Está en la página 1de 8

R odolfo U cha

P iñeiro

100 ANOS
de
Arquitecto Municipal de
Ferrol
PRÓLOGO
Co gallo da celebración do 100 Aniversario do nomeamento de
Rodolfo Ucha Piñeiro coma arquitecto municipal de Ferrol, a
Fundación Ferrol Metrópoli, desexa contribuir a dita conmemoración
coa publicación deste traballo.

No mesmo, facemos un percorrido pola traxectoria profesional de


Rodolfo Ucha e unha escolma das obras máis características que no
eido do Modernismo deixou no barrio ilustrado da Magdalena.

Deste xeito, a Fundación Ferrol Metrópoli quere dar a coñecer e real-


zar a figura dun persoeiro coma Rodolfo Ucha, o cal, deixou unha im-
portante pegada na nosa urbe.

Alfonso García Ascaso


Presidente

Coordinación: Mónica Dopico


Fotografías: A. Malde
Deseño e maquetación: Pluma Estudio Gráfico

Texto revisado polo servizo de Normalización Lingüística


do Concello de Ferrol

www.ferrol-modernista.org
www.ferrolmetropoli.org

Dep. legal: C 935 - 2009


RODOLFO UCHA PIÑEIRO:
UN INNOVADOR DE AMPLOS REXISTROS
Juan J. Burgoa Fernández
Fundación Ferrol Metrópoli
cultura@ferrolmetropoli.org

O Modernismo, arquitectura renovadora deseñada para a


clase burguesa nacida do proceso industrial iniciado
no século XX, tivo unha gran incidencia nas localidades costei-
ras galegas máis desenvolvidas. O movemento arraigou con certa
profusión, desprazando o Eclecticismo e as tendencias his-
toricistas, para deixar paso deseguido ao Rexionalismo.
Xunto coa arquitectura indiana, manifestouse de forma no-
table en Ferrol e noutras urbes coma Vigo, A Coruña, Sada
ou Ribadeo, onde traballaron os arquitectos Rodolfo Ucha,
Julio Galán, Pedro Mariño, Ricardo Boán e Jenaro de la
Fuente.

O barrio da Magdalena de Ferrol, racional conxunto do sé-


culo XVIII, integrou exemplarmente a principios do século
XX unha serie de obras modernistas de formas sobrias e
tardías, que respectaron o clasicismo do barrio e lle deron
un valor enga-
dido ao seu
patrimonio. O
Modernismo
en Ferrol esti-
vo especial-
mente repre-
sentado por
Rodolfo Ucha, Edificio Correo Gallego (1912)
de quen se
cumpre neste arquitecto. O ano 1907 volveu a Ferrol, onde foi nomeado
ano 2009 o arquitecto municipal en maio de 1909, cargo exercido ata
centenario do o ano 1936. Arquitecto do Ministerio de Mariña ata 1915,
seu nomea- entre os anos 1919 e 1952 pertenceu ao Corpo de
mento coma Arquitectos de Facenda Pública, traballando tamén en
arquitecto mu- Salamanca, Málaga e A Coruña.
nicipal.
En 1921 contraeu matrimonio con María de los Ángeles
Nomeamento de Arquitecto Municipal en
propiedade (Ferrol 30 de decembro 1909) Rodolfo Ucha Donate, coa que tivo seis fillos, o maior deles tamén ar-
Piñeiro naceu quitecto. Finalizada a Guerra Civil exerceu a súa profesión
en Vigo o 27 de setembro de 1882. Tras estudar en Ferrol, de forma particular ata o ano 1976. Decano dos arquitec-
Santiago e A Coruña, matriculouse na Escola Superior de tos colexiados en Ferrol, como recoñecemento ao súa
Arquitectura de Madrid, obtendo no ano 1906 o título de longa traxectoria recibiu unha homenaxe en 1977 catro
Detalle da fachada do Teatro Jofre (1921)

A súa formación académica e a súa bagaxe artística per-


mitíronlle destacar en todos os estilos imperantes na súa
época, sendo un autor versátil e sincrético que, segundo
Antiguo Hotel Suizo (1913-16)
que a obra tivese carácter institucional ou fose un encargo
privado, utilizou un dobre linguaxe, oficialista e máis aus-
anos antes da súa morte, ocorrida á avanzada idade de no- tero no primeiro caso e máis atrevido e decorativo no se-
venta e nove anos. gundo. Nos seus primeiros traballos impuxo un carácter
ecléctico ao seu traballo, mentres que a partir do año 1915,
Académico de Belas Artes de San Fernando, proxectou ao decaer ao estilo modernista, as súas obras seguiron
notables obras dentro do Eclecticismo, Art Decó e mostrando gran orixinalidade e ousadía, experimentando
Racionalismo, e foi dentro do Modernismo onde mostrou con éxito solucións arriscadas.
a súa mestría de deseño e logrou os seus maiores acertos.

Rodolfo Ucha ao volante do seu Renault (1920)


Casa Rodríguez Fernández (1912)
Buscando sempre mellorar a estética das súas constru-
cións, Ucha Piñeiro soubo estar ao día, malia traballar nun
lugar afastado das novas tendencias. Recolleu de cada co-
rrente os seus aspectos máis relevantes, adaptándose a
todas as linguaxes artísticas, integrando elementos histó-
ricos e usando formulacións tradicionais. Da súa extensa

Casino ferrolán (1921) Detalle da fachada da Casa Pereira (1912-13)


chada. A segunda ten un deseño máis atrevido e sofisti-
cado, dentro da súa acentuada verticalidade.

Chalé Antón. Rúa San Roque, 8. (1918). Edificio destina-


do a vivenda unifamiliar, hoxe convertido en colexio.
Amosa numerosos detalles modernistas tales como o mi-
radoiro saínte de planta hexagonal ou a artística marque-
siña de entrada.

Casino Ferrolán. Rúa Real, número 100. (1921). Reforma


posterior. (1947). Edificio que emprega por vez primeira o
formigón armado en Ferrol, combinando interesantes re-
cursos do Modernismo e do Eclecticismo. No seu interior
destacan as pinturas modernistas murais, o salón de fes-
tas e os patios.

Completan esta lista de obras de Rodolfo Ucha, as Casas


Rodríguez Fernández e Rodríguez Trigo, a Fonda Suíza, o
edificio de El Correo Gallego, as Casas Bruquetas,
Vázquez y Brañas e Peixería do Mercado Central, así
coma outras con trazos modernistas coma o Hotel Ideal
Casa Brañas (1913-14) Room, o Teatro Jofre, o Chalé de Canido e o Banco da
produción destaca o diferente tratamento dado ás súas Coruña.
construcións, logrando que fosen singulares e irrepetibles.
Coa aparición do racionalismo xeométrico abandeirado Por último, cómpre citar as obras pertencentes ao mobi-
pola Bauhaus, evolucionou cara a un racionalismo estéti- liario urbano, xa desaparecidas, tales como o Café-teatro
co, substituíndo as típicas galerías por saíntes de formigón. New England, situado na Alameda, ou os quioscos le-
vantados nas prazas da cidade. Como obras proxectadas
Rodofo Ucha foi autor dunha abundante obra, mostrando e non realizadas están o chalé de José Canalejas e a Casa
Pereira (III).

en Ferrol os diferentes estilos xurdidos na arte contem-
poránea desde comezos do século XX, en especial do
Modernismo, corrente que aquí se recolle. Entre os anos
1900 e 1925 levantáronse en Ferrol máis de vinte cons-
trucións dentro do estilo modernista, a maioría delas da
súa autoría. Entre as máis interesantes cabe citar:

Casa Romero. Rúa Concepción Arenal, 1. (1910). Adición


dun ático. (1940). Obra de bo tamaño e exemplo do
Modernismo aplicado a edificios residenciais. Mostra un
ritmo destacable causado polas súas ventás e miradoiros
de elaborada decoración.

Antigo Hotel Suízo. Rúa Real, 134. (1916). Edificio de


dous pisos, balcóns individualizados e remate de peitas.
Os abundantes miradoiros e ventás outórganlle un estilo
singular e unha gran verticalidade.

Casa Munduate. Rúa Magdalena, 61. (1911). Fachada de


tres corpos diferenciados. Dentro da tipoloxía tradicional,
as súas características modernistas plásmanse na carpin-
taría e os ferros forxados de motivos vexetais.

Casas de Pereira (I e II). Rúas María, 172 e Dolores, 64.


(1912-1915). Na primeira contrasta o elaborado deseño das
galerías e miradoiros coa liberdade compositiva da fa- Chale Antón (1918)
Alzado orixinal da fachada principal da Casa Romero (1908)

Casa Romero (1909-10) Ático engadido en 1940


www.ferrol-modernista.org

ART NOUVEAU EUROPEAN ROUTE


RUTA EUROPEA DO MODERNISMO

También podría gustarte