Está en la página 1de 8

AFORISMOS E FRASES LATINAS

1. A posteriori “Con posterioridade”. Designa o ocorrido despois dunha


circunstancia determinada. Razoamento indutivo, do efecto á
causa.
2. A priori “Con anterioridade”. Designa o ocorrido antes dunha
circunstancia determinada. Razoamento dedutivo, da causa ao
efecto.
3. Ab aeterno:. “Desde a eternidade”. Desde sempre.
4. Ad hoc “Para isto”. Axeitado á cousa ou cuestión da que se trate.
5. Ad kalendas graecas “Para as calendas gregas”. Para nunca, pois os meses
gregos non tiñan calendas.
6. Ad libitum “A pracer”. A capricho, a vontade.
7. Ad multos annos “Por moitos anos”.
8. Addenda//corrigenda “Cousas que hai que engadir//que corrixir”. Adoita
poñerse nos libros para indicar as palabras ou frases que hai que
engadir ou corrixir.
9. Alea iacta est “A sorte está botada”. Cítase cando se toma unha decisión
arriscada ou importante despois de telo dubidado moito tempo.
Expresión atribuída por Suetonio a César cando cruza o río
Rubicón.
10. Alma mater “Nai nutricia”. Con esta expresión designaban os escritores latinos
á patria. Actualmente designa tamén á universidade que alimenta
espiritual e cientificamente.
11. A.M. Ante meridiem : “antes do mediodía”.
12. Ave, Caesar, morituri te salutant “Ave, César, os que van morrer, saúdante”.
13. Bis “Dúas veces, de novo, outra vez”.
14. Bona fide “De boa fe”.
15. Calamo currente “Con pluma lixeira”. Improvisadamente, sen deterse moito
a pensar no que se vai dicir (cf. español “a vuela pluma”). Escritos
sen pretensións literarias.
16. Carnes tollendas Carnaval: “deben suprimirse as carnes”.
17. Carpe diem “Aproveita o día”. Procede tamén dun verso horaciano (Od.
I,11) e invita a gozar do presente.
18. Casus belli “Motivo de guerra”. Incidente que pode provocar unha guerra ou
conflito.
19. Cave canem “Ollo ao can!!”. Inscrición que se atopaba na entrada das casas
romanas.
20. Cogito, ergo sum “Penso, logo existo”. Principio da filosofía cartesiana.
21. Conditio sine qua non “Condición sen a que non..”. Condición indispensable
para que algo se cumpra, para chegar a un acordo, etc.
22. Contra naturam "Contra a natureza, contra a orde natural das cousas",
aplícase a delictos moi graves, a investigacións xenéticas contra a
orde natural e establecida das cousas, e, no ámbito relixioso
católico, a actos relacionados coa sodomía e homosexualidade
(Galipedia, s.v.)
23. Corpore insepulto “Co corpo sen sepultar”. Dise do funeral co corpo
presente, sen sepultar.
24. Corpus delicti “O corpo do delicto”. A proba fundamental nun caso
xudicial.
25. Cum laude “Coa máis alta loanza”. Empregado para resaltar o mérito
dalgunhas cualificacións académicas.
26. Curriculum(vitae) “O curso da vida”. Conxunto de méritos e circunstancias
dunha vida.
27. Cursus honorum "A carreira de cargos públicos", isto é, a carreira política
dun cidadán romano. Con plena vixencia na República romana,
seguíu existindo durante o Imperio de xeito máis ben nominal e,
sobre todo, na administración de provincias.
28. De facto De feito, oposto a de iure.
29. De incognito Sen notoriedade.
30. De iure “De dereito”, de acordo coa lei.
31. Deo volente “Se Deus quere”.
32. Do ut des “Dou para que me des”. Emprégase falando de intereses
recíprocos, concesións, etc.
33. Doctor honoris causa Título honorífico.
34. Dura lex, sed lex “A lei é dura, pero é lei”.
35. Ecce homo “Aquí o home”. Palabras de Pilatos aos xudeus cando lle amosou
a Xesús. Emprégase para anunciarse a si mesmo ou a outra
persoa.
36. Editio princeps Primeira edición dunha obra.
37. Errare humanum est “Equivocarse é humano”.
38. Et cetera “E as demais cousas”.
39. Ex aequo “Con igual mérito”. Premio compartido con igual mérito.
40. Ex cathedra “Desde a cadeira”. De forma autoritaria ou doutrinal, tamén en
sentido irónico.
41. Ex iure “Segundo o dereito”.
42. Ex libris “De entre os libros”. Marca que o posuidor dun libro pon para
acreditar que é del.
43. Ex professo “Con fundamento”. Dise de quen fala ou trata un asunto con
competencia. Significa correntemente “a propósito, adrede..”.
44. Extra muros “Fóra das murallas”. Fóra da cidade.
45. Facta/res, non verba “Feitos, non palabras”.
46. Fiat lux “Fágase a luz”. Palabras do Xénese (1,3) cando Deus crea o
mundo.
47. Fugit irreparabile tempus “Fuxe o tempo irremediablemente”. Virxilio,
Xeórxicas 3,284.
48. Gratis et amore Sen cobrar e por amor.
49. Grosso modo De xeito xeral.
50. Habeas corpus “Podes ter o teu corpo”. Frase xurídica que se refire á
liberdade da persoa inculpada e chamada a xuízo.

2
51. Habent sua fata libelli “Teñen o seu destino os libros”. Incluso no éxito dun
libro a sorte e o destino constitúen un factor importante.
52. Hic et nunc “Aquí e agora”.
53. Homo homini lupus est “O home é un lobo para o home”. Frase de Plauto
(Asinaria 495) popularizada por Hobbes e que incide no feito de
que o egoísmo é básico no comportamento humano.
54. Homo sapiens Home racional.
55. Hora est iam (nos) de somno surgere “Xa é hora de espertar”. Frase bíblica.
56. Horror vacui “Medo ao vacío”. Emprégase na historia da arte, especialmente en
crítica da pintura, para describir o recheo de todo espazo valeiro
nunha obra de arte con algún tipo de deseño ou imaxe.
57. Ibidem (Ib.) “Alí mesmo”. Remite a unha frase xa citada.
58. Idem (Id.) “O mesmo, igual”. Evita a repetición.
59. Id est (i.e.) “Isto é, é dicir”.
60. Imprimatur/imprimi potest “Imprímase/pode imprimirse”. Expresións
empregadas pola censura eclesiástica para permitir a impresión
dun libro.
61. In absentia "En ausencia". Nos tribunais de xustiza in absentia equivale a "en
rebeldía".
62. In aeternum “Para toda a eternidade, para sempre”.
63. In albis “En branco”. Estar ou ser ignorante.
64. In articulo mortis “No momento da morte”. Dise dun testamento, dunha
bendición...
65. In dubio, pro reo “Na dúbida, a favor do reo”. Hai que aplicar sentenzas
máis benignas nos casos dubidosos. Principio xurídico.
66. In extremis “No último momento”.
67. In flagranti (delicto) No momento de cometer un delicto.
68. In illo tempore “Naquel tempo”. Tempo remoto.
69. In itinere "No camiño". En dereito laboral accidente in itinere é aquel que
sofre un traballador durante o traslado do seu domicilio ao seu
lugar de traballo e viceversa. Refírese, pois, o que acontece nun
traxecto entre dous puntos (Wikipedia, s. v.).
70. In medio (stat) virtus "A virtude no medio", referencia a unha posición
lonxana dos extremismos.
71. In memoriam Como recordo.
72. In mente “Na mente”.
73. In pectore “No peito, no ánimo”. Reservadamente. Indica xeralmente o
segredo co que se mantén unha resolución.
74. In saecula saeculorum “Polos séculos dos séculos”. Para sempre.
75. In situ “No seu lugar” de orixe. Tamén co significado de “quedo”.
76. Intelligentibus pauca “Aos intelixentes poucas palabras”. A bo entendedor,
poucas palabras abondan.
77. Interim "Mentres tanto", período no que un posto permanece ocupado
provisionalmente ata ser ocupado polo titular.
78. Inter nos "Entre nós", aplicado ao que se fai ou se di en confianza, de xeito
reservado.

3
79. In vino veritas “No viño, a verdade”.
80. In vitro “No vidro”. Toda reacción fisiolóxica que se produce fóra do
organismo.
81. Ipso facto “No feito mesmo”. No acto, inmediatamente.
82. Lapsus linguae/lapsus calami “Erro de lingua/cana de escribir”. Refírese aos
erros ou tropezos ao falar ou ao escribir.
83. Lato sensu "En sentido amplo", extensamente.
84. Magister dixit “Díxoo o mestre”. Subliña o ton autoritario de quen fala.
85. Manu militari "Pola forza armada", co emprego da forza.
86. Mare magnum Confusión, barullo.
87. Mea culpa Úsase para admitir a responsabilidade nun error.
88. Memento Na celebración da misa, lembranza dos vivos e mortos. O que
serve para facer recordar algo. Memento mori; Memento, homo,
quia pulvis es et in pulverem reverteris (Xen., 3, 19).
89. Memorandum “O que debe ser lembrado”. Nota para axudar á memoria.
90. Mens sana in corpore sano “Unha mente sana nun corpo tamén sano”.
91. Modus operandi Xeito de obrar.
92. Modus vivendi Modo de vivir.
93. Mortis causa “Causa da morte”
94. Motu proprio “Por propia iniciativa”. Voluntariamente.
95. Mutatis mutandis “Cambiando o que hai que cambiar”, cos cambios
necesarios. Gardando as distancias.
96. Nemine discrepante “Non discrepando ninguén”. Por unanimidade.
97. Nihil novum sub sole “Non hai nada novo debaixo do sol”(Eclesiastés 1,10)
98. Nihil obstat “Nada se opón”. Permiso para algo concedida pola censura
eclesiástica (sobre todo nas publicacións).
99. Noli me tangere “Non me toques”. Palabras de Cristo a María Magdalena
(San Xoán 20,17).
100. Non plus ultra “Non máis alá”. Indica que algo acadou a máxima perfección.
101. Nosce te ipsum “Coñecete a ti mesmo”.
102. Nota bene(n.b.) A pé de páxina para unha aclaración.
103. Numerus clausus Número limitado.
104. Nunc et semper “Agora e sempre”.
105. Opere citato(o.c.) Para referirse á obra dun autor xa citada.
106. O tempora! O mores! “Oh tempos, Oh costumes”. Famosa exclamación
ciceroniana diante da corrupción da época.
107. Panem et circenses “Pan e circo”. Palabras que resumen as aspiracións dos
romanos da decadencia que só pedían algo de comer e
espectáculos (Xuvenal, 10, 81).
108. P.M. Post Meridiem: “despois do mediodía”.
109. Peccata minuta Cousas sen importancia.
110. Per accidens “Por accidente, por algo extremo”.
111. Per capita “Por cabeza, por individuo”. Individualmente.
112. Per se “Por si mesmo”.
113. Post data “Despois de dada”. Texto que se engade a una carta xa concluída
e asinada.
4
114. Post mortem “Despois da morte”.
115. Primum vivere, deinde philosophare “Primeiro vivir, despois filosofar”.
Sentencia de Hobbes contra aqueles que teorizan sen ter os pés no
chan.
116. Primus inter pares “O primeiro entre iguais”. Aplícase sobre todo ás altas
instancias dun Estado.
117. Pro indiviso “Sen dividir”. Ocorre sobre todo coa herencia dunha persoa que
morre sen testar.
118. Quod natura non dat Salmantica non praestat “O que a natureza non da, (a
universidade de) Salamanca non pode aportalo”. Hai que ter certas
condicións para o estudo.
119. Quorum Abreviación de quorum praesentia sufficit: a presenza suficiente.
120. Rara avis “Rara ave”. Adoita dicirse de todo o que é extraordinario e difícil
de atopar. Cousa inusitada.
121. Referendum Abreviación de ad referendum “para consultar”. Plebiscito.
Sometemento á votación.
122. R.I.P. Requiescat In Pace “descanse en paz”. Inscrición cristiá sobre as
sepulturas. // Sit Terra Tibi Levis (S.T.T.L) “Que a terra che
sexa liviá”. Inscrición funeraria utilizada polos romanos.
123. S.P.Q.R. Senatus Populusque Romanus. “O Senado e o Pobo Romano”.
Lema da República Romana.
124. Sic transit gloria mundi "Así pasa a gloria do mundo". Sacada do ritual de
elevación do novo Pontífice ao Papado, fai referencia ao efímero
da vaidade humana.
125. Sine cura “Sen coidado”. Sen fatiga. Dise dos cargos ou empregos
proveitosos e que requiren pouco traballo.
126. Sine die “Sen data”. Posposto indefinidamente.
127. Sine qua non (conditio) Condición indispensábel.
128. Si vis pacem, para bellum “Se queres a paz, prepara a guerra”. A mellor
defensa é un bo ataque. Frase que procede de Vexecio, Epitome
rei militaris, 3 Praef.: Igitur qui desiderat pacem, praeparet
bellum.
129. Sponte sua “Por propia vontade, espontaneamente”.
130. Statu quo “No estado actual”. Dise dun estado de cousas que non sufríu
ningún cambio no momento de que se trata. Abreviatura de in
statu quo ante, empregada especialmente na diplomacia.
131. Stricto sensu “En sentido estricto ou rigoroso”.
132. Sub iudice “Baixo o xuíz”. Dise de algo que aínda non está decidido, sobre o
que non foi pronunciado un xuízo.
133. Sui generis “Do seu xénero”. Emprégase como expresión calificativa co
significado de “especial, peculiar, singular”.
134. Summum ius, summa iniuria “O maior dereito é a maior ofensa”. A maior
xustiza, maior dano, no sentido de que a aplicación da lei ao pé da
letra pode converterse nunha maior forma de inxustiza. Procede
de Cicerón De officiis 1,33.
135. Superavit Exceso do haber sobre o debe.

5
136. Suum cuique (tribuere) “A cadaquén o seu”. Máxima do dereito romano.
137. Tamquam tabula rasa A frase completa – Alberto Magno, (1200 - 1280), De
anima, 3, 2, 17– é tamquam tabula rasa in qua nihil est
scriptum “como unha taboíña rasa na que nada hai escrito”. Facer
tabula rasa de algo é volver ao seu primitivo estado, sen ter en
conta o que pasou antes, xa que se ten borrado.
138. Tempus fugit (Cf. 48).
139. Totum revolutum “Todo revolto”. Emprégase para resaltar o desorde nalgún
sitio, resultando un caos.
140. Tu quoque, fili mi Segundo Suetonio, Xulio César 82, estas palabras foron
dirixidas en grego por César a Bruto, protexido seu. Hoxe a frase
úsase para indicar a ingratitude polos beneficios recibidos.
141. Ultimatum Resolución terminante e definitiva.
142. Urbi et orbi “Para a cidade (Roma) e para o mundo”. Bendición papal para
Roma e para todo o mundo.
143. Ut infra “Como abaixo, despois”.
144. Ut supra “Como arriba, antes”
145. Veni, vidi, vici “Cheguei, vin, vencín”. Célebres palabras coas que César lle
comunicou ao Senado a súa vitoria sobre Farnaces, rei do Ponto.
Emprégase para resaltar a celeridade coa que se leva a cabo algo.
146. Verba volant, scripta manent “As palabras voan, os escritos quedan”. Resalta
a importancia das cousas escritas fronte á inconstancia das
palabras.
147. Verbi gratia/exempli gratia “Por exemplo”.
148. Vice versa “Ao revés, reciprocamente”. Invertindo os termos.
149. Viva voce “De viva voz”. Hoxe diríamos “en vivo e en directo”.
150. Vox populi “Voz do pobo”. Rumor popular.

6
EXERCICIOS

1-Coloca un destes latinismos nunha das seguintes frases:


memorándum referéndum sub iudice honoris causa quid
per cápita réquiem lapsus

-Ao defunto foille ofrecida unha misa de..................


-Ese rei estranxeiro é doutor................pola nosa Universidade.
-Aí está o..............da cuestión.
-Esta lei deberá ser aprobada mediante....................
-A renda..................dese país é das máis baixas de Europa.
-O profesor cometeu onte un................na clase.
-Unha comisión de expertos entregaralle ao goberno un..........sobre ese problema xurídico.
-Non podo pronunciarme sobre unha cuestión que aínda está......

2-Cambia a expresión en cursiva por un latinismo:

-Debes presentar o teu historial para optar a esa praza.


-As perdas económicas non serán compensadas polas ganancias procedentes do turismo.
-Aprazouse indefinidamente a visita do ministro de economía.
-O secuestrador deu un último aviso á policía.
-Son faltas sen importancia.
-Ese é o territorio da Universidade.

3-Completa as frases cunha das seguintes expresións latinas:


ad hoc nemine discrepante inter nos desiderata manu militari Deo iuvante

-Esta frase contén unha expresión..........para aprender os demostrativos.


-Estes rapaces foron educados por seu pai..........
-Mañá Pedro presentará a..........ao xefe de persoal.
-Non llo digas a ninguén; trátase dun segredo..........
-A próxima reunión terá lugar..........o vindeiro martes ás seis da tarde.
-A asemblea tomou aquela decisión........., isto é, por unanimidade.

ex aequo modus vivendi non plus ultra ars longa, vita brevis a.m.(ante meridiem)
dura lex, sed lex

-O xurado outorgou,.........,o primeiro premio aos dous poetas andaluces.


-Hai que pagar os impostos. Xa se sabe:........
-A María non lle gusta moito o traballo que ten, pero é o seu único........
-Se queremos cumprir con todo o programa debemos darnos présa:..........
-É unha persoa excelente, o..........da amabilidade.
-A inauguración da estrada terá lugar ás dez.........

conditio sine qua non volens nolens ultimatum statu quo quorum

-As conversas entre norteamericanos e soviéticos non variarán o..........do mundo.


-O propietario do piso enviou un..........aos inquilinos: tiñan que abandonar a vivenda onde vivían.
-É imprescindíbel que pagues anticipadamente. É........... para poderche levar o coche.
-A asemblea non puido decidir nada porque non había...........
-É moi pesado cando quere algo. Como non para, ao final, ..........téñolla que comprar.
ab ovo bis curriculum vitae suo tempore verbi gratia cuique suum

-En atención aos aplausos, o tenor concedeu un..........

7
-Naturalmente que vos devolverei os cartos que me roubaron: ..........
-Mañá explicareiche a película.........
-Iso non podo facelo: son vello demais; cada cousa hai que facela..........
-Para o traballo, tes que facer..........
-Hai animais cuadrúpedes,.........,de catro patas.

in illo tempore mare magnum peccata minuta o tempora, o mores! motu proprio

-Fixérono.........., xa que ninguén llo mandara.


-Neste cuarto non hai nada no seu sitio. É un..........
-O corrector non atopou erros importantes: son todos..........
-Agora, a sociedade é moi permisiva; tolérase todo:.......
-En Roma había escravos:.........., o sistema económico baseábase na escravitude.

in albis in extremis per se hic et nunc

-As vacacións son,.........., boas.


-Nono penses máis; faino.........., isto é, inmediatamente.
-No momento de empezar o exame non me lembraba de nada. Verdadeiramente quedeime ..........
-O funámbulo mantivo o equilibrio..........

4. Constrúe oracións nas que figuren as seguintes locucións latinas:

de facto ipso facto


de incognito grosso modo
in situ nihil obstat
motu proprio hic et nunc

También podría gustarte