Está en la página 1de 38

3.

A narrativa galega entre 1950 e 1980

1. Situación da narrativa galega nos anos 50


Nesta década a literatura galega comeza a emerxer, coa publicación de
obras coma Cómaros verdes (1947) de Aquilino Iglesia Alvariño. Pero a narrativa é
neste momento aínda un xénero pouco normalizado.

1) Situación da narrativa:
a) Tradición escasa e pouco desenvolta, con certos períodos de emerxencia
seguidos doutros de declive.
b) Xénero pouco consolidado que esmorece en tempos difíciles.

2) Causas:
a) Históricas: a narrativa xera máis desconfianza no réxime cá poesía, polas
seguintes razóns:
Narrativa Poesía
Ten máis capacidade de influencia na Ten un alcance social limitado polo que,
sociedade cá poesía, polo que a denuncia malia existir poesía social, esta non é tan
social é vista como máis perigosa polo perigosa para o réxime coma no caso da
réxime. narrativa.
É introspectiva, podendo centrarse no
Acolle unha pluralidade de voces en diálogo, intimismo, paisaxismo ou en temas
creando un espazo de debate de ideas, polo transcendentais (filosóficos e relixiosos),
que inspira máis desconfianza para á censura. como acontece na poesía galega deste
momento.

b) Cuestións de tipo práctico:


→ Do punto de vista económico resulta moito máis barato publicar unha
obra de poesía, pola súa menor extensión, ca unha obra de narrativa.
→ Carencia dunha tradición novelística madura, é dicir, non hai
referentes na literatura galega no que se refire á narrativa agás o Grupo
Nós e López Ferreiro. Isto será un problema para autores coma Fole, xa que non
lle interesa servirse da visión de que López Ferreiro achega de Galiza ou do
intelectualismo de Otero. O mesmo lles acontece aos autores da Nova Narrativa Galega,
que terán que buscar os seus referentes fóra de Galiza.

Isto fará que na década dos 50 atopemos unha suma de individualidades


illadas, sen conexión xeracional.

2. Algunhas individualidades
2.1. Carvalho Calero: A xente da barreira (1951)
A xente da barreira adoita considerarse como a primeira novela da
posguerra. Desta obra destaca:
1) Gaña o premio Bibliófilos Gallegos, convocado para impulsar a narrativa.
Era un certame bilingüe que gaña esta novela, a única en galego, o que amosa
que foi usado polo galeguismo conservador (que non era mal visto polo
réxime) para facer visible a narrativa galega.

1
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

2) Estrutura: nun principio a obra estaba pensada coma unha sucesión de


diferentes relatos, pero o autor enfíaos para construír unha novela que
presentar ao certame. Isto fai que a súa estrutura sexa un tanto precaria.
3) Acción: descríbese a vida da fidalguía en decadencia da montaña luguesa.
4) Conexión cos referentes da narrativa (Grupo Nós e López Ferreiro) presente
na temática da decadencia da fidalguía, aínda que se aprecia a tensión entre a
tradición e a innovación.

2.2. Ánxel Fole


Ánxel Foe é quen dá un paso adiante na narrativa galega coa súa obra Á
lus do candil. Contos a carón do lume.

2.2.1.Personalidade e actividades
1) É un autor moi vinculado ao xornalismo galego
a) De preguerra, está detrás de publicacións coma:
→ Yunque (1932, 6 nos): revista continuadora de Ronsel que mesmo chega
ao 800 exemplares. É unha revista bilingüe, cunha maior presenza do
castelán, dirixida por Fole e na que colaboran Pimentel, Seoane,
Maside ou Colmeiro, entre outros.
→ Resol. Hojilla volandera del pueblo (1932-1936, 10 nos sen
periodicidade regular): revista bilingüe que acollía sobre todo obras
poéticas e con formato de panfleto. Nela participaron Fole, Dieste,
Bouza Brey, Amado Carballo, Aquilino Iglesia Alvariño e mesmo
escritores da Generación del 27 española (o que amosa que estes
parecían percibir unha relación paritaria respecto dos autores da literatura
galega).
b) De posguerra: colabora en El Progreso e no Faro de Vigo.
2) Politicamente, está en contacto co galeguismo do Lugo de preguerra, unha
cidade moi activa no que a publicacións se refire e moi interesada polas
vangardas. Con este galeguismo de raíz amosa posturas achegadas ao
anarquismo e ao comunismo.

2.2.2.Obra
1) Obras:
a) Á lus do candil. Contos a carón do lume (1952):
→ Considérase a novela fundacional da narrativa de posguerra, xa que é
a primeira obra con repercusión.
→ En 1952 é premiada no concurso literario do Centro Gallego de
Buenos Aires. Os certames literarios convocados polo Centro Gallego de
Buenos Aires tiñan unha periodicidade irregular, que dependía da
dirección do mesmo, pero supoñían a única posibilidade para os autores
galegos de gañar diñeiro coas súas obras e de dárense a coñecer no
exilio, onde había unha maior actividade galeguista.

b) Terra brava. Contos da solaina (1955).


2
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

c) Contos da néboa (1973), obra que se achega ao mundo urbano.


d) Historias que ninguén cre (1981), colectánea de contos dispersos
con pouca repercusión.
e) Dous contos publicados na Revista Nós de Auga lizgaira, obra que se
perdeu durante a guerra.

2) Características da súa obra:


a) CONTÍSTICA: Fole é un contista en toda a súa obra, un gusto polo relato
breve que pode estar relacionado coa súa actividade como xornalista.
→ É un modelo cunha notable tradición na literatura galega, xa que
conta con referentes coma Dieste, Castelao ou Otero.
→ Técnica dos contos: Fole amosa o dominio da técnica do conto
tradicional, con relatos concibidos para seren contados malia
elaboralos, o que se percibe sobre todo nas súas dúas primeiras
obras. Así, a estrutura dos contos caracterízase por:
- Localización espacial e/ou temporal, que lle dan ao conto unha
maior verosimilitude (isto tamén o fai Culqueiro, malia seren
máis fantásticos os seus relatos). Este realismo espazo-temporal
ten referentes na tradición narrativa coma Otero ou Castelao e
ademais é axeitado para o público potencial do momento (de aí o
éxito de Fole fronte á pouca repercusión de Cunqueiro).
- Finalidade pragmática, cun final semellante aos apólogos e ao
das fábulas, é dicir, finais conclusivos con certa intención
didáctica.
- Narrador omnisciente que vai alternando entre os diferentes
personaxes. Adoita contar historias en primeira persoa ou que lle
sucederon a persoas próximas a el.
- Apelacións ao auditorio por parte do narrador, para chamar a
súa atención ou destacar partes da historia importantes para o
seu desenlace.
- Estrutura marco sinxela que permite integrar diferentes contos:
- Á lus do candil. Contos a carón do lume: o modelo que sigue está
presente xa no Decamerón de Boccaccio, xa que consiste na reunión dun
grupo de señores nunha torre para ir de caza, pero a neve impídellelo e
fican na torre contando contos á luz do candil. Son historias con base
máis popular.
- Terra brava. Contos da solaina: as historias cóntanse nas tertulias que se
organizan na solaina da casa dun médico rural. Son historias máis
exotéricas e paranormais.
b) TEMA E MUNDO:
Fole vive nun ambiente que lle permite descubrir a
cultura tradicional oral1, que ata entón coñecía pouco. Desta
vivencia tira o material para os seus contos, de temas moi galegos e
pouco problemáticos para a censura.
a) Tipos de materiais tradicionais usados:
1
Canto estoupa a guerra marcha para a montaña luguesa como preceptor dunha familia acomodada,
para así pasar desapercibido. Pasará alí case unha década.
3
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

→ Descrición de experiencias sobrenaturais ou metapsíquicas:


alucinacións, telepatía, premonicións...
→ Crenzas populares: meigas, medicina popular, supersticións...
→ Lentas míticas galegas: Santa Compaña, estadea, urco, ciprianillo...
b) Tipos de fontes:
→ Popular, máis frecuente nas primeiras obras.
→ Autobiográfica: experiencias ou historias que oíu contar.
→ De ficción, máis frecuente nas últimas obras.

Fole reinicia así a tradición da narrativa galega de preguerra, con


elementos moi rereprentativo da tradición literaria galega:
1) A paisaxe, que neste caso é a montaña luguesa. Ademais ten un protagonismo
total, xa que é este o contexto que permite o desenvolvemento das historias
que se narran.
2) Dimensión popular: é unha narrativa pouco subversiva, unha versión
elaborada do folclore que non é vista polo réxime coma unha ameaza, senón
que entronca coa visión estereotipada de Galiza.

Isto explica o éxito da obra de Fole fronte á de Cunqueiro, xa que malia


que para moitos lectores non era doado ler en galego, achega unha visión de Galiza
xa coñecida cunha estrutura narrativa simple.

2.3. Cunqueiro
2.3.1.Recoñecemento de Cunqueiro como novelista
O recoñecemento de Cuqueiro como narrador será moito máis tardío (en
1991 dedícaselle o Día das Letras Galegas), xa que non terá éxito entre os seus
contemporáneos. Algunhas probas do escaso éxito que tivo no seu momento son:
1) Merlín e familia (1955) non se reedita ata 1968.
2) Na súa obra parece haber dúas etapas:
a) Novelas, escritas entre finais dos 50 e comezos dos 60:
→ Merlín e familia (1955).
→ As crónicas do sochantre (1956).
→ Si o vello Sinbad volvese ás illas (1961).
b) Semblanzas de tipos populares, que compón entre os 60 e os 70:
→ Escola de menciñeiros (1960).
→ Xente de aquí e de acolá (1971).
→ Os outros feirantes (1979).
Porén, durante moito tempo Cunqueiro será coñecido polas súas semblanzas,
non polas novelas da primeira etapa, xa que estas segundas respondían á visión
folclórica de Galiza, mentres que as novelas non, polo que non foron
entendidas polo público do momento.

Podemos dicir que o tardío éxito das súas novelas ten como causas:
1) A incomprensión por parte do público.

4
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

2) O feito de que fose un persoeiro ben visto polo franquismo, que xerou
desconfianza cara a el entre o galeguismo de esquerdas que, ademais, xulgou
as súas novelas como non comprometidas socialmente.

2.3.2.Evolución
En principio parece contraditorio que un autor coma Cunqueiro,
procedente da poesía, comezase a súa traxectoria narrativa con novelas complexas,
para dedicarse despois ás semblanzas, máis simples. Con todo, esta traxectoria é
facilmente comprensible se atendemos á súa biografía:
1) Antes da Guerra Cunqueiro estaba en contacto con persoeiros do
galeguismo, polo que cando comeza a contenda a súa familia envíao a
Ortigueira para evitar represalias contra el.
2) Con todo, Cunqueiro é reclamado axiña polo xornalismo franquista e
trasládase a Madrid, onde traballa en xornais coma o Abc.
3) Neste momento o embaixador francés encárgalle unha serie de artigos sobre o
Camiño de Santiago que lle paga por adiantado. Cunqueiro nunca escribe estes
artigos, pero gasta o diñeiro que lle pagara o embaixador. Isto xerou un
conflito diplomático nun momento no que España estaba illada de Europa,
polo que non lle conviña ter problemas con Francia. Por esta razón
retiróuselle a Cunqueiro o carné de xornalista e volveu para Mondoñedo.
4) Esta etapa en Mondoñedo é especialmente dura para Cunqueiro, non só do
punto de vista profesional, senón tamén do persoal, xa que se separa da súa
muller. Será Fernández del Riego quen, a finais dos anos 40 e buscando
reorganizar unha certa actividade cultural, comece unha intensa
correspondencia con el suxeríndolle algún proxecto. Dado que no momento o
xénero menos desenvolto era a narrativa, Cunqueiro escribirá Merlín e famila,
unha novela singular que supón unha fuxida do ambiente alienante de
Mondoñedo.
5) A partir dos anos 60 Cunqueiro volve á vida pública e é un persoeiro
recoñecido. Así, en 1961 réndeselle unha homenaxe en Lugo e en 1963 entra
na Real Academia Galega. Ademais comezará unha nova etapa no Faro de
Vigo, primeiro como redactor e despois como director. É nesta etapa cando,
considerando que xa fixo a súa achega para a modernización da narrativa
galega, escribe as súas semblanzas, que achegan unha visión folclórica de
Galiza, tolerada polo franquismo e que, ademais, teñen un grande éxito.
6) Posteriormente dedicarase tamén á narrativa en castelán. Neste momento
Cunqueiro aínda conservaba boas relacións cos editores falanxista da época
que pasara en Madrid, polo que non ten problemas para publicar en castelán ou
traducir as súas novelas. Así, en 1968 consigue o premio Nadal con Un
hombre que se parecía a Orestes.

2.3.3.Características das novelas de Cunqueiro

5
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

1) Tradición oral: Cunqueiro é un narrador vocacional formado na


tradición oral, para o que teñen especial importancia as tertulias que se
realizaban na rebotica do seu pai en Mondoñedo e as historias contadas pola
súa nai. El mesmo di que “toda la infancia la pasé a la escucha”.
2) A súa escrita é intensa, xa que nela ten maior importancia o nivel
micro (frase, sintagma, escolla de adxectivos) có macro (estrutura menos
coidada). Por iso é unha escrita quizais máis propia da linguaxe poética ca da
narrativa.
3) Escape do realismo mediante o ludismo iconoclasta e a ironía. É
dicir, o autor ten unha visión negativa do mundo e considera a literatura
coma un camiño para acceder a mundos máis sublimes, intensos e ideais:
mito, soño, imaxinación. Polo que podemos dicir que non é un narrador social,
senón escapista.
4) Importancia dos mitos: Cunqueiro aprópiase dos grandes mitos da
cultura universal, que considera que teñen un valor funciona de modelo de
ideais e sentimentos positivos (Romeo e Xulieta, Hamlet, Sinbad2, Merlín3...).
Por iso non busca a destrución dos mesmos, senón a súa humanización. Para
achegalos ao lector leva a cabo prácticas intratextuais recorrentes, baseadas
en dous tipos de estratexias:
a) Humor (ludismo): tratamento desenfadado do mito.
b) Cotidianización do mito: tratamento do mito como algo cotián, ás veces
excesivamente escatolóxico (á raíña Xenebra pícanlle as costas, o caldo
provócalle gases...)

Hai unha vontade de romper coa xerarquía mítica (iconoclastia), pretendendo


amosar que os mitos funcionan porque non son deuses, son humanos.

5) Intertextualidade coa literatura a cultura occidentais e


universais: Cunqueiro sitúase coma un galeguista europeísta e
universalista4, fillo da Xeración Nós, polo que se aprecia na súa obra unha
tensión entre o exotismo e o enxebrismo. Exemplos: en Merlín e familia os
personaxes exóticos sitúanse nun ambiente galego; en As crónicas do sochantre a
acción transcorre na Bretaña5, pero cunha descrición do ambiente e os personaxes que
lembra a Galiza.
6) Estrutura: é un dos elementos máis característicos da narrativa de
Cunqueiro, xa que renuncia ao modelo clásico de narrador realista omnisciente
para servirse dunha descentralización da función narrativa:

2
Versión masculina de Sherezade. As capacidade de contar historias é a que o mantén vivo.
3
Condensa a tradición artúrica dialogando cos seus personaxes intertextualmente, o que presupón un
coñecemento da mesma por parte do lector, pero no momento da publicación de Merlín e familia eran
poucos os lectores con tal coñecemento.
4
Mentres que o galeguismo de Fole era etnicista e antropolóxico, de aí que fose mellor aceptado no
momento.
5
Cunqueiro non coñecía a Bretaña cando escribe esta obra, polo que nela fai unha descrición baseada
en fontes escritas. Con todo, cando chega a coñecela di que se corresponde coa imaxe que tiña dela.
6
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

a) CARACTERÍSTICAS:
→ Estruturas marco. Así en Si o vello Sinbad volvese ás illas Cunqueiro
establece un xogo consigo mesmo como narrador principal, de xeito que
o narrador se identifica coma Al-faris ibn Iaquim al-Galizi (Álvaro,
fillo de Xaquín o galego), que vai traducir unhas memorias. Esta é unha
vella estratexia que, ademais, dálle verosimilitude ao texto.
→ Dentro das estruturas marco atopamos polifonía e multiperspectivismo
inseridas nunha estrutura marco, é dicir, mediante diferentes narradores
achega diferentes puntos de vista. Isto abre ideoloxicamente a novela,
porque renuncia ao control da omnisciencia, e permítelle ao autor amosar
un mundo pluriforme, inapreixable desde un só punto de vista.ç
b) CONSECUENCIAS:
→ Require un lector aberto e participativo.
→ Provoca que algúns estudosos cuestionen a definición xenérica das súas
novelas.
c) ESTRATEXIAS COMPENSATORIAS: Cunqueiro usa estratexias para evitar unha
excesiva dispersión que poida facer que o lector se perda. As principais
estratexias son:
→ Reiteración de temas e personaxes.
→ Presenza de núcleos espaciais centrípetos, que atraen os personaxes
cara a eles. Exemplos: a casa de Merlín en Merlín e familia; a carroza en As
crónicas do Sochantre; a taberna en Si o vello Sinbad volvese ás illas6.
→ Índices onomásticos:
- Recordan quen é cada personaxe, compensando así o alto número de
personaxes que, en moitas ocasións, aparecen de xeito moi puntual.
- Permítenlle ao autor rematar as historias dalgúns personaxes que non
se contan na novela.
→ Operadores realistas: son datos achegados polo narrador que non
inflúen no desenvolvemento da historia, pero teñen a función pragmática
de dotala de connotacións realistas:
- Datos de fonte: achega referencias a fontes autorizadas, case sempre
por proximidade aos protagonistas, que lexitiman o que conta o
narrador.
- Datos de familiaridade. Exemplo: en Si o vello Sinbad volvese ás illas
cóntase que Sinbad levou á quinta sogra do sultán a un determinado lugar,
un dato suficientemente pormenorizado para que só o coñecese alguén
próximo a el e que intenta amosar a relación de confianza entre Sinbad e o
sultán.
- Datos numéricos: cantidade de cousas, distancias... Exemplo: Sinbad di
nun determinado momento que pescou un peixe a 17 légoas dun
determinado lugar.
7) Personaxes: a ruptura coa referencialidade histórica permítelle
Cunqueiro situar os seus personaxes no límite entre o mito / a fantasía e a
cotidianeidade / realidade, nun difícil equilibrio sobre o que se sustenta a súa

6
Esta é a novela máis madura de Cunqueiro. Nela a estrutura marco é menos evidente ca nas dúas
anteriores.
7
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

narrativa. O tratamento dos personaxes e o contexto da pé ao debate sobre se


Cunqueiro é un escritor realista ou fantástico:
a) A crítica galega adoita defender que é un escritor realista:
→ Normalmente considera que Cunqueiro reflicte a cosmovisión do home
galego, unha cosmovisión singular que aceptaría o sobrenatural como
parte da realidade7.
→ Anxo Tarrío propón abordar a cuestión desde as teorías do realismo.
Así, o realismo pode ser de dous tipos:
- De correspondencia xenética: axuste entre o signo lingüístico e a
realidade, que se corresponde co realismo clásico.
- De coherencia formal ou inmanente: axuste entre o signo e a maneira
de analizar o mundo / unha ideoloxía. Así, un texto sería realista se
desenvolve estratexias de persuasión axeitadas e consigue a
complicidade do lector para esa análise do mundo. No caso de
Cunqueiro a súa visión do mundo sería coherente coas estratexias
que desenvolve.
b) A crítica non galega adoita situalo coma un escritor fantástico, en
conexión co realismo máxico.
8) Tratamento do paso do tempo:
a) Tempo histórico plano, renunciando á referencialidade histórica xa que o
mito é atemporal.
b) Tempo interno da novela que reflicte un proceso de degradación,
relacionado cunha certa melancolía saudosa (tempus fugit), de xeito que só
permanecen os mitos. Exemplos: Felipe de Amancia en Merlín e familia
comeza lembrando a felicidade da súa infancia e o paso do tempo coma a
destrución desa felicidade; Sinbad camiña cara á morte metafórica ao perder a
capacidade de narrar, polo que tamén é un camiño de degradación.
9) Valor da viaxe:
a) Estrutural: nas tres novelas está presente a viaxe como elemento
fundamental. Así, en Si o vello Sinbad volvese ás illas o protagonista é un
viaxeiro; en Merlín e familia a casa de Merlín e destino ou lugar de paso; en
As crónicas do sochantre o fío é a viaxe do sochantre cos defuntos.
b) METAFÓRICA: a viaxe como camiño cara á morte.

10) Memoria:
a) Cunqueiro alude reiteradamente á práctica memorialística como
inspiradora dos seus relatos.
b) É un dos elementos estruturantes das historias, de xeito que moitas veces
xustifica o argumento. Exemplo: en Merlín e familia Felipe de Amancia fai un
exercicio de memoria, xa que comeza evocando etapa que pasou na súa infancia na
casa de Merlín, e aparece de novo ao final, dando lugar a unha estrutura pechada;
en As crónicas do sochantre tamén aparece a memoria, pero de xeito máis
sofisticado, de modo que ao final o lector non sabe se o que se contou sucedeu ou
foi un soño; en Si o vello Sinbad volvese ás illas Sinbad pasa a meirande parte do
tempo lembrando.
7
Unha análise quizais prexuizosa pola consideración da novela fantástica coma un xénero menor e
polo afán de construír a historia da literatura galega con conceptos autóctonos.
8
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

c) Está relacionada coa imaxinación, xa que o paso do tempo distorsiona o


que se lembra. Exemplo: en Si o vello Sinbad volvese ás illas cando Sinbad8
perder a capacidade de lembrar e de falar preséntase coma metaforicamente morto,
pero ademais tamén ao deixar de lembrar perde tamén a capacidade de soñar.

Comezo de Merlín e familia


1) Reflexión metanarrativa, non propiamente teórica, pero que axuda a descodificar
mellor o texto que segue.
2) Dálle cohesión á novela, xunto coa nota final e o índice onomástico, xa que así a
dispersión que hai ao longo do texto enmárcase dentro das lembranzas de Felipe de
Amancia.
3) Dobre personalidade narrativa de Felipe de Amancia que Cunqueiro consigue non
mesturar:
a) Narrador que ve desde o presente un pasado idealizado oposto a un presente
negativo
b) Un dos personaxes principais, situado no pasado e que non ten unha visión
idealizada do momento que está a vivir como terá o narrador.
4) Estilo: recurso estruturas binarias paralelísticas (vello e anugallado) e antitéticas
(verdade ou mentira).
5) Ambigüidade sobre a veracidade do que Felipe de Amancia vai contar, xa que é un
exercicio de memoria no que se transforma a experiencia en narración e no que pode
entrar en xogo a imaxinación (memoria, maxín)

2.3.4.Características das semblanzas


1) Xeralmente son interpretadas en clave realista en maior medida
cás novelas, aínda que tamén están no límite entre a realidade e a
fantasía. Esta consideración realista seguramente estea relacionada con que
o propio autor establece este tipo de lectura nos elementos paratextuais,
creando un horizonte de expectativas (algo que non fai nas novelas). Así,
presenta as semblanzas como proxectos antropolóxicos:
a) Escola de menciñeiros:
→ Prólogo de García Sabell sobre os menciñeiros e o seu valor
representativo como personaxes galegos. O feito de que un médico
reflexione sobre estes personaxes (a modo de ensaio) propicia unha
lectura en clave realista do texto que segue.
→ Pequeno prefacio do propio Cunqueiro, no que reitera que vai falar de
personaxes reais, aspirando a que as semblanzas sexan un espello das
esencias do ser galego. É dicir, presenta a obra coma unha achega
antropolóxica ao ser galego.
b) Xente de aquí e acolá inclúe un prólogo en resposta ao anterior de García
Sabell no que se fai referencia de novo a que se pretenden facer retratos do
ser galego.
c) Os outros feirantes: preséntase como retratos que continúan outros de
Xente de aquí e acolá.

8
É o personaxe máis profundo e denso das novelas de Cunqueiro, xa que sofre un proceso de
transformación psicolóxica que non se dá en personaxes doutras novelas, de aí que se considere Si o
vello Sinbad volvese ás illas coma a obra máis propiamente novelística do autor.
9
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

2) Protagonismo dos animais, sendo moitas veces o núcleo do


argumento. Son seres semellantes aos humanos por seren animais, pero
funcionan nun nivel diferente, moitas veces inexplicable, que lle permite a
Cunqueiro asignarlles propiedades máxicas.
3) Obxectos cotiáns que se subliman. É un elemento recorrente nas
semblanzas, pero tamén nas novelas.

A tía remedios
6) Historia inverosímil, pero non imposible, e inserida nun contexto realista (emigrante
retornada).
7) Narrador próximo á persoa da que fala, quizais un sobriño: Traguía no equipaxe;
Nembargantes, agora en Portonovo.
8) Operadores realistas: cando tiña catorce anos; a carón da porta dereita; está a dez
leguas de Río de Janeiro; obrigada o resto da súa vida a vestir de batista rosada con
adorno de encaixes negros.
9) Importancia dos animais: o can Napoleón, cuxa historia se sitúa no límite entre o
fantástico e o real.
10) Elevación de obxectos cotiáns: o axóuxere de ouro, que lle permite ao can comunicarse.

2.4. Teatro
2.4.1.Características
A) Relacións entre a narrativa e o teatro
1) Pezas de teatro incluídas nas novelas:
b) Función de Romeo e Xulieta integrada en As crónicas do sochantre.
c) A noite vai coma un río integrada en Un hombre que se parecía a Orestes.
d) Ao remate de Si o vello Sinbad volvese ás illas introdúcense na escena II e
XXV pezas de teatro chinés que cumpren unha función de expansión
narrativa (ao igual cós índices).
2) Teatro dentro do teatro (estrutura de caixas chinesas), como acontece
coa representación dos cómicos de Italia en Don Hamlet.
3) Características da novela no teatro:
a) Digresións que inclúen información secundaria (operadores realistas), que
dalgún xeito contradín a lóxica do teatro (avance da acción).
b) Rexistro lírico e humorístico propio da narrativa. Exemplo: en Don
Hamlet Gerda fai referencia a un tapiz do que di que lle gustará ao defunto:
cando Hamlet se suicida cóntase que a corda que usa é de Tarragona.

A) Outras características
1) A súa obra dramática é máis un esbozo ca unha obra rematada. Seguramente
isto está relacionado coas escasas posibilidades de representación9 das obras
no momento, aínda que neste senso Don Hamlet foi unha excepción, xa que a
escribiu en 1958 e publicouse e representouse en 1959. Con todo, Cunqueiro
abandona a escrita teatral no momento no que o teatro comeza a
9
O autor refírese nalgunha ocasión á frustración que sinte por escribir teatro nun país sen teatros.

10
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

normalizarse. É dicir, foi un gran proxecto de dramaturgo abortado polas


circunstancias político-sociais do momento.
2) Dominio das técnicas teatrais:
a) Diálogo.
b) Acoutacións moi literarias, que lembran ás de Valle-Inclán (algunhas delas
son irrepresentables)

3) Aparición do Coro, un elemento que está nas orixes do teatro e que está en
escena para lembrarlle ao lector ou espectador que está perante unha peza
teatral.
4) José Monleón fai as seguintes observacións sobre o teatro de Cunqueiro:
a) Considérao un adiantado ao seu tempo, mesmo en dúas xeracións.
b) Agrupa a Cunqueiro dentro dos que denomina autores marginales,
caracterizados por ignoraren a carpintería teatral, é dicir, os elementos
que fan que unha obra funcione escenicamente. Relaciona isto coas poucas
expectativas de representación que había no momento, polo que estes
autores optaban por tratar o teatro só coma un texto literario (excesos
lingüísticos, avance pouco claro do argumento...).
c) Tamén vincula obras coma Don Hamlet ou A noite vai coma un río co
simbolismo europeo, por características coma:
→ Sentido da transcendencia.
→ Conciencia tráxica.
→ Rexeitamento do naturalismo.
→ Omnipresencia da morte.
→ Recreación poética do tempo e do espazo.

5) Cunqueiro é, polo tanto, un autor que coñece as correntes do seu tempo e


que as incorpora á súa obra, pero de xeito persoal, polo que non é posible
(coma no caso da narrativa) aplicarlle etiquetas ao seu teatro.
6) Sinxeleza da técnica narrativa:
a) Mundo interior: no que está latente o conflito (Elsinor, no caso de Don
Hamlet).
b) Mundo exterior: relacionado coa viaxe e do que proceden os elementos que
desencadean o conflito (compañía de cómicos, coro o correos no caso de
Don Hamlet).

2.4.2.Obras teatrais
1) A noite vai coma un río (a segunda peza en importancia despois de Don
Hamlet):
c) Publicación:
→ Publícase incompleta en 1965 en Grial.
→ Aparece tamén incompleta en Un hombre que se parecía a Orestes,
premio Nadal en 1968. Parece que Cunqueiro a incluíu nesta novela para
que esta tivese a extensión requirida polo premio ao que a presentou.
d) Características:
11
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

→ Insírese dentro do teatro simbolista europeo.


→ Presenta un motivo recorrente en toda a obra de Cunqueiro: o conflito
entre o espiritual e o corporal (xa presente nos poemas de preguerra), de
aí a humanización dos mitos característica do autor (contradición entre
o afán de transcendencia e o feito de ter un corpo físico). Así, nesta obra
a protagonista chámase Inés, coma Inés de Castro ou a Inés de Don Juan
Tenorio, nos dous casos símbolo do conflito entre o amor só sexual e o
amor sublime e transcendente. De feito, a protagonista di nalgún
momento da obra que o ser humano debería ter dous corpos, un “que se
puidese luxar cada día” e outro “soñador”.
2) Romeo e Xulieta en As crónicas do sochantre:
3) Palabras de víspera (1956), que ía ser unha peza longa pero finalmente
foi só unha peza de dous cadros e un epílogo:
a) Argumento: trata as consecuencias do xuramento de Santa Gadea, no que
Afonso VI, que segundo as crónicas mantiña relacións incestuosas coa súa
irmá Urraca, tivo que xurar que non tivera nada que ver na morte do seu
irmán Sancho.
b) Características:
→ Problema do corpo vinculado ao desexo (relación incestuosa).
→ Dúbida hamletiana: inténtanse dilucidar os pensamentos de Afonso na
véspera da xura e as súas dúbidas.

4) Outras pezas:
a) Xan, o bo conspirador (escrita en 1933 e publicada en Grial en 1984):
esquema teatral superrealista, con tres personaxes disparatados (a nena da
fiestra, o home con gravata e o home sen ela) que lembra moito a Lorca.
b) Rogelia en Finisterre (Vértice, 1944), obra en castelán.

É dicir, Cunqueiro non é un autor teatral dunha soa obra, senón que aínda
que a súa produción é reducida neste xénero, sempre se achegou ao teatro.

2.4.3.Don Hamlet
1) Publicación e representación:
a) Publicación: publícase por primeira vez en 1959, unha edición na que falta
unha escena que se engadirá na reedición de 1974.
b) Representación: destaca o reducido número de veces que se representou,
xa que desde a fundación do Centro Dramático Galego só se representou
dúas veces, unha polo Centro Dramático Galego e outra dirixida por Lino
Braxe (protagonizada por Luís Tosar).
2) Fontes: Cunqueiro documéntase de xeito exhaustivo, xa que non só coñecía
o Hamlet de Shakespeare, senón que afonda nas fontes que usa Shakespeare,

12
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

especialmente no Gesta Danorum de Saxo Gramático10. Isto transloce o


interese de Cunqueiro por entender a historia de Hamlet.

3) Don Hamlet de Cunqueiro e o Hamlet de Shakespeare:


a) Diferenzas: a interpretación que Cunqueiro fai do mito de Hamlet é
diferente á de Shakespeare11:
→ HAMLET É FILLO DE HALMAR, o Usurpador, e non do rei morto que se
converte nun farsante na obra de Cunqueiro (cabrón consentido), que
coñece a relación da súa muller Gerda co seu irmán Halmar e volve do
máis alá para convencer a Hamlet de que mate os seus pais biolóxicos
(Halmar e Gerda). Así, Hamlet é usado polo que creu que era o seu pai
para vingarse, matando así o seu pai (e despois a súa nai, en parte como
castigo por amar outro home, o seu pai). O feito de que se revele contra a
nova orde matando o seu pai (algo que non acontece no Hamlet de
Shakespeare) pode explicarse desde unha perspectiva freudiana (Luísa
Villalta):
 Rivalidade co pai para revelar a súa identidade, xa que o proceso
que sofre Hamlet ao longo da obra é unha anagnórise.
 Competencia polo afecto dunha muller, neste caso a nai, vinculada á
descuberta da sexualidade e, polo tanto, ao conflito entre o corpo e o
espírito (o amor inocente que sentía pola nai vólvese desexo sexual).

→ PROXECCIÓN EDÍPICA DE HAMLET:


 Debe entenderse na liña da recreación de mitos típica en Cunqueiro,
de xeito que une dous grandes mitos da literatura universal: Hamlet e
Edipo.
 Cómpre matizar que Cunqueiro tira o tema do incesto das sagas
nórdicas, nas que era lexítimo para o mantemento da liñaxe, pero
nelas son as mulleres as que toman a iniciativa, polo que este aspecto
non pode ser interpretado en termos edípicos. Neste caso Gerda
presenta o incesto coma unha solución digna para o mantemento da
liñaxe e para dar saída ao desexo que Hamlet sentía cara á súa nai.
→ PERSONAXES:
 Fantasma:
- Shakespeare: función de deus ex machina12, que empuxa a Hamlet
a matar os seus pais e xustifica as mortes, facendo que Hamlet sexa
dalgún xeito inocente.
10
Que entra no século XVI no teatro inglés e francés, construíndose a versión Ur-Hamlet, de autoría
dubidosa, a obra da que bebe Shakespeare, polo que Cunqueiro acude á fonte da fonte de Shakespeare.
11
O esquema argumental da obra de Shakespeare é máis simple, xa que Halmet mata o seu tío por
vinganza, non ao seu pai. Neste caso o interese da obra reside no personaxe de Hamlet e as súas
dúbidas, que fan del un personaxe modermo.
12
Termo teatral que en principio fai referencia só a efectos especiais, pero que se aplica por extensión a
todos aqueles elementos que interveñen de xeito importante na acción e non teñen unha explicación
lóxica.

13
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

- Cunqueiro: a pantasma non ten esta función, xa que o Hamlet de


Cunqueiro toma el as súas propias decisións, polo que a súa acción
non está xustificada polo fantasma. É dicir, o Hamlet de
Cunqueiro está máis humanizado.
 Halmar (pai biolóxico de Hamlet e segundo marido de Gerda): é un
personaxe débil, un simple instrumento da lascivia da raíña (o que
non acontece na obra de Shakespeare). O carácter de Halmar inflúe
tamén na decisión de Hamlet de matalo, xa que non se quere
recoñecer nun home débil e manipulable.
 Gerda: é unha muller forte, indutora de toda a trama de enganos que
subxacen ao conflito.
 Polonio: ten unha función expositiva, sintetizando información
necesaria para que o lector / espectador entenda a peza. Actúa como
confidente de Gerda, e é así como se coñece a historia dos amores da
raíña.
 Laertes: ten a mesma función expositiva ca Polonio.
 Ofelia:
- Símbolo do amor incondicional e inxenuo, tanto en Shakespeare
coma en Cunqueiro.
- Na obra de Cunqueiro funciona ademais como oposición a Gerda,
é dicir, o amor idealizado e incorpóreo de Ofelia oponse ao amor
sexual de Gerda. Con todo, nalgunhas ocasións amosa
comportamentos maduros xa que, fronte ás dúbidas de Hamlet,
Ofelia está sempre moi segura do seu amor por el.

 Coro:

b) Semellanzas: carácter dubidoso de Hamlet.

4) Presenza do mito:
a) Hamlet.
b) Edipo.
c) Rexeneración mítica: mito occidental segundo o cal a vida só é posible á
morte dos predecesores, de aí que Hamlet mate os seus pais biolóxicos.
Con todo, Hamlet é un personaxe inmaturo, incapaz de asumir as
consecuencias das súas decisións (dúbida permanente), o que fai que non
aguante a presión e se suicide.
5) Explicación do comportamento de Hamlet:
a) Por que Hamlet mata o seu pai biolóxico (Halmar)?: Hamlet mata a
Halmar cando este se reconcilia con Gerda e faino porque se sinte
excluído desa relación, tanto como fillo como como home. A isto hai que
lle engadir a interpretación en termos edípicos á que xa fixemos referencia.

14
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

b) Por que Hamlet mata a súa nai (Gerda)?: despois de que Hamlet matara
o pai, Gerda proponlle casar como solución política e tamén para os seus
desexos cara a ela, pero Hamlet mátaa porque así sálvase de cometer o
incesto e de ser manipulado pola súa nai como o foran o seu pai e o seu
tío.
c) Por que Hamlet se suicida?: malia a capacidade de decisión que Hamlet
amosa puntualmente, non é quen de asumir os seus actos e non pode vivir
consigo mesmo coma un asasino, por iso se suicida. É dicir, non é un
suicidio por arrepentimento, senón pola incapacidade de asumir o que fixera

6) Interpretación: amais das observacións que xa fixemos sobre unha posible


lectura freudiana e as explicacións ao comportamento de Hamlet, outras
interpretacións xerais da obra son:
a) Nun primeiro momento a crítica interpretou a obra coma unha versión do
Hamlet de Shakespeare, pero como puidemos ver isto non é así. O mesmo
autor explica no prólogo da obra e noutras ocasións que non pretende
versionar o mito, senón explicarse a si mesmo a historia de Hamlet. A
Cunqueiro amoláballe que se tomase a obra coma unha parodia e non se
percibise o orixinal do seu enfoque.
b) Carvalho Calero:
→ Interpreta a obra coma un desenlace dun conflito que xa vén de moito
antes, de aí que pareza que a acción se desenvolve de xeito vertixinoso e
que sexan necesarios personaxes coma o Coro ou Laertes (con función
expositiva).
→ Insírea na liña do teatro existencialista europeo por translucir unha
visión da vida pesimista, absurda e nihilista, na que personaxes coma
Polonio, Ofelia ou Laertes son meros adornos para suavizar esa visión
tráxica. Neste senso Carvalho Calero considera que a obra ten un status
especial dentro da produción cunqueiriana, pero o certo é que en obras
coma Si o vello Sinbad volvese ás illas tamén se aprecia esta visión
pesimista da vida.
→ Relaciona a obra co teatro mítico:
 Un tipo de teatro en voga na Europa da época que se baseaba na
relectura dos mitos, e tiña como fío argumental o descubrimento
dalgún suceso anterior que facía agromar conflitos e sentimentos
latentes (de aí que na peza só se describa o final do conflito).
 C. Calero di que Don Hamlet é un dos casos máis radicais de
absurdidade dentro do teatro europeo de tema mítico13.

3. A narrativa do exilio
3.1.Introdución: o exilio dun sistema literario

13
O Orestes de Sartre ou a Antígona de Anouilh teñen un certo status heroico e dalgún xeito acaban
triunfando, pero no caso do Hamlet de Cunqueiro isto non acontece.

15
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

A literatura galega durante 10/15 primeiros anos da posguerra


desenvólvese fundamentalmente no exilio, de aí que poidamos falar do exilio dun
sistema literario.

Algúns aspectos que cómpre resaltar son:


1) Cronoloxía enganosa de moitas obras, que se publican moito despois da
súa creación debido a:
a) A censura. Por exemplo A esmorga publícase en 1959 en Bos Aires, pero
en Galiza non se publica ata 1970 e publícase censurada.
b) A precaria estrutura editorial, que fai preciso que se atenda tamén á
produción en castelán de autores galegos (Murguía, Pardo Bazán,
Sarmiento, etc.) para poder chegar ao mercado americano.
2) Experiencia autobiográfica da Guerra reflectida na narrativa
dalgúns autores:
a) Son novelas bastante posteriores á Guerra, xa que parece existir un certo
medo a tratar este tema durante moito tempo (a primeira é de 1957).
b) Son o xermolo da novela galega de tema da Guerra Civil dos 80 e dos
90, que se desenvolve a partir de Os mortos daquel verán de Carlos
Casares.
c) Son autores coma:
→ Silvio Santiago:
 Vilardevós (1961).
 O silencio redimido (1976).
→ Ramón de Valenzuela:
 Non agardei por ninguén (1957).
 Era tempo de apandar (1980).
→ A. Alonso Ríos:
 O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte (1979).

3.2.Blanco Amor
3.2.1.Vida e formación

1) En 1919 emigra á Arxentina, é un emigrante que se reconverte en exiliado.


Alí:
a) Fórmase de xeito autodidacta.
b) Comeza a traballar en 1926 no xornal La Nación, dedicándose
intensamente ao xornalismo desde entón e ata a súa morte.
2) Posteriormente volverá a España e apoiará a República. É neste momento
cando se desenvolve a súa amizade con Lorca, quen publica os seus Seis
poemas galegos probablemente coa axuda de Blanco Amor.
3) En 1935 volve á Arxentina:
a) Comeza unha actividade xornalística a favor da República.
b) Dedícase á vida intelectual (tiña boas relacións cos intelectuais da época).
c) Implícase nas actividades do exilio (e emigración). Así, substitúe a Seoane
na dirección da revista Galicia do Centro Galego de Bos Aires, publicación
16
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

que dirixe entre 1957 e 1965. Cómpre ter en conta que esta revista era unha
publicación de referencia, xa que cando a dirixía Seoane tiña unha tirada
de 60.000 exemplares.
d) Despois da fin da II Guerra Mundial o exilio galego comeza a perder
protagonismo pola desesperanza da reinstauración da democracia.
Ademais, desde os anos 60 o franquismo comeza a facerse co control
ideolóxico dos organismos da emigración, que lle supoñían un importen
instrumento propagandístico. Isto coloca a Blanco Amor nunha situación
politicamente conflitiva.
4) En 1950 volve definitivamente a Galiza, onde atopa un recibimento máis
discreto do que agardaba e tamén pasa momentos economicamente difíciles.
Esta situación dará lugar a unha serie de conflitos. Con todo, en 1976 a
Fundación Barrié concédelle unha bolsa vitalicia de 250.000pts., aínda que
morrería en Vigo tres anos despois.

En conclusión, Blanco Amor foi un persoeiro complexo, polémico e


que reflicte as tensións existentes entre o galeguismo interior e o exterior.

3.2.2.Etapas
1) Etapa de preguerra: neste momento Blanco Amor é basicamente un
poeta que se desenvolve no ambiente das vangardas galegas. A Guerra supón
para el o remate dun período de busca e formación como escritor.
2) Etapa de posguerra: dedícase sobre todo á narrativa e ao teatro.

3.2.3.Narrativa
3.2.3.1.Evolución
1) Causas da serodia chegada á narrativa: Blanco Amor non publica
unha novela en galego ata 1959 (A esmorga), un feito que probablemente estea
relacionado coa cuestión lingüística:
a) Adopta o castelán como lingua profesional e o galego como lingua de
creación e das lembranzas da infancia.
b) O uso do galego na narrativa leva consigo o problema de levar á lingua
literaria o galego popular sen a existencia dunha variedade de referencia,
o que lle produce dificultades para a elaboración de diferentes rexistros
(verosimilitude). Blanco Amor reflexiona sobre esta cuestión desde o punto
de vista sociolingüístico e estilístico nos seus prólogos (en especial no de
Xente ao lonxe).
2) Primeiros pasos narrativos en galego antes da Guerra: son
relatos sen grande valor literario, pero que nos amosan que a traxectoria de
Blanco Amor como narrador ten un grande percorrido:
a) Os nonnatos (1927), publicado na revista Céltiga.
b) A escadeira de Jacob (1933), publicado na revista Nós. É unha obra que
reflicte o mundo da alta sociedade bonaerense.

3) Narrativa en castelán:
17
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

a) Relatos na prensa arxentina na década dos 30.


b) La catedral y el niño (1948), un bildungsroman ou romance de iniciación,
é dicir, unha obra na que se reflicte un momento de transición vital
importante.
c) Los miedos (1961), unha obra que parece que foi escrita inicialmente en
galego, pero polas tensións que tiña coa emigración destrúe esta versión e
reescríbea en castelán. Foi finalista do Premio Nadal en 1961.

4) Narrativa en galego:
a) A esmorga (1959).
b) Os biosbardos (1962).
c) Xente ao lonxe (1970).

3.2.3.2.Trazos das súas novelas


1) Espazo: Ourense, literaturizado como Auria ou A.
2) Tempo14: dúas primeiras décadas do século XX, o momento no que o autor
vive en Ourense.
3) Protagonismo de personaxes marxinais, o que supón unha novidade na
literatura galega:
a) Mulleres, que aparecen como personaxes fortes.
b) Nenos, en Xente ao lonxe e Os biosbardos.
c) Outros seres marxinais respecto da cultura canónica, coma os
protagonistas de A esmorga (neste senso lembra a Castelao).
4) Narradores: nenos ou individuos de escasa cultura, o que supón unha
novidade na literatura galega.

3.2.3.3.Xente a o lonxe
1) Presentada ao Premio Galicia do Centro Galego de Bos Aires, que finalmente
é gañado por Xohana Torres con Adiós María e Blanco Amor toma isto coma
unha intervención do grupo Galaxia contra el.
2) É unha novela cunha estrutura narrativa complexa que en Galiza a novela
aparece censurada en 1972, e ata o 1976 non aparecerá completa.
3) “Prólogo útil”:
a) Define a novela como realista.
b) Reflexión sobre a relación entre lingua e modelo estético:
→ Considera a novela coma un exercicio de linguaxe (malia expresar a
intención de facer unha novela realista) buscando que a lingua non se
identifique só co pseudoenxebrismo, o folclorismo limitante e o
costumismo.
→ Reflexiona sobre o desenvolvemento do galego na lírica e na narrativa,
sendo consciente da inexperiencia do galego neste último xénero.

3.2.3.4.A esmorga (1959)


14
Podemos falar neste caso de cronotopo (espazo e tempo).

18
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

1) Parte dun feito real: Blanco Amor contempla en Ourense, cando tiña
cinco anos, como un home lle dá unha navallada a outro. A partir de aí recrea
unha historia posible sobre cal puido ser o móbil de tal feito.
2) Estrutura: nunca lle dá voz ao xuíz, aínda que deducimos as súas
intervencións do que di Cibrán. Isto pode deberse a:
c) O problema de verosimilitude que podía supoñer que un xuíz falase
galego.
d) A influencia dunha tradición de novelas de tema xudicial, como é o caso
de:
→ O proceso, de Kafka.
→ O estranxeiro (1942), de A. Camus.
→ La familia de Pascula Duarte (1942), de Cela.
3) Importancia dos paratextos15:
a) Título polisémico:
→ Significado recto de ‘troula’, que é como comeza a novela.
→ Significado connotativo de ‘exceso’, que se dá ao final da novela
b) “Documentacións”: limiar que apunta cara a unha información
contrastable. Nel atopamos:
→ Voz: que se presenta como auriense e como escritor, polo que podería
identificarse co propio autor.
→ Fontes: expóñense as fontes da historia que se vai narrar e faise
referencia a fontes obxectivas (xornais) en oposición á fantasía que pode
haber nos relatos do pobo. Entre as dúas está o relato do seu tío, que
exercía de alguacil cando se producen os feitos que se van narrar.
→ Define a novela coma unha crónica escrita moito despois de que
acontecesen os feitos, polo que a existencia de poucas testemuñas (que
ademais non lembran ben os feitos) vai deformar a visión realista que o
autor di pretender.

4) Técnica empregada: monólogo de Cibran:


a) Malia expoñer a intención de facer unha novela realista só se achega un
punto de vista, de xeito que o prólogo pretende condicionar unha lectura
en clave realista do relato de Cibrán, arrastrando o lector cara á súa
lóxica.
b) Blanco Amor pretende con isto facer un relato do antiheroe, un perdedor
que está condenado pola sociedade antes de tempo.
c) Isto explica tamén que o xuíz non teña voz, xa que na novela o único
protagonista é Cibrán.
d) A finalidade do discurso do protagonista é a de exculparse, expoñendo
diferentes atenuantes: frío, choiva, alcol, malas compañías, o pensamento
(que lle provoca a perda do coñecemento, podería tratarse de ataques de
epilepsia).

15
Os paratextos son moi importantes nas obras de Blanco Amor. Así, en Xente ao lonxe o título apunta
cara a unha lectura coral da novela, sen centrarse só no protagonista, e o prólogo supón unha reflexión
metaliteraria. Tamén é en Os biosbardos. Contos pra xente o subtítulo fai referencia a que vai dirixida a
un público máis amplo ca outras obras.
19
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

e) En realidade prodúcese unha ruptura entre o punto de vista e a


voz16. Así, temos no prólogo a voz do autor implícito e no resto da novela
a de Cibrán, pero a voz do prólogo non di en ningún momento que vaia
transcribir a declaración de Cibrán, polo que pode elaborar o seu punto de
vista:
→ Voz: Cibrán.
→ Punto de vista: é o que dá o discurso de Cibrán elaborado polo autor,
non o punto de vista de Cibrán. Blanco Amor dálle voz a este personaxe
porque así fai unha reivindicación dos perdedores, dándolle a
posibilidade de defenderse perante a historia, pero non reproduce a súa
declaración. Así, o autor crea un discurso eficaz que consigue arrastrar o
lector cara á lóxica de Cibrán para liberarse da culpa, intentando
convencelo de que en realidade el tamén é unha vítima.

5) Valor simbólico do xuíz: o xuíz preséntase coma un ente que simboliza a


lei, o poder e a moral establecida, outra razón máis para que non teña voz,
nin nome e unha presenza física moi diluída.

6) Elementos importantes na progresión da novela: a novela ten


unha progresión in crescendo na que Cibrán parte da relativa normalidade da
casa da Raxada cara ao crime que comete no Campo das Bestas e, finalmente,
cara á morte. Polo que é un camiño sen regreso no que atopamos:
a) Elementos que se reiteran:
→ Alcol: forma máis inmediata de fuxir (da choiva, do cansazo, da angustia
vital...).
→ Violencia: vai aumentando segundo avanza a novela, xa que os
protagonistas primeiro son violentos entre eles, despois co contorno e,
finalmente, son vítimas da violencia eles mesmos. Ao final prodúcese
unha acumulación de violencia (suxírese que Cibrán e asasinado pola
Garda Civil).
b) Elementos ambientais (determinismo)17:
→ Choiva: un elemento molesto, cun valor simbólico relacionado cun
diluvio apocalíptico que predí o caos.
→ Vento: interfire coa súa violencia e anuncia cambios impetuosos.
→ Lúa: é grande e clara, ilumina o pazo e failles pensar aos protagonistas
que se trata da señora. É, xunto co pazo e coa señora, un símbolo da
ilusión falsa, dun mundo que intúen desde os muros do pazo pero que os
protagonistas nunca poderán acadar porque están condenados á miseria.

7) Interpretacións: é unha novela que dialoga coas correntes do seu tempo:


a) Novela xudicial.
b) Determinismo.
c) Neorrealismo español de posguerra.
16
Nas novelas non sempre o punto de vista e a voz coinciden. A habilidade dos narradores consiste en
manexar os dous con coherencia para que a novela funcione.
17
Son elementos deterministas moi de moda na época (O estranxeiro, La famila de Pascula Duarte,
Los santos inocentes). Neste tipo de novelas o determinismo era non só ambiental, senón tamén
xenético (enfermidade de Cibrán).
20
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

d) Novela social.
e) Relación coa novela picaresca: estrutura itinerante e protagonistas
marxinais.
f) Dimensión simbólica: o protagonista coma un antiheroe que emprende
unha viaxe iniciática cara ao fracaso.
g) Traxedia, relacionada coa traxedia clásica:
→ O protagonista representa a inocencia (aínda que non é plena no caso de
Cibrán, pero hai moitos atenuantes), é vítima da fatalidade e recibe un
castigo, polo que reúne os tres elementos fundamentais do heroe tráxico.
→ Transgresión da lei.
→ Coro que anuncia o que vai pasar, neste caso concretado nas xentes de
Auria, que lle recomendan volver para a casa.

3.3. Neira Vilas


3.3.1.Vida
1) Infancia: pásaa nunha aldea preto de Santiago, onde se forma de xeito
autodidacta. Alí viviría ata que en 1920 emigra á Arxentina (tendo, entre
outros motivos, o de librarse da mili).
2) Bos Aires:
a) Instálase en Bos Aires en pleno desenvolvemento da cultura do exilio e alí
coñece aos persoeiros máis importantes do exilio (Castelao, Blanco
Amor...), e tamén estará en contacto cos do interior.
b) Coa súa muller, Alisia Miranda (cubana filla de emigrantes galegos)
traballa a prol da cultura galega e fundan unha pequena empresa chamada
Follas Novas. É unha distribuidora e editora do libro galego en América
bastante humilde e voluntarista, pero que ten un grande valor simbólico e
pioneiro, malia a súa proxección limitada. Tamén organizaron desde Follas
Novas actos de homenaxe a persoeiros coma Otero Pedrayo.
3) Cuba: cando triúnfa a Revolución marcha para Cuba coa súa muller e alí
viviría ata os anos 90, cando volve a Galiza:
a) En 1961 abre unha sección galega no Instituo de Literatura e Lingüística
da Academia de Ciencias da Habana, creando unha biblioteca (con
exemplares procedentes de bibliotecas de emigrantes), que tamén inclúe a
prensa galega publicada en Cuba.
b) Promove a investigación sobre temas galegos, coma os pescadores galegos
que traballan no Golfo de Cuba.
c) Desde os anos 60 terá unha relación moi intensa con Galiza, a onde viña
con frecuencia. Destaca, por exemplo, a relación con Isaac Díaz Pardo
(Memorias dun neno labrego publicaríase en Ediciós do Castro).
4) Nos 90 volve á súa casa natal e alí crea coa súa dona un centro cultural
cunha biblioteca atendida por Alisia.

3.3.2.Obra

21
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

Neira Vilas é un autor que traballou en diversos xéneros, malia ser


coñecido pola súa narrativa. Así, cultivou a poesía, publicou obras de investigación
sobre os galegos en Cuba, traduciu a Nicolás Guillén ou a J. Martín, creo libros
específicos para o público infantil, etc.

A) Influencias que recibe a súa narrativa:


1) Adoita etiquetarse coma unha narrativa socialrealista, na que se lle dá
voz aos máis desfavorecidos.
2) Malia que Neira Vilas elabora unha narrativa social, amosa tamén unha gran
preocupación pola experimentación formal e técnica, sen ancorarse
nas formas realistas clásicas. Esta é unha característica que comparte con
Blanco Amor, algo que parece estar moi relacionado co feito de formárense na
Arxentina, nun momento no que alí chegaban tódalas novidades literarias do
momento (que influirían tamén en autores coma García Márquez, etc.). Así, as
principais influencias que reciben son:
a) Nouveau roman francés: movemento de renovación da narrativa francesa
de principios dos anos 50 (precursor da nova narrativa galega).
b) Literatura americana: John dos Passos, Faulkner, etc.

Todo isto fai que a obra de Neira Vilas sexa moi variada do punto de
vista técnico. Porén, tanto Neira Vilas coma Blanco Amor carecen dos factores
necesarios para adscribírmolos á nova narrativa galega.

B) Suposto autobiográfico:
1) Os trazos dalgúns personaxes de Neira Vilas, coma Balbino, fannos pensar que
se trate de trasuntos literarios do propio autor.
2) Porén, o autor sempre negou isto, aínda que admitindo que moitas das
historias e trazos dos personaxes están inspirados en acontecementos reais,
pero sen intención biográfica nin documental.

C) Lingua:
1) Aínda que podería pensarse que ao estar fóra de Galiza a súa lingua podería
empobrecerse, isto non acontece, nin con Neira Vilas nin con Blanco Amor:
a) Os dous autores manteñen o seu galego e arrequéntano coas achegas do
seu contorno, o que ten como resultado unha variedade interdialectal,
semellante a unha koiné, moi rica e enxebre.
b) Isto fai que o lector se identifique facilmente con ela.
2) Non é doado saber ata que punto este tipo de lingua contribuíu para o seu
éxito como narrador. Ademais, é unha lingua esperable nas novelas de
ambientación galega, pero tamén se dá nas de ambientación americana.

D) Clasificación das súas novelas:


A produción narrativa de Neira Vilas pódese clasificar cruzando dous
criterios:
1) Novelas de protagonista infantil e novelas de protagonista adulto.

22
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

2) Novelas ambientadas en Galiza e novelas ambientadas en América.


Así, temos:

Protagonista infantil Protagonista adulto


Memorias dun neno labrego (1961) Xente no rodicio (1965)
Cartas a Lelo (1971) A muller de ferro (1969)
Ambientación galega
Aqueles anos do Moncho (1977)
Querido Tomás (1980)
De cando o Suso foi carteiro (1988)
Camiño bretemoso (1967)
Ambientación
Historias de emigrantes (1968)
americana
Remuíño de sombras (1973)

1) Novelas de protagonista infantil e ambientación galega


Foron denominadas a posteriori como “ciclo do neno”, unha
denominación que non responde ao proxecto inicial de Neira Vilas.
a) Memorias dun neno labrego (1971):
→ É a súa primeira obra e tamén a de máis éxito, xa que foi usada como
libro escolar nun momento no que había poucos materiais para este fin.
Con todo, sigue a ter éxito despois desta etapa.
→ Preséntase coma unhas memorias, pero en realidade é un artificio
narrativo, xa que está máis próximo a unha crónica. É dicir, non se dá a
selección e distorsión dos acontecementos que adoita haber nas
memorias.
→ O libro está escrito en P1 e nel o protagonista evoca a infancia e a
primeira adolescencia desde un presente do que temos moi poucos
datos (cando marcha da casa para traballar de criado), xa que o
importante é o pasado.

b) Cartas a Lelo (1971):


→ Relación argumental con Memorias dun neno labrego: Lelo e Toño
son dous amigos da infancia de Balbino.
→ Forma epistolar:
 Reprodúcense as cartas que Toño lle manda a Lelo, que tivo que
emigrar para Uruguay cos pais.
 Cada capítulo trata un tema, xa que as cartas permítenlle a Toño facer
un percorrido antropolóxico pola vida dunha aldea galega (Nadal,
Entroido, vendima...).
 Non temos información directa de Lelo, aínda que supoñemos o que
lle contesta a Toño polas alusións que este fai nas súas cartas.
→ Hai un cambio na configuración enunciativa respecto de Memorias
dun neno labrego:
 En Memorias dun neno labrego achégase o punto de vista
subxectivo de Balbino.
 En Cartas a Lelo as cartas son o resultado do esforzo de
obxectivación que fai Toño para Lelo, organizando, seleccionando e
sintetizando a información.
23
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

c) Aqueles anos do Moncho (1977): trata a vivencia da infancia aldeá,


pero con algunhas novidades respecto das obras anteriores:
→ Narrador omnisciente en P3, que lle dá un valor máis obxectivo ao
relato.
→ Aparición da Guerra Civil, o que fai dela unha das primeiras obras que
trata este tema, aínda que indirectamente. Así, cando comeza a Guerra
Moncho ten tan só 12 ou 13 anos e comeza a traballar como enlace para
os fuxidos, aínda que non entende moi ben a finalidade do seu traballo.

d) De cando o Suso foi carteiro (1988):


→ Evocación da Galiza abandonada pola emigración a través dun rapaz
carteiro, que a partir das cartas que lles leva aos que quedaron dos que
marcharon vai reconstruíndo as historias destes últimos.
→ Esta obra tamén deu pé a unha lectura autobiográfica, xa que Neira
Vilas traballou como carteiro de rapaz.

Como podemos observar, tódalas novelas de protagonista infantil son de


ambiente galego, o que apunta cara a unha lectura autobiográfica xa que dá pé a
pensar que o autor non é quen de recrear a infancia nunha gran cidade coma Bos
Aires.

2) Novelas de protagonista adulto e ambientación galega


a) Xente no rodicio (1965):
→ Novela pesimista, moi influída polo existencialismo, con personaxes
simbólicos que representan a condición humana dun punto de vista
desencantado e coma seres sen transcendencia (título).
→ Innovacións técnicas.
b) A muller de ferro (1969):
→ Vintetrés relatos que comparten as características da anterior, pero é máis
claramente alegórica.
→ Algúns relatos teñen características que tamén atopamos na Nova
Narrativa:
 Protagonismo dos insectos (Kafka), que simbolizan o chanzo máis
baixo das especies animais e que, ademais, reproducen as formas de
organización humanas. Isto dáse en relatos coma “Formigas”.
 Obxectualización do animado e personificación do inanimado, que
se dá en relatos coma “A casa engruñada” (que lembra a algúns contos
de Ferrín).
c) Querido Tomás (1980):
→ Novela escrita en P1 na que unha mestra rural xubilada reconstrúe a
súa vida tendo mentalmente como interlocutor a Tomás, un mozo de
cando era nova que tivo que emigrar, polo que pasa o resto da súa vida
agardando por el.

24
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

→ O discurso da mestra está moi próximo ao monólogo interior, xa que a


narradora lembra de xeito espontáneo e inconexo. É dicir, neste caso
Neira Vilas proponse un novo reto creativo, optando por unha fórmula
máis impresionista.
→ O autor preocupouse moito polo feito de darlle voz a unha muller. Así,
conta que consultou manuais de psicoloxía para poder reconstruír a
psicoloxía da muller e reflectir aspectos coma, por exemplo, os efectos
psicolóxicos da menopausa.

3) Novelas de protagonista adulto e ambientación americana


Son obras que asimilan as innovacións técnicas da narrativa europea e
americana (polifonía, fragmentariedade...).

a) Camiño de brétemas (1967):


→ Narrador masculino que se dirixe a un interlocutor que nunca lle
contesta, pero que determina as súas intervencións (de xeito semellante a
en Querido Tomás).
→ A característica anterior fixo que se apuntase unha posible influencia de
A esmorga.

b) Historias de emigrantes (1968):


→ Obra documental na que se contan historias de emigrantes
individualmente.
→ Protagonismo da cidade.
c) Remuíño de sombras (1973):
→ Protagonismo da cidade.
→ Mosaico de historias urbanas de Bos Aires.
→ Son historias aparentemente fragmentarias18, pero hai elementos que
as unen (o que supón unha metáfora da cidade: caótica a primeira vista,
pero cunha certa lóxica):
 Historias recorrentes:
- Rapaz que lle escribe á súa familia desde a emigración,
dirixíndose a eles como “meus”.
- Dorinda, unha criada.
- Un home que fala cun tal Mateo.
 Outros elementos recorrentes:
- Frases e expresións que se repiten ao longo da novela. Exemplo:
voz anónima que sempre comeza as súas intervencións con cómpre
afacerse a isto.
- Metáfora do remuíño.
- Imaxes e metáforas derivadas do mundo dos insectos (formigas,
enxames, tabáns), que reflicten unha concepción pesimista do
home.

18
Algúns destes fragmentos inconexos parecen ser as impresións que a unha voz anónima lle causa a
lectura do xornal (p. 39, p. 24).

25
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

4) Outras obras
a) Tempo novo (1987): obra de ficción na que se achega a visión da Cuba
posrevolucionaria por parte dos galegos que viven alí, tanto dos
revolucionarios coma dos antirrevolucionarios.
b) Os homes de pau (1999):
→ Prosas breves nas que se achega unha visión obxectualizada do ser
humano (relacionada con A muller de ferro).
→ Perspectiva contemporánea: ambientación na vida urbana
contemporánea. É dicir, Neira Vilas é un autor que evoluciona co seu
tempo.

 Blanco Amor e Neira Vilas e a Nova Narrativa


Obras coma A esmorga de Blanco Amor, ou A muller de ferro e Camiño
Bretemoso de Neira Vilaa, poderíannos levar a inserilos dentro da Nova Narrativa.
Porén, a Nova Narrativa Galega é un proxecto de renovación do discurso
narrativo ben delimitado por coordenadas biografico-xeracionais que Blanco Amor
e Neira Vilas non comparten:
a) Son autores que están en Galiza, non fóra.
b) Prodúcese nun momento concreto, nos anos 50.
c) É un proxecto definido, no que todos os autores teñen claro a renovación
que queren levar a cabo.

En contraposición a isto, no caso de Neira Vilas e Blanco Amor:


a) Están en América, onde coñecen os movementos da época que a Galiza
non chegaban.
b) Os proxectos son individuais, non hai unha conciencia de grupo para levar
a cabo tal renovación na narrativa.

3.4. Ramón de Valenzuela: Non agardei por ninguén (Ed.


Citania, 1957)
1) É a primeira novela sobre a Guerra Civil e forma parte dun grupo de
novelas do exilio que teñen se basean na ficcionalización de experiencias
biográficas deste tipo. Non agardei por ninguén supón unha excepción dentro
del, xa que o resto son novelas que aparecen trala morte de Franco:
a) O silencio redimido (1976) de Silvio Santiago.
b) O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte (1979), de
Antón Alonso Ríos.

26
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

c) Era tempo de apandar (1980), do propio Ramón de Valenzuela. Supón


unha continuación de Non agardei por ninguén que narra o exilio en
Francia e a estancia no cárcere en España.
2) Ten un importante valor documental, xa que son historias baseadas na
experiencia directa que poden ser usadas como documentos sociais.
3) Narrador en P1 (en tódalas novelas do grupo), que achega un enfoque
subxectivo.
4) Relación co contexto literario da época: está pouco relacionada coa
literatura galega dos 50 (Fole, Cunqueiro) e máis co realismo social da
literatura española. É dicir, no exilio os modelos literarios galegos non
evolucionan ao mesmo ritmo ca en Galiza.
5) Argumento: o protagonista é Gonzalo Ozores, un trasunto do propio autor,
que foxe nos primeiros días do golpe e acaba alistándose no exército nacional
para poder sobrevir. Nel desempeña, grazas á súa formación, un cargo
administrativo que lle permite axudarlles a outros republicanos. Faise pasar por
requeté e mantén unha relación cunha moza falanxista para pasar
desapercibido, pero cando comeza a levantar sospeitas pide que o manden á
fronte de combate e alí pásase ao exército republicano. Podemos dividir a
novela en tres bloques:
a) Fuxida:
→ Momento no que se agocha.
→ Evocación sentimental da paisaxe.
→ Exposición ideolóxica a través dos diálogos.
b) Exército nacional: é a parte máis interesante, xa que achega aspectos
pouco coñecidos da Guerra coma o descontento nos cuarteis franquistas,
os espías republicanos ou os enfrontamentos entre requetés e falanxistas.
c) Fronte: importancia da compoñente ideolóxica.
6) Personaxes:
a) Son de ficción, pero introduce persoeiros históricos coma Suárez Picallo
ou Castelao (o título é unha frase del) que lle achegan verosimilitude á
historia.
b) Non son maniqueístas (republicanos vs. nacionais), malia o compromiso
galeguista do protagonista.
c) Os protagonistas individuais debuxan personaxes colectivos.
7) Carácter cinematográfico: as escenas desenvólvense coma planos ou
secuencias.
8) Espazo: valórase o espazo foráneo en relación co galego, moi marcado pola
evocación emocional.

4. A Nova Narrativa Galega

Os autores da Nova Narrativa Galega supoñen o primeiro grupo


xeracional máis ou menos definido desde a Xeración Nós, un grupo xeracional que
supón un primeiro intento colectivo de renovación do discurso narrativo galego.

27
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

4.1.Contexto literario
1) Transformación xeral da novela europea e norteamericana
desde comezos do século XX:
a) Contexto histórico: Revolución Rusa, Primeira Guerra Mundial, Crack
do 29.
b) A novela é neste momento o discurso que reflicte de xeito máis evidente as
evolucións da sociedade, de xeito que racha definitivamente co modelo
realista decimonónico.
c) Principais obras:
→ 1916: Metamorfose de Kafka.
→ 1922: Ulysses de Joyce.
→ 1925: Manhattan Transfer de John Dos Passos.
→ 1929: O ruído e a furia de William Faulkner.

2) Nouveau Roman francés: supón un segundo ciclo de transformación


da narrativa que se desenvolve en Francia nos anos 50.
a) Contexto histórico: situación despois da Segunda Guerra Mundial, que
dá lugar a un clima existencialista, no que xa non se ve o progreso como
motor social e aparece unha concepción pesimista do home e do mundo.
b) Principais autores:
→ N. Sarraute.
→ M. Butor.
→ A. Robbe-Grillet.
→ M. Duras (máis sedoria).
c) Principais características:
→ Rexeitamento da trama argumental, desaparecendo así a lóxica
actancial.
→ Desaparición do concepto de personaxe tradicional profundo, cunha
psicoloxía complexa e que vivía un conflito que sempre obedecía a unha
lóxica.
→ Tempo subxectivo, que non obedece a ningunha categoría empírica. É
un tempo mental, indefinido, relacionado co delirio e o soño.
→ Obxectualización do ser humano, que deixa de ser o centro, froito da
concepción pesimista do mundo. A isto engádese o asentamento da
sociedade de consumo, na que os obxectos comezan a ter máis
importancia cós seus usuarios.

d) Repercusións das características anteriores no plano discursivo máis


visible da novela:
→ Multiplicidade de voces narrativas: a inexistencia de argumento fai
que deixen de ser operativos conceptos coma o de protagonista.
Ademais, os personaxes pasan a estar sometidos ao azar nun escenario
que non comprenden, algo que reflicte o contexto social do momento.
→ Predominio das formas narrativas subxectivas relacionadas coa P1:
monólogo interior e streme of consciousness (vs. narrador omnisciente
en P3).
28
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

e) Influencia nos autores da Nova Narrativa Galega:


→ Débese á proximidade cultural con Francia nesta altura, un momento
no que o francés era aínda unha importante lingua de prestixio e que se
ensinaba en España (non así o inglés). Isto permítelles a estes autores
acceder a obras nesta lingua, aínda que se trate de obras que tiñan que ser
traídas clandestinamente.
→ Acceden así a autores que lles achegan algo diferente respecto do que
se estaba a facer en Galiza ata entón.

4.2. Características do grupo


1) Son autores procedentes de familias de clase media que valoran o estudo, o
que lles permite poder ir á universidade nos anos 50, cando se comeza a
producir o primeiro despegue económico trala Guerra.
2) Coinciden en Santiago, nunha universidade pouco desenvolvida e nunha
cidade pequena, o que tamén fai máis doado que se estableza contacto entre
eles. Así, a literatura pode ser vista coma un medio para romper co
ambiente opresivo de Compostela neste momento (Franco Grande: Os anos
escuros).
3) Participan nas Festas Minervais organizadas desde 1953 polo SEU
(Sindicato Español Universitario), un certame bilingüe gañado por diferentes
autores do grupo durante varios anos. Sérvelles como plataforma de
presentación pública, xa que é o único certame do momento.
4) Colaboran no suplemento cultural de La Noche, o xornal de
Compostela dirixido por Camilo Goñi (afín ao réxime, pero con certa
simpatía cara ás culturas periféricas).
a) Fernández del Riego e Xaime Isla son os organizadores deste suplemento
cultural semanal para o que solicitarán a colaboración destes autores, pero
tamén doutros coma Cunqueiro, Carvalho Calero ou Aquilino Iglesia
Alvariño (que rexeita participar).
b) É censurado axiña, pero supuxo un importante punto de encontro.

5) Comezan a viaxar por Europa, onde coñecen un ambiente menos


opresivo e de onde traen tamén diversas obras.

6) Grupo Brais Pinto:


a) Constituído por aqueles que marcharon rematar os seus estudos a Madrid.
b) Ten a súa orixe na Agrupación Castelao fundada en Madrid.
c) Supón unha experiencia diferente, pero interesante polas inquedanzas
vangardistas, pictóricas (Reimundo Patiño), etc.
7) Non desenvolven a súa actividade de renovación da narrativa de xeito illado,
xa que isto tamén se dá nas artes plásticas. Así, na Coruña hai dous
importantes núcleos de creación plástica promovidos por Reimundo Patiño e
Xohán Casal arredor de 1954:
a) A Liga Nórdica.
29
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

b) A Unión de Artistas Ceibes.


8) Fundan a colección Illa Nova de Galaxia:
a) Pensada para dar a coñecer a obra dos autores deste grupo, un feito que
supón un importante paso para a súa canonización.
b) As obras adoitan estar prologadas por Fernández del Riego ou Ramón
Piñeiro (obras de Ferrín), o que amosa a conexión entre as dúas
xeracións, que despois se rompería por cuestións políticas.

4.3. Autores e obras


As propostas de periodización e os textos que se inclúen dentro da Nova
Narrativa son diversos. Imos ver dúas delas:

4.3.1.Camino Noia
1) Xohán Casal:
a) O camiño de abaixo:
→ Escrita en 1959 pero publicada en 1970, xa que o autor morre moi novo
e a obra fica inédita.
→ É unha das obras máis características da Nova Narrativa que, ademais,
está escrita nos anos centrais do proxecto.
2) G. Rodríguez Mourullo:
a) Nasce un árbore (1954), considerada coma a primeira obra da Nova
Narrativa.
b) Memorias de Tains (1956).
3) Ferrín:
a) Percival e outras historias (1958).
b) O crepúsculo e as formigas (1961).
c) Arrabaldo do norte (1954).
4) María Xosé Queizán:
a) A orella no buraco (1965).
5) Camilo Gonsar:
a) Lonxe de nós e dentro (1961).
b) Como calquer outro día (1962).

6) Carlos Casares (máis serodio):


a) Vento ferido (1967).
b) Cambio en tres (1969).

A proposta de Camino Noia:


1) Supón unha nómina reducida, quizais a máis adecuada, xa que un
modelo narrativo innovador non se desenvolve alén dunha década, porque
despois xa deixa de ser novidoso.

30
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

2) Ten algúns problemas, xa que autores coma Carlos Casares rexeitan ser
incluídos na Nova Narrativa, por considerar que as súas influencias son
diferentes (Camus, autores italianos).

4.3.2.Manuel Forcadela
4.3.2.1.Textos
Engade bastantes textos aos da proposta de Camino Noia:
1) Xohana Torres:
a) Adiós María (1965), unha obra que reúne as características formais para ser
incluída na Nova Narrartiva.
2) Ferrín:
a) Retorno a Tagen Ata (1971).
b) Elipsis e outras sombras (1974).
3) Camilo Gonsar:
a) Cara a Times Square (1980).
4) Autores menores: Vicente Vázquez Diéguez, Lois Diéguez.

4.3.2.2.Fases
1) Fase de formación (1954-1961):
a) Características:
→ Ruptura temática.
→ Influxo de Kafka e do existencialismo.
2) Fase de auxe (1964-1969):
a) Textos: desde Arrabaldo do norte ata Cambio en tres.
b) Características: indagación formal e experimentalismo enunciativo.
3) Fase de liquidación (anos 70):
a) Influencia do pensamento marxista.
b) Cambios no número de escritores: algúns morren (Casal) e outros paran
de escribir, ben definitivamente (Mourullo) ou durante moito tempo
(Camilo Gonsar).
c) Do existencialismo pásase a:
→ Textos simbólicos sobre a ditadura ou a violencia da represión.
→ Creación de alegorías nacionais, como é o caso de Retorno a Tagen Ata.

d) Textos:
→ Adiós María de Xohana Torres.
→ Xoguetes pra un tempo prohibido (1975) de Carlos Casares.
→ Dos anxos e dos mortos, de Anxo Ballesteros.
e) É unha fase de asimilación das innovacións introducidas anteriormente,
polo que é discutible se se debe incluír ou non na nova narrativa.

4.3.2.3.Problemas desta periodización

31
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

1) Parece resultado de querer cadrar a periodización do proxecto cos cambios


históricos.
2) Ausencias non xustificadas, coma a de Xoguetes pra un tempo perdido
(1975) de Carlos Casares.
3) Demasiado extensa no tempo.

4.4. Características
Moitas das características das obras da Nova Narrativa están claramente
relacionadas coa renovación da novela europea e americana. As principais son:
1) Rexeitamento da trama argumental clásica.
2) Rexeitamento do concepto de personaxe convencional (que
obedece a unha lóxica).
3) Modalización: multiplicidade de voces, en contraposición ao narrador
omnisciente en terceira persoa.
4) Protagonismo de formas subxectivas: monólogo interior e
corrente de conciencia.
5) Gusto pola técnica epistolar, que pode abranguer toda a obra
(Memorias de Tains) ou só parte.
6) Tempo subxectivo: non sabemos con claridade a duración da acción nin a
súa situación temporal, xa que adoita tratarse dun tempo psicolóxico que
reside na mente dos personaxes e non se corresponde co real.
7) Espazo pouco concreto: obedece ao mesmo principio có tempo, polo
que é un espazo que se sitúa na conciencia dos personaxes, ambiguo e
fantástico en moitas ocasións.
8) Mundos sen carácter ontolóxico claro: é unha característica que
deriva das anteriores, xa que o lector moitas veces non é quen de saber se o
que se narra é soñado, imaxinado ou real dentro da lóxica literaria.
9) Concepción pesimista do ser humano: obxectualizado dentro
dunha sociedade de consumo e sometido sistematicamente a procesos de
animalización.
10) Temánica innovadora:
a) Mestura da realidade e o soño.
b) Temática sexual, que ata entón fora un tabú na literatura galega e que se
presenta de xeito explícito, pero tamén degradado. Concíbese o sexo coma
unha práctica animal co único obxectivo da reprodución.
c) Violencia absurda e reiterada que tamén traduce a dimensión animal do
ser humano.
d) Absurdo existencial, unha visión nihilista e pesimista do mundo.
11) Obxectalismo: estratexia literaria importada de Francia que se nota
especialmente en Arrabaldo do norte (1964) de Ferrín e A orella no buraco
(1965) de María Xosé Queizán.

32
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

a) Está inspirada no cine, se xeito que se narra só aquilo que unha cámara
pode captar, sen espazo para os sentimentos e a psicoloxía.
b) Permítelle ao autor deshumanizar a mirada do home, xa que entre ela o
obxecto contemplado interponse unha máquina como filtro
obxectivizador.
12) Homless ou clochard: é moi frecuente o protagonismo de personaxes
desposuídos, non só de obxectos materiais, senón tamén de sentimentos (sen
pasado, sen relacións, sen biografía). Son personaxes que deambulan sen
rumbo, o que pode inserise dentro da concepción deshumanizada do home.
13) Suposta negativa a un compromiso ideolóxico: a suposta
ausencia de compromiso ideolóxico xerou diversos debates, xa que noutras
literaturas estábanse a producir textos socialrealistas neste momento.
a) María Xosé Queizán en “A Nova Narrativa ou a loita contra o
sentimentalismo” (1979) deféndese perante estas acusacións argumentando
que se trata dunha narrativa comprometida por contribuír á modernización
da literatura galega.
b) O certo é que o compromiso ideolóxico é dubidoso, xa que se trata dun
proxecto literario despreocupado da proxección social. O compromiso só
estaría presente en épocas posteriores, especialmente no grupo de Madrid
(marxismo e nacionalismo).

4.5. Comentario de textos


 “A visita” de O camiño de abaixo (1959-1970) de Xohán Casal
→ Inspiración na Metamorfose de Kafka: insecto humanizado e home
deshumanizado.
→ Situacións patolóxicas: son moi frecuentes na Nova Narrativa, xa que as
situacións límite ás que son sometidas os personaxes fanlles pensar que
padecen algún tipo de enfermidade.
→ Temática sexual, na que se se lle atribúen á araña calidades máis
humanas cás do home.

 Fragmento de A orella no buraco (1965) de María Xosé Queizán


→ Tema intranscendente.
→ Obxectualismo, polo que hai pouca marxe para a subxectividade.
→ Personaxe desposuído que deambula sen rumbo.

 Fragmento de Cambio en tres (1969) de Carlos Casares


→ É unha novela que
 Foi rexeitada polo propio autor, por considerala só un experimento
de mocidade, e que non foi reeditada ata a súa morte.
 É das primeiras novelas que trata o tema da emigración a Europa,
neste caso a Francia.
 Argumento: trata a historia de dous amigos emigrados en Francia, un
deles morre nun accidente de tráfico e o outro acompaña o cadáver ata

33
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

Ourense, e bota a noite pensando de xeito errático (corrente de


conciencia).
→ Características do fragmento:
 Disposición tipográfica achegada ao caligrama, coa finalidade de
romper coa estrutura textual convencional.
 O personaxe fala do seu amigo morto coma se se tratase dun animal:
Pasteur, xérmenes patóxenos, zoolóxico.
 Referencias a Kafka: metamorfosearse.
 Referencias á sociedade de consumo: desenrolada-sociedá,
plusvalizado, nun per cápita calquera.

4.6. Ferrín
4.6.1.Clasificación da súa obra
4.6.1.1.Clasificación máis aceptada
1) Primeira etapa:
a) Fantástica.
b) Preocupación pola renovación formal.
2) Segunda etapa: compromiso ideolóxico.
3) Poderíase engadir unha terceira etapa na que se incluirían Arraianos e No
ventre do silencio:
a) Protagonismo da memoria.
b) Identidade colectiva.

4.6.1.2.Carmen Blanco
Matiza a proposta anterior distinguindo tres etapas, aínda que deixando
claro que non hai rupturas tallantes entre elas:
1) Nova Narrativa galega:
a) Cronoloxía: anos 60.
b) Textos:
→ Percival e outras historias (1958).
→ O crepúsculo e as formigas (1961).
→ Arrabaldo do norte (1964), obxectualista.

2) Política-ficción na que a ficción está ao servizo do compromiso político


(tratado con recursos simbólicos e alegóricos nas primeiras obras):
a) Cronoloxía: anos 70.
b) Textos:
→ Retorno a Tagen Ata (1971):
 Marca un punto de inflexión na narrativa de Ferrín, xa que introduce
a alegoría das nacións sometidas (Tagen Ata) e as opresoras (Terra
Ancha) que se repetirá noutras obras.
 Argumento: rapaza que volve do exilio para poñerse en contacto coa
resistencia clandestina, pero que mantén unha relación cun dos
34
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

líderes da resistencia oficial (no que se algúns estudosos ven un


trasunto de Ramón Piñeiro), ao que mata.
 É unha novela de iniciación sentimental, na que a descuberta da
sexualidade supón o ingreso na idade adulta.
 É unha novela breve.
 A protagonista reaparece noutras obras.
→ Elipsis e outras sombras (1974):
 Colección de contos.
 Obra hermética.
 Pretende codificar o terror da situación política, a represión e a
violencia institucional da ditadura.
→ Antón e os inocentes (1976):
 Obra paralelística de tipo realista.
 Argumento: romance entre dous mozos nacionalistas vigueses.
 Supón unha crónica das tensións políticas.
→ Crónica de nós (1980): crónica xeracional, do século XX.

3) Ficción fantástica:
a) Características: desaparece o protagonismo da política en favor da
imaxinación mítica.
b) Textos:
→ Amor de Artur (1982):
 Colección de contos.
 Fusionan o mundo de Retorno a Tagen Ata (personaxes, historias) co
mundo artúrico.
→ Arnoia, Arnoia (1987):
 Presentada coma unha novela xuvenil, quizais pola demanda da
época.
 Narra unha viaxe iniciática con elementos do xénero de aventuras e
desenvolvendo o tema do retorno imposible a un pasado idealizado
na adolescencia e nunha patria perdida (Arnoia).
→ Bretaña esmeraldina (1987):
 Obra longa de forma epistolar.
 Argumento: independentista bretón que está na cadea e que ten
como camiños á liberdade as cartas que se escribe coa súa moza e a
imaxinación.
→ Poderíanse incluír outras posteriores.

4.6.1.3.Xesús González Gómez


1) Realidade imaxinaria:
a) A finalidade da escrita é a creación dun mito mobilizador da
colectividade, polo que é unha clasificación que non ten en conta as
diferenzas formais.
b) Textos: tódalas obras ata Bretaña esmeraldina (1987).
35
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

2) Da imaxinación comprensiva: narración obxectivista que pretende


crear un mundo coherente no que convivan o plano da ficción e o da
realidade empírica.

4.6.2.Elementos que fan da obra de Ferrín un macrotexto


Na obra de Ferrín é nótase unha linguaxe épico-lírica cargada de
símbolos internos e recorrencias temáticas e formais que se aprecian a diferentes
niveis
1) Recorrencias formais: aprécianse en moitos planos das obras, xa desde
os títulos, que en ningún caso teñen sintagmas verbais (o que conduce a
unha lectura na que o interese non está no argumento, senón nas vivencias
subxectivas e o mundo interior dos personaxes).
2) Personaxes: reaparecen constantemente e ademais evolucionan dunhas
obras a outras (personaxes de Percival e outras historias que reaparecen en
Retorno a Tagen Ata).
3) Símbolos:
a) Bosque: símbolo de liberdade.
b) Ventá: liberdade.
c) Lúa: imaxinación e fantasía, que tamén conducen cara á liberdade.
d) Serpe: tentación feminina.
e) Cores: azul, cores metálicas.
f) Aves nocturnas: anuncian perigo e morte.
4) Temas binarios:
a) Opresión – liberdade.
b) Fugacidade do tempo – nostalxia.
c) Amor – desamor.
d) Misterio – realidade / natural – sobrenatural.
e) Erotismo – morte.
f) Galiza – mundo.
5) Tempo:
a) Fusión de planos temporais: confusión do tempo empírico e o onírico,
sen sabermos en que época se sitúan as accións.
b) Só na ultima etapa o tempo aparece fixado (antes só en casos puntuais,
coma en Antón e os inocentes).
6) Espazo, mundos recorrentes:
a) Mundo ourensán:
→ Vilanova dos Infantes: mundo mítico dos soños, da esperanza no futuro,
acubillo da memoria republicana e galeguista.
→ Ourense: mundo negativo, da escola, o inverno, a escuridade, a
posguerra falanxista e clerical.
b) Vigo: símbolo da nova Galiza libre, xa que é o mundo do proletariado e da
revolución posible no que converxen o mundo do mar (pesca, viaxes) e o
da industria.

36
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

c) Santiago: espazo complexo e contraditorio, que combina o carácter de


cidade conservadora co de espazo da memoria xuvenil.
d) Espazos fantásticos.

7) Dimensión metaliteraria e autoreferencial:


a) Capacidade de recrear elementos tirados doutras obras e tradicións
literarias (literatura artúrica, Dante, Petrarca, etc.).
b) Aprópiase de elementos que reescribe construíndo un mundo
autoreferencial, que funciona de xeito diferente, creando a súa propia
lóxica literaria.

4.6.3. Percival e outras historias ()


2) Introdución:
a) É o seu primeiro libro de relatos (14 relatos).
b) É unha das obras fundacionais da Nova Narrativa Galega.
c) Contén elementos que van ser recorrentes na súa obra posterior, facendo
dela un macrotexto.
d) Está dedicada a “Otero Pedrayo e Ramón Piñeiro, mestres” e prologada
por Fernández del Riego baixo o pseudónimo de Ramón Lorenzana, o que
reflicte a relación coa xeración anterior en dúas direccións:
→ Recoñecemento da ascendencia xeracional por parte dos máis novos.
→ Recoñecemento do proxecto dos máis novos por parte da xeración
anterior.
3) Principais características:
a) Elementos fantásticos: mesturados co mundo cotián e ante os que os
personaxes reaccionan con sorpresa e inseguridade. Exemplo: no conto
“Percival” preséntase unha casa convencional con elementos estraños
(espadas, insectos disecados nas parecer); Percival sae ao seu xardín
presentado coma un heroe épico na busca dun obxectivo (quête ou saída)
pero nese mesmo xardín descríbese unha casiña con tellado de uralita que
supón un elemento de ruptura, que non lle permite ao lector instalarse
nunha única lóxica.

b) Valor da violencia:
→ Vinculada á loita política.
→ Inherente á condición humana (animal), un trazo xeral das obras da Nova
Narrativa.
→ Vinculada ao amor: reflicte unha concepción pesimista do amor, un
sentimento imposible que cando se materializa se volve arbitrario e cruel,
vinculándoo a unha violencia gratuíta que pode conducir á morte.
Exemplo: “O crime do chalé vermello”.
c) Elementos transicionais: ventás, cancelas.

37
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC
3. A narrativa galega entre 1950 e 1980

d) Onomástica exótica: nomes de personaxes con reminiscencias irlandesas e


chinesas que serven para introducir o lector nun mundo estraño, pero
tamén interpretable en clave realista.
e) Espazos hostís e indeterminados: casas solitarias, interiores sombríos,
referencias xeográficas fantásticas, paisaxes habitadas por animais
inquietantes (mouchos, corvos, insectos).
f) Metaliteratura: relatos nos que se reflexiona sobre o proceso de creación.
g) Personaxes: sen profundidade psicolóxica, xeralmente antiheroes
problemáticos (mesmo patolóxicos).
h) Mulleres caracterizadas negativamente (feas, desagradables, mesmo
monstruosas). Son recorrentes as vellas con relacións ambiguas con
homes máis novos e moitas delas reaparecen noutras obras, como é o caso
de Ano Jhosco (Arrabaldo do norte).

38
Literatura Galega
da Guerra Civil á actualidade
2008/2009
USC