Está en la página 1de 16

CULTOS ANCESTRAlS E PEREGRINACIÓNS A TEIXIDO

Xosé Lois Armada Pita
Universidade da Coruña

o ser humano posúe unha tendencia innata a incrementa-lo seu coñecemento. Nembargantes, hai cuestión s nas que semella que nunca irnos atopa-Ia resposta definitiva. Dicía o filósofo alemán Karl Jaspers que o misterio da trascendencia non se detén nunca, senón que medra progresivamente; de feito, os recentes descubrimentos astronómicos só conseguiron empequeñece-la nosa posición no cosmos. Ante isto, ante este temor a atoparse só no universo, o home sempre precisou de refuxios para, por medio dunha ampla gama de ritos, someterse a un ente superior. Un deses refuxios é o que dende hai uns centos de anos se coñece co nome de Santuario de San Andrés de Teixido. O santuario en cuestión pertence á parroquia de Régoa, concello de Cedeira. Se o medio natural constitúe un elemento clave para explica-la esencia de tódolos santuarios do mundo, poderiamos dicir que a serra da Capelada, na cal se atopa Teixido, cumpre con creces os requisitos que precisa todo lugar cultual. Terras agrestes, solitarias, nelas semella non pasar o tempo; dende logo, compréndese perfectamente que homes das máis variadas culturas atopasen alí un lugar axeitado para a percura da ascese mediante prácticas espirituais. Para someter este centro relixioso a un estudo social, histórico ou antropolóxico ternos que encuadralo no contexto cultural que abarca todo o

San Andrés de Teixido. . 3.332 XOSÉ LOIS ARMADA PITA noroeste peninsular.). de C. Mentres Maciñeira pensa nunha orixe fenicia e Usero manifesta que non é posterior ó Bronce final (s. Nesta rexión San Andrés de Teixido e Santiago de Compostela son os únicos lugares de peregrinación consagrados a apostois. Sen embargo.Santiago de Compostela. se establecemos unha relación de xerarquías moi xeral dos centros de peregrinación de Galicia teremos: 1. Sobre a súa cronoloxía existen fondas discrepancias. 2. e o porto de Bares e o megalitismo da Faladoira por outro. por moitas razóns. Felipe Senén (1995: 55) inclínase por unha orixe romana ou altomedieval. centrando as súas investigacións sobre dous polos principais: o santuario de San Andrés de Teixido e os restos arqueolóxicos existentes en torno a él por un lado.Resto dos santuarios. que relaciona a construcción coa pesca e descarga de baleas que se realizaba na Idade Media nese lugar. que recibe o no me de Coido. Outra hipótese interesante é a que propón Juan Naveiro (1991: 156). éste último alcanzou un enorme prestixio dentro da cristiandade. pois aglutinará elementos tanto da xerarquía superior como da inferior. é única na Península Ibérica e só no Mediterráneo atopamos construccións similares. Neste porto de Bares atópase un refuxio artificial para embarcación s a xeÍto de escollera de grandes pedras. Ó pouco tempo de comezar as súas prospeccións e excavacións o ilustre arqueólogo intúe a importancia que as comarcas de Eume e Ortegal tiveron nas épocas prehistóricas. VESTIXIOS ARQUEOLÓXICOS E CULTOS PAGÁNS A investigación arqueolóxica con fins puramente científicos na comarca do Ortegal iníciaa Federico Maciñeira a finais do século pasado. Tal construcción. Así. VIII a. 1. E isto é un pouco a tese que vou tentar defender nesta ponencia. medrando dende sempre o primeiro á sombra do segundo. Consideramos que en ocupar esta posición intermedia reside o principal interese deste santuario.

De tódolos xeitos. une Bares con As Pontes de García Rodríguez e achádegos arqueolóxicos como capiteis. É moi pouco o que se sabe da relixión de sta época. atopándose dúas en Teixido e unha en Teixidelo. ánforas.. Por . Nas comarcas ortegalesa e eumesa atopa Maciñeira tres das construccións máis importantes do megalitismo: mámoas. O «Camiño dos Arrieiros» que. se ben está confirmada a existencia dun culto ós mortos ou necrolatría. de feito que alí irnos atopar elementos de orixe paleomediterránea primeiro e nórdico-europea despois. moedas púnicas do século II a. Tamén as gravuras de espirais similares a serpes nas pedras fan pensar nun posíbel culto á xeración ou reproducción. círculos líticos e pedrafitas ou menhires. Semella pois que as mámoas son os primeiros centros relixiosos coñecidos do NO hispánico. Supóñenlles carácter divino por vir do ceo. Na serra da Capelada abundan estes túmulos megalíticos. é innegábel a importancia do porto de Bares xa dende o megalitismo. sexa cal sexa a cronoloxía de sta construcción ciclópea. estas pezas foron aparecendo con relativa frecuencia nas excavacións de Maciñeira. Poi s ben. As devanditas pezas son coñecidas polos campesiños galegos co nome de «pedras do raio». de c. son o propio raio petrificado e atópanse dentro dos troncos dos carballos. aparecendo a partires do megalitismo unha especie de veneración ás pedras e un uso das mesmas para rituais máxicos. neste importantísimo porto marítimo da antigüedade próximo a Teixido produxéronse superposicións étnicas pola chegada de pobos de orixe mediterránea e nórdica. Esta fusión ou especie de mestura étnica vai influir de xeito decisivo na configuración do primitivo centro cultual da serra da Capelada. As machadas prehistóricas que se atopan dentro das mámoas serían así os primeiros obxetos empregados para fins cultuais que coñecemos. Pensábase que pala adoración ós mortos éstes podían chegar a con verterse en deuses protectores. mosaicos e outros restos romanos confirman con creces o antedito. AIgunhas das machadiñas atopadas por este arqueólogo evidencian pola súa fraxilidade e constitución que non foron concebidas para un uso práctico e só terían funcionalidade votiva. destacando polas súas dimensións os de Pedra Chantada.CULTOS ANCESTRAIS E PEREGRINACIÓNS A TEIXIDO 333 Sostén este profesor que os romanos nunca farían unha obra desta magnitude nun lugar tan afastado das vías de circulación e que ademais é sorprendente que ningún dos autores clásicos e algúns xa da ldade Media menten a construcción nos seus textos. flanqueado por máis de 80 mámoas. aparecendo así un paralelismo con Exipto.

o paso dunha cultura de base mediterránea a unha de base nórdica con certos aportes da zona danubiana que falaba unha especie de europeo antigo (alteuropaische de Krahe). ternos o lugar chamado Campo da Armada. Mámoas do Armadoiro. 1986: 30-32). Nembargantes. segundo Luis Monteagudo. a 4 km. Na Costa de Teixido apareceu hai uns anos unha machada do tipo «Barcelos» de 14 cm. cando nun lugar chamado «Armada» aparecen monumentos megalíticos. Os achádegos distribúense en 2 zonas principais: Ortigueira. pero. Pois ben. (Bronce Medio). dinteis e outros elementos arquitectónicos. pois dicíase que debaixo del había tesauros que deixaran os mauros. de estrada. A Barqueira e Labacengos (Monteagudo. ten máis de metro e medio soterrado. Senra e Cerdido por unha banda e o Golfo Ártabro pola outra. O megalito foi arrincado en numerosas ocasións. É unha especie de castro rudimentario feito con grandes pedras e próximo a varios túmulos megalíticos. o significado do topónimo varía e debe ser entendido como un sinónimo de mámoa. etc. neste lugar da Capelada ternos un pequeno menhir ou pedrafita e ó menos unha mámoa situada a poucos metros do mesmo. O menhir do Campo da Armada érguese hoxe un metro aproximadamente sobre o terreo. na Capelada. Preto do santuario. Con respecto ós inicios do Ferro.334 XOSÉ Lors ARMADA PITA este motivo outorgábaselles carácter profiláctico e eran introducidas no interior das paredes das casas. de C. que en realidade é unha especie de armazón ou armada de pedra. O abandono do megalitismo e o paso ó bronce significa. A existencia do cabo Ortegal puido ter unha notábel influencia nos cultos relixiosos que se realizaban en Teixido. Chan da Arquiña (posíbel sinónimo de Armada). O topónimo nestes casos non aparece só. atópase un curioso xacemento. O topónimo Armada sinala. segundo testemuños orais. por regra xeral. Estas trampas podían ser de moi diversa índole (foxos. Campo da Armada. etc). de lonxitude e que os especialistas sitúan no século XV a. Chegada a ldade do Bronce e ata a romanización créanse explotacións de cobre na zona de Cerdido. no lugar coñecido como Penido do Medio. ó igual que as laxes megalíticas se empregaban para a construcción de lareiras. Este cambio étnico supoñemos que debeu ter grandes repercusións na concepción relixiosa dos habitantes de Galicia en xeral e de Teixido en particular. senón acompañado doutras palabras: Chan da Armada. lugares onde se montaban trampas para cazar. xa que na antigüedade moitos promontorios consagrábanse ás divinidades porque a navegación ou .

17 do cartulario publicado por Montero Díaz). «Trebaruna». ermida situada á beira do cabo Ortegal e pertencente ó concello de Cariño. a forma «Trebula» resultounos imposíbel de explicar dende etimoloxía latina. todos eles foron incesantemente estudados con maior ou menor acerto e o riquísimo acervo lendario. aparecendo a segunda nalgún outro epígrafe (vid. establécense varias industrias de salgadeira na costa. . Bascoy (1954 e 1956) e Alonso Romero (1991) deu pé a unha ampla variedade de hipóteses. poi s na inscripción portuguesa de Cabec. O proceso aquí sería análogo ó acontecido en Santa Comba de Bande. Tamén a romanización deixa pegadas considerabeis nestas terras orteganas. que aparece nun documento do 1101 como «Trebula» (ver doc. Tovar). ». por outra parte. ímbrices e fragmentos de cerámica de diversa tipoloxía. sería un novo dato a favor da tese de Untermann sobre a unidade teonímica e lingüística das antigas Gallaecia e Lusitania (ver artigo da bibliografía). Ademais dos mentados e numerosos restos de Bares. proceso que estudou Ladislao Castro.CULTOS ANCESTRAIS E PEREGRINACIÓNS A TEIXIDO 335 ben se facía máis perigosa ou ben determinaba un cambio completo de rumbo (Maciñeira. e «Tr. Nós coincidimos na extrema dificultade do tema. Vemos polo tanto que a riqueza arqueolóxica desta zona corrobora con creces a hipótese de Maciñeira sobre a súa importancia nas épocas prehistóricas. Tras estes promontorios situábanse os puntos de parada obrigada para a revisión ou mantenemento. De confirmarse a nosa hipótese. pero ternos que afirmar que en Teixido existen indicios evidentes de culturas mediterráneas cuia antigüidade podería remontarse ó neolítico. recollido entre outros por Maciñeira (1921). 1933: 220-221). Con respecto ó actual santuario de San Andrés de Teixido. Alonso Romero sostén unha orixe celta para esta peregrinaxe (1991: 109-147).. Un testemuño sen identificar que nos pode levar á protohistoria de Teixido ou ós primeiros anos do cristianismo é unha estrana peza de granito .o das Fráguas atopamo-las divinidades «Trebopala». Consideramos que o segundo elemento deste topónimo. tódolos historiadores coinciden en sinalar unha orixe precristiá para os cultos alí desenvolvidos. se ben afirma a imposibilidade de chegar a un coñecimento certo da orixe primaria dos cultos alí realizados (1991: 131). Ó carón desta ermida aparecen con relativa frecuencia tégulas. pode tratarse da pervivencia dun teónimo indíxena. Como restos importantes deste período ternos os de San Xiao do Trebo. esta hipótese foi xa apuntada por Usero (1992: 11).

A presencia destes arnilladoiros pódennos facer pensar nun posíbel culto ós mortos no primitivo centro cultual pagán. Estes elementos non son só característicos deste Noroeste peninsular. Caamaño Gesto. en época romana denominábanse «Montes de Mercurio» e neles rendíase culto a diferentes divindades (1984: 13-14). sinala unha orixe prerromana dos mesmos derivada do costume indíxena de sinalar os primitivos camiños. nas inmediacións de Teixido as pedras revístense de carácter mitolóXÍco nos amilladoiros. elemento que A. No camiño dos romeiros que ía de Porto de Cabo ó . os montón s de pedra consagrábanse a Hermes. senón que tamén aparecen en zonas do Mediterráneo. situou cruceiros sobre deles para cristianizalos. Tal como di o refrán: «A Teixido vai de morto o que non foi de vivo». dirán quen cumpríu co deber de ir visitar ó Santo. En Grecia. ó non poder abolir o culto. Esta concepción ten a súa base na filosofía platónica. Ten unha altura de 26 cm. África e América do Sur. cando as pedras falen. e un diámetro de 32. Fraguas relacionou cun posíbel culto solar (1989: 40). na que se alguén era asasinado a súa alma perseguiría eternamente ó asasino. moi presentes en toda a zona de Cedeira e ás que Monteagudo outorgóulles unha orixe xermánica pagán (1957: 23). Pola súa parte. O cristianismo. En San Andrés dise que o día do xuízo final. inscrita nunha circunferencia. N a época cristiana a maior parte deles xurdirán en lugares próximos a centros de peregrinación por mor das pedras que ían lanzando os peregrinos que se dirixían os respectivos lugares de culto.336 XOSÉ LOIS ARMADA PITA (Usero. Ademais das mentadas pedras do raio e de outros moitos rochedos de carácter lendario. Especial importancia revisten as lendas de cidades asulagadas. poi s non esquezamos que neste santuario é precepto obrigatorio. ten unha esvástica de 15 radios con dúas perforacións. En tres das súas esquinas presenta unha cara humana bastante tosca e na parte inferior. dado a existencia de clarísimos paralelos como a lenda de Filemón e Baucis que Ovidio narra nas Metamorfoses. non tirar a pedra supuña moitas veces a invalidez da peregrinación. se ben o seu sustrato indoeuropeo é claro. profesor da Universidade de Santiago. Antonio Fraguas afirma que estes amilladoiros erixíanse no lugar onde morría alguén de forma violenta e a cruz sinalaba moitas veces o feito da morte (1989: 34). Na baixada a Teixido pola Costa de Cedeira ternos un amilladoiro erixido neste século por este mesmo motivo. En Galicia os amilladoiros cítanse xa en documentos do século VI. 1992: 60) que se atopaba ata non hai moito no ceminterio deste lugar.

etc. 2. ceminterios e baptisterios chega ata o século X. A cristianización de San Andrés de Teixido presenta especial importancia para entender o papel deste santuario na historia social de Galicia e o auxe das peregrinacións ó mesmo. Era a Galicia da época unha rexión de fonda tradición mitolóxica e espiritual. 2 en Reboredo. No caso que nos ocupa o santuario estaba destinado a recibir tal . así como preto do Curutelo -na baixada dende o Campo da Armada. propiciou a existencia dun pequeno mosteiro que xa no ano 1162 se atopaba en decadencia (Montero Díaz. mámoas. Os cruceiros nacen da cristianización de menhires e miliarios romanos. CONSOLIDACIÓN DAS ESTRUCTURAS E APOXEO DAS PEREGRINACIÓNS Dende o século III está documentada a presencia do cristianismo na Gallaecia. 1935: 90-91 e Usero. Descoñécese o momento no que o santuario queda baixo a advocación do apóstolo San Andrés pero é posíbel que isto se produxese no século XII baixo o dominio dos hábiles estrategas da orde de Malta. donos de Teixido dende 1181 (Usero.CULTOS ANCESTRAIS E PEREGRINACIÓNS A TEIXIDO 337 santuario cedeirés contabilizou Ramón Bascoy 23 amilladoiros: 5 en Veriño. De seguido empézanse a colocar unha gran cantidade de cruces sobre tódolos lugares sospeitosos de paganismo: amilladoiros. Cando chegaron a estas terras os profetas da fe de seguro que deberon atopar aquí un bó terreo sobre o que traballar. Tal é así que a historia do apóstolo foi aceptada de seguido. pedras de tradición lendaria. Este proceso de cristianización de lugares de culto. CRISTIANIZACIÓN. o medio natural incitaba de por sí a deixar voar a imaxinación en procesos de interiorización trascendente. 1992: 67-69 e 227-228). Unha característica propia dos santuarios é que son lugares de peregrinación. sabía que o estudado plan non ía fallar porque o lugar presentaba as características ideais. do que xa falamos anteriormente.tamén temo s outro exemplar. 12 nos Chans do Uzal. os de Reboredo son os de maiores dimensións. O aspecto solitario e agreste de Teixido. 3 no Cristo dos Carrís e 1 na Costa Grande. a plataforma dos mesmos entraría polo Camiño de Santiago e servía para o descanso dos peregrinos. Fose quen fose. 1992: 62-64). ademais. Na baixada pola Costa de Cedeira temos outro arnilladoiro.

pousadas. O primeiro aspecto -e tamén un dos máis importantes. Dixemos que o camiño que conducía de Porto de Cabo a San Andrés era. amilladoiros cristianizados. Ourense e Lugo) e o que viña de Valdoviño (por el chegaban os procedentes de Portugal. recordándolles en todo momento o cariz relixioso da actividade que estaban a desenrolar (pequenas ermidas. tivo que asumi-la elaboración e posterior consolidación dunha estructura que garantizase e axudase a manter esa afluencia de xente. é tamén necesario resaltar que esta estructura supuña en moitas ocasións uns importantes ingresos económicos tanto para a Igrexa como para outras persoas que se adicaban á explotación dos recursos que a existencia deste camiño podía reportar. boa conservación e empedrado dos camiños. con diferencia. ÓS máis importantes ímolos denominar «camiños maiores» e ós de menor interese e afluencia de xente. Neste lugar de Porto confluían dous vieiros. en colaboración cos labregos e outras institucións sociais e políticas da zona. Empregábano principalmente os habitantes de dita vila.338 XOSÉ LOIS ARMADA PITA cantidade de peregrinos que a Igrexa. d) O de Cariño. Os camiños maiores son os seguintes: a) O dePorto de Cabo. Esta estructura da que falamos estaría destinada por un lado a satisface-las necesidades vitais dos romeiros (fontes. o máis importante. etc).no que nos irnos deter para comprender a magnitude da peregrinación a San Andrés de Lonxe é a completa rede de camiños que dende diversos lugares conducían ó lugar cultual. Era o máis importante. Neste lugar xuntábanse outros dous camiños: o que proviña de Somozas (por el chegaban peregrinos procedentes de Castela. «camiños menores». Asimesmo. A Coruña e Ferrol). O que proviña de Somozas (a donde chegaba un camiño procedente . Era empregado polos que viñan de Asturias e As Mariñas luguesas. c) O de Cedeira. cruceiros. etc) e por outro a alimenta-la fe dos mesmos. b) O de Ortigueira. Pasaba poI a ermida de San Xiao do Trebo e era empregado polos habitantes desa localidade. que xeralmente eran variantes dos anteriores ou unían Teixido con pequen as ermidas. Pontevedra.

Andrés de Teijido. unindo dúas pontes as dúas beiras. As voces do tempo fálannos da gran cantidade de duelos e asasinatos que alí se perpetraron. É éste un lugar mítico. A lenda que deu pé ó erguemento do cruceiro ten (como non) un sabor tráxico: cóntanos que certo día se xuntaron alí dous rapaces para batirse en duelo por unha moza e. Pois ben. muy frecuentado este camino de los gallegos confinantes con Portugal. que ocupaban o camiño cos seus xigantescos e panzudos potes. no que se atopaba a Ermida de Liñeiro ou Ermida da Fame. camino real para S. Tal é así que testemuñas orais cóntannos que na chamada «Casa da Peroxa». que vienen a esta romería». Nun lugar con esta funcionalidade tiña que haber necesariamente algunha pousada ou albergue para os romeiros. sita na baixada a San Andrés e hoxe practicamente derruída e oculta trala vexetación. que marca a baixada a Teixido dende o devandito camiño. Bascoy. atópase dividido polo río Mestas. Nos cumios da Capelada atópase o Cristo dos Carrís. A tarefa estaba monopolizada por mulleres de Sedes (Narón). Nela lese: «A Oriente de Valdoviño. en Porto de Cabo existía xa unha infraestructura importante para o uso dos peregrinos. é unha descripción da vicaría de Trasancos publicada por Usero (vid. sobre todo antes da chegada da modernidade. en efecto. tras falar entre eles. alí había varios edificios destinados a isto. Este roteiro. que algúns chamaban «Camiño Francés» comenzaba en Neda e pasaba por Sedes (Narón) e Loira (Valdoviño). O «Camiño dos Romeiros» (chámase así a este camiño de Porto de Cabo a Teixido) cítase xa no 1512. aparece citado nun documento do século XVill. O máis importante -hoxe restaurado. está la feligresía de S. ofrécenos unha fermosa semblanza de stas caldupeiras. vendíanse armas para tal fin así como ferramentas para enterra-Ios cadáveres.recibía o nome de «Casa da Bastona». chegaron a unha solución máis sinxela: . de profunda tradición lendaria.CULTOS ANCESTRAIS E PEREGRINACIÓNS A TEIXIDO 339 de As Pontes) comenzaba na ermida de San Roque do Camiño -San Roque é considerado o patrón dos romeiros-. Lugar de exquisita beleza. «Loira» en GEG). polo que debeu existir dende moito antes. O outro camiño. lúcido e meticuloso como narrador de lendas e tradicións. como media legua. de feito tamén o intelecto dos máis vellos di lembrar as tumbas cavadas naquel lugar. Pedro de Loira. que consistía na venda de cuneas de caldo quente e viño ós romeiros que ían de peregrinación. Unha delas foi contruída na década dos 80 pero a outra data dos primeiros século s da Idade Media. Tradición tamén típica do lugar era o negocio das caldupeiras.

Ramón Bascoy. Éste era o camiño que empregaban os habitantes de Cariño. pertencente á parroquia de Labacengos (Moeche). acto consumado segundo as súas palabras « .. O roteiro era empregado ademais polos cariñeses para dirixirse a Régoa. Outra relación de San Andrés de Lonxe con outro santuario é a que se establece co de San Xiao do Trebo. polo que os pastores da fe decidiron erguer alí o cruceiro.340 XOSÉ LOIS ARMADA PITA matar á moza.. de Cedeira). estando dotada ademáis dun excelente empedrado. como se sabe. priorato ó que a parroquia de Sta. Falando agora de datos probados sábese que o actual monumento foi construído no ano 1908 por desexo testamentario de Juan Antonio Cortés. as lendas que falan dun crecemento excesivo ou dunha ausencia de vexetación no lugar onde morreu unha persoa son dabodo frecuentes en toda Europa. marcando para sempre os proxectís na pedra. con satánica inspiración» (1954: 202). pensou que era importante que estivesen unidos por un camiño real. A guerra civil tamén deixou a súa pegada -neste caso intachábel. cecais a orde do Hospital. este pobo non é lugar de paso e ten un mesmo vieiro de entrada e saída... os habitantes de sta rexión na Idade de Ferro. . Ó pouco tempo comprobouse que no lugar onde a rapaza fora enterrada non medraba a herba. a Igrexa amosou unha vez máis a súa astucia sustituíndo o «o» pechado polo aberto. A capela pertenceu ó mosteiro de Oseira e éste podería se-lo motivo do nome en xenitivo que acompaña ó santo obxeto da consagración. Nembargantes. xuntándose en Reboredo co Camiño dos Romeiros.no cruceiro: no ano 1945 os escapados da Capelada fixéronlle un consello de guerra e acordaron fusilalo. feito que foi consumado rapidamente. A baixada deste lugar ó santuario é curta. sendo a afluencia de xente menor pois. Outro santuario relacionado con Teixido e unido con éste mediante un dos que chamamos «carniños menores» -citado nun documento do 1677é San Xeao dos Osos. Este vieiro pasa polo Campo do Hospital (a 12 km. En efecto. calificou o feito como « . fervente seguidor da doutrina católica -postulados que impón unha época-. Era tal a popularidade deste centro relixioso que alguén. Noutros tempos tivo importancia como lugar de peregrinación dado que ós dous sartegos que se atopan á porta da ermida (datan do século XI ou XII) atribúenlles propiedades para cura-los ósos do corpo. próximo ó cabo Ortegal. O nome desta parroquia deriva de Lapatiancos. el acto más vandálico y diabólico imaginable». aínda que o seu porto marítimo gozou de certa importancia dende o século pasado.

puidendo ser empregado posteriormente como torreón de vixiancia. se a viaxe de ida se facía acompañado de música e con aire festivo para alivia-lo cansancio. neste lugar non fun quen de recoller testemuñas orais sobre ista. o topónimo débese asociar case sempre a enterramentos antropoides de cronoloxía posterior. En diversos portos da comarca como Ortigueira ou Neda . ó igual que Fomela. Os dous camiños restantes proviñan das vilas de Cedeira e Ortigueira e cítanse por primeira vez no ano 1634. nembargantes. No caso de que no lugar non existan mámoas. no lugar do Casón. É coñecido polo nome de Penido do Castelo e numerosos autores propoñen unha cronoloxía medieval. Consideramos que isto non se pode precisar pero estamos case seguros de que o primitivo asentamento nese lugar se produxo na época castrexa. Chegados a este punto e xa que vimos de falar do camiño de Ortigueira.CULTOS ANCESTRAIS E PEREGRINACIÓNS A TEIXIDO 341 María da Pedra pertencía -A Pedra e Cariño formaban unha mesma parroquia ata aprox. O de Ortigueira era empregado polos peregrinos que viñan de Asturias e As Mariñas luguesas. celébrase o terceiro sábado de setembro unha festa popular. O primeiro tramo facíase por mar. onde se atopa un dos castros costeiros que gardaban a ría de Ortigueira. como neste que estamos a ver. N a parroquia de San Adrián de Veiga. a de volta significaba a liberación. Establecer unha hipotética relación entre este xacemento e o camiño é algo case imposíbel. O topónimo Fomelos. soe indicar a existencia dunha necrópole megalítica. Á beira deste camiño de Ortigueira a Teixido atapamos un curioso xacemento. Fumas. o 1895. O desembarco facíase no lugar de Fomelos. Fomas ou Fomos. o sentimento de deber cumplido. data da disgregación das mesmas-. irnos dar conta aquí dun tema que consideramos de especial importancia: o das peregrinación s dende países extranxeiros e as relación s con Santiago de Compostela. na embarcación coñecida como «Lancha da Pasaxe» e que unía a vila de Santa Marta de Ortigueira con San Adrián de Veiga. pois a panorámica dende o lugar é impresionante. A voz popular incorporou ó seu amplo recital de cantigas unha peza relacionada co tema: <<A San Andrés van dous e veñen tres:milagros que o santo fai». Os cregos chegaron a horrorizarse manifestando enérxicas protestas polos «actos impuros» que xa dende a Idade Media se viñan realizando nas inmediación s do santuario. As orixes da mesma sitúanse nas celebracións festivas que realizaban os romeiros ó voltar da peregrinación.

Na vila de Cedeira atopamos conexións coa tradición cultural e lendaria europea. e que viña de Santiago. Ademais. O albergue funcionou ata o século XIX. entre outras defuncións. En dito edificio. Rafael Usero. data en que xurdíu a desamortización. De producírense as cousas deste xeito. e como veremos a continuación. o santuario cedeirés converterase no centro de pere- . Nun deles. Na vila de Santa Marta había un sinxelo edificio destinado a albergar peregrinos. de nación francesa.342 XOSÉ LOIS ARMADA PITA está documentada a defunción de peregrinos de diversos países. no 1738 faleceu «Andrés Cueba según dijo se llamaba y ser vecino de la villa de Alditos Reino de Castilla la Vieja . no ano 1741 morre un xenovés chamado Nicolás Cano.. no libro titulado Sir Lanzarote do Lago e a súa proxenie cedeiresa. sito na parroquia do mesmo nome e fundado a mediados do século XVII por Juan Díaz Tenreiro. trata da linaxe dos Lago e da súa hipotética relación coa len da de Lanzarote do Lago. por último. que recibía o no me de Hospital de San Roque. cabaleiro do rei Arturo. Tamén aquí se documentou o falecemento de romeiros de fora de Galicia: no 1711 morre «una pobre mendicante aviendo recibido los Santos Sacramentos. dijo era natural de Vizcaya y venía de Santiago en romería . ó tempo que se solicita por este motivo que os clérigos atendan ó seu oficio coa máxima pulcritude e adicación posíbel. O outro hospital deste concello de Ortigueira era o Hospital de San Claudio. estas lendas chegarían a Cedeira traídas polos romeiros que viñan da cidade compostelá. O dito ata agora é suficiente para tomar conta da magnitude das peregrinación s a San Andrés de Teixido. Vaiamos por partes. faleceu Juo Gari. quén sabe se polo camiño de Santiago. Dende ese momento e en pouco tempo. ». de lendas pertencentes á que se deu en chamar «Materia de Bretaña». As primeiras probas documentais que nos falan dunha peregrinación a Teixido datan do ano 1391. Este traballo demostraría así a penetración en Galicia no medievo. desempeñando esta función ata ben entrado o século XX... datado no ano 1692. o mentado investigador atopou partidas de defunción dos séculos XVII e XVIII de xentes extranxeiras que viñan de peregrinación. dise que as terras do Ortegal son zona de paso para os peregrinos que se dirixen a Compostela e Teixido. poi s vemos como se unha especie de forza autoxeradora puxera en marcha unha maquinaria para impulsa-las peregrinacións a este santuario.. O investigador ortegano Carlos Breixo Rodríguez publicou recentemente uns documentos que proban a devandita conexión entre Teixido e Compostela. ».

Son outros os santuarios populares. ternos constancia de que -estranamente. ) Ni siquiera un capellán tienen en San Andrés. Outra mostra de abandono dérase xa no 1667: nese ano o prior de Régoa Fr. indigna y.. nun texto recollido por Usero na súa monografía sobre o santuario. Nembargantes. no século XVI unicamente vivían a carón da capela un ermitaño e un labrego. Es infinito el concurso de romeros que vienen aquí por agosto. vieja. a romería -de dimensión s considerabeis o 8 de setembro.. é unha peregrinaxe pouco espontánea e popular.mantívose sempre na súa esencia e popularidade.. aínda que a división de xerarquías exposta ó principio deste traballo non pode ser . que vían neste lugar como unha maior autenticidade. o prior de Régoa designaba a un ermitaño que tiña casa propia para elo destinada.en ocasións o lugar estivo en certa decadencia poi as mostras de abandono que amosou a Igrexa. dende Madrid. sin adorno alguno (. 3. de feito.. Tal é así que Maciñeira afirma que no ano 1921 peregrinaron todavía a Teixido unhas 15. y es vergüenza lo poco que se utilizan las limosnas en favor de la iglesia». sabemos que nos tempos pasados non había un capelán destinado exclusivamente a Teixido. cando se dá. que peregrinaban a Compostela. A pesares disto. Andrés López de Sevil y Ulloa solicita unha hospedería para Teixido que finalmente non se realiza. Compostela produce pouca devoción e escasa afluencia de galegos e. Así. fixo unha viaxe a Galicia.000 persoas. Deste xeito. con gallo do Ano Santo. outro dos principais argumentos para amosa-la importancia das peregrinacións ó lugar é a fama da que goza aínda nos tempos de hoxe. excepto el retablito nuevo. Esta peregrinación afirmaba a súa personalidade e independencia fronte ós foráneos. CONCLUSIÓN Ata aquí tentáronse expor varios aspectos salientabeis do fenómeno que constitúe o santuario de San Andrés de Teixido. Por exemplo. afirma: «La Iglesia es pequeña. senón inducida pastoralmente. A fama do santuario cedeirés é tal que un viaxeiro tan importante como o pai Sarmiento visitou o lugar cando.CULTOS ANCESTRAIS E PEREGRINACIÓNS A TEIXIDO 343 grinación por excelencia dos galegos. Este feito chama a atención do mesmo pai Sarmiento que no 1755. ». sendo o brazo dereito do prior de Régoa. Penso que.. A afirmación de Chao Rego (1988:74) é rotunda neste caso: « ..

especialmente. -Unha recolleita en toda a comarca de lendas e outros materiais de tradición oral popular. que. a tese de que este santuario ocuparía unha posición intermedia aglutinando elementos das outras dúas xerarquías quedou suficientemente probada. como é o caso de Nosa Señora de Portas en Devesos (Ortigueira). -Unha recolleita exhaustiva de tódolos topónimos da comarca e o seu posterior estudo combinando os coñecementos actuais da lingüística cos documentos medievais e os restos arqueolóxicos. Desgraciadamente. Digo que esta división non pode ser tomada ó pé da letra porque na xerarquía inferior poderiamos facer outras subdivisións. quedan moitas incógnitas por resolver. Aínda así. a esencia de Teixido. etc.344 XOSÉ LO/s ARMADA PITA tomada ó pé da letra. -Un traballo de campo de antropoloxía cultural analizando en toda a serra da Capelada aspectos como o réxime de propiedade. . a evolución das técnicas agrarias. pese ás investigacións ate agora realizadas. Compre sinalar. do Penido do Castelo. do Penido do Medio. as incógnitas máis profundas. nunca se poderá resolver. aportar novo s datos ó coñecemento da prehistoria de Galicia. presentimos que as verdadeiras cuestións. o abandono do medio rural. Axudar un pouco á comprensión deste fenómeno cultural do noroeste da Península Ibérica é a intención desta pequena investigación. o simbolismo relixioso. coidamos que serían interesantes os seguintes: -Unha investigación en profundidade dos restos arqueolóxícos da serra da Capelada e. É pois urxente a excavación en profundidade dalgúns túmulos megalíticos. Diversos vestixios existentes no lugar poderían. en determinada época da historia de Galicia temos un tremendo valeiro documental. incluso na comarca de Ortegal temos santuarios de pouca trascendencia histórica como San Roque de Reboredo e outros que foron importantes centros de peregrinación. Entre os moitos traballos posibeis. dos restos romanos de San Xiao do Trebo e do entorno da calzada do Batán entre outros xacementos. pois. do entorno máis inmediato do santuario. pola súa singularidade.

M.. Roel. En Galicia: da romanidade á xermanización..As vías romanas. La comarca del Ortegal en el segundo milenio antes de Jesucristo. A. Santiago. M.. Santos e barcos de pedra. . 4166 e 4171 (meses de abril. X. Padre Sarmiento. FERREIRA PRIEGUE.CULTOS ANCESTRAIS E PEREGRINACIÓN S A TEIXIDO 345 4. CHAO REGO. o 12 de abril de 1996. CAAMAÑO GESTO.. Imprenta Fojo. L. Galicia en el comercio marítimo medieval. .. FRAGUAS FRAGUAS. 1988.. Santiago. 1993: «Un ejemplo de cristianización de un culto prerromano en Galicia».. TrabaBo inédito gañador do certame de investigación sobre o santuario correspondente ó ano 1995 e convocado polos institutos de Cariño. Fund. «Impresións dunha romería a Portas». Imp. 1984. MACIÑEIRA y PARDO DE LAMA. Para comprendermos Galicia. Xerais.. BIBLIOGRAFÍA ALONSO ROMERO. «As terras do Ortegal no camiño de Santiago». Galaxia. 1921. 1988. Serie de 4 artigos publicados en La Voz de Ortigueira. Historia. BREIXO RODRÍGUEZ. Os camiños de peregrinación a San Andrés de Teixido. Ed.. 4164.. leyendas y tradiciones. San Andrés de Teixido. 1988. 1954-63. Galaxia. Barrié de la Maza. X. A Coruña.1996. X. F. Ortigueira. Romarías e santuarios. E. Museo do pobo galego. 1996. En La Voz de Ortigueira. 1995. BASCOY PÉREZ. Ed. A Coruña. Pobo Galego / Universidade de Santiago / 1. Cedeira e Ortigueira. 4165. C. F. Reeditado no 1991 polo concello de Ortigueira. L. CASTRO PÉREZ. Vigo. Núms. Vigo. Vigo. X. 1991. R. Cinco tomos publicados entre 1954 e 1963. maio e xuño). ARMADA PITA.

NAVEIRO LÓPEZ. FELIPE SENÉN. TOVAR. Pobo Galego / Universidade de Santiago / 1. 1991.1947. 1992. 1957. Fundación Villabrille. Fundación Villabrille. Bares. A Coruña. El santuario de San Andrés de Teixido. S.1933.. Cede ira. J. Santiago. De Estaca de Bares a Malpica». Galicia legendaria y arqueológica. peninsular. CSIC-I. Rías Altas. Problemas de las 'ciudades asolagadas'.1993. 1985. (A primeira edición data de 1972). Póvoa de Varzim. LÓPEZ GÓMEZ. A Coruña.. . . Santiago. La Colección Diplomática de San Martín de Jubia. MONTEAGUDO GARCÍA. USERO GONZÁLEZ.. «La inscripción del Cabe~o das Fráguas y la lengua de los lusitanos». L. «El Ortegal en el culto de los cabos». M. Padre Sarmiento. Museu Arqueolóxico Provincial. Cedeira. En Actas do coloquio Santos Grara de etnografía marítima. 1993.. Universidad de Salamanca. W. 1995. UNTERMANN. Bares. R. Segunda edición ampliada.. J. L.1986. El comercio antiguo en el N. Madrid. Cedeira. Segunda edición. Sir Lanzarote do Lago e a súa proxenie cedeiresa. . «Anotaciones al estudio de las lenguas prerromanas del noroeste de la Península Ibérica». «Toponimia costera coruñesa. En Actas del //I coloquio sobre lenguas y culturas paleohispánicas. .346 XOSÉ LOIS ARMADA PITA . De Ferrolterra a Estaca de Bares. En Boletín de la Real Academia Gallega (mes de setembro). En Galicia: da romanidade á xermanización. Labacengos e Loira en Gran Enciclopedia Gallega. A.. Padre Sarmiento. MONTERO DÍAZ. 1935. puerto hispánico de la primitiva navegación occidental. Deputación de A Coruña. .1974. CSIC. (A primeira edición data de 1986).