Está en la página 1de 11

POR: Cintia Mª Pedreira Vázquez e Estefanía Santiso Fraga

GUIÓN

1.Introducción.

2.Historia dun volume.

3.O cardenal Inguanzo. Vida e obra:

a)Contexto histórico e ideoloxía.

b)Relación da ideoloxía co libro.


1. Introdución

Este libro foi publicado en 1813 o cal o seu autor é


don Inguanzo obispo de Zamora. Está divido en
dúas partes: “cartas en que se impugna el discurso
titulado juicio histórico canónico-político de la
autiridad de las naciones en los bienes eclesiásticos,
o disertación sobre la pertenencia de su dominio,
según el espíritu invariable de la iglesia, y los
principios inconcusos del derecho público” e
“discurso sobre la confirmación de los obispos, en el
cual se examina la materia por los principios
canónicos que rigen en ella en todos tiempos y
circunstancias, y se contrae a los actuales de la
península”.
Este libro foi elborado a partir da publicación dun
artigo de ideas contrarias ao autor, ás que el
devatiu.
A parte disto máis formal, tralo manexo do libro
atopamos nalgunhas páxinas uns cuños, que solo se
poden ver a contraluz, e dos que descoñecemos o
seu significado dado que a data de publicación
deste libro quédanos moi lonxana.
Como desenrolo desta breve explicación, podemos
comenzar a mergullarnos na historia do libro.

2. Historia dun volume


Todo comezou cando un sábado pola mañá
Estefanía estaba axudándolle o seu avó (Jaime
Santiso Barbeito) a limpar. Durante o proceso
encontrou un libro moi antigo nunha das
estanterías. Isto deulle moita curiosidade e
preguntoulle o seu avó como chegara alí. El contou
o seguinte:
- Pois...penso que este libro pertencía ao meu tío-
avó don Ignacio Carro Rodríguez. Aproximadamente,
el naceu no ano 1860 e era irmán da miña avoa
paterna. Ignacio traballaba no Hostal Universal de
Betanzos, que aínda segue existindo actualmente,
na zona da Alameda. Ao traballar neste hostal de
transición entre cidades importantes (Ferrol-Coruña-
Santiago), estaba en continuo contacto coa xente
máis privilexiada, tanto a betanceira como a
foránea. Supoño que o libro o puido adquirir a través
desa xente...pero por outra banda tampouco teño
moi claro se podería ser dos seus antepasados dado
que pola idade non me lembro...ou tamén xa que el
era moi aventureiro e viaxaba por moitos sitios de
España puido habelo adquirido en calquer outro
lugar ou mercadillo.
Despois deste período no hostal, aínda moi xoven,
por culpa da mala situación que se vivía no país. O
tío decidiu emigrar cara a México e deixou parte das
súas pertenzas nun baúl que había antes na casa.
Non se soubo nada del por anos. Ata que mais ou
menos no ano 1930 lles chegara aos meus pais un
comunicado de desaparición. Despois deste
lamentable feito os seus sobriños, nos que se
encontraba meu pai, decidiron repartir os obxectos
que houbese no baúl. O problema foi que antes
disto meu pai faleceu por culpa da tuberculose.
Entón a miña nai, Manuela Barbeito Amor tivose que
facer cargo de meu irmán, que tiña seis anos; e de
min, que tiña tres. Pouco despois repartíronse os
haberes do tío Manuela (miña nai), ao tar viúva,
convertíase nunha das herdeiras principais. Cando
se abriu o baúl, dentro del había sábanas, unha
colcha de liño (que aínda se conserva na
actualidade), documentos, unha vaixela e libros. No
momento de decidir cada un con que se quedaba,
miña nai foi unha das máis perxudicadas porque
entre as cousas valiosas solo lle deixaron quedarse
coa roupa da cama, a colcha e unha parte
insignificante da vaixela.
O final de todo o problema no baúl seguiron
quedando cousas de valor ínfimo que ningún dos
meus tíos quixo; polo cal, miña nai quedouse con
elas como recordo da familia do meu pai falecido.
Entre elas estaba o libro. A miña nai conservou
todas estas cousas e ao libro dáballe un uso moi
especial, xa que como non sabía ler e daquela os
libros valían pouco, ela gardaba todos os seus cartos
nel. Esto é o único que podo contar da vida do libro
porque a túa avoa máis eu solo o gardamos polo
valor sentimental e polo esforzo que tivera que
pasar a miña nai para conseguilo.

ÁRBORE XENEALÓXICA

Ignacio MªAntonia Francisco


Carro Carro Santiso
Rodríguez Rodríguez García

(irmáns)

Antonio Manuela
Santiso Barneito
Carro Amor

Aquilino Jaime
Santiso Santiso
Barbeito Barbeito

3. O cardenal Inguanzo. Vida e


obra

Don Pedro de Inguanzo y Rivero, fillo de Antonio José


de Inguanzo Posada y María Teresa Rivero y Valdés e
de acomodada familia, naceu o 22 de decembro do
ano 1764 en La Herrería, un barrio da parroquia de
Vibaño en Llanes (Asturias).
Realizou os seus primeiros estudos cos benedictinos
en Celorio (Llanes), máis adiante estudou filosofía e
artes e posteriormente trasládase a Sevilla, onde
ocuparía o posto de secretario do Arzobispo Alonso
Marcos de Llanes, familiar seu.
Nesa mesma cidade doctórase en teoloxía e logra a
cátedra do dereito canónigo que exercerá en
Cabildo (Oviedo).
Co estalido da Guerra da Independencia, Don
Inguanzo apoia o alzamento das “Juntas del
Principado” en Asturias en maio do 1810 contra as
forzas napoleónicas e resultando elixido, nese
mesmo ano, para representar a Asturias nas Cortes
de Cádiz.
Defendeu o mantemento da Santa Inquisición e do
sistema absolutista, e impuxo o artigo 12 da
Costitución de 1812 referinte á relixión, no que se
establecía a Igrexa Católica Apostólica y Romana do
Estado.
Ó mesmo tempo rexeitou o afrancesamento da
Carta Magna que pretendían certos sectores da
sociedade, tamén foi uns dos informantes contra os
diputados liberais.
Trala guerra é elixido obispo da diócese de Zamora,
tomando posesión do cargo no 1815 e exercéndo
durante dez anos.
No 1824 é nomeado primado de España en Toledo e
de seguido cardenal da Igrexa polo Papa León XII.
No doutrinal destacou pola sua intranxixencia e
extrema severidade.
É autor de gran número de obras e cartas
teolóxicas, e foi tamén membro da Real Academia
de Historia e conselleiro do Estado.
Faleceu en Toledo o 30 de xaneiro do 1836.

Algunhas das súas obras destacadas son:

Discurso sobre la confirmación de los obispos


(publicado en Cádiz no 1813 e cunha segunda
edición en Madrid no 1836); El dominio sagrado de
la Iglesia en sus bienes temporales (1820-
Salamanca); Instrucción al clero secular y regular y
files... (1824-Zamora); Pastoral al clero y pueblo de
la Diócesis de Toledo contra las malas doctrinas y
costumbres
(1825- Toledo).
a) CONTEXTO HISTORICO E
IDEOLOXÍA
Este libro foi elaborado no ano 1813, durante o
período de abolición do Antigo Réxime
(desenvolvemento da Guerra de Independencia) coa
convocatoria das Cortes Cádiz (aprox. 1810) e coa
promulgación da Constitución de 1812.
Esta novidosa constitución trouxo consigo importes
cambios e nela recolleuse o espíritu e as ideas
liberais aceptadas pola maioría dos deputados en
Cádiz. Nela tratáronse os seguintes puntos, aparece
unha nova forma de goberno que é a monarquía
moderada pero con soberanía da nación.
Establécese unha estricta división de poderes
(lexislativo -cortes unicamerais -, o xudicial -os
tribunais - e o executivo - rei-) coa defensa de
dereitos e liberdades dos cidadáns. Fronte o Antigo
Réxime os liberais impoñen unha única lexislación e
eliminan os privilexios forais (tema mencionado no
libro).
Centrandonos directamente coa ideoloxía do libro
podemos destacar a actución de don Inguanzo
(autor do presente libro) na elaboración do art.12
(“a relixión da nación española é e será
perpetuamente a católica, apostólica, romana, única
e verdadeira. A nación protexea por leis sabias e
xustas, e prohibe o exercicio de calquera outra”_
Constitucion de 1812) esto declaraba a relixión
catolica como oficial e única autorizada.
Por último, debemos nomear algúns feitos de
importacia que envolveron e trancorriron durante
esta etapa histórica. O principal e máis destacado
sería a supresión do Tribunal da Inquisición (1813) e
o Tratado de Valençay, do mesmo ano, onde
Napoleón devolve a coroa española; ao sucesor
Fernando VII, no que con el se volverá, nos seus
comezos, a un período absolutista.

b) RELACIÓN DA IDEOLOXÍA CO
LIBRO
Como xa sabemos don Inguanzo defendeu o
mantemento da Santa Inquisición e permanencia do
sistema absolutista, ademais de promulgar o xa
nomeado artigo 12, pese a que este pertencese a
unha constitución liberalista.
Durante a lectura do libro atopamos grandes
correspondencias co seu pensamento. As máis
destacables que puidemos sonsacar foron as
seguintes:
- Carta 1ª (páx.1 -final do segundo parágrafo-)
“Dios es dueño y señor de todas las cosas”
Onde nela podemos observar a clara xustificación
da súa preferenza polo catolicismo.
Despois as seguintes citas oriéntase máis hacia
outro dos grandes temas tratados polo libro: a
desamortización:
- carta 2ª (páx. 19 -final-) “...que el patrimonio de
la iglesia, su conservación y dispensación, forma
uno de los principales objetos de su gobierno...”
- carta 3ª (páx. 27, 28) “...díganme vdes., señores
míos: ¿y cuáles son los títulos de ese dominio
nacional que vdes. establecen? ¿por dónde les
va ni vino a las naciones ese derecho?
Donaciones ni testamentos de particulares, ni
de universales, ni ahorros ni industrias, ni cosa
que lo valga, no los tenemos.”
A desamortización foi un proceso político e
económico de larga duración en España, que
transcurreu dende o ano 1766 ata 1924, na cal a
acción estatal converteu en bens nacionais as
propiedades e dereitos que ata entón constituiron o
patrimonio amortizado de varias entidades civís e
eclesiásticas tentando que chegaran as mans de
cidadáns individuais. As medidas estatais afectaron
a propiedades plenas (fincas), os dereitos censais e
ao patrimonio artístico e cultural (conventos,
bibliotecas, pinturas e ornamentos) das institucións
afectadas.
Durante as Cortes de Cádiz promulgouse un decreto
xeral de desamortización en 1813 polo que o estado
confiscaba e poñía en venda os bens dos
afrancesados, das ordes militares, dos conventos,
unto coa parte do patrimonio da coroa e dos baldíos
e terras dos concellos. Estas medidas tiveron escasa
vixencia pola restauración do absolutismo.
FIN

También podría gustarte