Está en la página 1de 6

4.3.

Sistema grafemático contemporáneo III > contemporáneo medio (1850 – 1950) >
medio tradicional (1850 - 1930) > Pintos

1. Pintos: A Gaita Gallega (1853)


Pintos usa o recurso do diálogo, entre un gaiteiro galego e un rapaz
castelán, para elaborar unha obra bilingüe e didáctica, tanto lingüística (textos en
galego de diferentes tipos) coma ideoloxicamente (combate os prexuízos). De A
Gaita Gallega podemos destacar:
1) O autor ten unha conciencia de cultivo do idioma moi evidente, o que fai
dela unha obra máis elaborada cás Proezas de Galicia. Con todo, ten mala
acollida na época, quizais porque supón un paso demasiado longo o uso dun
estilo tan elaborado (abundan os hipérbatos) nun momento no que o galego
estaba practicamente renegado á oralidade. Ademais, este estilo contrasta con
algún léxico moi coloquial coma fiteiro, falcatruanda, randa....

2) A influencia de Sarmiento no feito de estar pensada para ser unha obra


didáctica e tamén no vocabulario.

Vocabulario de A gaita gallega


- Acorarse (verso 8): poñerse de cor. Non - Espaxotar (verso 33): espantar as
respirar. moscas, axotar.

- Pieiros (verso 40): galopíns.


- Burruallo (verso 34): mestura de cousas
noxentas (de Sarmiento).
- Tumbo (verso 46): onda - Cadoiro (verso 47): fervenza pequena.
- Pedoiros (verso 49): tira de tea usada
polos oleiros para facer vasillas de barro - Moinas (verso 60): moinantes.
(influencia de Sarmiento).
- Pobolo: conxunto de pequenas cousas

Características grafemáticas de A gaita gallega


Características Exemplos
Tentativa de aplicación do criterio etimográfico na - <j>: juntos, debaijo (v. 25), abaija
representación de //: (v. 26), despejado (v. 31), ja (l. 42).
- <x>: deixa (v. 2), xufre (v. 8),
- Apóiase en Sarmiento.
paxaros (v. 15), espaxota (v. 35),
- Uso do criterio etimográfico con vacilacións: buxán, fixo
 <g>: o seu uso para representar // sigue o - <g>: foge, gemidos, carrage (v. 65),
criterio etimográfico. gente, religioso
 <j>: o seu uso en debaijo non é
etimográfico.
 <x>: úsase nos perfectos fortes
palatalizados coma fixo, onde non é posíbel
aplicar o criterio etimográfico (agás en
trouxo e quixo se seguimos a Sarmiento).

O principio etimográfico foi defendido, en


principio, recorrendo ao argumento do latín e, máis
tarde, ao do portugués. En canto a el temos que ter
en conta:
- Ten unha dificultade inherente de
aplicación, xa que é preciso coñecer o étimo
das palabras e moitas veces este é difícil de
achar, ademais de que existen étimos coñecidos
aos que non se pode aplicar.

1 Historia do Galego Escrito


2007/2008
USC
4.3. Sistema grafemático contemporáneo III > contemporáneo medio (1850 – 1950) >
medio tradicional (1850 - 1930) > Pintos

- Fai que o sistema sexa menos particularista


respecto do doutras linguas que tamén usan
este criterio. Porén, o poder identificador do
criterio fonográfico sería máis forte (ademais
con el evítase escribir do mesmo xeito palabras
que en castelán e galego se pronuncian de
forma diferente).
- ò:contracción da preposición + artigo
(19, 57, 78).
- á: artigo (88) e preposición (3).
- à: artigo (79).
Diacríticos - Uso do circunflexo en sôa (1), c’ô
(8), para ô (26), ô (78), supôn (81).
Parece querer usalo, coma
Sarmiento, para marcar as vogais
fechadas, pero é un uso moi
incoherente.
Encontros: - do, no (1)
- Algúns reflíctense directamente. - c’ô (8), co a (48), c’os
- Dúbida noutros casos: - de un (2)
 Contraccións coa preposición con - de aqueles (71)
 Artigo indefinido
 Demostrativo - po lo (90), po la (92)
 Preposición por - omítese a representación do artigo
 Encontros vocálicos que dan lugar a por mor do encontro vocálico en todo
problemas de segmentación mundo (4) e acorda gente (91)
 Outros - tod’os (24), todo los (40)
Uso de <y> en posición intervocálica para marcar
hiato1
- rayos (20, 46) vs. hai (2) ou oiu.

Na “Foliada 2ª” podemos apreciar a doutrina de Pintos respecto á


lingua:
 Expóñense os prexuízos sociolingüísticos.
 Ponse en relación idioma e identidade colectiva (o feito de os galegos
desprezaren a súa propia lingua fai que outros pobos os vexan como
inferiores).
 Defensa da dignidade de tódalas linguas.
 Ataque aos que abandonan o galego.
 Concepción da lingua como fenómeno falado, pero consciencia da
necesidade de arranxala e unificala (idea sarmentina). Polo que o feito de
non existiren gramáticas nin dicionarios non quere dicir que o galego non sexa
unha lingua, que ademais se pode cultivar xa que este é un proceso histórico
que o galego pode iniciar como xa fixeran outras linguas.
 Exponse a marxinación á que é sometido o galego por parte de moitas
institucións.

Como conclusións podemos tirar:

1
Posteriormente usarase <y> para a representación do alomorfo da conxunción e.

2 Historia do Galego Escrito


2007/2008
USC
4.3. Sistema grafemático contemporáneo III > contemporáneo medio (1850 – 1950) >
medio tradicional (1850 - 1930) > Pintos

a) Pintos xa deseña o que sería o programa do Rexurdimento (cultivo,


selección e codificación da lingua), pero este sería tomado polos autores do
Rexurdimento desde unha perspectiva diferente: a romántica.
b) Abre o debate sobre a representación de // nun momento no que se usaba
espontaneamente a solución fonográfica (<x>). Porén, a solución
etimográfica pola que opta Pintos será moi seguida nestes anos, tanto por
cultivadores coma por estudosos da lingua coma:
 F. Añón.
 Pondal.
 Francisco e Antonio María de la Iglesia. Este último foi o editor de El
Álbum de la Caridad e de El idioma gallego. Su antigüedad y vida (1886).
 Marcial Valladares, autor de Maxina e dun dos primeiros dicionarios
galego – castelán.
Cando a Real Academia Galega se decanta pola solución etmográfica a
súa decisión non ten efecto, porque xa estaba asumido o uso de <x>.

c) Anuncia timidamente solucións dalgúns problemas fonotácticos, aínda que


sigue as pautas de escrita anteriores, destaca o uso do apóstrofo que, se ben é
moderado en Pintos, terá un grande éxito posteriormente.

3 Historia do Galego Escrito


2007/2008
USC
4.3. Sistema grafemático contemporáneo III > contemporáneo medio (1850 – 1950) > medio tradicional (1850 - 1930) > Pintos

4 Historia do Galego Escrito


2007/2008
USC
4.3. Sistema grafemático contemporáneo III > contemporáneo medio (1850 – 1950) > medio tradicional (1850 - 1930) > Pintos

5 Historia do Galego Escrito


2007/2008
USC
4.3. Sistema grafemático contemporáneo III > contemporáneo medio (1850 – 1950) > medio tradicional (1850 - 1930) > Pintos

6 Historia do Galego Escrito


2007/2008
USC