Está en la página 1de 8

2.

As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo

1. Neotrobadorismo
O Neotrobadorismo supón unha nova concepción da poesía dos
trobadores medievais. Xorde en relación ás vangardas de comezos do século XX e
supón unha poesía que lembra ás cantigas medievais, pero está influída polas
correntes do momento.
A) O Neotrobadorismo xorde arredor do Seminario de Estudos Galegos, fundado
en 1923 por estudantes da Universidade de Santiago (Bouza Brey, Filgueira
Valverde...). É a primeira tentativa seria de estudar Galiza nas súas diversas
manifestacións artísticas e está dividido en seccións á fronte das cales están os
compoñentes de Nós, os homes de prestixio do momento. O Netrobadorismo está
ligado ao presidente da sección de literatura: Armando Cotarelo Valledor.
B) Antecedentes remotos (non sabemos como chega a eles a poesía medieval):
 Pondal, ten poemas que lembran ás cantigas medievais. Este é o caso de “O
canto do vixía”:

“O canto do vixía”
Publicación - Non se coñece até 1981, cando é publicado por Amado Ricón.
- Non sabemos cando o compuxo Pondal.
- Aparición da palabra “xograr”.
- Alusión continua aos ollos da amada (característica da escola galego –
castelá)
Trazos que lembran - Estruturas sintácticas (“Defensa atopar cuidei”).
á poesía medieval
- Arcaísmos: í (do lat. ibi).
- Refrán.
- Alusión á morte de amor, coma nas cantigas de amor.
- Primeira estrofa narrativa + desenvolvemento.
Outros trazos - A primeira parte (8 estrofas) lembra máis á lírica medieval cá segunda, máis
popular.

 Carles Riba1, autor catalán que escribe cancións ao xeito das cantigas
medievais:
 Obras en galego:
- 25 cantares de amor: teñen semellanza coas coplas populares galego
– portuguesas.
- 5 cantares de amigo: son unha mímese das cantigas de amigo
medievais, polo que Carles Riba tiña que coñecelas (teñen leixa – pren,
refrán...)
 Relación con Galiza:
- Na posguerra realízanse reunións entre poetas cataláns e galegos. En
1968 celébrase unha destas reunións en Compostela da que Xosé María
Álvarez Blázquez deixa un testemuño escrito referíndose a Carles
Riba. Di Álvarez Blázquez que Riba afirmara coñecer a obra de Rosalía
e que se aventurara a escribir en galego en 1911. Tamén lle di que

1
Un dos poetas cataláns máis importantes (de procedencia burguesa), creador, filólogo e grande
coñecedor da cultura grega (traduce a Ilíada e a Odisea ao catalán). Durante o Franquismo ten que se
exiliar a Francia. Morrería nos anos 70.
1
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
2. As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo

considera o galego unha lingua moi axeitada para traducir ao alemán


Heine.
- Namórase dunha costureira de Vilagarcía de Arousa que traballa en
Barcelona: Pepita Vila Pérez. En 1975 Pepita morre e a súa familia
atopa os poemas galegos de Riba e entrégallos á Generalitat, que os
publica baixo o títilo de Papers de Juventut en 1987, data desde a que
os coñecemos.
 Xan Vicente Viqueira, destaca máis polo labor de pensador ca polo de
creador. Con todo no poema “Poemeto da vida” podemos achar trazos que
lembran á lírica medieval, lírica que é probábel que coñecese:
“Poemeto da vida”
Trazos que lembran - Refrán
á poesía medieval - Lembra a Martín Codax: “e bañar nos hemos nas ondas”
- A primeira parte é narrativa, coma no poema de Pondal (1ª estrofa).
Outros trazos
- Sentimento da raza: “con reminiscencias raciás cantou esta alborada”

C) Como coñecen a poesía medieval?


 Xa se descubriran os tres cancioneiros medievais2 máis importantes, mais a
difusión da lírica medieval galego-portuguesa non se produce até a
publicación de dúas antoloxías de José Joaquim Nunes: Cantigas de amor
(1932) e Cantigas de amigo (1928), polo que podían ter noticias deles, pero
non coñecelos en profundidade.
 Coñecen ao ensaísta Teodosio Vesteiro Torres, quen se suicida en 1876 e
dona á Biblioteca da Universidade de Santiago o que el cría que era o (C)V,
que en realidade era unha antoloxía. É moi posíbel que no SEG coñecesen esta
antoloxía e baseándose nela xurdise no neotrobadorismo.
D) Influencias:
 Cantigas medievais: hai unha mímese dos recursos estilísticos3 (paralelismo,
leixa-pren, refrán) e son as cantigas de amigo e as de amor os xéneros máis
imitados.
 Vangardas: léxico, metáforas...
 Neopopularismo: Montesinos divulga a un Lope de Vega que recollera a
tradición popular de Castela (Santa Casilda), o que inflúe na Generación del
27 española, que tamén intenta facer poesía baseándose na tradición popular
(Romancero Gitano, Marinero en tierra). O Neopopularismo inflúe na
temática das composicións neotrobadoristas.
E) Tendencias: os poetas neotrobadoristas son moi diferentes, algúns imitan máis as
cantigas medievais e outros achegan máis influencias vangardistas. Cunqueiro
reflicte as dúas tendencias.
F) Cronoloxía: hai dúas obras que se sinalan como o comezo e o feche do
Neotrobadorismo, con todo este movemento influirá posteriormente (Claudio
Rodríguez Fer, Méndez Ferrín, Luz Pozo Garza...):

2
Son o Cancioneiro de Ajuda ou (C)A, o máis antigo e descuberto en 1904; o Cancioneiro da Vaticana
ou (C)V, descuberto case na súa totalidade en Viena en 1870; e o Cancioneiro da Biblioteca Nacional
ou (CN)B, descuberto nunha cidade alemán en 1880.
3
No (CN)B inclúese un tratado de poética medieval.
2
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
2. As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo

 Libro fundacional: Nao senlleira (1933) de Fermín Bouza Brey, aínda que
desde 1925 Bouza Brey publica en Nós poemas neotrobadoristas.
 Remate do movemento: Cancioeiro de Monfero (1953) de Xosé María
Álvarez Blázquez.
A paréntese da Guerra Civil: durante o Franquismo non hai ningunha lei que prohiba
escribir en galego (pero está prohibido traducir obras ao galego antes có castelán),
pero na práctica escribir en galego supuña un problema. O Neotrobadorismo é o
primeiro movemento en rexurdir trala guerra4 por non ser un movemento de
compromiso social.

1.1. Bouza Brey


a) Nao senlleira (1933): inclúe composicións novas e outras publicadas na revista
Nós en 1925. Ten influencias de:
 Lírica medieval. É un dos fundadores do SEG, onde se estuda o pouco que
coñecían entón dos cancioneiros medievais. Isto fai que as súas
composicións resulten ríxidas.
 Etnografía e folclore.
 Vangardas (xa se publicara en 1924 o Manifesto superrealista).
b) Seitura (1955): escrita con ortografía portuguesa, o que non supón lusismo
ortográfico xa que só pretende ser unha homenaxe aos miñotos. É publicado en
Braga, unha cidade simbólica e moi ligada a Galiza historicamente.
Exemplo: “Lelías5 ao teu ouvido”
Influencia da lírica
- Refrán
medieval
- “herbiña de namorar”: segundo a tradición se se mete esta herba no
peto de alguén consegues que se namore de ti. É unha planta moi
abundante en San Andrés de Teixido.
Etnografía
- “nove ondas”: refírese ao rito na praia da Lanzada para quedar
embarazada.
- “a frol da auga fría”: rito da mañá de San Xoán.
Exemplo: “Gándaras”
Descrición dunha gándara (terreo chan, unha das máis coñecidas é a Gándara de Melide)
Exemplo: “Temas da fonte agachada”
Imaxe dunha fonte.
Exemplo: “Tópico no porto”
- Numerosas imaxes vangardistas
- Conexión co mundo trobadoresco (“Ai amor, ai amor, ai amor...”)
- Presenza do mar6.
- Estrela da Fartura: refírese a Venus.

1.2. Álvaro Cunqueiro


a) Cantiga nova que se chama riveira:

4
A primeira obra con entidade poética sería Cómaros Verdes de Aquilino Iglesia Alvariño.
5
Unha lelía ou leilía é unha cancionciña popular.
6
Case tódolos poetas galegos, agás Manuel Antonio, se refiren ao mas véndoo desde terra.
3
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
2. As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo

 Primeira edición: publicada en Resol, contén 19 cantigas7.


 Segunda edición: publicada na editorial Monterrey (dos irmáns Álvares
Blázquez). Contén 6 cantigas máis cuxa composición data de entre 1933 e
1936 (segundo di o propio Cunqueiro).
Exemplo: “Si a miña señor á i-alba de Arousa beilar”
- Estruturas sintácticas
- Aparición da palabra “señor”
Influencia medieval - É unha alba que lembra ao trobador pontevedrés Paio Gómez Charinho,
expresións coma “mar maior” lembran a Mendinho e as avelaneiras a
Airas Nunes.
Influencia
neopopulista - Liberdade métrica

Exemplo: “Por oír a unha rula decir de amar”


Influencia medieval
- Lembra a Martín Codax
- Remata cunha fiinda.

Exemplo: “Con auga de sede vella”


- Imita o cossaute, unha estrofa sen tradición nas nosas cantigas.
Trazos xerais - : repetición de palabras co mesmo radical, como é o caso de “namorar”
“namoreina”

Exemplo: “Amor de auga lixeira”


Influencia medieval - Refrán
Influencia
neopopulista - Brevidade e condensación.

b) Dona do corpo delgado (1950): é un libro misceláneo, non é neotrobadoresco ao


cento por cento, só unha das súas seccións “Cantigas do amor cortés” escritas
tamén, segundo o autor, entre 1933 e 1936.

Exemplo: “A dama que ía no branco cabalo”


Trazos xerais - Lembra ás cantigas de Paio Gómez Charinho
- É un xogo de galantería

Exemplo: “O cabaleiro da pruma na gorra”


- Lembra ás cantigas de corro.
Trazos xerais
- O refrán é mínimo.

7
Segundo Torrente Ballester, ao que Cunqueiro coñecía, foron escritas en dous ou tres días nalgún
recuncho dunha taberna santiguesa.
4
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
2. As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo

Exemplo: “Rondeau das señoras donas pintadas no ouso do Vilar, no século XIV,
cheirando unha frol”
- Le verse Composición de inspiración francesa
Partes do poema
- L’envoi (dedicatoria)
- Pierre Ronsard (1524 – 1585), poeta medieval francés do que toma o
Autores nos que se sentimento do carpe diem.
inspira - François de Villon (renacentista): “Ballade des dames du temp jadis”8,
poema do que toma o sentimento do ubi sunt.
Contido - Está dedicada ás señoras dos frescos románicos da igrexa de Vilar de
Donas de Palas de Rei.
- En l’envoi faise referencia a dúas flores: a flor de lis, símbolo da monarquía
francesa, e a camelia. Está última simboliza para Cunqueiro a conxunción
Outros aspectos
do carpe diem e o ubi sunt.
- É un poema moi literaturizado.

c) Herba aquí e acolá tamén ten algunhas composicións neotrobadorescas:


Exemplo: “Pero Meogo no verde prado”
- Asociada a Pero Meogo (dialogada), Vidal e Meendiz de Briteiros.
Trazos xerais - Cervo: desde a tradición precristiá é símbolo da virilidade masculina, do
namorado.
- Fonte como lugar de encontro dos namorados.

As razóns que levan a Cunqueiro a facer este tipo de poesía son


1) O asombro que lle producen os cancioneiros (coñece a edición de Nunes) e
2) A publicación de Nao senlleira.
Cunqueiro manifesta o seu desexo de compoñer cantigas ao xeito
medieval sen as limitacións métricas e rítmicas que se apreciaban en Bouza Brey
(tamén en Aquilino Iglesia Alvariño ou en Filgueira Valverde). Este desexo de
liberdade está relacionado coa influencia neopopulista (Cunqueiro estaba a ler La
amante, de Alberti).

1.3. Filgueira Valverde


É un dos fundadores do Seminario de Estudos Galegos e un grande
estudoso da lírica medieval. Así, en 1927 publica nos números 37 e 38 de Nós o
artigo “A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana”, artigo clave para sabermos como
entendían entón o fenómeno trobadoresco. Ademais, elabora unha tese sobre a cantiga
CIII (“Fontes e derivacións da cántiga CIII”). É dicir, coñece a métrica, as figuras, o
estilo e tódolos trazos das cantigas medievais, polo que as súas composicións se
achegan máis a elas cás de Cunqueiro (máis influído polo neopopularismo).

8
Este poema tamén inspirou unha coñecida canción de Geroges Bolassens: “Les amours d’aritan”. Ao
mesmo tempo, “Ballade des dames du temp jadis” e “Rondeau das señoras donas pintadas no ouso do
vilar, no século XIV, cheirando unha frol” inspiran o poema “Señoras do pasado” incluído en Con
pólvora e magnolias de Ferrín.
5
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
2. As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo

a) “Seis canciones de mar in modo antico” (1941): caderno de poesía


publicado na revista Albor de Pamplona en 1941.
Exemplo: “Un loureiro esguío”
- É un poema composto por 8 cobras de dúas palabras e refrán.
- Coma en moitas cantigas medievais, o primeiro verso da 1ª e 2ª estrofa son iguais, só
cambia a palabra en posición de rima (“Un loureiro esguío”; “Un loureiro illado”), o mesmo
Métrica acontece coa 3ª e a 4ª etc.
- Ten leixa – pren, é dicir, o primeiro verso da 3ª estrofa reproduce o 2º verso da 1ª9, o 1º
verso da 4ª estrofa reproduce o 2º da 2ª etc.

b) “Seguida para os Anxos de Compostela” (1955): é a resposta á obra de


Gerardo Diego Ángles de Compostela (1940), obra cun limiar de Otero
Pedrayo e que contén un poema, “Iris”, dedicado a Filgueira Valverde.
 Son cinco cantigas que imitan as cancións de amigo.
 Reproducen un ciclo das cantigas de amigo no que hai un diálogo
entre unha rapaza e unha nai. A primeira pretende convencer á nai
para ir a Compostela ver o Pórtico da Gloria.
 Publícase o 25 xullo de 1987 no xornal El Correo Gallego.
 Están baseadas nas cantigas II e III de Martín Codax.
 Exemplo: “A vila de Santiago”, unha composición con leixa – pren.

1.4. X. Díaz Jácome


Ensaia cantigas que lembran ás medievais, mais está máis preto do
neopopulismo. Del destacan dúas obras:
a) Primeiras cantigas (1936): a esta obra pertence “A barquiña ledizosa”, unha
composición con refrán e certo paralelismo, mais sen leixa – pren.
b) Pombal (1963): obra na que se inclúe “Namoro de Betanzos”, poema cun
refrán con variantes (“Polo mar chegou/quen me namorou”; “Por terra veu/
quen por min sofreu” etc.) e aparencia de copla popular. Ademais hai un
xogo semántico (mar, mariñeiro, ribeira; terra, labrego, veigas; aires, troveiro,
moza en fror). Ten tamén un refrán alterativo e con variantes (“E na ribeira
en fror/ hachara o meu amor!”; “E nas veigas en fror/ hachara o meu amor!”;
“E nunha moza en fror/ hachara o meu amor!”)

1.5. Aquilino Iglesia Alvariño


Aquilino Iglesia Alvariño, catedrático de latín e grande perfeccionista, era
coñecido como “o señor das palabras”. Non é completamente neotrobadoresco, mais
ten algúns poemas que seguen estas correntes en obras coma Cómaros verdes10
(1947).
Exemplo: “Sob as avelaneiras”

9
Lembremos que, en literatura medieval, a primeira cobra se denomina cobra base e a segunda cobra
responsoria.
10
É o primeiro libro con entidade poética publicado trala guerra. Insírese dentro da corrente do
humanismo paisaxístico.

6
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
2. As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo

- Cambia a orde das palabras nos primeiros versos das estrofas no canto de cambiar as
palabras en posición de rima.
- Leixa – pren
Trazos
xerais - Refrán.
- Locus amoenus (lugar apto para os amantes).
- Lembra a Airas Nunes, o trobador das avelaneiras.

1.6. Xosé María Álvarez Blázquez


Con Cancioeiro de Monfero (1953) dáse por fechado o movemento
neotrobadorista. Álvarez Blázquez dá ao prelo o que el di que é un cancioneiro
medieval descuberto por el e adaptado (completaría palabras desaparecidas no
suposto orixinal). En realidade non é máis ca un artificio, un xogo literario levado ás
últimas consecuencias (publícao o 28 de decembro de 1953, día dos Santos
Inocentes).

Exemplo: “Riandiño, iograr”


- Imita ás cantigas de romaría (cantigas de amigo)
Trazos
xerais - Adaptación da linguaxe: ú, chorar dos ollos...
- Parénteses: simulan a perda do texto orixinal e a reconstrución deste por parte do autor.

Exemplo: “Un clérigo que comía”


Trazos - Crítica ao clero impensábel na literatura medieval.
xerais - Linguaxe: xi = xa lle, ar = igualmente, de pran = certamente.

Exemplo: “Desque vos vi en cas d’El Rei”


- Voz lírica masculina nunha cantiga de amigo, polo que non pode ser unha composición
Trazos medieval.
xerais - Forma señor.
- Parénteses.

En Poemas de ti e de min (1949) tamén compón poemas


neotrobadorescos, pero con máis liberdade.

Exemplo: “Ai, meu amigo”


Trazos
- Tenzón amorosa.
xerais - Xogo picaresco.
- Elementos naturais.

 Referencias á literatura medieval posteriores ao neotrobadorismo


A) Meendinho: é o trobador ao que máis referencias se fan, malia ser autor dunha
soa cantiga pero das máis universais, “Sedia-m'eu na ermida de San Simión”
(finais do século XIII – comezos do XIV). É un autor do que case non sabemos
nada, nin de onde era nin o porqué do seu nome11. Algunhas homenaxes a este
trobador son:
“Cercáronme as ondas que grandes son” “Non hei barqueiro nin remador”
(Bouza Brey, Nao senlleira) (Manuel María, Mar maior, 1963)

11
Algúns din que era dun lugar de Teis, Mendo; outros que era un mendigo.
7
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC
2. As vangardas en Galiza I: o Neotrobadorismo

“Empréstame, Meendinho, túa voce


lembradoira,”
(Valentín Paz Andrade, Cen chaves de sombra, “Mendo”
1979) (Ernesto Guerra da Cal)
- Transformación da illa de illa do amor
(Meendinho) a cárcere (Guerra Civil)
“Unión libre”
“Meendinho”
(Claudio Rodríguez Fer, Poemas de amor sen
(Álvarez Blázquez, revista Coordenadas, 1981)
morte, 1971)
“Eu atendend’o meu amigo! E verra?”
“Ficaba en Oleiros triste e só”
(Helena Villar, apéndice de Fortuna literaria de
(X. Seoane, revista Grial, nº 68, 1980)
Meendinho12)
“Na illa de San Simón”
“Sedíame eu, irmana, na illa do amor”
(Antonio Alonso Fontán, apéndice de Fortuna
(Alonso Montero)
literaria de Meendinho)
- Diálogo entre a rapaza e a irmá.
- Lembra a Airas Nunes (abelairas).

B) Martín Codax: só coñecemos del as súas sete cantigas de amigo e é, despois de


Meendinho, o segundo trobador máis lembrado.

“...onde vai o mar” “Virá cedo teu amigo”


(Claudio Rodríguez Fer, Poemas de amor sen (María do Carme Kruckenberg, Sete cantigas para
morte) as sete cantigas de Marín Codax)
“Ai mía filla, a do corpo delgado,”
“Axiña pasa o tempo da total transparencia”
(Rábade Paredes, especial sobre Martín Codax do
(Luz Pozo Garza, Códice Calixtino, 1986)
Faro de Vigo, 1983)
- Paso do tempo.
- Lembra a Pero Meogo (“por que tardastes”)
“Ondas do mar da miña pátrea,” “- Traio do mar de Vigo”
(A. de las Casas, revista Cristal, 1983) (Díaz Jácome, Pombal, 1963)

C) Outros autores:
“Ai estorniño do abelanedo”
“Meu corazón transidamente orfando”
(Álvaro Cunqueiro, cita que encabeza as “Cantigas
(E. Guerra da Cal, Rio de sonho e sombra, 1963)
do amor cortés”)
- Lembra a Pero Meogo (cervos)
- Lembra a Airas Nunes (abelanedo)
“Que por todos os bosques perdidos que
cruces precaria” “Amarelece acedo o tempo”
(Claudio Rodríguez Fer, Poemas de amor sen (J. A. Valente, Sete cantigas do alén, 1981)
morte, 1963) - Lembra a Pero Amigo.
- Lembra a Pero Meogo (cervos)
“Non hai lediza maior”
“Xa non temos avelaneiras frolidas”
(E. Guerra da Cal, Lúa de alén mar, 1959)
(Mª do Carme Kruckenberg)
- Locus amoenus
“(María) Balteira e Pero d’Ambroa”
“Don Paio Gómez Charinho”
(Álvarez Blázquez, Cancioeiro de Monfero)
(E. Guerra da Cal, Lúa de alén mar, 1959)
- Escarnio (soldadeiras)
“De vós, Esguío, Nuno Fernández Torneol”
(Uxío Novoneyra, revista Vida Gallega, 1961)

12
Obra de Alonso Montero publicada en 1973.

8
Curso monográfico de poesía galega
2006/2007
USC