Está en la página 1de 7

3.

Os grandes protagonistas do noso Rexurdimento II: Eduardo Pondal (1835 – 1917)

1. Vida
Eduardo Pondal (Ponteceso 1835 – A Coruña 1917) chegaría a
Compostela arredor de 1850, onde estudaría Medicina, aínda que case non a
exercese. Destaca a súa participación no Banquete de Conxo nesta cidade en 1856.
Desde 1903 sufrirá trastornos mentais, e ademais está practicamente cego. No poema
“Mi retrato” (1905) dá unha definición sobre si mesmo case premonitoria xa que fala
da súa temática céltica, de que rematará sendo un orate ou do xuízo contraditorio
sobre el mesmo.

1.1. O Banquete de Conxo


Despois do Levantamento de 18461 prodúcese un baleiro no ambiente
intelectual compostelán, e este banquete de solidariedade entre obreiros e
estudantes (que fan de camareiros) recupera en certo modo o espírito de 1846.
Nel recítanse dous discursos ou brindes en verso, un de Aurelio Aguirre
e outro de Pondal. Son cantos á liberdade escritos en oitavas reais. Desde este
momento o nome de Pondal transcende aos medios, máis polo escándalo que rodea
o acontecemento (os participantes nel estiveron a piques de ser desterrados ás Illas
Marianas) ca polos brindes:
a) O bispo de Compostela, García Cuesta, asusta á xente facéndolle crer que o
banquete será coma unha revolución.
b) Na prensa da época hai unha auténtica batalla:
 A Oliva, está a favor do Banquete.
 Faro de Vigo, cambia e reproduce anacos dos brindes para provocar
desacougo na sociedade. Aurelio Aguirre contestaría a isto co artigo
“A mis calumniadores”.
 El Restaurador, está en contra do acto.

2. Obra
2.1. Trazos xerais
A) Celtismo: dálle un aire novidoso á literatura galega, relacionado Galiza con
outros pobos europeos.
B) Distancia: para entender a súa poesía hai que entrar no seu mundo, é dicir, a súa
obra esixe un esforzo do lector para salvar esa distancia.
C) Rexionalismo: Pondal é o poeta máis nacionalista das tres grandes figuras do
Rexurdimento, xa que leva ao verso as teorías rexionalistas de Murguía.

1
Pondal escribe varios poemas que se refiren a este acontecemento, como é o caso de “Cando os duros
machados” ou “Cando mo referino”.

Literatura Galega dos Séculos Escuros


1 ás Irmandades da Fala
2006/2007
USC
3. Os grandes protagonistas do noso Rexurdimento II: Eduardo Pondal (1835 – 1917)

D) Autobiografismo: aínda que, como diría Pessoa, o poeta é sempre un fingidor,


moitas veces pode finxir a realidade e deixar ver trazos da súa vida. Isto
reflíctese en poemas coma:
 “Ponteceso” Lembranzas da nenez e a mocidade
 “Ó abrigo do vento Circio” → “A fada Rouriz2” desde o presente
 “O dolmen de Dombate” (1862)
 “Cando for enterrado” Manifesta o lugar onde quere que o
enterren
 “A derradeira voluntade”
E) Culturalismo: Pondal ten unha grande formación (mesmo é autor de poemas
en francés e italiano) grazas ás lecturas de:
 Clásicos latinos e gregos (é quen de ler en grego): Virxilio, Homero,
Plutarco.
 Renacentistas: Camões (Os Eoas), Ariosto, Torquato Tasso.
 Románticos: Chateaubriand, Musset.
F) Perfeccionismo: non ten fe na inspiración (xenio romántico) e leva a cabo un
grande esforzo para elaborar a súa obra, volvendo unha e outra vez sobre ela.
Iso comprobámolo en:
 A campana de Anllóns, cuxa primeira versión data de 1858, pero habería
máis.
 Os Eoas, cuxos primeiros fragmentos datan de 1857. É unha obra moi
extensa, sen rematar, que narra a conquista de América. Os españois
chegan a América desde o leste, pola parte que nace o sol, por iso os
indíxenas os consideran “fillos do sol”. Esta é a razón do título, xa que
“eoa” provén do grego œwj, que significa amencer.
G) Exercicio lingüístico3: decátase de que os hiperenxebrismos e vulgarismos son
unha eiva para a lingua, por iso introduce numerosos cultismos e neoloxismos.
Con todo, tamén podemos atopar na súa obra algúns castelanismos e
vulgarismos.

2.2. A Campana de Anllóns


A) Esta obra é un claro exemplo do desexo de perfeccionismo de Pondal, xa que
publica varias versións dela:
1) 1858, El País (Pontevedra): aparece neste xornal a primeira versión da obra,
un adianto da mesma. É importante a data porque Murguía afirma en Los
precursores que escribindo en galego Pondal sigue o exemplo de Rosalía, pero
isto non é así xa que o primeiro poema en galego de Rosalía data de 1861 e
este de Pondal é anterior.
2) 1862, El Álbum de la Caridad: publica a segunda versión co título “El canto
de un brigante”. É, con algunha variante, a versión máis aceptada na
actualidade. Componse de:
 Versos populares iniciais.
 Unha cita de Chateaubriand.
 15 estrofas.
2
En Rumores de los pinos estes poemas son publicados con título, pero en Queixumes dos pinos non
(porque se busca a unidade).
3
A busca dunha koiné é frecuente na época (Pé das Burgas), pero o primeiro intento data de 1810:
Proezas de Galiza.

Literatura Galega dos Séculos Escuros


2 ás Irmandades da Fala
2006/2007
USC
3. Os grandes protagonistas do noso Rexurdimento II: Eduardo Pondal (1835 – 1917)

3) 1895: publica na imprenta Carré unha nova versión de 81 estrofas. É un


poema que gaña en relato pero perde en frecura, e Pondal decatarase disto:
 Martínez Salazar4 defende que é mellor a primeira versión ca esta.
 Non hai ningunha reseña sobre o poema. Neste momento Pondal é xa
un autor consagrado e o silencio da crítica supón que non se quere
gabar a súa obra.
 Pondal decátase do problema desta versión e di que escribira este
poema cando era estudante en Compostela, pero que perdera algunhas
partes cando ía entregalo a un xornal, partes que recupera en 1895. Esta
desculpa non se sustenta. Con todo, Emilia Pardo Bazán di que Pondal
lle confesou que escribe estes versos “siendo muy joven y algo
enamorado”.
B) Inspiración: o autor di inspirarse ao escoitar o toque do Angelus. Non debemos
esquecer que neste momento as campás regulan a vida aldeá (é un tema tamén
presente en Chateaubriand).
C) Popularidade: é un dos poemas máis coñecidos, mesmo é aprendido e recitado
pola xente, polo que tamén sofre alteracións. Foi un poema gabado por Emilia
Pardo Bazán e Murguía, pero criticado por Leopoldo Pedreira polos castelanismos
que contén.
D) Argumento: o poema transmite os laios dun rapaz preso en Orán cre escoitar o
son da campá de Anllóns e lembra a súa terra. Só ten unha pequena parte
narrativa, xa que case todo o poema está posto en boca deste mozo. Pertence á
literatura africanista5, xa que está ambientado no Norte de África.

Posteriormente, este poema sería incluído en Queixumes dos pinos.

2.3. Características xerais da súa obra


A) Celtismo6, defendido por Murguía:
 Os seus seguidores, entre eles Pondal, reúnense na trastenta dunha botica da
rúa Real da Coruña, lugar que García de la Riega denominará
pexorativamente como “A Cova Céltiga”, denominación que os seguidores
do celtismo adoptarán.
 Bases desta tese: tralo cisma provocado por Henrique VIII os irlandeses e
escoceses desterrados fundarán colexios en lugares católicos de Europa e un
deles estará en Compostela. Neste colexio dáse a coñecer un mundo
lendario que nos relaciona con Irlanda: no pasado terían chegado
expedicións irlandesas (Leabhar Gabhala ou Libro das invasións, século
III). O Padre Álvarez Sotelo dá a coñecer estas lendas na época de
Murguía. Un destes mitos é o de Breogán7. Elaboran así unha ficción
histórica.
4
5
Son composicións que aparecen no Siglo de Oro. Podemos atopar esta temática en Góngora, en
romances (“Servía en Orán al rey”), en Cervantes (Los baños de Argel, nunha historia intercalada de El
Quijote).
6
Oponse á teoría do helenismo defendida por García de la Riega (fundador da Biblioteca Gallega a
finais do século XIX, a primeira grande empresa editorial galega antes de Nós, e defensor tamén da
orixe galega de Colón), que postula a influencia grega en tódolos aspectos de Galiza e dos galegos.

Literatura Galega dos Séculos Escuros


3 ás Irmandades da Fala
2006/2007
USC
3. Os grandes protagonistas do noso Rexurdimento II: Eduardo Pondal (1835 – 1917)

 Vixencia: até a época do Grupo Nós terá influencia esta tese. Otero Pedrayo
mesmo traducirá fragmentos do Leabhar Gabhala e en Os camiños da vida
aparecen personaxes irlandeses. Na actualidade é unha tese desbotada
polos historiadores.

B) Osianismo: Pondal le a obra de McPherson, autor prerromántico inglés que


escribe unhas sagas (primitivos cantos celtas) que di que proveñen dun bardo do
século III: Osián. Con esta ficción McPherson constrúe unha patria, asumindo
el o papel de bardo. Pondal fai o mesmo, asume o papel de bardo para
axudarlle ao pobo galego a loitar contra a inxustiza do presente para acadar a
redención, para devolverlle ao pobo a gloria pasada (por iso non hai unha
crítica social concreta, coma no caso de Curros ou Rosalía).
C) Helenismo: a influencia da cultura da Grecia Clásica na obra de Pondal
obsérvase:
 Contido: é unha poesía varonil, viril, castrense, dórica, como o era o pobo
espartano (de aí a frecuente aparición da palabra ilota – escravo espartano
–), aparece tamén unha natureza brava na que o piñeiro é un símbolo
importante (mesmo se refire á situación dos piñeiros coma unha falanxe –
estratexia de combate –). Neste senso, considera que o home bo é o “bo
bergantiñán”, valente e preparado para o combate.
 Forma: cultismos, neoloxismos.

Exemplos
“Morrer en brando
Avoga pola morte en combate, loitanto.
leito”
“As almas escravas” Critica ao que non loita, en oposición ao bardo.
Importancia da fala como elemento identitario. Inclúe cultismos e fai
“A fala”
unha chamada aos portugueses (característica clave en Podal).
Poema que chama á loita (dun xeito descritivo, non directo como
“Xa chegaran os días” faría Cabanillas) lido na inauguración da Academia Galega (30 de
setembro de 1906).

D) Tratamento da muller: Pondal trata a muller na súa obra de diferentes xeitos:


1) Antifeminismo: “Non descansan elas, non”, “Basta mulleres, eu ben vos
conozo”, “Mulleres, quen vos oia”.
2) Autobiografismo: son poemas nos que un Pondal maduro lembra unha
rapaza da súa xuventude, é o caso de “Que o teu peito é menos branca”,
“Cando as doces anduriñas” ou “Aquela miña leda compañeira”.
3) Visión idealizada: é unha visión romántica que lembra á de poetas latinos
coma Horacio e Anacreonte, ou á do renacentista Ariosto. Vese a muller
como sosego do mal de amores, isto acontece no poema “Meniña, rapaza
nova”.
4) Defensa da posesión da muller por parte do home:
 Como algo natural: é unha visión primitiva, relacionada co mundo
celta. Vese como natural que a muller teña que satisfacer os instintos do
7
Segundo a lenda, Fenius tivo un fillo chamado Brath, quen chega a Galiza, unha terra que lle lembra
moito a Irlanda. O fillo de Brath, Breogán, nace en Galiza e constrúe aquí unha torre. O fillo de
Bregoán, Ith, subirá a esa torre e divisará ao lonxe Irlanda. Así, enviará alí unha expedición que non
volve nunca, xa que os asasinan. Ith viaxa a Irlanda para pacificala, e queda alí, pechándose así a
historia que iniciara Brath.

Literatura Galega dos Séculos Escuros


4 ás Irmandades da Fala
2006/2007
USC
3. Os grandes protagonistas do noso Rexurdimento II: Eduardo Pondal (1835 – 1917)

home (guerreiro celta). É o que acontece en “Oh, quen poidera”,


“Esquiva rapaceta8” e “Os pinos fan doce son”.
 Como algo violento, opoñéndose así á visión idealizada e romántica. É o
caso dos poemas “Esta si que é ocasión” ou “Pilleina antre os pinos soa”.

2.4. Paso de Rumores de los pinos (1877) a Queixumes dos pinos (1886)
O paso dunha Rumores de los pinos (obra bilingüe que consta de 21
poemas) a Queixumes dos pinos (obra moito máis longa) haino que ver tendo en conta
que:
a) Pondal está constantemente insatisfeito coa súa obra, hai nel un desexo de
perfeccionismo que fai que refaga unha e outra vez as súas composicións.
b) Desde 1886 hai en Pondal un desexo claro de ser un poeta monolingüe en
galego. De feito, só se coñece desde entón un poema del en castelán, “Himno
al besugo” (1905), poema xocoso que asina co pseudónimo de Arístides
Valtierra.

Rumores de los pinos (1877) Queixumes dos pinos (1886)

4 traducidos
8 poemas en castelán
4 non incluídos
2 poemas bilingües → 2 poemas bilingües
11 poemas en galego → 11 poemas en galego

A) Poemas traducidos a Queixumes dos pinos:


1) Os catro poemas traducidos ao galego gañan en calidade. Estes poemas
son:
“No sé en que tierra estraña, entre la gente” → “Eu non sei por que terra esquiva e dura”
- A tradución:
● Gaña en madurez, sonoridade, brillantez...
● Substitúe a nominalización, que achega concretización e estatismo,
Trazos xerais pola atribución, borrando a imaxe concreta e estática do poema. É
dicir, substitúe substantivos por adxectivos: anduriña > vagabunda;
rosa > esplendorosa; bardo > vago...
- Uso da personificación (“terra esquiva”).
“No hay una fuente tan fresca y pura,” → “N’hay unha fonte,”
- A tradución:
● É case literal, só cambia “valle” por “cómaros”.
● Cambia a disposición dos versos.
Trazos xerais
- É un madrigal amoroso, un tanto zorrillesco, que non encaixa coa
temática de Pondal en Queixumes dos pinos. Di Murguía que o traduce
porque o considera unha proeza técnica.
“El cabo” → “Adusto, solitario e silencioso”
- A tradución mellora a calidade do poema.
Trazos xerais - Debemos ver o cabo coma un accidente xeográfico ligado a lendas que o
identifican coma os restos dun ser mitolóxico vencido, como pode ser un
titán.
“El sueño de primavera” → “Paroleira anduriña,”

8
O sufixo –eta é moi característico de Pondal.

Literatura Galega dos Séculos Escuros


5 ás Irmandades da Fala
2006/2007
USC
3. Os grandes protagonistas do noso Rexurdimento II: Eduardo Pondal (1835 – 1917)

- A tradución é case literal.


Trazos xerais
- É unha anacreóntica, é dicir, unha composición que canta á muller e ao
amor.
- Bota man dunha historia mitolóxica9 para explicar a orixe da anduriña.

2) Non sabemos as razóns polas que elimina os outros catro poemas en


castelán, quizais lle parecían demasiado frívolos polo seu erotismo. Estes
poemas son:

“Pasajeros rumores de los pinos”


- Anuncia moitos elementos da poesía de Queixumes dos pinos, así faise
Trazos xerais referencia a Brigandsia (Betanzos?), o lugar onde Breogán constrúe a súa
torre.
“Somos como dos riberas”
Trazos xerais
- Poema amoroso que nada ten que ver coa temática e a estética xeral de
Queixumes dos pinos.
“Amor de marino”
Trazos xerais - Poema moi frívolo e de escasa calidade.

“El rapto”
- É un bo poema desde o punto de vista técnico.
Trazos xerais - Está dentro da formulación erótica de Queixumes dos pinos, da visión
celta da muller, pero quizais non o introduce nesta obra por consideralo
demasiado ousado.

B) Poemas bilingües que se manteñen en Queixumes dos pinos: mantense o


bilingüismo para caracterizar os personaxes pola súa fala, son personaxes que
falan en galego en momentos determinados10. Estes poemas son:

“La nostalgia de la nodriza” > “- Vamos, mi buena Rentar”

9
A anduriña identifícase con Progne (ou Procne). Nunha loita entre dous reis da Ática, Panpidión e
Labdaco, Tereo axúdalle ao primeiro. En agradecemento este dálle como esposa a unha das súas fillas,
Procne. Procne e Tereo teñen un fillo, Itis. Pero Tereo estaba namorado da irmá de Procne, Filomela, a
quen viola e lle corta a lingua para que non lle poida contar o acontecido á súa irmá. Filomela fai un
bordado no que lle explica o acontecido á súa irmá e Procne, en vinganza, mata ao seu fillo e sérvello
na comida a Tereo, xa que non quería ter descendencia de alguén tan malvado. Tereo persigue ás irmás
e estas pídenlle axuda aos deuses, que converten a Procne en reiseñor, a Filomela en anduriña e a Tereo
nunha bubela para que non lles poida facer dano. Na reconstrución que os romanos fan da lenda
Filomela é a que casa con Tereo e Procne a que é violada por el, de xeito que Procne é a que é
convertida polos deuses en anduriña. Así, a Progne do poema de Pondal é a anduriña.
10
Outros autores usarán o bilingüismo para ridiculizar aos galegos que falan un mal castelán.

Literatura Galega dos Séculos Escuros


6 ás Irmandades da Fala
2006/2007
USC
3. Os grandes protagonistas do noso Rexurdimento II: Eduardo Pondal (1835 – 1917)

- Argumento: unha rapaza galega que está servindo en Madrid, Rentar


(nome frecuente en Pondal), e presumibelmente enferma de saudade, fala
Trazos xerais da súa terra en galego. A Condesa de Sansueña preséntase coma un
personaxe que fala castelán pero non é hostil, xa que o bilingüismo ten
como finalidade amosar a realidade con naturalidade, non a ridiculización.
“El recuerdo de la patria” > “En turbia noche de invierno”
- Nunha situación de combate fóra de Galiza, un galego fala na súa lingua
Trazos xerais
da súa terra nun momento emotivo.

C) Poemas en galego que se manteñen en Queixumes dos pinos: son poemas que se
manteñen con moi poucos cambios.

Queixumes dos pinos é un libro que contén moitos máis poemas ca


Rumores de los pinos e, ademais, Pondal irá engadindo poemas até a edición
testamentaria. Outros poemas de Queixumes dos pinos son:

“Carballos de Carballido”
- Poema que concentra a súa significación en poucos versos e que fai
Trazos xerais
referencia ao paso do tempo comparando a vida coas pólas dos carballos.

“Pol-o baixo cantando”


- Poema no que o “boo bergantiñán”, o home prototípico galego, ve aos
piñeiros como guerreiros. É un labrego que desde a escravitude do
Trazos xerais
presente ve os piñeiros como recordo dunha pasada idade e como futuro
de redención.

Literatura Galega dos Séculos Escuros


7 ás Irmandades da Fala
2006/2007
USC