Está en la página 1de 5

3.

As vangardas en Galiza II: Hilozoísmo e Creacionismo

1. Imaxinismo, animismo ou hilozoísmo


A) Denominación:
 Imaxinismo: refírese á forma do poema, unha sucesión de imaxes plásticas.
 Animismo e hilozoísmo (do grego Ülh -materia- + zwh -vida-): termos
sinónimos que fan referencia á humanización da paisaxe, todo está dotado
de vida.
B) Características:
 Proximidade á tradición:
- Ten como base a poesía paisaxística xa existente no século XIX (Rosalía).
- Non hai versolibrismo: métrica máis clásica, predominando o verso
octosílabo.
- Uso de coplas populares ou de aparencia popular.
 Afastamento da tradición:
- A paisaxe está humanizada, animada. Amais o home aparece coma un
elemento máis da paisaxe.
- Uso de elementos típicos das vangardas: o poema é unha resposta
instantánea a un estímulo, polo que é breve e carece de argumento.
Ademais as imaxes son de filiación ultraísta.
- É unha poesía sensual, que xoga co mundo dos sentidos.
C) Cronoloxía:
 Iníciase coas obras Proel (1927) e O galo (1928) de Luís Amado Carballo.
 Reaparece trala Guerra Civil pola mesma razón có Netrobadorismo: non ten
un compromiso social.
 Nos anos 60 a poesía social fai que perda forza e desapareza.
D) Exemplos:
“Abrente” “Muiñeira de todo tempo”
(Luís Amado Carballo, O galo, 1928) (Luís Amado Carballo, O galo, 1928)
“O cruceiro” “Enterro”
(Luís Amado Carballo, Proel, 1927) (Luís Amado Carballo, Proel, 1927)
“Taberna” “O pescador de estrelas”
(Luís Amado Carballo, Proel, 1927) (Xulio Sigüenza, Cantigas e verbas ao ar, 1928)
“Namórame o feitizo do tesouro”
“Cantiga de espranza”
(Florencio Delgado Gurriarán, Galicia infinda,
(Xulio Sigüenza, Cantigas e verbas ao ar, 1928)
1963)
“Orballo” “Raid”
(Blanco Amor, Romances galegos, 1928) (Blanco Amor, Romances galegos, 1928)

2. Creacionismo: Manuel Antonio (1900 – 1930)


O Creacionismo está ligado na literatura galega a Manuel Antonio e ao
seu libro De catro a catro (Nós, 1928), en senso estrito o único rompedor e
vangardista da nosa literatura. Con todo, a presenza do eu poético afástao do
Creacionismo xa que rompe coa deshumanización propia das vangardas (isto non
acontece na obra de Vicente Huidobro).

1
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
3. As vangardas en Galiza II: Hilozoísmo e Creacionismo

2.1. Vida de Manuel Antonio


Manuel Antonio, mariño de profesión, nace e morre en Rianxo trinta anos
despois e, malia que a súa vida é moi curta, é tamén moi axitada. Da súa
personalidade destaca:
a) Na I Guerra Mundial apoia nun primeiro momento aos alemáns, aínda que
antes de que esta remate cambiará de parecer. Tamén apoiará aos bolxeviques
na Revolución Rusa e, en 1918 a Revolución Sandinista en América.
b) É autodidacta, pero é Risco quen lle proporciona a información: desde 1920
Risco relaciónase con Huidobro (primeiro epistolarmente e logo en persoa) e
desde este momento Manuel Antonio milita politicamente no galeguismo e
este contacto cos galeguistas ábreo a publicacións de Galiza e de América
(Céltiga), nas que colabora. O seu autodidactismo é moi elevado xa que
mesmo traduce a E. A. Poe.

2.2. Obra de Manuel Antonio


De catro a catro (1928) é o único libro que publica en vida. Até 1972
crese que Manuel Antonio só é autor desta obra de do manifesto “¡Máis Alá!”. Pero
García Sabell posuía dúas maletas que a nai de Manuel Antonio lle entregara trala
súa morte e nelas estaban datados e con título poemas de Manuel Antonio. En 1972
García Sabell publica en dous tomos estes poemas, o que nos permite reconstruír a
obra de Manuel Antonio:
1) Con anacos do meu interior (1919 – 1920), constituído por poemas de
mocidade (amorosos, intimistas, paisaxísticos, costumistas) nos que xa xoga coa
disposición visual do poema, aínda que predomina a rima consonante (o que o
afasta das vangardas).
2) Foulas (1922 – 1925), obra á que pertence o poema caligramático “Excelsior”,
polo que xa podemos falar dunha poesía vangardista. É un anuncio de De catro
a catro (hai xa un protagonismo do mar).
3) De catro a catro (1928).
4) Viladomar (1928), que contén seis poemas que supoñen a volta a terra trala
estancia no mar que supón De catro a catro. Malia esta volta, unha parte do eu
fica no mar.
5) Sempre e máis dispois (1928 – 1929).

Con anacos do meu interior


Foulas
De catro a catro poesía tradicional → poesía experimental

Viladomar
poesía experimental → poesía tradicional
Sempre e máis dispois

Por outra banda, Manuel Antonio é autor xunto co artista plástico Álvaro
Cebreiro do manifesto “¡Máis Alá!”, manifesto que:
a) É enviado a diversos xornais, escrito en galego e traducido ao francés e o
inglés.
b) Está inspirado no manifesto “Contra els poetes amb minúscule”, do poeta
catalán Joan Salvat Papasseit, quen propón unha nova fórmula poética para
Catalunya.

2
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
3. As vangardas en Galiza II: Hilozoísmo e Creacionismo

c) É un manifesto vangardista, na liña doutros publicados na Europa do


momento.
d) Apoia a fracción de Antón Villar Ponte dentro das Irmandades da Fala1, xa
que consideraban a Leandro Carré como representante do pasado, contrario á
modernidade.
Malia a recente descuberta da maior parte da obra de Manuel Antonio, con
só as dúas obras coñecidas até 1972 xa tería un lugar privilexiado nas vangardas e na
literatura galega, xa que son as dúas grandes manifestacións rupturistas deste período.

A) Manifesto “¡Máis alá!” (1922)

É un manifesto que en xeral se caracteriza pola presenza da idea de


transformación da sociedade e dun espírito loitador, case que arroutado. Será un
manifesto ao que se referirán os poetas dos anos 80.

Exprésase que non pretende ser un manifesto só literario, senón que vai
“O xesto” alén a da literatura. Neste senso conecta co manifesto superrealista de
1924.º
Márcase a idea de que “os vellos” son os que escriben na actualidade
“Os vellos” coma en tempos pasados, idea expresada en Nós, os inadaptados de
Risco.
Deféndese a implicación da arte na sociedade, a interdependencia entre
“O ruralismo”
arte e sociedade.
- Insístese no individualismo (“Nós non admiramos a ninguén”), xa
defendido por Risco (“moral de soberbios”; “ser diferente é ser
“Os devanceiros” existente”).
- Atácase a escritores coma Losada (autor costumista moi popular na
súa época) e certos aspectos de Rosalía, Curros e Pondal.
Crítica a Valle – Inclán, un escritor con talento que para acadar
“Pollitos bien”
recoñecemento escribe en castelán e non en galego.
“Tamén hai
Reivindicación.
outros”
- Defensa do uso do galego en tódolos ámbitos (“intransixencia na
fala”) que xa vén das Irmandades da Fala (1916).
“A fala”
- Busca da auténtica esencia da fala: “coma quen garda un mito en
sete huchas concéntricas,2”
- Reacción contra o costumismo, os tópicos e o provincialismo.
“Desbotando” - Referencia á literatura paisaxística que lembra á diferenciación que
na revista Nós se facía entre turista, que non vive a paisaxe, e
camiñante, que si o fai.
“¡MOCEDADE!” Necesidade de non se estancar (“peregrinaxe sen chegada,”).

B) De catro a catro (1928)

1
En 1922 comezan a distinguirse dúas tendencias dentro das Irmandades da Fala, unha que opta pola
vía política (Peña Novo) e outra que é partidaria da acción cultural antes de pasar á política (Risco).
Isto leva á substitución director de A Nosa Terra, Antón Villar Ponte (máis progresista), por Leandro
Carré (máis conservador). Este conflito dentro das Irmandades acabará nunha escisión en 1924.
2
Referencia que lembra a J. Costa, “despensa, escuela y siete llaves al sepulcro del Cid”, quen se refire
así ao fechamento dos mitos para atopar a verdadeira esencia do pobo.
3
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
3. As vangardas en Galiza II: Hilozoísmo e Creacionismo

a) Características xerais: tanto o título coma o subtítulo, “Follas sin data dun diario
dabordo”, apuntan xa algunhas das características da obra:
 De catro a catro fai referencia ás 12 horas de garda dun mariñeiro, o que
nos leva a unha perspectiva autobiográfica, finxida ou non. O eu lírico é
o protagonista que escribe as súas reflexións.
 Follas sin data dun diario dabordo:
 perspectiva de continuidade (o eu lírico vai tomando apuntamentos de
impresións que considera que deben ser comentadas).
 apúntase a fragmentariedade desas impresións (follas sen data).
Carvalho Calero fala dunha odisea, unha viaxe na que se viven unha
serie de peripecias para volver ao punto de partida. Porén, en De catro
a catro os puntos de partida e chegada non están moi definidos.
b) Interpretacións:
 Viaxe odiseica (Arcadio López Casanova), quizais a máis acertada porque
aínda que a viaxe sexa simbólica, non deixa de ser viaxe:

Foulas “Intencións” “Adeus” Viladomar


Chegada e Contemplación do
despedida do mar desde a
Viaxe a Anuncio da
mar: ribeira, bótase de
emprender partida
desdobramento menos o eu que
do “eu” realizou a travesía
“Recalada” “Navy Bar”
Baixada a terra

Viaxe odiseica (partida – viaxe - retorno)

Superestrutura da obra

 Viaxe oximórica3, sería unha viaxe cara ningures, o estatismo e a


inmobilidade total.
 Con todo, adóitase buscar un termo medio entre as dúas interpretacións xa
que hai unha certa progresión, aínda que ás veces pareza que o barco está
quedo no mar.
c) Características:
1) Relación co Creacionismo:
 Difire del na continua aparición do eu, case sempre representado nun
nós, xa que o Creacionismo caracterízase polas deshumanización.
 Achégase a el pola superposición de imaxes inesperadas e ousadas,
de xeito que a metáfora perde o seu valor. Este é a característica
máis importante da obra.
3
Oxímoro: descrición que parece contradicir as leis da lóxica pero que ten unha verdade interna.
Exemplo: "Mis libros están llenos de vacíos" (A. Monterroso).

4
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
3. As vangardas en Galiza II: Hilozoísmo e Creacionismo

2) Visión do mar desde dentro, algo novo na nosa poesía xa que até entón a
contemplación do mar realizábase desde a ribeira (así acontece, por
exemplo, en Na noite estrelecida de Cabanillas).
3) Simultaneidade, un concepto complexo na literatura que debe ser
entendido coma a non progresión (asociábel ás artes plásticas).
Así, De catro a catro achégase ao Creacionismo, pero tamén a outros
ismos:
a) O Cubismo, pola disposición visual dos poemas.
b) O Futurismo, polo uso de tecnicismos, neoloxismos (S.O.S.)
d) Simboloxía: na obra non hai unha referencia temporal explícita (só o título, unha
referencia extratextual). Ten, ademais, un enfoque existencialista. Arcadio
López Casanova diferenza catro elementos simbólicos:
1) Barco: é o símbolo do eu lírico, da vida. Asociados ao barco están varios
símbolos:
 De esperanza: a proa e os mastros.
 Do pasado que impide o progreso: o ronsel.

→ proa
ronsel ← barco
→ mastros

2) Terra vs. mar: contraste entre o estatismo da terra e o dinamismo do mar.


3) Vento: relacionado co anterior, xa que a súa presenza dá lugar á
progresión, pero a súa ausencia provoca o inmobilismo.
4) Noite: símbolo da soidade e da negatividade, unha negatividade que
semella dominar todo o poemario.

***

A ausencia de puntuación e a disposición visual do poema, así coma a


ausencia de rima, con trazos característicos deste tipo de poesía. Ademais, non
podemos esquecer que Manuel Antonio é un dos poetas máis citados en obras
posteriores, destacando neste senso o poema “S.O.S.”.

5
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC