións conflitivas deixan de selo desde o reinado de Alfonso II. A primeira reacción do Bispo é dárlle conta ao rei Alfonso II. e polo tanto non hai unha repoboación. defende esta mesma idea. do s. diversas crónicas árabes. Non estaba despoboado. Constrúese entón a lenda da traslación do corpo de Santiago Samoedo -7- Sada .e os cronistas refírense a un proceso de “repoblavit”. Tamén son destacables os ataques almorávides. Esta tradición repítese nas crónicas posteriores. Galicia era un territorio habitado e organizado. recibe noticias de que preto de San Fiz de Solovio un ermidaño afirma ter presenciado visións luminarias. pero si unha integración de Galicia no novo Reino Ovetense. A primeira testemuña desta cordialidade foi un documento sobre un pleito no mosteiro de Vilouchada. defendían a prédica de Santiago en Galicia. Medieval de Galicia enorme etc. VIII. tivera só significado político. Manéndez Pidal propuxo unha teoría alternativa. negar a tese da despoboación. O que temos é unha historia política que desenvolve os seus feitos fundamentais en torno ao sepulcro de Santiago Apóstolo. interpretando literalmente os textos. falaba de despoboación e repoboación. Teodomiro. O recurso demográfico serve para xustificar o cese do culto á tumba do Apóstolo. Nembargantes. 3. Seguramente. No s. reconstruindo as Torres do Oeste e armando barcos. É a derradeira manifestación dos ataques musulmáns en Galicia. Santiago fora martirizado en Palestina. xa que logo. co significado político de “populum”. Poboadores: substrato e nova poboación Porque estas incidencias de escaso calado habían causar a despoboación e consecuente repoboación? No reinado de Alfonso III prodúcese un avance desde o Miño ata o Mondego. Sánchez Albornoz.). Bispo de Iria. dirixido por Alfonso II. Uns textos antigos. incursións piratas desde a costa.

No ciclo medieval distinguimos movementos de saída pola península e tamén chegadas de mozárabes e francos. O que si está verificado arqueoloxicamente é o traslado da residencia de Teodomiro a este lugar. xudeus1 e outros visitantes ocasionais como os normandos. xa que se conserva o seu sepulcro. do 847. Non hai. O descubrimento teríase producido sobre o 830. chegaron francos. 1 Asentados en Esmelle e vencellados a un porto adicado á caza da balea. pois. un grupo céltico aséntase ne torno á sede de Britonia.Hª. En Galicia temos unha poboación con substratos prerromanos. ampliándose o dominio cristián á totalidade do territorio galego. A integración de Galicia no Reino Ovetense avanza nos reinados de Alfonso III e Ordoño I. que demostra un fluxo de poboadores galegos. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo nunha barca de pedra ata Galicia e a súa entrada ata Compostela pola ría de Arousa.000). Fernando II integra tamén a León. En Portugal hai numerosos topónimos co sufixo galeg. Alfonso III mandara construír en Compostela unha nova igrexa en estilo asturiano. despoboación e repoboación. No 1064. Samoedo -8- Sada . Finalmente. romanos e suevos. os musulmáns. A Galicia. etc. logo dos suevos (que foron uns 30.

a escuadra viquinga ataca a ría de Arousa. mais habemos convir en que existiron incursións perigosas que caracterizaron a relación co mar. A Mar temida Galicia mantén un fondo contaxto co mar. XIII a fronteira establécese no Miño. con tres conventos. X temos novas incursións que se adentran no interior: a Santa Eulalia de Curtis e Santa María de Boente. O Bispo de Tui ten que abandonar a cidade e buscar refuxio no val do Limia. No s. Son as chamadas “segundas invasións”. Axiña cambian as cousas nos séculos centrais da Idade Media. A Galicia que recibe en herdanza o rei don García é aíanda a Galicia antiga prolongada car o sur coa actividade reconquistadora. igual que noutros textos. Territorio: Idade Media a pervivencia da Gallaecia na Alta Temos. Os conventos xurídicos de Lugo e Braga exténdense do Cantábrico ao Douro. Estes ataques xeralmente foron esaxerados polas fontes. hai que referirse. herdada da tradición romano-xermánica. coma porta de entreda de numerosos ataques exteriores. no 858. a Gallaecia antiga é máis ampla que a actual. e Sisnando II morre na defensa. XI. outra. 3. o mar vese con medo.Hª. xa que logo. o Bispo Creconio deféndese dos normandos construíndo as Torres do Oeste e o segundo recinto de Santiago. a un territorio máis amplo. que inclúe Portugal e outras áreas da meseta. á que se enfrontou un tal “Conde Pedro”. Polo tanto. A comezos do s. respecto á paisaxe. Mais. XI. a primeira no 844. sensibilidade e coñecemento da paisaxe polo individuo Samoedo -9- Sada . No s. na Alta Idade Media. coas incursións normandas. unha situación de continuidade. Lucense e Bracaerense. Un documento sobre o repartoda herdanza de Gutier e Ilduara fala de propiedades en Galicia e na “terra de fóra”. No século seguinte edifícase a primeira fortificación de Santiago(Sisnando II) para se defenderen dos normandos. coa defensa da Coruña por parte de Ramiro I. No 968. Eginardo. Nos anos centrais do s. Cando falamos da Galicia medieval. na “Vita de Carlomago” di que Alfonso II era rei de Asturias e de Galicia. 2. Asturiense. pola súa longa costa. Percepción. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo TEMA II: PAISAXES DA ALTA IDADE MEDIA 1.

Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo O textos demostran que o espazo si é percibido polos habitantes. II e máis especialmente despois do s. a visión do mundo adquirida nas lecturas e nas viaxes a maior distancia. que nacen as “villae”. Seguindo o seu modelo elaborouse unha infinidade profusamente ilustrados con miniaturas fermosísimas. coma na maioría dos casos coñecidos. Nunha “villa” pode haber grandes e pequenos propietarios. Antealtares e. logo do s. Sobrado. A “villa” é un espazo de asentamento campesiño precisamente delimitado. en moitos casos. A concepción do espazo é moi precisa. Moitas están controladas por mosteiros. Destacan Samos. No interior localízanse senllas “eclesiae”. ademais. coma consecuencia deste proceso. Podemos establecer os seus límites nas beiras do Arnoia. “Etimologías”. precisamente. 3 Samoedo -10- de manuscritos Sada . perden protagonismo en favor de novos asentamentos. O desprazamento a pe facíalles ter unha concepción moito máis profunda e rica da que podemos ter na actualidade. Coa chegada dos romanos os castros. É entón. A nobreza e a xente instruída tiñan. os grandes depósitos de información para coñecer este fenómeno. por exemplo. non esmorecen. As “villae” estaban comunicadas co resto do territorio mediante as vías romanas. polo que os seus habitantes son os “filli eclesiae”. ás obras de Isidoro de Sevilla. O clero. ficando abandonados ou mudando as súas funcións. VI perderon definitivamente as súas funcións coma centros fortificados de habitación. sobre todo. que nos informa sobre dous casos paradigmáticos de “villae” profundamente estudados: Rabal e Bobadela. Celanova. Os límites estaban ben marcados e eran coñecidos. Neste espazo desenvólvense actividades relacionadas coa habitación e explotación da terra. coma células de habitabilidade. O territorio organizado: a “villa” da Alta Idade Media “Villae” é o nome que se utiliza sistematicamente para designar lugares habitados e explotados na Alta Idade Media. 4. Nembargantes. que son. para desempeñar outras secundarias. Os seus poboadores emigraron ás chairas. e mesmo presentan. As lecturas son ferramentas para acadar unha precisa concepción do espazo. III. ten acceso á lecuta da Peregrinación de Exeria2. Os territorios das “villae” coinciden cos das actuais parroquias.Hª. Existe tamén unha rede de camiños 2 Conservada en San Miguel de Celanova. cun individuo completamente alleo ao seu entorno xeográfico. Á altura do s. ou ós Comentarios á Apocalipse do Beato de Liébana3. un importante auxe que os leva ao seu maior explendor.

Neste século. No s. que amosan unha marcada evolución. abrangue tres escalóns fundamentais: -o territorio total da “villa”. coma Bobadela. A posterior recuperación será moi rápida. A cidade organiza a súa comarca e as “villae” do entorno. En moitas ocasións hai residencias señoriais ou mosteiros. etc. entes cambiantes. Isto evidencia unha importante actividade comercial a longa distancia. En ningún caso podemos falar dunha etapa escura. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo interna. a mediados do s. que une os nucleos habitados da “villa” co espazo de explotación.Hª. -o territorio habitado. etc. 5. o Bispo Cresconio constrúe a segunda muralla. especificamente urbana (artesanal e comercial). o mosteiro de Antealtares. Moderna. diversificación laboral. e outras cun único. de tal xeito que. fortificando a cidade. Os campos de cultivo estaban ocupados polo cereal e o viñedo. coma Rabal. etc. Sobrada importancia téñena os pequenos núcleos que xorden a partires do s. delegando no Bispo. Hai “villae” con varios nucleos habitados. -o territorio adicado a cultivos diversos. que xera Compostela. nace neste tempo da concentración da actividade artesanal e comercial nun punto. A finais do s. O comezo do futuro en torno Compostela: o nacemento da cidade a Santiago de A cidade. Son. algúns froitais. dá mostra a visita de Almanzor. hortas. X. Hai unha densificación do espazo. que devasta a cidade. sagrado. entre as que destacaba a cerámica persa. estanse a producir asentamentos de xente que se instala aquí. en pouco tempo. etc.. XI. X. O testamento de San Rosendo. en boa medida. XI. ao redor deste espazo. Haberá que 4 San Miguel de Celanova. Sisnando II constrúe unha muralla. O xurdimento da cidade caracteriza á Alta Idade Media. o que demostra relacións non sempre violentas co mundo islámico. o espazo urbano de Compostela é o que a vai caracterizar en toda a Idade Media e. que distinguen Santiago de Compostela dunha “villa”. Estes productos entrarían a través de Al-ándalus. que domina un amplo territorio. polo tanto. Logo. En Compostela asistimos ao nacemento desa nova realidade que complementa a rede anterior das “villae”. Créase nel un espazo de culto. X. infórmanos das súas posesións. Cis. da forte atracción económica. en todo caso. Atopamos grandes manifestacións artísticas e unha arquitectura moi rica4. A “villa”. Ordoño I organiza un espazo feudal. A mediados do s. Ao redor do sepulcro instálase a residencia do Bispo. que abrangue o suburbio. Compostela é un dos lugares pioneiros en Europa. Samoedo -11- Sada . coma hoxe a entendemos. Sobrado.

Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo agardar ata o s. Samoedo -12- Sada . XII para que comecen a emerxer novos núcleos na costa e ao longo do Camiño de Santiago.Hª.

Os campesións son xuridicamente libres. que decide sobre certos asuntos de organización interna. iguais contrato de carácter civil entre A alianza matrimonial é un regulador social fundamental. etc.Hª. X. Na Alta Idade Media temos unha asemblea da “villa”. Dentro do grupo dos libres. Para emitir o seu veredicto. pero seguen a traballar as terras alleas. atravesou unha situación difícil. os xuíces reclamaron a comparecencia das testemuñas. e Lucido Quiriaci. 2. Vemos como existe unha asemblea na que os libres sométense ao imperio da lei. convertíndose entón en libertos. A sociedade caracterízase pola sú flexibilidade e apertura. con fame. Os segundos terían un rol semellante ao do escravo no mundo clásico. representante dos veciños. Mais as cousas están a cambiar. coma obxecto susceptible de calquera tipo de acción contra el por parte do amo. nobres. o grupo que outorga a súa fisionomía a esta sociedade altomedieval. abades. ficando a “villa” abandonada. O matrimonio. Non obstante. Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo TEMA III: MULLERES E HOMES NA ALTA IDADE MEDIA 1. propietarios e campesiños pequenos propietarios. Os escravos son manumitidos. Nun pleito do ano 1001 ofrécesenos información sobre o comportamento da comunidade da “villa Vidualdi”. e parte marcharon a outro lugar. que se autodenominan cidadáns romanos na documentación da época. fundíndose nun só núcleo. X existen individuos de dúas clases. Coinciden cos campesiños que perden as terras propias. od mesmo xeito. O representante de Sobrado reclama o dereito á propiedade do territorio despoboado. Hai unha tendencia á desaparición dos campesiños pequenos propietarios. a unha disensión entre dúas partes: Trasarigo Sendiriz. que representa ao poder real. que. O xurado estaba composto por un Conde. representante do mosteiro de Sobredo. coma propiedade dos libres. libres e servos. coma reflicten os documentos dos mosteiros. A caracterización social da fase de transición Á altura do s. Sobrado presentou 220. e unha asemblea xudicial superior. Baséase nas aportacións do home e a muller á sociedade conxugal. Parte dos seus habitantes morreron. hai aristócratas. A finais do s. nunca se pode falar de servos no feudalismo. os podía manumitir. fronte a Lucido Quiriaci que non puido levar ningunha. o mesmo que os campesiños pequenos propietarios. Este abandono deu lugar a un pleito. Isto amósanos a igualdade de ambos Samoedo -13- Sada .

Medieval de Galicia Manuel Pérez Lorenzo sexos no repardo das herdanzas. de primoxenituras. O matrimonio. dos que participan equitativamente sen distinción.Hª. nin sequera. pois. é unha alianza entre familias aristocráticas para combatir a fragmentación das herdanzas. 3. Pervivencias e innovacións na tradición monástica: a supresión das comunidades dúplices abre un camiño cara a muller feudal Samoedo -14- Sada .