Está en la página 1de 10

4.

As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

1. Ruralismo, paisaxismo humanístico ou neovirxilianismo


1.1.Denominación
a) Ruralismo: denominación moi xeral que quizais non sexa a máis axeitada, xa
que pode servir para referírmonos a calquera poesía que faga referencia ao
campo.
b) Paisaxismo humanístico: fai referencia á temática paisaxística vista con
influencia dos clásicos greco – latinos.
c) Neovirxilianismo: fai referencia a Virxilio, autor de xeórxicas e bucólicas
inducidas por César para gabar a vida do campo nun momento de éxodo rural.

1.2.Características xerais
A) Achegamento ás vangardas e á tradición:
 Tradición: tema.
 Vangardas: imaxinería (imaxes simbolistas) e forma (disposición visual,
ausencia de rima nalgúns casos).
B) Contemplación dunha natureza mesurada, calma, mesmo estática. O ton é
equilibrado e solemne, afastado dos excesos románticos e da ousadía das
vangardas.
C) Reflicte a paisaxe da Galiza interior, montañosa, agreste, afastada da
civilización.
D) Fixa a súa atención nos pequenos elementos da natureza (unha gota de orballo,
unha flor, unha raiola de sol efémera, un fío dunha tea de araña...)
E) O home non está presente nesta poesía.
F) Os autores deste tipo de poesía son case todos lugueses. Cada un presenta certas
peculiaridades que moitas veces dependen do tempo no que escribe. Algúns
destes autores son:
1) Noriega Varela: denominado o “poeta da montaña” en oposición a Leiras
Pulpeiro, o “poeta da mariña”. Da súa obra destaca:
 Montañeses (1904)
 Do ermo (1920)
2) X. Crecente Vega: grande latinista, a súa poesía é menos innovadora cá de
Noriega Varela. É o autor de:
 A codeseira (1933)
3) Aquilino Iglesia Alvariño: grande latinista (chamado “o señor das palabras”)
autor de Cómaros verdes (1947), libro que quizais dea as liñas tópicas desta
poesía, unha poesía fría e distante, aínda que tamén contén poemas
neotrobadorescos. É o primeiro libro importante trala guerra.
4) Xosé María Díaz Castro: autor dun único libro en galego, Nimbos (1961),
obra que marca o clímax estético desta tendencia.
5) Manuel María: Terra Cha (1954). pechan o movemento
6) Uxío Novoneyra: Os eidos (1955).

1.3.Xosé Crecente Vega


a) A súa temática está totalmente inserida no mundo rural, nun ambiente
xeórxico.

1 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

b) É o que máis entronca coa poesía paisaxística do século XIX, aínda que a
forma se achega máis ás vangardas. Malia ser posterior, é máis tradicional ca
Noriega Varela.
c) Destaca a autenticidade da súa poesía, o eu lírico vive e sinte o que describe.
d) A súa poesía transmite tenrura, ás veces hai coma un laio encuberto polo
pasado (tamén en Aquilino Iglesia Alvariño). Isto exclúe calquera tipo de
énfases ou actitudes hipócritas.
e) Reflicte unha relixiosidade popular, semellante á de Castelao, non dogmática
(Crecente Vega era crego).

Exemplo: “O muíño”
Temática Descrición do acto de moer.
- Brandoeiro: pedra situada no lugar onde sae a fariña.
- Carroula: filas de moas da roda.
Vocabulario
- Escanda: especie de trigo dos países fríos.
- Galleiro: especie de andel para poñer o pan.
Outros
É un poema fechado, que comeza e remata do mesmo xeito.
trazos

Exemplo: “Anoitecer”
Visión idílica do solpor (momento no que algúns animais adormecen e outros comezan a
Temática
súa actividade) que lembra á poesía franciscanista.
- Roncón: insecto.
Vocabulario - Agruchar: aturuxar, piar.
- Avenza: gando lanar.
- A presenza humana é case imperceptíbel e non é máis importante cós outros
Outros elementos (“Unha nena onde á fonte cun rapas parrafea”).
trazos - Presenza do sapo, un animal moi frecuente neste tipo de poemas.
- Relixiosidade popular: “Toca ás Avemarías a campana da aldeal...”

Exemplo: “Os dous ramallos”


Poema narrativo e didáctico no que reflicte a duplicidade da vida (dous ramallos) e que ademais bota
man de elementos pequenos da natureza.

Exemplo: “Oración”
- Relixiosidade popular.
- Presenza de moitos substantivos (nominalización).
- Presenza das pequenas cousas (bocadiño, sede, raiola, estreliña, rachiña).

1.4.Aquilino Iglesia Alvariño


a) Foi un grande latinista, polo que se aprecia un gusto polo humanismo
clásico.
b) Recompilou moito léxico que despois incorporou á súa poesía, de aí que lle
chamasen “o señor das palabras”. Neste senso, inclúe moitas frases
coloquiais.
c) É o autor de Cómaros verdes (1947), libro esencialmente neovirxilianista,
pero que tamén inclúe poemas con outros trazos:
 Neotrobadorescos.
 Hilozoístas, xa que moitas veces a paisaxe aparece humanizada.
 En relación co anterior, hai certa semellanza coa imaxinaría da
Generación del 27 española, en especial coas imaxes de Lorca (lúa,
cor verde, auga...)
d) Moitas veces recrea un tempo pasado, a infancia, de xeito que a paisaxe é a
expresión da intimidade do eu lírico (tamén en Díaz Castro).

2 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

e) Moitos dos seus poemas son idilios nos que aparecen cousas amadas (plantas,
animais, elementos referidos á casa).
f) Os seus poemas adoitan presentar unha ausencia de fío argumental e
compoñerse de imaxes superpostas (que lembran ao collage da pintura).
g) Malia a riqueza verbal, é un poeta que se amosa distante, frío, que rara vez
consigue conmover.
h) Está moito máis achegado ás vangardas ca Noriega Varela.

Exemplo: “O sol ergueuse moi cedo”


Temática Descrición do amencer (como tamén facía Amado Carballo en “Abrente”)
- Tripar: pisar.
- Calandra: laverca.
Vocabulario - Cómaro: outeiro ou elevación que separa dúas propiedades de terra.
- Cabrinfollos: madreselva.
- Caivancas: valgada, vagoada.
Outros
- Ausencia de unidade
trazos

Exemplo: “Oración do sapo”


Composición na que se usan frases coloquiais.

Exemplo: “Abedoeiras”
Composición elaborada con hendecasílabos soltos.

Exemplo: “Os camiños do outono”


Temática Lembranza da infancia
- Armentío: gando vacún.
- Tollemerendas: planta semellante á silva.
- Deporondar: pendurar.
Vocabulario - Rebinchar: rebentar.
- Gavia: foxa.
- Estarabouzo, gallaroufa: barullo.
- Gariteiro: tenros.

1.5.Xosé María Díaz Castro (1914 – 1990)


Con só unha obra en galego, Nimbos (1961), ocupa un lugar importante
na nosa literatura. Ademais publica un tríptico co que participara nos Xogos Florais
de Betanzos, “Nascida dun soño” (1946), que sería dado a coñecer na revista
Anuario Brigantino (1951). Tamén se publican poemas del na revista Dorna, revista
que trala súa morte publicará un número case monográfico na súa homenaxe. Destaca
tamén pola súa actividade como tradutor, xa que coñecía case tódalas linguas
europeas e verteu ao galego poemas de autores europeos e americanos.
É un poeta lugués (de preto de Guitiriz) que participa das características
xerais do neovirxilianismo. Así, os principais trazos da súa poesía son:
a) Presenza do mundo campesiño.
b) Existencialismo, malia que Nimbos é publicado un ano antes ca Longa noite
de pedra non participa da poesía social.
c) É unha das poucas mostras de poesía relixiosa na nosa literatura, xa que se
percibe un existencialismo católico.

Exemplo: “Terra sucada”

3 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

Recreación do mito bíblico da expulsión do paraíso (3 últimos versos) dun xeito


Temática
intenso, xa que a significación do poema se concentra en poucos versos.
- Metáforas en aposición (“Ferve o grau, pulo enterrado/ da espranza, nena
dormida.”)-
Trazos xerais - Rima versal, a significación dunha palabra descansa arredor dunha palabra, que
neste caso é “terra” (laif motive). Este é un trazo moi frecuente en Díaz Castro, autor
que adoita colocar esta palabra ao final do verso, aínda que este non é o caso.

Exemplo: “Esmeralda”
Exaltación dun elemento pequeno (“Herba pequerrechiña”) ao que lle dá categoría
Temática
chamándolle “esmeralda”.
- Conciliatio: recurso consistente en que un argumento totalmente negativo ao
Trazos xerais comezo se volve positivo segundo vai avanzando a composición.
- Rima versal: “ti”.

Exemplo: “Penélope”
Inmobilismo ao que está condenada Galiza a través da recreación do mito de
Temática Penélope, xa que a natureza e o traballo rural son cíclicos e estruturan unha vida
condenada a repetirse sempre.
- Expresión do inmobilismo1:
● É un poema fechado.
● As palabras coas que comeza e remata son por si soas unha expresión de
inmobilidade (“Un paso adiante i outro atrás, Galiza”).
● Expresións de tempo: “o Tempo vai de Parga a Pastoriza” (son dous lugares
moi achegados), “Pro tí envólveste en sabas de mil anos,”; “Suco vai, suco
vén”. O tempo é un elemento moi importante neste autor, sempre vinculado ao
Trazos xerais inmobilismo.
● O verso “Aran so bois e chove” é o único heptasílabo, polo que con el resalta
esa visión cíclica da vida rural.
- Outros temas: emigración (“Un bruar de navíos moi lonxano/ che estrolla o soro mól
como unha uva”; “Traguerán os camiños algún día/ a xente que levaron.”); o fatum
ou destino inexorábel (“e toda a cousa ha de pagar o seu desmo”).
- Rima en sirventesio (a-b-a-b)

Exemplo: “Vísperas”
- Inmobilidade
- Relixiosidade popular, semellante á de Castelao: festa na que se mestura
Trazos xerais elementos católicos con elementos precristiáns.
- Recordo do mundo perdido.
- Rima versal (“río”).

Exemplo: “A cerna”
- A partir dunha actividade sinxela, como é podar unha árbore, desenvolve unha
Trazos xerais composición na que se aprecia o existencialismo e tamén a harmonía de
contrarios (vida - morte), xa que é preciso que uns morran para que outros poidan
vivir.

Exemplo: “Ai, capitán”


Trazos xerais - Tradución do poema “Oh captain, my captain” de W. Wihitman no que se describe
unha muller soa que pode lembrar ás viúvas de vivos de Rosalía.

Exemplo: “Terra achaida”

1
Esta idea de inmobilismo aparece tamén en “Terra de proseguir e non dar nada”, composición incluída
en Poesía enteira de Heriberto Bens de Ferrín; ou en Historia de una escalera de Buero Vallejo, obra
de comeza e remata coas mesmas palabras, primeiro pronunciadas polos pais e logo polos fillos.

4 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

- Lémbrase un tempo pasado.


- Plasticidade, exaltación luminosa da paisaxe.
Trazos xerais - Mestura de hendecasílabos (mundo cheo de vida) e pentasílabos (soidade,
inmobilismo).
- Metáforas en aposición.

1.6.Manuel María
Manuel María é un dos últimos representantes do Neovirxilianismo e un
dos escritores máis prolíficos da nosa literatura, xunto con Ramón Cabanillas.
Foi fundamentalmente poeta, pero tamén dramaturgo (pezas para
nenos). Ademais, tamén escribiu libros de contos que están á altura de Dieste ou
Castelao.
A súa obra poética, a pesar de pequenas diverxencias, ten unha grande
unidade. Defínese a si mesmo coma o poeta da Terra Chá e di que tódolos poetas
cantan sempre aos mesmos temas (amor, paisaxe...). Precisamente, o canto ao amor
implica unha defensa, a introdución dun elemento de denuncia (“O carro”). É un
poeta que leva a cabo unha defensa clara da lingua.
Podemos observar unha evolución en Manuel María:
1) Comeza escribindo unha poesía existencialista:
 En obras coma Muiñeiro de Brétemas (1950), unha das máis citadas
posteriormente na nosa literatura, Advento (1954) e Morrendo a cada intre
(1958).
 Malia non ser unha poesía relixiosa, trata o tema do silencio de Deus. É unha
poesía desesperanzada e pesimista.
 Está vencellada á chamada Escola da Tebra, da que o pontevedrés Cuña
Novás foi un dos iniciadores e na que se integrou, nun primeiro momento, o
grupo Brais Pinto.
2) Paso da denuncia individual (subxectividade) á denuncia colectiva
(obxectividade):
 En Morrendo a cada intre xa se anuncia a poesía social que desenvolverá
nos anos seguintes.
 Documentos persoaes (1958)
● É a obra na que dá o paso cara unha poesía na que o poeta é o representante
dunha colectividade, unha poesía de denuncia obxectivizada.
● Usa ironía.
● Emprega linguaxe xurídica (el era procurador).
● É un poeta marxista, moi achegado ao proletariado.
Exemplo: “Prohíbeselle á lúa”
- Ironía.
- Xoga co absurdo.

 Mar maior (1963), obra cuxo título está tirado da cantiga de Meendinho e que
sigue a liña da anterior.
 Versos para un país de minifundios (1969), onde se aprecia un claro
compromiso nacionalista:
● Hai unha denuncia dos males galegos (idioma, colonialización...)

5 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

● É unha poesía con fin didáctico, que pretende transformar a sociedade


erguendo a conciencia individual e colectiva.
Exemplo: “Estou cos meus”
- Defensa do idioma.
- Reacción contra o auto-odio.

 Poemas pra construír unha patria (1977), os poemas desta obra teñen unha
disposición tipográfica especial a través da cal se dan unha serie de lemas. É
tamén un libro de poesía social.
Exemplo: “Nada pode un home só”
- Disposición tipográfica.
- Poetiza todo o que está ao noso carón..

3) Coa chegada da democracia hai unha volta á infancia, aos temas dos primeiros
tempos (As lúcidas lúas do outono).
Manuel María é un poeta caracterizado pola humildade, a verdade e a
fidelidade a Galiza.

 Terra Chá
a) Edicións:
1) 1ª edición (Lugo, 1954), contén 55 poemas.
2) 2ª edición (Lugo, 1967), existe xa a pretensión de facer un libro fechado
(“Canto á Terra Chá” – “Pranto pola Terra Chá”). Ademais, o poema
“Romaxe” vai dar lugar a unha sección dedicada a poemas de romarías e
inclúe xa un limiar de Ánxel Fole.
3) 3ª edición, contén tamén o limiar de Fole.
4) 4ª edición, tamén co limiar de Fole.
5) 5ª edición (Xerais, 1989), prescinde do limiar e conta con 115 poemas.
b) A paisaxe é a protagonista:
 Unha paisaxe con vida, animada e cambiante.
 Na que o home está omnipresente, a diferenza da obra doutros autores
do movemento, sendo axente activo no cambio da paisaxe.
 Aparece nominalizada (lugares, accidentes xeográficos...)
 Cínguese a unha zona moi concreta de Galiza, a Terra Chá, estando
relacionado neste senso con outras obras próximas no tempo:
● Os Eidos (1955), de Uxío Novoneyra, que se cingue á zona do
Courel.
● Bocarribeira (1958), de Otero Pedrayo, que se cingue á bocarribeira
do Miño que Otero ve desde a súa casa de Trasalba.
c) Pretende facer unha defensa da tradición, nun momento no que o abandono do
agro pola cidade ou pola emigración a Europa fai que se comece a perder a
cultura tradicional:
 Os temas, son moi variados, peor todos vinculados á cultura popular.
Di Claudio Rodríguez Fer que a obra de Manuel María é coma unha
enciclopedia poética do popular.
 A lingua é intelixíbel para poder transmitir esa mensaxe de defensa da
tradición.
 As perspectivas adoptadas tamén son populares.

6 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

 A defensa da tradición implica a defensa da identidade da patria e unha


postura política de denuncia, denuncia que se fai de dous xeitos:
● Poemas que reivindican o tradicional sen ter un contido social
directo (“O carro”).
● Poemas que pertencen claramente á poesía social (“Labrego”).
d) A estrutura é, desde a segunda edición (1966), é fechada:
 “Canto á Terra Chá”, é o primeiro poema, no que se gaba de xeito
agarimoso a Terra Chá.
 Diferentes seccións que tocan distintos temas:
● “Terra Chá”: paisaxe.
● “Xentes”: sociedade.
● “A terra e o labradío”: labores.
● “Romaxes”: ritos
● ...
 “Pranto pola Terra Chá”, último poema, no que se laia do cambio que o
home produce na paisaxe.
e) Temas:
 A paisaxe: unha paisaxe concreta, con vida de seu (non humanizada) e
sobre a que actúa o home. Ademais é unha paisaxe nominalizada (nomes
de ríos, montes, lugares...).
 A sociedade: aparecen autores da Terrá Chá (Margarita Ledo, Díaz
Castro, Rábade Paredes, Fernán-Vello, Darío Xohán Cabana...) aos que
non lles chama intelectuais, senón artesáns chairegos que axudan a
construír esa pequena patria.
 Os ritos: descríbese unha relixiosidade popular (semellante á de
Castelao) que mestura o cristián e o pagán. De aí a importancia dos
montes (onde se lles rendía culto ao sol e á lúa), das árbores ou das
romarías. As romarías son vistas, coma na literatura medieval, coma un
lugar de encontro. Neste senso, hai poemas neotrobadorescos, aínda que
con evidentes pegadas do popular.
f) Forma: usa metros populares, de xeito que o pobo se recoñece nos seus
versos2. Inclúe versos dos que descoñecemos quen foi o seu autor na súa orixe
ou se foron unha creación do pobo.
g) Ten un grande éxito xa que os seus versos son cantados polo pobo, hai unha
interconexión cos receptores.

É o poema que sigue a “Canto á Terra Chá”, un poema que define o mundo
“Terra Chá” de Manuel María, sinxelo, escrito ao modo dunha copla curta.
“Povo da Terra Chá” Faise alusión á dispersión dos núcleos de poboación.
“Barro” Fai referencia a lugares (aparecen topónimos) e ás xentes.
- Apréciase a influencia do neopopularismo (ten a forma dunha copla
“As mozas” popular).
- Figura etimolóxica (“o corpo bimbial do bimbio”)-
- Leve imaxinismo, xa que hai unha personificación do monte (“A quen lla
pida máis cousas/ poñeralle mala cara”)
“O monte” - Crítica aos cambios que sofre o monte (pistas, canteiras, concentración
parcelaria...)
“O centeio” - Figura etimolóxica (“e medra moi medrado”).
“As medas” Refírese ás medas, moreas de trigo ou pan que, a diferenza dos palleiros,
2
Neste sentido lembra a Cantares gallegos.

7 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

están sen mallar.


“Os medeiros”
“Os nabos” Descrición mínima na que fai referencia á época do ano.
“O carro” Importancia do canto do carro.
“Tempo de choiva” Natureza como un todo animado.
“A fonte”
“As estaciós” Descrición do ano, dos labores e as paisaxes asociadas a cada estación.
“Poceiras”
“Cantiga pra andar - Neotrobadoresca.
pola Terra Chá” - Aparición de topónimos.
“Cantiga da romaxe
da Santa María de Mímese da cantiga de romaría medieval
Rábade”
“O carro” Denuncia mediante a defensa da tradición.
Entronca coa poesía social do XIX (Lamas Carvajal), fai referencia ás
“Labrego” inclemencias do tempo das que depende a subsistencia do labrego.
- Primeira parte (3 estrofas) de poesía franciscanista, na que se fai
referencia a un mundo idela.
“Pranto pola Terra
- Segunda parte na (7 estrofas) na que se critica a desaparición dun
Chá” mundo por causa do progreso.
- Metro popular.

1.7.Uxío Novoneyra
A produción de Novoneyra non foi abondosa, é un caso semellante ao de
Díaz Castro quen, cunha soa obra (Nimbos) ten un lugar importante na nosa literatura.
É o autor de:
a) Os eidos (1955)
b) Elexías ao Caurel (1966)
c) Poemas soltos, coma “Vietnam canto”.
Insírese dentro do Neovirxilianismo no que se refire ao tema, xa que a
forma é moi diferente á dos outros poetas deste movemento. A súa é unha poesía
esencial, na que nin sobra nin falta nada, e na que se reflicte unha realidade
lingüística.
Algunhas das características de Os eidos son:
A) Pannaturismo: é un canto a unha natureza en comunicación cordial co
Universo. Nesta natureza existen axentes meteorolóxicos (neve, néboa,
choiva, mofo) que difuminan a realidade e nos presentan unha visión máis
homoxénea do mundo natural. O home é un elemento máis dentro da
natureza, non é máis importante.
B) A presenza das cousas:
 Coma en Manuel María, predomina a nominalización (accidentes
xeográficos, meteoroloxía, flora, fauna...) fronte a acción verbal.
 Usa moitas frases enfáticas , unha énfase sen atribución.
 Aparecen, sobre todo, tres dos catro elementos: auga, aire e lume.
C) O devalar do “eu”:
 O eu poético adopta unha actitude contemplativa perante todo, polo que a
presenza dos sentidos é moi importante no poema.
 Hai unha concepción fluínte de todo (Heráclito: “  ” - “todo
flúe”-).
 A contemplación leva moitas veces ao ensimesmamento.

8 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

 O camiño é unha metáfora dos propios soños.

D) Tratamento do tempo:
 Ao igual ca en Díaz Castro, apréciase un inmobilismo, que ten aspectos
positivos e negativos:
● Negativo: móstrase a monotonía da vida.
● Positivo: a repetición das mesmas cousas supón a realización do ciclo
vital.
 Ás veces obsérvase saudade do tempo perdido, da infancia.
E) Presenza da soidade (!):
 Na estrutura superficial do poema percíbese a insignificancia do home
perante a grandiosidade da Natureza.
 Tamén se observa unha poesía existencia, chea de valores simbólicos (noite),
na que se reflicte o absurdo da existencia do home, o illado que este está.
F) Silencio e inefabilidade (!):
cando non se atopan palabras para expresar o que se
quere dicir, o poeta acode ao silencio mediante:
 Palabras comodín (cousa, xeito, maneira, algo)
 Puntos suspensivos, que deixan un camiño aberto.
 A aparición da palabra “silencio”.
Os puntos suspensivos e os signos de admiración son dous trazos
característicos de Os eidos, onde os poemas non teñen nin puntos nin comas.

É un poema típico de Novoneyra:


- Nominalizacións.
- Frase enfática.
- Puntos suspensivos.
“A devesa da - Aparición da palabra “silencio”.
rugueira” - Enumeracións.
- Vocabulario:
● Reboleira: castiñeiro bravo.
● Xardón: acivro.
- Figura etimolóxica (“Fiandeiriña que fías”).
- Colorismo (“roxiñas, brancas i azúes”).
“A fiandeira” - Palabras comodín (cousiña).
- Contemplación do lume que pode levar ao ensimesmamento.
- Frase enfática.
- Colorismo.
“As fainteiras” - Vocabulario:
● Fainteira: lugar onde abundan os fentos.
- Mofo como elemento igualador.
- Puntos suspensivos.
“O mofo das pedeas” - Aparición da palabra “silencio”.
- Frase enfática.
- O primeiro verso alude a un tempo máis ou menos preciso, algo pouco
frecuente en Novoneyra.
- O lume:
● Remite a unha atmosfera rural, coma Á lus do candil de Fole.
“A deshora” ● Atrae.
● É tratado con certo animismo (“ollar para o ollo do lume”).
- Palabras comodín (cousas).
- Vocabulario:
● Ragoada: fogueira.
- O primeiro verso, entre aspas, é de inspiración popular.
“Chove, chove...” - Aparece a choiva como elemento igualador.
- A mesma choiva tamén leva ao inmobilismo, á monotonía.
“O camiño do monte” É un poema moi característico de Os eidos:

9 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC
4. As vangardas en Galiza III: Neovirxilianismo

- A contemplación do camiño, metáfora dos soños.


- Omnipresencia da natureza.
- Vocabulario:
● Outear: cobreguear.
● “sono” no último verso, debémolo entender como “soño”.
- Ensimesmamento.
“Ollar de vagar” - A néboa como elemento igualador.
- Puntos suspensivos.
- Palabras comodín (algo).
“Choiva de outono” - Vocabulario:
● Enfexo: enrarecido.

10 Curso monográfico de poesía galega


2006/2007
USC