Está en la página 1de 8

NOS

MÚSICA LIBROS

ornal
DE GALICIA

S U PL E M E N TO D E C U LT U R A 2 8 D E F E B R E I R O D E 2 0 0 9. N Ú M E R O 1 2

Tamara de la Fuente

ROSALIA, MITOS E MEDOS


Aos 172 anos do seu nacemento, a autora central da literatura galega segue a resistirse ás etiquetas
2 NÓS I EN PORTADA XORNAL DE GALICIA 28 DE FEBREIRO DE 2009

OS M ATIC E S QUE DEFINEN A FIGUR A FUNDAC IONAL DA S LETR A S GALEGA S

Rosalía, medos
e mitos arredor
dunha poeta
Poliédrica, complexa e xenial, a poeta que ocupa o trono central da literatura galega resístese a calquera
catalogación, pero a súa memoria chegou ata hoxe asediada polos lugares comúns e polos intentos de
derrubalos. TEXTO DE A. LOSADA FOTOS DE TAMARA DE LA FUENTE, OLALLA LOJO E SONIA DAPONTE

D   do ensino e participou en política silandeira dos desposuídos, a alma que o
primario e secundario que pero activamente. Pensaba, pobo galego recoñece”.
Rosalía de Castro é unha poeta ademais, Galicia coma unha Porén, os expertos sinalan o
lírica, cantora da saudade, terra con identidade propia –“ti forte reducionismo ao que foi
nai de versos de tristura e nunca serás española”, escribía– sometida a súa figura, a míudo
romanticismo. É a descrición que e loitou por difundir e preservar descrita como unha “labrega
se corresponde co mito da “santa a súa lingua e a súa cultura, ao chorosa e medio analfabeta que
efixie da Patria galega, esposa e tempo que mantiña un forte describen os que a integran na
nai”, segundo o define Francisco compromiso coas clases pobres. literatura española”, di Francisco
Rodríguez, autor da única tese É dicir, tratábase dunha muller Rodríguez. O filólogo e secretario
sobre a autora publicada en “infinitamente poliédrica”, xeral da UPG opina que dende
Galicia. Pero di tamén que é unha segundo afirma Anxo Angueira o Estado houbo un esforzo
descrición moi inexacta para coordinador do libro Rosalía 21, considerable por “integrar de
unha autora moi rica en matices. no que varios autores abordan forma distorsionada” a figura de
O mito pervive, e Xosé Ramón distintas facetas da autora. Rosalía para poder “convertela
Barreiro, catedrático de Historia “Rosalía responde a todas as nun símbolo do que se entendía
e presidente da Real Academia teclas que se queiran tocar –di que Galicia debería representar
Galega, argumenta que é debido Angueira–, pódese reivindicar para o conxunto de España, unha movemento ideolóxico. “En “comodidade de traballar con
a que o medo impide derrubalo, como romántica, lírica, poeta provincia periférica, unha terra 1917, o Goberno de España estruturas prefabricadas”. Por
“medo aos nacionalistas, á social, política, nacionalista de ignorantes e choromicas”. inaugurou a escultura de Rosalía outra banda, dous dos autores
esquerda e á dereita”, medo a ou independentista, e sempre que está no paseo da Ferradura que elaboraron estudos para o
tocar o alicerce da cultura galega. responde, a todas elas”. A ‘NAI CHOROSA’ da Alameda, cando nunca libro Rosalía 21, Xabier Cordal
Quen era a verdadeira Rosalía? Esas infinitas lecturas que Esa “deturpación” comeza ao antes a homenaxearan. “Foi un e Daniel Salgado, poñen en
Unha cuestión sinxela de admite son para o escritor “a mesmo tempo que o século XX feito sintomático”, engade, e dúbida que a Nai Chorosa de
enunciar pero difícil de resolver. verdadeira alma rosaliana, de e coincide, segundo Rodríguez, lamenta que a día de hoxe non Galicia chegase intacta ata a
Aínda ninguén redactou unha carácter rebelde e sempre do lado co nacemento das Irmandades se derrubara aínda de todo esta actualidade. Cordal, escritor e
biografía sólida sobre ela, e os da Fala e do construción. filólogo, asegura que “xa caeron
estudos sobre a súa persoa son “INTEGROUSE A nacionalismo Anxo Angueira sinala tamén certos mitos fabricados a finais
máis escasos do que deberían e galego como que a poeta foi reducida “ao do século XIX, e comezamos a
non abondan nos programas de ROSALÍA DE FORMA un verdadeiro costumismo, ao folclórico, entender mellor a súa figura”,
doutoramento das universidades DISTORSIONADA NA ao inocuo”, un estado que se aínda que si recoñece que “a quen
galegas. Aínda así, os máis dos mantivo tempo despois por mor non a leu e a quen non a quixo
que leron en profundidade a súa LITERATURA Paco Rodríguez do “conservadorismo que lle entender” resúltalle aínda crible a
obra coinciden en sinalar que ESPAÑOLA, fixo un dano terrible a Rosalía”. súa afiliación romántica.
era unha muller dunha cultura Se Barreiro fala de medo a tocar Salgado, xornalista e poeta,
excepcional, que lía en inglés e COMO UNHA á Rosalía “que tiña un altar lembra que, xa nos 50 e nos
francés, que coñecía os filósofos LABREGA nas casas de todos os galegos”, 60, Alonso Montero e Ricardo
da súa época, que se rebelou Angueira cree que a duración Carvalho Calero comezaron a
contra os ditames do seu xénero IGNORANTE” do equívoco débese máis á reivindicar unha Rosalía oposta

A VIDA

1837 1851-1960 1863 1868-1874 1875-1880


MARÍA ROSALÍA RITA, filla de solteira A MOZA ROSALÍA actúa en PUBLICA CANTARES GAL- COA CHEGADA DOS RÉXIMES LIBERAIS O SEU RETIRO AUMENTA tras a caída da
de María Teresa de la Cruz de Castro obras de teatro e comeza a LEGOS o libro que marca a España, Rosalía comeza a ter proble- I República en 1874, xa plenamente de-
y Abadía, unha fildalga pobre, e do escribir en castelán, relació- o inicio do Rexurdimento mas para publicar e fica decepcionada cepcionada. Ten catro fillos máis, un deles
párroco José Martínez Viojo, un 24 nase co galeguismo e mar- da literatura do país. A súa por que o novo poder político non aco- morre de moi neno nun accidente domés-
de febreiro en Santiago de Compos- cha a Madrid por causas edición foi sufragada po- meta as reformas sociais que ela espera- tico, deixándoa fondamente marcada. Ata
tela. Medrou na vila de Padrón e, descoñecidas. Alí casa con los suscriptores que mer- ba. Admite un certo retiro político e nace 1880 non consegue publicar Follas Novas,
malia non ter escola, fíxose unha Manuel Murguía en 1958 e caban os seus poemas. A o seu segundo fillo, en 1869, mentres nunha edición financiada con cartos da
grande formación autodidacta, ten un fillo de parternidade súa implicación política é a súa fama medra, sobre todo na emi- emigración e prologada por Castelar, como
animada pola súa nai. non confirmada. maior ca nunca. gración. En 1974 remata Follas Novas. salvoconducto para vencer a censura.
XORNAL DE GALICIA 28 DE FEBREIRO DE 2009
EN PORTADA I NÓS 3

A estatua de Rosalía de Castro situada no Paseo da Ferradura, na Alameda de Santiago, inaugurada en 1917 polo Estado

XABIER CORDAL: á percepción habitual, que se polos estudosos posteriores e e foi obra de Manuel Murguía galega, pola que aínda quería
“proletarizou” nos 80 co traballo volvéronse tan tópicas como que, segundo lembra Barreiro loitar. Porén, nese proceso viuse
“DENTRO DO de Francisco Rodríguez. E aquelas que quixeron derrubar. Fernández, “sabía que un poeta obrigado a obviar as partes máis
PATRIARCADO , HOUBO argumenta, ao igual que fai María Confesa tamén que, ás veces, fica pode ser abondo para construír fortes do carácter da súa defunta
do Cebreiro en Rosalía 21, que, xa “canso de loitar contra lugares unha nación, e por iso se apartou esposa, “xa que unha muller
QUEN NON SOUBO LELA hoxe en día, “xa hai un tópico comúns” como un acto reflexo. para deixarlle paso á súa muller”. independente, con pensamento
E QUEN NON QUIXO” sobre tentar derrubar os tópicos A idealización primeira da Desencantado da acción política político, que vivira á marxe da
en torno a Rosalía”. figura de Rosalía comeza pouco a que adicara toda a súa vida e igrexa e que tivera unha plena
O propio Rodríguez recoñece despois da súa morte en 1885, desmoralizado pola Restauración asunción da súa sexualidade,
ANXO ANGUEIRA: “É o mérito de Montero e Carvalho, Borbónica en España, non estaba ben vista na moral da
UNHA AUTORA QUE
xunto aos que engade a Bouza “A LENDA DA ROSALÍA Murguía apelou época”, di Francisco Rodríguez.
Brei como os primeiros en ao sentimento Esas omisións en beneficio da
TOCA TODAS AS TECLAS: asomarse á verdadeira poeta CHOROSA RESISTE para reforzar santidade serviron, sen querelo,
INTIMISTA, ROMÁNTICA,
de Castro, aínda que considera PORQUE HAI MEDO a identidade para sustentar a escritora de
que quedaron curtos en asumir morriña e saloucos que se creou
SOCIAL, NACIONALISTA, toda a forza do seu carácter, A CAMBIALA, MEDO Xosé Ramón despois, e que tardou tanto en ser
Barreiro
INDEPENDENTISTA...”
que sempre resultou incómodo DA ESQUERDA E DA derrubada porque, para atacala,
“nun contexto de patriarcado”. había que empregar argumentos
Angueira considera que as teses DEREITA, que aos propios galeguistas lles
de Carvalho Calero, centradas en MEDO DE
reivindicar unha poeta patriótica,
foron asumidas sen crítica TODOS” Continúa na páxina seguinte >>

O MITO

1881-1885 1886-1891 185-1891 1892-1917 1918-1936


TRAS UNS ÚLTIMOS ANOS economica- A VIDA INDEPENDENTE e alonxada da MANUEL MURGUÍA, que sempre sen- NO NACEMENTO DO NACIONALISMO A XERACIÓN NÓS segue sen afondar na
mente duros, fina en 1885 dun cancro moral católica que mantivo Rosalía cus- tira un fondo respecto intelectual pola galego, os escritores e políticos gale- figura de Rosalía e asume o mito da poeta
de útero, segundo consigna o parte de táralle o desprezo dos conservadores súa muller e que comeza a reivindica- guistas asumen as teses de Murguía. da saudade e a morriña e en torno a ela edi-
defunción. Un ano antes, presa do des- e relixiosos. Desatouse unha polémica la como poeta nacional de Galicia, Coa chegada do século XX, Azorín e out- fican parte da identidade nacional galega.
encanto, escribira a súa obra mestra en sobre o seu lugar de enterramento, que esquivando as partes da súa bi- ros autores reivindican a Rosalía como Algúns autores como Manoel Antonio re-
castelán, En las orillas del Sar, que pode rematou cando trasladaron os seus res- ografía menos adecuadas á moral unha poeta romántica da literatura espa- bélanse contra esa figura, sen reflexionar
ser lido como un testemuño biográfico. tos a un anexo ao mosteiro de San Do- da época. Os seus predicamen- ñola. En 1917, o Estado inaugura o monu- realmente sobre a autora. O estalido da
Ata o final mantivo o seu matrimonio, mingos de Bonaval, hoxe o Panteón de tos teñen éxito sobre todo entre mento que aínda hoxe preside o paseo Guerra Civil enterra a cuestión baixo outros
baseado no respecto intelectual. Galegos Ilustres en Santiago. os galegos de Cuba e Bos Aires. da Ferradura en Compostela. asuntos máis apremiantes.
4 nós I a fondo XORNAL DE GALICIA 28 de febreiro de 2009

non h ai ou tr a liter atur a que teña unh a muller como figur a princ ipal

resultaban incómodos. Rodríguez escritora en


recoñece que nin as Irmandades galego, escritora
da Fala nin a Xeración Nós en castelán
quixeron ir máis aló do mito
de Murguía, “porque os seus Rosalía de Castro foi unha
intereses eran construír unha escritora bilingüe, un aspecto
literatura cara ao futuro, non ollar a miúdo incomprendido pero
ao pasado”, e porque non querían que ten perfecta lóxica na
desenterrar detalles “difíciles época na que ela vivía. Segundo
de asumir na época, coma que Francisco Rodríguez, hai
vivira sen o marido moitos anos”, poucos estudos que tenten
que mancasen a un dos alicerces interpretar os seus traballos
en galego e castelán de xeito
Daniel salgado: “non conxunto, debido a que aos
galeguistas non lles interesaba
foi ben entendida moito lembrar que un mito
porque escribía nacional escribía en castelán,
e aos expertos en literatura
para un país que española non lles apetecía
aínda non existía” considerar os seus traballos
nunha lingua periférica.
Rodríguez tentou adoptar
da identidade literaria galega. esa postura para a súa tese, e
Xabier Cordal é máis duro e chegou á conclusión de que “no
considera que foi tan doado facela século XIX, se un quería ser
pasar por “unha poeta riquiña un escritor profesional, como
porque era unha muller, e dende o
patriarcado había moitos que non
F. Rodríguez:
a leron ben ou non a quixeron ler”.
Para Daniel Salgado é unha “Para rosalía, o
proba de que “Rosalía escribía
galego era para
para un pobo que non existía
aínda”, e que non hai moitos a literatura
anos que a sociedade está
de combate, e o
verdadeiramente preparada para
asumir a esta autora “poliédrica” castelán , o que
e que “resiste todos os intentos de
precisaba para
metela nun caixón”.
Non existe no mundo outro vender”
sistema literario que teña unha
muller como principal figura,
un feito que, para Francisco era o caso de Rosalía, tiña que
Rodríguez, “demostra a incrible venderlles textos aos xornais,
capacidade de Rosalía, e nunca que non empregaban o galego”.
foi suficientemente reivindicado” Así, realizou varias novelas
dende dentro de Galicia. Neste folletinescas por entregas,
feito insiste tamén Xabier Cordal, traballos alimenticios non moi
que asegura que o feito de non ter destacables literariamente
“un home ou un poema épico no Estatua de Rosalía de Castro en Vigo, na avenida que leva o nome da autora “e que algúns presuntos
centro do sistema literario, dálles estudosos do seu traballo,
aos galegos unha forma única de como Marina Mayoral,
percibir a cultura e a nación”. ninguén se atrevese a escribir enterrada no cemiterio católico, empregan para criticala,
unha biografía completa e sólida a distorsión da súa por ser pecadora, e as páxinas dos obviando que mesmo nestas
A biografía pendente sobre ela. Francisco Rodríguez xornais dese día están arrincadas obras emprega un castelán de
O desexo de ocultar todo o que di que é unha tarefa que lle figura e os baleiros dos exemplares das hemerotecas”. gran riqueza léxica e literaria”.
nela resultaba incorrecto e a gustaría acometer algún día, documentais fan que Cordal, Angueira e Salgado cren Por outra banda, segundo
necesidade que a propia Rosalía pero recoñece a súa dificultade. que os datos están aí, pero fai falta Rodríguez, Rosalía era
tivo en vida de ocultar o lado “Non sabemos moi ben a que foi non se escribise unha alguén que os investigue, os poña consciente de que naqueles
máis político da súa actividade a Madrid nos anos 50 do século biografía sobre ela en orde e lles dea un sentido. Un tempos de loitas entre liberais
para evitar o rexeitamento XIX, e hai algúns dos episodios traballo aínda pendente en torno e conservadores esixía tomar
social, fan que algunhas partes máis polémicos da súa vida que á que Xabier Cordal describe partido na política, unha
do seu pasado sexan borrosas, foron silenciados. Cando morreu, como “a mellor poeta que houbo actitude para a que escolleu
e explica que a día de hoxe houbo quen se opuxo a que fose nunca en lingua galega”. n empregar o galego.
“Na nosa lingua redactaba
a súa literatura de combate,
destinada a proer as
conciencias –di o secretario
1950-1963 1963-1999 2000-2009 xeral da UPG–. Non escribía
Logo da posguerra, au- os intentos por limarlle os bordes ao mito rosaliano foron neste século aínda quedou moito que inda-
tores como Bouza Brei ou constantes durante estes anos, aínda que descubriron que tal lenda ga- gar sobre Rosalía, pero xa houbo algúns avances,
para as clases populares,
Carvalho Calero comezan a ñara solidez durante un século. As reivindicacións dunha Rosalía revo- liderados por autores como María do Cebreiro, senón para unha burguesía
indagar no pasado de Rosa- lucionaria e combativa deixábanse ver a partir da publicación da tese de Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda ou Anxo Angueira,
que simpatizaba coas teses do
lía, esquivando aínda o máis doutoramento de Francisco Rodríguez, dirixida por Carvalho Calero en entre outros. Continúa a quedar pendente o estu-
chocante do seu carácter. In- 1988, que afianza esta liña de pensamento.O discurso oficial segue pe- do fondo da biografía da autora, pero xa se asume rexionalismo e que foi a que
stáurase o Día das Letras Ga- gado aos tópicos de décadas anteriores, pero a insistencia nunha figura que foi unha adiantada ao seu tempo e que a súa lle financiou a publicación de
legas nos 100 anos da publi- alternativa logra influencia, aínda que ás veces sexa a costa de pagar a capacidade para inspirar infinitas lecturas é unha
cación de Cantares Gallegos peaxe do simplismo. das súas maoires virtudes.
Cantares Gallegos en 1863”.
XORNAL DE GALICIA 28 DE FEBREIRO DE 2009
LIBROS I NÓS 5

‘Rosalía 21’, unha tripla homenaxe


Anxo Angueira coordina un proxecto que mestura un espec-
táculo musical e poético no que participa Abe Rábade, un
disco baseado nesta actuación e un libro de ensaios asinados
por varios autores. TEXTO XdG. FOTOS OLALLA LOJO

    cumpríronse
172 anos da morte de Rosalía
de Castro, unha efeméride que
Edicións Xerais, Falcatruada,
a Consellería de Cultura e a
Fundación Rosalía de Castro
aproveitaron para renderlle
unha tripla homenaxe á poeta co
proxecto Rosalía 21. Coordinado
ROSALÍA 21
por Anxo Angueira, é a suma
AUTOR: VARIOS
dun espectáculo audiovisual
EDITA: XERAIS
baseado na imaxe e na palabra, na
Vigo, 2009
poesía e na música; un disco coas
gravacións base dese espectáculo,
editado por Falcatruada, e de Castro ou a produción do
un libro que recolle distintas infinito; Iago Castro Buerguer
investigacións e estudos sobre fala de Rosalía de Castro:
a autora, publicado por Xerais. transgresión e feminismo; María
Os tres soportes participaron Reimóndez estuda as traducións
coordinadamente dun repertorio e a recepción de Rosalía fóra
temático común que tiña que ver de Galicia; e, por último, Anxo
con nove grandes eixos temáticos: Angueira, editor do volume,
a terra, a casa, a emigración, a escribe o traballo Algunhas
muller, a sombra, os miserábeis, visións de Rosalía de Castro, onde
a revolución, a alborada e Rosalía se intenta ofrecer unha sucinta
poeta nacional. visión das consideracións que
No libro, para cada apartado historicamente se fixeron de
propúxoselle a unha persoa Rosalía, como escritora e icona.
a realización dun ensaio. Así, O libro inclúe, ademais, unha
Victoria Álvarez Ruíz de Ojeda viaxe fotográfica preparada
realizou dúas achegas biográficas; por Uqui Permui, que tamén se
María López Sández aborda ocupou do deseño e maquetación
Rosalía e a paisaxe galega; Iria do libro. Ademais, a publicación
Sobrino Freire analiza Os prólogos traduciuse a tres idiomas, grazas
a Cantares Gallegos e Follas ao traballo de Xabier Xil Xardón
Novas, manifestos por unha (español), María Reimóndez Abe Rábade, o encargado de poñer a música no espectáculo de ‘Rosalía 21’
cultura da resistencia; Nancy (inglés) e Emma Lázare e Denise
Pérez Rey estuda Rosalía de Peyroche (francés).
Castro e a emigración. A poeta e Feira do Libro da Habana e foi que outros foron interpretados Angueira, que falan, coma no
Cuba; Xabier Cordal Fustes revisa SON DE JAZZ reproducido o xoves 26 no Teatro polas voces de artistas como libro, de diferentes aspectos da
as estratexias políticas da autora Por outra banda, o espectáculo Principal de Santiago, descrito Uxía Senlle ou Guadi Galego. Así traxectoria da poeta filmados en
no traballo Rosalía de Castro: un é un recital dos poemas máis como unha lectura nova e mesmo, o concerto completouse paisaxes simbólicas –A Coruña,
método para a liberación; Daniel destacados da autora, sobre actualizada da figura de Rosalía. cunha proxección audiovisual Padrón, Santiago ou Vigo–.
Salgado é autor de Corazón de unha base musical exclusiva Anxo Angueira participou no na que colaboran autores como O contido musical e lírico do
aceiro: cinco notas sobre o político e composta en clave de jazz espectáculo recitando poemas Victoria Álvarez Ruiz, Xosé espectáculo está editado nun CD,
en Rosalía de Castro; María do polo cuarteto de Abe Rábade. como A xustiza pola man, Negra Luís Méndez Ferrín, María realizado por Falcatruada e tamén
Cebreiro escribe sobre Rosalía Presentouse hai un ano na sombra ou Alborada, mentres do Cebreiro ou o propio Anxo con nome de Rosalía.
XORNAL DE GALICIA 28 DE FEBREIRO DE 2009
6 NÓS I MÚSICA

CRÍTICA MUSICAL

Hip hop de vangarda colorido e alegre


Carlos Barreiro traballo, o epé “Polyfolk Dance”.
Unha mostra do seu universo
A    tempo, de ritmos gomosos, melodías
o hip hop era un xénero abstractas e quebracabezas
monocorde, de expresividade de sonidos rebuldeiros.
limitada e pouco dado aos Seis temas que quencen o
experimentos. Pero a adopción ambiente de cara á edición do
de elementos da música seu primeiro álbum, previsto
electrónica de vangarda para despois do verán. Este
supuxo un importante balón traballo xurdiu como reacción
de osíxeno que acabou coa POLYFOLK DANCE fronte ao minimalismo,
súa austeridade cotiá. O ritmo HUDSON MOHAWKE a fondura dos ritmos e a
pasaba a un segundo plano e Warp escuridade do dubstep, o
cedía o protagonismo a outros 2009 xénero de electrónica do
elementos. Un movemento momento en Inglaterra.
creativo que tensou os seus Hudson Mohawke formula
límites estilísticos, estimulou unha alternativa colorista,
a súa imaxinación e acercouno Mohawke, dous dos membros alegre, valente e moi divertida.
a termos como sampleadelia do colectivo escocés Lucky Aínda que, por momentos,
ou glitch-hop. Cada un coa Me. Este grupo de artistas as súas composicións
súa estética e ideario, os tres de Glasgow abrangue moitos semellan ideas inacabadas e
impulsores desta revolución estilos musicais e diferentes deixan ao ouvinte un chisco
foron o selo Anticon e os formas de expresión, non só desconcertado. Mentres
produtores J Dilla e Prefuse hip hop e música. Pero os seus outros produtores enlazan
73. Dende fi nais dos noventa, compoñentes máis afamados as cancións, plantexando os
os seus traballos marcaron o son estes productores que discos como unha secuencia,
camiño para que agora outros ficharon pola discográfica el prefi re deixar cada corte ao
músicos leven un chisco Warp. seu aire. Todas as olladas se
máis alá esa concepción do dirixen cara a este mozo como
hip hop. Hoxe, os herdeiros COR E DIVERSIÓN o futuro referente do hip hop de
máis avezados daquela Hudson Mohawke vén de vangarda, pero aínda ten moito
escea son Rustie e Hudson publicar o seu primeiro camiño por facer.  Hudson Mohawke, a nova promesa do hip hop de vangarda

BARULLO academicismo e amaneramento, se o sortilexio de Pep conxurou non algo na vertixe do consumo cultural
non se sustenta en rigor, nun patrón só á súa plantilla, tamén a medios, e tallantemente solipsista? As dinámicas
Gurú de aceiro, esixente. De súpeto, caio espectadores, que asisten embelesados electivas, apostas, evolucións,
en que lles fai, verdadeiramente, ao seu porte, á súa elegancia e rapidez amerizaxes, radicalizacións, as paixóns
Antonio Doñate asoballar o rival, que hai detrás dese mental, as súas máximas son fe. e inquinas conteñen tanta intimidade
compromiso febril, do continuo Apurando o licor café, fago analoxía. O como lazo social. O apetito é inducido.
Ao rematar de cear, dispoño dun anaco ofrecemento, da infatigable asociación, engranaxe da diletancia, ocórreseme, A fame, estimulada. Alguén, sempre,
antes de ir a Steve Wynn. Miro no bar case sectaria. Están namorados. De debe de ser similar. O gusto –a nos somete. E non é un abstracto, ten
o fermoso Barça actual. As loubanzas Guardiola, claro. Queren estar á quintaesencia da individualidade– nome e cara. Olfacteamos a súa ruta,
abafadoras céntranse na técnica altura do seu adestrador, un deses é pouco máis que o destilado dunha aceleramos ata facernos presenza,
que despregan, e o romanticismo da seres magnéticos, que irradian aura, tiranía externa. ¿Consumiriamos anhelamos o seu respecto e aprobación.
súa proposta, envorcada no ataque, alguén de quen sempre se quere tantos libros, discos ou filmes se o Da envexa á competencia. De como a
asumindo riscos constantes, sen estar preto, e parecerlle ben. O amor marco do acto fose exclusivamente submisión permite, perversamente,
moita concesión pragmática. Pero é encantamento, pura alquimia, persoal? ¿Se só se tratase de respirar. De como erguerse polas
a beleza adoita desembocar en aseguran os que entenden. Pois ben, aprendizaxe, ou inquietude? ¿Hai mañás con algo que conseguir. 
XORNAL DE GALICIA 28 de FEBREiro de 2009
INÉDITO I NóS 7

Xurxo Borrazás. Sen título


...todos temos cicatrices, ningunha pel é tan tersa caladiños, e pum! nin os árabes nin os mogois,
e inmaculada como para confiar nos anuncios para cabalos islandia. e por cada cabalo tres
das cremas, ninguén confía en ninguén. eu antes millóns de mosquitos. cando vaïades ver o sol
si, antes confiaba. confiei alternativamente da medianoite, cando se fode a tarifa nocturna
nos números e nas letras, ata que os dous me e a noite é un anacronismo dos reloxos, levade
deixaron colgado. agora fago coma vós, digo unha boa loción se vola pasan no aeroporto,
Xurxo Borrazás (Carballo, que si e permanezo alerta, chamádeme cínico as estatísticas enganan e os mosquitos non só
1963) é un dos escritores máis pero son tempos de resistencia. case envexo se tiran aos cabalos. o premio nobel citado,
sobresaíntes da narrativa
aos que se fan estatuas, incorruptos nun bloque halldór laxness, ten un mérito dobre, ser quen de
galega aparecida na última
década do século XX. A de xeo á espera das circunstancias. xulgan eles concentrarse entre os témpanos de xeo e as nubes
súa produción literaria que máis vale ser fósil nun mundo amábel que de mosquitos, vós me diredes. e haberá outros
comprende os seguintes agardar pola morte en tempos de ferro e lume. autores que quedarían ás portas, que estivesen
títulos: Cabeza de chorlito aí é onde non coincidimos. pase que un estaría nas quinielas coma vargas llosa e que para os
(1991), Criminal (1994), mellor ausente, hibernado, envolto en papel seus compatriotas non gañaron inxustamente,
coa que obtivo o Premio da
Crítica Española e o Premio
albal, nada definitivo, só por un tempo. o malo é por intereses e presións alleas ao estrito valor
San Clemente de lectores, Eu que a partir desa situación suposta eles métense artístico. un de nós, o mellor dos nosos poetas,
é (1996), Contos malvados a filosofar, e ou unha cousa ou outra. que toca acribillado polos insectos e os sabañóns nos pés
(1998), O desintegrista (1999), fósil...? descansade a cabeciña, meus, aproveitade non sería quen de ligar dous octosílabos en verso
Na maleta (2000), Ser ou non o momento, non gardedes nada para despois, non libre. non abonda con ir a islandia, hai que ser
(2004), Arte e Parte ( 2007),
agardedes por nada. que coidades que rompe a islandés. é coma un vikingo de hai mil anos e un
coa que gañou o Premio da
Crítica de Galicia e cabeza o mosquito do cuaternario no bloque de romeiro das torres do oeste, ao pé das canaveiras
Costa norte/ZFK no ano ámbar? ídelle a el con asuntos e diravos que moi e a ponte de formigón, non son cousas para
2008. ben, cun sorriso de orella a orella, que tomedes comparar, non é que eu sexa un fundamentalista
outra, que convida a casa. el si que sabe, pechou do auténtico, un fanático do esencial, só vou
os ollos antes que caese o meteorito que arrasou por aí mirando e conto o que vexo, sen parar.
cos dinosauros e segue tan pancho, sen ir a unha a ponte de catoira, digamos, é difícil non vela.
festa nin ler un xornal, coas patas, a cabeza, o queixámonos das razzias vikingas, mitificamos
abdome, as ás e as antenas intactas. se saíse de a nosa heroica resistencia, e despois total...
alí non lembraría ren, non botaría de menos os enchúfannos a obra pública en plan supositorio
braquiosauros nin a familia política, voaría en e dicimos que xa era hora, que á fin se resolve un
busca dun mamífero, probabelmente escritor, atranco histórico e que se aforran oito minutos.
chucharíalle o sangue e sería o home máis feliz o río ulla, un atranco histórico. porque a xente
do mundo, o mosquito. sirva esta anécdota a é realista, colle o coche, computa, sustrae e os
modo de metáfora, probabelmente entre os números cantan, oito minutos. non vai ser todo
mosquitos haberá xente noble e xente repunante literatura, tamén están os supositorios, que hai a
coma en calquera casa, o que cho dá todo e o que quen lle entran mellor que os libros. é natural. e
che espeta o ferrete polas costas. descoñezo o aparecen un conselleiro e un bispo que convidan
dato de se os mosquitos teñen orellas pero non os vikingos a encrequenarse, ollar para o río,
o vou consultar na enciclopedia, unha metáfora introducir o supositorio e deixar que actúe: isto
é unha metáfora, non lle debe nada a ninguén. mesmo despois de cada comida durante mil anos.
en islandia danse tan ben as metáforas coma os un choque de civilizacións. e os vikingos chegan
mosquitos, ou os cabalos. hai un cabalo ou egua a islandia derrotados polo antibiótico: nada tíos,
por cada tres persoas, oitenta mil bestas ceibas non preguntedes que vimos. onde está o meu
e autóctonas. cánsome de dicilo, eles caladiños, cabaliño? l

SABELA MOSCOSO
NÓS
Xornal de Galicia S U P L E M E N TO D E C U LT U R A 2 8 D E F E B R EI R O D E 2 0 0 9. N Ú M E R O 1 2

Días estraños I Martin Pawley

Signos de vida
“The musical is back”, berrou Hugh Jackman ao final dun dos números musicais da cerimonia dos Oscars.
Menos retranca e máis cancións; traian unha orquestra porque comeza o espectáculo, que hai que levantar os
ánimos e para iso non hai nada tan eficaz como unha coreografía sofisticada. Na procura dun novo New Deal,
Hollywood regresou ás esencias e cambiou a Jon Stewart por Busby Berkeley, premiou o Gus van Sant máis
didáctico e fixo de Slumdog millionaire a triunfadora do ano. O filme de Danny Boyle é world cinema no peor
sentido, si, mais custou quince millóns de dólares e xa leva recadado máis de cen nas salas estadounidenses:
iso si que son bos investimentos e non os de Bernard Maddof. En tempos de crise a industria soña co éxito
inesperado e por iso aposta pola fábula optimista que canta o triunfo do amor e a globalización de pega e, de
paso, chíscalle o ollo ao cinema indio, que ten moito capital para gastar, unha morea de profesionais fabulosos
ao dispor de quen os precise e o que é máis importante, mil millóns de potenciais consumidores.
Foi unha noite de premios anunciados cunha única sorpresa relevante na categoría de película de fala non
inglesa, o premio para Okuribito (Yojiro Takita, 2008), que criamos destinado ao excelente Valse con Bashir
de Ari Folman. Outro Oscar sabido era o de mellor documental para Man on wire de James Marsh, que é
un bo traballo, non o vou negar, mais se de min dependera a dourada figura levábaa para a casa o colosal
Werner Herzog, candidato por primeira vez na súa vida grazas á impagábel Encontros na fin do mundo. Non
me chegan os dedos para contar as obras mestras creadas polo autor alemán, un dos cineastas máis lúcidos e
brillantes que temos hoxe en activo, así que me alegra que fose un dos dous “heróis independentes” elixidos
pola organización do Indielisboa, o excelente festival de cinema que o próximo mes de abril nos proporcionará
unha escusa perfecta para viaxar á capital portuguesa. Será daquela cando teñamos ocasión de ver a Herzog
e tributarlle a merecida homenaxe que os académicos ianquis non lle quixeron dar. l

Fotograma do documental Encontros na fin do mundo, de Werner Herzog, que quedou sen o Oscar na súa primeira nominación