Está en la página 1de 8

1.

Gallaecia

1. Introdución
Foron os callaici, unha das tribos do noroeste peninsular, os que deron
nome a Galiza, á que os romanos denominaron Gallaecia. A Gallaecia romana
compúñase dun amplo territorio, pero aquí ímonos centrar no triángulo interior
formado polas capitais dos tres conventus: Bracara Augusta, Asturica Augusta e
Lucus Augusti.

2. Os primeiros poboadores. A revolución neolítica


2.1. Dificultades para o coñecemento dos primeiros poboadores
Os datos sobre os primeiros proveñen, fundamentalmente, de tres fontes
pouco precisas, amais do retraso cronolóxico da prehistoria galega respecto da
prehistoria xeral. Estas fontes son:
a) Vestixios antropolóxicos, moi escasos.
b) Restos arqueolóxicos, escasos tamén até o megalitismo.
c) Testemuños literarios imprecisos1.
Sobre estes datos construiría a historiografía do século XIX, na que
destaca Murguía, a tese do celtismo, hoxe discutida.

2.2. Substratos raciais


Malia que os datos dos que se dispoñen son imprecisos, as pescudas
actuais sobre vestixios antropolóxicos e arqueolóxicos permítennos falar de varios
substratos raciais:
a) Cromañoide, que se cre que é o máis antigo (necrópole da Lanzada).
b) Mediterráneo, moreno e baixo, presente desde o Neolítico e moi frecuente en
Galiza (eterno campesiño neolítico).
c) Nórdico ou alpino, chegado no Bronce final.
d) Máis tarde chegarían os celtas, os romanos e os xermánicos, compoñendo así
a etnia galega.
2.3. Paleolítico (26.000/34.000 a.C. – 8.000 a.C.)
A diferenza entre as datacións froito do carbono 14 e a análise das pezas
atopadas nos xacementos fan difícil datar a antigüidade do home en Galiza. Aínda
así, podemos falar da existencia de tres períodos fundamentais na prehistoria:
Paleolítico, Mesolítico e Neolítico.
No Paleolítico galego destacan:
 Os vestixios líticos.
 A concentración da poboación na costa e no sur.
 Asentamentos pouco estábeis, ao contrario ca na zona Cántabra.
Ademais, cómpre falar de dous subperíodos:
a) Paleolítico inferior: do que destacan os xacementos de Camposancos
(desembocadura do Miño), Gándaras e Budiño. Neles atopamos:
 Vivendas ao aire libre.
 Obradoiros para a fabricación de útiles líticos.

1
Neste senso, Rufo Festo Avieno, fala dos oestrymnios como primeiros poboadores de Galiza en Ora
maritima, que serian desprazados polos celtas na Época do Bronce final.
1 Historia de Galiza
2006/2007
USC
1. Gallaecia

 Un desaxuste cronolóxico entre as datacións do método


radiocarbónico e as técnicas coas que se fabricas os útiles, máis
primitivas do que correspondería nesa época, debido a:
 Que a cronoloxía debe ser retrasada.
 Os materiais e o conservadorismo da culturas paleolíticas
atlánticas.
 A poboación sería nómade e dedicaríase á caza.
b) Paleolítico superior e Epipaleolítico: época difusa que se estende até o 8.000
a.C. na que destacan o clima frío e húmido, sendo especialmente importantes
os xacementos de Muras e Vilalba, que nos achegan información coma a
seguinte:
 O uso do sílex e a existencia dunha capacidade técnica superior.
 Restos de ocre que nos poden levar a pensar na existencia de pintura
mural ou corporal.
 Economía baseada na caza e sociedade nómade.

2.4. Mesolítico
Supón un tránsito cara o Neolítico no que a caza perde forza na costa,
fronte ao marisqueo.

2.5. Neolítico
A revolución neolítica supón o tránsito dunha economía depredativa e
recolectora a unha produtora. En Galiza:
a) Adoita identificarse co megalitismo, porque non aparece unha agricultura
estábel nin se dá o sedentarismo até entón.
b) J.M. Vázquez Varela apunta, pola súa banda, á posibilidade dunha
agricultura neolítica anterior ao megalitismo baseándose en datos
climáticos.
2.5.1. O megalitismo (terceiro milenio a.C. – cuarto milenio a.C./ 3.000 a.C. – 1.700
a.C.)
a) Monumentos

Atopamos monumentos de pedra de gran tamaño, case sempre


funerarios, que poden ser de diferentes tipos:
 Círculos líticos ou crómlechs.
 Menhires ou pedras fitas.
 Sepulcros, os máis abondosos, denominados antas, mámoas, modias... Neles o
enxoval funerario é pobre, en parte polas espoliacións sufridas, e amosan o
profundo culto aos mortos e a crenza nunha vida alén da morte. Os sepulcros
están formados por un túmulo2 e un dolmen e podemos distinguir dous
períodos:
 Primeira fase na que se constrúen sepulcros pequenos.
 Fase final na que os sepulcros están máis desenvolvidos e son xa
rectangulares.

2
Capa de terra e pedras que semellan un pequeno outeiriño, dentro do cal se atopa o sepulcro. A idea de
illamento do sepulcro é unha constante no megalitismo.
2 Historia de Galiza
2006/2007
USC
1. Gallaecia

Forman parte dun fenómeno cultural moi amplo, con especial


importancia no occidente europeo. O megalitismo galego toma como referencia o
portugués.

b) Características sociais deducidas dos monumentos megalíticos

 O grande número de mámoas atópanse moi espalladas no territorio galego,


malia haber algunhas a modo de necrópole, o que amosa a dispersión da
poboación.
 Ademais reflicten a existencia dunha economía de base agrícola (arcaica),
pastoril e gandeira. Unha economía que non produce excedentes económicos.
 A sociedade é relativamente igualitaria, case sen conflitos bélicos, distribuída
en pequenas unidades de poboación e cunhas fortes crenzas relixiosas en
relación á morte e á fecundidade.
2.5.2. Do megalitismo á cultura castrexa

A finais do terceiro milenio comeza a decaer o megalitismo e vai


chegando, do sur do Douro, a metalurxia, o que supón:
a) A aparición de intercambios comerciais.
b) Unha sociedade máis xerarquizada.
c) Un mellor dominio do medio por parte do home.
A introdución da metalurxia asóciase á cultura do vaso campaniforme (2.100 – 1.800
a.C.)
Desde 1.900 – 1.800 a.C. até o século IV desenvólvese a cultura
castrexa, é dicir, durante a Idade do Bronce e o Imperio Romano. A Idade do
Bronce en Galiza baséase fundamentalmente no ferro e desenvólvese en tres etapas:
a) Bronce inicial ou protoatlántico (até o 1.500 a.C.): uso do cobre e
importancia da cultura campaniforme.
b) Bronce medio (1.500 – 1.100 a.C.): desenvolvemento tecnolóxico, uso do
estaño, riqueza artística3.
c) Bronce final ou atlántico: metalurxia ternaria (cobre, estaño e chumbo).

A riqueza mineral de Galiza, sobre todo no que se refire ao estaño, fixo


que o desenvolvemento da metalurxia fose moi importante, fito ao que se refiren as
fonte literarias clásicas.
A sociedade da Idade do Bronce é xa moi diferente da megalítica:
 A economía baséase en:
 Agricultura cerealista.
 Gando domesticado.
 Relacións comerciais coa Bretaña, Inglaterra, o sur de Portugal e o
Mediterráneo.
 A sociedade está xa máis xerarquizada:
 Existe unha elite militar e comerciante que controla a metalurxia, o
que se reflicte en enterramentos individuais e o uso de xoias.
 Segue a existir unha poboación rural herdeira da megalítica, dispersa
e dependente da agricultura e a gandería.

3
Neste senso atópase o tesouro de Caldas de Reis en 1940, 50 kg de ouro macizo.
3 Historia de Galiza
2006/2007
USC
1. Gallaecia

A decadencia da metalurxia do bronce e a chegada de pobos


centroeuropeos, que dominan a técnica do ferro, darán lugar á cultura castrexa.
Neste momento, a medio camiño entre a Idade do Bronce e a cultura castrexa, aparece
a arte rupestre, fortemente relacionada co comercio do metal, entre a que destacan
os petróglifos:
 Representan motivos zoomorfos, antropomorfos, xeométricos ou
idoloformes.
 A súa distribución xeográfica é concentrada, pois atopámolos nas rías de
Pontevedra e Vigo, no val do Lérez (Campolameiro) e preto do nacemento
do Ulla (monte Farelo).

3. O mundo castrexo (século IV a.C. – século IV d.C./ 600 a.C. – 476 a.C)
Un dos historiadores máis sinalados no estudo deste período é LÓPEZ
CUEVILLAS, quen fala de civilización céltica. Actualmente téndese a minimizar a
importancia dos celtas neste período, que para MURGUÍA eran o seu compoñente
esencial, e defínese coma o momento no que se produce a sedentarización definitiva
da poboación.
O máis característico desta cultura é o asentamento de poboación
denominado castro. Cómpre sinalar que, malia estenderse a cultura castrexa até a fin
do Imperio Romano, é a etapa comprendida entre finais do Bronce e a chegada dos
romanos a máis puramente castrexa.
As fontes que nos achegan datos sobre a cultura castrexa son:
a) Arqueolóxicas.
b) Epigráficas e artísticas (cerámica e ourivería).
c) Fontes literarias clásicas que achegan datos xenéricos:
 Avieno, quen di que os saefes (serpes) celtas desprazan aos
oestrymnia.
 Strabón. aluden aos celtici como
 Plinio. ocupantes do Noroeste.
 Mela.

Isto dá lugar un dos grandes problemas da historiografía galega: a


cuestión de se a poboación dos asentamentos castrexos era ou non celta, o problema
do celtismo:
 A tese do celtismo era coherente na obra de MURGUÍA (Historia de Galicia),
quen fundamentaba a nación galega na raza celta. O celtismo constituía para
románticos coma Murguía ou Pondal o mito fundacional da nacionalidade.
 Na actualidade non se sostén a tese, mesmo chega a negarse totalmente pola
grande escaseza de vestixios arqueolóxicos, só se pode sustentar en aspectos
relixiosos e lingüísticos.
Así, na actualidade considérase que a poboación dos castros era froito de
diferentes achegas raciais, entre elas a celta. Os celtas chegarían a comezos do
último milenio a.C., pero segundo J. De Hoz non eran numerosos, polo que se
adaptarían á sociedade indíxena.
Unha grande achega dos pobos centroeuropeos foi a técnica do ferro, até
entón descoñecida.

4 Historia de Galiza
2006/2007
USC
1. Gallaecia

3.1. Os castros
a) Localización no espazo e no tempo

Os castros son unha asentamentos humanos e formas arquitectónicas


localizadas no noroeste peninsular na Idade de Ferro.
b) Características arquitectónicas

Segundo a descrición de LÓPEZ CUEVILLAS un castro caracterízase


por:
 Recintos fortificados de forma oval ou circular
 Están rodeados por un ou varios muros concéntricos con cadanseu foxo.
 Sitúanse, xeralmente, no cume de outeiros ou montañas, polo que teñen un
carácter defensivo.
Do resultado das escavacións dedúcese que os castros son o primeiro tipo
de arquitectura estábel e, ademais, poden ter dúas finalidades:
 Estaren construídos para ser habitados, apreciándose unha rudimentaria
urbanización4. Podemos distinguir dúas etapas:
 Prerromana: as vivendas son circulares ou ovais e, nun primeiro
momento, son construídas con materiais perecedoiros, despois con
pedra.
 Romanos: as vivendas son de planta rectangular.
 Ser refuxios de guerra, moitos mesmo puideron ser construídos durante a
invasión romana.
c) Número de castros

O número de castros descoñécese, hai diferentes teses:


a) BARROS SILVELO: 1.300.
b) LÓPEZ CUEVILLAS: 5.000.
c) ALBER BOUHIER: 2.000 – 2500.
d) Correspondencia con outros períodos históricos

A distribución dos castros no territorio galego, abundantes no centro


(Ulloa, Deza, Tabeirós...) e raros no sueste e nas montañas do norte, correspóndese
cos lugares con grande número de monumentos megalíticos, pero tamén con
asentamentos posteriores (igrexas, parroquias). Están moi espallados e sempre son
individuais, de aí unha forte humanización da paisaxe.
e) Economía

A economía dos castros foi descrita por autores clásicos coma


STRABÓN (Xeografía da Iberia), pero os restos arqueolóxicos e paleontolóxicos
achégannos máis datos. Así sabemos da súa economía que se baseaba en:
 Agricultura: baseada nos cereais (trigo e millo miúdo) e legumes (fabas,
chícharos) para a que dispuñan de importantes instrumentos coma fouces,
muíños de man...
 Gandería: domesticado (vacas, porcos, cabras, ovellas) ou salvaxe (porco
bravo, cervo).
 Marisqueo: ostras, ameixas, percebes...
 Pesca: nas zonas próximas á costa.

4
Podían mesmo ter servizos colectivos e estar formados por barrios, como é o caso do castro de Santa
Tegra.
5 Historia de Galiza
2006/2007
USC
1. Gallaecia

 Explotación dos recursos mineiros: seguindo a tradición da Idade do Bronce


explotaron o estaño, ferro, ouro (brazaletes, torques) ou chumbo e
desenvolveron técnicas loadas polos romanos.
 Intercambios comerciais: tanto internos coma externos (cara o sur da
Península). Non se ten constancia do uso de moeda, aínda que Strabón o suxire.
3.2. Sociedade
A estrutura social castrexa está mellor descrita nas fontes clásicas, coma
Strabón, aínda que actualmente son moi criticadas, preferíndose as fontes
arqueolóxicas, sobre todo epigráficas. Hai diferentes interpretacións sobre a
estrutura social:
a) Autores coma C. García Martínez, Caro Baroja ou Bermejo Barrera
apuntan a que á importancia dos lazos do sangue, non dunha estrutura política
semellante a do estado. Isto, gens ou gentilitas, sería un modelo de influencia
celta.
b) Outros autores coma X. Pereira Menaut afirma que a gens dáse en Hispania,
agás na Gallaecia, do que se deduce que a estrutura social de Gallaecia é
singular.
De xeito máis concreto habería deferentes unidades sociais, de menor a
maior rango:
a) A familia.
b) Unha unidade intermedia sobre a que hai dúas teorías:
 Centurias: organizacións supra-familiares de carácter político e
militar.
 Castella: comunidades integradas nos populi, pero con certa
autonomía.
c) O populus ou civitas, habería diferentes populi ou tribos (callaeci, nerios,
caporos...)
A sociedade castrexa era unha sociedade belicosa, xerarquizada, cunha
minoría dirixente probabelmente de orixe céltica e unha profunda relixiosidade:
 Existen diferentes deuses, cerca dun cento:
 Deuses maiores (o das montañas) e menores (animais,
encrucilladas...)
 Moitos deles contaminados pola tradición romana nas fontes
clásicas.
 Non existen nin templos nin sacerdotes (druídas).
 Realízanse sacrificios animais e humanos.

4. Romanización: de Callaeci a Gallaecia. Sociedade, cultura e


economía
4.1. Trazos xerais
A romanización de Gallaecia foi serodia e nunca completa, pois non foi
tanto unha imposición da cultura romana, senón que confluíron a cultura autóctona
e a de Roma. Roma historizou a cultura castrexa e fixo que producisen cambios
determinantes para Galiza:
a) A adopción do nome Gallaecia, que designa un territorio co rango de
provincia administrativa.

6 Historia de Galiza
2006/2007
USC
1. Gallaecia

b) Mudanza das bases económicas: estabilízase a agricultura e explótase a


riqueza mineira (obxectivo dos romanos).
c) Imponse o latín como lingua universal.
d) Chegan novas formas relixiosas que serán a canle para a chegada do
Cristianismo.
4.2. Expedicións e guerras
Durante a conquista prodúcense diferentes guerras que se dividen en
dúas fases:
a) Fase lusitana: prodúcense expedicións, episodios de castigo, pillaxe e
conflito. Desenvólvense as seguintes campañas militares co obxectivo de
facérense coas riquezas minerais:
 Décimo Xuño Bruto cruza o Limia (río do esquecemento) no 137
a.C. e chega até o Miño. Trátase dunha incursión de castigo.
 Craso dirixe unha expedición no 96 – 94 a.C.
 Perpenna desenvolve unha campaña no 74 a.C.
 Xulio César desenvolve nos anos 61 – 60 a.C. a expedición máis
importante por vía marítima.
b) Fase astur-cántabra: o mesmo Augusto dirixe unha importante expedición
militar que dá lugar ás guerras cántabras (29 – 19 a.C.) que fan supoñer que
a resistencia castrexa foi forte, malia que o episodio do Medulio non sexa
cotexábel. Trala fin das guerras cántabras comeza a pax augusta ou pax
romana.
4.3. Organización do territorio
4.3.1. Organización administrativa

O territorio de Gallaecia é sometido a unha vixilancia especial nos


primeiros tempos pola súa inestabilidade. Como froito da conquista créanse tres
cidades cos seus respectivos conventos: Bracara Augusta (Braga), Asturica Augusta
(Astorga) e Lucus Augusti (Lugo); núcleos urbanos que influirían na historia
posterior de Galiza. Os conventos reunían as funcións:
 Administrativa, de xeito que nelas se atopaban os exactores e outros
funcionarios.
 Relixiosa, de culto ao emperador.
 Xurídica, a un nivel inferior á provincia.
Os conventos tiñan un carácter civil, fronte aos distritos, de carácter
militar.
Por outra banda, a integración administrativa da Gallaecia no Imperio
dáse durante o reino dos Flavios, cando:
 se configuran os conventos,
 se instala un campamento militar nos límites de Asturica Augusta,
 se estabiliza a estrutura administrativa, especialmente en Asturica Augusta.
4.3.2. Rede de comunicacións

Enlazaban as tres cidades e foron descritas a principios do século III no


Itinerario de Antonino:
a) Vía XVII: de Braga a Astorga pasando por Chaves.
b) Vía XVIII ou nova: de Braga a Astorga pasando pola actual provincia de
Ourense. Conta con numerosos miliarios e mansións.

7 Historia de Galiza
2006/2007
USC
1. Gallaecia

c) Vía XIX: de Braga a Lugo pasando por Caldas (Aquis Celenis) e Iria Flavia,
despois ía ata Astorga polo Bierzo.
d) Vía XX: Braga – Lugo – Astorga pola costa.
Existían vías secundarias e as mansións existentes ao carón das calzadas adoitaban
estar en zonas de augas termais.
4.3.3. Transformacións na agricultura e explotación dos recursos mineiros

A romanización supuxo a transformación do hábitat agrario e a


explotación sistemática da riqueza mineira. En relación ao primeiro prodúcese o
seguinte fenómeno:
a) Un abandono progresivo dos castros a partir do primeiro século, aínda que
máis adiante se volverían repoboar e mesmo hai castros que poderían ser
posteriores á romanización.
b) A aparición das villae, explotacións agrícolas estábeis dirixidas por un
grande propietario que dispuña de instrumentos e man de obra. As villae
suman un número importante a partir do século III, pois a súa aparición é
tardía.
A explotación dos recursos minerais foi moi importante durante todo o
tempo que os romanos permaneceron na Gallaecia. Usábanse os seguintes métodos,
segundo conta PLINIO na súa Historia naturalis:
a) Extracción do leito dos ríos, para o que se chega a desviar os cursos, como
acontece co Sil en Montefurado.
b) Escavación a ceo aberto (no Courel).
c) Ruina montium, practicado nas Médulas e consistente no derrubamento de
montañas.
Pola proximidade xeográfica dos centros de extracción, non é de estrañar o forte
peso administrativo de Asturica Augusta. Ademais, esta intensa actividade mineira
favorece os intercambios comerciais e o desenvolvemento da zona, sendo esta a orde
descendente a nivel de desenvolvemento dos conventos: Bracara Augusta, Asturica
Augusta e Lucus Augusti.

Sen dúbida o trazo característico da romanización da Gallaecia é a


converxencia entre o autóctono e o romano, en tódolos aspectos:
 Conservación da onomástica autóctona.
 Conservación das organizacións sociais intermedias (centurias).
 Converxencia entre os cultos autóctonos (Bandua, Nabia aparecen en moitas
epigrafías) e os romanos.
 A lingua latina serve para historizar a cultura e os valores castrexos.
 As manifestacións artísticas combinan o autóctono co romano, destacando da
arte romana:
 A arquitectura (muralla de Lugo, Torre de Hércules...)
 Obras pictóricas coma os mosaicos.
É un centro importante para a Gallaecia a urbe de Lucus Augusti, un
núcleo importante de romanización.

8 Historia de Galiza
2006/2007
USC

También podría gustarte