Está en la página 1de 2

Begonte: Dous anos de Convivencia e Progreso

Cúmprense dous anos de goberno municipal diferente en Begonte. Se ata


mediados de 2007, o Concello de Begonte foi gobernado polo PP con
maiorías absolutas, a aparición dunha lista independente nas eleccións
celebradas o 27 de maio proporcionou un resultado sorpresa por ser esta a
segunda lista máis votada (14 votos por diante do Psoe), obtendo 5
concelleiros o Partido Popular, 2 os Independentes, 2 o Psd G-Psoe e 2 os
nacionalistas do Bng.

O PP quedaba así sen maioría absoluta, obténdose a maioría gobernante


coa suma das tres forzas restantes, resultando elixido Alcalde o que
subscribe, como cabeza de lista dos Independentes, cos votos dos
socialistas e nacionalistas, se ben estes últimos non asumiron
responsabilidades de goberno. Entendeu o Bng que Begonte merecía un
cambio pero nin os seus representantes aceptaron as condicións dos
Independentes, nin estes as que os nacionalistas propugnaban. Os dous
concelleiros do PSOE formaron grupo de goberno cos Independentes.

Repaso a Hemeroteca destes dous anos e os meus recordos, e descubro con


sorpresa que en xeral non atopo nin malos modos, nin malas palabras, nin
críticas especialmente ácidas. Tanto que me atrevo a falar da “fórmula
Begonte” para enxuiciar a nosa convivencia política, a convivencia humana
entre tres forzas políticas que poden considerarse “clásicas” e a nosa
agrupación de independentes.

A primera ocasión importante para poñer a proba o acordo inicial foi sen
dúbida a do 18 de xaneiro de 2008, cando abordamos o estudio do
presuposto municipal para o pasado ano, adaptado á realidade e á
necesidade do concello. Nesa ocasión o PP votou en contra. Quizais era
que aínda estabamos “axustando” os mecanismos municipais.

Nestes dous anos, en Begonte sucederon cousas verdadeiramente


importantes, entre as que temos que destacar a entrada en funcionamento
da A8 entre Abeledo e Baamonde, e o entronque das dúas autovías galegas
máis importantes (A6 e A8) en Baamonde; a creación dun centro de
almacenamento de pezas de eólicos nas inmediacións do Parque
Empresarial da capital do concello; que o Concello de Friol dese o nome de
Begonte a unha importante vía da súa capital; que en Begonte se constitúa
unha planta de biodiesel para España e Portugal; que os parques
empresariais begontinos vaian evolucionando de xeito progresivo, e nun
deles se vaia instalar o Centro loxístico de Carrefour; que se desafectasen
oito escolas unitarias que volven a ser propiedade do Concello, ou que se
afiancen celebracións de vellas feiras ou se volvan celebrar as festas
patronais da capitalidade do concello.

E polo que a actividade municipal se refire, quero deixar constancia da


participación do Concello na organización de Belén de Begonte, a inclusión
de Begonte con Guitiriz e Curtis na nómina de “Concellos saudables”, a
consecución dun desfibrilador para o centro médico de Begonte ou as obras
de urbanización do parque empresarial de Pacios-Baamonde.

E quero subliñar a unanimidade dos grupos municipais begontinos na


cesión do Centro de día de Baamonde ó Consorcio Galego de Sanidade, a
esixencia e consecución de atención medica para os nenos begontinos, na
solicitude a Traballo de dous obradoiros de emprego ou en sinalar as
inmediacións do Club Fluvial para situar a piscina que se construirá por
convenio coa Deputación provincial. E de xeito moi especial a
unanimidade das catro forzas do concello para o pasado mes de marzo
aprobar un presuposto de 1.900.000€ para o presente ano, destinando
170.000€ a infraestructuras consensuadas entre todos os grupos municipais.
Cumpridos os dous anos de goberno municipal, dous anos de convivencia e
de progreso, quero deixar constancia da miña satisfacción como Alcalde
dos logros conseguidos, agradecer ó resto das forzas políticas a súa
colaboración, e solicitar que nos dous anos que quedan desta lexislatura se
siga producindo unha igual situación de colaboración política e humana
para seguir traballando todos xuntos por un Begonte mellor.

Begonte, Xuño de 2009.

O Alcalde, José Antonio Vázquez García.

También podría gustarte