Está en la página 1de 9

ESCOLMA DE TEXTOS DE ALFONSO DANIEL CASTELAO

SEMPRE EN GALIZA Galiza unha nacionalidade, e como tal foi recoecida en Berna, pol-o IX Congreso de Minoras Nacionaes Europeas, adscrito Sociedade das Nacins. Tamn est recoecida pol-a Terceira Internacional como nacin asoballada. Pero hai galegos antifeixistas que ainda non-o saben e hainos que non-o queren creer. E por esto eu propome demostrar que Galiza unha unidade nacional perfeita, e que, pol-o tanto, ten dereito a dispor dos seus destinos. Para saber o que unha nacin, como anexo do Estado, non vou entrar na selva xurdica de ningn profesor -poo por caso de mestres a Duguit-, porque a nacin un feito e non unha ideia, un ser real e non un ente problemtico. Apelarei, en troques , definicin que d Stalin, porque, a este respeito, un autor libre de ofuscacins filosficas: "Nacin unha comunidade estable, histricamente formada de idioma, de territorio, de vida econmica e de hbitos psicolxicos reflexados n-unha comunidade de cultura". "Somentes a eisistencia de todol-os sinos distintivos, en conxunto, pode formara nacin". Compre decir que apelo a Stalin, non por sentirme inclinado orgaizacin internacional que l dirixe (eu vivo en latitudes moi distantes do comunismo), senn porque no problema das nacionalidades abraza, con decisin, o ideal patritico da liberdade. Apelo a l porque recoece o dereito das nacionalidades, dentro d-unha unin de Estado, e d solucin xusta ao problema que plantean os povos diferentes que non renuncian ideia d-unha unidade superior. Pero, sobor de todo, apelo a este home porque non un simple teorizante, pois sostn priticamente o derradeiro e mis racional tipo de federalismo. Ten Galiza un idioma proprio? Ten territorio diferente? Ten unha vida econmica peculiar? Ten hbitos psicolxicos reflexados n-unha cultura autctona? Pois logo Galiza unha nacionalidade, e, pol-o tanto, ningn antifeixista pode negarlle o dereito de autodeterminacin; decir, o dereito a gobernar a sa vida. Non esquezamos que todos nos somos antiimperialistas. Claro est que os galegos podemos dividirnos en canto maneira e xeito de resolver os problemas que a morfoloxa social i econmica de Galiza ten planteados; pero non sera honroso enaxenar o noso dereito e o noso deber de resolvelos, declarndonos incapaces, ou agardando a que os alleos gobernen a nosa casa mellor que nos mesmos. A teora de Stalin encol do problema nacional concorda, en absoluto, cos sentimentos permanentes de Galiza traducidos en verbas que o povo galego soupo pronunciar por boca dos galeguistas. Velah unha concordancia que eu reputo venturosa, porque me fai supor que, frente as realidades da nosa Terra, a unin dos galegos antifeixistas quedar consolidada por un programa nico de reivindicacin. Para Stalin non hai nacionalidade sen territorio proprio, e a solucin do problema nacional est nas autonomas territoriaes. Para ns, os galegos, a Terra (as, con mascula) Galiza. O que nos xunta n-unha comunidade espritual , principalmente, o amor Terra. E cando decimos "a nosa Terra" queremos decir "a nosa Nacin". A Terra a Matria. Para o dito autor non hai mis lmites nacionaes que os do territorio, e d como solucin do problema das minoras -problema idiomtico, racial, etctera- a igoaldade de dereitos pola plea democratizacin do pas. (Galiza non , non, unha minora nacional; unha nacin). Para nos, os galegos, tampouco pode haber mis fronteiras (perdodeme esta verba odiosa) que as fronteiras verticaes, que limiten a nosa Terra; pero endexamis consentiramos tabiques hourizontaes, que 1

dividirn o noso povo en castas. Ademitimos a variedade dentro da unidade, para constituirmos, precisamente, un modelo exemplar de democracia. A raza non tansiquera un sio diferencial da nacionalidade, e non se pode fundar ningunha reivindicacin nacional -as di Stalin- invocando caraitersticas de raza. Para ns, os galegos, afeitos a percorrermos o mundo e a convivir con todalas razas, o nacionalismo racista un delito e tamn un pecado. Endexamis medimos os dimetros do noso crneo, nin llo medimos a ningun para ser ademitido na nosa comunidade. Certo que nos sentimos celtas; pero mis que pensar nos invasores que nos deron o pulo xensico da nosa unidade espritual, pensamos nas afinidades tnicas que nos asemellan a outros povos atlnticos, que viven nos Fisterres: irlandeses, galeses, bretns, etc. E tales sios diferenciaes atribumolos ao poder creador da Terra-Nai, molde que nos vai facendo sa imaxe e semellanza. O sol nico para todol-os homes do mundo; pero fai negros en frica e brancos en Europa. E a nosa Terra ten poder bastante para facer brancos aos negros. Fai moito tempo escrebin un cont. rase un "habanero" que trouxo un rapacio negro, como poda traer un papagaio ou un fongrafo... O "habanero" morreu, e o negro chegou a mozo, e sinteu, como calisquera galego, a nacesidade de percorrer mundos. I emigrou a Cuba; pero a morria non-o deixaba vivir al. E farto de chorar voltou sa trra. Non traa cartos; pero traa un traxe novo, un bal valeiro e moita ledicia no corazn. Aquel negro era galego. Ten Galiza un idioma proprio? Estamos fartos de saber que o povo galego fala un idioma de seu, fillo do latn, irmn do casteln e pai do portugus. Idioma apto e axeitado para ser vehculo d-unha cultura moderna e co que ainda podemos comunicarnos con mis de sesenta millns de almas. O galego foi instrumento maravilloso da grande e nica poesa lrica de Hispania e n-el escreban os enxeos peninsuares -tanto de dentro como de fora de Galiza-, cando a lngoa de Castela non tia categora literaria. O galego un idioma estenso e til, porque -con pequenas variantes- flase no Brasil, en Portugal e nas colonias portuguesas. O galego rexurdeu no sculo pasado con poetas tan esgrevios como Rosala, Curros e Pondal. O noso idioma ten tal fremosura que un poeta andaluz como Garca Lorca -o poeta mrtir- non foi qun de resistir o seu engado e compuxo poemas en galego. O galego -somentes refugado pol-os seoritos ou por traballadores que quixeran ser seoritos- hoxe o idioma que prefiren os inteleituaes como vehculo da nosa cultura; pero ainda que carecer de tantos mritos contrados, abondaralle ser a fala do povo traballador para estar dignificado de por s, pois o galego unha executoria viva do traballo e unha cdula honrosa de cibdadana e democracia. Non esquezamos que si ainda somos galegos por obra e gracia do idioma. A esta fala popular, viva e gloriosa, os imperialistas chmanlle dialecto. Mais eu perguntaralles: "Dialecto de que idioma?". "Do que vs chamades espaol?". De ningunha maneira, porque o idioma que vs impuxchedes pol-a forza un irmn menor do galego. "Acaso queredes decir que dialecto do latn?". Pois entn chamdelle dialecto ao francs, ao italiano, ao rumano, porque tamn son fillos do latn e irmns do galego. E diralles mis: Prohibchedes o galego nas escolas para producir no espirito dos nosos rapaces un complexo de inferioridade, facndolles creer que falar galego era falar mal e que falar casteln era falar ben. Espulschedes o galego das eirexas, facendo que os representantes de Cristo esplicaran o Evanxeo no idioma oficial, que o povo non falaba nin comprenda ben. Refugchedes o galego ante os Tribunaes de xusticia e chegchedes a castelanizar brbaramente as toponimias galegas. E de que vs valeu? Porque dispois de mis de catro sculos de poltica asimilista, exercida con toda riqueza de astucias e violencias, o noso idioma est vivo. Sodes, pois, uns imperialistas fracasados.

Algns galegos de boa f coidan que o cultivo do noso idioma unha impedimenta de traballo na emigracin. Mais eu quero invtalos a meditar: Pensades que a nosa Terra pode seguir sendo un criadeiro de carne human, para enviar as Amricas en paquetes teutns? Porque o noso deber est en asegurar o dereito ao traballo remunerado, para que ningn irmn noso emigre por necesidade. Pensades que os galegos poden seguir andando pol-o mundo a ofereceren indignamente a mercanca dos seus lombos e dos seus brazos? Porque o noso deber est en armar ao povo d-unha instrucin primaria, profesional e tinica, que lle permita ser digno en todas partes, i en todas partes atopar as ventaxas que se lle oferecen a un ingls, a un alemn... Ou que na emigracin resulta superior un casteln a un galego por falar unha lngoa mis estensa? A superioridade non est no idioma que se fala; est no que se sabe, no que se di e no que se fai. Algns homes -galegos tamnandan a falaren d-un idioma universal, nico para toda a nosa especie. Son os mesmos que buscan a perfeicin babeando pol-a escada zoolxica, deica sentiren envexa das formigas e das abellas. Son os mesmos que perderon o anceio de chegaren a ser deuses, e renegan das inquedanzas que produz a sabidura. Son os mesmos que consideran o mito da Torre de Babel como un castigo, e renegan da vida ascendente. Mais eu dgolles que a variedade de idiomas, co-a sa variedade de culturas, o signo distintivo da nosa especie, o que nos fai superiores aos animaes. Velah vai a demostracin: Un can de Turqua oubea igoal que un can de Dinamarca; un cabalo das Pampas arxentinas rincha igoal que un cabalo de Bretaa. E sabedes por qu? Porque os probes animaes ainda estn no idioma universal... Un idioma non nasce pol-a vontade xenial d-un grupo de homes; nasce pol-a predisposicin psicolxica d-un povo, que, en condicins hestricas favorables, crea unha cultura e a sa correspondente maneira de eispresin. Porque un idioma o corpo sensible d-unha cultura, e todo atentado lngoa peculiar d-un povo representa un atentado sa cultura peculiar. Mis os povos teen unha forza mxica, invulnerable, e por eso as nacins asoballadas poden verse privadas do seu poder creador, ou poden convertirse en parsitos da cultura dominante; pero endexamis se deixan asimilar. O problema do idioma en Galiza , pois, un problema de diidade e de liberdade; pero mis que nada un problema de cultura. Estamos fartos desa cultura esterilizada que nos fan mamar por bibern. Nos queremos mamar a cultura na propria teta. Pedimos garantas legaes para o desenrolo natural do noso esprito, porque queremos volver a presentarnos diamente no mundo, levando nas mans o ouro da nosa cultura (sabidura manifestada) para ofrendarllo ao acervo espritual da Humanidade. As numerosas caras do problema dan materia para un libro; pero co dito xa queda patente a coincidencia do galeguismo coas doutrinas mis prestixiosas e predominantes n-este punto concreto das nosas reivindicacins. Quero afirmar, tamn, que a ideoloxa liberal -defensora da diidade dos homes e da autonoma moral dos povos- non pode refugar os nosos anceios de liberdade, afincados en principio de xusticia e de progreso. A solucin do problema -tanto poltico como pedagxico-darmola no seu dia. Por agora abonda co dito. Ten Galiza un territorio proprio? Ningun pode negalo. A entidade xeogrfica galega ten fronteiras naturaes perfeitamente recortadas, e comprende algo mis que o territorio das nosas catro provincias. O cariter diferencial da rexin galega est recoecido pol-os mis acretados xegrafos. Non esquezamos que Galiza era unha nsua de rocas gneas, criadas pol-o lume astral, e que xurda, outa e forte, dos mares formativos, en cuio caos ainda xaca o que hoxe chamamos Hespaa. Tal a forteza de Galiza que o poderoso erguemento das serras cantbricas tronzouse ao bater co noso chan, "como una lanza se dobla y tuerce al dar contra la resistencia de una coraza". Por eso as feituras redondeadas e dondas do noso sistema de montaas contrasta cos aicidentes, agudos e agres, que se alviscan en Asturias, e tal diferenciacin permtenos formular esta verdade: Galiza unha trra doce de formas porque moi forte de entraas. A trra galega , ao mesmo tempo, unha entidade tnica, pero de dificultosa reconstrucin poltica, porque a fronteira portuguesa rubanos a espranza de anovar en breve a comunidade 3

nacional dos tempos suevos e visigticos. Con todo, doado esperar que o Bierzo e demais comarcas limtrofes de Ourense e Lugo, se incorporen ao seo da sa nacin natural, e que o tempo -gran curandeiro dos erros hestricos- posibilite a reconstrucin total da nosa unidade. Non se pode creer que o rio Mio, vello pai de Galiza -representado na franxa azul da nosa bandeira- siga sendo un lindeiro perdurable de dous Estados. Galiza a mellor esquina do solar hispnico, cabo do mundo antigo e avanzada de Europa no mar inmenso da liberdade. A arquiteitura barroca do noso chn, labrada en pedra grantica, est sempre coberta por un manto de zugoso verdor. Os montes son redondos como peitos de muller e as serras son como lombos de boi cebado. Os vals son ledos e farturentos. O mar tolea de carraxe cando non o deixan penetrar na trra; pero cando entra, qudase adormecido no leito das rias. Galiza unha unidade territorial armnica, de formas e coor, perfeitamente diferenciada do resto da Hespaa. Un fillo de Galiza pode inorar que o seu idioma labrego e marieiro ("rstico", como din os catedrticos castelns), fose antao a lngoa lrica de toda Hespaa; pero non hai galego que non se sinta orguloso de ser fillo da trra mis fremosa do mundo. Cando un galego entra nas planuras de Len ou de Zamora, sntese en trra allea, invadido pol-a tristura que producen os desertos. Cando entra en Asturias ten que afacer os seus ollos a un novo estilo de paisaxe. Pero cando traspon a fronteira portuguesa, sntese na propria trra, e non d creto as arbitraridades da poltica hestrica. Aos galegos pode faltarnos a vontade de crear un ser poltico independente; pero non hai povo hespaol que nos aventaxe en amor trra natal. Para uns a Terra o pequeno berce en que nasceron: apenas un fremoso val, que ten un rio de prata, unhas casas que fumegan, un campanario lanzal e un cimeterio onde durmen os seus abs. Al abriron os ollos e al queren morrer. Para estes a Terra unha nacin pequena en estensin, pero fonda en patriotismo. Para outros, a Terra tan grande que somentes alcanzan a vela no mapa de Fontn. Al hai unha inmensidade de vals, con aldeas, vilas e cibdades. Al viven do traballo, sofrindo inxusticias, mis de dous millns de labregos e marieiros. Para estes a Terra unha nacin asoballada, con dereito a reclamar garantas para o desenrolo normal da sa vida.

A impermeabilidade do noso esprito resisteu as acometidas esterilizadoras do sistema uniformista; pero induvidable que os sinos esprituaes da nacionalidade galega puderon morrer asimilados. O que non poda morrer era a Terra -sino permanente da nacin-, porque por moito poder que o Estado centralista tivese, sempre resultara impotente para convertir o noso territorio en planura casteln. E, quedndonos a Terra non-os mataban a posibilidade de revivir, porque a Terra a fonte da vida. Ela fainos sa semellanza, con trra, pedra e auga, que son carne, oso e sangue do noso corpo. Ela fainos entristecer no outono, chorar no invern, surrir na primaveira e gargallar de ledicia no vrn. Todo como ela. E qun podera abolir a morria dos galegos que viven fora dos eidos nativos? Porque ese sentimento diferencial fecundo para crear xeitos proprios do ser e, pol-o tanto, da cultura. O noso instinto xeneroso incompatible co chovinismo; pero ningun pode fanar os nosos anceios patriticos, que se afincan, simplementes, no amor Terra-Nai, sempre compatible co desexo de reconstrucin racional do Estado hespaol e coas arelas de redencin human. Para nos a patria non esa ideia abstracta que defenden os imperialistas. Para nos a patria un sentimento natural, inspirado en realidades sensibles aos cinco sentidos. A patria a Terra. A Terra que nos dou o ser e que nos recoller na morte como sement de novas criaturas. A Terra, que cria frores nos campos para regala dos ollos e albres para que canten os paxaros; onde atopamos sombra fresca no vrn e quentura garimosa no invern; onde sofrimos a inquedanza das sementeiras e gozamos a ledicia das colleitas; onde o vendaval bra nas ponlas dos carballos e funga nas cordas dos barcos; onde canta o vento nos pieiraes; onde esboufan as ondas do mar nos cns da ribeira e runxen nos areaes; onde por primeira vez ollamos a choiva, a brtema, o sol, o luar, o "arco da vella" e a noite estrelecida. 4

Cmo lle queremos Terra!. Eu de min sei decirvos que si dispis de morto tivese que voar mis ala das estrelas visibles, para ir a un ceo tan lonxano da Terra, que nunca mis poidera vela, de boa gana renunciara inmortalidade para rematar a mia vida debaixo d-unha laxe e convertirme en herbas ventureiras. Certo que a Terra que amamos tanto ainda un "val de bgoas"; pero ns, os galegos, superaremos a predicin relixiosa e trocarmola en Paradiso. Ten Galiza unha vida econmica propria? A esta pergunta doado contestar afirmativamente. Pode decirse que Galiza un pas precapitalista, povoado por traballadores que viven d-un msero xornal, que eles mesmos sacan da trra ou do mar; sen industrias d-abondo para absorber o escedente de povoacin labrega e marieira; c-un paro forzoso e c-un dficit pecuniario constante, que se resolve pacficamente por meio da emigracin. En fin; Galiza ten unha vida diferenciada dentro de Hespaa, c-unha morfoloxa social i econmica tan peculiares que, por plantear problemas minoritarios, queda sempre ao marxe da Lei xeral do Estado e das preocupacins xeraes que a loita de crases plantea no mundo capitalista. Hespaa, en xeral, un pas de latifundios; Galiza de minifundios. A solucin do problema da Terra en Hespaa, est no coleitivismo; en Galiza est no cooperativismo. O pas que a Hespaa lle intresa, como modelo, cicis sexa Rusia. O que lle intresa a Galiza cicis sexa Dinamarca. Velah unha proba da diferenciacin galega. O minifundismo da nosa Terra responde ao cultivo intensivo que impon a topografa do chn. Gracias a este sistema, frenado pol-o noso dereito consuetudinario, a agricultura galega foi o asombro de moitos viaxeiros europeos; pero a lexislacin liberal e xeneralizadora do Estado -dictada para outros lugares- provocou a pulverizacin dos fundos galegos e o aniquilamento da nosa economa. O crime pode imputrselle ao centralismo e ao seu Cdigo Civil. De qu nos valeu facer unha revolucin sanguienta para libertarnos do despotismo feudal? Porque si os labregos xa nos son escravos do home, son escravos da trra que traballan. O lexislador liberal da Hespaa unitaria somentes se preocupou dos problemas pavorosos do latifundismo casteln, andaluz i estremeo, e coidando que o minifundismo galego era unha garanta de orde e benestar, promulgou leis que favorecen a divisin da propriedade, abolindo, de paso, o noso dereito particular. Resultou que quedaron en p os problemas que trataba de resolver, porque, en primeiro lugar, o sistema de fundos latos responde ao cultivo estensivo, que impon a homoxeneidade do terreo; pero, en troques, derrubou a economa labrega de Galiza, que somentes poda conservarse pol-a indivisibilidade dos patrimonios familiares. Velah cmo as disposicins contra o latifundismo crearon problemas en Galiza sen resolver os que xa eisistan al con anterioridade, pois hoxe necesitamos unha Lei que favoreza a concentracin parcelaria; decir, unha Lei contraria que rixe no resto da Hespaa. Compre decir que os lexisladores e gobernantes da Repblica tampouco abriron os ollos realidade. Velah temos, sen comprir, o artigo 47 da Constitucin. Velah temos a Lei de Reforma Agraria, absolutamente inaplicable na nosa Terra. E velah quedaron, a sangrar, os problemas vitaes de Galiza, agravados pol-a lexislacin nica, e sen posible solucin dentro do Estado centralista. Antramentras, a trra galega est dividida e subdividida, i en cada eido unha casa chea de xente. Os labregos nin son obreiros nin patrns. Chmanlle propietarios; pero a sa propriedade non pasa de ser unha simple ferramenta de traballo. As caen mellor nas gadoupas do fisco e da usura. Os labregos ven o Estado en figura de recaudador de contribucins. Tmenlle xusticia oficial, porque nunca se lexislou para eles. Por eso necesitan un cacique que os liberte das inxusticias da Lei e das liortas abogadescas. A divisin da propriedade tal que algunha vez o terreo, os castieiros e as castaas d-un mesmo souto, teen tres donos diferentes. Os labregos traballan de sol a sol e de estrela a estrela, e a miseria do minifundio viselle metendo no corazn. Os anceios de posuir para vivir, mataron a sa nativa xenerosidade. Por eso miran con envexa os eidos do vecio. A falla de 5

trra dalle a esta un valor desmedido e antieconmico. A cobiza dos labregos ollase ben nas leiras e pieiraes que ruben pol-os montes incultos (incultos por seren do Estado), como se fosen os dedos artei-ros d-un ladrn... Estes labregos aman a trra e o traballo, e non se cansan de agardar por tempos mellores. Non creo, pois, que poida duvidarse da eisistencia d-un problema galego da trra, totalmente alonxado das preocupacins do Centro. E co dito non facemos mis que encetar a custin. A veiramar de Galiza est densamente povoada por marieiros que viven do que pescan. O rxime econmico da pesca galega obedeca a principios coleitivistas de tipo Cristian; pero modernamente xurdiron problemas ao socaire das industrias conserveiras. E se os problemas da trra en Galiza non mereceron a preocupacin do Centro, podemos decir que os problemas da pesca son enteiramente alleos mentalidade dos homes de trra adentro. Persisten en Galiza os tradicionaes sistemas de pesca. O "patrn", dono do barco e dos aparellos, sae ao mar cos "compaeiros". As gaancias reprtense en "quins", e o patrn leva mis parte, porque ten a obriga de reparar o barco e os aparellos. Pensou algn lexislador ou gobernante no seguro de aicidentes para estes traballadores, que, a decoto, xogan a vida no mar? Porque nos naufraxios morre tamn o patrn e prdese o barco, obxeto da garanta, e as familias, enloitadas, non teen mis recursos que os que lle proporcioe a caridade. E se o lexislador e gobernante centralista non atende a deberes tan elementaes de humanidade, qu podemos agardar d-l para remediar a grave crisis da pesca en Galiza? Porque a fame ronda sempre os fogares marieiros, por falla de peixe, ou por sobra de peixe. Os problemas econmicos e sociaes da pesca galega adequiriron unha gravedade estrema co desenrolo da industria pesqueira -a mis importante de Hespaa- e co seu obrigado sometimento industria conserveira -nica creacin capitalista de Galiza-. Os marieiros ainda traballan "a parte" e non cobran salario fixo. Os "armadores" son patrns que xa non xogan a vida no mar; pero que viven sometidos veleidade egosta dos "conserveiros". Os "conserveiros" viven do comercio esterior e sofren a incomprensin dos "gobernantes de secano". Cando hai mis sardia no noso litoral xurden conflictos que se solucioan co abarrotamento das fbricas de salazn e conserva, co amarre da flota pesqueira nos portos de refuxio e coa fame de moitos miles de familias marieiras. Estamos moi lonxe de conquerir grandes portos pesqueiros, semellantes aos de outras nacins atlnticas, co seu complemento de transportes baratos e rpidos, para repartir peixe fresco nas rexins do interior, onde somentes coecen o peixe en conserva. Temos, pois, dereito a creer que unha poltica estatal asentada no centro da Pennsua non pode solucioar os problemas marieiros. Co dito abonda para responder pergunta que inicia este capduo. Ten Galiza hbitos psicolxicos reflexados n-unha comuni-dade de cultura? Prometn non perderme nos camios ensarillados do pasado; pero a cultura unha resultante hestrica, e para responder a esta pergunta compre que rexistremos a memoria. Non posible negar a diferenciacin psicolxica. Abondara, para demostralo, con citar os aldraxes que os clsicos castelns nos dirixiron, en verso e prosa, por considerarnos diferentes e non asimilables; como bastara lembrar ese afn, inconscentemente separador, dos que nos chaman "gallegos!" -con sorna-, por creeren que sendo diferentes somos contrarios a eles. Eses aldraxes teen unha esplicacin: Os imperialistas, cando topan coa resistencia espritual d-un povo sometido, confunden a "dureza para deixarse asimilar" coa "dureza para asimilar". Asi, os ingleses aldraxan aos escoceses; os franceses aos bretns; os castelns aos galegos. E todos eses aldraxes non son mis que un recoecimento tcito do "cariter nacional", que non se deixa esterminar. A nosa Terra diferente crea hbitos peculiares de vida, que se manifestan en cada poca baixo formas autctonas de cultura. Velah estn os moimentos prehistricos de Galiza, que amostran caraitersticas diferenciaes. E na galegusima cultura dos castros e citneas aparece un arte requintado e proprio, con smbolos relixiosos que fan supor a eisistencia de cultos peculiares e comns a toda Galiza. 6

A Galiza do sculo IV -povo celta, romanizado e cristianizado- dou a figura estraordinaria de Prisciliano, perseguido por enxertar na doutrina catlica o sentido panteista do seu pas natal e a liberalidade moral dos seus coterrns. Morreu decapitado en Alemana, vtima das loitas teolxicas d-aquel tempo e da inquina de dous Bispos hespaoes, non galegos. Os seus discpulos dronlle sepultura na nosa Terra, e a sa doutrina enxendrou unha Eirexa separada, onde se cobexaron todolos galegos. O prisclianismo botou raices tan fondas na alma mstica de Galiza que, a pesares das paulias dos cregos, o noso povo alden sigue sendo heterodoxo. Tivemos, pois, inclusive, unidade relixiosa con caraitersticas que ainda hoxe perviven. A invencin do corpo do Apostlo -Prisciliano ou Santiago?- fixo da nosa Terra un centro de universalidade. Nos camios que conducan a Galiza crzanse as culturas do mundo antigo e frmase a unidade espritual do Oucidente. Por estes camios entra Europa en Hespaa. Ao mesmo tempo xurde unha poderosa cultura galega, que adequire independencia e vida propria. Velah a arte romnica, culminando no Prtico da Groria, e velah a poesa lrica, culminando no Cancioeiro da Vaticana. As artes da construcin callaron en Galiza no estilo romnico, que perdurou por enriba do gtico, deica enlazarse co barroco. O gtico, por ser un arte lxico, non pudo aclimatarse no noso pas pero do barroco fixemos, pode decirse, un "estilo nacional". Porque tendes de saber que hai un "barroco galego" e que, n-este estilo, creamos exemplares que son fitos na hestoria do arte. O romance galego percorreu un ciclo literario compreto, de tan outo valor artstico que traspuxo as fronteiras do noso pas, chegando a ser lngoa lrica e cortesn de Castela. En galego escrebiron Alfonso IX, Alfonso X e outros enxenios castelns. Incluso algn poeta rabe foi tributario do noso idioma. Escoitade o que di Santillana: "...non h mucho tiempo cualesquier decidores trovadores destas partes, agora fuesen castellanos, andaluces o de la Estremadura, todas sus obras componan en lengua gallega o portuguesa". Foi preciso executar a "doma y castracin de Galicia" (verbas de Zurita, cronista dos Reis Catlicos) para que enmudecramos; pero a nosa lngoa sigueu frorecendo en Portugal, e o povo galego non quixo esquecela. Cando fala popular de Galiza se lle negaba -por negarnos todo- condicins para ser lngoa de cultura, ergueuse a protesta do P. Sarmiento, afirmando que l se comprometa a traducir ao galego todo canto se escrebeu en grego, latn e casteln. As mocedades romnticas e liberaes do sculo XLX descobriron a fremosura lrica do galego e iniciaron a renascencia das nosas letras, que hoxe volven a frorecer. Temos, pois, unha literatura con caraitersticas que incluso resaltan nos escritores galegos de fala casteln. Dixo Tolstoi que dende a Edade Meia as crases outas viviron sen arte proprio, e que somentes o povo sigueu disfroitando d-un arte verdadeiro, que responde sa concepcin da vida. Esto parez escrito adrede para Galiza, pois antramentras os seoritos alleeiros vivan espritualmente de prestado, o povo galego sigueu creando arte e sabidura. Velah estn os refrns, algns tan sabios como ste, que quero ofrecer vosa consideracin de revolucionarios, porque todo un tratado de economa: "Mlia o dente que come a sement'-. Velah estn os nosos cantares, a rever tenrura e malicia, para competiren en beleza cos cancioeiros de calisquera outro pas do mundo. Velah estn os hrreos, para demostraren o sentido galego das fremosas proporcins. Velah est a nosa escultura popular nos cruceiros, nas fontes e nos portalns. E velah est, destacndose sobor da inmensa riqueza folklrica de Galiza, a nosa msica popular e os nosos bailes e danzas populares. Os musiclogos poden locir a sa erudicin discu-tindo a procedencia ou non procedencia rabe da nosa msica popular e as relacins de parentesco que poida ter coa de outros pases lonxanos; pero ningun discute o seu "cariter nacional", porque eisiste unha "msica galega" de estraordinario valor artstico. O sio diferencial da psicoloxa galega est, principalmente, na Saudade. Esta verba coecida dos hespaoes; pero somentes ns sabemos o que siifica. Este siificado ningun acertou a espresalo; nin siquera Rosala de Castro, que foi o corpo mesmo da Saudade. Pero a Saudade eisiste e anda sempre conosco. Velah, en resume, as diferencias culturaes que poden apreciarse: Lrica contra pica; muieira contra jota; gaita contra guitarra; cruceiro contra picota; intuicin contra lxica... 7

Xa demostramos que Galiza ten todol-os atributos d-unha verdadeira nacionalidade: idioma, trra, economa e cultura. Vexamos agora qu dereitos lle corresponden como tal nacionalidade, e vexamos, de paso, a posicin doutrinal dos antifeixistas galegos. Non esquezamos que o noso propsito propor consideracin dos galegos leaes un programa nico de reivindicacins e unha lia titica de defensa contra o centralismo que se agacha nas "esquerdas" republicns. Unha nacin sobern e ten dereito a orgaizarse autonmicamente, sen mis lmites que os derivados do respeto ao dereito igoal das demis nacionalidades. A nacin ten dereito a federarse con outras e a separarse da federacin cando lle convier. Unha nacionalidade, pois, ten dereito, incluso, a constituirse en Estado independente. Certo que o autor en que nos afincamos, por ser un home de realidades e non un liorteiro xurdico, condicioa o deber do proletariado ante o dereito d-unha nacin, que -por en-xemplopretndese restaurar institucins de tipo reaicionario, pois ainda que este dereito sexa indiscutible, non pode ser defendido pol-os traballadores. Mais o proletariado debe incorporarse ao movimento reivindicador das nacionalidades para derrubar a poltica imperialista e facilitar a unin internacional dos obreiros e campesinos. Qurse decir que o proletariado endexamis pode negar o dereito das nacionalidades sa independencia, e debe loitar pol-a liberdade nacional cando elo non se opn aos sagros intreses da sa crase. A liberdade das nacins afecta ao proletariado tanto ou mis que burguesa. Non se pode falar seriamente do desenrolo espritual do povo traballador cando non se lle permite servirse do seu idioma nas escolas, nos tribunaes, nas asambleias, etc. A "autonoma territorial" permite esplotar de mellor maneira as riquezas naturaes do pas, e soerguer as forzas productivas sen agardar a que a solucin vea de fora. "Os marxistas rusos non poden prescindir do dereito de autodeterminacin das nacins". E a teora staliniana cmprese nos artigos 16 e 17 da Constitucin da URSS. Dacordo con estes principios o Bur poltico do P.C. hespaol non se esqueceu de incluir na proposta oficial de unificacin, dirixida ao P.S. en xulio derradeiro, a siguente condicin: "8 Recoecimento do dereito democrtico de independencia nacional para catalns, vascos e galegos, independencia nacional que pode asegurarse en forma real e perdurable mediante a unin de todolos povos da Hespaa contra o enemigo comn, contra os feixistas hespaoes e os invasores xermano-italins". A Terceira Internacional recoece como nacionalidades a Catalua, Euzcadi e Galiza, e a posicin poltica dos comunistas hespaoes responde, lxicamente, a este recoecimento. Cal o criterio dos galeguistas? Para ns, os galeguistas, Galiza unha nacin e ten o dereito e o deber de orgaizarse autonmicamente. Xa sinalamos a coincidencia do galeguismo e do comunismo a este respecto e nas arelas de orgaizar a convivencia fraternal das nacionalidades hispanas, dentro do marco d-un mesmo Estado. As o proclamamos en Berna, o ano 1932, ante o IX Congreso das Minoras Nacionaes de Europa . Os nosos anceios misimos estn espresados na IV declaracin de principios do programa galeguista: Galiza, clula de universalidade: Anti-imperialismo, federalismo internacional, pacifismo". Esta declaracin est definida nas verbas siguentes: "O recoecimento da persoalidade de Galiza e as arelas de anovar a sa autctona cultura, a defensa da autodeterminacin poltica do noso povo, a laboura pol-a potencializacin da sa economa, seran angueiras estriles i egostas se non estivesen inspiradas pol-o degoiro de armonizar na cultura universal o rexurdimento da nosa cultura, de integrar na comunidade dos povos a liberdade do noso povo, de coordinar coa solidaridade da economa mundial o melloramento da nosa economa; en suma, de que Galiza, eisistindo, "vivindo a sa vida", se capacite para ser un novo rgao da humanidade. Os galeguistas pretendemos, pois, que Galiza encha o imperativo que representa a sa vinculacin a unha superior unidade human, que intente asegurar, guindando coas fronteiras, a paz dos povos e o benestar dos homes".

Esta declaracin feita por un partido controlado pol-os nacionalistas galegos, non comunistas, responde ao anceio xeral das pequeas nacins resucitadas ao socaire da post-guerra europea. Para que se aprecie a coincidencia de idearios -espontneamente formulados a moita distancia-, quero transcrebir un treito dos Estatutos da "Alianza dos grupos nacionaes da Franza" (Alsacia-Lorena, Bretaa e Crcega): "Os Estados modernos, basados na forza, caducarn pol-a crecente interdependencia econmica do mundo, pois os antagonismos en que afincan a sa eisitencia somentes sirven para provocar guerras cada vez mis terribles. Sera mellor sustituilos por unha federacin de povos, onde cada nacionalidade poidera determinar o seu proprio Estatuto poltico e proseguir o seu desenrolo cultural, conforme as sas tradicins e tendencias; pero asegurando a unidade econmica pol-a supresin das aduanas e pol-a pritica do "libre cambio". Esta concepcin daralle aos povos os dous bens mis esenciaes: a liberdade e a paz". Cando un galego se decata das realidades do seu pas e chega a sentirse fillo d-unha nacin privada de liberdade, debe defender a posicin maisimalista que acabamos de esbozar, pois si Galiza unha Terra diferente ten dereito a ser eisistente. E unha de das: ou negamos o cariter nacional da nosa Terra ou temos que defender os seus dereitos. Na poltica mundial hai, arestora, das tendencias xeraes, en aparente oposicin: a internacionalista, debida as circunstancias polticas do noso tempo e as condicins econmicas do mundo, e a particularista, debida ao rexurdir das nacionalidades que loitan pol-a liberdade dentro dos grandes Estados. Estas das tendencias atopan a sa solucin normal no federalismo. Mais o federalismo internacional somentes pode realizarse sobor das ruinas dos Estados imperialistas e coa previa abolicin do sistema capitalista actual. Por esto a estructura federal do Estado hespaol ser posible co trunfo das armas leaes. Quero proclamar en letras de molde o que dixemos moitas veces nos mitins de propaganda. Creemos que o separatismo unha ideia anacrnica e somentes o disculpamos como un movimento de desesperacin que endexamis quixramos sentir. Esto siifica que os defensores da posicin maisimalista de Galiza non intentamos tronzar a solidaridade dos povos hespaoes -reforzada por unha convivencia de sculos- se non mis ben posibilitar a reconstrucin da gran unidade hispana, ou ibrica. Con tal de que as nosas arelas federalistas se visen compridas, Galiza cedera vontariamente dos seus dereitos todo canto fose indispensable para crear a soberana do Estado hespaol; pero sendo demcratas verdadeiros e arelando a unin fraternal de todol-os leaes, estamos dispostos a ceder, tamn, da nosa posicin doutrinal, canto sexa preciso para construirmos o futuro benestar da nosa Terra. Frente a un separador sentmonos intransixentes; frente a un amigo sentmonos dispostos a pactar; frente a un irmn somos capaces de ceder parte do noso ideario.